Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao...

25
SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 Resumo da reunión elaborada pola Secretaría Xeral NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os de aqueles membros do consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu nome completo Ás dez e vinte e cinco horas do día dez de maio de dous mil sete, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do. Sr. Reitor Magfo., reuníronse no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela) os membros do Consello de Goberno da Universidade indicados a continuación, para tratar os asuntos da orde do día enviada a todos eles coa convocatoria da reunión. ORDE DO DÍA 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións 2. Informe do Sr. reitor 3. Informe dos vicerreitores, do xerente e da secretaria xeral 4. Prazas de profesorado 5. Cambios de dedicación PDI 6. Solicitudes de cambio de localidade de prazas de profesorado 7. Solicitudes de contratación e solicitudes de prórrogas de profesorado emérito 8. Licenzas de ano sabático: Solicitudes e Memorias. 9. Modificación da normativa de selección de persoal docente e investigador 10. Cambio de denominación do Departamento de Bioloxía Animal 11. Ratificación do Regulamento de Réxime Interno de departamentos 12. Convocatoria de prazas de aloxamento no SUR curso 2007/2008. 13. Convocatoria de prazas de aloxamento no SUR no verán de 2007 14. Prezos de aloxamentos no S.U.R. para visitantes e congresos 15. Convocatoria de prazas e prezos na Escola Infantil Breogán 2007-08 16. Proposta incorporación de membros á Xunta de Goberno do Instituto de Dereito Industrial (IDIUS) 17. Aprobación de límite de prazas para o curso 2007/2008 nas titulacións dos POP 18. Modificación do Máster Oficial en Xerontoloxía 19. Curso de Posgrao Propio 20. Expediente de modificacións presupostarías: Transferencia de Crédito 21. Recursos 22. Desistimento de recursos 23. Actualización de prezos e tarifas e outros asuntos económicos. 24. Asuntos de trámite 25. Convenios 26. Rogos e preguntas Unha vez comprobado o quórum, o reitor informa da retirada da orde do día do punto 15. Informa tamén da invitación ao director departamento de Bioloxía Animal para asistir ó debate dos puntos 10 e 11, sobre cambio de denominación do Departamento de Bioloxía Animal e ratificación de Regulamentos de Réxime Interno quen agradeceu a invitación pero declinou asistir por entender que non é necesaria a súa presenza dado que as propostas teñen informe favorable da Asesoría Xurídica.

Transcript of Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao...

Page 1: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007

Resumo da reunión elaborada pola Secretaría Xeral

NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os de aqueles membros do consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu

nome completo

Ás dez e vinte e cinco horas do día dez de maio de dous mil sete, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do. Sr. Reitor Magfo., reuníronse no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela) os membros do Consello de Goberno da Universidade indicados a continuación, para tratar os asuntos da orde do día enviada a todos eles coa convocatoria da reunión.

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións 2. Informe do Sr. reitor 3. Informe dos vicerreitores, do xerente e da secretaria xeral 4. Prazas de profesorado 5. Cambios de dedicación PDI 6. Solicitudes de cambio de localidade de prazas de profesorado 7. Solicitudes de contratación e solicitudes de prórrogas de profesorado emérito 8. Licenzas de ano sabático: Solicitudes e Memorias. 9. Modificación da normativa de selección de persoal docente e investigador 10. Cambio de denominación do Departamento de Bioloxía Animal 11. Ratificación do Regulamento de Réxime Interno de departamentos 12. Convocatoria de prazas de aloxamento no SUR curso 2007/2008. 13. Convocatoria de prazas de aloxamento no SUR no verán de 2007 14. Prezos de aloxamentos no S.U.R. para visitantes e congresos 15. Convocatoria de prazas e prezos na Escola Infantil Breogán 2007-08 16. Proposta incorporación de membros á Xunta de Goberno do Instituto de Dereito Industrial (IDIUS) 17. Aprobación de límite de prazas para o curso 2007/2008 nas titulacións dos POP 18. Modificación do Máster Oficial en Xerontoloxía 19. Curso de Posgrao Propio 20. Expediente de modificacións presupostarías: Transferencia de Crédito 21. Recursos 22. Desistimento de recursos 23. Actualización de prezos e tarifas e outros asuntos económicos. 24. Asuntos de trámite 25. Convenios 26. Rogos e preguntas

Unha vez comprobado o quórum, o reitor informa da retirada da orde do día do punto 15. Informa tamén da invitación ao director departamento de Bioloxía Animal para asistir ó debate dos puntos 10 e 11, sobre cambio de denominación do Departamento de Bioloxía Animal e ratificación de Regulamentos de Réxime Interno quen agradeceu a invitación pero declinou asistir por entender que non é necesaria a súa presenza dado que as propostas teñen informe favorable da Asesoría Xurídica.

Page 2: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día

1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións. Sométese a aprobación a acta da reunión do 13 de marzo de 2007 e a acta da sesión extraordinaria do 28 de marzo de 2007 a disposición dos membros do Consello de Goberno. En relación a acta do 13 de marzo de 2007, a secretaria xeral informa da petición da profesora Dona Eva María Castro Caridad para que se incorpore un engadido no punto 15 parágrafo sete, que recolle o sentido da súa intervención, solicitando que o comezo do parágrafo quede redactado da seguinte maneira: “ A profesora Eva María Castro Caridad propón que se considere a porcentaxe de optativas do plan de estudos e que os grupos de prácticas de ordenador sexan de 20 alumnos” Sometida a acta do 13 de marzo de 2007 a aprobación, coa corrección indicada , é aprobada por asentimento. En relación a acta do 28 de marzo de 2007, a secretaria xeral informa da petición dos profesores D.Ignacio Zarra Cameselle e Dona Eva Castro Caridad para a incorporación dun engadido no penúltimo parágrafo e solicitan que dito parágrafo quede redactado da seguinte maneira: “ O profesor Casares intervén para expresar o seu desexo de que se faga constar na acta que nin el, nin os profesores Dona Eva Castro Caridad e D. Ignacio Zarra Cameselle participan na votación por considerar incorrecto o procedemento de traer este tema ao Consello de Goberno”. Sometida a acta do 28 de marzo de 2007 a aprobación, coa corrección indicada, é aprobada por asentimento.

2. Informe do Sr. reitor. En primeiro lugar o Sr. reitor expresa o seu gran pesar polo pasamento nun tráxico accidente de circulación do que foi Catedrático de Dereito Civil, o profesor D. José Manuel Lete del Río. O Sr. reitor aproveita a ocasión para transmitir o desexo dunha rápida recuperación ao tamén profesor D. Javier Lete e á viúva do profesor D. José Manuel Lete. A continuación informa sobre os seguintes puntos: 1. Cese a petición propia da profesora dona Mª Paz García Rubio e do nomeamento da

profesora dona Dolores Álvarez Pérez. O Sr. Reitor agradece o traballo realizado por dona Mª Paz García Rubio como membro do Consello de Goberno e do Consello de Dirección.

2. Entrada en vigor da LO de modificación da LOU, facendo referencia ao artigo 15.2, que

introduce algún cambio respecto á composición do Consello de Goberno. Na actualidade o Consello de Goberno da USC está composto de acordo ó establecido na anterior redacción da LOU e o previsto nos Estatutos no art 80.1. A composición é a seguinte: o reitor, a secretaria xeral, o xerente, todos os vicerreitores (13) 2 membros do claustro designados polo reitor (o profesor Casares e a traballadora García del Río), 5 representantes dos profesores funcionarios doutores, 3 representantes doutro persoal docente e investigador, 7 representantes dos estudantes de 1º e 2º ciclo, 1 representante de 3º ciclo, 3 representantes do PAS (elixidos polo propio Claustro) 7 representantes de decanos de facultade e directores de escola, 7 representantes de directores de departamento, 1 representante de directores de

Page 3: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

instituto (elixidos polo colectivo respectivo) e 3 representantes do Consello Social. A vista do anterior non existe contradición algunha entre a composición actual do Consello de Goberno coa que establece a nova redacción do art 15.2 da LOU xa que están presentes os vicerreitores e representantes tanto do claustro, con presenza de todos os sectores da comunidade universitaria, como de decanos e directores. En tanto non se realice polo claustro a necesaria reforma dos Estatutos sería o propio Consello de Goberno actual o que podería aprobar unha normativa que establecese unha nova distribución e procedemento para a designación de membros do Consello de Goberno da USC

3. O pasado 28 e 29 de marzo tivo lugar en Lisboa a “4ª Convención de Institucións de

Educación Superior Europeas”, organizada pola EUA (Asociación de la Universidad Europea), a CRUP e as Universidades de Lisboa, baixo o lema: “The Future of higher education beyond 2010”. As conclusións foron recompiladas na denominada “Declaración de Lisboa”, que será presentada aos Ministros/as europeos/as de Educación durante a súa reunión os próximos 17 e 18 de maio en Londres.

