ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral...

13
ACTA DA REUNIÓN DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALEGA CELEBRADA EN SANTIAGO O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2016. Na Cidade de Santiago de Compostela, sendo as Dez horas do día Vinte e seis de Novembro do ano dous mil dezaseis, baixo a presidencia de D. Eliseo Castro López, presidente da Federación Colombófila Galega e actuando como Secretario D. Manuel Rey San Luis, reúnese en primeira convocatoria a Asemblea Xeral Ordinaria, asistindo os membros que a continuación se relacionan: PRESIDENTE: D. Eliseo Castro López TESOUREIRO: D. José R. Costas Carbajal ESTAMENTO DE CLUBS: D. MANUEL A. FERNÁNDEZ MALLO (CIRCULO COLOMBÓFILO HERCULINO) Delegou a súa asistencia nesta persoa o Sr. Presidente D. Julio Alfonso Paz Ruiz D.CARLOS GARCÍA BALBOA (POMBAS DO SALNÉS) D. JOSÉ C. CASTRO PORTA (U.C.M. MARIÑAS ALTAS) D. ANTONIO CAMILO PEREIRO FRANCÉS (POMBAS DO VAL MIÑOR) D. ENRIQUE FREIRE SOBRAL (C.C. RIA DE PONTEVEDRA) D.ANGEL RIVEIRO OLIVEIRA (C.C.ALAS COMPOSTELANAS) D. BERNARDO RIAL CRUCES (C.C. PORRIÑO) Delegou a súa asistencia nesta persoa o Sr. Presidente D. Alfonso M. Pozaco Gonzalez. D. RAMÓN IGLESIAS FERNÁNDEZ (POMBAS DAS MARIÑAS) D. JAIME MANTEIGA PÉREZ (M. DE CAMBRE) D. JOSÉ M. MACIEL COMESAÑA (P.M. DE NIGRÁN) D. LOIS SEIJO CASTRO (S.C.LUCENSE) D. JOSÉ R. GONZÁLEZ BOSCO (P.MENSAJERAS VIGO) ESTAMENTO DE DEPORTISTAS: D. OSCAR MARTINEZ MAÑANA D. ROGELIO NOGUEIRA PORTAS D. ALBERTO RICO RODRÍGUEZ D. JUAN A. INSUA PÉREZ D. DAVID MUIÑOS GARCÍA ESTAMENTO DE XUICES: D. PEDRO BECERRA GONZÁLEZ 1

Transcript of ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral...

Page 1: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral ordinaria da federaciÓn colombÓfila galega celebrada en santiago o dÍa 26 de novembro

ACTA DA REUNIÓN DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALEGA CELEBRADA EN SANTIAGO O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2016.

Na Cidade de Santiago de Compostela, sendo as Dez horas do día Vinte e seis de Novembro do ano dous mil dezaseis, baixo a presidencia de D. Eliseo Castro López, presidente da Federación Colombófila Galega e actuando como Secretario D. Manuel Rey San Luis, reúnese en primeira convocatoria a Asemblea Xeral Ordinaria, asistindo os membros que a continuación se relacionan:

PRESIDENTE:D. Eliseo Castro López

TESOUREIRO:D. José R. Costas Carbajal

ESTAMENTO DE CLUBS: D. MANUEL A. FERNÁNDEZ MALLO (CIRCULO COLOMBÓFILO HERCULINO) Delegou a súa asistencia nesta persoa o Sr. Presidente D. Julio Alfonso Paz RuizD.CARLOS GARCÍA BALBOA (POMBAS DO SALNÉS) D. JOSÉ C. CASTRO PORTA (U.C.M. MARIÑAS ALTAS)D. ANTONIO CAMILO PEREIRO FRANCÉS (POMBAS DO VAL MIÑOR)D. ENRIQUE FREIRE SOBRAL (C.C. RIA DE PONTEVEDRA)D.ANGEL RIVEIRO OLIVEIRA (C.C.ALAS COMPOSTELANAS)D. BERNARDO RIAL CRUCES (C.C. PORRIÑO) Delegou a súa asistencia nesta persoa o Sr. Presidente D. Alfonso M. Pozaco Gonzalez.D. RAMÓN IGLESIAS FERNÁNDEZ (POMBAS DAS MARIÑAS)D. JAIME MANTEIGA PÉREZ (M. DE CAMBRE)D. JOSÉ M. MACIEL COMESAÑA (P.M. DE NIGRÁN)D. LOIS SEIJO CASTRO (S.C.LUCENSE)D. JOSÉ R. GONZÁLEZ BOSCO (P.MENSAJERAS VIGO)

