Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1....

25
1 PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES MEMORIA DE ACTIVIDADES CURSO 2005/06 Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca IES AUGA DA LAXE (GONDOMAR)

Transcript of Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1....

Page 1: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

1

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

MEMORIA DE ACTIVIDADES

CURSO 2005/06

Saber abre camiños

e eses camiños pasan pola biblioteca

IES AUGA DA LAXE (GONDOMAR)

Page 2: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

2

MEMORIA DE ACTIVIDADES

1. Introdución

2. Grao de cumprimento dos obxectivos propostos

3. Actividades desenvolvidas

4. Grao de implicación do centro e da comunidade educativa

5. Actividades de formación

6. Produción de materiais

7. Avaliación realizada

8. Conclusións e previsións de futuro

Page 3: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

3

1. Introdución

Ao longo do curso 2005/06 e dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas

Escolares convocado pola Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria, desenvolveuse no IES Auga da Laxe (Gondomar) un proxecto

de dinamización da biblioteca baixo o lema Saber abre camiños e eses

camiños pasan pola biblioteca.

Este proxecto permitiu, por unha banda, darlle continuidade a moitas das

actividades que se viñan realizando na biblioteca do centro nos últimos

anos, mais tamén botar a andar dun xeito planificado novas áreas de

traballo, novas actividades, novos espazos de encontro co ámbito do libro e

a lectura e, sobre todo, permitiu reactivar e facer máis “visible” a biblioteca

dentro da comunidade educativa así como favorecer unha maior atención

ás súas necesidades e, moi especialmente, ás posibilidades que ofrece

como recurso educativo.

Alén dos resultados das numerosas actividades realizadas, que

analizaremos a continuación, a propia participación do noso centro no Plan

de Mellora de Bibliotecas Escolares supuxo un aliciente e unha motivación

de seu que nos levou a crear dinámicas de traballo máis estables e cunha

maior implicación do profesorado, o que sen dúbida nos permitiu mellorar

en xeral o labor de xestión da biblioteca.

En resumo, tanto a valoración puntual das actividades que se foron

realizando como a valoración global das melloras conseguidas

reafírmannos na necesidade de seguirmos afondando no traballo iniciado

de establecermos canles estables de comunicación entre a biblioteca e a

comunidade escolar co obxectivo de convertela nunha ferramenta

estratéxica nas nosas prácticas educativas.

Page 4: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

4

2. Grao de cumprimento dos obxectivos propostos

En liñas xerais, cumpríronse a inmensa maioría dos obxectivos marcados:

conseguiuse un maior achegamento do alumnado –e mesmo do

profesorado– á biblioteca, botáronse a andar iniciativas que cremos que

poden favorecer o hábito lector e a capacidade de comprensión lectora,

mellorouse o nivel de formación dos usuarios da biblioteca, logrouse unha

maior estabilidade e organización no profesorado que se encarga da súa

atención, ampliouse o horario de apertura e favoreceuse o achegamento da

comunidade escolar a distintas linguas e culturas (a través, por exemplo, da

organización dunhas Xornadas Interculturais ou da creación dentro da

biblioteca dunha pequena sección en portugués coa que se traballou nas

aulas).

A creación dun Punto de Lectura informal permitiunos potenciar a lectura da

prensa diaria e dinamizar algúns fondos xa existentes na biblioteca pero

que tiñan pouca saída entre o noso alumnado (revistas, banda deseñada e

poesía).

A dotación económica do Plan de Mellora permitiunos adquirir novos fondos

documentais e crear unha mediateca con materiais audiovisuais tanto para

uso interno como para préstamo.

Se cadra, os ámbitos nos que se conseguiron uns resultados máis cativos

foron a elaboración de estratexias para a integración da biblioteca nas

prácticas docentes por parte do profesorado e a centralización de recursos

audiovisuais e multimedia na mediateca xa que, aínda que chegou a

facerse un inventario dos materiais dispoñibles nos distintos departamentos,

non chegamos a un acordo sobre a forma de centralización deses recursos

e a mediateca comezou a funcionar unicamente con materiais de nova

adquisición.

Page 5: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

5

En todo caso, se ben é certo que algúns dos obxectivos marcados non se

lograron plenamente, non é menos certo que se conseguiron outros que

non estaban establecidos previamente mais que foron o resultado dun

importante número de iniciativas que xurdiron espontaneamente como

consecuencia do espírito e o ritmo de traballo conseguido no marco do

desenvolvemento do Plan de Mellora.