4. Reunión da Xunta Directiva de COLUMBUS, Universidad de Antioquia, 12-13 de abril de

2007. 5. Asemblea Xeral da CRUE do 16 de abril.

Informe sobre o documento “Propuesta de directrices para la elaboración de títulos universitarios de Grado y Máster” –o Director Xeral de Universidades do MEC, D. Javier Vidal, manterá unha xornada informativa e de debate sobre o EEES o próximo 28 de maio na USC-. Elección da Universitat de Barcelona como sede da 5ª Conferencia da EUA a celebrarse na primavera de 2008.

6. Comisión Académica do CCU do 16 de abril de 2007.

Informe sobre o documento “Propuesta de directrices para la elaboración de los títulos universitarios de Grado y Máster”.

7. Presentación do informe “Las TIC en el Sistema Universitario Español, 2006”, o 18 de abril

en Madrid, por parte do presidente da CRUE, D. Juan Vázquez e os codirectores de dito informe, D. Pedro Burillo, reitor da Universidad Pública de Navarra e presidente da agora Comisión Sectorial das TIC da CRUE, e o reitor da USC. O informe consta de tres documentos: Análisis Estratéxico; Resumo Executivo; e Catálogo de Obxectivos).

8. Reunión da subcomisión de Ensinanzas Técnicas do CCU o 18 de abril, para tratar a

Proposta de Materias Básicas por Ramas do Documento de Traballo do 15 de febreiro de 2007.

9. Pleno do CCU do 24 de abril de 2007.

Presentación do “Informe sobre financiación del Sistema Universitario Español”. Pregunta á Presidenta por parte do reitor da USC en relación ao Estatuto Básico do Empregado Público no relativo á xubilación dos funcionarios dos corpos docentes universitarios.

Page 4: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

10. Constitución da “Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo” en Lugo, o pasado 30 de abril. O reitor da USC formará parte do padroado en representación do Consello Galego de Universidades, durante os próximos dous anos.

11. Reunión do Consello de Dirección cos partidos políticos que concorren ás eleccións

municipais no Concello de Santiago de Compostela, o 2 de maio de 2007. 12. Reunión da Rede Universitaria Iberoamericana de Incubación de Empresas, celebrada o 3 e

4 de maio en Santander. A USC será a Universidade coordinadora da elaboración do plan de acción 2007-2009, a través dunha Comisión Técnica de Traballo que presidirá o responsable do noso programa UNIEMPRENDE, o profesor D. Carlos Hernández Sánde.

13. Asemblea Xeral da CRUE de 4 de maio de 2007.

Abordouse o “Informe sobre financiación del Sistema Universitario Español”, presentado polo MEC no CCU o pasado 24 de abril. Acordouse que o reitor da Universidad de Castilla La Mancha, D. Ernesto Martínez Ataz, sexa o novo Presidente da Comisión Sectorial de Xerentes da CRUE. Tamén se decidiu converter o Grupo de Traballo das TIC nunha Comisión Sectorial, que pasará a ser presidida polo reitor da UPM, D. Javier Uceda.

14. Solución ao problema relativo á xubilación dos funcionarios docentes das Universidades

suscitado pola entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público. O reitor dá conta da reunión co Sr. Ministro de Administraciones Públicas e agradece a asesoría xurídica da USC o traballo feito e confianza depositada na institución polos profesores afectados. Neste punto dá conta do escrito do Secretario de Estado de Universidades e Investigación que inclúe un informe da “Dirección General de la Función Pública” da “Secretaría General para la Administración Pública”, que resolve as dúbidas xurdidas en relación á entrada en vigor do “Estatuto Básico del Empleado Público”, concretamente no que afecta á xubilación dos funcionarios docentes. Na súa carta, o Secretario de Estado alude á pregunta realizada polo reitor da USC á presidenta do “Consejo de Coordinación Universitaria” o pasado 24 de abril, que supuxo de feito a activación do aparato da administración para aportar unha solución ao problema formulado. O reitor sinala que esta universidade desenvolveu unha intensa actividade en relación a este tema, que continuou ata a reunión mantida co “Ministro de Administraciones Públicas”, á que asistiu representando á CRUE co secretario xeral adxunto de USC. O Ministro de Administraciones Públicas, manifestou a súa intención de non modificar o réxime xurídico da xubilación dos funcionarios dos corpos docentes universitarios e confirmou a interpretación do escrito emitido o 8 de maio de 2007 que resolve as cuestións formuladas e fixa o criterio de interpretación que deben seguir as Universidades en relación coas previsións legais contidas no “Estatuto Básico do Empregado Público” sobre xubilación forzosa. De acordo co informe emitido pola Dirección Xeral da Función Pública, do Ministerio de Administracións Públicas, se conclúe que:

“1. La disposición adicional decimoquinta 5 de la Ley 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para la Reforma de la Función Pública, sobre jubilación de los funcionarios de los Cuerpos docentes universitarios, continua en vigor de acuerdo con lo establecido en el tercer párrafo del artículo 67.3 del Estatuto Básico del empleado Público, por contener normas estatales específicas de jubilación.

Page 5: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

2. No es necesario por tanto que los funcionarios de los Cuerpos docentes universitarios tengan que solicitar la prórroga en el servicio activo cuando cumplan los sesenta y cinco años. 3.Aun en el supuesto de que el Estatuto Básico del Empleado Público no hubiera excluido del régimen de jubilación forzosa a los funcionarios que tuvieran normas estatales específicas de jubilación, entendemos vigente la citada Disposición adicional decimoquinta, de acuerdo con lo dispuesto en la Disposición final cuarta 3 del Estatuto Básico del Empleado Público, en relación con su Disposición derogatoria.”

3. Informe dos vicerreitores, do xerente e da secretaria xeral. Informe da secretaría xeral

A secretaria xeral informa da avaliación positiva a Área Académica da Auditoría do Seguimento ó Sistema de Xestión de Calidade da USC; sen embargo, salienta que o grao de cumprimento dos prazos na entrega de actas é un dos indicadores de calidade, e no primeiro cuadrimestre foi incumprido no 72, 72 % dos casos. O reiterado incumprimento deste indicador, é considerado pola auditoría como unha falta moi grave no funcionamento do Sistema. O problema radica, basicamente, no tempo que transcorre entre que se pechan as actas e se recepcionan nas Unidades de Xestión Académica. A maior parte dos profesores esperan ó último día do prazo, o que fai materialmente imposible que se poidan imprimir, asinar e enviar ás Unidades para que nese mesmo día se recepcionen. As medidas a tomar a curto prazo é achegar a todos os profesores e profesoras da USC a necesidade de que pechen e asinen as actas a lo menos dous días antes de que remate o prazo fixado no calendario académico.

