REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte...

12
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA JONATHAN WEBB Director SAM FURNESS tenor 06 xoves abril 20.30 h AUDITORIO DE GALICIA TEMPORADA 2016/2017 CONvers@ndo con JONATHAN WEBB Director Sala Mozart | 19.45 h

Transcript of REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte...

Page 1: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

REAL FILHARMONÍADE GALICIA

JONATHAN WEBB Director

SAM FURNESS tenor

06xovesabril

20.30 h

AUDITORIO DE GALICIA

TEMPORADA 2016/2017

CONvers@ndo conJONATHAN WEBB Director

Sala Mozart | 19.45 h

Page 2: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

PROGRAMA

I

BENJAMIN BRITTEN (1913-1976)

Les Illuminations op. 18Fanfare - Maestoso. Largamente

Villes - Allegro energicoPhrase e Antique - Lento ed estatico e Allegretto, un poco mosso

Royauté - Allegro maestosoMarine - Allegro con brio

Interlude - Moderato ma comodoBeing beauteous - Lento ma comodo

Parade - Alla marciaDépart - Largo mesto. Largamente

Sam Furness, tenor

II

DMITRI SHOSTAKÓVICH (1906-1975)

Sinfonía núm. 10 en mi menor, op. 93Moderato

AllegroAllegretto

Andante - Allegro

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 35 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

Page 3: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecer ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIOLÍNS I Adriana Winkler (Concertino)

Ildikó Oltai (Axuda de Concertino)

Victoria Jurov **Daniel Kordubaylo

Paula GonzálezPaloma Diago ***

Ilya FisherJuan Gomolón ***

Yulia PetrushevskayaIrene García ***

Elina ViksneAnna Alexandrova

Michal Ryczel

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **

Gyula VadasziNatalia Cid

Kiyoko OhashiGarazi Echeandía ***

Irina GruiaIrene Vilanova ***

Samira AjkicUxía González ***

Enrique Roca

VIOLASTilmann Kircher *

Natalia Madison **Timur SadykovOxana BakulinaIriana Fernández

Ane Aguirre ***Joana De Melo ***Ionela Ciobotaru

Anne Schlossmacher

VIOLONCELLOSPlamen Velev *

Barbara Switalska **Millán Abeledo

Ágate Amilibia ***Thomas Piel

Enrique García ***Ailsa Lewin

Alejandra Díaz (R)

CONTRABAIxOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **

Oriol Xicart Amador Del Pozo ***

FRAUTASLaurent Blaiteau *

Luis Soto **Lola Salas ***

ÓBOESChristina Dominik *Sara Fernández ***Avelino Ferreira **

CLARINETESBeatriz López *

Daniel González ***Vicente López **

FAGOTESJuan Carlos Otero *

Manuel Veiga **Javier Sánchez (R)

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Mario Fuertes ***Millán Molina (R)

TROMPETASJavier Simó *

Ramón Llátser **Borja Suárez ***

TROMBÓNSEsteban Méndez (R)

Daniel Ruibal (R)Marcos Dorado (R)

TUBAMiguel Franqueiro (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

PERCUSIÓNFrancisco Revert (R)Pablo Salgueiro (R)

Roberto Bao (R)Álvaro Jurado ***

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

Page 4: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

Jonathan Webb Director

Director Musical da Camerata Strumentale Cittá di PratoPrincipal Director Invitado da Real Filharmonía de Galicia

