Sexenio democrático

12
Sexenio democrático

Transcript of Sexenio democrático

Page 1: Sexenio democrático

Sexenio democrático

Page 2: Sexenio democrático
Page 3: Sexenio democrático
Page 4: Sexenio democrático

O Sexenio Democrático

En 1868 tivo lugar a chamada Revolución Gloriosa, que derrocou a Isabel II. A raíña exiliouse en Francia. Neste levantamento xogaron un papel central os militares, como os xenerais Serrano, Prim e Dulce, ou o almirante Topete.

Page 5: Sexenio democrático

O Sexenio, foi o primeiro intento na historia de España de implantar un réxime democrático. Estableceuse un goberno provisional que convoca unhas eleccións para 1869. Aprobouse a Constitución de 1869 que establecía unha monarquía parlamentaria, o sistema bicameral, a división de poderes, a liberdade de ensino e culto, o sufraxio universal masculino e a abolición da pena de morte e da escravitude.

Page 6: Sexenio democrático

Caricatura de Isabel II, a súa familia e o pretendente carlista buscando traballo. ( Revista “La Flaca”. 1869)

Page 7: Sexenio democrático

Prim e Serrano ofrecen a coroa de España aos príncipes europeos. (Caricatura revista “La Flaca”. 1869)

Page 8: Sexenio democrático

Amadeo de Saboia

Ca raíña expulsada do país elixiron como rei a Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia, católico e liberal. O escaso apoio político e do pobo fixo que abdicase.

Page 9: Sexenio democrático

A Primeira República Española (1873-1874)

As Cortes proclamaron a Primeira República. Tivo gran acollida nas clases populares das grandes cidades. Os seus principais obxectivos eran afondar nas reformas

iniciadas en 1868. A República naceu con moitos problemas, que provocaron a súa caída: a división interna dos republicanos, a guerra carlista, a guerra de Cuba, o cantonalismo, e a falta de apoio popular son os máis importantes.

Page 10: Sexenio democrático

Alegoría da Primeira República

Page 11: Sexenio democrático

Nun ano tivo catro presidentes: Estanislao Figueras, Francisco Pi i Margall, Nicolás Salmerón e Emilio Castelar.

Page 12: Sexenio democrático

O golpe de estado do xeneral Manuel Pavía puxo fin á República e iniciou a Restauración.