Page 6: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

6

3. Actividades desenvolvidas

3.1. Consideracións xerais

Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo do curso,

desde o Grupo de Biblioteca fixemos este ano un esforzo por conseguir que

a biblioteca estivese máis presente nas prácticas docentes e no traballo

cotián do alumnado. Así, alén da campaña de presentación do Plan que se

realizou no mes de outubro e das actividades presenciais de formación de

usuarios, houbo varios profesores que impartiron a súa docencia total ou

parcialmente na biblioteca a través dos recursos que esta ofrece (Literatura

Universal, Cultura Clásica, Área Sociolingüística e Área Científico-

Matemática do Programa de Diversificación Curricular) e outros que fixeron

visitas puntuais á biblioteca co alumnado para traballar algunha parte do

programa ou para a escolla de lecturas complementarias.

Procuramos tamén establecer mecanismos de comunicación activos para

dar as coñecer os fondos e as novidades da biblioteca a través dos

taboleiros informativos (un na entrada da propia biblioteca e outro no punto

de lectura que se abriu no patio central do instituto o pasado mes de

xaneiro) e, sobre todo, a través do sitio web do instituto.

Melloramos tamén todo o referido ao ámbito de xestión e organización da

biblioteca. O Grupo de Biblioteca, formado por dez profesores e profesoras,

reuniuse fóra do horario lectivo ao comezo de cada trimestre para planificar

as actividades dese trimestre e mais as necesidades de adquisicións e,

ademais, mantivo encontros máis breves e frecuentes dentro do horario

lectivo en numerosas ocasións para ir guiando e resolvendo cuestións

puntuais relativas ao funcionamento e xestión da biblioteca. Conseguimos

unha maior implicación do profesorado nas actividades da biblioteca e un

reparto máis eficaz das funcións e responsabilidades concretas.

Page 7: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

7

Aínda que afondaremos máis abaixo na análise de resultados e na

avaliación das actividades, cremos que é importante sinalar aquí que

conseguimos pasar dos 924 préstamos que realizou a biblioteca no curso

2004/05 aos 1.384 que levaba realizados este ano con data do 16 de xuño

do 2006, o que supón un incremento de case o 50%, algo que sen dúbida

responde ao esforzo realizado por achegar a biblioteca á comunidade

educativa. Aínda que nos dous últimos meses de curso estivo case

paralizado o traballo de catalogación por mor do cambio do programa de

xestión da biblioteca, agardamos que a nosa incorporación ao programa

Meiga, que acabamos de realizar e que estará completada a comezos do

próximo curso, contribúa a mellorar os servizos de busca e de préstamo aos

nosos usuarios. Somos conscientes de que o préstamo non é o único

servizo que debe ofrecer unha biblioteca, pero tamén somos conscientes de

que no noso caso, e tendo en conta o perfil cultural e económico dunha boa

parte do noso alumado e o deficiente funcionamento da única biblioteca

pública municipal que hai no concello, as melloras que fagamos neste

ámbito son fundamentais para conseguir o acceso igualitario de todos os

alumnos á información e aos bens culturais, independentemente do sector

económico de procedencia.

3.2. Actividades concretas por trimestre

1º trimestre

• Renovación da rotulación da biblioteca a través de cores identificadoras

das principias seccións e elaboración dun directorio-guía.

• Celebración do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) coa posta

en marcha dunha campaña de “publicitación” da biblioteca baixo o lema

Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca a través dunha

pancarta de 10 metros e un plotter de 100cm*70cm no patio central do

instituto e de carteis en todas as aulas e taboleiros cun deseño gráfico que,

Page 8: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

8

a través da comparación coas liñas do metro, presentaba a biblioteca como

o camiño cara ás diferentes áreas de coñecemento.

• Actividades de formación de usuarios a través de dúas sesións

presenciais na biblioteca na última semana de outubro e primeira de

novembro con cada grupo de 1º e 2º da ESO e unha sesión con 3º e 4º da

ESO e 1º de Bacharelato, o que supuxo 17 sesións nas que recibiron

información sobre a organización e funcionamento da biblioteca (ofrecida

polos compañeiros da materia de Literatura Universal de 1º de

Bacharelato), ao tempo que tiveron que resolver un xogo de preguntas

interdisciplinar para comprobar a súa destreza no manexo das fontes de

información.

• Posta en marcha da actividade “Cine na biblioteca” coa proxección de

dous filmes (Abre los ojos e Nueve reinas), como un complemento da

organización da nova mediateca do centro.

• Concurso de deseño dun logotipo para a biblioteca.

• Edición e distribución entre todo o alumnado e profesorado (400

exemplares) do número 30 do boletín informativo da biblioteca Líber.