Estudou piano, violín, canto coral e dirección de orquestra en Manchester, onde debutou no Teatro da Ópera con West Side Story. Chamado por Gary Bertini ao Teatro da Ópera de Tel Aviv como director estable, dirixiu numerosas novas producións como O cazador furtivo, Tosca, Madama Butterfly, Macbeth, Sansón e Dalila, A xudía, Fausto, A Cincenta, A italiana en Arxel, O elixir de amor, Lucía de Lammermoor, Jenufa ou A raposiña astuta. É convidado en numerosos teatros en toda Europa e colabora habitualmente cos máis importantes teatros italianos. Como director convidado do Teatro São Carlos de Lisboa ten dirixido Unha traxedia florentina, O cabaleiro avaro, O barbeiro de Sevilla, A navarra, Cavalleria rusticana; en Sevilla A violación de Lucrecia; en Marsella The Saint of Bleeker Street; en Niza A historia do soldado; en Dublín As vodas de Fígaro, Falstaff; e en Tenerife The turn of the screw. Na Ópera Alemá de Berlín ten dirixido Ascenso e caída da cidade de Mahagonny, A forza do destino ou Carmen; na Ópera Popular de Viena Don Pascual, O barón xitano, A frauta máxica. Convidado por Valery Gergiev, dirixiu Lady Macbeth de Mtsensk nunha coprodución entre a Kirov Opera e a New Israeli Opera.Dirixiu numerosas óperas de Britten e ten colaborado con importantes directores de escena.Dirixiu a Orquestra de Santa Cecilia de Roma con The Kings Singers, a Orchestra del Maggio Musicale Fiorentino en Florencia con ocasión do 70 aniversario de Henze. Ademais, ten sido convidado en varias ocasións pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten colaborado con grandes solistas como Shlomo Mintz, Vadim Repin, Fazil Say, Arabella Steinbacher, Louis Lortie, Alexander Toradze…Ten sido convidado por numerosos festivais como Caesarea, A Coruña, Wexford, Caracalla, Settembre Musica coa Orchestra della RAI di Torino e Il Liturgica Festival de Xerusalén. Foi convidado por Seiji Ozawa ao Saito Kinen Festival en Xapón e dirixiu a orquestra e ensembles do festival en xira por Xapón e China. Gústalle traballar con xente nova e ten levado a batuta da Orchestra Giovanile Italiana di Fiesole, Young Israel Philharmonic Orchestra, orquestra e coro Giovanile de Santa Cecilia con Oedipus in Kolonus (con motivo da celebración de “Colosseo 2000” coa execución dun concerto no Coliseo de Roma por primeira vez en 1.500 anos). Recibiu o “Premio Internazionale Ultimo 900 Pisa 2000 Nel Mondo” en 2004. Dende setembro de 2014 é director musical da Camerata Strumentale “Città di Prato”, orquestra coa que colabora regularmente dende 2002. E esta temporada estréase como principal director invitado da Real Filharmonía de Galicia, coa que tamén colabora con frecuencia.

Page 5: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

Sam Furness Tenor

“Furness está espectacular nun rol principal inmensamente complexo. Describe o descenso de Hoffmann dende o idealismo inxenuo cara á desesperación autodestrutiva cunha veracidade cativadora e cántao todo cunha gran comodidade e un estilo impecable... é a noite de Furness”.

The Guardian

The Guardian di del que ten “todos os ingredientes dunha estrela” e a revista Opera aclámao como “un tenor lírico cun futuro prometedor”. Gañou o prestixioso premio Royal Academy of Music Club en 2012. Dende a súa graduación, interpretou papeis principais para a Scottish Opera e en Florencia, Santiago e Toulouse; recollendo sempre eloxios polas súas convincentes actuacións e musicalidade innata.Algúns dos seus compromisos para esta temporada inclúen o seu debut no Teatro Real de Madrid con Billy Budd (o novato), na Vlaanderen Opera con O caso Makropulos (Vitek) e na Filharmonía de París con Fidelio (Jaquino). Tamén regresará ao Wigmore Hall con Calisto para La Nuova Musica (Pane), ao Royal Festival Hall (Réquiem de Mozart), á Garsington Opera con Silver Birch (Jack) e á Northern Ireland Opera con Don Giovanni (Don Ottavio).Entre as actuacións máis destacadas da temporada 2014-2015 están o seu debut no rol principal de Os contos de Hoffmann (English Touring Opera), a súa interpretación de Aristea en Orontea (Wigmore Hall), Tamino en A frauta máxica (Turku Music Festival), Quint e o Prólogo en The turn of the screw (Northern Ireland Opera) e o rol principal de Albert Herring (Opera di Firenzi, Florencia).Outros dos seus compromisos recentes inclúen o seu debut na English National Opera interpretando a Joe en A moza do Oeste; o seu papel debut como Števa en Jenůfa (Scottish Opera) e como o barón Lummer en Intermezzo (Garsington Opera); o rol principal en Albert Herring (na Opera Holland Park e nunha nova produción no Teatro do Capitolio de Toulouse), o novato en Billy Budd (Santiago), Jaquino en Fidelio (Garsington Opera), Frederic en Os piratas de Penzance (Scottish Opera), Vašek en A noiva vendida (British Youth Opera), Lensky en Eugene Onegin (dirixida polo seu irmán Jack no Ryedale Festival e coa Royal Academy Opera), Lisandro en O soño dunha noite de verán (Edinburgh Fringe Festival), Benedicto en Beatriz e Benedicto (Royal Academy Opera, dirixida por Sir Colin Davis) e un recital no Wigmore Hall.O seu repertorio tamén inclúe oratorios como o Réquiem de Mozart, A Paixón segundo San Mateo e A paixón segundo San Xoán de Bach, Elías de Mendelssohn, O Mesías e Sansón de Haendel, San Nicolás de Britten, o Réquiem de Verdi e Os peregrinos de Canterbury de Dyson.

