Recomendacións libros Nadal 2016

2
A ÁRBORE DA ESCOLA Antonio Sandoval Editorial Kalandraka Achegarse a el, aloumiñar o seu tronco, regalo, darlle apertas, lerlle poemas... Ogallá a semente desta árbore viaxe a moitas esco- las. MÁIS CONTOS EN CANTOS Almudena Janeiro Ediciones OQO Almudena Janeiro volve adaptar e pórlle voz e música ás historias da editorial OQO. Este libro-CD contén unha selección de temas que ex- ploran os máis variados esti- los musicais. Desde o reggae de A máscara do león á pol- ca con Maruxa ou o corrido mexicano de A voda do Galo Pinto. LA CASA DE TOMASA Phyllis Root Editorial Edelvives A casa de Tomasa é pequena e cómoda, perfecta para ela e o seu gato. Pero Tomasa acolle a toda a xente que chega e, a medida que am- plía a casa, hai menos espa- zo para ela e o gato! DALÍ Mariano Veloy Ediciones Lectio Aínda que algúns o tiñan por tolo, a verdade é que fixo moitas cousas marabillosas. Non pintou cadros que hoxe se expoñen nos museos importantes de todo o mundo, tamén tivo unha vida moi intensa. Namorouse perdidamente, tivo amigos que revolucionaron a arte... e triunfou en Hollywood. Prelectores http://bibliotecapdb.blogspot.com.es/ “Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade” AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Transcript of Recomendacións libros Nadal 2016

Page 1: Recomendacións libros Nadal 2016

A ÁRBORE DA ESCOLA Antonio Sandoval Editorial Kalandraka Achegarse a el, aloumiñar o seu tronco, regalo, darlle apertas, lerlle poemas... Ogallá a semente desta árbore viaxe a moitas esco-las.

MÁIS CONTOS EN CANTOS Almudena Janeiro Ediciones OQO Almudena Janeiro volve adaptar e pórlle voz e música ás historias da editorial OQO. Este libro-CD contén unha selección de temas que ex-ploran os máis variados esti-los musicais. Desde o reggae de A máscara do león á pol-ca con Maruxa ou o corrido mexicano de A voda do Galo Pinto.

LA CASA DE TOMASA Phyllis Root Editorial Edelvives A casa de Tomasa é pequena e cómoda, perfecta para ela e o seu gato. Pero Tomasa acolle a toda a xente que chega e, a medida que am-plía a casa, hai menos espa-zo para ela e o gato!

DALÍ Mariano Veloy Ediciones Lectio Aínda que algúns o tiñan por tolo, a verdade é que fixo moitas cousas marabillosas. Non só pintou cadros que hoxe se expoñen nos museos importantes de todo o mundo, tamén tivo unha vida moi intensa. Namorouse perdidamente, tivo amigos que revolucionaron a arte... e triunfou en Hollywood.

Pre– lectores

http://bibliotecapdb.blogspot.com.es/

“Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que

traspasa todos os muros. Coma un faro, expande

ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade”

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Page 2: Recomendacións libros Nadal 2016

PETE O GATO Eric Litwin Editorial Lata de Sal Pete mercou uns preciosos tenis brancos, pero no seu paseo atopa diferentes obstá-culos que tinguen os seus tenis de moitas cores. Mais el non perde nunca o bo humor e canta a súa canción en inglés… sempre.

O MOMENTO PERFECTO Susanna Isern Ediciones la Fragatina Esquío non pode perder nin un minuto. Recibiu unha carta moi importante e ten que chegar ao seu destino canto antes. Pero non o vai ter nada fácil! Polo camiño vaise atopar con moitos amigos do bosque que necesitan a súa axuda. E é que coa présa que leva …

MI AMIGO LIBRO Kirsten Hall Editorial Blackie Books Había unha vez un libro cha-mado Libro. Era duro e forte, e dicía palabras enxeñosas e divertidas. Cada día tiña a esperanza de que un neno o descubrise, o quixese e o coidase como se queren e se coidan os amigos. Pero un día algo sucedeu...

ARTE DEJA TUS HUELLAS Marion Deuchars Editorial Coco Books Diferentes e sorprendentes maneiras de crear debuxos cos dedos e as mans. Crea paxaros, leóns ou un reno coas pegadas das mans; inventa estrañas criaturas combinando os dedos e soprando pintura... ou crea a túa propia galería de extrate-rrestres e monstros.

Primeiros Lectores Lectores Autónomos QUEN DÁ A QUENDA? Héctor Cajaraville Editorial Xerais Agochada nunha fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consul-torio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior,

unha bolboreta coas ás despintadas, unha pantasma que xa non asusta... UN AMOR MUY PERRO Gemma Correll Plataforma Editorial A procura do amor verdadeiro nunca foi fácil. Infestada de obstáculos, desde a profunda dor dun amor perruno non co-rrespondido ata o final dunha relación cando toca dividir os xoguetes, un carlino debe aprender a superar esas trabas coa cabeza ben alta e a cola perfectamente curvada.

ILUMINATURALEZA Rachel Willians Editorial SM Soñaches algunha vez que dormes en plena natureza? Pois esperta e descobre un caleidoscopio de cores con dez dos ecosistemas máis im-presionantes do mundo. Penetra na escuridade da noite, chea de criatu-ras que viven nas sombras, e salta á luz do día, onde a calor do sol dá enerxía a todo tipo de seres vivos.

ARTE, CREA TU LIBRO Marion Deuchars Editorial Coco Books Crea o teu libro coas técnicas secretas dos artistas máis recoñecidos da his-toria da arte. Pinta con Mondrian, Van Gogh, Andy Warhol e descobre a for-za expresiva das cores. E tamén po-derás crear a túa propia escultura móbil ao estilo de Calder, pintar cunha canica ao estilo de Pollock ou compo-ñer o teu retrato cubista como Picas-so.

Lectores Expertos A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE Jackeline Kelly Editorial Kalandraka Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta his-toria aprenderá a ser naturalista.

EL MAR Patricia García Rojo Editorial SM Unha aventura de cazadores de tesouros nunha cidade mergullada baixo o mar. Un canto á vida sinxe-la e á procura da felicidade nas cousas pequenas.Unha historia que demostra que o mundo non é o que parece.

AHÍ FUERA María Ana Peixe Dias Planeta de Libros Libro que pretende espertar a curiosidade sobre a fauna, a flora e outros aspectos do mun-do natural que poden ser obser-vados na nosa contorna. Inclúe tamén propostas de actividades e numerosas ilustracións para axudar a toda a familia a saír de casa e descubrir todo o incrible que existe aí fóra.

¡ARTE! Mary Richards Editorial Siruela Un repaso por algúns dos artistas máis influentes na historia da arte: Miguel Ángel, Bruegel, Caravag-gio, Velázquez, Vermeer, Friedrich, Whistler, Monet, Seurat, Van Gogh, Rouseau, Picasso, Kandins-ki, Dalí, Kahlo, Pollock, Warhol... ofrecendo curiosidades tanto das súas vidas como das obras.