Recomendacións Nadal 2015

2
¡VOY A COMEDTE! Jean Marc Derouen Editorial Kokinos Un lobo malo, famento e que fala dunha forma rarísima espe- ra no bosque a que apareza un delicioso bocado. Con tan mala sorte que se topa cun par de coellos listos que lle quitarán un pelo que ten na lingua e, sobre todo… as ganas para comer carne! EL LIBRO SIN DIBUJOS B. J. Novak Editorial Planeta Sorprendentemente simple e enxe- ñoso ao mesmo tempo. Este libro provoca a risa cada vez que o abri- mos, crea unha experiencia agra- dable e inspiradora de lectura com- partida! MI PRIMER LIBRO DE HISTORIA Teresa Tellesea Ediciones SM Este libro contén divertidas ilustra- cións a toda páxina e textos sinxe- los sobre os 22 períodos históricos máis representativos e que máis interesan aos primeiros lectores. O MOSTRO DE CORES Anna Llenas Editorial Flamboyant O Monstro de Cores non sabe que lle pasa. Fíxose unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo. Unha historia sinxela e divertida, que introduce a pequenos e a maiores na fascinante linguaxe das emocións. A GRAMOLA GOMINOLA Editorial Galaxia Un libro-disco no que se fai un percorrido pola historia da música contemporánea. Unha caixa chea de sorpre- sas para levar a rapazada a unha viaxe pola música mo- derna. Prelectores EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA EQUIPO BIBLIOTECA PdB http://bibliotecapdb.blogspot.com.es/ Nadal 2015 CEIP PONTE DOS BROZOS

Transcript of Recomendacións Nadal 2015

Page 1: Recomendacións Nadal 2015

¡VOY A COMEDTE! Jean Marc Derouen Editorial Kokinos Un lobo malo, famento e que fala dunha forma rarísima espe-ra no bosque a que apareza un delicioso bocado. Con tan mala sorte que se topa cun par de coellos listos que lle quitarán un pelo que ten na lingua e, sobre todo… as ganas para comer carne!

EL LIBRO SIN DIBUJOS B. J. Novak Editorial Planeta Sorprendentemente simple e enxe-ñoso ao mesmo tempo. Este libro provoca a risa cada vez que o abri-mos, crea unha experiencia agra-dable e inspiradora de lectura com-partida!

MI PRIMER LIBRO DE HISTORIA Teresa Tellesea Ediciones SM Este libro contén divertidas ilustra-cións a toda páxina e textos sinxe-los sobre os 22 períodos históricos máis representativos e que máis interesan aos primeiros lectores.

O MOSTRO DE CORES Anna Llenas Editorial Flamboyant O Monstro de Cores non sabe que lle pasa. Fíxose unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo. Unha historia sinxela e divertida, que introduce a pequenos e a maiores na fascinante linguaxe das emocións.

A GRAMOLA GOMINOLA Editorial Galaxia Un libro-disco no que se fai un percorrido pola historia da música contemporánea. Unha caixa chea de sorpre-sas para levar a rapazada a unha viaxe pola música mo-derna.

Pre– lectores

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

EQUIPO BIBLIOTECA PdB

http://bibliotecapdb.blogspot.com.es/

Nadal 2015

CEIP PONTE DOS BROZOS

Page 2: Recomendacións Nadal 2015

¡CÓMO EL GRINCH ROBÓ LA NAVIDAD! DR. Seuss Editorial Beascoa O Grinch ten o corazón tres ve-ces máis pequeno que o resto dos habitantes de Whoville. Por iso, cando comezan cos prepara-tivos do Nadal, trata de impedir a celebración roubando todos os agasallos e aderezos...

LA CASA DE LOS RATONES Karina Schaapman Editorial Blackie Books Acompaña aos seus protagonis-tas para descubrir un agocho secreto, facer deliciosas tortas, visitar a mellor pastelaría do mundo e unha tenda onde ven-den de todo...Os días pasan voando nesta casa tan singular.

INVENTARIO DE INSECTOS Virginie Aladjidi Editorial Kalandraka A súa complexidade morfolóxica, a súa utilidade no ciclo da natureza, a notable abundancia de espe-cies... Todo o que precisamos sa-ber sobre os insectos, nun fermoso libro evocador dos antigos cader-nos de campo.

