Recomendacións Lectoras Nadal 2013
-
Upload
biblioteca-vios -
Category
Documents
-
view
233 -
download
2
description
Transcript of Recomendacións Lectoras Nadal 2013
algo terá que servir que a súa autora sexa matemática...O ilustrador, Xosé Tomás, enche de imaxes as páxinas, co estilo e o bo facer a que nos ten acostumados.
Tesa de Pilar MolinaEditorial Edebé
(Premio Edebé de literatura juvenil 2013)
Tesa desperta cada noite sobresaltada cos ruídos que percorren o antigo piso no que vive coa avoa e a bisavoa. Haberá
moito que descubrir detrás das portas agachadas, balcóns pechados e, sobre todo, no misterioso despacho do seu bisavó no que ninguén entra desde hai anos.
Quedaos en la trinchera y luego corredde John BoyneEditorial Nube de Tinta
Do autor de “O neno do pixama a raias” chega esta historia ambientada na Primera Guerra Mundial que narra a
experiencia de Alfie, un mozo sensible que un día descobre que o seu pai non morreu na guerra tal como el cría e que se propón atopalo.É un libro cunha linguaxe sinxela, áxil, cheo de acción e fácil de ler.
Yo fui a EGBde Javier Ikaz y Jorge DíazEditorial Plaza y JanésSe queres regalar un libro entretido a teus pais que rondan os 40, anímate. Volverán revivir a súa nenez e a súa xuventude. Para ler e sorrir.
Ás veces quero morrer coa risade Birgit Schlieper e Nina Stahl
Editorial Galaxia
O resumo, feito pola editora, é absolutamente aclaratorio:
"O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo con
todo o que lle queda por vivir: ter noiva, o primeiro coche, ir a concertos..., en definitiva, todo o que calquera adolescente devece por facer. Séntese furioso, desvalido e enganado pola vida. Todo semella inxusto. Ten que decidir onde pasar o tempo que lle queda, se seguir no hospital, onde está rodeado por persoas que comparten o mesmo fado, ou marchar cos seus pais. Mais coñece a Helene, unha rapaza que está aínda máis enferma ca el. Así, coa aparición do amor, descobre un posible sentido para o tempo que lle queda: quere pasalo con Helene." Unha historia impresionante que se presta para falar e falar...
La isla de Bowende César MallorquíEditorial Edebé
1920. Todo empezou co asasinato do mariñeiro inglés Jeremiah Perkins en Havoysund, un pequeno porto de Noruega situado no Ártico, e co misterioso
paquete que, antes de morrer, Perkins enviou a Lady Elisabeth Faraday. Ou quizais a historia empezara antes, cando se descubriron unhas estrañas reliquias no interior dunha vella cripta medieval...O profesor Ulises Zarco e o seu axudante, Adrián Cairo, percorreron o mundo enfrontándose a toda clase de perigos, pero non estaban preparados para afrontar o temible misterio que envolve a illa de Bowen, máis alá do Círculo Polar.
Alua.comde Care SantosEditorial Rodeira
Dicir que esta novela recrea e actualiza a historia de Cyrano de Bergerac é só unha das súas moitas garantías. Unha obra intensa en
todos os seus ingredientes: polas emocións que se viven, polas situacións levadas o límite, polo seu estilo hiperbólico... É unha fiestra aberta ao mundo da mocidade de hoxe, cunha carga de naturalidade, compañeirismo e amor que moitas veces o mundo adulto se nega a concederlles aos mozos.
Chamando ás portas do ceode Jordi Sierra y FabraEditorial Rodeira
Silvia, estudante de Medicina, marcha á India
para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, enfrontáse cos seus pais e co seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por un lado Arturo, que a espera en España; por outro Leo, o médico, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras. …
Universo Pitágorasde Rocío Leira CastroEditorial Biblos Club de Lectores
Un libro que se presenta (no prólogo) como enmeigado por un trasno matemático que o castiga porque a
súa autora ten un erro á hora de facer unha complicada multiplicación. O maleficio consiste en desordenar os capítulos, de forma que será o propio lector o que ha de buscar a orde de lectura, en base á solución do xogo que lle propón a autora, ao final de cada capítulo. Polo tanto, debemos facer unha lectura activa. Pitágoras e o seu universo está presente no argumento de cada un dos capítulos. De