Unha proposta para traballar sobre a expansión ... · 5. Busca de información: o proceso de...

2
Unha proposta para traballar sobre a expansión imperialista e a descolonización en 4ºESO mediante o visionado dunha película

Transcript of Unha proposta para traballar sobre a expansión ... · 5. Busca de información: o proceso de...

Page 1: Unha proposta para traballar sobre a expansión ... · 5. Busca de información: o proceso de descolonización da Indochina francesa foi un dos máis longos e dramáticos, dando lugar,

Unha proposta para traballar sobre a expansión imperialista e a descolonización en4ºESO mediante o visionado dunha película

Page 2: Unha proposta para traballar sobre a expansión ... · 5. Busca de información: o proceso de descolonización da Indochina francesa foi un dos máis longos e dramáticos, dando lugar,

Cuestionario sobre Indochina, Régis Wargnier, 1992

1.Resumo da película.

2.Identificación e caracterización de persoaxes: Eliane, Jean-Baptiste, Camille, Guy, Yvette, Emile, Tanh.

3. Encadre espazo-temporal: o filme desenvólvese nos anos trinta do século pasado na Indochina francesa ou Unión Indochina.a) Explica cando se creou a Unión Indochina, que territorios abranguía esta, cando foron incorporados e se eran colonias ou protectorados.b) Gran parte da película transcurre en Saigón e os seus arredores. Que tipo de colonia (de explotación ou de poboamento) era isa zona? Por que o deduces?

4.Contexto histórico: a película mostra as relacións entre os colonizadores franceses e a poboación local e o comezo da loita pola independencia destes últimos.a) Pon exemplos que reflexen como eran esas relacións. Como as calificarías?b) Qué partido ou grupo político comeza a loita pola independencia dos indochinos? Que accións emprende?c) Explica o cambio de actitude fronte ao colonialismo que experimenta a persoaxe de Camille ao longo da historia e por que se produce.

5. Busca de información: o proceso de descolonización da Indochina francesa foi un dos máis longos e dramáticos, dando lugar, entre 1945 e 1975, a dúas guerras sucesivas: a Guerra de Indochina e a Guerra de Vietnam. Busca información sobre elas centrándote nos seguintes aspectos: causas, contendentes, principais acontecementos militares, bando ganador e consecuencias.