Relatos juntos

6
AS NOTAS Un día de inverno, na aula de música do meu cole, as notas do pentagrama, sentíanse moi tristes xa que ninguén as solfeaba. Ademais era o aniversario da nota Sol e tiña a súa plica moi peiteada e cunha diadema bonita de margaritas e como ninguén abrise o libro de música, non poderían celebralo e seria unha mágoa porque levaban dende o ano anterior preparando a festa. Sempre era moi espectacular, pero este ano ía ter máis luces, comida, serpentinas e moitos, pero que moitos sons. Invitarían a todas as notas que coñecían e inda así a Sol parecíanlle poucas e iso que eran máis de 200! Cando por fin abriron o libro sentíronse moi aliviadas xa que poderían celebralo, pero...Sol desapareceu. Buscaron por todos os lados, ata os que nunca quería ir, pero nada non a atoparon. Foron a súa liña do pentagrama e ollaron unha nota ``Vou buscar máis serpentinas a tenda da nai de Re volvo nunha hora´´. Pasado o tempo e como non aparecía, as súas mellores amigas Si e Mi foron a buscala xa que non podían aguantar a angustia de non saber nada. Non estaba na tenda e tampouco na da súa tía. De súpeto, viron outra nota debaixo da súa liña, no espazo da Fa. Indicaba que baixaran a liña de Mi. Cando o fixeron, Sol dixo: SORPRESA!!! É unha festa para vos por axudarme nos momentos tristes. As demais notas quedaron atónitas e todas ao mesmo tempo dixeron: moitas grazas, Sol. Falta unha cousa dixo Mi, os teus agasallos. Regaláronlle tantas cousas que non sabia onde metelas. De repente espertei, era só un soño. Claro, estaba a soñar coa miña aficción, a música, e o que pasou no aniversario da miña amiga Alba.

description

Relatos presentados ao III relatos curtos con dous finalistas

Transcript of Relatos juntos

Page 1: Relatos juntos

AS NOTAS

Un día de inverno, na aula de música do meu cole, as notas do pentagrama, sentíanse moi

tristes xa que ninguén as solfeaba. Ademais era o aniversario da nota Sol e tiña a súa plica moi

peiteada e cunha diadema bonita de margaritas e como ninguén abrise o libro de música, non

poderían celebralo e seria unha mágoa porque levaban dende o ano anterior preparando a festa.

Sempre era moi espectacular, pero este ano ía ter máis luces, comida, serpentinas e moitos, pero

que moitos sons.

Invitarían a todas as notas que coñecían e inda así a Sol parecíanlle poucas e iso que eran

máis de 200! Cando por fin abriron o libro sentíronse moi aliviadas xa que poderían celebralo,

pero...Sol desapareceu. Buscaron por todos os lados, ata os que nunca quería ir, pero nada non a

atoparon. Foron a súa liña do pentagrama e ollaron unha nota ``Vou buscar máis serpentinas a

tenda da nai de Re volvo nunha hora´´.

Pasado o tempo e como non aparecía, as súas mellores amigas Si e Mi foron a buscala xa

que non podían aguantar a angustia de non saber nada. Non estaba na tenda e tampouco na da

súa tía. De súpeto, viron outra nota debaixo da súa liña, no espazo da Fa. Indicaba que baixaran

a liña de Mi. Cando o fixeron, Sol dixo: SORPRESA!!! É unha festa para vos por axudarme nos

momentos tristes.

As demais notas quedaron atónitas e todas ao mesmo tempo dixeron: moitas grazas, Sol.

Falta unha cousa dixo Mi, os teus agasallos. Regaláronlle tantas cousas que non sabia onde

metelas.

De repente espertei, era só un soño. Claro, estaba a soñar coa miña aficción, a música, e

o que pasou no aniversario da miña amiga Alba.

Page 2: Relatos juntos

O boneco máxico

Vouvos contar unha historia dun boneco máxico, pero non o que todos estamos acostumados; xa que

este era.....; ben xa o iredes descubrindo.

Un sábado pola maña, moi cedo, Sara e o seu pai camiñaban polas rúas desertas da súa cidade para ir

a mercar un boneco. Entraron e Sara dirixiu a vista a un que destacaba entre todos pola súa vestimenta.

Non quixo outro, saíu con ese e meteuno na mochila sen imaxinar o que ía pasar.

De repente escoitou unha voz que viña da mochila:

- Ola

-Quen...quen fala?

-Mira na mochila, son o boneco que acabas de mercar

- E, e, e... ti falas?

-Claro que si, que boneco non fala

-Ningún boneco fala, só ti

-Si!

Chegaron a casa, díxolle que se calara . Entraron e nai de Sara, Clara, comentoulle que o agasallo era

para que recollera sempre a súa habitación antes de ir ao colexio. A nena facíao todos os días despois de

chegar do cole. Pero como nos pasa sempre aos nenos, despistouse de recoller e cando chegou a casa o

boneco non estaba e dirixiuse xunta a súa nai:

- Sara, non tés o boneco porque non recolliches o teu cuarto. Tiven que facelo eu.

- Ese boneco é moi especial. Non o entendes

Sara deuse conta do que perdera e empezou a obedecer para recuperar o boneco co que falaba de

cousas que non lle contara a ninguén, nin das seus primeiras experiencias. Conseguiuno recuperar e, a partir

dese momento, o boneco ía con ela a todas partes.

Hoxe, en día é mestra nun colexio e comprende a todos os nenos que din que teñen un boneco co que

falan, aínda que só o poidan escoitar eles.

pseudónimo:

Categoría:

Page 3: Relatos juntos
Page 4: Relatos juntos

Salvemos Fairitopia

Érase unha vez, fai un montón de séculos, as fadas coidaban do planeta moi ben.