A continuación, a secretaria xeral informa da reunión da Comisión de Normalización Lingüística do Claustro o 18 de xaneiro no que se decidiu facer un informe do grao de desenvolvemento do Plan de Normalización Lingüística. De seguido dá conta do acordo tomado pola Comisión Electoral Central nunha reunión celebrada o 27 de Abril de 2007 onde se indica que ante a imposibilidade material de contar cun censo electoral para a convocatoria en tempo e forma, acordou, aprazar a convocatoria de eleccións de representantes de estudantes nas xuntas de centro. Engade que esta información foi transmitida as asociacións estudantís e os centros. A continuación a secretaria xeral. informa de que se están a poñer en marcha as certificacións académicas en papel de seguridade e dá conta dos seguintes nomeamentos e ceses: • Foi cesada, a pedimento propio, como vicerreitora de Calidade e Planificación e como

membro do Consello de Goberno a Prof. Dra. dona Mª Paz García Rubio, sendo substituída pola Prof. Dra. dona Mª Dolores Álvarez Pérez.

• Como consecuencia é cesada como membro da Comisión de Estudos de Posgrado e da Comisión de Calidade e Planificación do Consello de Goberno sendo substituída pola Prof. Dra. dona Mª Dolores Álvarez Pérez.

• Foi cesada, como responsable do Gabinete do Reitor a Prof. Dra. dona Mª Dolores Álvarez Pérez.

• Foi reelixido decano da Facultade de Humanidades o Prof. Dr. D. Alexandre Veiga Rodríguez.

• Foi reelixido director da Escola Universitaria de Formación do Profesorado o Prof. Dr. D. Modesto Aníbal Rodríguez Neira.

Page 6: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

• Foi nomeado director do Instituto de Dereito Industrial o Prof. Dr. D. Ángel Fernández-Albor Baltar en substitución do Prof. Dr. D. José Antonio Gómez Segade.

• Foi nomeado director do departamento de Lingua Española o Prof. Dr. D. Guillermo A. Rojo Sánchez en substitución da Prof. Dr. D. Tomás Jiménez Julia.

• Foi reelixido director do departamento de Estomatoloxía o Prof. Dr. D. Pedro Diz Dios. • Foi reelixida directora do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación a Prof. Dra.

dona Rosa Rivas Torres. O reitor felicitou aos nomeados e agradeceu aos cesantes os servizos prestados. Por último, lamenta o pasamento do profesor Dr. D. José Manuel Lete del Río, catedrático da Facultade de Dereito. Informe da xerencia O xerente informa da celebración das eleccións sindicais o pasado 21 de marzo indicando que o proceso desenvolveuse con total normalidade e os resultados atópanse na web. O xerente dá conta dalgunha disfunción debida a que houbo problemas á hora de constituír catro mesas de PDI do Campus de Santiago. Agradece a colaboración de todas as persoas, en especial sinala a importante axuda do profesor Dr. D. José Manuel Lete del Río durante o proceso. O xerente solicita neste tema a máxima colaboración de todos, xa que os procesos democráticos as veces levan consigo o ter que formar parte das mesas electorais e é un deber cidadán participar nas mesmas. A continuación o xerente dá conta da execución do concurso do grupo B e informa da finalización do proceso coa publicación no DOG e sinala que durante a semana pasada tomaron posesión e isto, ademais do elevado número de interinos, leva consigo que na actualidade haxa un número excesivo de PAS en comisión de servizos. Pide un pouco de compresión por parte de todos. Informa asemade dos seguintes temas: En relación os traballos realizados cos representantes sindicais indica que está a traballarse intensamente cos representantes sindicais para intentar que no prazo máximo dun ano o número de interinos que reducido a un número insignificante. Neste sentido, quere informar que os traballos coa Xunta de Persoal para a convocatoria de auxiliares administrativos vai por bo camiño e espera que dean froito inmediatamente para que antes das vacacións de verán este publicada a devandita convocatoria. A continuación dá conta das medidas que se van a adoptar para unha maior transparencia na xestión económica. Informa que os concursos que se publiquen a partir de agora colgaranse tamén na web así como os contratos que correspondan aos servizos xerais: Limpeza, seguridade, reprografía... para que se poida facer un mellor seguimento dos mesmos. De seguido informa das reunións cos responsables de xestión de centros e departamentos indicando que os pasados días 3 e 4 de maio en Santiago e Lugo respectivamente mantívose a primeira reunión de coordinación a fin de establecer as bases de colaboración, traballo e necesidades de formación complementaria que teñen para poder exercer o seu traballo coa calidade necesaria. O xerente informa asemade da posta en marcha do portal de provedor do SICUS facendo referencia a posta en marcha desta nova prestación do SICUS que vai permitir aos investigadores poder encher a folla de pedido desde o seu computador. Sinala que se continua a traballar para conseguir que esta aplicación informática teña mais prestacións, para axilizar a

Page 7: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

xestión económica e chegar a permitir a cada investigador e cada provedor coñecer en tempo real o estado de execución do seu proxecto e as súas facturas respectivamente. En relación as medidas adoptadas no Servizo Médico como consecuencia dos cambios lexislativos informa do envío dunha comunicación aos centros informando da mesmas. Sinala que agora os gastos dos botiquíns serán asumidos pola USC que o fará transitoriamente a través dos servizos centrais cun circuíto de xestión idéntico ao que existía ata o momento. Finalmente o xerente dá conta de que a partir do próximo Consello de Goberno informarase das empresas adxudicatarias dos concursos e procesos negociados por importes superiores a 30.000 euros continuando a liña de transparencia na xestión deste equipo.

Informe da vicerreitora de investigación En primeiro lugar a vicerreitora responde a unha pregunta de D. Xosé Afonso Álvarez Pérez formulada no anterior Consello de Goberno sobre o numero de investigadores que na actualidade gozan de bolsas e contratos na USC. A continuación informa da convocatoria para a oferta de postos de acollida de investigadores que sexan seleccionados dentro do programa Isidro Parga Fondal. De seguido a vicerreitora de investigación presenta o estado actual de certas iniciativas relacionadas coa creación de novos centros en institutos de investigación. En relación o CIQUS dá conta da constitución dunha comisión mixta formada pola vicerreitora de Investigación e Innovación, a coordinadora de apoio as unidades de I+D, tres profesores propostos pola Facultade de Química e tres asesores externos. Dita comisión decidiu que a liña temática do centro sexa: Química Biolóxica e Materiais Moleculares. A vicerreitora indica que en breve, se fará pública unha convocatoria, á que poderían responder os investigadores cunha expresión de interese en formar parte do centro. Respecto o CIMUS a vicerreitora informa de que a facultade de Medicina e Odontoloxía propuxo a tres persoas para que formaran parte da comisión. A reunión cos asesores externos para a definición temática do centro terá lugar en próximas datas. A continuación seguirase o mesmo proceso que no caso do CIQUS. En relación o Instituto de Investigacións Sanitarias a vicerreitora comenta que nestes momentos estase a redactar un convenio de colaboración da USC co SERGAS, cuxo obxectivo é a creación dun instituto mixto CHUS-USC que deberá conseguir a acreditación del ISCIII. Dito instituto pretende promover a investigación transnacional no campo da biomedicina. Unha vez asinado o convenio, farase pública unha convocatoria a que poderán optar os investigadores do CHUS e da USC interesados en formar parte do instituto. A continuación, o Sr.reitor abre unha quenda de intervencións que transcorren na seguinte orde: Intervén D.J.G.M. quen mostra a súa inquedanza porque non se está a ter en conta a Facultade de Bioloxía no caso de áreas temáticas como a química biolóxica e temáticas moleculares. Insiste na súa preocupación en que se este a esquecer a Facultade de Bioloxía. En relación a outros centros solicita que se definan liñas temáticas máis xerais que poidan dar cabida a máis investigadores. Intervén D. J. M. F. V. para manifestar a súa inquedanza porque non se está a ter en conta a Escola de Enfermería.

