Renovación e crise no mundo feudal

4
1 RENOVACIÓN E CRISE NO MUNDO FEUDAL INTRODUCIÓN ● A partires do século XI teñen lugar importantes transformacións no mundo agrario. ● O comercio reactívase. ● As cidades renacen e a burguesía vai ter cada vez máis importancia. ● Fortalécese o poder dos reis. ● Nos séculos XIV e XV prodúcese unha gran crise: fame, peste, conflitos bélicos e sociais. Aparición dos gremios. 1.- RENOVACIÓN AGRARIA E CRECEMENTO DEMOGRÁFICO ● Desde finais do século XI produciuse unha mellora na agricultura en Europa occidental que permitiron aumentar a produtividade agrícola: Ampliouse o espazo cultivado: transformación de bosques en campos de cultivo, desecamento de zonas pantanosas, construción de diques e canles (Polders nos Países Baixos). Emprego de novas técnicas de cultivo como a rotación trienal que alternaba o barbeito con cereais de inverno e primavera. Aplicación de avances tecnolóxicos: arado normando, uso do cabalo como animal de tiro, emprego de muíños de auga e vento para moer o gran. Produciuse un aumento da poboación en Europa entre os séc. XII (45 millóns) e XIV (75 millóns) debido ao incremento da produción agrícola que permitiu unha mellor alimentación e, polo tanto, maior resistencia ás enfermidades. Orixináronse importantes cambios na sociedade feudal: Os campesiños que se instalaron nas novas terras cultivadas fóronse liberando do dominio señorial, xurdindo novas vilas de campesiños libres chamadas francas ou novas (Vilafranca do Bierzo, Vilanova das Infantas,…) As condicións de vida dos servos melloraron porque os señores exercían menos presión sobre o campesiñado sobre o pago das rendas. Os pagos con diñeiro foron cada vez máis habituais, substituíndo aos tributos en especie, polo que os lazos de dependencia dos servos debilitáronse e moitos puideron mercar a súa liberación con diñeiro. Para atraer campesiños, os señores ofrecían condicións de traballo cada vez máis vantaxosas, situación que contribuíu á progresiva eliminación da servidume.

Transcript of Renovación e crise no mundo feudal

Page 1: Renovación e crise no mundo feudal

1

RENOVACIÓN E CRISE NO MUNDO FEUDAL

INTRODUCIÓN

● A partires do século XI teñen lugar importantes transformacións no mundo agrario.

● O comercio reactívase.

● As cidades renacen e a burguesía vai ter cada vez máis importancia.

● Fortalécese o poder dos reis.

● Nos séculos XIV e XV prodúcese unha gran crise: fame, peste, conflitos bélicos e sociais.

● Aparición dos gremios.

1.- RENOVACIÓN AGRARIA E CRECEMENTO DEMOGRÁFICO

● Desde finais do século XI produciuse unha mellora na agricultura en Europa occidental que permitiron

aumentar a produtividade agrícola:

Ampliouse o espazo cultivado: transformación de bosques en campos de cultivo, desecamento de

zonas pantanosas, construción de diques e canles (Polders nos Países Baixos).

Emprego de novas técnicas de cultivo como a rotación trienal que alternaba o barbeito con cereais

de inverno e primavera.

Aplicación de avances tecnolóxicos: arado normando, uso do cabalo como animal de tiro, emprego

de muíños de auga e vento para moer o gran.

● Produciuse un aumento da poboación en Europa entre os séc. XII (45 millóns) e XIV (75 millóns) debido

ao incremento da produción agrícola que permitiu unha mellor alimentación e, polo tanto, maior

resistencia ás enfermidades.

● Orixináronse importantes cambios na sociedade feudal:

Os campesiños que se instalaron nas novas terras cultivadas fóronse liberando do dominio señorial,

xurdindo novas vilas de campesiños libres chamadas francas ou novas (Vilafranca do Bierzo,

Vilanova das Infantas,…)

As condicións de vida dos servos melloraron porque os señores exercían menos presión sobre o

campesiñado sobre o pago das rendas.

Os pagos con diñeiro foron cada vez máis habituais, substituíndo aos tributos en especie, polo que

os lazos de dependencia dos servos debilitáronse e moitos puideron mercar a súa liberación con

diñeiro.

Para atraer campesiños, os señores ofrecían condicións de traballo cada vez máis vantaxosas,

situación que contribuíu á progresiva eliminación da servidume.

Page 2: Renovación e crise no mundo feudal

2

2.- O DESENVOLVEMENTO COMERCIAL

● A mellora da agricultura estimulou o comercio, xerándose excedentes agrícolas que se intercambiaban

por outros produtos.