Page 6: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

En opinión de moitos, os máis profundos conflitos persoais de Benjamin Britten fíltranse na singular obra para voz e orquestra Les Illuminations op. 18. A súa música desenvólvese coa idea de accesibilidade, foxe do concepto de ocultación que envolvía as vangardas atonais do século XX e procura un resultado que puidese satisfacer a profesionais e afeccionados á vez que a si mesmo. A música para Les Illuminations foi concibida durante a súa estancia en Estados Unidos e completada en outubro de 1939. Durante esta etapa, chamada ‘época escura’ a música de Britten reflicte a confusión emocional na que se atopa inmerso tras o seu voluntario exilio americano, fuxindo do crecente fascismo que ameazaba Europa. Resulta neste sentido moi significativa a elección dos versos de Rimbaud, o máis rebelde dos ‘poetas malditos’ cuxa linguaxe simbolista é levada ao extremo. Les Illuminations é unha colección de poemas en prosa, inconexos, que describen visións, suxestións, ata pequenos desvaríos. Sobre este texto cargado de símbolos e que desafía sen dúbida a fácil compresión, o compositor desprega toda a súa orquestración efectista. A harmonía céntrase nas tríades maiores de si e mi, dando como resultado esa sensación de hilaridade e confusión que se presenta desde a Fanfare do comezo. Outra chiscadela irónica atopase ao final de Phrase, cando a voz alcanza o si agudo en et je dance, a modo de exclamación. Nun xesto alegre e desvergonzado, Britten dedícalle esta controvertida parte a Scherchen, músico especialista en compositores do século XX. A Peter Pears, gran tenor e parella de Britten, dedicoulle Being beauteous constituíndo así unha pública declaración de amor. Todo o texto de Rimbaud, simbólico en si mesmo, atopa deste xeito outra dimensión outorgada polo propio autor, acusado nesta obra de atopar solucións musicais a problemas persoais. A música acompaña en todo momento o texto, en ocasións dun modo case descritivo como en Marine ou Being beauteous (“asubíos de morte e círculos de música xorda”). Doutra banda, a crítica á sociedade de falsa moral faise manifesta na selección de textos como Parade ou Royauté.Entre 1946 e 1948 instaurouse, mediante unha sucesión de decretos, a doutrina Zhdanov na Unión Soviética que modelou a organización interior da Unión e a posición da URSS no mundo, marcando o inicio da guerra fría. O decreto do 10 de febreiro de 1948, condenaba o compositor xeorxiano Van Muradeli e a súa ópera A gran amizade pero na súa aplicación en abril, nun congreso extraordinario da Unión de Compositores, tamén castigaba ‘por formalismo’ músicos da talla de Prokofiev, Jachaturián e Shostakovich, cuxas sinfonías Oitava e Novena foron prohibidas. Deste xeito, como case a totalidade dos compositores