Page 8: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

D. J. A. C. P. fai unha pregunta en relación ao tipo de contratos en prácticas. D. Xosé Afonso Álvarez Pérez quere deixar constancia e felicitar a vicerreitora polas medidas tomadas. O profesor D. Ignacio Zarra Comeselle pregunta como se seleccionan os asesores, quen son os expertos externos e por que non está aberto a investigadores con experiencia demostrada. O profesor Casares intervén para rogar que se modifique o procedemento en relación a convocatoria de contratos Isidro Parga Pondal dado se recibiu a información tarde e non da tempo a que as propostas sexan referendadas polos consellos de departamento. En resposta a estas intervencións, en particular á do Sr. Decano de Bioloxía, intervén o Sr. reitor quen sinala que a facultade de Bioloxía está moi presente neste, e no anterior equipo de goberno. De feito, estanse a investir 24 millóns de euros tanto no edificio CIBUS como nas reformas da facultade de Bioloxía, ademais dos investimentos nas estacións biolóxicas, polo que non lle parece correcto que se diga que non se ten en conta esta facultade. A vicerreitora agradece en primeiro lugar as palabras de D. Xosé Afonso Álvarez Pérez e de seguido responde as preguntas de D. J. G. M. indicando que a temática prevista para o CIQUS é a todas luces moi aberta e transversal, e que esta foi a intención da comisión de definición temática do centro: a de abrila ao maior número de investigadores, non soamente provintes da facultade de química senón tamén de calquera facultade que poida ter relación coa temática escollida, como é o caso das facultade de Farmacia o Bioloxía. Polo tanto, non procede dicir que hai unha desconsideración cara a Facultade de Bioloxía. Asemade, en resposta ao comentario do profesor Zarra, indica que os asesores externos teñen sido elixidos polo seu indiscutible prestixio científico, como de feito pode ser comprobado mediante simple acceso ás bases de datos que recollen este tipo de información. Os nomes destes asesores son: D. Luis Oro, D. Fernando Albericio e D.Avelino Corma. Aclara a vicerreitora que este último non puido asistir a primeira reunión da comisión pero que comprometeuse nunha próxima reunión para a selección das expresións de interese. En todo caso, insiste no feito de que os compoñentes das comisións de definicións temáticas serán de coñecemento público. Asemade, en resposta ao comentario de D. J. M. F. V., aclara que no caso do CIMUS, polo de agora, a comisión para a definición temática non se ten reunido e engade que no vicerreitorado están a traballar coa información de tódolos grupos de investigación independentemente da facultade ou do departamento ó que pertenzan. En relación a intervención do D. J. A. C.P. a vicerreitora recoñece que ten razón e que esta situación deberá resolverse e evitar a figura de contrato en prácticas. En relación a pregunta de D.Juan José Casares comparte o comentario no sentido do limitado tempo da convocatoria, tempo que en todo caso, veu condicionado polos prazos de resposta establecidos pola Administración. Non obstante, e a fin de facilitar a participación na convocatoria propón que se pospoña o prazo para entregar o acordo do Departamento, proposta que foi agradecida polo profesor D. Juan José Casares Long.

Page 9: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

D. J. G. M. intervén para reiterar a necesidade de que a Universidade conte cos biólogos e informa de que a maior produción en temática molecular está en bioloxía, e remata a súa intervención sinalando con énfase que “a universidade somos todos” expresando o desexo de que se consideren prioritarias outras importantes liñas de investigación. O decano sinala o agradecemento polos investimentos que se están a facer na facultade, e engade que ditos agradecementos os fixo públicos nun recente artigo de prensa onde fai mención expresa ao Sr reitor. Sen embargo, sinala que isto non ten que ver con ser crítico coa política de investigación da USC onde reitera a súas palabras de que se está a excluír a xente, e indica que na comisión do CITEV sómente hai un biólogo. O reitor intervén para insistir en que o Equipo de Goberno recoñece e apoia o importante labor realizado pola Facultade de Bioloxía, feito que é obxectivamente demostrable.. A vicerreitora de investigación sinala que o feito de que participe un só biólogo no proceso de definición do CITEV non significa que se estean excluíndo aos biólogos, senón que a selección se fixo tendo presente que se trata dun centro de investigación cun claro compoñente biomédico e orientado ao deseño de novas estratexias terapéuticas, e que foi esta premisa a que determinou a selección dos membros da comisión. En ningún momento se pensou nunha representación igualitaria das facultades potencialmente relacionadas, senón máis ben en expertos relacionados co perfil do centro.

4. Prazas de profesorado. A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica presenta a proposta das solicitudes de prazas presentadas e do informe respectivo da COAP do 18 de Abril de 2007; e a creación de prazas que implica modificación da RPT que debe ser informada favorablemente polo Consello Social. Propuxo así mesmo a proposta para convocar ou ratificar a convocatoria do concursos públicos correspondentes. No apartado de transformacións a vicerreitora indica que hai cincuenta e dúas peticións informadas favorablemente, vinte e catro desfavorablemente e unha pendente. A vicerreitora dá conta de que os informes desfavorables da COAP débense a que non reunían algún dos requisitos que se contemplaban nesta convocatoria, é dicir que non respondían a compromisos establecidos (estatutarios ou sindicais). Explica que a praza 508 de contratado doutor da Área de Enxeñaría Química está informada como pendente dado que a COAP despois dun debate longo acordou deixalo pendente para o Consello de Goberno porque está solicitada a súa creación no Campus Santiago; a vicerreitora fixo notar que o déficit que é o que da lugar a este compromiso de creación, se produce en Lugo mentres que no campus de Santiago hai un excedente dun crédito. Así mesmo informa doutra praza solicitada como transformación de TEU en CEU por habilitación onde o COAP informa como favorable pero condicionada a que o departamento acepte convocar como profesor titular de universidade xa que a nova LOU impide convocar prazas de CEU. Tamén informa da transformación dunha praza de titular que se propón transformar en catedrático no Campus de Santiago (tecnoloxía dos alimentos) que está informada favorablemente condicionada a que o departamento. solicite a súa transformación en LUGO. .

Page 10: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

En relación a outras peticións a vicerreitora informa de que houbo dezasete peticións informadas favorablemente, dezaseis informadas desfavorablemente e dúas pendentes. As desfavorables téñense informado así porque son de nova creación e non hai presuposto. Nalgunhas prazas o informe favorable queda condicionado a que se cumpran determinados requisitos, por exemplo, na praza 601 de asociado LOU T3 da área de Filosofía do Dereito se informa favorablemente como asociado, a praza 602 e 608 de asociado LOU T2 da área de enfermería se informa favorablemente condicionada a que se obteña orzamento. As prazas informadas como pendente, a 560 e 562, se propón aprobalas condicionadas a unha duración do contrato dun ano e foron convocadas a cargo do POP de turismo. Informa ademais de nove peticións de trámite todas elas informadas favorablemente. D.C. R. F. intervén en relación a unha praza en Teoría e Historia da Educación de P6 a axudante doutor con informe desfavorable. D E. G. S. traslada a petición da Facultade de Medicina e Odontoloxía de que se informe ao Consello de Goberno do malestar producido nesta facultade xa que parece excesivo que de 106 solicitudes denegadas 54 correspondan a Facultade de Medicina e Odontoloxía. Sinala que se faga constar que se produciron catro xubilacións que non foron amortizadas. Todo isto está a provocar un estado xeral de preocupación. Dona Eva Castro Caridad pregunta por unha praza de substitución por enfermidade en Medicina. D. Juan José Casares Long advirte do posible erro na praza 508 de transformación de axudante –LOU a profesor contratado doutor xa que, ao seu entender, non debería ser considerada de transformación. O profesor Casares comenta que noutros procesos as prazas de transformación en Santiago quedaron en Santiago e as de Lugo en Lugo. O profesor Casares considera que non se poden modificar os criterios cando a situación é a mesma. Por último, pon en cuestión o déficit docente en Lugo fronte a Santiago no que atinxe a área de Enxeñaría Química. O director da Escola de Enfermería solicita que se teña en conta o déficit de cinco mil horas na área clínica que sistematicamente non se cubran. A vicerreitora intervén para dar resposta ás intervencións: En resposta a D. C. R. F. considera que unha boa solución é que os profesores do ICE se lles de unha solución conxunta. Con respecto á intervención do decano de Filoloxía, D. E. G.S. a vicerreitora indica que é consciente da preocupación pero non hai prazas novas porque non están orzamentadas e sinala que a xubilación se amortiza en áreas excedentarias. En relación ás prácticas clínicas está pendente de abordar este problema que si é máis importante en enfermería. En relación á intervención de dona Eva Castro Caridad indica que hai a petición de substitución dun PACS por enfermidade do titular pero se desestima por non termos procedemento establecido para substituír ós PACS. En resposta á intervención do profesor Casares, a vicerreitora explica que as prazas que se crean a partir de axudantes non son de transformación senón de nova creación, como se decidiu no Consello de Goberno no que se retomou a proposta de compromiso de creación de novas prazas para aqueles axudantes que foron contratados nun determinado momento, sen haber normativa e que están en áreas deficitarias. As prazas son de nova creación toda vez que se acorda crear unha bolsa de prazas de axudantes para decidir posteriormente en que área se propoñerían novos axudantes. Con respecto ao cambio de criterios, agás no caso de compromisos estatutarios, o lóxico é que as prazas se creen onde hai déficit. O profesor Casares intervén para dar conta de que no escrito do Servizo de Planificación de Profesorado con data 30 de xaneiro se fai referencia a transformacións e, en ningún momento, se alude á nova creación, escrito asinado pola vicerreitora.