• Organización dunha charla-coloquio para nais e pais co escritor Agustín

Fernández Paz, celebrada na propia biblioteca o 20 de decembro coa

asistencia dunhas 40 persoas. O convite para este encontro enviouse a

todas as familias dos nosos alumnos e incluía un conto para nais e pais

feito a partir de textos do propio Fernández Paz –“Como quen bebe auga”–,

nos que se reflexionaba sobre a importancia da familia á hora de inculcar e

reforzar a formación de hábitos lectores nos rapaces e rapazas.

• Elaboración de listaxes de lecturas recomendadas para o nadal, en

colaboración cos distintos departamentos didácticos e organizadas por

Page 9: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

9

niveis, co obxectivo de que os pais e nais dispuxesen desa orientación á

hora de agasallar os seus fillos con libros.

2º trimestre

• No mes de xaneiro tivemos no patio central do instituto unha exposición

sobre o universo literario de Jules Verne, elaborada polo alumnado do

bacharelato artístico do IES A Xunqueira de Pontevedra. Para acompañar

esta exposición, desde a biblioteca preparamos textos alusivos ás

diferentes obras narrativas de Verne e montamos no patio central unha

exposición cunha mostra das obras de Verne que se poden atopar nos

andeis da nosa biblioteca.

• Creación do grupo Líber de animación á lectura, co obxectivo de implicar

o alumnado máis lector na organización dalgunhas das actividades da

biblioteca, moi especialmente na elaboración do boletín e mais na posta en

marcha do Club de Lectura. Integráronse neste grupo 10 alumnos e

alumnas de 2º e 3º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

• No mes de febreiro inauguramos un punto de lectura informal no patio

central, un espazo de 16m2, con piso de madeira, sofás e coxíns, no que o

alumnado pode atopar:

> a prensa do día;

> os últimos números de revistas como National Geographic, Muy

interesante ou Emprendedores;

> unha selección de banda deseñada que se baixa da biblioteca e que

se renova periodicamente;

> unha caixa de suxestións para que nos fagan chegar ideas, propostas

de actividades ou de adquisicións, etc.;

> o recanto da poesía, un expositor onde cada luns lles propoñemos un

poema que poden ler e, se o desexan, levar fotocopiado, o que lles

permitiu achegarse a textos de Celso Emilio Ferreiro, Pablo Neruda,

Page 10: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

10

Fernando Pessoa, Darío Xohán Cabana, Mario Benedetti, Ramón

Cabanillas, Felipe Benítez Reyes, Manuel María, Raúl Gómez Pato ou

Lucía Novas, entre outros;

> exposicións temáticas temporais de materiais bibliográficos traídos da

biblioteca: entroido, Día Mundial da Poesía, Día da Muller, Semana de

Interculturalidade, Día das Letras Galegas, Literatura e fútbol, etc.

> información sobre actividades ou novidades da biblioteca.

• Amoblamento do novo espazo da mediateca cunha libraría de 8m*1,20m

de baldas adaptables aos tamaños dos diferentes soportes.

• Proxección de dous novos filmes (A lista de Schindler e Delitos y faltas)

dentro da actividade “Cine na biblioteca”. Unha das sesións realizouse

dentro do horario lectivo.

• Edición e distribución entre todo o alumnado e profesorado (400

exemplares) do número 31 do boletín informativo da biblioteca Líber.

• Apertura dunha nova sección sobre historia das mulleres dentro da

biblioteca, acompañada dunha campaña de divulgación a través dos

taboleiros de novidades (na propia biblioteca e no punto de lectura) e do

boletín Líber, e reforzada posteriormente no 3º trimestre cun xogo de busca

–Habelas, hainas– que pretendía dar a coñecer a achega fundamental de

moitas mulleres científicas ao longo da historia.

• Posta en marcha do Club de Lectura Auga da Laxe, co obxectivo de

favorecer a conversa e a reflexión compartida sobre determinadas lecturas

propostas. A primeira sesión celebrouse na biblioteca o 29 de marzo e o

libro escollido foi Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz.