Page 7: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

afectados polo decreto Zhdanov, Shostakovich se viu obrigado a escribir composicións populistas, simples e totalmente accesibles de acordo ao ‘realismo socialista’. Esta situación alíviase lixeiramente tras a estrea d’A canción dos bosques, na que se enxalza a figura de Stalin como ‘o gran xardineiro’ e que mereceu o premio Stalin de 1950. Pero nesta obra, de novo, baixo a aparencia de produción industrial socialista, escóndese unha fermosa homenaxe á tradición musical rusa herdada de Glinka e Mussorgsky, entre outros. En 1953, mentres a Unión Soviética asimilaba a morte de Stalin e no Politburó loitaban polo poder, Shostakovich retírase á súa dacha en Komarovo e compón a súa monumental Décima sinfonía. A Sinfonía núm. 10 en mi menor Op.93 foi composta en 1953 e trátase dunha obra case autobiográfica, simbolizando a liberdade conseguida despois do falecemento de Stalin, a quen representa grotescamente na obra. O primeiro movemento empeza coas cordas graves anunciando o primeiro motivo temático. Un extenso desenvolvemento cun ambiente depresivo e sombrío precede a unha música que crece ata chegar a un dramático climax. Os fortes acordes a cargo da percusión exaltan esta atmosfera opresiva, e a recapitulación empeza tranquilamente sen abandonar o seu carácter escuro. As notas do piccolo terminan a coda con gran acougo. O Allegro é un violento scherzo que, coa súa ferocidade harmónica, retrata de modo grotesco a Stalin. O segundo tema do terceiro movemento está baseado no famoso motivo DSCH, lema que representa o propio compositor xogando coas letras do seu nome, tomando a primeira letra do nome, a D, e as tres primeiras do apelido, SCH. Traducido a notas musicais queda: re, mi bemol, do, si. O primeiro tema é interpretado con forza ao principio da recapitulación e o segundo aparece de modo obsesivo. Na parte final soamente quedan fragmentos temáticos que nos conducen á tranquila coda. O Andante empeza coa opresiva liña nos baixos, o óboe preséntanos un nostálxico tema reflectindo unha gran tristeza, que logo é tomado pola frauta e o fagot. Unha sección lírica indica unha renovada esperanza para Shostakovich. A sinfonía diríxese cara un triunfal final, pero antes é interrompido por unha reaparición do tema de Shostakovich, DSCH.

Page 8: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

Les Illuminations, texto de Arthur Rimbaud (1854-1891)

I. Fanfare J’ai seul la clef de cette parade sauvage.

II. Villes Ce sont des villes! C’est un peuple pour qui se sont montés ces Alleghanys et ces Libans de rêve! Des chalets de cristal et de bois se meuvent sur des rails et des poulies invisibles. Les vieux cratères ceints de colosses et de palmiers de cuivre rugissent mélodieusement dans les feux. Des cortèges de Mabs en robes rousses, opalines, montent des ravines. Là-haut, les pieds dans la cascade et les ronces, les cerfs tètent Diane. Les Bacchantes des banlieues sanglotent et la lune brûle et hurle. Vénus entre dans les cavernes des forgerons et des ermites. Des groupes de beffrois chantent les idées des peuples. Des châteaux bâtis en os sort la musique inconnue. Le paradis des orages s’effondre. Les sauvages dansent sans cesse la Fête de la Nuit. Ce sont des villes! Quels bons bras, quelle belle heure me rendront cette région d’où viennent mes sommeils et mes moindres mouvements?

III a. Phrases J’ai tendu des cordes de clocher à clocher; des guirlandes de fenêtre à fenêtre; des chaînes d’or d’étoile à étoile, et je danse.

III b. Antique Gracieux fils de Pan! Autour de ton front couronné de fleurettes et de baies, tes yeux, des boules précieuses, remuent. Tachées de lie brune, tes joues se creusent. Tes crocs luisent. Ta poitrine ressemble à une cithare, des tintements circulent dans tes bras blonds. Ton coeur bat dans ce ventre où dort le double sexe. Promène-toi la nuit, en mouvant doucement cette cuisse, cette seconde cuisse, et cette jambe de gauche.

IV. Royauté Un beau matin, chez un peuple fort doux, un homme et une femme superbes criaient, criaient sur la place publique: “Mes amis, je veux qu’elle soit reine!” “Je veux être reine!” Elle riait et tremblait. Il parlait aux amis de révélation, d’épreuve terminée. Ils se pâmaient l’un contre l’autre. En effet ils furent rois toute une matinée, où les tentures carminées se relevèrent sur les maisons, et tout l’après-midi, où ils s’avancèrent du côté des jardins de palmes.

