resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión...

32
CONSELLO DE GOBERNO Acta da reunión do 19 de xullo de 2007 Resumo da reunión elaborado pola Secretaría Xeral NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os de aqueles membros do consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu nome completo Ás dez horas e vinte minutos do 19 de xullo de 2007, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do Sr. reitor Magnífico, reúnense no salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela) os membros do Consello de Goberno da Universidade que se indican a continuación, para tratar os asuntos da orde do día enviada a todos eles coa convocatoria da reunión. Invitouse ao decano da Facultade de Matemáticas para asistir ao debate do punto 20 sobre ratificación do Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Matemáticas e a directora do departamento de Enfermaría para asistir ao debate do punto 21 sobre ratificación do Regulamento de Réxime Interno do departamento. Agradeceron a invitación pero declinaron asistir por entender que non é necesaria a súa presenza dado que a proposta ten informe favorable da Asesoría Xurídica. Asemade invitouse ao director do Departamento de Física Aplicada para asistir ao debate do punto 19. ORDE DO DÍA 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión 2. Informe do Sr. reitor 3. Informe das vicerreitorías, da xerencia e da secretaría xeral. 4. Programación Plurianual 5. Plano Estratéxico das TIC 2007-2010 (PETIC II) 6. Normativa provisoria de creación e supresión de departamentos 7. Modificacións puntuais da RPT funcionario e laboral 8. Aplicación de táboas de afinidade nos procedementos de selección do Persoal Docente e Investigador Contratado 9. Contratos e prórrogas de profesorado asociado e Asociados de Ciencias da Saúde 10. Comisións de servizos e prórrogas 11. Prazas de profesorado 12. Modificación planos de estudos: Farmacia e Enxeñaría Técnica de Informática de Sistemas 13. Modificación Programas Oficiais de Posgrao 14. Cursos de posgrao propio. 15. Acordos de interese mutuo cos departamentos da USC 16. Proposta da USC dos patróns da Fundación USC Deporte 17. Aprobación da modificación da normativa para a selección de bolseiros con cargo a proxectos/contratos de investigación. 18. Proposta de licenza dunha patente da USC a empresa biotecnolóxica ADVANCELL, S.L. 19. Recursos 20. Ratificación do Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Matemáticas 21. Ratificación do Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Enfermaría.

Transcript of resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión...

Page 1: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

CONSELLO DE GOBERNO Acta da reunión do 19 de xullo de 2007 Resumo da reunión elaborado pola Secretaría Xeral

NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os de aqueles membros do consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu

nome completo

Ás dez horas e vinte minutos do 19 de xullo de 2007, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do Sr. reitor Magnífico, reúnense no salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela) os membros do Consello de Goberno da Universidade que se indican a continuación, para tratar os asuntos da orde do día enviada a todos eles coa convocatoria da reunión. Invitouse ao decano da Facultade de Matemáticas para asistir ao debate do punto 20 sobre ratificación do Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Matemáticas e a directora do departamento de Enfermaría para asistir ao debate do punto 21 sobre ratificación do Regulamento de Réxime Interno do departamento. Agradeceron a invitación pero declinaron asistir por entender que non é necesaria a súa presenza dado que a proposta ten informe favorable da Asesoría Xurídica. Asemade invitouse ao director do Departamento de Física Aplicada para asistir ao debate do punto 19.

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión 2. Informe do Sr. reitor 3. Informe das vicerreitorías, da xerencia e da secretaría xeral. 4. Programación Plurianual 5. Plano Estratéxico das TIC 2007-2010 (PETIC II) 6. Normativa provisoria de creación e supresión de departamentos 7. Modificacións puntuais da RPT funcionario e laboral 8. Aplicación de táboas de afinidade nos procedementos de selección do Persoal Docente e Investigador

Contratado 9. Contratos e prórrogas de profesorado asociado e Asociados de Ciencias da Saúde 10. Comisións de servizos e prórrogas 11. Prazas de profesorado 12. Modificación planos de estudos: Farmacia e Enxeñaría Técnica de Informática de Sistemas 13. Modificación Programas Oficiais de Posgrao 14. Cursos de posgrao propio. 15. Acordos de interese mutuo cos departamentos da USC 16. Proposta da USC dos patróns da Fundación USC Deporte 17. Aprobación da modificación da normativa para a selección de bolseiros con cargo a proxectos/contratos

de investigación. 18. Proposta de licenza dunha patente da USC a empresa biotecnolóxica ADVANCELL, S.L. 19. Recursos 20. Ratificación do Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Matemáticas 21. Ratificación do Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Enfermaría.

Page 2: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

22. Asuntos económicos 23. Asuntos de Trámite 24. Convenios 25. Rogos e preguntas

Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede da acta da última sesión A secretaria informa da solicitude do profesor D. Ignacio Zarra Cameselle para que se inclúan na acta dous engadidos: - no punto 2 (informe do Sr. reitor) - e no punto 29 (convenios) se engada. O profesor Ignacio Zarra suxire que ningún profesor da USC debería ser promotor nin figurar como investigador en convenio con empresas nas que teña unha participación accionarial superior ao 1%. A secretaria indica que se recollerá na acta a inclusión no punto 29 pero non a primeira por facer referencia a intervención do Sr. reitor quen considera que o informe que presentou queda correctamente resumido na acta tal como se presenta aos membros do Consello de Goberno. Sometida a aprobación a acta da reunión do 20 de xuño de 2007 enviada coa convocatoria coa corrección indicada apróbase por asentimento. 2. Informe do Sr. reitor O Sr. reitor informa sobre os seguintes puntos: O 22 de xuño tivo lugar unha reunión do Pleno do Consello Social. Entre outros puntos, tratáronse varios de carácter informativo, nos que o equipo de goberno presentou ao Consello Social unha información detallada sobre actividades e temas de especial relevancia, destacando os informes sobre investigación e estrutura de persoal –nun próximo Consello Social abordaranse o EEES e o documento de traballo realizado sobre o informe do Consello de Contas de Galicia de Fiscalización da USC do ano 2003-. O 26 e o 27 de xuño tiveron lugar unha asemblea da CRUE e unha sesión do Consejo de Universidades, respectivamente, nas que os puntos principais tratados foron os informes aos proxectos de reais decretos polos que se establece o procedemento de obtención da acreditación nacional e o réxime de concursos de acceso aos corpos docentes universitarios. O informe foi favorable, facéndose diversas suxestións aos documentos por parte da CRUE. O 18 de xullo tiveron lugar unha asemblea da CRUE e unha sesión do Consejo de Universidades nas que o punto principal tratado foi o informe sobre o proxecto de real decreto polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. A CRUE entregará a próxima semana un documento con suxestións que no substancial foron presentadas no Consejo de Universidades. En breve realizarase unha sesión informativa e de debate cos equipos de goberno dos centros da USC.

Page 3: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

O próximo 28 de setembro, ás 12 horas, terá lugar o acto de inauguración do curso académico no SUG, celebrándose este ano na USC, coa presidencia de D. Emilio Pérez Touriño. Transmitir os parabéns pola consecución do premio Montero Ríos de Investigación Social da Xunta de Galicia na categoría Sénior ao profesor D. Xosé Manuel Sabucedo Cameselle e na categoría de investigadores mozos á investigadora María Luz Loureiro García, ambos da USC. Nas dez edicións do premio foron 18, dos 20 posibles, os membros da USC recoñecidos con estes importantes premios. Transmitir os parabéns ao profesor D. Darío Villanueva Prieto polo seu ingreso na Real Academia de la Lengua. Por último, a reitor amosa o seu fondo pesar polo pasamento do Profesor Asociado de Ciencias da Saúde D. José Luis Vázquez Iglesias. 3. Informe das vicerreitorías, da xerencia e da secretaría xeral. Informe da vicerreitoría de Relacións Institucionais O vicerreitor de Relacións Institucionais informa sobre os seguintes asuntos: - A Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades celebrarase os días 20 e 21 de setembro. Desta convocatoria deuse conta na reunión con Directores de Departamento. Instase aos membros do Consello a acudir. Serán informados puntualmente do seu programa. -A Comisión de Traballos de Coordinadores de Mobilidade está a deseñar dende hai dous meses, na liña da programación plurianual, un Manual de Intercambios da USC que inclúa: a figura do Responsable de Mobilidade de centro e contemple a dos coordinadores de mobilidade, atendendo ás súas tarefas e ao recoñecemento das mesmas; a distinción de tarefas administrativas dos coordinadores académicos, xestores de centro e outras instancias administrativas. Esta posta ao día completarase coa creación dunha Comisión de Mobilidade e Relacións Externas do Consello de Goberno para darlle a relevancia a unha cuestión vital no novo marco europeo e global da educación superior. Trátase pois de adecuar as estruturas da USC para estar a altura dos compromisos que supón a recente Concesión da Carta Erasmus Extended no marco do novo programa ILL na que a USC se compromete a incrementar a mobilidade nun 5%, entre outras melloras. -Concesión dun Erasmus Mundus External Cooperation Window con oito universidades europeas e doce de antigas repúblicas soviéticas para a mobilidade dun mínimo de 140 estudantes. Nesta altura xa se coñecen as preferencias de máis da metade dos solicitantes que se inclinan pola USC. -Posta en marcha do Programa de Excelencia M. Caeiro co Concello de Santiago e a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre: cinco bolsas para traballar en empresas locais solicitantes e realizar un mestrado na USC. -Posta en marcha do Programa de Acompañamento de Estudantes Estranxeiros como programa piloto no mes de setembro.

