UNIDADE 2- XEOGR

9
UNIDADE 2 – O RELEVO E OS CONTINENTES 1- A FORMACIÓN DOS CONTINENTES E DO RELEVO. A codia é a capa máis superficial da Terra, está constituída por continentes e fondos oceánicos. A distribución dos continentes e das formas do relevo foi variando co paso do tempo. Isto explícase pola tectónica de placas. https://www.youtube.com/watch?v=ByP957cCujs https://www.youtube.com/watch?v=qF7wKnubg1w Segundo o metereólogo e físico alemán Alfred Wegener (1880-1930) os continentes estiveron unidos no pasado, hai uns 200 millóns de anos, nun único bloque de terra chamado PANXEA. Este bloque único comezou a romper en fragmentos ou placas que se desprazaron moi lentamente, o que provocou a paulatina separación ou deriva dos continentes. Este movemento segue a producirse agora mesmo. O choque das placas tectónicas pode provocar terremotos, erupción de volcáns e formación de montañas. Pero, como podemos saber que as placas se moven? Pois aquí vos deixo algunas das razón: Observaredes que algún dos continentes encaixan entre si. Encontráronse fósiles dos memsmos organismo en continentes tan afastados hoxe en día como África, Australia ou a Antártida.

description

O relevo e os continentes

Transcript of UNIDADE 2- XEOGR

Page 1: UNIDADE 2- XEOGR

UNIDADE 2 – O RELEVO E OS CONTINENTES

1- A FORMACIÓN DOS CONTINENTES E DO RELEVO.

A codia é a capa máis superficial da Terra, está constituída por continentes e fondos oceánicos. A distribución dos continentes e das formas do relevo foi variando co paso do tempo. Isto explícase pola tectónica de placas.

https://www.youtube.com/watch?v=ByP957cCujs

https://www.youtube.com/watch?v=qF7wKnubg1w

Segundo o metereólogo e físico alemán Alfred Wegener (1880-1930) os continentes estiveron unidos no pasado, hai uns 200 millóns de anos, nun único bloque de terra chamado PANXEA. Este bloque único comezou a romper en fragmentos ou placas que se desprazaron moi lentamente, o que provocou a paulatina separación ou deriva dos continentes. Este movemento segue a producirse agora mesmo.

O choque das placas tectónicas pode provocar terremotos, erupción de volcáns e formación de montañas. Pero, como podemos

saber que as placas se moven? Pois aquí vos deixo algunas das razón:

Observaredes que algún dos continentes encaixan entre si.

Encontráronse fósiles dos memsmos organismo en continentes tan afastados hoxe en día como África, Australia ou a

Antártida.

Os /as xeólogas detectaron que os lugares onde se sitúan os volcáns son as líneas de separación destas plataformas.

Page 2: UNIDADE 2- XEOGR

OS AXENTES FORMADORES DO RELEVO

OROXÉNESE: Proceso mediante o cal se formou o relevo. O relevo son as desigualdades que exiten na superficie terrestre. O relevo actual é o resultado duns axentes formadores e duns axentes modeladores.

AXENTES FORMADORES

Prodúcense no interior da Terra, onde o magma provoca que as placas tectónicas se movan paseniñamente provocando a formación dun relevo pregado ou fallado. As dobras ou pregamentos son ondulacións da superficie terrestre orixinadas pola forza compresiva dos movementos tectónicos sobre rochas brandas. O relevo fallado ou fallas son fracturas da superficie terrestre orixinadas pola forza compresiva dos movementos tectónicos sobre rochas duras. Ao romperse o chan, os bloques resultantes desprázanse e forman un relevo de desniveis.

