A crise económica

19
A crise económica que estamos a padecer ten a súa orixe na aplicación das doutrinas económicas neoliberais que construíron unha economía dominada polo capital financeiro, guiada por criterios de investimento de carácter predominantemente especulativo, cada vez máis desconectada da economía real e das necesidades reais dos pobos e das persoas.

Transcript of A crise económica

A crise económica que estamos a padecer ten a súa orixe na aplicación das doutrinas económicas neoliberais que construíron unha economía dominada polo capital financeiro, guiada por criterios de investimento de carácter predominantemente especulativo, cada vez máis desconectada da economía real e das necesidades reais dos pobos e das persoas.

O sistema capitalista neoliberal promovido nas décadas dos 80 polo ex-presidente dos EEUU, Ronald Reagan e pola Primeira Ministra británica, Margaret Thacher, foi importado ao estado español polos dous grandes partidos que desde entón se alternan no goberno do estado. A actual UE responde a ese modelo que hoxe está en crise: a economía ao servizo da banca.

Esta é a crise dun modelo socioeconómico fracasado e inxusto, que afonda nas desigualdades sociais, favorece a acumulación de riquezas e crea máis pobreza.

É a crise dunha humanidade pervertida a si mesma para que una minoría se farte a gañar cartos. Hai billóns de € para plans de rescate dos bancos, pero non hai cartos para evitar 25.000 mortes diarias en todo o mundo a causa da fame.

Lembremos como as primeiras medidas de intervención pública foron dirixidas a sanear o sistema financeiro, destinando inxentes cantidades de diñeiro para tapar a pésima xestión dos executivos financeiros.

Baixo a presión dos “lobbies” financeiros, os obedientes gobernos español e galego non dubidan en aplicar a estratexia ditada por aqueles, dirixida sobre todo a recortar conquistas sociais básicas para a maioría do pobo.

Aproveitan a actual crise económica para

acelerar o desmantelamento ou

privatizar, aínda máis, os servizos públicos.

As política aplicadas polo sistema económico neoliberal procuran a privatización e mercantilización de todo o que é

público.

Poñen en mans privadas

cantidades indecentes de

cartos que deberían ser

usados en beneficio do conxunto do

pobo.

Non adoptan ningún tipo de medidas contra o sistema que creou a crise. Tanto os gobernos da Xunta como o do Estado pasan agora factura aos cidadáns en forma de recortes nos dereitos laborais, recortes salariais, subida de impostos... e todo para que a grande ruleta do casino non deixe de xirar.

Pretenden reflotar a gran maquinaria capitalista neoliberal para que nada cambie, e intentarán facelo á nosa costa; que sexamos a clase traballadora quen paguemos a crise que creou o capital.

Non se pode remontar a crise provocada polo neoliberalismo con máis receitas neoliberais!

Nin PP nin PSOE cuestionan o modelo. Para eles vivimos no mellor dos mundos posíbeis, e todo se reduce a se goberna un ou outro.

O novo modelo económico e social non vai vir da man do capital financeiro, nin dos especuladores, nin daqueles gobernos que avalaron estas políticas neoliberais que nos levaron a actual crise.

Tampouco daqueles aos que lles vai tan ben con ese mesmo modelo co que en plena crise están a gañar miles de millóns de euros, como as grandes empresas que cotizan en bolsa ou os grandes bancos europeos.

Debemos sentar as bases para un novo modelo socioeconómico que reforce as políticas sociais

e que aseguren un desenvolvemento máis xusto, máis democrático e máis sustentábel.

Un novo modelo coa economía ao servizo do pobo.

Con intervención pública na economía para sentar as bases dun cambio estrutural que leve a unha organización e desenvolvemento da economía baseada no traballo produtivo (non especulativo) e no dereito dos pobos a producir.

Afortalar os servizos públicos sociais como medida para corrixir as desigualdades sociais, crecentes nesta época de crise.

Non podemos permitir que o individualismo competitivo lle gane a batalla á loita e ao benestar colectivo.

Leva anos e traballo conseguir dereitos, pero leva moito menos tempo perdelos.

O pobo galego debe adquirir a consciencia de que ninguén dá pesos a catro pesetas e de que para existir hai que loitar.

Traballemos por políticas progresistas favorábeis ás maiorías sociais, fronte aos proxectos neoliberais.