RAMÓN OTERO PEDRAYO - dialnet.unirioja.es filedo "La granja y solar de Fuentefiz", escri-to por Don...

7
7 ~ Arquitectura GRANDES PAZOS RAMÓN OTERO PEDRAYO INTRODUCCIÓN: Vicente Gómez-Calcerrada López RABALLO INÉDITO DE OTERO PEDRAYO No ano 1965, o meu compañeiro Pedro Iglesias Hernández, Director do "Centro de Gando Bovino de Fontefiz", encargou a publicación dun folletín titulado "Ayer y hoy del pazo de Fontefiz". Nestas páxi- nas, amais dunhas notas de tipo técnico, incluíase un traballo histórico denomina- do "La granja y solar de Fuentefiz", escri- to por Don Xesús Ferro Couselo, Director do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. A finais do ano 1968, destináronme á dirección dese centro gandeiro. Hoxe podo comentar que aquela decisión foi unha verdadeira viaxe ao descoñecido. Só me soaba Fontefiz de o ter estudado ao preparar unhas oposicións e de ver os sementais que mandaban á Feira do Campo de Madrid. As razóns de tomar a decisión de marchar a Galiza, despois de levar vinte anos en Madrid, hai que bus- calas no grande cariño que sempre lle tiven a aquelas terras "meigas". Eu só coñecía as zonas da costa, pero nas fre- cuentes viaxes que facía, cada vez me sentía máis identificado con paisaxes, costumes e xentes. Así, imitando a aque- la personaxe do romance de Somerset T Fontefiz ao fondo do recordo

Transcript of RAMÓN OTERO PEDRAYO - dialnet.unirioja.es filedo "La granja y solar de Fuentefiz", escri-to por Don...

Page 1: RAMÓN OTERO PEDRAYO - dialnet.unirioja.es filedo "La granja y solar de Fuentefiz", escri-to por Don Xesús Ferro Couselo, Director do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial

7~

Arquitectura

GRANDES PAZOS

RAMÓN OTERO PEDRAYO

INTRODUCCIÓN:

Vicente Gómez-Calcerrada López

RABALLO INÉDITO DE

OTERO PEDRAYO

No ano 1965, o meu compañeiro Pedro

Iglesias Hernández, Director do "Centro

de Gando Bovino de Fontefiz", encargou

a publicación dun folletín titulado "Ayer y

hoy del pazo de Fontefiz". Nestas páxi-

nas, amais dunhas notas de tipo técnico,

incluíase un traballo histórico denomina-

do "La granja y solar de Fuentefiz", escri-

to por Don Xesús Ferro Couselo, Director

do Museo Arqueolóxico e do Arquivo

Histórico Provincial de Ourense.

A finais do ano 1968, destináronme á

dirección dese centro gandeiro. Hoxe

podo comentar que aquela decisión foi

unha verdadeira viaxe ao descoñecido.

Só me soaba Fontefiz de o ter estudado

ao preparar unhas oposicións e de ver os

sementais que mandaban á Feira do

Campo de Madrid. As razóns de tomar a

decisión de marchar a Galiza, despois de

levar vinte anos en Madrid, hai que bus-

calas no grande cariño que sempre lle

tiven a aquelas terras "meigas". Eu só

coñecía as zonas da costa, pero nas fre-

cuentes viaxes que facía, cada vez me

sentía máis identificado con paisaxes,

costumes e xentes. Así, imitando a aque-

la personaxe do romance de Somerset

T

Fontefiz ao fondo do recordo

Page 2: RAMÓN OTERO PEDRAYO - dialnet.unirioja.es filedo "La granja y solar de Fuentefiz", escri-to por Don Xesús Ferro Couselo, Director do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial

8~

Maugham "A lúa e seis peniques", liei a

manta á cabeza e dirixinme a terras

ourensanas.

No ano 1969, buscando datos para facer

un estudo sobre as ovellas de Coles,

Vilamarín e Amoeiro, chegamos ao pazo

de Trasalba. Na solaina estaba Don

Ramón e, por tentar ser cortés ou por un

respeito mal entendido, non me atrevín a

achegarme a el. Falamos con un encar-

gado ou arrendatario seu, e quixera

recordar que lle mercamos algunha ove-

lla. Ao parecer, un antepasado de don

Ramón trouxera de Zamora uns carneiros

que exerceron unha influencia moi positi-

va sobre os ovinos de aquela comarca:

melloraban o tamaño das reses e aumen-

taban a prolificidade das ovellas.

