federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A...

14
FEDERACION COLOMBOFILA GALEGA (LEI DE TRANSPARENCIA) 1.-Información Institucional, organizativa e de planificación a.- Funcións : As federacións deportivas galegas son entidades privadas sen ánimo de lucro que, xunto as funcións propias polo seu ámbito de actuación privada, exercen por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia), e son as seguintes según veñen determinadas no art. 56 da mencionada Lei 3/2012 do deporte Galicia: Artigo 56. da Lei 3/2012 do deporte de Galicia (Funcións:) 1. As federacións deportivas galegas exercerán as funcións que lles atribúan os seus estatutos, así como aquelas de carácter público que se delegan nesta lei. 2. As federacións deportivas galegas exercerán como funcións propias as seguintes: a) A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren. b) Colaborar coas administracións públicas e coa federación española correspondente, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción das súas respectivas modalidades. c) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos plans e programas dos deportistas galegos de alto nivel. d) De ser o caso, e conforme a normativa que sexa aplicable, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. e) Elaborar os seus propios regulamentos deportivos. f) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa aplicable. 3. Os actos adoptados polas federacións deportivas galegas no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo son

Transcript of federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A...

Page 1: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS

FEDERACION COLOMBOFILA GALEGA(LEI DE TRANSPARENCIA)

1.-Información Institucional, organizativa e de planificación

a.- Funcións: As federacións deportivas galegas son entidades privadas sen ánimo de lucro que,

xunto as funcións propias polo seu ámbito de actuación privada, exercen por delegación funcións

públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia), e son as seguintes

según veñen determinadas no art. 56 da mencionada Lei 3/2012 do deporte Galicia:

Artigo 56. da Lei 3/2012 do deporte de Galicia (Funcións:)

1. As federacións deportivas galegas exercerán as funcións que lles atribúan os seus estatutos, así como aquelas de carácter público que se delegan nesta lei.

2. As federacións deportivas galegas exercerán como funcións propias as seguintes:

a) A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren.

b) Colaborar coas administracións públicas e coa federación española correspondente, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción das súas respectivas modalidades.

c) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos plans e programas dos deportistas galegos de alto nivel.

d) De ser o caso, e conforme a normativa que sexa aplicable, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.

f) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa aplicable.

3. Os actos adoptados polas federacións deportivas galegas no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo son susceptibles de recurso administrativo ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

4. Son funcións públicas delegadas, e exerceranse en réxime de exclusividade polas federacións deportivas galegas, as seguintes:

a) Representar a Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas da súa modalidade, consonte a normativa que lle sexa aplicable.

b) Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas.

c) Expedir licenzas deportivas para a práctica da súa modalidade deportiva nos termos establecidos nesta lei.

Page 2: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS

d) Asignar as subvencións e as axudas de carácter público concedidas a través da federación e controlar que os seus asociados lles dean unha correcta aplicación.

e) Garantir o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigas derivados do cumprimento dos seus respectivos estatutos.

f) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos por esta lei e polas súas disposicións de desenvolvemento, de acordo cos seus respectivos estatutos e regulamentos.

g) Executar, de ser o caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

h) Colaborar coas administracións públicas competentes na prevención, no control e na represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. Para estes efectos, e entre outras accións, as federacións deportivas galegas instruirán e resolverán os expedientes sancionadores que no ámbito da dopaxe se substancien, consonte o establecido no título VIII desta lei.

i) Calquera outra que regulamentariamente se determine.

5. As funcións públicas delegadas serán exercidas polas federacións deportivas galegas baixo a tutela da Administración deportiva, que, conforme se determine regulamentariamente, procederá á súa asunción nos casos de extinción da federación ou cando esta se atope en situación concursal.

As federacións deportivas galegas exercerán as funcións públicas delegadas de forma directa, sen que poidan ser obxecto de delegación ou exercicio por ningunha substitución, sen autorización da Administración deportiva.

b.- Normativa aplicable:

- Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, ou norma que a substitúa.

- Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.

- Orde do 8 de setembro de 2010 pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, ou norma que a substitúa.

- Resolución do 8 de setembro de 2009, da secretaría xeral para o Deporte, pola que se ditan as Normas de bo goberno das federacións deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.