ESTAMENTO DE DEPORTISTAS: D. OSCAR MARTINEZ MAÑANAD. ROGELIO NOGUEIRA PORTASD. ALBERTO RICO RODRÍGUEZD. JUAN A. INSUA PÉREZD. DAVID MUIÑOS GARCÍA

ESTAMENTO DE XUICES:D. PEDRO BECERRA GONZÁLEZ

Membros invitados da Xunta Directva (con voz pero sin voto):

D. JOSÉ C. LOPEZ BOUZA (Responsable da páxina Web)D. JAIME M. LÓPEZ RODRIGUEZ

1

Page 2: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral ordinaria da federaciÓn colombÓfila galega celebrada en santiago o dÍa 26 de novembro

Esta reunión axústase ó seguinte Orden do día:

1.- Lectura e aprobación se procede da acta da sesión anterior.2.-Coñecemento do balance económico ó 31/10/20163.- Aprobación se procede dos resultados da campaña deportiva 2016.4.- Orzamento económico para o 20175.- Calendario e Regulamento deportivo 2017: - Plan voos F.C.G./Comisión Deportiva. – Plans de voos co aval de 1/5 da asemblea: Cambre e Ría de Pontevedra.6.- Varios: a) Plans voos: Alas Compostelanas, (soltas conxuntas ou con Pontevedra), Morrazo, (Liñas alternas SE-NE) e Nigran, (2018, con dous Valencias ca F.C.Portuguesa). b) Propostas: Lucense, (3 colomb.x enceste) e Porriño, (Velocidade, 2 Valencias, clasific. x puntos e pichóns).7.- Vacinas Newcastle próxima campaña8.- “L” exposición da pomba mensaxeira da F.C.G. (Organiza Arousa Norte, pola negativa do club Val Miñor, 1º da lista dos pendentes de realizala).9.- Exposición Nacional (Sevilla)- data (pendente de confirmar) 13 ao15 /01/2017 10.- Censos 2016 e Regas11.- Mantemento do programa informático “coloms” 201712.- Rogos e Preguntas

1.- LECTURA E APROBACIÓN SE PROCEDE DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.-Dáse lectura por parte do Sr. Secretario á Acta da sesión anterior, sendo aprobada por todos os membros asistentes a excepción dos representantes dos clubs de Porriño e Mensaxeiras de Nigrán que manifestan non estar de acordo coa mesma por non haberse recollido na acta as súas opinións no senso de que a actualización do programa informático Coloms debería permitir que todos os clubs tiveran acceso a todos os datos do programa que manexa a Federación e que ademais se puidese encestar noutro club con calquera marca de reloxo sen ter que levar o club afectado o seu propio ordenador.Neste sentido manifestase por parte do Sr. Secretario que na Acta se recollen os acordos aprobados pola Asemblea e non todas as posibles deliberacións que houbera entorno aos acordos finalmente adoptados, salvo petición expresa dos interesados de que foran recollidas na acta, que non foi o caso dado que eles non solicitaron que constase en Acta, e encanto a os encestes en distinto club por cuestións regulamentarias, xa se deron no seu momentos as instrucións oportunas aos clubs afectados.

2.- COÑECEMENTO DO BALANCE ECONÓMICO AO 31-10-16.- Dáse lectura por parte do Sr. Tesoureiro ao balance económico ao 31 de Outubro de 2016 sendo aprobado polos membros asistentes. Acórdase enviar dende a Tesourería desta Federación unha aclaración ao Club Mensaxeiras de Nigrán en relación ao custo por cesta na modalidade de media distancia.