Page 4: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Informe da vicerreitoría de Calidade e Planificación A vicerreitora de Calidade e Planificación informa dos seguintes asuntos: - Os servizos certificados coa ISO 9001 e a ISO 1400 foron avaliados positivamente na segunda auditoría anual e polo tanto seguen a manter os selos de calidade. - AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación) no sexto Cumio de Calidade concedeu un dos premios de recoñecemento as entidades galegas certificadas á USC. Informe da vicerreitoría de Cultura: O vicerreitor de cultura dá conta dos seguinte asuntos: - Ampliación da oferta dos cursos de verán 2007 e o éxito na matrícula que supón un incremento dun 33% respecto o curso pasado. - Incremento do 14% nas visitas ao patrimonio da USC e integración de novos contidos como o Museo Luis Iglesias, Campus Sur e Arquitectura Contemporánea. Informe da xerencia: O xerente dá conta dos seguintes asuntos: - CONCURSOS E OPOSICIÓNS. O concurso de PAS funcionario foi convocado nos prazos informados na pasada reunión do Consello de Goberno. En canto ás oposicións de Auxiliares Administrativos e Auxiliares de Arquivos e Bibliotecas tiveron un pequeno atraso debido a diversas dificultades atopadas para formar os tribunais de acordo coa lexislación vixente de igualdade de xénero. Non entanto no que queda de semana remitirase para a súa publicación nos diarios oficiais. - EVALUACIÓN DE SERVIZOS. Nos últimos días mantivéronse dúas reunións de coordinación cos responsables das áreas, servizos, unidades e oficinas para coordinar as diversas actividades de xestión e mellorar a mesma. Nos temas abordados atópase o compromiso de avaliar nos próximos anos polo menos os seguintes servizos de acordo co seguinte calendario: Área de Xestión da Investigación: Outubro 2007- Xullo 2008; Área de Xestión Económica (non inclúe Control Interno) Abril 2008- Decembro 2008. Área de Recursos Humanos Xaneiro 2009- Outubro 2009 - INSTRUCIÓNS. Asináronse dúas instrucións da Xerencia co fin de axustar diversos aspectos ao Estatuto do Empregado Público. Unha delas afecta ao número de días de libre disposición do PAS funcionario e laboral con máis de seis trienios e a outra ás vacacións anuais e ao número de días de libre disposición dos traballadores contratados con cargo a capítulo VI. - PAGAS EXTRA. Infórmase que existiron algúns problemas de índole informático polo cal na nómina do mes de xuño non se incluíu ningún incremento da paga extra. Hai un acordo entre a Administración Pública e os Sindicatos polo cal a finais de 2009 os funcionarios terán incluído o 100% do complemento específico nas súas pagas extras aplicándoselles aos laborais un incremento equivalente (recordemos que o PAS laboral ten 15 pagas). Non hai acordo estatal en relación co PDI aínda que esperamos que se acade en breve. Por este motivo, ao PAS funcionario e laboral e ao PDI laboral ingresaráselles na nómina de setembro a cantidade

Page 5: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

correspondente ao incremento fixado pola Xunta para o 2007 que é o 23,87% do complemento específico mensual. - RESULTADOS DOS CONCURSOS PÚBLICOS DA ÁREA DE XESTIÓN ECONÓMICA. Enuméranse os adxudicatarios dos concurso públicos de mais de 30.000 euros e insístese que os resultados de todos están colgados na web. Informe da Secretaría Xeral: A secretaria xeral dá conta dos seguintes nomeamentos: • Foi nomeado Director do departamento de Cirurxía o Prof. Dr. D. Francisco Barreiro Morandeira, en substitución do Prof.Dr. D. Joaquín Potel Lesquereux. • Foi nomeada Directora do departamento de Historia I a Profa. Dra. Dona María Raquel Casal García, en substitución do Prof. Dr. D. Fernando Acuña Castroviejo. O Sr. reitor intervén para felicitar os nomeados e agradecer aos cesantes os servizos prestados. A secretaria xeral comenta de novo a triste noticia do pasamento do Profesor Asociado de Ciencias da Saúde D. José Luis Vázquez Iglesias. 4. Programación Plurianual O Sr. reitor presenta a proposta achegada coa convocatoria e recorda que o Claustro Universitario debateu o 31 de maio de 2007 as liñas xerais da programación plurianual 2007-2010 e aprobou as liñas xerais do presente documento que se anexa, e que agora se presenta á consideración do Consello de Goberno, para que se propoña ao Consello Social a súa aprobación como programación plurianual conforme ao artigo 170 dos Estatutos da USC. O Sr. reitor dá conta da importancia das emendas presentadas ás Liñas de Programación Plurianual que enriqueceu de forma substantiva a proposta de Programación Plurianual. Intervén o profesor D. Juan José Casares Long quen solicita se aclare a inclusión na Programación Plurianual dunha frase relativa ao IGACI que considera inadecuada ao ser unha entidade non dependente da USC. A continuación intervén o director da Escola de Enfermaría quen considera un agravio sucesivo a esta Escola ao non terse reflectido nesta programación plurianual as necesidades de novos espazos e dá conta da precariedade dos edificios onde se albergou esta Escola dende o seu comezo. Considera que nesta programación de novo non parece darse resposta ás demandas de novos espazos e infraestruturas para un centro que si a situación é precaria neste momento, no 2010 o será aínda máis ao aumentar nun ano os estudos de Enfermaría. Intervén dona M.I.G.R. quen fai unha serie de consideracións xerais respecto o plan, unha análise exhaustiva do mesmo e unha serie de peticións que se anexan na súa literalidade á acta. Intervén o vicerreitor de Relacións Institucionais quen en relación a intervención do profesor D. Juan José Casares Long explica que o IGACI está constituído como Fundación e que neste momento está presidida polo reitor da USC; sinala que o que se pretende e promover a

Page 6: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

reformulación das aportacións da USC no IGACI dado que se consideran que os obxectivos desta entidade deben mudar o mudaren as circunstancias dende a súa creación. Deseguido o vicerreitor de Infraestruturas en relación a intervención do Director da Escola de Enfermaría e da necesidade dun novo edificio sinala que neste momento e sen un orzamento extraordinario, non poden dicir nada máis aló do exposto no texto que se somete a aprobación. O reitor dá resposta a intervención de dona M.I.G.R. agradecendo a minuciosa análise feita, e en relación a necesidade de acadar un maior grao concreción, sinala que se chegou ata onde se puido coa información que nese momento se dispoñía. Asegúrase que se está a traballar nunha maior profesionalización do PAS e mostra delo é a praza PROXI que se está a aprobar hoxe e que ata o de agora se estaba a ocupar por un cargo académico. Sinala que ás peticións relativas á intranet están recollidas no PETIC que hoxe se presenta a aprobación. Por último dá conta do necesario seguimento da Programación Plurianual para darlle o seu debido cumprimento. Deseguido intervén o profesor Casares quen reitera o seu desacordo con incluir ao IGACI na programación plurianual, asemade indica que falta un preámbulo no texto sobre o grao de cumprimento da programación no plan anterior dado que o actual equipo pode considerarse unha continuación do equipo que elaborou a ante dita programación. Por último anuncia que o seu voto non vai ser favorable a esta programación. O reitor intervén para indicar que non se deben facer omisións no texto relativo a o xa aprobado polo Claustro, e por outra banda sinala que neste equipo, só tres persoas de dezaseis formaban parte do anterior equipo de goberno, polo que en absoluto pode considerarse continuista, o que fai que perda sentido ó dar conta do cumprimento do Plan de Programación Plurianual elaborado polo equipo anterior. O reitor considera o documento ben fundamentado, con accións e obxectivos ambiciosos, e solicita a colaboración de todos para que con esforzo, ganas e esperanza demos acadado os obxectivos propostos. De novo agradece a todos o espléndido traballo de análise e elaboración de emendas as liñas xerais que deu como resultado unhas mellor base para o documento de programación plurianual que se somete a aprobación. Sometido o documento a aprobación, é aprobado por vinte e oito votos a favor, ningún voto en contra e catro abstencións. Este documento pode ser consultado en: http://www.usc.es/gl/goberno/consellogoberno/index.jsp

5. Plano Estratéxico das TIC 2007-2010 (PETIC II) Informa o reitor segundo o documento achegado ós membros do Consello de Goberno sinalando que o Plan Estratéxico da USC-2010 establece unha serie de obxectivos básicos e instrumentais nos que se fai unha constante referencia ás TIC. Para desenvolver polo miúdo este plan xeral elaborouse o primeiro Plan Estratéxico de TIC (PETIC 2004-2006) que conta con cen accións agrupadas en nove liñas estratéxicas. Este plan colocou a nosa universidade nunha posición de referencia entre as universidades españolas, tanto polo feito de ser unha das primeiras en contar cunha planificación estratéxica específica para as TIC, como polo carácter pioneiro de algunhas das accións recollidas e levadas a cabo. Globalmente pode considerarse que o grao de cumprimento do plan foi dun 80%. O carácter dinámico das TIC e da Universidade fai que, rematado o período de vixencia do primeiro PETIC, sexan moitos os retos que a USC ten no eido das TIC. Por outra parte, a Comisión Sectorial TIC da Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE), na que a USC ten unha participación destacada, propuxo un

Page 7: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

modelo de análise e planificación TIC do Sistema Universitario Español (SUE) co que deberían interaccionar as planificacións de cada universidade. Todo isto fai que sexa conveniente a elaboración dun segundo plan (PETIC-II), que seguirá no seu formato as recomendacións dese modelo. Na elaboración do primeiro plan seguiuse unha metodoloxía baseada na creación de 13 grupos de traballo. O resultado dos debates requiriu un importante traballo de síntese antes de quedar plasmado no documento final. Este procedemento resultou extremadamente complexo polo que, para un segundo plan que continuará a tarefa iniciada no primeiro, pareceu aconsellable seguir unha metodoloxía distinta. Por iso, baixo a responsabilidade do Coordinador de Planificación Estratéxica en TIC, elaborouse un primeiro borrador, que foi sometido á consideración dunha comisión integrada por persoas con responsabilidades no ámbito das TIC así como representantes de distintos sectores da comunidade universitaria especialmente implicados no tema. Unha vez recollidas as distintas suxestións elaborouse o documento final que agora se somete a aprobación do Consello de Goberno. O reitor agradece o traballo da área TIC e en especial do profesor D. Luis Coladas, coordinador de Planificación Estratéxica. Intervén o decano de Filoloxía quen pregunta polo proceso de renovación das aulas de informática. O profesor Casares solicita información concreta sobre o grao de cumprimento do plan anterior e en relación o novo plan indica que para cada acción debería ir un responsable, o custe económico e un cronograma xa que de non estar esta información debería chamarse plan de acción e non plan estratéxico. Intervén o profesor D Ignacio Zarra Cameselle para dar conta de determinadas deficiencias, entre elas unha aplicación informática reiterativa e tediosa, do engorro que supón a non uniformidade das claves de acceso dos usuarios para os diferentes servizos, e dá conta da necesidade de acceso a determinados servizos para estudantes dende o primeiro día de curso. Intervén o profesor R.C. quen como director do CETA, indica que o acceso dos estudantes depende de que teñan ou non formalizada a matrícula. O reitor responde ao decano de Filoloxía sinalando que a demora nas aulas informáticas débese a razóns de tipo económico o ter que facerse un esforzo especial no relevo dos equipos do PAS. En relación a intervención do profesor D. Juan José Casares Long adianta que traerá a un próximo Consello de Goberno a información que demanda sobre o grao de cumprimento do PETIC e sinala que xa está indicado en todos os casos un responsable. En relación os recursos económicos sinala que para moitas accións hai que buscar recursos externos, tratar de ampliar consorcios, etc. En relación a incorporar o cronograma non se considerou especialmente interesante neste momento dado que os criterios de priorización de accións varían en función de circunstancias neste momento non predicibles. En relación a intervención do profesor Zarra dá conta das novidades en relación con novas aplicacións e sinala que a uniformización dos accesos é unha acción xa recollida no plano á que se lle está a dar prioridade. O profesor Casares agradece as palabras de aproximación e indica que os aspectos de detalle melloran tamén as posibilidades de avaliación de dito plan.