• Organización dunhas Xornadas Interculturais na primeira semana do mes

de abril, en colaboración coa titora de alumnado inmigrante, co obxectivo de

favorecer o coñecemento doutras culturas, moi especialmente a do Uruguai,

Page 11: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

11

por ser este o país de orixe da maioría do alumnado non galego do noso

centro. Estas xornadas incluían diversas actividades nas que participou

todo o alumnado do centro (mesas redondas, cine-fórum, talleres

didácticos, etc.) e desde a biblioteca impulsáronse algunhas propostas de

traballo que se desenvolveron nas aulas, co apoio do profesorado de

diferentes materias, e organizáronse dúas actividades concretas que se

exhibiron no patio central:

a) Unha exposición de libros que nos permitiu achegarnos á obra de

autores doutras literaturas traducidos ao galego ou ao español, así como

a autores hispanoamericanos, moi especialmente uruguaios como

Felisberto Hernández, Juan Carlos Onetti, Mario Benedetti ou Eduardo

Galeano.

b) A construción dunha árbore de 3m de altura da que se penduraron follas

con palabras en moitas linguas do mundo. Nesta interesante actividade,

que tivo ademais un resultado visualmente moi atractivo, colaboraron os

departamentos de Plástica e os de linguas (inglés, francés, latín-grego,

castelán e galego), que desenvolveron un intenso traballo de busca de

información co alumnado na biblioteca.

3º trimestre

• Organización do xogo de busca Habelas, hainas, que se desenvolveu

durante 4 recreos dunha semana do terceiro trimestre escolar e no que

participaron 14 grupos de alumnos e alumnas de distintos niveis. Houbo

ademais unha montaxe final no vestíbulo do instituto amosando as

contribucións das científicas seleccionadas.

Un dos obxectivos fundamentais foi achegar ao ámbito educativo contidos

da historia da ciencia e, en particular, da ciencia feita por mulleres, que

habitualmente non son desenvolvidos nos currículos das materias,

implicando ao alumnado de todos os niveis do centro. Non pretendemos

ofrecer unha mostra exhaustiva de mulleres científicas, o material

seleccionado foi escollido en función da súa importancia na influencia do

Page 12: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

12

pensamento e pola súa característica de testemuñas de mulleres

excepcionais que foron capaces de subverter o papel que a época lles

asignaba.

Despois de consultar ao profesorado dos departamentos de ciencias e

tecnoloxía o grupo de traballo quedou formado por Margarita Miramontes de

Bioloxía e Xeoloxía; Filomena Estevez e José Antonio Maio de Física e

Química; Inmaculada González, Aurora Sanmartín e Susana Paz de

Matemáticas; María Quicler de Tecnoloxía; Berta Blanco de Lingua e

Literatura Galega e Alberto Cifuentes, autor das montaxes iniciais.

O xogo constou dunha proba distinta cada día e os equipos podían utilizar a

biblioteca e as aulas de informática. Ao comezar o recreo, o portavoz de

cada equipo recollía un sobre numerado, cun breve texto no exterior

introducindo o tema, que contiña a proba e un formulario para completar

coas respostas. O primeiro día, As súas teimas consistía nun crebacabezas

de catro científicas de distintas épocas e disciplinas coas súas contribucións

á historia da ciencia. Ao día seguinte, ironizando de novo coa idea do título,

entregamos o tríptico Bruxas, máis que bruxas! percorrendo distintas

épocas para subliñar a manipulación á que foron sometidas moitas veces as

contribucións das mulleres; neste caso, os participantes debían buscar os

nomes delas e a súa época. A terceira proba, Palabras de seu e deles,

presentou diferentes textos de científicos e científicas reflexionando sobre o

tema do xogo; os concursantes tiñan que descubrir as personaxes ás que

se referían. O último día, con As invisibles, tratamos de unir os dous

obxectivos fundamentais do xogo, rescatar as contribucións das científicas

e promover a biblioteca como espazo de aprendizaxe e comunicación. Así,

xogando coa idea da invisibilidade histórica, escondemos transparencias

cos retratos das científicas entre as páxinas de libros da biblioteca; os

participantes recibiron unha lista de pistas para encontralas.

Entre algúns aspectos da actividade que podemos avaliar como positivos

sinalamos, ademais dos derivados do traballo en equipo tanto para o

profesorado como para o alumnado, o divulgar a historia da ciencia,

Page 13: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

13

habitualmente relegada a un segundo plano nos currículos, tratando

tranversalmente a coeducación. Un exemplo, neste sentido, foi a creación

dun novo espazo na biblioteca, na sección de historia, con bibliografía sobre

as investigacións que se están a facer nas últimas décadas tratando de

desvelar os logros culturais das mulleres no pasado.

• Exposición de materiais sobre Lugrís Freire no Punto de lectura durante a

Semana das Letras Galegas, acompañando unha exposición organizada

polo departamento de Lingua e Literatura Galega.