● Desenvolveuse un comercio local nas vilas e cidades e outro a longa distancia con mercadorías exóticas e

de luxo.

● Aumentou a circulación monetaria de ouro e prata que facilitaba os pagos. Tamén xurdiron novos

sistemas de pago en Italia, como a letra de cambio, un instrumento mercantil que permitía devolver o

diñeiro prestado ao cabo dun tempo no lugar e data fixada por escrito.

● En Europa occidental destacaron dúas zonas comerciais:

Os portos italianos de Pisa, Xénova e Venecia que controlaban o mercado do Mediterráneo e que

exploraron novas rutas cara o Extremo Oriente (Marco Polo, século XIII).

As cidades do norte de Europa, onde destacou a Hansa, unha agrupación de comerciantes do Mar

do Norte de do Báltico. Destacaron as cidades de Bruxas, Lübeck e Hamburgo.

● Xurdiron os mercados, lugares de intercambio entre os produtos do campo e as manufacturas elaboradas

nos obradoiros urbanos e que se celebraban todos os días ou só unha vez á semana, e as feiras, reunións

periódicas celebradas unha vez ao ano ás que acudían comerciantes de lugares moi afastados. As feiras

francesas de Champagne foron das máis importantes.

● Melloraron os sistemas de transporte tanto por terra como por mar, e apareceron outros novos: a

carreta de catro rodas; as cocas e as carracas para a navegación polo Mediterráneo e as carabelas polo

Atlántico; o astrolabio e o compás permitían orientarse e os portolanos eran mapas que sinalizaban as

costas e os portos; abríronse canais entre os ríos navegables.

3.- O RENACER URBANO

● Dende o século XI prodúcese un renacemento das cidades debido á renovación agraria, ao crecemento

da poboación e á reactivación do comercio.

● Revitalizáronse as cidades xa existentes e apareceron os burgos: novas poboacións xunto a castelos e

abadías ou barrios situados nos arrabaldes das cidades. Os seus habitantes denominábanse burgueses e

eran comerciantes e artesáns.

● Os reis impulsaron a fundación de novas cidades e a concesión de privilexios (Cartas de privilexios) ás xa

existentes. As xentes que lograban trasladarse dende as zonas rurais ás cidades gozaban de maior liberdade

e librábanse da servidume dos señores feudais.

● As cidades co paso do tempo foron adquirindo o dereito de gobernarse por si mesmas:

Ao principio organizáronse en Comunas ou asembleas de todos os veciños.

Posteriormente xurdiron os primeiros Concellos integrados por maxistrados (concelleiros) dirixidos

por un burgomestre ou alcalde que exercían o poder por delegación dos cidadáns.

O goberno das cidades foi quedando en mans das familias burguesas máis ricas, o patriciado

urbano, o que provocou revoltas do resto da poboación urbana.

Page 3: Renovación e crise no mundo feudal

3

● O crecemento das cidades axudou a transformar a sociedade feudal, facéndoa máis dinámica. Os novos

burgos acolleron a persoas dedicadas ao traballo artesanal e ao comercio que non dependían de ningún

señor feudal, formándose un novo grupo social, a burguesía:

A base da súa riqueza era o diñeiro pola venta de produtos e os beneficios dos negocios.

Grupos:

o Alta burguesía: grandes comerciantes, empresarios e banqueiros.

o Pequena burguesía: mestres artesáns e pequenos comerciantes.

A riqueza das cidades atraeu a nobres e eclesiásticos que construíron palacios, conventos e

igrexas.

Outros grupos: oficiais, aprendices, criados, xornaleiros,mendigos… (xente humilde)

Minorías relixiosas: xudeus que vivían en barrios separados, as xuderías. Eran artesáns,

prestamistas ou médicos.

A burguesía foi desprazando en poder e categoría á nobreza, e conseguiu algúns privilexios.

● O traballo urbano organizábase en gremios, asociación de artesáns que exercían o mesmo oficio

(ferreiros, zapateiros, panadeiros,…).

Os traballadores dividíanse en tres categorías: Aprendiz, aprendía o oficio durante un tempo no

que vivía co mestre ao que pagaba pola aprendizaxe; Oficial, recibía un salario polo seu traballo;

Mestre artesán: accedía a esta condición despois de realizar unha obra mestra, era o dono dun

obradoiro.

Normas: Ninguén podía realizar o seu oficio nunha cidade sen o seu permiso, todos os artesáns

debían traballar as mesmas horas e usar o mesmo tipo de ferramentas, controlaban a cantidade,

calidade e prezo final dos artigos.