A comezos do 1970, unha noite moi fría,

acompañado de Ramón Xulio Pereira e,

tendo concertado previamente unha visi-

ta, achegámonos á casa de don Ramón

na ourensana rúa de San Miguel.

Expuxémoslle a intención que tíñamos de

editar un novo folleto sobre o Centro de

Selección de Fontefiz, e pedímoslle que

fixese o favor de nos escribir un traballo

relacionado co Pazo de Fontefiz. Aínda

non chego a comprender a impresión que

recibín ao conversar, sen ningunha presa,

con un cabaleiro ao que non me atrevía a

saudar en recoñecimento á súa fama e

méritos. Saín convencido de que as per-

soas, canto máis elevadas son, en calquer

actividade, máis sinxelas e asequíbeis se

amosan.

Ao ouvirme falar, don Ramón díxome:

-Vostede non é galego, parece castelán.

-Si, don Ramón, son manchego- respon-

dinlle.

Seguimos conversando e ao lle falar das

belezas da paisaxe galega, don Ramón

comentoume:

-Vostedes os casteláns non saben o que

teñen. Tampouco o saben apreciar, máis

ben o desprezan.

-¿Non me vai comparar aqueles sequei-

ros con Galiza!- díxenlle.

Don Ramón contestoume:

-Mozo, voulle contar unhas impresións

sobre a súa terra; ¿coñece Ávila?

-Si señor- respondín.

-¿Estivo alí algunha noite de lúa?

-Non, non señor.

-Pois voulle contar unha cousa. Ávila é o

único sitio dos que coñezo onde se pode

ler de noite coa única axuda da lúa chea.

-Non sei por que. Non o entendo.

-A razón é moi simple: Ávila é a capital

máis alta de España, está a máis de mil

metros de altitude.

Deixamos Ávila e seguimos conversando.

Ao pouco tempo fíxome outra revelación:

-¿Fixouse vostede nos Outonos de

Aranxuez? ¿Non ten apreciado esa cor...

case amaranta das árbores cando come-

zan a lles caer as follas?

-Confeso, don Ramón, que sempre me

gustou esa cor. Aranxuez é para nós

como un oasis. Cada vez que paso por

alí, a música do mestre Rodrigo fica gra-

vada no meu cerebro e acompáñame

durante uns quilómetros.

Page 3: RAMÓN OTERO PEDRAYO - dialnet.unirioja.es filedo "La granja y solar de Fuentefiz", escri-to por Don Xesús Ferro Couselo, Director do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial

9~

Ao final da nosa visita, don Ramón acce-

deu a nos escribir un traballo sobre o

pazo de Fontefiz.

Dame vergoña recoñecer que a miña

capacidade de percepción fose tan obtu-

sa. Tamén me chamou a atención o gran-

de amor que don Ramón profesaba á

maltratada España, sen renunciar á devo-

ción que sentía pola Galiza das súas raí-

ces.

Pasou o tempo, e o día catro de Xaneiro

de 1971 recibín unha carta de don

Ramón na que enviaba o traballo que nos

escribira. Achéganse unhas fotocopias do

sobre, carta e artigo.

A entrada na Administración de dirixen-

tes moi tecnócratas e bastante cuadricula-

dos, orixina un proceso de cambiar por

cambiar, que remata por lograr unha

desastrosa confusión nas funcións que

viña desenvolvendo o Ministerio de

Agricultura. En Outubro decrétase a eli-

minación da "Dirección General de

Ganadería", proliferan as disposicións de

reorganización, existe malestar entre os

funcionarios e, finalmente, o oito de Xuño

de 1972 queda suprimido o "Centro de

Selección de Ganado Bovino de la Raza

Rubia Gallega de Fontefiz". Imperan os

movimentos caciquís e cométese a inxusti-

za de suprimir un dos únicos centros de

selección existentes en España, creándo-

se, ao mesmo tempo, outros sete que até

entón non tiñan recoñecida esa categoría.

Bastou que chegase á administración un

director xeral que caprichosamente supri-

miu algúns centros gandeiros de tradición

e influencia nas rexións onde estaban ubi-

cados.

O desánimo que nos causou aquela deci-

sión inxusta e absurda foi a razón princi-

pal para que non vise a luz, até estes tem-

pos, o magnífico traballo que nos brindou

don Ramón.