• Posta en marcha do blog da biblioteca (www.bibliolaxe.blogspot.com),

como un novo espazo de encontro para dar conta das novidades que entran

na biblioteca, para recomendar libros, comentar, opinar, suxerir, preguntar

ou informar sobre todo o que teña que ver co mundo do libro e da lectura.

• Proxección de dous novos filmes (Cinema paradiso e Cuatro bodas y un

funeral) dentro da actividade “Cine na biblioteca”. Unha das sesións

realizouse dentro do horario lectivo.

• Comezo de funcionamento do servizo de préstamo da mediateca.

• Celebración o 24 de maio dunha nova sesión do Club de Lectura sobre o

libro de relatos Erros e tánatos, de Gonzalo Navaza.

• Organización duns xogos como complemento ás actividades preparadas

pola Vicedirección para os dous últimos días de clases (22 e 23 de xuño).

Organizados por niveis e por grupos, todo o alumnado de ESO participou

en tres actividades:

> Un xogo de preguntas e respostas de carácter multidisciplinar.

> Un xogo de preguntas de léxico que requiría o manexo dos dicionarios.

Page 14: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

14

> Un xogo de busca de información no que podían manexar todas as fontes

de información que están ao seu dispor na biblioteca.

Page 15: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

15

4. Grao de implicación do centro e da comunidade educativa

O maior nivel de implicación no desenvolvemento do Plan de Mellora da

Biblioteca atopouse, como é lóxico, entre o propio profesorado integrante do

Grupo de Biblioteca:

Concha Costas Fernández, Coordinadora (Lingua Galega)

Mª José Álvarez del Castillo (Xeografía e Historia)

Beatriz Eiroa (Lingua Española)

Inmaculada Rodríguez Andrade (Francés)

Ángel Iglesias Mariño (Educación Física e Vicedirector)

Eugenia Mariñas (Inglés)

Asunción Montenegro (Lingua Española)

Oliva Pena (Matemáticas)

Tálida Ruíz del Árbol (Lingua Española)

Xosé Souto (Latín e Grego)

Roberto Vázquez Rozas (Xeografía e Historia)

Este grupo de traballo encargouse da atención da biblioteca durante o

horario de apertura, dos labores de catalogación e mantemento dos fondos,

da comunicación da biblioteca cos diferentes seminarios, do seguimento da

aplicación do Plan de Mellora e da execución puntual dalgunhas das

actuacións nel recollidas.

Foi fundamental tamén para o desenvolvemento do Plan o apoio do

profesor encargado do mantemento informático do Centro, Alberto

Cifuentes Torres, quen se responsabilizou da actualización da sección de

biblioteca na web do instituto, da posta en marcha do blog da biblioteca, da

maquetación e deseño do boletín Líber, así como do asesoramento e

soporte técnico nas distintas actividades.

Resultou decisivo tamén o apoio do Equipo Directivo do centro que

colaborou decididamente na elaboración e posterior desenvolvemento do

Page 16: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

16

Plan e atendeu, dentro das posibilidades do centro, as demandas que o

Grupo de Biblioteca foi realizando tanto nas actuacións que se

desenvolveron ao longo deste curso 2005/06 como nas peticións que se

fixeron xa para o curso 2006/07. De feito, nun claustro celebrado no mes de

maio falouse das necesidades de funcionamento da biblioteca e

aprobáronse unha serie de compromisos para o curso 2006/07 que poden

permitirlle á biblioteca funcionar con maior estabilidade. Houbo tamén apoio

e facilidades para asumir, dentro das posibilidades económicas do centro,

aqueles gastos derivados de actuacións do Plan de Mellora que, por

pertenceren a categorías non tipificadas dentro das partidas establecidas

polo Plan, non poden ser incluídos dentro dos orzamentos do mesmo.

Estamos a referirnos, por exemplo, ás 4.118 fotocopias realizadas pola

biblioteca neste curso (portadas de libros para os taboleiros de novidades,

edición de tres números do boletin Líber, comunicacións ás familias,

anuncios de actividades, etc.)

No claustro de profesores houbo tamén un importante grao de implicación,

tanto en actividades puntuais (acompañar o alumnado á biblioteca para

participar nas actividades de formación de usuarios e colaborar logo na

avaliación das mesmas ou informar e traballar as propostas da biblioteca

desde as sesións de titoría) como na organización de actividades concretas

(destaca neste sentido o interesantísimo traballo realizado por un grupo de

profesoras que se encargou de deseñar e executar o xogo de busca

Habelas, hainas). Quixeramos tamén destacar o profesorado que, alén dos

que xa o viñan facendo con anterioridade, se animou este ano a impartir

algunhas sesións de clase na biblioteca utilizando os recursos que esta

ofrece. Agardamos, de feito, que esta sexa unha liña de traballo que se vaia

consolidando nos próximos anos.

