Unha historia para contar

15
UNHA HISTORIA PARA CONTAR

Transcript of Unha historia para contar

Page 1: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

Page 2: Unha historia para contar
Page 3: Unha historia para contar

Contar historias é unha das máis fermosas ocupacións humanas.É unha ocupación que se adica con xenerosidade a entreter ao home(aos nenos) , o que moitas veces equivale a consolalo.

(Eça de Queirós)

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

Page 4: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

O conto popular nace dun saber ancestral ó mesmo que as catigas, as lendas ou os romances, e desenvolvese nunha tradición trasmitida por vía oral, cumprindo unha importante labor social nas pequenas comunidades rurais. Ao tempo que proporcionaban entretemento, a través dos contos aprendíanse as normas sociais e explicábanse os fenómenos da natureza.

En función do público, do espacio e do tempo, o contacontos daríalle primacía a unhas funcións sobre as outras. Nas tarefas da vida rural, elexía polo común contos divertidos, nas noites ao redor do lume contos de aventuras ou de medo, mentres que nas xuntanzas organizadas pola Igrexa ou polos maiores da comu-nidade, contaba contos cunha finalidade eminentemente instructiva.

Os contos orais escoitabanse en grupo, no recinto familiar ou en xuntanzas máis amplas. A desaparición do conto tradicional débese, en parte, aos cambios na vida rural e nos labores colectivos pero, sobre todo, a que as novas formas de entretemento dificultan ou impiden á trasmisión aos máis novos. Os contacontos foron sustituidos pola televisión, os videoxogos e os ordenadores.

Page 5: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

Quén pode contar un conto/unha historia?

Todos podemos. Hai mil formas e outros tantos estilos de contalos. Hai persoas que de por si teñen facilidade para contalos e outras que non tanto pero, se teñen interés, poden aprender a contalos. O obxectivo desta charla éaxudarvos a encontrar o narrador que cada un de nós leva dentro. Está claro que nunha hora non podemos pretender aprender a contar ben un conto pero si podemos sentar as bases para mellorar a nosa forma de contalo. Eu marcharía satisfeito se cando menos trasmítovos as ganas por contar contos aos vosos fillos. Se tedes interés en realizar máis adiante un pequeno obradoiro con exercicios,“profundaremos” un pouco na técnica.

As liñas xerais que hoxe vou expoñer son totalmente válidas para contar contos independentemente do público a quen vaian dirixidos: anciáns, adultos ou nenos, sen embargo, farei especial mención a aqueles aspectos que debemos ter en conta cando o noso público son os pequenos da casa.

Page 6: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

No referente a eles, decir que non é necesario modular o conto para osnenos. Os nenos son persoas intelixentes e gústalle que se lles trate como tales.

Debemos utilizar unha linguaxe infantil, é decir, comprensible para os nenos, pero non é necesário “infantilizar” a narración.

Page 7: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

O punto de partida: tres piares.Os tres piares nos que debemos asentar o conto son: un ambiente apropiado, a proximidade entre narrador e público, e o prestixio do narrador.

Hoxe en día o narrador precisa crear o ambiente. Antes o narrador sentábase no seu sitio e os espectadores eran os que debían entrar no seu mundo. Acudían a que o contador de contos lles contara unha história. Esto aínda sucede en so-ciedades onde a transmisión oral segue a ser a principal fonte de cultura.

Na nosa sociedade actual (libros, tele, videoxogos…) é o narrador quen debe atraer aos espectadores ao seu mundo. Do mesmo xeito, antes a proximidade quedaba establecida polo propio lugar do encontro (os fiandóns, a cociña baixa, a bodega….) Nós deberemos recuperar esa cercanía co público. Finalmente, o prestíxio do narrador viña establecido a través do tempo. Todos tiñan claro quen sabía contar moi ben os contos: o avó, a María Cordeira, o Tío Maravillas… Deberemos asumir ese papel cando contemos os nosos contos, que cheguen a decir: “qué contos máis bonitos conta a mamá” ou “que ben os conta a profe”.

Page 8: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

A relación do narrador co espacio.

As alturas da narración (chan, silla, taburete, escenario)Colocarse á altura física do neno. Evitar en maiores de 3-4 anos sentarse no chan (cánsase ún antes, tentación de deitarse ou tomar outras posturas…). É preferible sentar nunha silla e a poder ser que o neno tamén esté sentado, pois dalgunha maneira “acota” o espacio do neno (evita que se mova ou xogue cos outros).O narrador comenza sentado pero, se precisa dominar o espacio (moitos nenos) pode erguerse. Se a voz é suficiente para crear o ambiente e dominar o espacio, non precisa levantarse.Deberemos buscar un espacio axeitado para a narración da historia, modificando, se fose preciso, o espacio segundo os intereses do narrador e da propia história. Outro aspecto a ter en conta é a integración dos posibles axentes contaminantes (ruído, interrupcións, nenos que están sós, necesidade de cuidadores…).Lóxicamente, a posición do narrador respecto do espectador, sexa un só ou moitos, debe ser de cara. Como veremos máis adiante, os nosos xestos sun un importanteapoio da narración.

Page 9: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

A relación do narrador co tempo.

