texto final galego - · PDF file Páxina 3 de 24 1. Introdución Ao longo de todo...

Click here to load reader

  • date post

    24-May-2020
  • Category

    Documents

  • view

    2
  • download

    0

Embed Size (px)

Transcript of texto final galego - · PDF file Páxina 3 de 24 1. Introdución Ao longo de todo...

  • Páxina 1 de 24

    Índice

    1. Introdución.................................................................................................................3 2. Estrutura do Plan Galego de Formación Profesional ............................................7

    2.1 Liña 1. Integración dos sistemas de cualificacións e formación profesional ...................8 2.1.1 Obxectivo 1.1. Asegurar a coordinación das políticas de formación profesional coa participación dos axentes

    sociais ...........................................................................................................................................................10 2.1.2 Obxectivo 1.2. Achegar os sectores formativo e produtivo ..............................................................................11 2.1.3 Obxectivo 1.3. Desenvolvemento de ferramentas e instrumentos para a planificación das cualificacións e a

    formación profesional....................................................................................................................................12 2.2 Liña 2. Óptimo aproveitamento dos recursos e da xestión ..........................................13

    2.2.1 Obxectivo 2.1. Mellora da xestión dos centros de formación profesional ........................................................14 2.2.2 Obxectivo 2.2. Desenvolvemento dos centros integrados ...............................................................................14 2.2.3 Obxectivo 2.3. Formación de docentes............................................................................................................15

    2.3 Liña 3. Calidade e innovación .......................................................................................16 2.3.1 Obxectivo 3.1. Xeneralización na implantación de sistemas de calidade ........................................................18 2.3.2 Obxectivo 3.2. Avaliación do sistema da formación profesional ......................................................................18 2.3.3 Obxectivo 3.3. TIC e transferencia do coñecemento .......................................................................................19 2.3.4 Obxectivo 3.4. I+D+i sobre as cualificacións profesionais requiridas polo sistema produtivo .........................19

    2.4 Liña estratéxica 4. Promover a aprendizaxe permanente ao longo da vida..................20 2.4.1 Obxectivo 4.1. Incrementar a participación da poboación na formación..........................................................21 2.4.2 Obxectivo 4.2. Incrementar o investimento empresarial en formación ............................................................22 2.4.3 Obxectivo 4.3. Informar e orientar a poboación activa.....................................................................................23 2.4.4 Obxectivo 4.4. Recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias..................................................23

  • Páxina 2 de 24

  • Páxina 3 de 24

    1. Introdución Ao longo de todo este documento –na introdución, nas liñas estratéxicas, nas medidas, etc. –, reside unha idea central que os redactores deste plan queremos salientar dende un prin- cipio: investir en formación é crer na capacidade das persoas para construír o seu propio desenvolvemento. Isto significa crer nun instrumento fundamental para o progreso das so- ciedades, porque é o xeito en que os seres humanos acumulamos coñecementos, sabedoría e cultura; a maneira en que os organizamos, os transformamos en benestar e os transmiti- mos para seguir avanzando.

    A formación non só contribúe ao crecemento técnico dos individuos, para o seu progre- so no mercado laboral, senón que afecta o seu desenvolvemento integral e o modo en que estes se relacionan entre si. Non só nos fai mellorar, senón que tamén fai mellores as or- ganizacións e as sociedades: ás primeiras proporciónalles dinamismo, flexibilidade e com- petitividade, ao transformar o coñecemento en valor engadido para a mellora de bens e servizos; e ás segundas achégalles calidade de vida, emprego, estabilidade e integración social.

    Dispomos, xa que logo, dunha ferramenta que, combinada con outras políticas, facilita a medio prazo unha maior prosperidade ás comunidades que aproveiten ao máximo as sú- as posibilidades. Por iso, nos primeiros anos deste século a Xunta de Galicia elaborou e aprobou o primeiro Plan Galego de Formación Profesional, co que lles abriu o camiño a moitos outros plans, noutras comunidades autónomas.

    Este primeiro Plan concibiuse como un conxunto de actuacións que deran resposta ás necesidades de cualificación e de formación profesional da poboación galega. Naceu cu- nha clara vocación integral, orientado cara á integración da formación profesional; inter- departamental, implicando as consellerías competentes en materia de cualificacións e FP, e interinstitucional, corresponsabilizando aos axentes sociais e á administración no seu de- senvolvemento, a través do Consello Galego de Formación Profesional.