Podemos destacar tamén o apoio recibido polo Consello Escolar, onde se

fixo un seguimento do desenvolvemento do Plan e se aprobou, entre outras

cousas, a creación dunha Comisión de Biblioteca integrada pola profesora

coordinadora da Biblioteca, un alumno do Consello Escolar, un alumno do

grupo de biblioteca Líber, unha nai, un membro do Equipo Directivo, o

Page 17: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

17

responsable da Biblioteca Municipal e a Concelleira de Educación do

Concello de Gondomar. Realizáronse xa as xestións para a constitución

desta comisión que agardamos que comece a funcionar de maneira efectiva

a comezos do próximo curso.

Contamos tamén coa colaboración entusiasta do Persoal de Administración

e Servizos, moi especialmente no que se refire á edición do boletín Líber, á

impresión da cartelería de difusión das distintas actividades e, sobre todo,

ao coidado e mantemento do Punto de Lectura, e co apoio da Asociación

de Nais e Pais na charla-coloquio con Agustín Fernández Paz e nas dúas

sesións do Club de Lectura.

Gustaríanos finalmente destacar a liña de comunicación establecida por

primeira vez coa Biblioteca Municipal de Gondomar que, dentro das

limitacións técnicas, humanas e orzamentarias coas que funciona,

respondeu con moi boa disponibilidade as nosas propostas (por exemplo,

mercaron todos os materiais das listaxes de lecturas recomendadas do

noso centro neste curso para telas ao dispor do alumnado) e mostráronse

dispostos tamén a integrarse, tal e como lles propuxemos, nunha comisión

interbibliotecaria de Gondomar que nos permita manter unha comunicación

máis fluída entres as distintas bibliotecas e mesmo abrir liñas de traballo

conxunto. Neste sentido, acabamos de establecer contacto tamén coa

biblioteca do veciño IES Terra de Turonio e agardamos que no próximo

curso 2006/07 estes contactos poidan dar lugar a unha colaboración máis

estable.

Page 18: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

18

5. Actividades de formación

Houbo cinco profesoras que participaron este curso en actividades de

formación relacionadas co ámbito da biblioteca escolar, da comprensión

lectora e da animación á lectura.

Concha Costas Fernández, coordinadora

• Asistente ás Xornadas de Bibliotecas Escolares organizadas pola

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e celebradas na

EGAP (Santiago de Compostela) os días 7 e 8 de outubro de 2005.

• Asistente aos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

05/06 organizados pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación

Educativa e celebrados en Sanxenxo os días 23 e 24 de marzo de 2006.

• Relatora nas Xornadas de Bibliotecas Escolares organizadas pola

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e celebradas na

EGAP (Santiago de Compostela) os días 7 e 8 de outubro de 2005.

• Relatora nun grupo de traballo sobre bibliotecas escolares celebrado no

IES nº2 de Ordes, organizado polo CEFORE de Santiago de Compostela e

celebrado o día 14 de decembro de 2005.

• Relatora nun grupo de traballo sobre bibliotecas escolares celebrado no

CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén), organizado polo CEFORE de Vigo

e celebrado o día 14 de febreiro de 2006.

• Relatora nun grupo de traballo sobre bibliotecas escolares celebrado no

IES David Buján (Cambre-A Coruña), organizado polo CEFORE da Coruña

e celebrado o día 7 de marzo de 2006.

Page 19: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

19

Tálida Ruiz del Árbol

• Coordinadora dun Grupo de Traballo para "Elaboración de materiais para

mellorar a comprensión lectora", no que participaron profesoras de tres

centros de ensino de Gondomar e Vigo e que se desenvolveu ao longo do

2º e do 3º trimestre do curso 2005/06.

Asunción Montenegro Rodríguez

• Integrante dun Grupo de Traballo para "Elaboración de materiais para

mellorar a comprensión lectora", no que participaron profesoras de tres

centros de ensino de Gondomar e Vigo e que se denvolveu ao longo do 2º e

do 3º trimestre do curso 2005/06.

Berta Blanco Miguel

• Asistente nas Xornadas de Bibliotecas Escolares organizadas pola

Direccion Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e celebradas na

EGAP (Santiago de Compostela) os días 7 e 8 de outubro de 2005.

• Integrante dun Grupo de Traballo para "Elaboración de materiais para

mellorar a comprensión lectora", no que participaron profesoras de tres

centros de ensino de Gondomar e Vigo e que se denvolveu ao longo do 2º e

do 3º trimestre do curso 2005/06.

