Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

33
AQUÍ ESTÁN AS NOSAS MANS PARA TRABALLAR POLA PAZ CEIP VILAVERDE

Transcript of Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

Page 1: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

AQUÍ ESTÁN AS NOSAS MANS PARA TRABALLAR POLA PAZ

CEIP VILAVERDE

Page 2: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

COMO SE PODE NON TER PAZ CO/NO TRABALLO?

Reflexionade en equipos

Page 3: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

IMAXINA…• Alguén que pode traballar e non traballa, só molesta…• Alguén que non colabora no lugar de traballo• Alguén que quere traballar e non o deixan• Alguén que traballa moitísimo e non lle pagan de acordo co que

traballa• Alguén que incumpre as normas do lugar de traballo • Alguén que estraga as ferramentas e espazos do lugar de traballo• Alguén que traballa nun traballo que lle prexudica a saúde• Alguén que traballa no que non lle gusta• Alguén que non ten traballo a pesar de que o quere • …

Page 4: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

IMAXINA AGORA O TEU LUGAR DE TRABALLO, A CLASE…

• Alguén que pode traballar e non traballa, só molesta…• Alguén que non colabora no lugar de traballo• Alguén que quere traballar e non o deixan• Alguén que se esforza a pesar das dificultades que ten• Alguén que se mete coas compañeiras e os

compañeiros, non amosa respecto• Alguén que non cumpre as normas e estorba o traballo

do resto• Alguén que estraga os materiais

Page 5: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

OS 5 REINOS DE AMBER

Page 6: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

Amber é unha avoa.Cando Amber era nova foi unha enxeñeira de

sistemas audiovisuais. Viaxaba moito e facía vídeos en diferentes

lugares.

Page 7: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

Hoxe a avoa Amber cóntalle ás netas e aos netos as súas aventuras de cando grababa coa súa cámara polo mundo…

Page 8: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Nunha das miñas viaxes fun a un lugar moi especial. Había alí 5 reinos.

5 AVOA?

Page 9: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Si, cinco. Nun deles había palmeiras. Era un lugar con moitas palmeiras e animais. O reino chamábase Escrav. Nel algunhas persoas non traballaban nada e obrigaban a outras persoas a traballar para elas.

Page 10: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

Usaban as mans para obrigar

Page 11: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

Non había paz. Unhas persoas tiñan que traballar e se non eran castigadas e outras sempre estaban berrando e obrigando.

QUE MAL O DEBÍAN PASAR!

Page 12: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- O segundo reino tiña enormes montañas – continuou a avoa Amber- chamábase Criset.

Nel había xente que podía traballar, pero outras non tiñan traballo e pasábano mal. Non podían mercar as cousas que precisaban. Non había paz porque había xente moi descontenta.

QUEREMOS TRABALLO! TEMOS

DEREITO A TRABALLAR!

Page 13: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Nese reino tampouco deixaban que todas as persoas fosen o que quixesen. Obrigaban a que tivesen profesións segundo fosen mulleres ou homes.

Page 14: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

Usaban as mans para discriminar

Page 15: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- E no terceiro avoa?- O terceiro era o reino Acos. Nel había un

enorme lago con moitos animais fermosos. A xente tiña traballo…

E NO TERCEIRO

?

Page 16: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Menos mal…- Xa pero non había paz tampouco porque non

colaboraban e non se axudaban, insultábanse, molestábanse, burlábanse unhas persoas doutras,…

Page 17: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

QUE MAL VISTE!É TONTA

TRABALLA EN EXCESO!

Page 18: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

Usaban as mans para acosar

Page 19: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Cantos problemas teñen que ver co traballo!- Si… Moitos.

CANTOS PROBLEMAS CO

TRABALLO!

Page 20: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Entón viaxei a un cuarto reino. Este chamábase Abus. Había nel unhas pouquiñas árbores e preto del vivía unha balea. Había persoas que non cumprían os dereitos das nenas e dos nenos e obrigábannos a traballar. Non podían ir á escola.

Page 21: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE
Page 22: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- As nenas e os nenos non podían ter paz… Verdade avoa?

NON RESPECTABAN OS DEREITOS DA IFANCIA

Page 23: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

Usaban as mans para explotar a nenas e nenose para impedirlles ir á escola e ter unha profesión o día de mañá

Page 24: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- No quinto reino si que había paz?- Xulgade vós. Ese reino tiña moitas árbores,

moitísimas. Chamábase Contaminat. Grandes bosques cubrían a superficie, pero… os traballos das persoas contaminaban o aire, non se coidaba o ambiente, tiraban lixo,… A saúde da xente empeoraba. Todo se ía estragando pouco a pouco.

Page 25: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Vivir aí era moi difícil e a xente culpábase unha a outra do que sucedía

Page 26: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

Usaban as mans para estragar o medio

Page 27: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Eses reinos desapareceron avoa?

NON…

Page 28: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Non desapareceron porque as persoas que nel viviron decatáronse que se unían as súas mans e as usaban para algo bo podían facer felices ás persoas e conseguir a paz .

Mirade como…

Page 29: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE
Page 30: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- Non, non desapareceron. As persoas que os habitaron decidiron xuntar as súas mans para conseguir a paz: Xuntaron as mans para loitar contra a escravitude Xuntaron as mans para reclamar o dereito a

traballar dignamente Xuntaron as mans para loitar contra o acoso laboral Xuntaron as mans para coidar o medioambiente Xuntaron as mans para loitar contra o traballo

infantil Xuntaron as mans para que calquera persoa

puidese traballar no que quixese, para que puidese ter a profesión que máis lle gustase

- E botaron dos reinos ás persoas que se aproveitaban doutras, ás que non coidaban o medio, ás que se burlaban doutras, ás que obrigaban a nenas e a nenos a traballar , … e houbo paz.

Page 31: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

- As persoas pintaron o seus reinos coas súas mans mentres cantaban e eu grabeino…

VOU SER IMPORTANTE, NON IMPORTA O

LABOR, POIS TODA A SEMENTE PLANTADA

CON AMOR…

Page 32: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

E vós? Poñedes as vosas mans para loitar pola paz?

Page 33: Aquí están as nosas mans para traballar pola paz. CEIP VILAVERDE

GLORIA FUERTES TEN POEMAS AO REDOR DA PAZ…

BASTA CON UNA MANO PARA MATAR. NECESITAMOS DOS PARA ACARICIAR, DOS PARA APLAUDIR, TODAS LAS MANOS DEL MUNDO PARA LA PAZ.

Gloria Fuertes.