Page 11: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

A vicerreitora admite que no escrito pode figurar así e pode haber un erro de redacción pero que hai compromisos estatutarios e obrigas derivadas do Convenio Colectivo do Persoal Laboral e un acordo do Consello de Goberno de Decembro no que a proposta da vicerreitora se acorda crear novas prazas. D. C. H., vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, intervén para advertir de que o que se está a propoñer é empregar o déficit de Lugo para que se cree unha praza nova en Santiago e pon o acento na importancia da transcendencia da decisión que se vai tomar. O profesor Casares considera que se está a esquecer a impartición de docencia actual, porque non ten en conta o Máster Oficial de 365 horas en Enxeñaría Ambiental, 170 horas en Enxeñaría Biotecnoloxica, 62 horas comprometidas no Máster de Enerxías Renovables e compromisos con Industrias Lácteas de 30 h. D. C. R. F. intervén para recordar que non é a primeira vez que se dá transformación cambiando de Campus e solicita que non se utilice o argumento do posgrao. A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica sinala que efectivamente houbo transformacións cambiando de Campus. A vicerreitora dá conta dalgunhas modificacións normativas que afectan a estas prazas: Duración dos contratos, o contrato será de cinco anos de profesor Axudante Doutor. Os profesores axudantes doutores serán contratados en réxime laboral, a tempo completo por un período de cinco anos, salvo que o interesado estivera contratado como axudante, en cuxo caso, o contrato terá unha duración equivalente o tempo que lle reste para completar oito anos de vinculación contractual coa universidade sumando o tempo de axudante doutor e o de axudante, nesta universidade ou noutra distinta, sen que poida exercer o límite máximo de cinco anos como axudante doutor. Cambios nas comisións de selección En aplicación do cambio da normativa pola que se regula a selección do persoal docente e investigador contrato de interino, non formarán parte das comisións de selección nin o reitor nin calquera membro do Consello de Dirección, polo que deberán volverse a elixir novos membros nas propostas de comisión de selección das seguintes prazas: Economía Aplicada Enfermaría Historia Contemporánea Organización de Empresas Química Analítica Requisitos específicos Consonte aos artigos 20 e 21 da normativa pola que se regula a selección do persoal docente e investigador contratado e interino da Universidade de Santiago de Compostela, só se admiten titulacións concretas ou específicas para acceder ás prazas de profesor asociado nas que se solicitou. Rematado o debate sométese a aprobación a proposta, coas modificacións indicadas pola vicerreitora apróbase por trinta votos a favor, dous en contra e cinco abstencións, as prazas de profesorado que se detallan nas relacións que se achegan, así como as comisión de selección das prazas que se acordan convocar segundo as correspondentes propostas, e coas especificacións que se indican no anexo. Esta información poderá ser consultada no Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador.

Page 12: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

5. Cambios de dedicación PDI A vicerreitora de e Profesorado Organización Académica presentou a proposta, que se enviará coa convocatoria, que conta co informe favorable do Consello de Departamento. Sometida a proposta ao Consello de Goberno, e de conformidade con art. 18 dos Estatutos da USC, acordouse, a petición do Dr. D. Manuel Ángel Parafita Mato, e tendo en conta o informe do Consello de Departamento, aprobar o cambio de dedicación de tempo completo a praza Titular de Universidade (C00302) vinculada do Departamento Cirurxía da Área de Oftalmoloxía.

6. Solicitudes de cambio de localidade de prazas de profesorado

A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica informa de que coa normativa vixente non se poden mover as prazas de campus non sendo que estean vacantes e o departamento. o propoña e o Consello de Goberno considere que se debe facer. A vicerreitora presenta a proposta de desestimar as solicitudes de cambio de localidade que conta co informe desfavorable da COAP (18 de abril de 2007) e que están a disposición dos membros do Consello de Goberno. O informe desfavorable da COAP se fixo a partir da revisión da normativa vixente. Así mesmo no CPS tamén se falou deste tema e acordouse elaborar un regulamento que considere a cuestión de cambio de Campus pero coa consideración de evitar a descapitalización de calquera dos dous campus en especial o de LUGO que é o que sofre máis esta situación. Intervén o profesor D. Ignacio Zarra Cameselle quen indica que se deberían establecer dous grupos para diferenciar que nuns casos hai informe favorable do departamento e noutros non. Pon o exemplo do Departamento de Fisioloxía Vexetal onde hai informe favorable aínda que haxa un escrito de tres profesores informando en contra. Indica ademais que en Santiago se están a producir dúas xubilacións e dende o 1 de outubro está un profesor de baixa polo tanto son deficitarios. D. E. C.V. considera que xa se discutiu moito sobre o feito de descapitalizar o Campus de Lugo. Sinala que nalgúns departamentos hai unha grande desproporción entre as persoas que hai no Campus de Lugo, en minoría en relación ó Campus de Santiago, o que tamén se reflicte nos informes que aproban os departamentos sen ter en conta, as veces, os intereses dos dous Campus. D. Ignacio Zarra Cameselle solicita que, a lo menos, se poña pendente de regulamento en lugar de desfavorable. Sometida a proposta a aprobación do Consello de Goberno acorda por vinte e dous votos a favor, cero en contra e oito abstencións, desestimar as solicitudes de cambio de localidade de prazas de profesorado en tanto non se elabore un regulamento do mesmo.

7. Solicitudes de contratación e solicitudes de prórrogas de profesorado emérito Informa a vicerreitora de Profesorado e Organización Académica, segundo o documento achegado aos membros do Consello de Goberno, das solicitudes de contratación de profesores eméritos á vista da proposta elevada pola Comisión de Organización Académica e Profesorado segundo a regulación da figura de profesorado emérito aprobada polo Consello de Goberno o 21

Page 13: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

de decembro de 2005 e tendo en conta os informes presentados polos centros e departamentos implicados: A vicerreitora informa de que hai unha solicitude que ten informe desfavorable do departamento por unanimidade e que a COAP deixou pendente para decisión do Consello de Goberno xa que o informe do Dpto. non é vinculante.. Sometida a aprobación do Consello de Goberno as solicitudes de contratación de profesorado emérito (segundo anexo) acórdase a súa aprobación por trinta e tres votos a favor, cero en contra e dúas abstencións. A continuación a vicerreitora de Profesorado e Organización Académica informa segundo o documento achegado os membros do Consello de Goberno, das solicitudes de prórrogas de profesores eméritos á vista da proposta elevada pola Comisión de Organización Académica e Profesorado e tendo en conta os informes presentados polos centros e departamentos implicados: Sometida a aprobación do consello de goberno as solicitudes de prórroga de profesorado emérito (segundo anexo) acórdase a súa aprobación por asentimento. Esta información poderá ser consultada no Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador.