Había todo tipo de fadas: bolboretas, de cristal, vagalumes... Cada unha encargábase dunha cousa.

Vivían nun marabilloso lugar chamado Fai e a todas gustáballe ocuparse das súas tarefas, ben, a

case todas. Bela, só quería ler e cantar, normalmente quedábase durmida e nunca era puntual. Tiña

17 anos, pelo rubio, ollos azuis e delgada. Tiña unha pixi chamada Nora, as pixis eran persoas

pequechas con distintos poderes.

Un día foi de paseo con Nora a un lago e cando chegaron ao final do camiño, decidiron ir para casa,

en Fairotopia. Ían moi contentas e sen percatarse entraron nun pantano moi escuro. Nora escoitou

un búho e meteuse na mochila da súa dona.

-Jajajaja, Nora, non hai que ter medo.

-Jiji.

As dúas voaban co medo no corpo, so que Bela tiña que mentirlle para que non se asustara. De

súpeto encontráronse cun trol, feo e gordo. Comenzaron a voar rapidamente e o trol as seguía moi

de cerca. Chegaron a Fairotopia:

-Socooooorroooooooo.

-Que pasa?- dicían os veciños alborotados

-Un trol mamá, é un trol.- dicíalle Bela a súa nai.

-Si, e certo- repetía Nora moi asustada.

Os trols eran moi lentos e por tanto quedaron atrás. Bela preocupada foi ao lago de cristal e

encontrouse cunha serea, si tamén había e outros seres fantásticos:

-Ola -saudoulle triste

-Ola, non pareces estar de bo humor.

-Pois non, a verdade. Fun de excursión con Nora, e un trol perseguiunos, xa debe estar por chegar.

-Ai non!, se queres podo reunir a todo o reino acuático e axudámoste.

-Iso seria fantástico!

Dito e feito, derrotaron ao trol e dende entón fadas e sereas leváronse mellor.

Pseudónimo:

Categoría : primaria

Page 5: Relatos juntos

A flor vermella

Érase unha vez 7 xoaniñas que se facían chamar”A flor vermella”, xa que

cando se xuntan parecen unha flor vermella cun puntiños negros .Un día

soleado, pola maña e na biblioteca foron as xoaniñas: Lara a simpatica, Tómas o

listo, Lucas o tímido, Lucia a boa, Alex o gruñón e por ultimo as dúas xemelas

Paula e Paulina.

As xoaniñas cando estaban na biblioteca, colleron un libro e comerón as

follas. Devoraron e devoraron ata que chegou a noite e tocaron as doce , os

libros cobraron vida e enfadaronse moito ao ver as súas follas. Tomás ,o listo,

tiña unha idea para escapar, xa que os engaloiaron. Non se lles ocurrira escapar

polo medio das reixas. Escaparon e voaron como nunca o fixeran. Alex,o

gruñón, era o mais rapido e chegou a casa de Lara antes cos demáis. Non se lles

volvera a ocurrir ir a ningunha biblioteca mais. Tomaron un pouquiño de cacao

e galetas e durmironse en forma de flor vermella e soaron todos o mesmo.

Dende aquela foron mellores amigos. Soñaron o bo que seria vivir na

biblioteca. Cando Lara espertou deuse conta que tiña que decirlles aos seus

amigos que tiñan que irse a súa casa. Ao día seguinte foron ao campo de

excursión; pero ,de súpeto, virón que a xente daquela casa acercabase, fixeron a

flor vermella .Os nenos acercabanse pouco a pouco e viron as xoaniñas

,pensaron que era era unha flor calquera e a ignoraron. Elas sairon voando e

foron as súas casas, tomaron a cea, lavaron os dentes e soñaron con moitas

cousas mais coma toda esta historia.

Pseudónimo: Blancanieves

Categoría: primaria

Page 6: Relatos juntos

UN EXTRAÑO DÍA DE

Un escuro e tormentoso día de outono descubrimos que no noso colexio pasaban

cousas descoñecidas. Decátamonos durante un eclipse solar, pasou por diante miña un

enorme basilisco (coa de serpente, ás de dragón, cabeza e patas de galo, alento velenoso

e mirada petrificadora). Eu sorprendinme moito, pero alí non acabou a cousa, seguiron

pasando estraños sucesos, vin unha quimera (cabeza de león, corpo de cabra e cola de

dragón, tamén chuspía fogo). O basilisco e a quimera multiplicáronse con distintas

versións, aterrorizaron a todo o colexio: o basilisco petrificou a varios nenos, envelenou

a tres e queimou a unha nena, e por se fose pouco a quimera asou a uns cantos. Os que

quedamos fartámonos, xa non aguantábamos mais. Pensábamos como exterminalos,

sobre todo cando un basilisco encerroume no baño. Pouco despois, xusto cando ía a

petrificarme mirouse ao espello e converteuse en pedra, ao momento desfíxose. Eu fun a

avisar a os demais e dinme conta de que faltaba un de eles, contáronme que unha

quimera o raptara e foi levado a unha das clases. Eu fun a buscalo e o vin acorralado,

collín un bolígrafo bic e se o pasei, él clavouno no pescozo e desfíxose. Vimos que nos

compoñentes poñía “chumbo”, nós deducimos que se desfixera. Armámonos con anacos

de cristal e bolígrafos. Erradicamos tod@s os que nos encontramos e así acabamos coa

invasión dos basiliscos e quimeras do colexio.

Despois de iso todo volveu a normalidade e os nen@s desaparecidos volveron, e

nunca mais volvín a ver da mesma maneira un bolígrafo nin un anaco de cristal.

Pseudónimo:Luffy

Categoría: Primaria