Page 8: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Sometido o documento que se anexa a aprobación, é aprobado por asentimento. O Plano Estratéxico das TIC 2007-2010 pode ser consultado no enderezo http://www.usc.es/gl/goberno/consellogoberno/index.jsp

6. Normativa provisoria de creación e supresión de departamentos Informa o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo quen sinala que os departamentos da Universidade de Santiago de Compostela son, segundo a definición do artigo 52 dos seus Estatutos, “os órganos básicos encargados da programación e do desenvolvemento do ensino e do apoio da investigación da área ou áreas de coñecemento que o integran”. Por outra banda, sinala que a potenciación dos departamentos debe poñerse en relación coa realidade bicampus da USC. Indica que as liñas xerais da Programación Plurianual 2007-2010, aprobadas polo Claustro Universitario na súa sesión de 31 de maio de 2007, inclúen como unha das liñas de acción no eido da docencia o compromiso de avanzar na implantación dun sistema departamental propio do campus de Lugo, considera, por tanto, que a creación de departamentos no campus lugués é unha aposta estratéxica da Universidade de Santiago de Compostela para reforzar a coordinación da docencia e a consolidación de grupos de investigación. De seguido informa das modificacións normativas e argumenta a necesidade de establecer uns criterios de referencia para a solicitude, creación, e supresión de departamentos adaptados ao novo marco normativo e ás necesidades da USC namentres non se modifiquen os Estatutos. Intervén o profesor J.M.C.M. quen agradece a presentación e fai preguntas para clarexar algunhas cuestiones en relación ás condicións que se deben cumprir para facer esta solicitude. Pregunta asemade se dúas dedicacións a tempo parcial se contabilizan sempre como unha dedicación a tempo completo independentemente da dedicación. Solicita que no artigo tres se inclúa grao ou posgrao, e que o apartado 3 se inclúa no dous. Intervén o profesor Casares quen aínda que é consciente da importancia do tema non entende a urxencia de traelo ao Consello de Goberno sen tempo para o debate na Comunidade Universitaria. A continuación solicita a clarificación dalgúns puntos -que se engaden á acta en anexo- relativas ao número de profesores, informes necesarios, criterios a ter en conta polo equipo de dirección, e adscrición de profesores ao novo departamento. Intervén o decano da Facultade de Humanidades de Lugo quen celebra a proposta dado os prexuízos que provoca para o normal funcionamento dalgúns centros e departamentos a non participación dalgúns profesores nas tomas de decisións dos departamentos o estaren condicionados ao trasladado continuo ao Campus de Santiago e o gasto económico que isto supón. Considera urxente a normativa polo perentorio da situación. Intervén o decano da Facultade de Filoloxía quen considera que aínda que se debe estar atento ás dificultades da normativa é consciente de que nalgunhas ocasións os profesores do Campus de Lugo son ignorados a hora de toma de decisións lesionando os seus intereses e dereitos e por iso considera que esta normativa apunta na dirección correcta. Intervén o profesor Zarra quen considera que sen dúbida hai que axustar esta estrutura ás necesidades dos dous campus, sen embargo, non entende a presa deste documento cando a

Page 9: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Comisión de Desenvolvemento Estatutario debe adaptar Estatutos en breve. Pregunta se esta normativa ven baseada nalgunhas peticións concretas. O profesor D. C.R. intervén para apoiar a normativa dada a necesidade de dar unha saída a demanda de creación de departamentos no Campus de Lugo. Solicita que na proposta se xustifique a necesidade de creación de novos departamentos e se acheguen os informes perceptivos. Intervén o vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo quen en relación á intervención do profesor J.M.C.M. na que facía referencia ao número de profesores, considera que o mínimo é necesario pero non suficiente para a aprobación da solicitude. Seguidamente sinala que efectivamente e segundo a normativa vixente dúas dedicacións a tempo parcial computan como unha a tempo completo independentemente da dedicación a tempo parcial. O vicerreitor acepta a fusión dos apartados dous e tres. En relación as dificultades que poidan xurdir respecto ao artigo catro considera que son tan variadas que será o Consello de Goberno quen terá que dar saída a cada unha das situacións que se poidan producir. En relación á intervención do profesor Casares, o vicerreitor defende a oportunidade desta normativa que efectivamente xa fora discutida con anterioridade sen que chegase a ser presentada diante dos órganos de goberno da USC á espera dunha clarificación normativa que agora si se ten producido pola modificación da LOU. Engade que a normativa é provisoria ata a entrada en vigor dos novos estatutos, e explica que o requerimento de 12 PDI con vinculación permanente para a solicitude de creación dun novo departamento baséase no mismo número de PDI (naquel caso profesores titulares e catedráticos) que indicaba o decreto 1173/1987 sobre departamentos universitarios. Tamén comenta o vicerreitor que a esixencia de un número de sete funcionarios doutores se corresponde (da mesma maneira que para o claustro e outros órganos colexiados da universidade) co feito de que sete é o mínimo número de profesores doutores maior do 50% sobre o total de PDI mínimo necesario para a solicitude de creación dun departamento. En relación aos informes mencionados no artigo 2 da normativa, o vicerreitor sinala que os informes dos centros e departamentos son preceptivos pero non vinculantes. No que respecta á intervención relativa ao artigo 3 punto a. 1, onde o profesor Casares considera que o criterio non é académico, o vicerreitor responde que o criterio 3.a “razóns derivadas da existencia dos dous campus” ven recollido no artigo 52.3 dos estatutos da USC, e que a valoración da afinidade das áreas e a propia decisión de creación de departamentos deberá ter en consideración todos aqueles aspectos de lóxica científica e académica que o consello de goberno considere pertinentes, e en todo caso sempre con bo sentido e prudencia. En canto aos comentarios do prof. Casares respecto do artigo 4, o vicerreitor indica que o artigo non pode recoller todas as posibles casuísticas que se poderían dar, pero que en todo caso as decisións deberánse tomar por maioría. O vicerreitor indica que a normativa,coma todas as que se trasladan ao consello de goberno, foi revisada pola asesoría xurídica.

Agradece as palabras de apoio a esta iniciativa. O vicerreitor sinala que se introducirán as seguintes modificacións no texto: 1.- No artigo 2, por intervención do profesor D. C.R., indícase que a petición debera ser xustificada: "A solicitude de creación dun departamento, que será xustificada, dirixirase ao reitor

Page 10: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

e deberá contar cos informes dos departamentos e centros implicados, ademais daqueles outros informes ou documentos que se consideren útiles para a decisión. Unha vez comprobado que a solicitude reúne os requisitos necesarios, o reitor someteraa ao Consello de Goberno". 2.- Por intervención do profesor M.C., uníronse os parágrafos 3.a.2 e 3.a.3 nun único que queda redactado do seguinte xeito: "Creación de departamentos cuxo encargo docente agrupe unha parte importante da docencia de grao e posgrao nas titulacións dun centro, contribuíndo así á coordinación docente". 3.- Enuméranse de novo os artigos 7 e 8 por estar a numeración errada, corresponde a orde de artigos 6 e 7. Sometido o documento, coas modificacións sinaladas a aprobación, é aprobado por 25 votos a favor, tres en contra e cero abstencións. Este documento pode ser consultado no seguinte enderezo electrónico: http://www.usc.es/gl/normativa/organos.jsp

7. Modificacións puntuais da RPT funcionario e laboral O xerente informa das modificación puntuais da RPT funcionario e laboral achegadas coa convocatoria, e sinala que as modificacións da relación de postos que se presentan a este Consello de Goberno, supoñen unicamente a adaptación dalgúns postos que precisan dunha reformulación urxente, ou ben, porque se quere implantar novas prestacións ou servizos, ou porque os requirimentos que se consideraron imprescindibles cando se crearon os postos cambiaron co paso do tempo, e polo tanto, faise necesario reformulalos, para non interromper o normal funcionamento das unidades as que están adscritos. De aí que aínda que o estudo de cadro de persoal non estea concluído, se presenten adaptacións que van a permitir, sen comprometer o futuro que se derive do mesmo, acometer novas funcións ou prestación de novos servizos que non poden nin deben agardar Intervén o profesor Zarra quen pregunta se o técnico superior de deportes permite recolocar a un traballador nun posto de libre designación, e en segundo lugar considera que non é necesario crear un posto de alta dirección para a xestión da investigación. Intervén dona M.I.G.R. para informar de que a Sección Sindical de CC.OO. solicitaba o pasado martes aos representantes do PAS no Consello de Goberno que votaran en contra desta modificación da RPT. Indica que se adhíre á proposta e dá lectura aos motivos expresados pola Sección Sindical de CC.OO que se anexan á acta. Intervén o xerente quen en relación a área de deportes sinala que dada a reconfiguración da área paraceu pertinente a creación dunha subdirección de nivel tres. En relación a dirección da xestión da Investigación a formula contractual non era adecuada dado que a universidade non debe ter contratado persoal eventual para un posto como este. En relación a intervención de dona M.I.G.R. sinala que a xerencia é sensible as diferenzas dos traballadores. Informa que cando estea realizado o estudo das necesidades, haberá que traer modificacións puntuais a RPT. Sinala que as modificacións na RPT non sempre debe incluír novos postos de traballo e que debe ser unha RPT dinámica. Sometida a proposta de modificacións puntuais da RPT funcionario e laboral a aprobación, é aprobada por dezaoito votos a favor, cinco en contra e sete abstencións. A RPT pode ser

Page 11: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www.ti.usc.es/webpas/RPT/RPT_2006/RPT_Publicar_2.pdf 8. Aplicación de táboas de afinidade nos procedementos de selección do Persoal

Docente e Investigador Contratado Informa a vicerreitora de Profesorado e Organización Académica segundo a proposta achegada aos membros do Consello de Goberno nos seguintes termos: O acordo do Consello de Goberno de 10 de maio de 2007 de Modificación da Normativa pola que se Regula a Selección do Persoal Docente e Investigador Contratado da Universidade de Santiago de Compostela responde á necesidade urxente de adaptación de dita normativa ó establecido na Lei Orgánica 4/2007 pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001, de Universidades. Aproveitando a ocasión, incluíronse algunhas modificacións que pretendían melloras na aplicación da normativa con criterios exclusivamente técnicos e sen pretender, en ningún momento, variacións canto ós acordos base que sustentan esta normativa. Con todo, o artigo 17 do acordo de 10 de maio de 2007 recolle a utilización preferente da táboa de afinidades entre áreas de coñecemento que se establece no Real Decreto 774/2002 e, subsidiariamente, a que se recolle no propio regulamento, o que modifica substancialmente os criterios de valoración dos expedientes dos candidatos nas convocatorias de prazas dalgunhas áreas de coñecemento. Non sendo esta a intención do acordo de adaptación á legalidade da normativa e considerando ademais que a Normativa pola que se Regula a Selección do Persoal Docente e Investigador Contratado foi aprobada o 17 de febreiro de 2005 con posterioridade ó Real Decreto 774/2002 e que, polo tanto, recolle máis adecuadamente a vontade da Universidade, Somete a consideración do Consello de Goberno, o seguinte acordo: ÚNICO.- Deixar sen efecto a norma 17 do acordo de 10 de maio de 2007 de Modificación da Normativa pola que se Regula a Selección do Persoal Docente e Investigador Contratado da Universidade de Santiago de Compostela, mantendo o Anexo IV da Normativa na súa redacción orixinal. Este acordo aplicarase ás convocatorias de selección de persoal docente e investigador que se publiquen a partir da data de adopción do presente acordo. Sometida a proposta ao acordo do Consello de Goberno é aprobada por asentimento