V. Marine Les chars d’argent et de cuivre, Les proues d’acier et d’argent, Battent l’écume,

Page 9: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

I. Fanfare (Charanga) Eu so teño a chave deste salvaxe desfile.

II. Villes (Cidades) Son cidades! É un pobo de ensoño para quen se crearon os Allenghanies e Libaneses. Casas de cristal e madeira móvense sobre raís e invisibles poleas. Os vellos cráteres, rodeados de colosais estatuas e palmeiras de cobre, roxen melodiosamente nas fogueiras… Os cortesáns de Mabs con togas vermellas e opalinas, soben os barrancos. Alí arriba, cos seus pezuños nas cascadas e as silveiras, os cervos tentan a Diana. Os Bacchantes dos barrios choran, e a lúa brilla e berra. Venus entra nas cavernas dos ferreiros e ermitáns. Grupos de campaneiros cantan as ideas da xente. Dos castelos feitos de ósos saen músicas descoñecidas…. O paraíso das tormentas derrúbase. Os salvaxes danzan incesantemente a Festa da Noite. Que bos brazos, que boa hora restablecerá esta rexión de onde veñen os meus soños e os meus mínimos movementos?

III a. Phrases (Frases) Colguei cordas dun campanario a outro; grilandas de ventá a ventá; cadeas douradas de estrela a estrela, e bailo.

III b. Antique (Antigo) Gracioso fillo de Pan! Ao redor da túa fronte coroada de pequenas flores e baias, os teus preciosos ollos chispean. As túas meixelas manchadas de marrón desaparecen; os teus cairos relocen. O teu peito semella unha cítara, tintineos percorren os teus loiros brazos. O teu corazón latexa no ventre onde dorme o dobre sexo. Pasea de noite, movendo docemente esta coxa, esta outra coxa, esta perna esquerda.

IV. Royauté (Realeza) Unha fermosa mañá, nun lugar habitado por xente forte e doce, un home e unha muller orgullosos, na praza pública gritan: “Amigos meus, eu quero que ela sexa raíña”.”Eu quero ser raíña” Ela ría e tremía. El falaba aos seus amigos de revelacións, de probas acabadas. Eles desmaiábanse un contra outro. En efecto, eles foron reis durante toda unha mañá, onde o carmesí se ergue sobre as casas, e toda a tarde, onde avanzarán cara aos xardíns de palmeiras.

V. Marine Carros de prata e cobre Proas de aceiro e prata baten a escuma,

Page 10: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

Soulèvent les souches des ronces. Les courants de la lande, Et les ornières immenses du reflux, Filent circulairement vers l’est, Vers les piliers de la forêt, Vers les fûts de la jetée, Dont l’angle est heurté par des tourbillons de lumière.

VI. Interlude J’ai seul la clef de cette parade sauvage.

VII. Being Beauteous Devant une neige, un tre de beauté de haute taille. Des sifflements de mort et des cercles de musique sourde font monter, s’élargir et trembler comme un spectre ce corps adoré; des blessures écarlates et noires éclatent dans les chairs superbes. Les couleurs propres de la vie se foncent, dansent, et se dégagent autour de la vision, sur le chantier. Et les frissons s’élèvent et grondent, et la saveur forcenée de ces effets se chargeant avec les sifflements mortels et les rauques musiques que le monde, loin derrière nous, lance sur notre mère de beauté, - elle recule, elle se dresse. Oh! nos os sont revêtus d’un nouveau corps amoureux. O la face cendrée, l’écusson de crin, les bras de cristal! le canon sur lequel je dois m’abattre à travers la mêlée des arbres et de l’air léger!

VIII. Parade Des drôles très solides. Plusieurs ont exploité vos mondes. Sans besoin, et peu pressés de mettre en oeuvre leurs brillantes facultés et leur expérience de vos consciences. Quels hommes mûrs! Des yeux hébétés à la façon de la nuit d’été, rouges et noirs, tricolorés, d’acier piqué d’étoiles d’or; des faciès déformés, plombés, blêmis, incendiés; des enrouements folâtres! La démarche cruelle des oripeaux! - Il y a quelques jeunes! O le plus violent Paradis de la grimace enragée! Chinois, Hottentots, Bohémiens, niais, hyènes, Molochs, vieilles démences, démons sinistres, ils mêlent les tours populaires maternels, avec les poses et les tendresses bestiales. Ils interpréteraient des pièces nouvelles et des chansons “bonnes filles”. Maîtres jongleurs, ils transforment le lieu et les personnes et usent de la comédie magnétique. J’ai seul la clef de cette parade sauvage!