Luz López Pérez

• Integrante dun Grupo de Traballo para "Elaboración de materiais para

mellorar a comprensión lectora", no que participaron profesoras de tres

centros de ensino de Gondomar e Vigo e que se denvolveu ao longo do 2º e

do 3º trimestre do curso 2005/06.

Page 20: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

20

6. Produción de materiais

Entre os materiais producidos pola biblioteca do IES Auga da Laxe

(achéganse mostras nos anexos III e IV), destacamos os seguintes:

• Materiais gráficos da campaña de difusión do Plan de Mellora: pancarta

de de 102m*1,30m, plotter de 1m*0,70m e 30 carteis tamaño DinA3 para

todas as aulas e taboleiros. En todos eles figurou o lema do noso proxecto

(Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca) e un plano do

metro de Moscova no que as estacións das distintas liñas son os nomes de

áreas de coñecemento que se imparten no Centro e que coinciden coas

seccións da biblioteca.

• Cuestionarios interdisciplinares e temáticos para as diferentes actividades

de formación de usuarios realizadas no 1º trimestre.

• Carteis anunciadores das distintas actividades: Cine na biblioteca, Club de

Lectura, Punto de lectura, etc.

• Folleto “Un conto para nais e pais”, cun texto de Agustín Fernández Paz

sobre a importancia da familia no apoio á creación de hábitos lectores.

• Listaxes de lecturas recomendadas que se mandaron ás casa de todos os

alumnos cun convite aos pais e nais para que as tivesen en conta á hora de

mercarlles aos fillos os agasallos de nadal.

• Boletín informativo da biblioteca Líber. Editáronse 3 números, un en cada

trimestre, e tiráronse 400 exemplares de cada un deles.

• Materiais do xogo de busca Habelas, hainas: folleto, cuestionarios, carteis

e expositor final.

Page 21: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

21

7. Avaliación realizada

En xeral, a avaliación que fomos facendo desde o Grupo de Biblioteca

sobre o desenvolvemento do Plan de Mellora foi moi positiva, non só

porque, como xa dixemos, conseguimos alcanzar a maioría dos obxectivos

marcados, senón tamén porque a dinámica de traballo do Plan permitiu que

fosen xurdindo espontaneamente novas propostas que enriqueceron e

ampliaron as expectativas que tiñamos.

Aínda así, non todo foron luces e somos conscientes de que houbo

iniciativas que non fomos quen de botar a andar por falta de acordo no

claustro (por exemplo, unha proposta de dedicar 30 minutos diarios, dentro

do horario lectivo, á lectura nas aulas) ou por falta de capacidade nosa para

executalas (por exemplo, a olimpíada do saber no 3º trimestre). Houbo

outras que contabamos deixar rematadas neste curso, pero que quedaron a

medio camiño e non poderán estar a pleno rendemento até o comezo do

curso 2006/07 (a centralización de recursos audiovisuais na mediateca, por

exemplo, ou a incorporación do programa Meiga na xestión da biblioteca).

Tamén houbo algunhas actividades realizadas que obtiveron escaso apoio

do alumnado (as sesións de cine, por exemplo), o que nos ten que levar a

revisar as nosas planificacións para o futuro.

Ademais destas valoracións xerais realizadas no seo do Grupo de

Biblioteca, houbo actividades concretas que foron avaliadas de maneira

específica e indicadores que nos permiten avaliar de xeito indirecto

algunhas das nosas actuacións:

• As actividades de formación de usuarios que se realizaron no 1º trimestre

foron avaliadas pola profesora de Literatura Universal que preparou as

sesións explicativas cos alumnos de 1º de Bacharelato e tamén polos

profesores-titores que acompañaron os grupos de alumnos á biblioteca.

Page 22: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

22

> Avaliación da sesión explicativa. En xeral, o alumnado participou nesta

sesión con interese, estiveron moi atentos ás explicacións dos seus

compañeiros de 1º Bach. e aproximadamente un 20% deles utilizou o

servizo de préstamo xa ao remate desa primeira sesión. Foi valorada como

unha actividade amena e proveitosa non só para o alumnado senón tamén

para o profesorado que acompañaba aos grupos de alumnos (mesmo

algúns deles recoñeceron que era a primeira vez que ían á biblioteca).

Tamén o grupo de alumnos de 1º de Bacharelato que se encargou de

preparar as explicacións para os seus compañeiros avaliou moi

positivamente a experiencia pois aprenderon cousas que non sabían sobre

a biblioteca e ademais déronse conta da dificultade que supón transmitir

coñecementos.