A continuación transcribimos a carta e o

artigo:

Page 4: RAMÓN OTERO PEDRAYO - dialnet.unirioja.es filedo "La granja y solar de Fuentefiz", escri-to por Don Xesús Ferro Couselo, Director do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial
Page 5: RAMÓN OTERO PEDRAYO - dialnet.unirioja.es filedo "La granja y solar de Fuentefiz", escri-to por Don Xesús Ferro Couselo, Director do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial

11~

CARTA:

Trasalba (Ourense),

Trinta de Decembro de 1970

Sr. D. Vicente Gómez

Fontefiz

Moi distinguido amigo: Un desexo

de moi feliz ano novo para Vde. e os

seus. Mándolle, non pouco tardia-

mente esas impresións. Córteas por

onde queira se son demasiado lon-

gas. E perdoe. Tiven moitos traballos

e preocupacións, e Vde. como home

novo, ignora as tremendas e incan-

sadas preguizas que ás veces se

abaten sobre os vellos.

Acabadas onte as miñas follas cando

chegou a cortés e afectuosa felicita-

ción de Vde. Moitas gracias, dese-

xando que lle quede o recordo dun

ditoso Nadal 1970.

Afectuosamente o saúda :

Ramón Otero Pedrayo.

Os pazos galegos mereceron sempre

a atención dos escritores e artistas.

Os románticos, dados á evocación

de historias procelosas, de ardentes e

fatais vidas, buscaban a augaforte

dun ramo de torres feudais sobre os

poñentes arroibados. Así, Vicetto,

fantaseando en torno aos castelos

case espectrais da Límia; Neira de

Mosquera, buscando unha emoción

medieval á sombra das derradeiras e

melancólicas ruínas da fortaleza dos

Altamira no horizonte de Santiago.

Con frecuencia o pazo foi castelo.

Podadas as torres, colmados os foxos

e voltos férteis hortas; franqueados á

luz con solainas e terrazas hospitala-

rias, o signo guerreiro e despótico

tórnase humano e afectuoso. En

xeral, o pazo nace no XVIII; no máis

coloquial e cortés XVIII, respondendo

a nobres ocios, ao enxerto do pala-

ciano e cabaleiresco na paisaxe, que

se busca harmoniosa de cultivos e

perspectivas. É o pazo en Galiza

–como a casona na montaña– flor e

ramo do barroco. O castelo gótico

descoñece o xardín e incluso o inti-

mismo. Sen as avenidas de camelias

e mirtos, a clara voz das fontes aga-

salladas por graciosas simbólicas flo-

rais e plásticas, non se podería con-

cebir o pazo que traza a solaina en

medidas como de verso en pedra, en

función dos lentos e matizados hori-

zontes e na cheminea escultórica do

salón que invita á conversación, gala

dunha sociedade cultivada, e á lectu-

ra apracíbel.

Pensamos no pazo de Fontefiz.

Habíalle gustar a dona Emilia Pardo

Bazán, a Rosalía e a Castelao. O

mesmo afectuoso respeito, sempre

actual vencedor do esquecimento, fai

aos galegos apresentar sen trata-

mento os dous últimos nomes. Dona

Emilia, ben aplicados os impertinen-

tes, había presenciar desde a solai-

na, como a ópera desde o seu palco,

os graves ritos da malla e da vendi-

ma e esculcar através de vellos ser-

ventes ou entre os infolios da biblio-

teca algunha historia de amor.

Imaxinamos a Rosalía encantada na

prisión de xasmíns e rosas, un

momento esquecida do cravo cruel

cravado no seu corazón. Só un ins-

tante. Coñece moi ben o andar dos

pobres polas vellas calzadas. Unha

mao feminina e cansada vai abrazar

o pesado chamador. Antes de que

vaia despertando o desdén e a cóle-

ra dos mastíns, Rosalía está no lintel.

Acolle á mendiga con sorrir irmao,

recibe en abrazos á nena dormida

lévaas ao máis recatado do pomar

para lles brindar as máis finas froitas

e poñer un fulgor de esperanza na

desfollada canción da miseria.

Castelao, despois de debuxar algún

motivo ondulante e gracioso do

salón, buscaría o tema dos brasóns e

indagaría o estilo dos xugos e do

carro, do forno e do cabaceiro,

inmerso o seu espírito no silencioso

simbolismo das creacións do povo

ARTIGO:

Fontefiz ao fondo do recordo

Page 6: RAMÓN OTERO PEDRAYO - dialnet.unirioja.es filedo "La granja y solar de Fuentefiz", escri-to por Don Xesús Ferro Couselo, Director do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial
Page 7: RAMÓN OTERO PEDRAYO - dialnet.unirioja.es filedo "La granja y solar de Fuentefiz", escri-to por Don Xesús Ferro Couselo, Director do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial

13~

labrego. E despois, desde a horta,

admirando a calada pirotecnia do

sol poñente na fachada solemne e

graciosa, acendidas en adeuses ás

súas vidreiras, seguiría na órbita dun

dos seus pensamentos favoritos: ¿por

que os señores do XVIII, cultivados,

lectores uns da enciclopedia, outros

dos finos oratorios do século, non

abriron as portas dos seus pazos á

xente do campo, facendo que os seus

xefes, os seus patriarcas, salvándoos

de dormir en gavelas de palla, des-

cubrindo baixo un feixe o obrigado

receo o tesouro da nobreza, a rica

fantasía, o profundo sentido da terra

e a esperanza no máis alá? Puideron

crear unha forte, digna e xerarquiza-

da sociedade democrática e relixio-

sa. Preferiron gastar nas douradas

antesalas borbónicas os froitos do

santo traballo dos humildes. E

Castelao, alto, un pouco eslombado

como polo vento dun destino, afásta-

se, inmortal sombra vesperal.

O pazo de Fontefiz, topónimo ilustre,

entrañábel, eco do antigo culto célti-

co das fontes, acende, irmás, dúas

fermosas lámpadas votivas da arqui-

tectura: a riqueza e a gracia.

Impresiona o volume sen demasiada

acentuación do orgullo. Máis ben o

autor e os seus obreiros pensaron no

aloumiño, no xogo, na deleitábel fra-

ternidade da luz. Posto o sol, xa,

incluso o invernal de breve carreira,

os pazos conservan un reflexo gris,

finísimo, paleta de Turner, fume de

follas outonais, ceos cubertos. A

comarca é caracteristicamente de

"bocarribeira", unha das moitas que

acompañan o fluir do Miño, sen ver

as súas augas. Non é a luz cupular

da montaña, nen a complicada en

mil reflexos da ribeira. Participa en

ambas como na tendida ondulación

dos agros, e nas searas combínanse

o loiro feo fragrante e a videira na

disciplina dos grandes e ben medi-

dos emparrados. O pazo vive o

suceder das estacións e a ronda das

horas e as súas memorias rexístranse

na leve decoración de finos liquens.

Grises como o pompón do millo,

dourados como a flor estival dos

vellos castañeiros. Ábrese Fontefiz,

xeneroso, á eira. Garda a adega así

como o arquivo e a libraría. Non nos

atrevemos a evocar xenealoxías nen

improvisar galerías de retratos. Fíxoo

co seu gálibo e mestría inigualadas o

noso vello amigo Sr. Ferro Couselo,

en páxinas escritas con intención

paralela a estas que tentamos conti-

nuar. O investigador ou curioso da

Galiza no inicio do XIX encóntrase

coa figura dun fidalgo deste pazo,

Don Ventura de Puga. Un "gentle-

man" entre os cabaleiros formados

en Oxford cando foi pedir armas

para as calosas e honradas maos

dos labregos galegos alzados, como

un só home, contra Napoleón. ¿Que

imaxes de Fontefiz acompañarían a

Don Pedro Ventura ao navegar na

fragata de guerra Yfigenia cara ao

Támesis?

Colexiais dos maiores, condecorados

militares, graves voluptuosos da súa

idade, damas de puras virtudes, fixe-

ron xemer nos seus paseos os pisos

de castiñeiro das grandes salas.

Algún dóese sempre de que os vellos

pazos "saian" das estirpes fundado-

ras. No caso que nos ocupa non se

enluta por pasaren ao Estado os ran-

cios brasóns. Ao contrario, actual-

mente aberto á campiña, sensíbel ás

variacións das colleitas, o pazo ilus-

tre cumpre hoxe a súa misión ideal. É

espello, exemplo, aula chea de afec-

to. Govérnao, como á súa auréola de

terras, a ciencia e técnica modernísi-

mas unidas ao respeito e á obedien-

cia ás milenarias prácticas nos domi-

nios de Ceres, de Baco, de Pomona.

E non menos a dedicación pastoral;

Virxilio había harmonizar musicais

exámetros na paisaxe xeórxica; o

pazo é como a conciencia da reali-

dade e mestre de capela da sinfonía

da paisaxe.

E con un afectuoso saúdo aos seus

actuais rectores e técnicos e aos seus

vitais e salvadores programas, con-

cluímos co clásico eloxio ao pazo e

institución de Fontefiz, alzado entre

os seus compañeiros como "inter

viburna compressi".

Ramón Otero Pedrayo.