Renovación e crise no mundo feudal

20
2º ESO RENOVACIÓN E CRISE NO MUNDO FEUDAL

Transcript of Renovación e crise no mundo feudal

Page 1: Renovación e crise no mundo feudal

2º ESO

RENOVACIÓN E CRISE NO

MUNDO FEUDAL

Page 2: Renovación e crise no mundo feudal

INTRODUCIÓN

● A partires do século XI teñen lugar importantes transformacións no mundo agrario.

● O comercio reactívase.

● As cidades renacen e desenvólvese a burguesía.

● Aparecen os gremios.

● Fortalécese o poder dos reis sobre a nobreza feudal.

● Nos séculos XIV e XV prodúcese unha gran crise: fame, peste, conflitos bélicos e sociais.

Page 3: Renovación e crise no mundo feudal

● Desde finais do século XI producíronse unha serie de melloras na agricultura de Europa occidental que permitiron aumentar a produtividade agrícola:

➢ Ampliouse o espazo cultivado: transformación de bosques en campos de cultivo, desecamento de zonas pantanosas, construción de diques e canles (Polders nos Países Baixos).

➢ Emprego de novas técnicas de cultivo como a rotación trienal que alternaba o barbeito con cereais de inverno e primavera.

➢ Aplicación de avances tecnolóxicos: arado normando, uso do cabalo como animal de tiro, emprego de muíños de auga e vento para moer o gran.

1.- RENOVACIÓN AGRARIA E CRECEMENTO DEMOGRÁFICO

Page 4: Renovación e crise no mundo feudal

APEIROS AGRÍCOLAS

MUÍÑO DE VENTO MUÍÑO DE AUGA

ARADO NORMANDO

Page 5: Renovación e crise no mundo feudal

● Houbo un aumento da poboación en Europa entre os séc. XII (45 millóns) e XIV (75 millóns) debido ao incremento da produción agrícola que permitiu unha mellor alimentación e, polo tanto, maior resistencia ás enfermidades.

● Orixináronse importantes cambios na sociedade feudal:

➢ Xorden novas vilas de campesiños libres chamadas francas ou novas (Vilafranca do Bierzo, Vilanova das Infantas,…)

➢ As condicións de vida dos servos melloraron porque os señores exercían menos presión sobre o campesiñado.

➢ Os pagos con diñeiro foron substituíndo ás rendas en especie e moitos servos puideron mercar a súa liberación con diñeiro.

➢ Os señores ofrecían condicións de traballo cada vez máis vantaxosas aos campesiños, o que contribuíu á progresiva eliminación da servidume.

1.- RENOVACIÓN AGRARIA E CRECEMENTO DEMOGRÁFICO

EVOLUCIÓN POBOACIÓN EUROPEA

Page 6: Renovación e crise no mundo feudal

2.- O DESENVOLVEMENTO COMERCIAL

● A mellora da agricultura estimulou o comercio, xerándose excedentes agrícolas que se intercambiaban por outros produtos.

● Desenvolveuse un comercio local nas vilas e cidades e outro a longa distancia con mercadorías exóticas e de luxo.

● Aumentou a circulación monetaria de ouro e prata que facilitaba os pagos. Tamén xurdiron novos sistemas de pago en Italia, como a letra de cambio, un instrumento mercantil que permitía devolver o diñeiro prestado ao cabo dun tempo no lugar e data fixada por escrito.

● En Europa occidental destacaron dúas zonas comerciais:

➢ Os portos italianos de Pisa, Xénova e Venecia que controlaban o mercado do Mediterráneo e que exploraron novas rutas cara o Extremo Oriente (Marco Polo, século XIII).

➢ As cidades do norte de Europa, onde destacou a Hansa, unha agrupación de comerciantes do Mar do Norte de do Báltico. Destacaron as cidades de Bruxas, Lübeck e Hamburgo.

Page 7: Renovación e crise no mundo feudal

O COMERCIO EUROPEO NA IDADE MEDIA

Page 8: Renovación e crise no mundo feudal

2.- O DESENVOLVEMENTO COMERCIAL

● Xurdiron os mercados, lugares de intercambio entre os produtos do campo e as manufacturas elaboradas nos obradoiros urbanos e que se celebraban todos os días ou só unha vez á semana, e as feiras, reunións periódicas celebradas unha vez ao ano ás que acudían comerciantes de lugares moi afastados. As feiras francesas de Champagne foron das máis importantes.