8. Licenzas de ano sabático: Solicitudes e Memorias.

A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica presenta a proposta segundo a documentación achegada aos membros do Consello de Goberno. A profesora Dona Eva Castro Caridad solicita que na área de Filoloxía Italiana se deixe pendente ata que teñan lector, xa que van a conseguir orzamento do goberno italiano. Se acorda facer esta modificación. Sometidas as licenzas de ano sabático a aprobación do Consello do Departamento (segundo documento anexo) apróbanse por asentimento. O profesor D. Ignacio Zarra Cameselle pregunta se as memorias de ano sabático son revisadas e analizadas para asegurar que se están a cumprir os compromisos adquiridos. A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica resposta afirmativamente. Intervén o profesor D.M.A:A:G: quen indica que está de acordo coa proposta pero que hai que reflexionar sobre o feito de que non se estean a conceder anos sabáticos en áreas deficitarias. A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica agradece o comentario. Sometidas as memorias de ano sabático a aprobación do Consello do Departamento (segundo documento anexo) apróbanse por asentimento. Esta información poderá ser consultada no Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador.

9. Modificación da normativa de selección de persoal docente e investigador A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica presenta a proposta segundo a documentación achegada aos membros do Consello de Goberno. A vicerreitora explica que se trata de adaptar a Normativa a nova lexislación e enumera os aspectos máis problemáticos. O profesor D. Juan José Casares Long e Dona Eva Castro Caridad manifestan o seu descontento polo retraso na achega de documentos. A vicerreitora lamenta os retrasos e indica que a demora debeuse a necesidade de tempo para analizar os mesmos. O reitor indica que os cambios responden a un imperativo legal. Sometida a proposta con algunhas modificacións sinaladas pola vicerreitora apróbase a modificación da normativa de selección de persoal docente e investigador que se anexa a acta por vinte e un votos a favor, tres en contra e dúas abstencións. Esta información pode ser

Page 14: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www.usc.es/estaticos/normativa/pdf/modNormaselecionPDI.pdf

10. Cambio de denominación do Departamento de Bioloxía Animal Informa a Secretaria Xeral segundo a documentación enviada, para someter a aprobación do Consello de Goberno, vista a solicitude e motivación presentada polo Departamento de Bioloxía Animal de modificar a denominación de dito departamento pola de Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento o cambio de denominación do Departamento de Bioloxía Animal que pasa a denominarse Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física.

11. Ratificación do Regulamento de Réxime Interno de departamentos A secretaria xeral presenta o punto segundo a documentación achegada coa convocatoria do Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física. O regulamento presentado ten o informe favorable da Asesoría Xurídica. Sometida a proposta a aprobación acordouse por asentimento a ratificación do Regulamento de Réxime Interno de departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física. Esta información pode ser consultada no seguinte enderezo electrónico http://www.usc.es/estaticos/normativa/pdf/ZooloxiaAntropoloxiaFisica.pdf

12. Convocatoria de prazas de aloxamento no SUR curso 2007/2008. O vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social informa da proposta segundo a documentación achegada aos membros do Consello de Goberno. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento aprobar, e someter ao Consello Social para supervisión do seu contido económico, a convocatoria proposta, segundo o texto anexo. Esta información pode ser consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www.usc.es/estaticos/servizos/sur/pdf/prazasaloxagl08.pdf

13. Convocatoria de prazas de aloxamento no SUR no verán de 2007 O vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social informa da proposta segundo a documentación achegada aos membros do Consello de Goberno. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento aprobar, e someter ao Consello Social para supervisión do seu contido económico, a convocatoria proposta, segundo o texto anexo. Esta información pode ser consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www.usc.es/estaticos/servizos/sur/pdf/convocaveran07.pdf

14. Prezos de aloxamentos no S.U.R. para visitantes e congresos O vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social informa da proposta segundo a documentación achegada aos membros do Consello de Goberno. Dona M. I. G. R pregunta polo custo das residencias no caso de necesidade de aloxamento por cuestións de traballo para o PAS da USC e solicita que para o persoal da USC se teña unha consideración especial . O reitor anuncia que ditará unha resolución reitoral que recolla dita solicitude. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento aprobar, e someter ao Consello Social para supervisión do seu contido económico, a convocatoria proposta, segundo o texto

Page 15: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

anexo. Esta información pode ser consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias.jsp

15. Convocatoria de prazas e prezos na Escola Infantil Breogán 2007-08 RETIRADO Este punto foi retirado ao comezo da sesión.

16. Proposta incorporación de membros á Xunta de Goberno do Instituto de Dereito Industrial (IDIUS) A vicerreitora de investigación e innovación presenta o punto segundo a información achegada aos membros do Consello de Goberno. A vicerreitora explica que o que se pretende é que sempre poda asistir unha persoa da Oficina de Patentes e Marcas ás reunións. O profesor D. Juan José Casares Long indica que D. Javier Moreno xa é da Oficina de Patentes e Marcas. A vicerreitora de investigación sinala que precisamente, como polas súas ocupacións, non pode asistir a todas as reunións se solicita a incorporación da directora da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), ou persoa en quen delegue. O profesor D. Ignacio Zarra Cameselle pide que onde di directora poña tamén director. Sometida a proposta á aprobación, acorda ratificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno do Instituto de Dereito Industrial, na reunión do dezaoito de abril de dous mil sete, consistente na incorporación á dita Xunta de Goberno do director/a da Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), ou persoa na que delegue, en substitución da designación nominativa existente en favor de D. Javier Moreno Ramos.

17. Aprobación de límite de prazas para o curso 2007/2008 nas titulacións dos POP O vicerreitor de oferta docente EEES presenta o punto, segundo a información achegada aos membros do Consello de Goberno, para establecer o límite de prazas para o curso 2007-08 nas titulacións dos Programas Oficiais de Posgrao da USC Ciencias da Visión; Desenvolvemento rexional e integración económica; Dirección e planificación do turismo; Educación, xénero e igualdade; Enerxías renovables e sostibilidade enerxética; Enxeñaría para o desenvolvemento rural; Enxeñaría ambiental; Enxeñaría biotecnolóxica; Enxeñaría matemática; Fotónica e tecnoloxías do láser; Historia contemporánea; Lóxica e filosofía da ciencia; Neurociencia; Prevención de riscos laborais; Química avanzada; Química orgánica; Servizos culturais; Técnicas estatísticas; Xerontoloxía; e Xestión e Dirección Laboral. Sometida a proposta o acordo do Consello de Goberno é aprobada por asentimento. Esta información pode ser consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0574.PDF

18. Modificación do Máster Oficial en Xerontoloxía O vicerreitor de Oferta Docente e EEES presenta a proposta segundo a información achegada aos membros do Consello de Goberno de Modificación do Máster Oficial en Xerontoloxía polo que se incorpora ao plan de estudos a materia optativa Prácticas en Empresas de 5 ECTS para a realización de practicas dos alumnos en empresas e servizos xerontolóxicos. Sometida a proposta ao acordo do Consello de Goberno é aprobada por asentimento.

Page 16: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

Esta información pode ser consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www.usc.es/ServizosXML/Plantillas/Guia_Centros_Tablas/Titulaciones/Xsrm_Guia_Titulaciones.xml?Num_Plan_Nodo=3693&Cod_Guia_Formulario_Interno=130&Num_Organizacion_Nodo=325&Num_Sistema_Idioma=9&Contenttype=text/html

19. Curso de Posgrao Propio O vicerreitor de Oferta Docente e EEES presenta a proposta de aprobación do Curso de Especialización en Cirurxía Laparoscópica.segundo a información achegada aos membros do Consello de Goberno. Sometida a proposta a o acordo do Consello de Goberno é aprobada por asentimento. Esta información pode ser consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www.usc.es/cptf/Postgrado/CursosPostgrado/Datos2006/Cp22572006-2007g.htm

20. Expediente de modificacións presupostarias: Transferencia de Crédito O vicerreitor Economía e Finanzamento presenta a proposta de o Expediente CS-01-07 de modificacións orzamentarias para súa aprobación e posterior remisión ao Consello Social. Explica a necesidade de aplicar ao capítulo II as adquisicións das publicacións e monografías electrónicas adquiridas de xeito consorciado coas outras dúas universidades galegas , a través do Consorcio de Bibliotecas universitarias BUGALICIA, co obxecto de conseguir mellores prezos e máis vantaxes de valor engadido. Sometida a proposta a o acordo do Consello de Goberno é aprobada por asentimento.