2

Page 3: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral ordinaria da federaciÓn colombÓfila galega celebrada en santiago o dÍa 26 de novembro

3.- APROBACIÓN DOS RESULTADOS DA CAMPAÑA DEPORTIVA 2016.- Aprobadas por unanimidade as clasificacións correspondentes á campaña deportiva 2016 por todos os membros asistentes.

4.- ORZAMENTO ECONÓMICO PARA O ANO 2017.- Dáse lectura por parte do Sr. Tesoureiro ao orzamento económico para o ano 2017 aprobándose este punto por unanimidade, facendo a consideración de que no referido a subvención da Xunta, esta pode sufrir algunha variación para o ano que ven.

3

Page 4: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral ordinaria da federaciÓn colombÓfila galega celebrada en santiago o dÍa 26 de novembro

5.- CALENDARIO E REGULAMENTO DEPORTIVO 2017: PLAN DE VOOS FCG/COMISIÓN DEPORTIVA; PLANS DE VOOS CO AVAL DO 1/5 DA ASEMBLEA (CAMBRE E RÍA DE PONTEVEDRA).-

Ábrese unha rolda de opinións por parte de todos os asistentes en relación cos plans de voos presentados en tempo e forma para a vindeira campaña deportiva 2017.Unha vez rematada a intervención de todos os asistentes, procedese a unha votación para coñecer os apoios cos que conta dentro da Asemblea cada un dos tres plans de voos que quedan tras a retirada por parte do Club Alas Compostelanas do plan de voos que se menciona no punto 6º do orden do día.O resultado da votación é o seguinte:Plan de voos dos clubs de Pontevedra: 9 apoios.Plan de voos de Cambre e Mariñas Altas: 7 apoios.Planta de voos da Comisión Deportiva/ FCG: 9 apoios.Antes de proceder á votación definitiva entre os dous plans de voos que contan con máis apoios (Clubs de Pontevedra e Comisión Deportiva/ FCG), acórdase en todo caso manter no plan gañador una fase de velocidade de tres soltas.Procedese seguidamente á votación definitiva entre os dous plans de voos, quedando o resultado da seguinte maneira:Plan de voos dos clubs de Pontevedra 8 votosPlan de voos da Comisión Deportiva/ FCG 8 votosAnte o empate xurdido, o Sr. Presidente, co seu voto de calidade, decide finalmente que se leve a cabo o plan de voos proposto pola Comisión Deportiva/FCG.A asemblea acorda por unanimidade que as tres soltas de velocidade que constan no plan de voos aprobado para o 2017 teñan validez tamén para o maratón.Tamén se acorda que no campionato galego de Gran Fondo, o soltar de forma conxunta todos os pombais de Galicia, non procede ter en conta os coeficientes provinciais para determinar os gañadores do Campionato Galego de Gran Fondo, xogándose a velocidade pura entre todos os participantes. Mantéñense os provincias de Gran Fondo.Asemade, acórdase que para o ano 2018 o plan de voos estea orientado maiormente ao norte peninsular para rematar a campaña na solta de Llorét de Mar.Neste sentido proponse que a Comisión Deportiva estableza un grupo de traballo con representación proporcional das distintas zoas de concentración de pombais ou provincias, para o estudo e unificación de puntos de soltas para as vindeiras campañas, así como de todas aquelas cuestión que puideran xerar controversia como as zoas ou ámbitos dos distintos campionatos (digamos Provinciais, Autonómicos ou Nacionais), polas inquietudes manifestadas por varios asembleístas que preferirían desligar os campionatos do ámbito provincial polos arrastres norte/sur e valorar voar por zoas de concentración de pombais ou por distritos, e así elevar para o vindeiro ano unha proposta consensuada a Comisión Delegada para a súa aprobación, evitando desta maneira as largas e moitas veces improdutivas sesións da Asemblea Xeral.

