Titoría 1 5º

17
Titoría 5º. Curso 2014- 15

description

Reunión principio de curso - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Titoría 1 5º

Page 1: Titoría 1 5º

Titoría 5º. Curso 2014-15

Page 2: Titoría 1 5º

Avaliación. Mínimos esixibles para Quinto Curso

Libros dixitais. EVA

Regulamento de utilización do material Abalar

Titoría

Cláusulas de empréstemo do equipo

Page 3: Titoría 1 5º

Titoría

• Horario de titoría. Atención personalizada ( atenderanse casos particulares). Martes de 17.30-18.30.Pedir cita • O grupo

Nº de alumnos/asComportamento, actitude. Control ( reiterativo, mandarase aviso).Nivel de traballo

• ObxectivosFamilia-escola

Valorar a importancia de aprenderValorar o esforzoPotenciar e reforzar conductas positivasFomentar hábitos de hixiene, alimentación e consumoMostrar interese polo traballo realizado

De aula para o trimestre

Acadar e superar os contidos curricularesAdquirir responsabilidade do seu traballo escolar, autonomíaOrganizar o tempo de traballoCoidar as presentacións, cadernos …

• Varios Ausencias. Xustificantes: recoller aos/ás alumnos/as nos cambios de clase. Hixiene ( olores, piollos…)

Page 4: Titoría 1 5º

Avaliación. Mínimos esixibles para Quinto Curso

INSTRUMENTOS E PROCEDEMENTOS PARA AVALIACIÓN

Observación sistemática:- Escala de observación.- Rexistro anecdótico persoal

Análise das producións dos alumnos:- Monografías.- Resumos.- Traballos de aplicación e síntese.- Caderno de clase. - Textos escritos.- Producións orais.

Intercambios orais cos alumnos:- Diálogo. - Entrevista.- Postas en común.- Asembleas.

Probas específicas:- Obxectivas.- Abertas.- Exposición dun tema.- Resolución de exercicios.- Autoavaliación e coavaliación (material escrito e outros).

Page 5: Titoría 1 5º

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN OBSERVACIÓNS PONDERACIÓN

- Probas escritas, exames, tarefas aula virtual

A nota deste apartado será a media das cualificacións obtidas nas distintas probas.

70,00%

- Actividades realizadas na aula ou na casa e Caderno de

clase

Na valoración dos traballos terase en conta: a presentación, a redacción, a puntualidade (entrega dentro do prazo) e os contidos.

15,00%

-Cadro de observación e rexistro de incidencias da

actitude do alumno na aula (Caderno do profesor)

Cada alumno obterá puntos negativos ou positivos en función da atención,

comportamento e actitude15,00%

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Page 6: Titoría 1 5º

MÍNIMOS EXIXIBLES POR MATERIAS PARA SUPERAR O 5º NIVEL DE EP

Page 7: Titoría 1 5º

MATEMÁTICAS

• Escribir cantidades representadas en el sistema de numeración romano.

• Descomponer, leer, escribir, comparar, ordenar, operar y resolver problemas con números (naturales, decimales).

• Reconocer, representar, comparar, efectuar operaciones y problemas de la vida real con fracciones, así como hallar fracciones equivalentes

y saber comprobarlas.

• Calcular aumentos y disminuciones porcentuales muy sencillas.

• Reconocer y relacionar los euros y los céntimos de euro con las partes de un número decimal teniendo en cuenta el valor posicional de las

cifras.

• Aplicar las equivalencias, escribir y transformar en forma compleja e incompleja unidades de longitud, masa y capacidad, y resolver

problemas de la vida cotidiana en los que intervengan medidas de longitud, masa y capacidad.

• Conocer las unidades de tiempo, sus relaciones, las unidades del sistema sexagesimal, realizar transformaciones con unidades de tiempo de

forma compleja a incompleja, y viceversa.

• Localizar y situar puntos en el plano mediante sistemas de coordenadas.

• Reconocer, diferenciar y dibujar diferentes tipos de rectas (paralelas, secantes y perpendiculares), semirrectas y segmentos.

• Conocer la idea de ángulo, su clasificación y su unidad de medida.

