ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO...

15
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 EDICIÓN DUN TRÍPTICO PARA DIFUSIÓN DO LABOR DA FUNDACIÓN PRESENTACIÓN DE BRETEMADA NA REAL ACADEMIA GALEGA PRESENTACIÓN DA WEB DA FUNDACIÓN PRESENTACIÓN DE BRETEMADA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO XUNTANZA COA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL 17 DE MAIO : HOMENAXE A GONZALO LÓPEZ ABENTE PRESENTACIÓN DE “UN MAR DE SENSACIÓNS” VISITA Á FUNDACIÓN PONDAL E CASA DE EDUARDO PONDAL PUBLICACIÓN E PRESENTACIÓN DE A NARRATIVA MARIÑA DE GONZALO LÓPEZ ABENTE 1º OUTLET DE LIBROS DE MUXÍA EXPRES LITERARIO RUTA ABENTIANA POR MUXÍA PRESENTACIÓN DE A NARRATIVA MARIÑA NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA ADQUISICIÓN DE OBRA DE LÓPEZ ABENTE 1

Transcript of ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO...

Page 1: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012

• EDICIÓN DUN TRÍPTICO PARA DIFUSIÓN DO LABOR DA FUNDACIÓN

• PRESENTACIÓN DE BRETEMADA NA REAL ACADEMIA GALEGA

• PRESENTACIÓN DA WEB DA FUNDACIÓN

• PRESENTACIÓN DE BRETEMADA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

• XUNTANZA COA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL

• 17 DE MAIO : HOMENAXE A GONZALO LÓPEZ ABENTE

• PRESENTACIÓN DE “UN MAR DE SENSACIÓNS”

• VISITA Á FUNDACIÓN PONDAL E CASA DE EDUARDO PONDAL

• PUBLICACIÓN E PRESENTACIÓN DE A NARRATIVA MARIÑA DE GONZALO

LÓPEZ ABENTE

• 1º OUTLET DE LIBROS DE MUXÍA

EXPRES LITERARIO

RUTA ABENTIANA POR MUXÍA

• PRESENTACIÓN DE A NARRATIVA MARIÑA NA FEIRA DO LIBRO DA

CORUÑA

• ADQUISICIÓN DE OBRA DE LÓPEZ

ABENTE

1

Page 2: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

EDICIÓN DUN TRÍPTICO PARA DIFUSIÓN DO LABOR DA FUNDACIÓN

A fundación publicou un folleto de presentación para ter na súa sé e para repartir nas actividades . Tamén se fixeron unhas lonas co logotipo da fundación.

PRESENTACIÓN DE BRETEMADA NA REAL ACADEMIA GALEGA

O 20 de xaneiro tivo lugar a presentación da obra inédita de Gonzalo López Abente, Bretemada na Real Academia Galega. Interviron no acto o vicepresidente da fundación, X. H. Rivadulla Corcón, o autor da edición e patrón da Fundación, Miro Villar e os responsables da editorial Alvarellos e da Colección Rescate, Henrique Alvarellos e Olivia Rodriguez.A obra que estaba depositada en mecanoscrito na Real Academia Galega, foi recuperada pola Fundación Gonzalo López Abente a proposta do escritor Miro Villar.A Fundación Gonzalo López Abente fixo as xestións necesarias para conseguir facer unha realidade esta publicación. A Editorial Alvarellos foi escollida para co-editar o libro, concretamente dentro da colección Rescate, tanto pola calidade da colección como pola filosofía de recuperación e posta en valor que comparte coa Fundación Gonzalo López Abente.A Fundación, con sede en Muxía, ten como principal obxectivo a difusión da obra do autor muxián, polo que a publicación do inédito ten unha grande importancia, e ademais supón un acontecemento para toda a cultura galega tendo en conta a relevancia literaria de Gonzalo López Abente.En palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín, Presidente da Real Academia Galega e autor do limiar da edición de Bretemada: “A súa edición, tantos anos despois, constitúe un acontecemento literario de altísima importancia”.Os membros do Padroado , en nota de prensa, fixeron pública a súa satisfacción por ter logrado sacar á luz este fermosísimo texto e destacaron o excelente traballo de Miro Villar. Tamén agradeceron a resposta positiva do editor, Henrique Alvarellos, que dende o primeiro momento se mostrou entusiasmado coa proposta.A obra xa fora presentada a finais do ano 2011 en MuxíaFotografías:

2

Page 3: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

PRESENTACIÓN DA WEB DA FUNDACIÓN

O día 11 de febreiro de 2012 foi presentada ao público a web da fundación nun acto que tivo lugar no 2º andar da Biblioteca Municipal. No acto participaron o presidente da Fundación, Félix Porto, e o responsable da web Xesús Sambade e o responsable do deseño da xeb, Martín Pardiñas.