9. Contratos e prórrogas de profesorado asociado e Asociados de Ciencias da Saúde Informa a vicerreitora de Profesorado e Organización Académica segundo a proposta achegada aos membros do Consello de Goberno. Somete a consideración do Consello de Goberno, o seguinte acordo:

PRIMEIRO.- Aos profesores asociados e asociados de ciencias da saúde con contrato administrativos manterán o contrato ata o máximo legal permitido, renovándose curso a curso a condición de que o departamento

Page 12: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

informe a necesidade do mantemento da praza e así o aproben os órganos de goberno. SEGUNDO.- A petición do interesado, transformaranse en laborais os contratos administrativos de profesores asociados e asociados de ciencias da saúde que reúnan os requisitos establecidos pola lexislación vixente. Os contratos así transformados serán anuais prorrogables por dous períodos da mesma duración. TERCEIRO.- Mentres non se desenvolva o mandato legal de aprobación de novos Estatutos, os contratos de PACS en réxime laboral serán anuais, renovables ano a ano. CUARTO.- Prorrogaranse por un ano os contratos dos profesores asociados con contrato laboral que non esgoten xa dúas prórrogas. QUINTO.- Establécese unha prórroga extraordinaria dun ano para os contratos de profesores asociados en réxime laboral que tivesen anteriormente dúas prórrogas.

O director da Escola de Enfermaría fai unha primeira consideración solicitando que na primeira páxina se poña Escola de Enfermaría. O profesor C.M. pregunta se aos concursos se poden presentar as mesmas persoas. A vicerreitora pide desculpas por non citar a Escola de Enfermaría e indica que será incluída no documento. De seguido informa que aos concursos poden presentarse as mesmas persoas. O director da Escola de Enfermería e a profesora Dona M.I.S.G. da facultade de Farmacia interveñen para solicitar que os informes perceptivos para a renovación dos contratos se lles solicite aos centros, dado que alomenos nos seus casos, é o centro quen asume a coordinación. A vicerreitora recolle a suxestión pero indica que habería que consultar cal é a situación de cada centro xa que a docencia correspóndelle ao departamento. Sometida á proposta a aprobación coas modificacións indicadas, acorda a aprobación por asentimento. 10. Comisións de servizos e prórrogas Informa a vicerreitora de Profesorado e Organización Académica segundo a proposta achegada aos membros do Consello de Goberno, que fora informada favorablemente pola COAP na reunión do 11 de xullo de 2007. A vicerreitora dá conta dos informes favorables dos departamentos que non puideron ser achegados con anterioridade. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento, visto o informe da Comisión de Organización Académica e Profesorado (COAP), aprobar a seguinte relación de comisión de servizos prorrogas. Departamento: Dereito Público Especial Área: Dereito Financeiro e Tributario

Page 13: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Profesora: Luz Mª Ruibal Pereira Corpo: Profesora Titular de Universidade Destino: Tribunal Supremo Departamento: Enxeñaría Agroforestal Profesor: Gregorio Iglesias Rodríguez Corpo: Profesor Titular de Universidade Procedencia: Universidade de A Coruña Destino: Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Solicitude de prórroga á Universidade de A Coruña Departamento: Física de Partículas Área: Física Teórica Profesor: José M. Fernández de Labastida y del Olmo Corpo: Catedrático de Universidade Destino: Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

11. Prazas de profesorado Informa a vicerreitora de Profesorado e Organización Académica segundo a proposta achegada aos membros do Consello de Goberno, que fora informada favorablemente pola COAP o 11 de xullo de 2007. Informa que a praza do departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais por unha xubilación se cubrirá nun principio como praza de substitución ata que se fagan efectivos os trámites e informes previos para o estudio do mantemento da mesma. Sometida a aprobación a proposta, coas modificacións indicadas pola vicerreitora apróbase por asentimento as prazas de profesorado que se detallan nas relacións que se achegan, así como as comisións de selección das prazas que se acordan convocar segundo as correspondentes propostas, e coas especificacións que se indican. Esta información poderá ser consultada no Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador. 12. Modificación planos de estudos: Farmacia e Enxeñaría Técnica de Informática de

Sistemas Informa o vicerreitor de Oferta Académica de EEES quen somete a aprobación do Consello de Goberno as propostas de modificación de planos de estudos. Sometida a proposta a aprobación acordouse por asentimento as seguintes modificacións: 1.A petición da Xunta da Escola Técnica Superior de Enxeñaría modificar o plano de estudos de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas: Anexo III Estructura Xeral e Organización do Plan de Estudos, punto 6 a): Onde dí:

Outórganse por equivalencia créditos a: a) Máximo 12 créditos de carácter optativo. 1 crédito= 30 horas prácticas

Debe dicir:

Page 14: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Outórganse por equivalencia créditos a: a) Máximo 22.5 créditos de libre configuración 1 crédito= 30 horas prácticas

2. A petición Xunta da Facultade de Farmacia, modificar o plan de estudos da Licenciatura en Farmacia no sentido incluír entre as áreas de coñecemento vinculadas á materia Radiofarmacia, a área de Radioloxía e Medicina Física.

13. Modificación Programas Oficiais de Posgrao Informa o vicerreitor de Oferta Académica de EEES quen somete a aprobación as modificación de Programas Oficiais de Posgrao achegadas os membros do Consello de Goberno. Somete a consideración do Consello de Goberno, os seguintes acordos: 1) Aprobar as correccións de erros e/ou transcrición do límite de prazas correspondente ás titulacións de acceso aos Programas Oficiais de Posgrao (POP) que a continuación se especifican:

POP CORRECCIÓN

Programa Oficial de Posgrao en Ciencias da Visión

TITULACIÓNS DE ACCESO e CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS Incluír a seguinte titulación de acceso:

Diplomatura de Enfermería

Xustificación: produciuse un erro na transcrición da información. Esta titulación figura na Universidade Coordinadora (Univ. De Valladolid)

Programa Oficial de Posgrao de Lóxica e Filosofía da Ciencia

TITULACIÓNS DE ACCESO e CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS ONDE DI: b) Titulados na área de ciencias naturais, matemáticas e informática , titulados na área de ciencias sociais e filoloxías outros graduados ou titulados con titulación equivalente ou superior ao grao de procedencia diversa DEBE DECIR: Restantes titulacións con preferencia de titulacións de 2 ciclos sobre titulacións de un só ciclo Xustificación: proponse esta nova redacción por ser máis comprensible, e ademais a preferencia das titulacións de dous ciclos sobre as dun só ciclo faise en virtude de que o Máster é de 60 créditos e con un enfoque investigador e de cara ao doutoramento, de tal xeito que finalizado o máster todos os licenciados, Enxeñeiros ou arquitectos que se inscribiron se matriculen e poidan facer a etapa de tese.

Programa Oficial de Posgrao en Prevención de Riscos Laborais.

TITULACIÓNS DE ACCESO e CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS (titulacións do grupo b) Incluír as seguintes titulacións no apartado b):

Page 15: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Todas as da gran área das Ciencias Xurídico-Social:

Administración e Dirección de Empresas, CC. Da Actividade Física e do Deporte, CC. Políticas e da Administración, Comunicación Audiovisual, Dereito, Economía, Pedagoxía, Xornalismo, Psicoloxía, Publicidade e Relacións Públicas, socioloxía, Biblioteconomía e Documentación, CC. Empresariais, Educación Social, Xestión da Administración Pública, Mestre, Traballo Social, Turismo, CC. Actuariales e Financeiras, CC. Do Traballo, Criminoloxía, Documentación Psicopedagoxía), Relacións Laborais.

Xustificación: Erro na transcrición da Memoria ao escrito enviado polo centro.

2) A aprobación das modificacións nos Programas Oficiais de Posgrao implantados no curso 2007-2008 que se indican:

MODIFICACIÓN DO Programa Oficial de Posgrao de Enxeñaría para o desenvolvemento rural Máster Oficial de Enxeñaría para o Medio Rural Modificación: Substituír a materia Xestión da calidade agroalimentaria pola materia: A Paisaxe na planificación e xestión de espazos naturais, obrigatoria de 4 ECTS, a impartir no primeiro curso do Máster de Enxeñaría para o Medio Rural no segundo cuadrimestre. Achegase a seguinte documentación xustificativa:

- Xustificación da solicitude de cambio - Acordo do compromiso do departamento para impartir docencia no - Acordo Comisión Académica - Guía docente da nova materia

MODIFICACION DO Programa Oficial de Posgrao de Ciencia e Tecnoloxía Química: Máster Oficial de Química Avanzada, Interuniversitario USC- Uvigo Engadir unha nova materia ao Módulo X:Optativas Xenéricas que se impartirá na Universidade de Santiago de Compostela: Materia: Técnicas de preparación da mostra, optativa, 3 créditos ECTS, a impartir no segundo curso no primeiro cuadrimestre (3S)

Page 16: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Solicitude de autorización para impartir na USC a materia :Bioinorgánica avanzada, optativa de 2 créditos ECTS que se imparte no módulo XI: Sistemas e Complexos Moleculares, na Universidade de Vigo Modificación do nome e do número de créditos das seguintes materias: A Comisión Académica do POP, solicita que de cara ao vindeiro curso 2007-2008 se modifiquen as seguintes materias do Máster en Química Avanzada, que pasarían a ser materias comúns ao Máster en Química Avanzada e ao Máster en Química Orgánica:

Nome actual da materia (MQA, curso 2006-07)

Nº Créditos 2006-07

Nova denominación da materia (MQA e MIQO, curso 2007-08)

Nº Créditos 2007-08

Química de productos naturais

3 Química de productos naturais

4

Deseño e estratexia de síntese

3 Deseño de síntese 4

Compostos organometálicos en síntese orgánica

3 Aplicacións sintéticas dos compostos organometálicos

4

Aos estudantes que no curso 2006/2007 superou estas materias no Máster de Química Avanzada deberán recoñecérselle as competencias no caso de ser admitidos no Máster Oficial de Química Orgánica polo que non terían que cursalas. Xustificación: O Programa de Ciencia e Tecnoloxía Química organiza dous títulos de máster e un de doutoramento. O Máster Oficial en Química Avanzada, implantado no curso 2006/2007 e o Máster Oficial de Química Orgánica aprobado para implantar no curso 2007/2008. establecía na súa memoria que había contidos formativos comúns co Máster Oficial de Química Avanzada, o que redundará nunha optimización dos recursos da universidade e na posibilidade de que os estudantes que así o desexen podan obter os dous títulos cun esforzo académico adicional moderado. Por este motivo, catro das dezanove materias optativas do Módulo 4 do Máster en Química Orgánica comparten contidos con materias que actualmente se imparten no Máster en Química Avanzada. Para que tales materias sexan comúns será necesaria unha adaptación da denominación así como do número de créditos das materias que actualmente se imparten no Máster de Química Avanzada para que coincidan coas propostas no novo de Química Orgánica (as denominación e número de créditos das materias deste veñen condicionadas polos acordos das catro universidades participantes no mesmo).