4

Page 5: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral ordinaria da federaciÓn colombÓfila galega celebrada en santiago o dÍa 26 de novembro

Plan de Voos aprobado para o ano 2017

6.- Varios: a) Plans voos: Alas Compostelanas, (soltas conxuntas ou con Pontevedra), Morrazo, (Liñas alternas SE-NE) e Nigran, (2018, con dous Valencias ca F.C.Portuguesa). b) Propostas: Lucense, (3 colomb.x enceste) e Porriño, (Velocidade, 2 Valencias, clasific. x puntos e pichons).

Retirado o plan de voos de Alas Compostelanas, primeiramente vótase a posibilidade que expón o club Mensaxeiras de Nigrán de realizar dúas soltas dende Valencia coa Federación Portuguesa e que estas se inclúan no calendario deportivo que propoñen a tal fin para o ano 2018, obtendo o apoio de tan só cinco asembleístas. En todo caso podería ser un tema máis a tratar no grupo de traballo acordado no punto 5º. En canto á proposta do club Lucense referida a unha especial consideración de clubs históricos e de rebaixar a tres o número mínimo de columbófilos nos encestes, ponse de manifesto polos membros asistentes que non á lugar ás consideracións especiais dos clubs históricos en canto ao ámbito deportivo, aínda que poida ser un aspecto a ter en conta en outros ámbitos; Aprobase por unanimidade autorizar a rebaixa a tres participantes nun enceste en lugar dos cinco que estaba regulamentado, levándose a cabo nestes casos por parte da Comisión Deportiva un control especial de documentación e das pombas encestadas.En canto a unha proposta feita polo Club Herculino, aprobase por todos os membros asistentes soltar de forma separada os bandos de Coruña, Lugo e Pontevedra, salvo na modalidade de Gran Fondo que se soltaría conxuntamente, establecéndose as seguintes quendas con 30 minutos de diferenza:1º Coruña 2º Pontevedra3º Lugo

5

Page 6: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral ordinaria da federaciÓn colombÓfila galega celebrada en santiago o dÍa 26 de novembro

O Club Alas Compostelanas propón soltar xunto co club Arousa Norte coa provincia de Pontevedra, entrando igual nos campionatos provinciais. Ante a dificultade da proposta, tendo en conta que non forman parte da provincia de Pontevedra, e que soltando xunto con eles non poderían clasificarse pola provincia de A Coruña ao ser un horario de solta diferente, proponse que sexa a futura comisión de estudo que propoña a Comisión Deportiva a que intente buscar algunha resposta a esta demanda, tal como voar por zoas de concentración de pombais ou distritos, que puidese substituír aos campionatos provinciais e poder de esta maneira encaixar a estes ou outros clubs coas mesmas inquietudes.

7º.- VACINAS NEWCASTLE VINDEIRA CAMPAÑA.- En canto a este punto mantense o acordo de anos anteriores de vacinar con a Hipraviar contra o Newcastle.Ponse de manifesto que o club Muralla de Lugo non solicitou as vacinas para este ano, en base a un escrito presentado a Secretaría desta Federación. En consecuencia acordase nesta Asemblea que para poder competir co resto de clubs desta Federación, solicitarlle un certificado oficial veterinario de vacinación contra Newcastle coa vacina “Hipraviar” acordada por esta Federación, asinado por colexiado autorizado, de todas e cada unha das pombas que figuren no censo de voo.Mantense a voluntariedade de vacinar contra a viruela, aínda que se recomenda firmemente.

8.- “L” EXPOSICÓN GALEGA DA POMBA MENSAXEIRA (ORGANIZA O CLUB AROUSA NORTE, POLA NEGATIVA DO CLUB VAL MIÑOR, 1º DA LISTA DOS PENDENTES DE REALIZALA).- Ante a falta de clubs voluntarios para realizar a “L” Exposición Galega da Pomba Mensaxeira tras o prazo estipulado por esta Federación, recuperouse a quenda de clubs que nunca fixeran a Exposición por orde de antigüidade, sendo o primeiro da lista o Club Pombas do Val Miñor e ante a negativa deste club a realizala aducindo a falta de tempo para a súa realización, o seguinte da lista (Club Arousa Norte) comprometeuse a levala a cabo, poñendo de manifesto as medidas disciplinarias as que á lugar en caso de negarse algún club a realizala na súa quenda.Ante esta situación, o Sr. Camilo Pereiro (representante del club Val Miñor), comprométese a celebrar a exposición do ano 2018, ao tempo que solicita a esta Asemblea a non aplicación de sanción en base ao compromiso asumido, o cal e aceptado por todos os membros asistentes. Para evitar situacións similares, acórdase nesta reunión que se fixe o club que deba realizar a Exposición segundo a quenda vixente con un ano de antelación, e dicir, fixalo na asemblea do ano anterior, cousa que se da aquí por realizada ao haberse comprometido xa o club Val Miñor.Non obstante ao anteriormente dito, se algún outro club manifestara o seu desexo de realizar a exposición xa asignada para o ano seguinte, podería levala a cabo co acordo do club designado correndo a quenda, ou en caso contrario, elixir outro ano.

9.- EXPOSICIÓN NACIONAL (SEVILLA) DATA (PENDENTE DE CONFIRMAR) 13 AO 15 DE XANEIRO DE 2017.- Toma a palabra o Sr. Presidente para poñer en coñecemento dos membros asistentes que a Exposición Nacional celebrarase en Sevilla durante os días 13 ao 15 de Xaneiro/2017, polo que a Exposición Galega celebrarase durante os días 7 e 8 de Xaneiro/2017.

6

Page 7: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral ordinaria da federaciÓn colombÓfila galega celebrada en santiago o dÍa 26 de novembro

10.- CENSOS 2016 E REGAS.-Acórdase nesta reunión que a tramitación das altas dos novos columbófilos ante os servizos veterinarios da Xunta de Galicia (REGAS) se siga facendo como ata o de agora, ou sexa, que sexan tramitados polos propios clubs ou columbófilos, pero os datos que hai que facilitar anualmente ante este servizo da Xunta (resumen anual de censos da Xunta) se vaia a realizar dende a Federación Galega co obxecto de levar un maior control e así evitar erros ou omisións, aínda que se pon de manifesto que este ano producíronse algúns erros na información que a Xunta facilita aos seus centros territoriais, polo que, en caso de algunha reclamación puntual, trátese de solucionar mediante a presentación do censo correspondente, cousa que se pode solucionar vía internet, segundo se nos comenta por algún dos afectados presentes nesta reunión.Asemade acórdase presentar dualidade do censo do pombal para o ano 2018, un censo de voo e outro do conxunto de todas as pombas do propio pombal.

11.- MANTEMENTO DO PROGRAMA INFORMÁTICO COLOMS 2017.-Toma a palabra o Sr. Presidente para expoñer a negociación que mantivo con D. Vicente Prats en canto ao mantemento do programa “Coloms” habendo conseguido soamente para o vindeiro ano 2017 un custe de 50.- € por club e de 200.- € para o mantemento do programa da Federación.Os representantes dos clubs Pombas do Val Miñor, Mensaxeiras de Nigrán e o Club columbófilo Porriño manifestan o seu interese en que se xestione a viabilidade de estudar outros programas existentes no mercado, alternativos ao Coloms, poñendo reparos ao pagamento da cota de 50.- €/club para este ano, aínda que asumirían este gasto sempre que se exploren as anteriores posibilidades mencionadas.O Sr. Camilo Pereiro propón que nas clasificacións que se publican na páxina web da Federación, as pombas aparezan co número de anel sen os catro últimos díxitos, dándose a conformidade para tratar que así sexa no sucesivo.Acórdase estudar a posibilidade de valorar que a Federación ceda aos clubs o módulo de agrupación de pombais para levar a cabo encestes noutros clubs si fose necesario. En canto a isto, ponse de manifesto igualmente que xa existe e xa se ven utilizando a posibilidade de dar de alta socios de outros clubs que queiran encestar nese club e que o programa federativo fai as discriminacións necesarias á hora de confeccionar as clasificacións.

12.- ROGOS E PREGUNTAS.- Póñense de manifesto os seguintes rogos: - D. Carlos Balboa (club Pombas do Salnés) propón que as clasificación que se publican na páxina Web se expoñan en formato “PDF”, cousa que se valora positivamente.- D. Bernardo Rial, (club de Porriño), comenta que se teña en consideración a idoneidade dos camións, posto que nas derradeiras soltas, o camión que recolleu as pombas en Porriño non tiña lona ventilada. O que se intentará controlar no sucesivo.Asemade pon de manifesto que os aneis de niño deberían ser a prezo de custe porque os que sofren moios ataques de aves rapaces vense perxudicados, ao que a maioría de membros da asemblea manifestan que en Galicia todos sofren unha situación moi similar, incluso en plena cidade onde as aves rapaces aniñan nos tellados dos grandes edificios.- O Sr. Maciel Comesaña (club colombófilo de Nigrán), expón a súa desconformidade co orden de recollida de pombas da súa zoa, e expón el orden seguinte:1º M. de Vigo, 2º Nigrán, 3º Val Miñor e despois Porriño, cousa que Comisión Deportiva estudará co transportista.

7

Page 8: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ……  · Web viewacta da reuniÓn da asemblea xeral ordinaria da federaciÓn colombÓfila galega celebrada en santiago o dÍa 26 de novembro

- D. Pedro Becerra (club U.Mariñas Altas), incide en vixiar os pagos dos clubs na achega aos importes dos concursos, de forma que ningún club poida voar una fase sen estar ao día nas súas contas coa Federación, nin a seguinte fase sen ter pagada a anterior. O que é posto en valor para seguir o seu control polos órganos competentes.- D. Ramón Iglesias (Pombas das Mariñas), recorda que non se deixe de lado a recollida de Viveiro para as pombas da Exposición. Poñéndose de manifesto por parte da Federación a imposibilidade de levar a cabo unha recollida por cada club, aínda que se tratará como o pasado ano de aproveitar os recursos o máis eficientemente que sexa posible, recordando que é unha obriga dos clubs facer chegar ao club organizador da exposición as pombas seleccionadas.- D. Oscar Martínez Mañana solicita que as clasificación da Copa “A Canteira” se envíen a medida que se vaia celebrando a campaña para que a xente poida dispor de información, e non como se viña facendo, con unha clasificación final, o que parece non ofrecer maior dificultade. Apunta tamén que era conveniente realizar un estudo do custe por pomba ao inicio da campaña, en función do presuposto do plan de voos e por censo de pombas que vaian a competir, de maneira que ao inicio da campaña se puidera saber o custe total e adiantar o importe de dita campaña.- D. Juan Insua, (Alas Compostelanas), pregunta como é posible que na derradeira solta dunha fase non se teñan as clasificacións da primeira. Explícaselle por parte do Sr. Presidente a problemática xurdida cas actualizacións dos programa Coloms e a adaptación por parte dos clubs no inicio da campaña e os retrasos que isto produciu á hora de remitir os resultados a Federación e, consecuentemente, á elaboración das clasificacións.Tamén fai mención á posibilidade de premiar a aquelas pombas gañadoras de solta por provincia cun simple diploma.Engade ademais a posibilidade de realizar un curso de xuíces; Ao que lle contesta o Sr. Presidente que xa o comentou en repetidas ocasións á Federación Española.- D. Camilo Pereiro (Pombas do Val Miñor) fai referencia a unha iniciativa que se produciu en tempos anteriores de mercar uns termómetros para valorar os cambios de temperatura que se producen nos camións durante a ruta e manexar unha valiosa e certa información.Fala tamén de darlle importancia á hora de efectuar as soltas ao índice Ultravioleta Visible.Fai mención as horas de transporte, considera que deberían de realizarse máis paradas sobre todo en soltas de gran fondo para que as pombas poidan comer, beber e descansar, con intervalos de 200 kms.

E sen máis asuntos que tratar, levantase a sesión, sendo as catorce horas e vinte minutos do día da data.

Asdo: Eliseo Castro López Asdo. Manuel Rey San Luis - Presidente - - Secretario –

8