Fotografías:

PRESENTACIÓN DE BRETEMADA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

O 23 de febreiro do 2012 levouse a cabo a presentación de Bretemada na Universidade de Santiago,na Facultade de Filoloxía, coa participación de Miro Villar, X. H. Rivadulla Corcón, Henrique Alvarellos e o Reitor, Juan Casares Long .

3

Page 4: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

Esta publicación, Bretemada, foi finalista dos Premios Anxel Casal de poesía, convocados pola Asociación Galega de Editores.

XUNTANZA COA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL 24 marzo de 2012 en O Couto, sede da Fundación Eduardo Pondal, ten lugar una xuntanza para establecer puntos de colaboración das dúas fundacións.Asisten:

o pola fundación Pondal: José Luis Fondo (presidente da Fundación e Alcalde de Ponteceso); Luís Giadás, Xosé María Varela e Xosé Manuel Varela.

o Pola fundación López Abente: X. H. Rivadulla Corcón, Xan Fernández, Manuel Vilar, Arturo Suárez e Viki Rivadulla.

Acordase colaborar conxuntamente en varios proxectos, como a ruta pondaliana que enlazaría coa ruta abentiana , o apoio ao proxecto Vilas Literarias, colaboración no Festiletras 2012, etc.

17 DE MAIO : HOMENAXE A GONZALO LÓPEZ ABENTE

cartel dos actos

Esta homenaxe consistiu nunha ofrenda floral no monumento ao poeta que se atopa na entrada da vila de Muxía e un percorrido pola vila no que se foron lendo poemas de Abente. Tamén se inauguraron unha lousa conmemorativa diante da casa onde viviu López Abente e unha placa na praza do Cabo da Grixa, lugar onde el naceu. Antes da lectura dos poemas interviron facendo unha breve introducción Suso Sambade, Xan Fernández e Manuel Vilar. Os actos foron inaugurados polo presidente da Fundación e Alcalde de Muxía, Félix Porto, e da lectura dos poemas encargáronse Rivadulla Corcón, Viki Rivadulla e Rosalía Fernández Rial.

4

Page 5: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

Fotografías:

ofrenda floral

Inauguración da lousa diante da casa

5

Page 6: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

Inauguración da placa no Cabo da Grixa

PRESENTACIÓN DE “UN MAR DE SENSACIÓNS”

O 18 de maio , ás 18:45 horas, na Biblioteca Municipal de Muxía,tivo lugar a presentación do libro “ Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte”de Xan Fernández Carrera e Rosalía Fernández Rial e publicado polo SEMESCOM. Na organización da presentación colaboraron as dúas entidades, o SEMESCOM, e a Funadación Gonzalo Lóepz Abente. Participaron os presidentes da Fundación López Abente e do SEMESCOM, Félix Porto e Xosá María Lema, ademais dos autores do libro Xan Fernández e Rosalía Fernández, co acompañamento musical de Mon Búa.

Fotografías:

6

Page 7: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

VISITA Á FUNDACIÓN PONDAL E CASA DE EDUARDO PONDAL

O 19 de maio, membros da Fundación Gonzalo López Abente , xunto con veciños de Muxía,

visitaron a casa de Eduardo Pondal , convidados pola fundación Eduardo Pondal. Tamén houbo

visita á sede da Fundación.

PUBLICACIÓN E PRESENTACIÓN DE A NARRATIVA MARIÑA DE GONZALO LÓPEZ ABENTE

7

Page 8: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

capa da publicación

cartel da presentación en Muxía

O sábado 26 de maio ás 19:30 h. tivo lugar, na Biblioteca Municipal de Muxía, a presentación do libro “A narrativa mariña” de Gonzalo López Abente.

No acto de presentación participaron X. H.Rivadulla Corcón, Vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente, Manuel Bragado Director de Edicións Xerais de Galicia, Ramón Nicolás, director da Colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais, e Suso Sambade, responsable da edición e patrón da Fundación

“A narrativa mariña” recolle cinco novelas curtas escritas por Gonzalo López Abente, coa intención de dar a coñecer e poñer novamente a disposición dos lectores e estudosos o conxunto

8

Page 9: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

narrativo máis destacado de López Abente, que iniciou a sú andaina como narrador coa publicación de O diputado por Beiramar, en 1918 e coa que foi gañador do premio literario A Nosa Terra, que convocaban as Irmandades da Fala. A esta novela seguíronlle O novo xuez (1922), Buserana (1925) e Fuxidos (1926), obras ambientadas na costa e onde o mar xogará un papel fundamental. Completa o volume un apéndice coa novela O escandalo (1920), que difiere do conxunto por non tratar a temática mariñeira, e que foi publicada no xornal A Nosa Terra.