IX. Départ Assez vu. La vision s’est rencontrée à tous les airs. Assez eu. Rumeurs des villes, le soir, et au soleil, et toujours. Assez connu. Les arrêts de la vie. O Rumeurs et Visions! Départ dans l’affection et le bruit neufs.

Page 11: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

axitan as cepas das silvas. As correntes das landas, As inmensas rodeiras do retroceso, Enfían circularmente cara ao leste, Cara aos piares do bosque, Cara aos troncos do embarcadoiro, Cuxo ángulo é ferido por remuíños de luces.

VI. Interlude (Interludio) Eu so teño a chave deste salvaxe desfile.

VII. Being Beauteous (Sendo fermoso) Ante a nevada, aparece un ser fermoso de grande estatura. Os asubíos de morte e os círculos de música apagada fixeron, a este adorado corpo, elevarse, liberarse e tremer coma un espectro. Feridas escarlatas e negras aparecen nas súas soberbias carnes. As cores propias da vida escurecen, danzan, e sepáranse á vista, sobre a obra. Os calafríos aumentan e roxen; e o mal sabor destes efectos cárgase de xemidos e músicas roncas que o mundo, lonxe de nós, lanza sobre a nosa nai, a beleza -ela retrocede e érguese. Oh! Os nosos ósos son cubertos cun novo corpo amoroso. Oh! A cara cincenta, o escudo de crina, os brazos de cristal. O canón sobre o que me debo abater a través do bater das árbores e do lixeiro vento!

VIII. Parade (Desfile) Son moi raros. Moitos deles explotaron os vosos mundos. Sen necesidade, e con pouca pésa, poñen en acción, nas vosas conciencias, as súas brillantes facultades e experiencias. Que homes maduros!. Aquí están os ollos alienados á maneira dunha noite de verán-, vermellos, e negros, tricolores, ollos manchados de aceiro de estrelas de ouro; rostros deformados, de chumbos, lívidos, inflamados; alegres ronqueiras! Marcha cruel dos oropeis! Hai algúns mozos! Oh, o máis violento paraíso de tola rabia! Chineses, hotentotes, bohemios, bobos, hienas, Molochs, vellos dementes, demos sinistros, vólvense todos maternais, eles mesturan as torres populares con poses e ternuras bestiais. Interpretarán pezas novas e as cancións “boas fillas”. Mestres xograres transforman o lugar e as persoas e usan a comedia magnética. Eu só teño a chave deste salvaxe desfile!

IX. Départ (Partida) Bastante visto. A visión reencontrouse de todos xeitos. Bastante oído. Rumores de cidades, a tarde, e ao sol, e sempre. Demasiado coñecido. Os arrestos da vida. Oh rumores, visións! Partida no afecto e novos ruídos.

Page 12: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · pola Orquestra Sinfónica de Galicia. En Israel púxose á fronte da Jerusalem Symphony Orchestra, Israel Sinfonietta e Israel Chamber Orchestra. Ten

PRÓXIMOS CONCERTOS

xoves 20 de abril20.30 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Fabien Gabel, DirectorEric Le Sage, Piano

F. Mendelssohn, Abertura Ruy Blas op. 95R. Schumann, Concerto para piano e orquestra

en la menor op. 54A. Honegger, Sinfonía núm. 4 Deliciae Basilienses

xoves 27 de abril20.30 h

CICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGE

Marianna Prjevalskaya, Piano

W. A. Mozart, Rondó en la menor KV 511L. v. Beethoven, Sonata núm. 2 en La maior

J. Brahms, Dúas Rapsodias op. 79S. Rachmaninov, Variacións sobre un Tema de Chopin op. 22

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n

15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETES T 981 57 10 26T 981 57 39 79

OFICINAST 981 55 22 90T 981 57 41 52

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura