Receita hamburguesa

1
Tempo de preparación: 45 minutos Ingredientes 1 kg de carne de porco e tenreira 1/2 ovos miga de pan un pouco de leite perexil allo sal pementa Preparación 1.Poñer a carne picada nunha cunca, manipulándoa un pouco para que permita a “entrada” dos ingredientes. 2.Facer un adobo machucando no morteiro: allo, sal, pementa e perexil. Engadir á carne. 3.Empapar miga de pan do día anterior en leite e escorrer ben o sobrante. Incorporar á cunca co resto dos ingredientes. 4.Finalmente engadir dous ovos e amasar todo ata lograr que se vaia compactando todo. 5.Deixar repousar unha media hora para que se mesturen todos os sabores. 6.Facer bólas do mesmo tamaño e esmagar coas mans ata conseguir o grosor desexado. 7. Cociñar na sartén ou na prancha a temperatura media para que se fagan por dentro e por fóra. 8.Colocar no pan acompañando cos ingredientes ao gusto: queixo, leituga, tomate... HAMBURGUESA

Transcript of Receita hamburguesa

Page 1: Receita hamburguesa

Tempo de preparación: 45 minutos

Ingredientes

1 kg de carne de porco e tenreira

1/2 ovos

miga de pan

un pouco de leite

perexil

allo

sal

pementa

Preparación

1.Poñer a carne picada nunha cunca, manipulándoa un pouco para que permita a “entrada” dos ingredientes.

2.Facer un adobo machucando no morteiro: allo, sal, pementa e perexil. Engadir á carne.

3.Empapar miga de pan do día anterior en leite e escorrer ben o sobrante. Incorporar á cunca co resto dos ingredientes.

4.Finalmente engadir dous ovos e amasar todo ata lograr que se vaia compactando todo.

5.Deixar repousar unha media hora para que se mesturen todos os sabores.

6.Facer bólas do mesmo tamaño e esmagar coas mans ata conseguir o grosor desexado.

7. Cociñar na sartén ou na prancha a temperatura media para que se fagan por dentro e por fóra.

8.Colocar no pan acompañando cos ingredientes ao gusto: queixo, leituga, tomate...

HAMBURGUESA