Para a Fundación a publicación diste conxunto de novelas curtas de López Abente ten unha grande relevancia, cumprindo o obxectivo de traer ao presente da literatura galega a obra do autor muxián, e ademais supuxo un acontecemento para toda a cultura galega tendo en conta a transcendencia literaria de Gonzalo López Abente, e a dificultade que ata agora existía para poder achegarse a súa obra narrativa, pola inexistencia de reedicións, o que ven a resolver o volume editado por Xerais.Os membros do Padroado fixeron publica, con notas de prensa,a súa satisfacción pola edición de “A narrativa mariña” agradecendo o traballo realizado por Suso Sambade e por Edicións Xerais de Galicia na edición da obra, e en concreto o realizado por Ramón Nicolás.

Fotografías:

1º OUTLET DE LIBROS DE MUXÍA

Esta primeira outlet de libros de Muxía , que se desenvolveu os días 3, 4 e 5 de agosto, estivo organizada pola Fundación Gonzalo López Abente e Editores de Compostela ( Alvarellos Editora, Sotelo Blanco, Urco Editora e Edicións Positivas, contando coa colaboración do Concello de Muxía.A feira – con grande éxito de público- estivo instalada no Cabo da Vila e en torno a ela a Fundación e os editores organizaron un programa de actos:Programa de actos

9

Page 10: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

Día 3, ás 12:00 h .Acto Inaugural

          Ás  20:00 h. Expres literario, coa participación de escritores                               na Praza Cabo da Vila

Día 4, ás 11:00 h. Ruta abentiana pola vila de Muxía.                              Guiada  por Xan Fernández  Carrera e coa                               participación de poetas da Costa da Morte.                             Saída da ruta ás 11:00 h dende o Monumento                                a López Abente

Fotografías:

Inauguración da outlet.

EXPRES LITERARIO

Ás 8 da tarde , no mesmo lugar da outlet tivo lugar o Expres Literario, presentacións de libros cunha duración de 10 minutos cada unha. Este acto foi presentado por Macías, de edicións Positivas e presentaron libros Quique Alvarellos ( Alvarellos editora) e os autores Rosalía Fernández, Paco Souto, Samuel París, X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Mato e Miro Villar, acompañados polo músico muxián Mon Búa

Fotografías exprés literario:

10

Page 11: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

Henrique Alvarellos Rivadulla Corcón

Paco Macías Paco Souto e Mon Búa

Rosalía Fernández e Mon Búa

11

Page 12: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

Miguel Mato

Miro Villar e Mon Búa

Samuel París

Toque de buguina durante a lectura

RUTA ABENTIANA POR MUXÍA

12

Page 13: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

cartel da ruta abentiana

Unhas 40 persoas participaron na Ruta Abentiana por Muxía que organizou a Fundación Gonzalo López Abente , para percorrer a vila visitando lugares emblemáticos na obra do poeta muxián. A ruta, deseñada por Xan Fernández Carrera, estivo guiada por el mesmo, e foi acompañada con lecturas de poemas de López Abente, que fan referencia ou teñen relación cos lugares visitados. A lectura de poemas correu a cargo de X. H. Rivadulla Corcón, Serxio Iglesias, Carmen Sambad, Dolores Canosa, Rosalía Fernández, Xosé Manuel Varela, Miguel Vázquez Freire e Xaime Trillo.

A ruta ademáis de dar a coñecer elementos da historia da vila de Muxía e da obra do poeta López Abente, segue o obxectivo da fundación de dar difusión á obra do poeta, e ademáis foi un bo momento para reunir 8 poetas da Costa da Morte, que prestaron a súa voz aos versos do poeta do mar, demostrando unha vez máis a forza de esta terra vizosa en literatura.

Fotografías:

Xan Fernández e Rivadulla Corcón

13

Page 14: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

Serxio Iglesias

O grupo no Monte Corpiño

PRESENTACIÓN DE A NARRATIVA MARIÑA NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA

Continuando co labor de difusión do autor muxián, a Fundación xunto con Edicións Xerais, presentou a obra A narrativa mariña de Gonzalo López Abente, na Feira do Libro da Coruña. O acto tivo lugar o día 4 de agosto , ás 10 da noite, e participaron Suso Sambade, Rivadulla Corcón e Manuel Bragado.

ADQUISICIÓN DE OBRA DE LÓPEZ ABENTEA fundación comezou este ano a reunir material para a mostra permanente na sede da Fundación. Para elo comezamos a reunir edicións orixinais , e mercamos a novela Vaosilveiro, autografiada polo autor.

14

Page 15: ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012lopezabente.org/abente/data/_uploaded/file/MEMORIA_DE_ACTIVIDADE_2012.pdfACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO ANO 2012 ... director da Colección Biblioteca

15