    A elaboración do segundo plan debe partir necesariamente da avaliación do primeiro, dos novos retos a que debe enfrontarse e do contorno actual.

    "Confiamos en que o esforzo que todas as partes implicadas van pór no desenvolve- mento deste plan permita que as persoas descubran, grazas á formación, o tesouro que en- cerran" (Unesco).

    Os grandes retos

    Tradicionalmente, foron dous os motores do cambio na formación orientada ao emprego: a internacionalización dos mercados e o avance tecnolóxico, nomeadamente na información e na comunicación. Estes dous grandes factores son de sobra coñecidos pola súa enorme influencia sobre as organizacións, os seus procesos, os seus resultados, e o xeito en que a formación ao longo da vida transforma esta ameaza en oportunidade.

    Na perspectiva do tránsito que deben efectuar as nosas modernas sociedades desde o que se coñece como "sociedade da información" á nova "sociedade do coñecemento", a adquisición de novos coñecementos e de novas competencias para actualizar a preparación profesional mediante todo tipo de aprendizaxes (formais, non formais e, particularmente, procedentes da experiencia profesional) constitúe un dos piares do que se entende por aprendizaxe permanente. Consonte iso, a aprendizaxe permanente e a formación profesio- nal constitúen dous conceptos e obxectivos indisociables: a aprendizaxe permanente preci- sa da formación profesional como instrumento indispensable para se traducir en obxecti- vos reais e eficaces de cualificación e progreso profesional, entanto que á formación pro- fesional lle cómpre renovarse e actualizarse permanentemente para funcionar como ins-

  • Páxina 4 de 24

    trumento efectivo da aprendizaxe ao longo da vida. Neste marco, os cambios sociais a escala mundial introducen novos retos aos que o sis-

    tema de formación e o resto de sistemas deben facer fronte. En primeiro lugar, non se trata xa só do movemento de mercadorías e servizos, senón que a mobilidade de traballadores e traballadoras dentro de Europa e entre diversos continentes, que parecía como algo afasta- do hai só algúns anos, é xa unha realidade palpable. Coa mobilidade vén a diversidade cul- tural e o posible aproveitamento desa riqueza, xunto cos riscos da exclusión e do incre- mento da desigualdade social e a desintegración.

    En segundo lugar, á ecuación sociolóxica que combina o "capital físico" e o "capital humano" –entendendo este último como combinación de factores persoais entre os que se inclúe con forza a formación– vénselle engadir o de "capital natural", para facer compati- ble o desenvolvemento económico e social co mantemento dos recursos naturais, co seu aproveitamento sustentable e coa súa conservación.

    O factor tempo constitúe un elemento importante, que xustifica polo menos unha refle- xión. Movémonos nuns tempos vertixinosos, en que a política parece obrigada a dar unha resposta inmediata ás cuestións que se formulan case a diario, especialmente cando se chama a atención sobre problemas en que a solución parece requirir certa dose formativa. Porque aínda que os beneficios do investimento en formación se demostraron amplamen- te, tamén é certo que os cambios que provoca son a medio e a longo prazo. Os procesos relacionados coa formación requiren un tempo necesario, o que esixe unha actuación pa- ciente e consensuada entre os actores e constitúe un elemento fundamental deste plan.

    Por último, é imprescindible salientar o papel dos formadores e das formadoras, xa que constitúen a clave do éxito en todo movemento de cambio. Eles son os que se enfron- tan a diario, nun sufrido papel, con situacións que van máis alá de reflexións descritas por expertos. Deben procurar, coas axudas e os apoios necesarios, a motivación, os recursos, o enxeño, a creatividade e o talento para servir de ponte eficaz entre as persoas aprendices e os novos requisitos de competencias, cada vez máis amplas e diversificadas. No factor humano, novamente, reside a cerna da cuestión.

    O contexto actual

    Á medida que avanzamos en concreción , entran en xogo os mecanismos de coordinación de actuacións europeos e estatais.

    No marco europeo, a estratexia de Lisboa sinala o obxectivo e boa parte da ruta que, pouco e pouco, o Estado e Galicia deben percorrer co horizonte do 2010. Así, o documen- to para facer realidade un espazo europeo para a aprendizaxe permanente (2001), o proce- so de Bolonia para a educación superior (1999) e o proceso de Copenhague (2002) esta- bleceron os piares da cooperación eur