• Conocer y distinguir los polígonos y sus elementos, y clasificarlos según su regularidad, su número de lados y la amplitud de sus ángulos

interiores.

• Emplear diferentes estrategias para calcular el perímetro y el área de un polígono.

• Reconocer la circunferencia, el círculo y las principales figuras circulares identificando sus elementos y hallar la longitud de la circunferencia

y el área del círculo.

• Determinar la frecuencia y la media de una información dada.

• Conocer e interpretar de forma simple distintos tipos de gráficos estadísticos.

Page 8: Titoría 1 5º

LINGUAS• Comprender producións orais (conferencias, exposicións, explicacións), provenientes de diferentes medios. Ter capacidade para facer

unha síntese tamén oral a partir das ideas principais que se expuxeron.

• Participar activamente nas conversacións da clase e utilizar unha linguaxe comprensible para as funcións básicas, por exemplo

relacionarse, aprender, expresar experiencias vividas, imaxinar. Así mesmo, ten que saber escoitar os outros e respectar as quendas de

palabra.

• Expoñer temas de produción propia oralmente (exposicións, procesos, comentarios de actualidade, entre outros) con preparación

previa, e adaptando a entoación, o ton de voz ou o xesto á situación comunicativa. Utilización de material gráfico.

• Comprender autonomamente textos escritos (contos, poemas, artigos, folletos informativos…) e audiovisuais (películas, anuncios,

informativos).

• Saber responder e formular preguntas referidas aos textos e libros de literatura que se leron ou miraron e saber facer unha valoración

global.

• Escribir textos funcionais, narrativos, literarios e audiovisuais coherentes —á man e facendo uso das TIC—, con riqueza de linguaxe,

partindo do proceso de pensar, escribir ou elaborar e revisar e atendendo á corrección ortográfica e gramatical.

• Aplicar a acentuación gráfica na maioría dos casos nos textos de produción.

• Coñecer os mecanismos da lingua para crear significado, composición, sentido figurado e todos os traballados durante o curso.

Aplicación nos textos de produción propia.

• Coñecer a terminoloxía gramatical básica e a función de cada elemento nun enunciado.

• Mostrar progresiva autonomía na aprendizaxe: reflexión sobre o proceso, organización e planificación do traballo, aceptación dos erros,

autocorrección e autoavaliación de todo o proceso.

• Coñecer e valorar a diversidade lingüística e cultural de Galicia, de España e do mundo, con actitude de respecto cara ás persoas que

falan outras linguas e interese por comprendelas.

Page 9: Titoría 1 5º

CIENCIAS SOCIAIS

• Explicar como é e de que forma se orixinou o Universo e os seus principais compoñentes.

• Describir as características principais do Sistema Solar identificando diferentes tipos de astros e as súas características, incluídos os

movementos da Terra e da Lúa e as súas consecuencias.

• Explicar as distintas representacións da Terra e interpretar tanto a linguaxe cartográfica como as linguaxes icónicas e simbólicas para mellorar

a comprensión da realidade.

• Diferenciar entre tempo atmosférico e clima, e analizar a importancia das predicións meteorolóxicas.

• Identificar os factores que inflúen no clima e explicar como actúan para adquirir unha idea básica do clima, así como dos factores que o

determinan.

• Explicar os trazos máis destacados das temperaturas e das precipitacións dos climas de España e de Galicia, e identificar as paisaxes

características de cada zona climática.

• Explicar a importancia que ten a Constitución para o funcionamento do Estado español, así como os deberes, os dereitos e as liberdades que

recolle.

• Identificar as principais institucións autonómicas galegas.

• Describir a división territorial do Estado.

• Explicar que é a UE, os países que a compoñen e explicar algunhas vantaxes derivadas do feito de formar parte dela.

• Interpretar a evolución e a distribución demográfica galega, española e europea a partir de pirámides de poboación, gráficos de barras e

diagramas circulares

Page 10: Titoría 1 5º

CIENCIAS NATURAIS

• Coñecer o uso dos recursos naturais da Terra, identificar algúns dos empregados na vida cotiá e adquirir conciencia da necesidade de

conservalos e de evitar a contaminación.

• Coñecer algúns tipos de máquinas e aparellos que se empregan na vida cotiá, así como a utilidade que teñen.