Page 17: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Master oficial en Química Orgánica Interuniversitario USC, U.Autónoma de Madrid e Complutense de Madrid.

1 Admisión no doutoramento Deséñanse varios itinerarios para acceder ao doutoramento, ademais do que determina a normativa xeral para o acceso ao doutoramento establécense uns itinerarios específicos para a admisión no doutoramento tales como:

- Os que teñan o Máster de Química avanzada poderán ser admitidos no doutoramento, sempre que teñan cursado o módulo de Investigación no que se inclúe a tese de Máster e ademais curse o modulo 4 de Química Orgánica

- Os alumnado que curse o Máster de Química Orgánica para ser admitido no doutoramento deberá realizar un Módulo M2I ou M3I, e o módulo 4, que se organiza no segundo curso. Se ben os módulos M2I/M3I, poderían serlle recoñecidos ao alumnado do Máster de Química Avanzada que fixo a tese de Máster, este alumnado debería cursar o módulo 4 que se organizou no último semestre do segundo ano.

Polo tanto para realizar o itinerario que permite a admisión no doutoramento é necesario implantar os dous cursos do máster xa que do contrario o alumnado tería que realizar 90 créditos de xeito obrigatorio (60 ECTS no primeiro curso e 30 do segundo) xa que o só poden rematar o itinerario de admisión á etapa de Tese no segundo ano do Máster polo que : Solicitase a autorización para implantar os dous cursos nos que se organiza no curso 2007/2008 e realizar a oferta completa das materias e módulos do máster. Aprobación do Itinerario doutoramento do Máster Oficial de Química Orgánica interuniversitario. O alumnado que pretenda matricular só o itinerario da etapa de doutoramento deberá solicitalo, e matricular 60 créditos entre os que deberán figurar os que establece o programa para a admisión na etapa de Tese. Aos efectos de preinscripción, o Programa de Ciencia e Tecnoloxía Química ofertará unha nova opción de preinscripción que terá unha cota de 25 prazas para realizar o ITINERARIO DE ADMISION na etapa de Tese e cuxas titulacións de acceso serán as mesmas que para o acceso ao Master de Química Orgánica. Esta opción será incompatible coa de tempo parcial. As opcións ofertadas ademais da oferta dos dous Másters a tempo completo, serán pois as seguintes:

1) MÁSTER OFICIAL EN QUÍMICA ORGÁNICA (ITINERARIO DE DOUTORAMENTO) tempo completo

2) MÁSTER OFICIAL EN QUÍMICA ORGÁNICA – tempo parcial

Page 18: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

3) MÁSTER OFICIAL EN QUÍMICA AVANZADA – tempo parcial É dicir, de elixir a opción a tempo parcial, só afecta aos outros masters, pero non ao de itinerario de doutoramento Achegase a seguinte documentación xustificativa:

- Xustificación da solicitude de cambio - Acordo do compromiso do departamento para impartir docencia nos

Máster cos recursos existentes (Pendentes de envío) - Acordo Comisión Académica - Guía docente das novas materias

MODIFICACIÓN DO Programa Oficial de Posgrao de Neurociencias Máster Oficial en Neurociencias MODIFICACIÓN DEL MÓDULO DE INVESTIGACIÓN correspondente ao Master, cuxa realización é obrigatoria para tódolos alumnos que desexen acceder ao Doutorado. Xustificación da Modificación A proposta orixinal do Máster Oficial de Neurociencias estruturábase en tres apartados: Cursos obrigatorios que proporcionaban a información básica que todo neurocientífico debe posuír e que totalizan 40 créditos ECTS. Cursos optativos: proporcionan a formación especializada con un total de 50 créditos ECTS. Actividades de Iniciación á Investigación: 30 créditos ECTS repartidos entre: Curso de redacción de publicacións e proxectos: 3 ECTS Curso de Xestión da Investigación en neurociencias: 3 ECTS Traballo de Investigación tutelado: 12 ECTS Proposta de tese de doutoramento: 2 ECTS Participación na Xornada de Xoves Neurocientíficos: 1 ECTS Outras actividades (Conferencias, congresos, etc.) ata 9 ECTS Os 50 créditos adscritos á formación especializada resultan excesivos, e tendo en conta que o Máster está dirixido fundamentalmente á formación de investigadores, os 30 créditos ás actividades de Iniciación a Investigación resultan insuficientes. Co obxecto de corrixir eta eiva proponse elevar ata 40 o número de créditos asignados ás actividades de iniciación á investigación. Deste xeito o Máster queda máis equilibrado xa que pasa a estar estruturado en tres bloques iguais, cada un de 40 créditos obrigatorios, especializados e de iniciación á investigación. Os desaxustes que se detectaron foron os seguintes:

Page 19: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

-O número de créditos do traballo de investigación tutelado era moi baixo en proporción ao número de créditos do máster e a importancia que ten a súa realización na formación de investigadores. -O crédito asignado á participación na Xornada de Xoves Neurocientíficos tamén amosou ser insuficiente. -O bloque de outras actividades (conferencias, congresos, etc.) ata 9 créditos é máis propio da etapa de Tese que da que corresponde ao Máster, ademais de xerar problemas respecto da matrícula, selección de actividades e valoración na asignación dos correspondentes créditos. -O alumnado solicitou no curso que andamos información directa aos responsables dos grupos de investigación que sustentan o programa respecto das Liñas de investigación adscritas ao mesmo. Consideran esta información moi valiosa para escoller a Liña e o titor para a realización do traballo de Investigación e para coñecer a investigación e as técnicas dos outros grupos, xa que ilo facilitaría a interdisciplinariedade e as colaboracións.

MODIFICACIÓN: Substituír as actuais actividades de Iniciación á Investigación polas seguintes: Actividades de iniciación á investigación: 40 créditos ECTS repartidos así:

- Curso de redacción de publicacións e proxectos: 3 créditos ECTS - Curso de Xestión da investigación en neurociencia: 3 créditos ECTS - Traballo de investigación tutelado: 25 créditos ECTS - Proposta de tese de doutoramento: 2 créditos ECTS - Participación na Xornada de Xoves Neurocientíficos: 3 créditos ECTS - Actividade de presentación das Liñas de investigación: 4 créditos ECTS

O Alumnado que só pretenda facer 60 créditos para optar ao doutoramento mediante a matrícula a tempo parcial deberán matricularse no segundo ano dos créditos correspondentes a:

- Traballo de investigación tutelado: 25 créditos ECTS - Proposta de tese de doutoramento: 2 créditos - Participación na Xornada de Xoves Neurocientíficos: 3 créditos ECTS

Actividade de Presentación das Liñas de Investigación: o seu obxectivo e dar a coñecer ao alumnado os grupos de investigación que sustentan o programa, as súas liñas de investigación, técnicas que manexan, proxectos, financiamento, capacidade de dirección de estudantes de e ofrecer contratos, etc. para capacitalos na escolla de titor e da liña de investigación na que pretenda realizar o traballo de investigación tutelado e a tese de doutoramento.

Page 20: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Logo da adscrición dos estudantes aos correspondentes titores, o titor elixido responsabilizarase da realización por parte do alumno do proxecto de traballo de investigación tutelado que realizará no próximo curso. O devandito proxecto deberá constar de título, estado do tema, obxectivos do traballo, material e métodos e bibliografía. MODIFICACIÓN DA SECUENCIA TEMPORAL DOS CURSOS E ACTIVIDADES CORRESPONDENTES AO MASTER DE NEUROCIENCIA. Esta modificación xustifícase para facilitar a optatividade do estudantado n MODIFICACIÓN Aínda que a Universidade oferta as materias cunha organización temporal por anos (primeiro e segundo ano do máster) e cuadrimestres, permitirase que as materias optativas as poida matricular o alumnado con independencia do ano que curse, coa única limitación ca compatibilidade horaria. A obrigatoriedade na secuencia temporal do Máster Oficial de Neurociencias será xa que logo a que segue: - Cursos obrigatorios básicos: primeiro ano e primeiro cuadrimestre - Cursos obrigatorios técnicos: primeiro ano e segundo cuadrimestre - Curso de presentación das Liñas de investigación: primeiro año, segundo cuadrimestre - Cursos optativos: primeiro ano, segundo cuadrimestre, segundo ano, primeiro e segundo cuadrimestre. - Redacción de publicacións e proxectos: segundo ano - Xestión da investigación en neurociencia: segundo ano - Traballo de investigación tutelado: segundo ano - Proposta de teses de doutoramento: segundo ano, segundo cuadrimestre - Participación na Xornada de Xoves Neurocientíficos: segundo ano, segundo cuadrimestre Tódolos cursos incluídos no epígrafe de cursos de interese xeral (son a maioría dos que se ofertaban no segundo cuadrimestre do primeiro ano) pertencen as castro especialidades e tamén serán considerados entre os créditos necesarios en cada especialidade para a súa obtención e a súa anotación no Suplemento Europeo ao Títulos. MODIFICACIONS NA IMPARTICIÓN DE MATERIAS: A materia: Excitabilidade celular que se impartía na Universidade de Vigo pasará a impartirse polos Profesores da Universidade de Santiago don Francisco González e don Luís Relova, do Departamento de Fisioloxía . Achegase a seguinte documentación xustificativa:

Page 21: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

- Xustificación da solicitude de cambio - Acordo do compromiso do departamento para impartir docencia no

Máster cos recursos existentes (Pendentes de envío) - Acordo Comisión Académica - Guía docente da nova materia

MODIFICACIÓN DO Programa Oficial de Posgrao de Xerontoloxía Interuniversitario USC-UDC Modificación: Aprobar a incorporación das Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, Universidade das Azores e Universidade de Madeira, a impartición do Máster Oficial de Xerontoloxía, Especialidade de Xerontoloxía Social aprobado mediante Decreto 51/2006 do 23 de marzo polo que se autoriza a implantación de estudos Oficiais de Posgrao nas Universidades do Sistema Universitario Galego

- Achégase a documentación seguinte: - Solicitudes de adhesión das Universidades. - Proposta de Convenio.