21. Recursos A secretaria xeral presenta o punto, segundo a información achegada aos membros do Consello de Goberno. Trátase dun recurso de alzada ao Consello de Goberno, contra o acordo da Xunta de Facultade de Dereito pola que se lle denega a dispensa de asistencia ás clases das Materias: Dereito Procesal II e Dereito Internacional Privado. O profesor D. Juan José Casares propón buscar unha saída diferente. D.J. A. C. considera que non é un caso igual ao presentado na reunión do consello ordinario anterior e considera que se lle debe dar o dereito o alumno de ser avaliado. Interveñen D.C. R. F. e D. E. G. S. no sentido de que se debe de buscar unha alternativa a estas situacións, onde se discute o dereito do alumno a ser avaliado, e consideran que este punto está pouco definido na normativa. O vicerreitor de oferta académica e EEES considera que estes casos especiais hai que resolvelos, e unha posible solución pode ser modificar a normativa de apoio titorial extraordinario. Sometida a proposta de desestimar o recurso interposto e en consecuencia non acceder a súa solicitude de exención de asistencia as clases apróbase por dezasete votos a favor, tres en contra e dúas abstencións.

22. Desistimento de recursos O vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo, D. C. H presenta o punto, segundo a información achegada aos membros do Consello de Goberno.

Page 17: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

Presentada a proposta ao Consello de Goberno dáse conta previa do desistimento dos recursos que se relacionan a continuación presentados pola USC sobre a devolución polo Concello de Lugo do importe das cotas do ICIO desde 2002 e ante as liquidacións do imposto sobre os bens inmobles que lle foran presentadas polo Concello de Lugo, en execución do decreto nº 137/2007, do 16 de abril, ditado polo Concello de Lugo: Procedemento Ordinario nº 380/2006. Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo. Devolución polo Concello de Lugo do importe das cotas do ICIO desde 2002. Procedemento Ordinario nº 217/2006. Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo. Reclamación contra a liquidación do IBI-2006 do Concello de Lugo. Sometida a proposta a aprobación acórdase por asentimento.

23. Actualización de prezos e tarifas e outros asuntos económicos*** En primeiro lugar a secretaria xeral dá conta da proposta achegada aos membros do Consello de Goberno da actualización de prezos e tarifas da Escola de Práctica Xurídica. Sometida a proposta a aprobación, acordou aprobar por asentimento a actualización de prezos e tarifas para os Estudos de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica que se impartirán durante o bienio 2007-2009, os Cursos de Especialización (bienios 2005-2007 e 2006-2008) e Certificacións Académicas, segundo a proposta achegada á vicerreitoría de Economía e Financiamento que se anexa.

• A continuación a secretaria xeral informa da solicitude de cesión de uso de material non utilizables desta Universidades - de conformidade co sinalado nos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 28/2004 de 22 de xaneiro (DOG 9/02/04) e no artigo 15 das vixentes normas de Xestión Patrimonial desta Universidade, aprobadas por resolución do 14 de Xullo de 1993 (DOG 117VIII/ 1993)- e somete á aprobación do Consello de Goberno desta Universidade a seguinte cesión de uso de material: Destinatario: Colexio Nuestra Señora de los Remedios Material Solicitado: 2 ordenadores usados e unha impresora Sometida a proposta o Consello de Goberno, acordouse por asentimento aprobar a cesión ao Colexio “Nuestra Señora de los Remedios” de dous ordenadores e unha impresora. De seguido, a secretaria xeral somete ao Consello de Goberno , para posterior aprobación por parte do Consello Social da USC, o seguinte expediente:

Aceptación de Bens Novartis Propoñente: Novartis Farmacéutica S.A. Entidade receptora Universidade de Santiago de Compostela Importe da doazón 2000Euros

Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento aprobar a aceptación de dous mil euros, doados por Novartis Farmacéutica S.A., nas condicións expresadas no contrato anexo, para sometela á aprobación do Consello Social.

Por último, somete a aceptación de Bens a Biblioteca e videoteca de dona Rebeca Córdoba Seijo e D. Ezequiel Méndez Vidal

Page 18: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

Sometida a proposta á aprobación, acordouse por asentimento aprobar a aceptación de libros e vídeos, doados por dona Rebeca Córdoba Seijo e D. Ezequiel Méndez Vidal, nas condicións expresadas no contrato anexo, para sometela á aprobación do Consello Social.

24. Asuntos de trámite En primeiro lugar, a secretaria xeral somete á aprobación do Consello de Goberno da propostas de premios extraordinarios de fin de carreira remitido polas respectivas facultades ou escolas. Curso académico 2005-2006

o Facultade de Bioloxía: - Dona Marta Vázquez Cedeira - Dona Eva Álvarez Suárez o o Escola Técnica Superior de Enxeñaría: - Enxeñaría Técnica de Informática de Sistemas.-

D. José Alberto Domínguez Illobre

o Facultade de Medicina e Odontoloxía:Licenciatura en Odontoloxía - Deserto

Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento a súa aprobación. En segundo lugar, o vicerreitor de Oferta Académica e EEES presenta a corrección de erros non Oficial de Posgrao de Ciencia e Tecnoloxía Química. Informa de que debido a un erro material na transcrición da documentación aportada no seu día (novembro de 2006) para a aprobación do Programa Oficial de Posgrao de Ciencia e Tecnoloxía Química correspondente ao curso académico 2007/2008 no apartado 5.-PERSOAL ACADÉMICO: TÍTULO DE DOUTOR no formulario da ACSUG denominado "Táboas e Datos Xerais do POP e do Título de Doutor" omitíronse, indebidamente varios profesores, dos que si que constan as súas liñas de investigación. Tamén constan como enviadas as fichas correspondentes aos seus datos curriculares persoais que están incluídas no formulario da ACSUG correspondente ó Máster Oficial en Química Orgánica denominado "Fichas de Profesorado". Co obxecto de proceder á súa subsanación proponse incorporar os profesores que a continuación se relacionan no Programa Oficial de Posgrao de Ciencia e Tecnoloxía Química que organiza o título de doutor por estar traballando nas Liñas de Investigación do programa. Nome: Caamaño Santos, Olga NOME: Cobas Martínez, Agustín NOME: Eirín Pena, Ana NOME: Fernández Masaguer, Jorge Christian NOME: García Mera, Xerardo Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento a súa aprobación.

Page 19: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

25. Convenios Informa o vicerreitor Relacións Institucionais sobre os convenios dos que se solicita a aprobación ou ratificación. O texto dos convenios foi posto a disposición dos membros do Consello de Goberno a través da web da USC. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento aprobar ou ratificar os seguintes convenios. a) Convenios presentados pola Vicerreitoría de Relacións Institucionais. 1. Addenda ó convenio de colaboración entre as Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Innovación e Industria, a Consellería de Cultura e Deporte, a Secretaría Xeral de Comunicación, a Sociedade Anónima de Xestión Centro de Supercomputación de Galicia e as tres universidades galegas para a renovación do Convenio de creación do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia. 2. Convenio de colaboración entre as tres universidades galegas e a Consellería de Cultura e Deporte (Dirección Xeral para o Deporte) para a colaboración conxunta na promoción da práctica deportiva. 3. Convenio de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Asociación Ecoloxista Verdegaia e a USC para a promoción da bicicleta como medio de transporte nos campus de Santiago e Lugo. 4. Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a USC para a realización de actividades relacionadas coa formación, a difusión e a promoción do voluntariado no ámbito universitario. 5. Convenio de colaboración coa Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia para o desenvolvemento e participación no Programa DOCENTIA de apoio á avaliación da actividade docente do profesorado universitario. 6. Convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a USC para a convocatoria, tramitación e concesión do Premio Xoana Torres. 7. Convenio de colaboración entre o Concello de Santiago (Concellaría de Promoción Económica e Emprego) e a USC para a execución do programa de empregabilidade para alumnos de excelencia académica Manuel Caeiro. 8. Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a USC para colaboración no desenvolvemento da e-administración nas dúas institucións e a participación conxunta nas convocatorias públicas para a súa implantación. 9. Convenio de colaboración entre a Universitat Oberta de Catalunya e a USC para o uso e acceso ós servicios das súas Bibliotecas Universitarias polos membros da comunidade universitaria de cada unha delas. RELACIÓN DE CONVENIOS ASINADOS POLO PROCEDEMENTO DE URXENCIA QUE SE PRESENTAN PARA A SÚA RATIFICACIÓN POLO CONSELLO DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DE 10 DE MAIO DE 2007. a) Convenios presentados pola Vicerreitoría de Relacións Institucionais. 1.- Addenda ó convenio de colaboración entre as Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Innovación e Industria, a Consellería de Cultura e Deporte, a Secretaría Xeral de Comunicación, a Sociedade Anónima de Xestión Centro de Supercomputación de Galicia e as tres universidades galegas para a renovación do Convenio de creación do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