- Resto de normativa aplicable ás federacións deportivas que se aprobe, así como a propia de cada entidade (Estatutos, Regulamentos, etc.)

Page 3: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS

c.- Estructura organizativa: A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama xeral:

PRESIDENTED. ELISEO CASTRO

LOPEZ

VICEPRESIDENTE 1ºD. MANUEL A. FERNÁNDEZ

MALLO

VICEPRESIDENTE 2ºD. ENRIQUE FREIRE

SOBRAL

SECRETARIOD. MANUEL REY SAN

LUIS

TESOUREIROD. BENIGNO CONDE LAGO

D. BENIGNO CONDE LAGO D. ANTONIO C. PEREIRO FRANCÉSD. PEDRO BECERRA GONZÁLEZ

COMISIÓN DE XUICESCOMISIÓN DELEGADA

CLUB COLOMBOFILO PALOMAS MENSAJERAS DE VIGO. (PTE. D. JOSÉ. R. GONZALEZ BOSCO)CLUB COLOMBOFILO POMBAS DO VAL MIÑOR. (PTE. D. ANTONIO C. PEREIRO FRANCÉS)CLUB CIRCULO COLOMBOFILO HERCULINO. (PTE. D. JULIO A. PAZ RUIZ)D. OSCAR MARTINEZ MAÑANA (DEPORTISTA)D. ROGELIO NOGUERA PORTAS (DEPORTISTA)D. PEDRO BECERRA GONZÁLE (XUIZ)

XUNTA DIRECTIVA D. ELISEO CASTRO LÓPEZ D. MANUEL A. FERNÁNDEZ MALLO D. ENRIQUE FREIRE SOBRAL

D. MANUEL REY SAN LUIS D. BENIGNO CONDE LAGO D. ANTONIO C. PEREIRO FRANCÉSD. ALBERTO PITA PÉREZ D. LOIS SEIJO CASTRO D. FRANCISCO PRADO VALIÑOD. JAIME M. LOPEZ RODRÍGUEZ D. OSCAR MARTÍNEZ MAÑANA D. PEDRO BECERRA GONZÁLEZ

COMISIÓN DEPORTIVA

D. ENRIQUE FREIRE SOBRALD. MANUEL A. FERNÁNDEZ MALLOD. JOSÉ R. GONZÁLEZ BOSCOD. JAIME M. LOPEZ RODRIGUEZD. JULIO A. PAZ RUIS

Page 4: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS

2.- Información económica, orzamentaria e estadística

a.-

b.- SE HA FIRMADO UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE E A FEDERACION DEPORTIVA GALEDA DE COLOMBOFILIA PARA A REALIZACION DO PROGRAMA DE PROMOCION E DESENVOLVEMENTO DA SÚA MODALIDADE DEPORTIVA PARA O ANO 2016, CUYO TEXTO E CONDICIONADO INTEGRO ESTA PUBLICADO NA WEB DE ESTA FEDERACIÓN COLOMBOFILA.

Na actualidade a Federación Colombófila Galega non ten subscrito ningún contrato con ningunha Administración Pública, asemade, tampouco ten subscrito ningún convenio con ningunha Administración Pública.

LEI DE TRANSPARENCIA (2.a ) (2.b)

Page 5: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS

C.- ESTA FEDERACIÓN COLOMBOFILA NON TEN CONCEDIDO NIN RECIBIDO DE

OUTRA ADMINISTRACIÓN PUBLICA NINGUN TIPO DE SUBVENCIÓNS OU AXUDAS.

D.- ORZAMENTOS FEDERATIVOS PARA O ANO 2016

Page 6: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS

e.- CONTAS ANUAIS APROBADAS POLA ASAMBLEA XERAL DESTA FEDERACION O 14/11/2015.

Page 7: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS
Page 8: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS
Page 9: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS
Page 10: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS
Page 11: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS
Page 12: federacioncolumbofilagalega.files.wordpress.com…  · Web view- Decreto 85/2014, do ... A Federación Colombófila Galega ten o seguinte Organigrama ... CONTAS ANUAIS APROBADAS

f.- RETRIBUCIONS ANUAIS (SOLDOS E DIETAS)

Na actualidade esta Federación Colombófila Galega non ten ningún responsable federativo ou membros dos órganos da federación que perciban ningún tipo de retribución.

LEI DE TRANSPARENCIA

(2f)