Intervén o profesor D. E.C. para indicar en relación a substitución dunha materia no máster de Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural que en futuras modificacións debería informarse a Comisión de Posgrao. Intervén o profesor Casares quen solicita unha aclaración en relación á organización e itinerarios do programa Oficial de Posgrao de Ciencias e Tecnoloxía Química. O vicerreitor explica que o substituírse unha sola materia non pareceu oportuno dar conta a Comisión de Posgrao. En relación a intervención do profesor Casares o vicerreitor dá conta das xustificacións indicando que o programa de Ciencia e Tecnoloxía Química organiza dous títulos de máster e un de doutoramento. Por outra banda en relación ao máster en Química Orgánica Interuniversitario deséñanse varios itinerarios para acceder ao doutoramento. Para realizar o itinerario que permite a admisión no doutoramento para alumnos que cursaran créditos do Máster de Química Orgánica é necesario implantar os dous cursos do máster xa que do contrario o alumnado tería que cursar dous anos. Sometida a proposta a aprobación acordouse por asentimento as modificacións que se indican. 14. Cursos de posgrao propio. Informa vicerreitor de Oferta Académica de EEES quen somete a aprobación as propostas de cursos de posgrao propio achegadas os membros do Consello de Goberno así como dúas memorias dos cursos que é a primeira vez que se achegan a este órgano dando cumprimento ao solicitado en reunións anteriores. Intervén o profesor Casares quen agradece o traballo feito e pide explicacións sobre o máster 771 que aparece cun déficit de 11.000 euros.

Page 22: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

O vicerreitor explica que é un máster internacional polo que o que aparece reflectido é unicamente o relativo aos gastos que corresponden ao 10% de retención xeral e de departamento da USC. Sometida a proposta a aprobación acordouse por asentimento aprobar os cursos de posgrao propio, segundo a documentación anexa: M-771 Máster Internacional en Comunicación Social e Política E-789 Curso de Especialización en Unidades de Pacientes Críticos. E-794 Curso de Especialización en Familia e Novas Tecnoloxías M-718 Máster en Economía e Xestión da Saúde M-731 Máster en Saúde Pública M-760-Máster en Tecnoloxías da Información e da Comunicación "Unhas TICs para a Humanidade" E-786 Curso Práctico de Especialización na Seguridade Social M-710 Máster en Administración Local E-703 Curso de Especialización en Práctica Local E-708 Curso de Especialización en Administración Local M-711 Máster en Ciencias da Familia (Asesoramento, Orientación, Mediación e Intervención Familiar) E-724 Curso de Especialización en Orientación e Mediación Familiar E-782 Curso de Especialización en Terapia Familiar E-785 Curso de Especialización en Ciencias da Familia M-726 Máster en Ciencias da Familia: Familia e Novas Tecnoloxías – Edición Internacional E-726 Curso de Especialista en Orientación e Mediación Familiar - Edición Internacional E-783 Curso de Especialización en Ciencias da Familia: Familia e Novas Tecnoloxías - Edición Internacional E-784 Curso de Especialización en Terapia Familiar - Edición Internacional M-729 Máster en Dirección e Xestión do Comercio Exterior E-710 Curso de Especialización en Comercio e Promoción Exterior E-711 Curso de Especialización en Márketing Internacional E-712-Curso de Especialización en Relacións Internacionais de España e a Unión Europea E-788 Curso de Especialización en Xestión de Operacións Internacionais E-734 Curso de Especialización en Xestión da Promoción Inmobiliaria E-738 Curso de Especialización en Relacións Laborais 15. Acordos de interese mutuo cos departamentos da USC

A vicerreitora de Calidade e Planificación presenta o punto segundo a documentación achegada os membros do Consello de Goberno. Sometida a proposta a aprobación acordouse por asentimento aprobar os acordos de interese mutuo dos departamentos seguintes: Departamento de Ciencias da Comunicación Departamento de Dereito Común

Page 23: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Departamento de Electrónica e Computación Departamento de Enxeñaría Química Departamento de Filoloxía Galega Departamento de Física da Materia Condensada Departamento de Latín e Grego Departamento de Química Inorgánica Esta documentación pode ser consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www.usc.es/~calidade/planif_estratexica_departamentos.htm 16. Proposta da USC dos patróns da Fundación USC Deporte Aínda que non é preceptivo, na liña do compromiso asumido polo vicerreitor de dar conta ao Consello de Goberno da marcha da posta en funcionamento da Fundación USC Deportiva, o vicerreitor de Cultura somete á consideración do Consello de Goberno a proposta de designar máis dous membros da USC para o Padroado da Fundación, alén do reitor e do vicerreitor competente en materia de deporte universitario na USC, tal como indican os Estatutos da mesma, con vistas a axilizar a constitución do Padroado e a posta en andaina da Fundación, e á espera de, máis adiante, ir incorporando novos membros. O vicerreitor propón que un membro sexa designado polo Consello Social e outro, a proposta do vicerreitor, dentro da Comunidade Universitaria da USC. O vicerreitor propón que sexa Dona Esther Martínez Piñeiro, Profesora Titular do Departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, e persoa desde moi nova vinculada á actividade deportiva na USC e ao mundo educativo, o que concentra perfís importantes para o desempeño da súa función como patroa da Fundación dentro do cadro do Modelo Deportivo da USC. Así mesmo, o vicerreitor informa de que a creación da Fundación foi tamén xa aprobada polo Consello Social e os seus Estatutos remitidos á Administración para a súa aprobación. O Consello de Goberno aproba por asentimento a proposta 17. Aprobación da modificación da normativa para a selección de bolseiros con cargo a

proxectos/contratos de investigación. Informa a vicerreitora de Investigación e Innovación sobre a modificación da normativa para a selección de bolseiros con cargo a proxectos/contratos de investigación. Sometida a proposta ao acordo do Consello de goberno é aprobada por asentimento a seguinte proposta: PROPOSTA DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DA NORMATIVA DE NOMEAMENTO DE BOLSEIROS PROPIOS A CARGO DE PROXECTOS, CONVENIOS E CONTRATOS DE INVESTIGACION ASINADOS POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (aprobada pola Xunta de Goberno na súa reunión de 15 de marzo de 1999) A fin de garantir o carácter totalmente formativo das bolsas propias a cargo de proxectos convenios e contratos de investigación asinadas pola USC, e para evitar a utilización da figura de bolsas en situacións que requiran da formalización dun contrato, se propón a seguinte

Page 24: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

modificación da NORMATIVA DE NOMEAMENTO DE BOLSEIROS PROPIOS A CARGO DE PROXECTOS, CONVENIOS E CONTRATOS DE INVESTIGACION ASINADOS POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:

CAPÍTULO II: PROCEDEMENTO Artigo Segundo

- Substitución do punto 2 do artigo por: “2. Os requisitos mínimos que posuirán os solicitantes e o modo cómo se deben acreditar para garantir unhas condicións de efectiva concorrencia. En ningún caso poderá esixirse experiencia previa como requisito para optar á beca” - Substitución do punto 7 do texto por: “7. O procedemento de selección que se pretende aplicar. Este procedemento será establecido pola Comisión Permanente do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía, que o fará público. En todo caso, o baremo establecido deberá considerar un breve informe do director do proxecto que estableza os criterios de aptitude que demanda o proxecto ó que se adscribe a bolsa, e en ningún caso poderá incluír a experiencia previa como mérito valorable.” 18. Proposta de licenza unha patente da USC a empresa biotecnolóxica ADVANCELL, S.L. Informa a vicerreitora de Investigación e Innovación quen somete a aprobación do Consello de Goberno a proposta de licenza dunha patente da USC a empresa biotecnolóxica Advancell, S.L. A vicerreitora informa de que o obxectivo da licenza e achegar a sociedade resultados de investigación da USC obtendo un retorno xusto en función da contribución de cada unha das partes ao proceso de xeración de valor. O profesor Casares pregunta sobre o gasto de diñeiro público que supuxo obter o produto para o que se solicitou a patente. Asemade pregunta se o grupo de investigación que obtivo o produto ten participación na empresa e se o traballo que se vai desenvolver coa patente se vai desenvolver dentro ou fora da universidade. A vicerreitora resposta que á hora de facer unha licenza se teñen en conta moitos parámetoros entre eles a inversión inicial. Tanto o proceso de negociación, as condicións, como a empresa que licenza a patente as fixa o persoal da CITT. A vicerreitora indica que a empresa está nestes momentos en espera de alugar espazos no edificio Nexus. O profesor Casares solicita o nome das empresas ubicadas en espazos da USC. A vicerreitora adianta que son poucas e que dará os nomes nun próximo Consello de Goberno. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por dezanove votos a favor, dous en contra e tres abstencións aprobar a proposta de licenza dunha patente da USC a empresa biotecnolóxica ADVANCELL, S.L. 19. Recursos

Page 25: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

A secretaria xeral dá conta do escrito presentado polo director do Departamento de Física Aplicada, e dos recurso de alzada presentado por D. Vicente Moreno de las Cuevas, e por D. Jesús Liñares Beiras, así como da alegación presentada. A secretaría xeral tendo en conta o informe da asesoría xurídica considera, que tanto no escrito do Director del Departamento, como nos dous recursos presentados polos profesores, o problema de fondo é o acordo tomado na reunión do Consello de Dpto o 10 outubro de 2006. Chegado a este punto considera oportuno tomar en consideración en primeiro lugar este asunto. En relación a este acordo se considera contrario ás normas, dado que contravén o Regulamento de Estudios Oficiais de Posgrao, e porque se pronuncia sobre unha competencia, cualificación e cómputo da docencia, que non lle corresponde ao Consello de Departamento. O que se propón ao Consello de Goberno é: que tendo en conta esta consideración, por ser de crucial importancia para o deseño dos posgraos na USC e antes de dar resposta aos recursos aquí presentados, deberíamos dar a oportunidade ao Departamento para que á vista deste acordo cheguen a unha solución en relación ao reparto da docencia na que estea incluída o POP de fotónica que comezará no próximo curso. O profesor Casares ve un problema xa que aínda que no regulamento se indica que “Para todos os efectos, a docencia e demais encargos ou obrigas referidas aos estudos oficiais de posgrao deberán recibir o mesmo tratamento previsto para a docencia de estudos oficiais de grao”, este non se cumpre, por exemplo no cómputo para analizar as necesidades docentes. Ademais no PDA se computa primeiro e segundo ciclo e algúns POP pero non todos. Sinala que para todos os efectos o argumento da secretaria xeral parece un informe de parte. Intervén o reitor para tentar clarexar que o que se está a propor é que se invalide unha condición do acordo e que o que se pretende é que a partir de aquí se eliminen as diferenzas para chegar a un punto de encontro. Intervén o profesor Casares quen comenta diversas incidencias polas que non se puideron gravar créditos neste curso. O reitor intervén para indicar que efectivamente neste momento poden existir disfuncións na adaptación das aplicacións informáticas. O decano de Filoloxía sinala que estes asuntos débense ao propio proceso de implantación e considera que este caso debe servir para clarexar o que se está a facer nalgúns departamentos aínda que non consta de forma explícita. A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica fai referencia a necesidade de facer unha recapitulación da normativa. O director do Departamento, D. J.M.P., expón a súas inquedanzas relativas as autorizacións para impartir o POP en relación ao acordo do departamento que agora parece perder a súa validez. O profesor Casares considera que a universidade pode facer uso da obriga de impartir a docencia ate un máximo de 240 horas. Sinala que a situación actual pode considerarse un reparto interno da docencia e considera que dadas as circunstancias non debe considerarse nulo o acordo do Departamento. O reitor reitera que o Consello de Goberno non quere entrar no reparto da docencia, e que quere deixar claro que as condicións do acordo en relación ao reparto da docencia non son acordes coa normativa. Esta plenamente de acordo co profesor Casares no sentido de que os profesores se lles pode esixir a impartición da docencia ata un máximo de 240 horas e que o Consello de Departamento pode adoptar un acordo non equitativo no número de horas tendo en conta outros criterios. O profesor Casares indica que este tema podería terse detectado con anterioridade para non chegar a esta situación comentario no que coincide co profesor M.A. quen a diferencia

Page 26: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

do profesor Casares mostrar o apoio a proposta da secretaria xeral. Intervén o director do Departamento de Física Aplicada que amosa a súa preocupación xa que, aínda que confía na boa vontade das partes, hai situacións enquistadas, as veces pola percepción do profesorado sobre as horas que deben impartir. O reitor sinala con rotundidade que a carga docente non a fixan os profesores. Sometida a proposta a aprobación o Consello de Goberno acorda por asentimento a seguinte proposta:

O Director do departamento de Física Aplicada, con data de entrada no rexistro do seis de xullo de 2007, presentou ao Consello de Goberno escrito onde solicita se dea cumprimento ao disposto no artigo sexto do vixente regulamento dos estudios oficiais de posgrao, aprobado polo Consello de Goberno da USC o 7 de xuño de 2006, no que se establece que lle corresponde a ese Consello de Goberno todas as decisións respecto ás propostas de programación se non hai acordo entre os responsables do programa e os departamento afectados. Sobre este mesmo tema e con datas de entrada no rexistro de 9 e 10 de xullo de 2007 se presentáronse dous recursos perante o Consello e Goberno polos profesores D. Vicente Moreno de las Cuevas, e D. Jesús Liñares Beiras contra o POD do citado Departamento por discrepancias sobre a adxudicación da docencia no POP. O Consello de Goberno con data 19 de xullo de 2007en relación cos citados escritos considera que: 1.- Tanto no escrito do Director do Departamento, como nos dous recursos presentados polos profesores, o problema de fondo é a validez ou non do acordo tomado na reunión do Consello de Departamento do 10 outubro de 2006 no que respecta ao cómputo da docencia nos POP. 2.- O Consello de Goberno considera que este acordo é contrario ao Regulamento de Estudos Oficiais de Posgrao, en concreto ao artigo. 6 parágrafo 9, ademais de pronunciarse sobre unha competencia que non lle corresponde a ese órgano Como consecuencia do anterior, e antes de dar resposta aos recursos presentados, ACORDA INSTAR ao Consello de Departamento de Física Aplicada para que proceda ao reparto da docencia correspondente ao curso 2007/2008, na que deberá estar incluída a docencia en Programas Oficiais de Posgrao, entre eles a docencia do POP Interuniversitario de Fotónica e Tecnoloxías do Láser.

20. Ratificación do Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Matemáticas A secretaria xeral presenta o punto segundo a documentación achegada coa convocatoria do Regulamento de Réxime Interno da facultade de Matemáticas. O regulamento presentado ten o informe favorable da Asesoría Xurídica. Sometida a proposta á aprobación do Consello de Goberno é aprobada por asentimento. Este regulamento pode ser consultado no enderezo http://www.usc.es/gl/normativa/regulamentos/regulcentpostlou.htm

Page 27: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

21. Ratificación do Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Enfermaría. A secretaria xeral presenta o punto segundo a documentación achegada coa convocatoria do Regulamento de Réxime Interno do departamento de Enfermaría. O regulamento presentado ten o informe favorable da Asesoría Xurídica. Sometida a proposta á aprobación Consello de Goberno é aprobada por asentimento. Este regulamento pode ser consultado no enderezo http://www.usc.es/gl/normativa/regulamentos/regulcentpostlou.htm 22. Asuntos económicos Presenta o punto o vicerreitor de Economía e Financiamento que solicita a palabra do decano de Filoloxía quen comunica que na súa reunión do 25 de xuño o Colexio de Decanos e Directores de Centro da USC analizou e aprobou os datos que habían de servir de base para a distribución do orzamento. Estes datos foron remitidos á Vicerreitoría de Economía e Financiamento co fin de que esta realizase a distribución de acordo cos criterios aprobados polo propio Colexio. O resultado final é a táboa que foi distribuída a todos os membros do Consello de Goberno e remitida o pasado luns a todos os Decanos e Directores de Centro da Universidade. O decano de Filoloxía chama a atención sobre o feito de que o incremento xeral do crédito distribuído aos centros será finalmente do 6,1%, o que representa arredor de 160.000 euros. Finalmente, o decano de Filoloxía traslada aos membros do Consello de Goberno as consideracións do Colexio de Decanos e Directores de Centro acerca da necesidade de asegurar para os máster oficiais o financiamento necesario para que poidan ser impartidos garantindo uns niveis de calidade dignos e aceptables. A implantación paulatina destes novos títulos non pode implicar que o seu financiamento se produza detraendo esas cantidades das que reciben os outros estudos, polo que se fai imprescindible prever algún financiamento adicional. Sometida a proposta á aprobación o Consello de Goberno acordou aprobar a presente distribución de recursos orzamentarios entre os centros da Universidade de Santiago de Compostela.

Centro 2006 Según criterios

Reparto definitivo

Variación Reparto / Criterios S/ 2006

Esc. Politécnica Superior 235.170,00 245.236,21 244.240,00 3,9% 99,6%Esc. Técn. Sup. de Enxeñería 65.130,00 82.461,92 78.290,00 20,2% 94,9%Esc. Univ. de Enfermaría 62.210,00 56.026,02 63.890,00 2,7% 114,0%Esc. Univ. de Formación do Profesorado - Lugo 63.060,00 70.943,87 69.290,00 9,9% 97,7%Esc. Univ. de Óptica e Optometría 59.120,00 64.288,29 63.330,00 7,1% 98,5%Esc. Univ. de Relacións Laborais 45.890,00 49.575,01 48.920,00 6,6% 98,7%Fac. Ciencias Económicas e Empresariais 175.330,00 186.213,72 184.570,00 5,3% 99,1%Fac. de Administración e Dirección de Empresas 55.890,00 57.914,69 57.780,00 3,4% 99,8%Fac. de Bioloxía 164.290,00 176.185,51 174.190,00 6,0% 98,9%

Page 28: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

Fac. de Ciencias 71.180,00 74.648,21 74.230,00 4,3% 99,4%Fac. de Ciencias da Comunicación 58.410,00 68.427,20 66.170,00 13,3% 96,7%Fac. de Ciencias da Educación 149.100,00 169.806,78 165.340,00 10,9% 97,4%Fac. de Ciencias Políticas e Sociais 44.320,00 45.719,42 45.670,00 3,0% 99,9%Fac. de Dereito 111.870,00 116.867,41 116.340,00 4,0% 99,5%Fac. de Farmacia 159.200,00 178.047,42 174.150,00 9,4% 97,8%Fac. de Filoloxía 140.070,00 143.621,15 143.850,00 2,7% 100,2%Fac. de Filosofía 25.320,00 22.259,74 26.000,00 2,7% 116,8%Fac. de Física 78.500,00 78.829,51 80.620,00 2,7% 102,3%Fac. de Humanidades 29.170,00 31.543,66 31.120,00 6,7% 98,7%Fac. de Matemáticas 66.800,00 57.072,93 68.600,00 2,7% 120,2%Fac. de Medicina e Odontoloxía 316.930,00 338.734,10 335.190,00 5,8% 99,0%Fac. de Psicoloxía 108.180,00 121.142,32 118.450,00 9,5% 97,8%Fac. de Química 121.380,00 116.087,25 124.660,00 2,7% 107,4%Fac. de Veterinaria 172.030,00 184.729,20 182.570,00 6,1% 98,8%Fac. de Xeografía e Historia 115.170,00 122.275,89 121.210,00 5,2% 99,1%

Total 2.693.720,00 2.858.657,41 2.858.670,00 6,1% 100,0%

A proposta foi aprobada por asentimento. 23. Asuntos de Trámite A secretaria xeral informa que neste punto se presenta unha proposta de premios extraordinarios de doutoramento remitidas pola Comisión de Doutoramento e a aprobación da creación e as bases do premio FULGET remitida pola Facultade de Económicas. En primeiro lugar se somete a proposta de premios extraordinarios á aprobación Consello de Goberno quen acorda aprobar por asentimento o seguinte: Propostas de premios extraordinarios de doutoramento remitidas pola Comisión de Doutoramento. Curso académico 2004-2005.

o Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais: Dona María del Pilar Freire Esparís Dona Susana Martínez Rodríguez

Curso académico 2005-2006. o Facultade de Psicoloxía:

