Terra social ourense galego_branco

4
Nº AUTOS: DEMANDA 0000289 /2008 Na cidade de OURENSE a vintenove de Outubro de dous mil oito. Dona MARIA ISABEL GOMEZ BALADO Maxistrado-Xuíz do Xulgado do Social nº 002 do Xulgado e localidade ou provincia de OURENSE tras ver os presentes autos sobre ORDINARIO entre partes, dunha e como demandante Don XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ DORRÍO, que comparece o LETRADO Don ANGEL LOUREIRO LOPEZ e de outra como demandado TELEFONICA DE ESPAÑA SAU, que comparece o LETRADO Don ALBINO FERREIRA RIVERA. En reclamación de CANTIDADE. EN NOME DO REI Ditouse a seguinte SENTENCIA: 618/08 I - ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Que na data 18- 04- 08 tivo entrada neste Xulgado do Social número dous, a demanda que antecede na que a parte actora tras alegar o que ao seu dereito interesou terminou coa suplica que na mesma consta e unha vez admitida a trámite a demanda previo cumprimento das formalidades legais sinalouse para o 27 de maio, celebrando o mesmo. Na data 17 de xuño do presente ano, ditouse auto no cal se declara nulidade do actuado dende a citación a xuízo e se declara un novo sinalamento para o 9 de setembro, nos cales as partes comparecentes alegaron o que estimaron pertinente e logo da práctica da proba proposta e admitida co resultado que en autos constan, quedando os autos conclusos para sentencia. SEGUNDO.- Na data de 22 de Setembro de 2008, ditouse providencia, dando traslado do informe do Ministerio fiscal en relación á competencia deste Xulgado ás partes, co resultado que obra en autos II.-FEITOS PROBADOS PRIMEIRO.- Pola entidade TERRA-NETWORKS ESPAÑA SAU (na actualidade absorbida pola demandada TELEFONICA DE ESPANA S.A.U. organizouse en Xuño de 2006 un campionato de blogs", como consecuencia do campionato mundial de fútbol celebrado en Alemaña nese ano.

Transcript of Terra social ourense galego_branco

Nº AUTOS: DEMANDA 0000289 /2008

Na cidade de OURENSE a vintenove de Outubro de dous mil oito.

Dona MARIA ISABEL GOMEZ BALADO Maxistrado-Xuíz do Xulgado do Social nº 002 do Xulgado e localidade ou provincia de OURENSE tras ver os presentes autos sobre ORDINARIO entre partes, dunha e como demandante Don XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ DORRÍO, que comparece o LETRADO Don ANGEL LOUREIRO LOPEZ e de outra como demandado TELEFONICA DE ESPAÑA SAU, que comparece o LETRADO Don ALBINO FERREIRA RIVERA. En reclamación de CANTIDADE.

EN NOME DO REI

Ditouse a seguinte

SENTENCIA: 618/08

I - ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO.- Que na data 18- 04- 08 tivo entrada neste Xulgado do Social número dous, a demanda que antecede na que a parte actora tras alegar o que ao seu dereito interesou terminou coa suplica que na mesma consta e unha vez admitida a trámite a demanda previo cumprimento das formalidades legais sinalouse para o 27 de maio, celebrando o mesmo. Na data 17 de xuño do presente ano, ditouse auto no cal se declara nulidade do actuado dende a citación a xuízo e se declara un novo sinalamento para o 9 de setembro, nos cales as partes comparecentes alegaron o que estimaron pertinente e logo da práctica da proba proposta e admitida co resultado que en autos constan, quedando os autos conclusos para sentencia.

SEGUNDO.- Na data de 22 de Setembro de 2008, ditouse providencia, dando traslado do informe do Ministerio fiscal en relación á competencia deste Xulgado ás partes, co resultado que obra en autos

II.-FEITOS PROBADOS

PRIMEIRO.- Pola entidade TERRA-NETWORKS ESPAÑA SAU (na actualidade absorbida pola demandada TELEFONICA DE ESPANA S.A.U. organizouse en Xuño de 2006 un campionato de blogs", como consecuencia do campionato mundial de fútbol celebrado en Alemaña nese ano.

O premio indicando que o blog máis visitado, sería o gañador do premio "blogueiro oficial de Terra" que consistía en firmar un contrato con Terra para formar parte da “plantilla” de blogueiros oficiais na canle de Deportes de Terra.