• Coñecer o funcionamento do corpo humano en canto a células, tecidos, órganos, aparellos, sistemas (localización, forma, estrutura,

funcións, coidados etc.).

• Adoptar estilos de vida saudables, sabendo as repercusións para a saúde do seu modo de vida, tanto na escola como fóra.

• Coñecer a estrutura e a fisioloxía das plantas, así como as características principais da fotosíntese e a súa importancia para a vida dos

seres vivos.

• Coñecer as características e os elementos que compoñen un ecosistema, así como os seres vivos que o habitan e as súas relacións.

• Relacionar determinadas prácticas do ser humano co coidado e co respecto polo medio natural, adoptando hábitos consecuentes tanto

no colexio como fóra e coñecer as repercusións que ten para a vida no planeta.

• Explicar como os cambios (por fenómenos naturais e pola actividade humana) no medio natural poden afectar a compoñentes vivos e

inertes, e variar o equilibrio.

Page 11: Titoría 1 5º

Libros dixitais. EVA

MODOS DE ACCESO

Explorador Wifi

Sen wifi

Page 12: Titoría 1 5º

CO EXPLORADOR. Necesítase conexión a internet. Nos netbooks, só na aulaeva.edu.xunta.es

Nome de usuario

Contrasinal

Acceso

Page 13: Titoría 1 5º

SEN CONEXIÓN. Só cos netbooksDous tipo de acceso: Eva offline e visor Eva

Page 14: Titoría 1 5º

O interior dos textos

Índice do tema

Teoría

Actividades para realizar na libreta ou online

Page 15: Titoría 1 5º

Regulamento de utilización do material Abalar

• Os equipos informáticos son propiedade da Consellería de Educación e O.U. da Xunta de Galicia

• O alumnado ao que vai dirixido deberá cumprir e respectar en todo momento a normativa de uso

incorporada no Regulamento de Réxime Interno do Colexio, sabendo que o incumprimento da mesma,

conlevará, ademais da perda dos privilexios de uso, calquera das sancións que se estabelecen no devandito

Regulamento e mesmo sancións económicas, se chegara o caso.

• A cada alumno ou alumna de 5º nivel de Educación Primaria asignaráselle unha computadora portátil

(netbook) do que será responsábel mentres estea matriculado/a no colexio.

• Cada alumno/a (e a súa familia) é totalmente responsable do uso que faga da súa computadora portátil

(netbook)

• Os equipos poderán levarse aos domicilios, sempre e cando se asine o impreso de CONVENIO DE

EMPRÉSTEMO.

Page 16: Titoría 1 5º

Cláusulas de empréstemo do equipo

O Colexio participa no proxecto E-DIXGAL da Xunta de Galicia para o uso das novas tecnoloxías da información e da

comunicación, o cal require a posta a disposición do alumnado do Colexio de computadoras para a realización das súas

tarefas escolares.

O alumnado levará o ordenador ao seu domicilio para estudar e realizar as tarefas encargadas polo seu profesorado. Non se

poderá empregar o citado equipo para ningún outro uso persoal ou profesional sen a expresa autorización do Colexio.

Ademais non poderá cederse a terceiras persoas. A utilización non permitida do equipo será recolleita como falta no

Regulamento de Réxime Interno do Colexio.

O alumnado e a súa familia non poderán realizar manipulacións na computadora nin no software nel instalado. Deberá

informarse ao profesorado titor do curso de calquera desperfecto observado no equipo no menor prazo posible.

O alumnado e a súa familia comprométense a levar todos os días o ordenador ao Colexio coa batería completamente

cargada.

A computadora deberá ser devolta ao rematar o curso e cando o colexio o solicitare para realizar actualizacións, tarefas de

mantemento, constatar o seu estado, etc.

As familias responsabilízanse do correcto coidado e uso do equipo, respondendo da perda da computadora ou do seu mal

uso. Isto non inclúe as avarías que poidan producirse na utilización diaria do equipo e estean recolleitas na súa garantía.

Page 17: Titoría 1 5º

OS NOSOS BLOGS

CONTACTO

http://abalando.enredo.eu/ http://espazodelectura.blogspot.com.es/

5º A [email protected]

5º B [email protected]