Os artesáns dun mesmo oficio agrupábanse en rúas: prateiros, curtidores,…

● As cidades medievais :

Estaban rodeadas por murallas e o plano urbano era moi irregular. No centro estaba a praza

principal rodeada dos edificios máis importantes: concello, mercado, lonxa, catedral e palacios. No

resto do espazo urbano: vivendas, hospitais, hospedarías e edificios relixiosos.

As casas agrupábanse por barrios: xudaría, gremios, etc.

As rúas eran estreitas, sucias e sen rede de sumidoiros o que facía que abundaran as enfermidades

pola falta de hixiene (cólera, tifo, peste) e foran frecuentes os incendios.

4.- O AFIANZAMENTO DAS MONARQUÍAS

● A partir do século XII a autoridade dos monarcas refórzase con medidas como: o sometemento da

nobreza, a constitución dun exército propio formado por mercenarios (soldados profesionais a soldo) e

dirixido por nobres e mediante a creación dun corpo de funcionarios directamente ás ordes dos reis.

● Xorden as Cortes ou Parlamentos que establecían medidas de control á actuación dos monarcas. Neles, o

rei reuníase con representantes dos tres estamentos. Os reis tiñan que contar coa súa aprobación para

cuestións como o establecemento de novos impostos.

● Os señores feudais viron recortados os seus privilexios a favor do poder real e, en moitos caos,

opuxéronse. En Francia, a dinastía dos Capetos logrou derrotar e someter aos nobres que desafiaban a súa

autoridade. En Inglaterra, a dinastía dos Plantagenet tivo que pactar cos grupos sociais con máis poder e

Page 4: Renovación e crise no mundo feudal

4

recoñecerlles certos privilexios que recortaban o poder dos monarcas. Quedaron redactados nun

documento coñecido como Carta Magna (1215).

● Cando os monarcas precisaban de apoio para controlar aos nobres, os burgueses acudían na súa axuda

facilitándolles aos reis recursos económicos (diñeiro, soldados,...) e apoio político. A cambio recibían

protección e certos privilexios.

5.- A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA: SÉCULOS XIV E XV

● Desde comezos do século XIV, produciuse en Europa unha sucesión de malas colleitas que provocaron

escaseza de alimentos, fame e desnutrición. A isto hai que engadirlle a aparición da Peste Negra, unha

enfermidade que a partires de 1347 asolou Europa provocando uns 25 millóns de mortos, a paralización do

comercio e a redución das rendas señoriais, facendo que os señores trataran de recuperalas aumentando

as dos campesiños superviventes e endurecendo as condicións de servidume.

● Nos séculos XIV e XV tiveron lugar numerosos conflitos bélicos: Guerras entre estados que contribuíron a

aumentar o sentimento nacional, como a Guerra dos Cen Anos (1337-1453) que enfrontou a Francia e

Inglaterra. O pretexto da guerra foi o intento do rei inglés de ocupar o trono de Francia, que estaba

vacante, decisión que foi protestada por outros candidatos a ocupalo. Inicialmente, a guerra foi favorable

aos ingleses, pero finalmente a vitoria foi para os franceses (fazañas de Juana de Arco); Guerras civís, entre

candidatos do mesmo país para ocupar o trono: exemplo a Guerra das Dúas Rosas (1455-1485) en

Inglaterra entre os partidarios da casa de Lancaster (rosa vermella) e os partidarios da de York (rosa

branca).

● Foron numerosas as revoltas sociais tanto nas cidades como no campo:

En distintos lugares de Europa houbo revoltas urbanas que enfrontaron aos artesáns e ao

patriciado urbano debido ás desigualdades económicas e políticas existentes entre os habitantes

das cidades, e ás masas empobrecidas coa burguesía acomodada que, nalgúns casos, rematou con

actos violentos contra os xudeus (pogroms) aos que se acusaba das desgrazas colectivas.

Tamén houbo revoltas antiseñoriais que enfrontaron aos campesiños contra os señores polo

endurecemento do réxime feudal, xa que moitos señores para compensar a diminución de ingresos

por rendas aumentáronlles os impostos aos servos e endureceron as condicións de servidume

“malos usos”. A Jacquerie en Francia, o levantamento de Wat Tyler en Inglaterra ou o movemento

irmandiño en Galicia son claros exemplos destas revoltas.

6.- CARA A FIN DUNHA EPOCA

● O conxunto de cambios que tiveron lugar nos séculos XIV e XV contribuíron á decadencia do feudalismo:

O dominio do mundo rural deu paso ao rexurdimento da vida urbana e á aparición da

burguesía.

A nobreza sufriu a crise económica e viu como diminuían as súas rendas.

As monarquías reforzaron o seu poder fronte aos señores feudais e puxéronse as bases

dos Estados modernos.

Escritores, artistas, pensadores e navegantes contribuíron ao cambio de mentalidade.