> Avaliación das sesións de busca de información. En xeral, todos os

grupos foron capaces de atopar as respostas ás preguntas que se incluían

nos diferentes xogos de busca. Só en dous grupos de 1º ESO quedaron un

par de preguntas sen responder. Con todo, os profesores que os

acompañaban nesas sesións recoñeceron que nalgúns casos os alumnos

dubidaron moito e deron moitas voltas antes de atopar a resposta e que

mesmo precisaron algunha axuda ou orientación do profesor. O

profesorado participante avaliou moi positivamente esta actividade porque

lles resultou novidosa, interesante, atractiva e mesmo divertida. Os rapaces

implicáronse nela sen dificultade, tomárona en serio, participaron

activamente e foron quen de traballar en equipos, non sen certo espírito

competitivo. Algúns profesores propuxeron que sería interesante repetir

esta experiencia no futuro introducindo algúns cambios na organización: por

exemplo, que se combinen probas de grupo con outras que deban ser

resoltas individualmente e que sexan eles mesmos os que participen na

elaboración das preguntas para outros compañeiros, algo que sen dúbida

tamén os levaría ao manexo das fontes de información.

• Unha das iniciativas realizadas que avaliamos máis positivamente foi a

apertura do Punto de Lectura informal no patio central do instituto, xusto

fronte ás portas de acceso. Desde a súa inauguración no mes de febreiro, o

Page 23: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

23

Punto de Lectura converteuse nun espazo moi utilizado polos alumnos,

fundamentalmente nos recreos pero tamén naquelas horas en que falta

algún profesor. Funcionan tamén como un indicador de uso o recanto da

poesía (retiran semanalmente unha media de 40 copias do poema

proposto) e a caixa de suxestións (onde pediron a adquisición de títulos

concretos para a biblioteca ou que se alternasen, por exemplo, distintas

cabeceiras de prensa deportiva no Punto de Lectura).

• Finalmente, un dos indicadores máis claros para avaliar a incidencia do

Plan de Mellora na vida da biblioteca foi o aumento no número de

préstamos: fronte aos 924 do curso 2004/05, neste curso chegamos aos

1.384, o que supón un incremento de case o 50%.

Page 24: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

24

8. Conclusións e previsións de futuro

A participación do noso instituto no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

foi, sen dúbida ningunha, un motor importante de reflexión e de cambios na

biblioteca do centro que tivo, ademais, uns resultados moi positivos no

camiño da valoración da biblioteca como recurso na práctica docente. Tivo,

ademais, unha destacada proxección externa, moi especialmente nos

medios de comunicación (Anexo I), o que contribúe en certa medida ao

recoñecemento público do traballo realizado.

Aínda que nesta memoria se recollen fundamentalmente as actividades

promovidas desde a propia biblioteca dentro do Plan de Mellora, é de

xustiza recoñecer o importantísimo traballo de fomento da lectura e de

manexo das fontes de información que realizan os distintos departamentos

nas materias que imparten na ESO e en Bacharelato, así como nos

Programas de Diversificación Curricular: talleres de caligrafía ou de

elaboración e presentación de traballos, roteiros literarios, diarios de lectura,

sesións de lectura silenciosa na biblioteca, traballo con listaxes de lecturas

temáticas recomendadas (obras de temática científica, matemática,

histórica, social, etc.)

En resumo, e como conclusión das avaliacións e reflexións realizadas na

presente memoria, cremos que o traballo da biblioteca no futuro debería

manter unha certa continuidade naquelas liñas de actuación que deron uns

resultados máis positivos (estabilidade nos horarios de apertura e na

xestión da biblioteca, xornadas de formación de usuarios, edición do boletín

Líber, sesións do Club de Lectura, elaboración de listaxes de libros

recomendados, consolidación da mediateca e do punto de lectura,

organización de xogos de busca de información, reforzo da presenza da

biblioteca na web e dinamización do blog, etc.), revisar aquelas iniciativas

que obtiveron unha resposta máis cativa por parte da comunidade

educativa (as propostas de “Cine na biblioteca” ou de 25 minutos de lectura

nas aulas, por exemplo) e abrir novas liñas de actuación que dean resposta

Page 25: Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca · 6 3. Actividades desenvolvidas 3.1. Consideracións xerais Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo

25

ás demandas que se nos presenten ou que sirvan de seu para experimentar

novos camiños no obxectivo final de establecer pontes de comunicación

entre as fontes de información e os usuarios da biblioteca.

Gondomar, xuño de 2006