● Melloraron os sistemas de transporte tanto por terra como por mar, e apareceron outros novos: a carreta de catro rodas; as cocas e as carracas para a navegación polo Mediterráneo e as carabelas polo Atlántico; o astrolabio e o compás permitían orientarse e os portolanos eran mapas que sinalizaban as costas e os portos; abríronse canais entre os ríos navegables

Page 9: Renovación e crise no mundo feudal

● Dende o século XI prodúcese un renacemento das cidades debido á renovación agraria, ao crecemento da poboación e á reactivación do comercio.

● Revitalizáronse as cidades xa existentes e apareceron os burgos: novas poboacións xunto a castelos e abadías ou barrios situados nos arrabaldes das cidades. Os seus habitantes denominábanse burgueses e eran comerciantes e artesáns.

● Os reis impulsaron a fundación de novas cidades e a concesión de privilexios (Cartas de privilexios) ás xa existentes. As xentes que lograban trasladarse dende as zonas rurais ás cidades gozaban de maior liberdade e librábanse da servidume dos señores feudais.

3.- O RENACER URBANO

A CIDADE MEDIEVAL DE FEURS (FRANCIA)

LENDA:1. pendente2. foxo3. murallas4. ameas5. torre6. porta da cidade

7. ponte levadiza8. campanario9. igrexa10. burgo11. campiña12. ribeira

Page 10: Renovación e crise no mundo feudal

● As cidades co paso do tempo foron adquirindo o dereito de gobernarse por si mesmas:

➢ Ao principio organizáronse en Comunas ou asembleas de todos os veciños.

➢ Posteriormente xurdiron os primeiros Concellos integrados por maxistrados (concelleiros) dirixidos por un burgomestre ou alcalde que exercían o poder por delegación dos cidadáns.

➢ O goberno das cidades foi quedando en mans das familias burguesas máis ricas, o patriciado urbano, o que provocou revoltas do resto da poboación urbana.

Palacio comunal de Siena (Italia)

3.- O RENACER URBANO

Page 11: Renovación e crise no mundo feudal

● O crecemento das cidades axudou a transformar a sociedade feudal, facéndoa máis dinámica. Os novos burgos acolleron a persoas dedicadas ao traballo artesanal e ao comercio que non dependían de ningún señor feudal, formándose un novo grupo social, a burguesía:

➢ A base da súa riqueza era o diñeiro pola venta de produtos e os beneficios dos negocios.

➢ Grupos:

Alta burguesía: grandes comerciantes, empresarios e banqueiros.

Pequena burguesía: mestres artesáns e pequenos comerciantes.

➢ A riqueza das cidades atraeu a nobres e eclesiásticos que construíron palacios, conventos e igrexas.

➢ Outros grupos: oficiais, aprendices, criados, xornaleiros, mendigos…(xente humilde)

➢ Minorías relixiosas: xudeus que vivían en barrios separados, as xuderías. Eran artesáns, prestamistas ou médicos.

➢ A burguesía foi desprazando en poder e categoría á nobreza, e conseguiu algúns privilexios.

BURGUESES

3.- O RENACER URBANO

Page 12: Renovación e crise no mundo feudal

● O traballo urbano organizábase en gremios, asociación de artesáns que exercían o mesmo oficio (ferreiros, zapateiros, panadeiros,…).

➢ Os traballadores dividíanse en tres categorías: Aprendiz, aprendía o oficio durante un tempo no que vivía co mestre ao que pagaba pola aprendizaxe; Oficial, recibía un salario polo seu traballo; Mestre artesán: accedía a esta condición despois de realizar unha obra mestra, era o dono dun obradoiro.

➢ Normas: Ninguén podía realizar o seu oficio nunha cidade sen o seu permiso, todos os artesáns debían traballar as mesmas horas e usar o mesmo tipo de ferramentas, controlaban a cantidade, calidade e prezo final dos artigos.

➢ Os artesáns dun mesmo oficio agrupábanse en rúas: prateiros, curtidores,…

3.- O RENACER URBANO

Page 13: Renovación e crise no mundo feudal

● As cidades medievais :

➢ Estaban rodeadas por murallas e o plano urbano era moi irregular. No centro estaba a praza principal rodeada dos edificios máis importantes: concello, mercado, lonxa, catedral e palacios. No resto do espazo urbano: vivendas, hospitais, hospedarías e edificios relixiosos.