Pode ser interesante a relación do conto con lugares ou persoas coñecidas para a audiencia. Esta historia sucedeu na aldea de… Este conto oínllo contar ao mestre de… Deste xeito conseguiremos dotar á nosa história de proximidade ao tempo que reforzamos a súa credibilidade, farémola máis “real”.Neste mesmo sentido, outra posibilidade e ser nós mesmos o referente da historia: esto que vou contar sucedeume… Estando eu en tal sitio… Hai uns anos,cando eu viaxaba por… Cando eu era nena…Reforzaremos a proximidade e a credibilidade da historia.

Actualizar o conto non implica introducir elementos actuais ou modernos onde non os había, consiste en adaptalo á situación contemporanea con outra escala de valores e a un público novo, mantendo o nexo de enganche entre o conto tradicio- nal e un espacio e un publico novos. Non sería preciso por exemplo sustituir carro- zas por coches (aínda que pode facerse) pero sí evitar mensaxes de carácter sexistas ou introducir mensaxes ecoloxistas.

Page 10: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

O narrador como defensor da historia.

Unha vez asentados estos piares entra en acción o narrador como defensor da história.É de vital importancia valorar o que imos contar. Darlle a relevancia que merece. Non vou contar “un conto calquera” vou contar “este conto”. Esta importancia debe partir do mundo emocional, dos motivos que nos levan a elexir ese conto: Este conto contoumo a miña avoa… Vou contar un conto que cando o escoitei por primeira vez… Nestes tempos de egoismo no que temos de todo vouvos contar… Cando eu era moi pequeno e atopábame triste por algún motivo, a miña nai conta-bame este conto. Ter en conta que aínda que non todo o que contemos sexa certo, sí debemos trasmitir sinceridade emocional.

Debe notarse que teño moitas ganas de contar esta história. Se eu teño ganas de contala seguro que vou atopar quen quera escoitala. A clave é trasmitir esas ganas, esa ilusión ao espectador: “vou contar un conto precioso” “unha história moi bonita”… O espectador debe ter ganas de que llo conten. Este é o mellor comenzo para contar a nosa história. No caso dos nenos, ten moita importancia que noten tamén que estamos felices contando-a.

Page 11: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

O narrador como creador da historia.

Imos pois a contar a nosa história. A voz debe ser o eixo da narración, é a creadora dos personaxes e a tras-misora dos ambientes e situacións. O lobo que quere comer aos tres porquiños non é o mesmo lobo se conto eu o conto que se o conta outra persoa. De igual modoo bosque onde o cazador abandoa a Brancaneves pode cambiar segundo a entona-ción e a precisión con que o describa e a persecución do Ogro tras Pulgariño será máis ou menos emocionante segundo o ritmo das miñas palabras.

Como norma xeral, o ritmo da narración debe ser medido. Debemos dar tempo suficiente para que o espectador cre a imaxen (imaxine) do que lle estamos a contar. Ter en conta que non precisa o mesmo tempo describir un obxecto ou una situación da vida común que un obxecto fantástico ou unha situación máxica.

Page 12: Unha historia para contar

Outra das claves para o éxito da narración é empatizar cos personaxes. É de suma importancia que o público entenda e comparta os motivos que levan aos personaxes a facer o que fan ou ben que entenda o estado de ánimo que viven tras sucederlle algo. O espectador axiña tomará partido polo protagonista, maisnon poderá estar de parte dos “malvados”. O relator debe ter esa empatía cos personaxes e facer que o público se sume a ela. Non podemos apoiar ao Ogro quequere comer a Pulgariño pero podemos entender a súa furia ao verse enganado por un neno e matar equivocadamente ás súas fillas. Outros exemplos: Os pais que teñen que abandoar aos nenos, o lobo que ten fame, o cazador que debe matar a Brancaneves…

O obxectivo é conseguir que o público viva con eles a historia

O final da narración debe ser limpa e potente. Que quede claro que rematou e que deixe unha imaxe impactante.

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

Page 13: Unha historia para contar

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

O xesto como apoio da narración. O xesto tamén narra.

Os xestos son importantes pero como complemento. Non deben prevalecer sobre a palabra. O máis importante é o que se conta e debe facerse sen dúbidas, para que non se perda o público. O corpo en xeral debe estar relaxado, sentindo que é verdade o que se conta. Os xestos, sobre todo a expresión facial, deben acom-pañar á narración. A cara pode expresar sorpresa, susto, medo, incertidume, alegría, tristura, decepción, furia, rabea… Os nosos xestos axudarán ao especta-dor a imaxinar o que estamos contando e a empatizar cos personaxes.

O libro como soporte do conto.

O libro ofrece a ventaxa de ter un elemento de enlace co espectador ao que podemos ir mostrando as imaxenes como apoio á narración. O libro non pode ser o narrador, é un complemento, nós debemos seguir sendo quen narra a história e mantendo a atención coa palabra. Evitar cousas como: E agora que pasa… Mira o que está facendo… A onde quere ir…. Polo contrario usar formulas como decir “e os nenos adentraronse no bosque” e apoiar a frase mosrando a imaxe.

Page 14: Unha historia para contar

Un bo narrador debe ter memoria, mais non memoria de datos se non memoria de emocións. Das emocións contidas no conto e das emocións que nos trasmite a nós como narradores e aos nenos como espectadores que escoitan o conto. Se podemos recordar os momentos claves do conto en función do que nós sentimos mentres o contamos e da resposta do espectador ao escoitalo, poderemos contar unha e mil veces “o mesmo conto” aínda que utilicemos diferentes palabras.

UNHA HISTORIA PARA CONTAR

Para rematar…

Page 15: Unha historia para contar