SEGUNDO.- O actor Don XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ DORRÍO, participou en dito campionato, creando o seu propio blog: "World Cup blog 06".O 9 de Xullo finalizou o campionato resultando o blog do actor o máis visitado.Trala finalización do concurso, a empresa remite correo ao actor do seguinte tenor literal:"Estimado Xosé Antón.Grazas por porte en contacto con nós. Efectivamente, es o gañador do concurso que organizamos cos blogs do Mundial. Como aparecía nas páxinas do concurso (http://www.terra.es/deportes/futbol/mundial2006/blogs/), o premio final é o título de 'Blogueiro oficial de Terra'.Vamos a explicarche en que consiste.No portal existen internamente dúas categorías de blogs: os que creades a audiencia do portal e os que crean os nosos colaboradores. Estes ten presencia destacada tanto na portada como nas respectivas canles. O premio dáche dereito a converterte nun blogueiro colaborador, é dicir, integrarte na “plantilla” de blogueiros do portal. Isto supón ademais ter acceso a unha contraprestación mensual en concepto de colaborador que se activa sempre que a audiencia do blog acade os 15.000 visitantes únicos ao mes.A contraprestación neste caso sería de 400.00 €+IVE.Por suposto a liña editorial do blog, o estilo, etc. debe estar consensuada previamente co equipo editorial da canle de Deportes.

TERCEIRO.- Tívose por intentada sen efecto a conciliación ante a UPMAC.

III.- FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO.- Procede examinar, con carácter previo e preferente ao coñecemento, no seu caso, do fondo do asunto, por afectar ao orden público procesual a excepción de incompetencia de xurisdición, por razón da materia alegada pola representación da empresa demandada.A este respecto, a acción exercitada na demanda vai encamiñada a que se declare a obriga da empresa demandada de incorporarse en calidade de bloqueiro oficial, ou similar categoría, cos mesmos dereitos que os restantes traballadores, con dita sinatura, e, se lle indemnice a cantidade de 74.153,98 € en concepto de danos e prexuízos por incumprimento da promesa de contrato de traballo feita no seu día.A cuestión litixiosa céntrase pois, en determinar a existencia ou non dun precontrato de traballo entre as partes, e, no caso de existencia as consecuencias do mesmo. Neste ámbito a doutrina xurisprudencia1

-por todas a S.T.S. De 15-3-91- admite a posibilidade do precontrato no ámbito laboral, sendo as súas características básicas: a de ter natureza contractual e forza de obrigación, sendo o seu contido a obriga de celebrar con contrato posterior, debendo conter os elementos esenciais do contrato futuro e a base para determinar os elementos do mesmo.No presente caso, do conxunto da proba documental practicada, non se desprende a existencia dun precontrato laboral entre as partes por canto, si ben o actor participou no concurso de blog organizado, e resultou gañador, consistindo o premio en ser blogueiro colaborador, é dicir integrarse na “plantilla” de blogueiros do portal; en modo algún, cabe deducir un precontrato laboral, cos requisitos que esixe o art. 1 do E.T. de alleabilidade, dependencia e actuación dentro do ámbito de organización e dirección empresarial.En consecuencia ao non existir un precontrato laboral, procede estimar a incompetencia deste orde xurisdicional social, para resolver a cuestión litixiosa, debendo a parte acudir á xurisdición Civil, competente para coñecer da mesma.

FALLO

Que estimando a excepción de incompetencia de xurisdición por razón da materia alegada e, sen entrar a coñecer do fondo do asunto, debo absolver e absolvo, na instancia á demandada das pretensiónsna súa contra esgrimidasA presente sentencia non é firme.

Advírtese ás partes que contra esta Sentencia, poden interpor Recurso de SUPLICACIÖN ante a SALA DO SOCIAL DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIZA – A CORUÑA dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste Xulgado do Social e cos requisitos esixidos no artigo 188 e seguintes do Texto Articulado da Lei de Procedemento Laboral.

Así por esta miña Sentenza a pronuncio, mando e asino.

PUBLICACIÓN.- Lida e publicada foi a anterior sentenza no día da súa data, polo Iltma. Sra. maxistrado-Xuíz MARIA ISABEL GOMEZ BALADO que

a subscribe, na Sala de Audiencias deste Xulgado. Dou fe.