OSIÑO Else Holmelund Minarik Editorial Kalandraka O primeiro título dunha serie protago-nizada por unha entrañable familia de osos. Relatos breves que nos atra-parán pola súa tenrura e proximidade, ilustrados coa mestría de Sendak, ao xeito dos antigos gravados.

ASTROPAL José Julio Fernández Hércules Ediciones Astropal é un valeroso come-ta que percorre sen cesar a galaxia. Un día, de súpeto, atópase cun estraño obxecto. Co seu enxeño e corazón bondadoso terá que enfron-

tarse a un problema... Conseguirá resolvelo?

Primeiros Lectores Lectores Autónomos NO SOY PERFECTA Jimmy Liao Bárbara Fiore Editora Perfecta Nueno é unha nena de 3º de Primaria. O seu nome é obxecto de mofas entre os seus compañeiros. É propensa a choricar, un pouco tiquismi-quis coa comida, deixa a roupa tirada, cústalle sentar ergueita... As súas reflexións sobre a perfección son xeniais!

UN CÓNDOR EN MADRID Paloma Muiña Editorial Edelvives Unha historia chea de emoción e sensibili-dade que transmite a nostalxia dun ancián que ten que abandonar o seu querido país, Ecuador, para vir vivir a Madrid, xunto á súa filla e a súa neta Adriana. Adri ten un amigo inseparable, que a quere e admíraa, Manu. Coa axuda da nai de Manu, conse-guirán achegar ata o avó un pedazo do seu afastado Ecuador.

iSISTEMA SOLAR Editorial Blume 11 experiencias incribles de Realida-de Aumentada que inclúen: conducir o todoterreo de Marte, contemplar o Sistema Solar despregado diante túa, subir ata a Lúa no ascensor lunar...

O CADERNO DE EDUA Helena Villar Janeiro Sushi Books Eduarda Coedo Alba, á que lle chaman Edua porque lle gusta máis, vive na aldea do Cebreiro, que está no curuto dun monte moi alto, cerca de Pedrafita, pola terra de Ancares. Polo seu aniversario, o seu avó regálalle un caderno que cambiará a súa forma de ver as cousas.

FORMIG4S. MISIÓN NOVA YORK Pere Tobaruela Editorial Xerais “Misión Nova York” leva os FORMIG4S deica esta populosa urbe dos Estados Uni-dos. O caso empeza en Liberty Island. A inquilina habitual desta pequena illa da Ci-dade dos Rañaceos, a famosa e coñecida Estatua da Liberdade, marchou polo seu propio pé!

Lectores Expertos REGRESO A MONTECORONA Elisa Vázquez Editorial Nube Ocho Cando a vida de Lucy e Pepón pa-recía volver á normalidade, estraños sucesos fanlles intuír que O País de sempre Máis Lonxe está en perigo. Os nosos amigos terán que descifrar misteriosos enigmas e si, regresarán a Montecorona. Lucy vestirá de novo de caballera. Logrará tamén Pepón esta honra?

PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL Diego Arboleda Editorial Anaya Este libro narra a historia de Eugéne Chignon, unha nova institutriz france-sa que en 1932 viaxa ata Nova York para coidar dunha nena, Alice, cuxa desatada paixón polo mundo creado por Lewis Carroll provocou que os seus pais prohíbanlle ler os seus li-bros.

EXPLORACIONES POLARES Editorial Tikal Unha viaxe inesquecible á época das grandes exploracións pola-res, a través de reproducións facsimilares que testemuñan os momentos máis fascinantes des-tas proezas históricas levadas a cabo no século XIX.

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA Ledicia Costas Editorial Xerais Román Casas quería ser un auténtico chef, e pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversa-rio.. E nese día tan especial recibiu un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro con instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX!

O MEU PESADELO FAVORITO María Solar Editorial Galaxia Divertida historia chea de fantasía, tenru-ra e diversión onde os lectores poderán deixar voar as súas imaxinación, pasalo ben con curiosos personaxes, pero tamén aprender sobre o respecto aos que son diferentes a nós.