Page 20: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

2.- Convenio de colaboración entre as tres universidades galegas e a Consellería de Cultura e Deporte (Dirección Xeral para o Deporte) para a colaboración conxunta na promoción da práctica deportiva. 3.- Convenio de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Asociación Ecoloxista Verdegaia e a USC para a promoción da bicicleta como medio de transporte nos campus de Santiago e Lugo. 4.- Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a USC para a realización de actividades relacionadas coa formación, a difusión e a promoción do voluntariado no ámbito universitario. 5.- Convenio de colaboración coa Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia para o desenvolvemento e participación no Programa DOCENTIA de apoio á avaliación da actividade docente do profesorado universitario. 8.- Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a USC para colaboración no desenvolvemento da e-administración nas dúas institucións e a participación conxunta nas convocatorias públicas para a súa implantación. 9.- Convenio de colaboración entre a Universitat Oberta de Catalunya e a USC para o uso e acceso ós servicios das súas Bibliotecas Universitarias polos membros da comunidade universitaria de cada unha delas. 10.- Convenio Marco de colaboración entre a Universidad Argentina de la Empresa e a USC para o intercambio de estudiantes, persoal docente e investigador. 11.- Protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica entre a Universidad Nacional del Este (Paraguay) e a USC.

26. Rogos e preguntas D. J. M. T. agradece o esforzo do Sr. reitor polas xestións realizadas para buscar unha solución ao problema relativo á xubilación dos funcionarios docentes das Universidades, suscitado pola entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público. O profesor D. J. M. T. solicita que o escrito se achegue persoalmente as persoas afectadas. D. Xosé Afonso Álvarez Pérez traslada un problema co correo electrónico xa que se esta a denegar o subdominio persoal-docente a investigadores en formación ao que deberían ter acceso amparándose na normativa. Tamén quere facer constar o seu malestar pola taxa de tutela académica na etapa de tese que se está a formalizar en marzo ou abril sen estar regulada a etapa, somentes no relativo a unha acta de tutela académica. Quere que conste o seu malestar o respecto. O profesor D. Juan José Casares Long pregunta en primeiro lugar polo destino dos 24 millóns de euros que a Consellería de Educación aportará as Universidades correspondendo a USC 11 millóns de euros. En segundo lugar pregunta porque as outras universidades recibiron sete mensualidades con cargo a 2006 do complemento de excelencia curricular e Santiago seis. En tercer lugar pregunta sobre as reclamacións dos anteriores propietarios de Galeras, pola perda do fin de utilidade pública dos terreos. Quere saber se se ten feito algunha provisión de fondos que poida derivar deste litixio Dona Eva Castro Caridad realiza unha intervención, que se recolle en escrito que se engade como anexo a acta, onde como representante dos directores de Departamento pregunta en

Page 21: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

relación o acto que tivo lugar o 14 de marzo de 2007 e en concreto sobre quen decidiu a realización do acto e cando se decidiu, se cuestiona si este acto foi ou non un acto académico, e pregunta sobre a ausencia de determinadas persoas neste acto e sobre a non consideración dos estudantes. D. Ignacio Zarra Cameselle realiza unha intervención, que se recolle en escrito que se engade como anexo a acta, onde pregunta se se está a cumprir a obriga dos institutos de investigación de elaboración e aprobación dunha memoria anual de actividades e a memoria económica da que se dará conta ao do Consello de Goberno. O profesor Zarra dá conta da importancia das memorias de actividades e a memoria económica como ferramenta para a evaluación dos institutos de investigación. . Dona M. I. G. R. solicita información sobre a adaptación da nova lei nos aspectos retributivos como pode ser o complemento de destino. Tamén na súa pregunta fai referencia ao plan de igualdade do Consello de Participación Sindical. O Sr. reitor agradece a intervención do profesor D. J.M. T. e informa de que se enviará o escrito que solicita ás persoas afectadas. En relación á intervención de D. Xosé Afonso Álvarez Pérez indica que anota o problema e informará no próximo Consello de Goberno e anuncia que traerá un informe específico sobre as TIC. En relación á taxa de tutela académica é a Comunidade Autónoma quen a fixa. O reitor sinala que somos á CCAA que máis paga e hai un compromiso de baixala para o próximo curso académico O vicerreitor de Economía e Finanzamento sinala que as cantidades que sinalou o profesor Casares na súa primeira pregunta non están dentro do plan de finanzamento. En relación a segunda cuestión, o vicerreitor indica que o pago de seis meses de complemento de excelencia curricular debeuse a un problema de procedemento, e que no mes de maio se pagará ese retraso. En relación ás fincas do Hospital, o vicerreitor indica que o litixo entre a Universidade, Concello, Seguridade Social e anteriores propietarios, en todas as sentencias anteriores se negaron os dereitos polo que considera que este tema non debe ser motivo de especial preocupación para a USC e que en todo caso non temos capacidade económica de facer retencións para estes conceptos. En resposta á intervención de dona Eva María Castro Caridad o Sr. reitor indica que foi el quen decidiu realizar o acto coa axuda do vicerreitor de Relacións Institucionais. A continuación na súa intervención defende o caracter plural do acto e a lexitimidade da homenaxe, e a especial oportunidade que supuxo o ano da memoria histórica. Intervén sobre este mesmo tema o Sr. vicerreitor de Relacións Institucionais quen sinala que o acto foi anunciado, e xustifica o seu carácter de acto académico, facendo fincapé a continuación no caracter aberto do acto e sinalando que as ausencias ás que se refire serán de persoas que non quixeron ou non puideron asistir; continua indicando que a asistencia foi en todo caso moi ampla. Dona Eva Castro Caridad agradece a resposta. A continuación intervén o Sr. reitor en relación á cuestión do profesor D. Ignacio Zarra Cameselle indicando que se vai a facer un proceso de avaliación dos institutos e que as memorias deben chegar o Consello de Goberno e débense facer públicos os resultados. Intervén D. A:M: neste mesmo sentido.

Page 22: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.

SRES. MEMBROS DO CONSELLO DE GOBERNO

En resposta a cuestión suscitada por Dona M. I.G R. sobre a adaptación da normativa a lei, intervén o vicerreitor de Economía e Finanzamento que indica que o que se fai se recolle na normativa. Dona M. I.G.R. intervén de novo para indicar que no Estatuto Básico da Función Pública as pagas extras son integras. O vicerreitor de Economía e finanzamento indica que lle trasladará a pregunta o xerente. E non habendo máis asuntos que tratar, ás 19 horas, a Presidencia deu por rematada a sesión, da que eu , como secretaria xeral, e co visto e prace do Sr. reitor dou fe. Vº e Pr. O REITOR A SECRETARIA XERAL

Page 23: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.
Page 24: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.
Page 25: Consello de Goberno Reunión do 10 de maio de 2007 · Seguidamente o reitor deu paso ao desenvolvemento da orde do día 1. Aprobación, se procede, das actas das últimas sesións.