Page 3: UNIDADE 2- XEOGR

O desprazamento das placas tectónicas pode orixinar:

Terremotos, provocados polo choque de placas que xeran unha vibración ou temblor en todas as dirección en forma de ondas sísmicas. Onde se orixina o terremoto chámase hipocentro, e no lugar da corteza ao que chegan as ondas sísmicas, chámase epicentro. O aparello para rexistrar a intensidade das ondas sísmicas causadas por un terremoto é o sismógrafo. A escala máis coñecida para medir a intensidade dun terremoto é a escala de Richter. Cando o epicentro está no fondo do mar pode producir fortes olas e ten o nome de maremoto ou tsunami.https://www.youtube.com/watch?v=cC8wuj31MWs

Volcáns: Son aberturas na superficie terrestre a través das que se expulsa materia incandescente, gases e cinza do magma do interior da Terra. O magma sobe a través da chimenea ata o cráter e de aí ao exterior. Algún exemplos de relevos de orixe volcánica son o monte Kilimanjaro en África, as illas Canarias en España. En función da súa actividade os volcáns poden atoparse en tres estados: activos (manifestan actividade volcánica), en reposo (sen actividade pero con posibilidade de espertar) e extinguidos (xa non volver a ter actividade volcánica)

Esquema dun volcán

Page 4: UNIDADE 2- XEOGR

A MODELAXE DO RELEVO

https://www.youtube.com/watch?v=TuETRdsRQXY

A modelaxe do relevo lévano a cabo os axentes externos que modelan o relevo mediante a erosión, o transporte e a sedimentación dos materiais. Os principais axentes externos son:

o A auga é o principal axente modelador, pode ser en forma de: Choiva, arrancando e transportando pequenos fragmentos de rocha e

vexetación ao caer. Ríos, onde segundo o curso deste a erosión varía. No curso alto con gran

pendente pode provocar fondos estreitos e desfiladeiros, no curso baixo soen dar lugar a amplos vales e terrazas fluviais, deltas e meandros.

O mar (olas e correntes) actúan sobre o litoral desgastando as rochas saíntes creando golfos, cabos ou praias.

O xeo. A auga depositada nas gretas das rochas ao conxelarse aumenta de volume e exerce presión sobre elas de forma que poden romper.

As augas subterráneas dan lugar a paisaxes moi peculiares en forma de covas, galerías, estalactitas e estalagmitas. Ex.: Covas do Rei Cintolo en Mondoñedo.https://www.youtube.com/watch?v=f5-alulrQpE

o O vento. A través das partículas que transporta en suspensión arrancadas das rochas, desgasta o terrreo e van puíndo e redondeando o terreo. Pode formar grandes acumulacións de materiais como é o caso das dunas dos desertos.

o A vexetación. As raíces das prantas poden axudar a disgregación dos solos e das rochas mais en menos medida xa que tamén teñen un efecto positivo que é a mitigación do efecto erosivo da auga e do vento.

o A temperatura. A dilatación producida pola calor do día e a contracción que provoca o frío pola noite dan lugar a gretas nas rochas.

o O ser humano. A súa acción sobre o relevo intensificouse cada vez máis, grazas ao progreso ténico provocando un cambio radical no medio natural: tala de árbores, lunes provocados, autopistas, estradas, ciudades, canteiras, minas, portos, desvío de ríos.

COMENTO IMAXES. Que tipo de axentes provoca a modelaxe das seguintes imaxes?

Cañóns do Río Sil (Ourense)

Page 5: UNIDADE 2- XEOGR

Cañón de Colorado http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/11/30/actualidad/1354298833_157732.html

https://www.youtube.com/watch?v=BaXKxAjLKRY

Dunas do deserto

Estalagmitas

Page 6: UNIDADE 2- XEOGR

AS PRINCIPAIS FORMAS DO RELEVO

ÁFRICA – MAPA INTERACTIVO - RELEVO

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/africaorog2e.html

ASIA – MAPA INTERACTIVO – RELEVO

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/asiaorog1e.html

AMÉRICA – MAPA INTERACTIVO- RELEVO

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/amnororog1e.html (NORTE)

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/amnororog1e.html (SUR)

Page 7: UNIDADE 2- XEOGR

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/amnororog2e.html

http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/relieve-de-america-del-sur-donde-esta/cd4ed875-eba1-4351-b969-71bd330bcf15

OCEANÍA

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/oceania1e.html

EUROPA

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/eurorog1e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/eurorog2e.html

ESPAÑA PENINSULAR :

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esporog1e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/espacostas1e.html

GALICIA

http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/relevo-de-galicia-onde-esta-/50bc8ad7-3bec-4ae2-976c-4b56de3329a4