➢ As casas agrupábanse por barrios: xudaría, gremios, etc.

➢ As rúas eran estreitas, sucias e sen rede de sumidoiros o que facía que abundaran as enfermidades pola falta de hixiene (cólera, tifo, peste) e foran frecuentes os incendios.

3.- O RENACER URBANO

Page 14: Renovación e crise no mundo feudal

4.- O AFIANZAMENTO DAS MONARQUÍAS

● A partir do século XII a autoridade dos monarcas refórzase con medidas como: o sometemento da nobreza, a constitución dun exército propio formado por mercenarios ou a creación dun corpo de funcionarios ás ordes dos reis.

● Xorden as Cortes ou Parlamentos. Neles, o rei reuníase con representantes dos tres estamentos para aprobar cuestións como o establecemento de novos impostos.

● Os señores feudais viron recortados os seus privilexios a favor do poder real e, en moitos casos, opuxéronse. En Francia, a dinastía dos Capetos logrou derrotar e someter aos nobres. En Inglaterra, a dinastía dos Plantagenet tivo que pactar cos grupos sociais con máis poder (nobreza, clero e burguesía) e recoñecerlles privilexios. Quedaron redactados nun documento coñecido como Carta Magna (1215).

● Cando os monarcas precisaban de apoio para controlar aos nobres, os burgueses acudían na súa axuda facilitándolles aos reis recursos económicos (diñeiro, soldados,...) e apoio político. A cambio recibían protección e certos privilexios.

PARLAMENTO INGLÉS

Page 15: Renovación e crise no mundo feudal

5.- A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA: SÉCULOS XIV E XV

● Desde comezos do século XIV, produciuse en Europa unha sucesión de malas colleitas que provocaron escaseza de alimentos, fame e desnutrición.

● Procedente de Crimea, chega a Peste Negra, unha enfermidade que a partires de 1347 asolou Europa provocando uns 25 millóns de mortos, a paralización do comercio e a redución das rendas señoriais, facendo que os señores trataran de recuperalas aumentando as dos campesiños superviventes e endurecendo as condicións de servidume.

Page 16: Renovación e crise no mundo feudal

EXTENSIÓN DA PESTE NEGRA POR EUROPA NO SÉCULO XIV

Page 17: Renovación e crise no mundo feudal

5.- A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA: SÉCULOS XIV E XV

● Nos séculos XIV e XV tiveron lugar numerosos conflitos bélicos:

➢ Guerras entre estados que contribuíron a aumentar o sentimento nacional, como a Guerra dos Cen Anos (1337-1453) que enfrontou a Francia e Inglaterra.

➢ Guerras civís, entre candidatos do mesmo país para ocupar o trono: exemplo a Guerra das Dúas Rosas (1455-1485) en Inglaterra entre os partidarios da casa de Lancaster (rosa vermella) e os partidarios da de York (rosa branca).

BATALLA DE CRECY

EUROPA NO SÉCULO XIV

Page 18: Renovación e crise no mundo feudal

5.- A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA: SÉCULOS XIV E XV

● Foron numerosas as revoltas sociais tanto nas cidades como no campo:

➢ En distintos lugares de Europa houbo revoltas urbanas que enfrontaron aos artesáns e ao patriciado urbano e tamén ás masas empobrecidas coa burguesía acomodada que, nalgúns casos, remataron con actos violentos contra os xudeus (pogroms).

➢ No campo houbo revoltas antiseñoriais que enfrontaron aos campesiños contra os señores polo endurecemento do réxime feudal. A Jacquerie en Francia ou o movemento irmandiño en Galicia son exemplos.

Page 19: Renovación e crise no mundo feudal

6.- CARA A FIN DUNHA EPOCA

● O conxunto de cambios que tiveron lugar nos séculos XIV e XV contribuíron á decadencia do feudalismo:

➢ O dominio do mundo rural deu paso ao rexurdimento da vida urbana e á aparición da burguesía.

➢ A nobreza sufriu a crise económica e viu como diminuían as súas rendas.

➢ As monarquías reforzaron o seu poder fronte aos señores feudais e puxéronse as bases dos Estados modernos.

➢ Escritores, artistas, pensadores e navegantes contribuíron ao cambio de mentalidade.

Page 20: Renovación e crise no mundo feudal

FIN