Dona Luz Isabel Leirós Lobeiras Dona Sonia Doallo Pesado

Page 29: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

En segundo lugar, sométese a aprobación a creación e as bases do premio FULGET a empresa ou colectivo empresarial do ano a proposta da xunta de facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Trátase de recoñecer a colaboración de empresas ou colectivos empresariais en accións encamiñadas a mellorar as relacións entre a actividade académica e a seu contorno profesional. Sometida a proposta á aprobación Consello de Goberno acorda aprobala por asentimento. 24. Convenios En ausencia do vicerreitor Relacións Institucionais, o vicerreitor de Economía e Finazamento informa sobre os convenios dos que se solicita a aprobación ou ratificación. O texto dos convenios foi posto a disposición dos membros do Consello de Goberno a través da web da USC. Sometida a proposta á aprobación acordouse por asentimento aprobar ou ratificar os seguintes convenios: a) Convenios presentados pola Vicerreitoría de Relacións Institucionais. 1. Convenio Marco de colaboración entre o Instituto Nacional de Salud de Perú e a USC para intercambio académico, de estudantes, e investigación. 2. Convenio Marco de colaboración entre a Universidad Nacional de Trujillo (Perú) e a USC para intercambio académico, de estudantes e investigación. 3. Convenio Marco de colaboración entre o Instituto Tecnológico y de Estudios Superiores de Occidente, A.C. – ITESO - Tlaquqpaque, Jalisco (México) para intercambio académico, de estudantes e investigación. 4. Protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica entre a Autarquía Educacional do Vale do São Francisco (Brasil) e a USC. 5. Protocolo de colaboración entre a Universidade Al Akhawayn de Ifrane (Marrocos) e a USC para a colaboración en proxectos de interese común e investigación no ámbito intercultural. 6. Convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e Ciencia e as Universidades de Granada, de Salamanca e a USC para a realización de cursos en España de formación de profesores estranxeiros de español. 7. Convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e Ciencia e as Universidades de Granada, de Salamanca e a USC para a realización de cursos de formación de profesores de español nos países de Europa Central e Oriental. 8. Convenio de colaboración entre as Universidades Autónoma de Madrid, Autónoma de Barcelona, Complutense de Madrid, de Valencia, do País Vasco, de Cantabria, Menéndez Pelayo e a USC para levar a cabo conxuntamente a organización e desenvolvemento dos estudos oficiais de posgrao conducentes ao Título de Máster en Historia Contemporánea e, no seu caso, doutoramento. 9. Convenio de colaboración entre as Universidades da Coruña, de Madeira, de Azores, de Las Palmas de Gran Canaria e a USC para a aprobación da participación no Programa Oficial de Posgrao de Xerontoloxía, e da titulación oficial de Máster Oficial Interuniversitario e Internacional de Xerontoloxía. 10. Convenio de colaboración entre a USC e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para a financiación da realización do Posgrao en Xerontoloxía. 11. Convenio de cooperación entre a Vicepresidencia da Igualdade de do Benestar e a USC para a realización dun IV Ciclo Universitario. 12. Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, de Vigo e a USC para o desenvolvemento dun proxecto de información e difusión académica destinado ás colectividades de galegos residentes no exterior. 13. Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña, de Vigo e a USC en materia de rexistros administrativos. 14. Convenio LUGO CULTURAL entre a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo, a Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín e a USC. 15. Convenio específico de colaboración entre o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e a USC para a realización de actuacións dirixidas ao seguimento da inserción laboral dos titulados da USC a partir do curso 2003-2004. 16. Convenio de colaboración entre a USC e o Consorcio de Biliotecas Universitarias para a xestión da contratación conxunta de revistas científicas electrónicas. 17. Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a USC para a realización de diferentes actuacións dentro do proxecto de cooperación en educación enerxética e desenvolvemento sostible.

Page 30: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

18. Convenio entre a Sociedad Española de Medicina General e a USC para a creación da Cátedra de Medicina de Familia. 19. Convenio de colaboración entre a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o Proxecto de Intervención Artística en “As Pedreiras” – Campus de Lugo. 20. Convenio de colaboración cultural entre Caixanova e a USC para a catalogación da obra antolóxica do pintor TOMÉ. 21. Convenio de colaboración entre ARESA (Álvareo Rodríguez Eiras, S.L. e a USC para a convocatoria da VIII Edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. 22. Convenio de colaboración entre RESA, Residencias de Estudiantes S.A. e a USC para a prestación de servizos de aloxamento a membros da comunidade universitaria con descontos sobre as tarifas ordinarias. 23. Convenio de colaboración entre Atendo Calidade S.L. e a USC para a atención no centro de día e axuda no fogar. 24. Convenio Marco de colaboración entre a Asociación Amnistía Internacional España e a USC para o desenvolvemento de programas de voluntariado. Convenios para a realización de cursos de Verán: 25. Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a USC para a realización do Curso de Verán: “A pegada do crime: Métodos e técnicas de investigación criminal en España”. 26. Convenio de colaboración entre Caixa Galicia e a USC para a realización do Curso de Verán: “A pegada do crime: Métodos e técnicas de investigación criminal en España”. 27. Convenio de Colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a USC para a realización do Curso de Verán “Enerxías renovables: A enerxía do futuro?”. 28. Convenio de Colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a USC para a realización do Curso de Verán “Avaliación de impacto ambiental. Territorio e ambiente”. Convenios para prácticas de alumnos que se recoñezan como creditos nos seus curricula: a) Prácticas de alumnos a través do Consello Social. 29.- Convenio de colaboración entre a USC e a ASOCIACIÓN PUNTO DE ENCONTRO – A CARÓN, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 30.- Convenio de colaboración entre a USC e o MUSEO REAL COLEGIATA SAN ISIDORO, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 31.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa ROLDÁN, S.A., para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 32.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa JUAN JOSÉ GAGO SANDOVAL, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 33.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa ALAIN AFFLELOU ÓPTICO, S.A., para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 34.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa FRAPE BEHR, S.A., para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 35.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa CAJA MADRID, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 36.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa CLÍNICA VETERINARIA PIÉLAGOS, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 37.- Convenio de colaboración entre a USC e a ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE INDUSTRIA DE TRANSFORMACIÓN DO POLÍGONO DO CEAO, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 38.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa SOCIEDAD COOPERATIVA BOVEER, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 39.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa CLÍNICA VETERINARIA DE BEMBIBRE, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 40.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa TAPIA SERVICIOS VETERINARIOS, S.L., para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. 41.- Convenio de colaboración entre a USC e a empresa GERENCIA DE ÁREA DE PUERTOLLANO, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos a través do Consello Social. b) Prácticas de alumnos da Escola Politécnica Superior. 42.- Convenio Marco entre a USC e a empresa SERVANDO ROMERO RODRÍGUEZ, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Escola Politécnica Superior. 43.- Convenio Marco entre a USC e a empresa DARÍO FERREIRO SAN GREGORIO, para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Escola Politécnica Superior. 44.- Convenio Marco entre a USC e a empresa KAMARU para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Escola Politécnica Superior.

Page 31: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

45.- Convenio Marco entre a USC e a empresa HUSO 29 ESTUDIOS Y CONSTRUCCIONES, S.L.L., para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Escola Politécnica Superior. c) Prácticas dos alumnos da Escola Técnica Superior de Enxeñería. 46.- Convenio de cooperación entre a USC e SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A. (SOGAMA), para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Escola Técnica Superior de Enxeñería. d) Prácticas dos alumnos da Facultade de Ciencias da Educación . 47.- Convenio entre a USC e MÉDICOS DEL MUNDO – GALICIA para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Facultade de Ciencias da Educación. e) Prácticas dos alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación . 48.- Convenio entre a USC e a empresa EDITORIAL LA CAPITAL, S.L., para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación. 49.- Convenio entre a USC e a empresa NETEX KNOWLEDGE FACTORY, S.L. para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación. 50.- Convenio entre a USC e a empresa ESPAÑA EXTERIOR PUBLICACIONES, S.L. para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación. 51.- Convenio entre a USC e a empresa ESTRATEGIA Y GESTIÓN AMBIENTAL, S.L. (ESGAM) para a realización de prácticas que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación b) Convenios presentados polo Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF). CONVENIOS DE COLABORACIÓN 1. M739 Anexo IV ó Convenio de colaboración entre a Universitat Autònoma de Barcelona, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Granada para a realización conxunta do Máster en Marketing Político, Estratexias e Comunicación Política 2. Convenio de Colaboración entre a Universidade Modelo e a Universidad de Santiago de Compostela para la Realización del Master Internacional en Comunicación Social e Política 3. M750 Convenio entre a USC e FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN GALICIA para a realización do Máster en Xestión Medioambiental no Sector da Construcción. 4. Convenio entre a USC e FUNDACIÓN CAIXA GALICIA-CLAUDIO SAN MARTIN para a realización do Curso de Perfeccionamento “As Literaturas Infantís e Xuvenís Ibéricas. A súa Influencia na Formación Lectora. Teatro infantil: texto e representación” (F638) CONVENIOS DE PRÁCTICAS, SEGUNDO MODELO TIPO 1. Convenio de colaboración entre a empresa MGI COUTIER e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (M629)” 2. Convenio de colaboración entre a empresa Maersk, S.A e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (M629)” 3. Convenio de colaboración entre a empresa INTELIGENCIA Y TECNOLOGÍA, S.L e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (M629)” 4. Convenio de colaboración entre a empresa GKN DRIVE LINE e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (M629)” 5. Convenio de colaboración entre a empresa INDITEX, S.A e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (M629)” 6. Convenio de colaboración entre a empresa INDITEX, S.A e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (M629)” 7. Convenio de colaboración entre a empresa FINANCIERA MADERERA S.A. e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (M629)” 8. Convenio de colaboración entre a empresa CARAMELO S.A. e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (M629)” 9. Convenio de colaboración entre a empresa CONSERVAS SELECTAS MAR DE COUSO S.A e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Administración Financeira e Tributaria” (M621)” 10. Convenio de colaboración entre a empresa FINANCIERA MADERERA S.A e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Administración Financeira e Tributaria” (M621)”

Page 32: resumo da reunión do 19 de xullo de 2007 · Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión. 1. Aprobación se procede

11. Convenio de colaboración entre a Diputación de Leon e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Gestión de la Cooperación Internacional y de las ONG’s”” (M624)” 12. Convenio de colaboración entre a Galería de Arte Contemporáneo SCQ e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Xestión Integral do Patrimonio Cultural” (M605)” 13. Convenio de colaboración entre a Galería Amadora e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Xestión Integral do Patrimonio Cultural” (M605)” 14. Convenio de colaboración entre a Fundación Caixa Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Xestión Integral do Patrimonio Cultural” (M605)” 15. Convenio de colaboración entre a empresa INGESYMA 2006 S.L e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Xestión de Proxectos de Medio Ambiente e Responsabilidade Social Corporativa (M630)” 16. Convenio de colaboración entre a empresa VALORA CONSULTORES DE GESTIÓN, S.L e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Xestión de Proxectos de Medio Ambiente e Responsabilidade Social Corporativa (M630)” 17. Convenio de colaboración entre a empresa METACORTEX GESTIÓN Y MODELIZACIÓN DE RECURSOS S.L. e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao “Master en Xestión de Proxectos de Medio Ambiente e Responsabilidade Social Corporativa (M630)” 25. Rogos e preguntas

O decano de Filoloxía solicita que se elabore algún protocolo de actuación para intervir en casos de queixas recibidas relacionadas con altercados debidos, probablemente, a problemas de saúde mental de persoas da comunidade universitaria. E non habendo máis asuntos que tratar, ás 19.00 horas, a Presidencia deu por rematada a sesión, da que eu, como secretaria xeral, e co visto e prace do Sr. reitor dou fe. Vº e Pr. O REITOR A SECRETARIA XERAL