Memoria Técnica 2004 - Digital CSICdigital.csic.es/bitstream/10261/48489/1/2012_Memoria 2004... ·...

230
CAMPO DE TRABALLO ARQUEOLÓXICO NO CASTRO GRANDE DE O NEIXÓN 2004 SONDAXES E ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTRO GRANDE DE O NEIXÓN (BOIRO, A CORUÑA). MEMORIA TÉCNICA Director do Laboratorio Director da Actuación 14 de marzo de 2012 14 de marzo de 2012 Felipe Criado Boado Xurxo M. Ayán Vila Laboratorio de Patrimonio, IEGPS (CSIC) Unidade Asociada Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe (IIT, USC)

Transcript of Memoria Técnica 2004 - Digital CSICdigital.csic.es/bitstream/10261/48489/1/2012_Memoria 2004... ·...

  • CAMPO DE TRABALLO ARQUEOLÓXICO NO CASTRO GRANDE DE O NEIXÓN 2004

    SONDAXES E ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTRO GRANDE DE O NEIXÓN (BOIRO, A CORUÑA).

    MEMORIA TÉCNICA

    Director do Laboratorio Director da Actuación 14 de marzo de 2012 14 de marzo de 2012

    Felipe Criado Boado Xurxo M. Ayán Vila

    Laboratorio de Patrimonio, IEGPS (CSIC) Unidade Asociada Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe (IIT, USC)

  • 1.  Ficha técnica .............................................................................................................. 3 2.  Resumo da actuación ................................................................................................. 4 3.  Contexto de partida da escavación arqueolóxica de 2004. ........................................ 5 

    3.1.  Metahistoria do Castro Grande. As intervencións arqueolóxicas precedentes .. 5 3.2.  Unha anovada visión do xacemento trala intervención de 2003. ....................... 6 

    4.  Obxectivos arqueolóxicos da intervención ................................................................ 8 5.  Fases de traballo e resultados .................................................................................... 9 

    5.1.  Resumo da actuación ......................................................................................... 9 5.2.  Cuestións xerais ............................................................................................... 11 5.3.  Actuacións de adecuación ................................................................................ 12 5.4.  Actuacións de documentación. Planimetría da Punta de Neixón ..................... 13 5.5.  Actuacións de investigación ............................................................................ 13 5.6.  Toma de mostras .............................................................................................. 35 5.7.  Enquisa etnográfica .......................................................................................... 36 

    6.  Estudo dos restos faunísticos exhumados ................................................................ 39 Mostra Ósea e Metodoloxía de Análise. .................................................................. 39 Resultados ................................................................................................................ 39 Industria ósea. .......................................................................................................... 45 Consideracións xerais. ............................................................................................. 47 

    7.  Obxectos metálicos e restos de actividade metalúrxica ........................................... 48 7.1.  Adornos en bronce ........................................................................................... 48 7.2.  Outros obxectos. .............................................................................................. 49 

    8.  Valoración do material cerámico recuperado .......................................................... 52 9.  Datacións radiocarbónicas. ...................................................................................... 69 

    9.1.  Contextos ......................................................................................................... 69 9.2.  Resultados ........................................................................................................ 70 9.3.  Significación .................................................................................................... 71 

    10. Valoración da intervención ...................................................................................... 72 11. Proposta de actuación .............................................................................................. 74 12. Bibliografía consultada ............................................................................................ 75 13. Material gráfico complementario ............................................................................ 77 

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 3

    1. Ficha técnica Realización dos traballos: Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-XuGa).

    Datas de actuación: 15/VII a 20/VIII/2004

    Dirección da Actuación: Xurxo M. Ayán Vila.

    Axudante de dirección: Alfredo González Ruibal.

    Redacción do Informe: Xurxo M. Ayán Vila e Alfredo González Ruibal.

    Técnicos arqueólogos: Leonardo González Pérez , Álvaro Arizaga Castro, Xosé Moledo.

    Técnica restauradora: Yolanda Porto Tenreiro.

    Topografía: Miguel Grueiro Méndez.

    Equipo de traballo: Participantes no campo de traballo.

    Fotografía e vídeo: Equipo técnico.

    Nome do Documento: 04R39IV01

    REFERENCIAS ADMINISTRATIVAS:

    Traballo realizado dentro do Proxecto de Campo de Traballo arqueolóxico en O Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) promovido pola Consellería de Familia da Xunta de Galicia e mailo Excmo. Concello de Boiro.

    Traballo arqueolóxico autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Consellería de Cultura e Comunicación Social) segundo Resolución do 12-7-04.

    Clave Expediente Administrativo: CJ102A 2004/306-0

    Código proxecto IEGPS: 04R39

  • 2. Resumo da actuación Na presente memoria técnica preséntase o resumo da actuación e unha breve síntese dos resultados derivados da realización dunha escavación arqueolóxica no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña), intervención desenvolvida no marco dun campo de traballo de temática arqueolóxica integrado na Campaña Verán 2004 a instancias dun convenio firmado polo Excmo. Concello de Boiro e a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, contando co asesoramento técnico do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.

    Con esta iniciativa as institucións implicadas precuran continuar coa potenciación e posta en valor deste espacio arqueolóxico, recuperado recentemente coa rehabilitación das estructuras exhumadas en O Castro Pequeno e coa construcción do Centro Arqueolóxico do Barbanza. Neste senso, o campo de traballo concebiuse como verdadeiro eixo vertebrador dunha estratexia de promoción do turismo cultural e do desenvolvemento sostible desta zona de Boiro, que busca converter este espacio arqueolóxico en polo de atracción turística e referente do Patrimonio Cultural da bisbarra do Barbanza.

    Neste contexto, cobra senso o desenvolvemento desta actuación arqueolóxica, concebida coma un primeiro paso na recuperación, dentro da área arqueolóxica citada, do xacemento de O Castro Grande, no que se teñen levado a cabo nos tres últimos decenios sondaxes arqueolóxicas en diferentes zonas da súa croa. Asemade, cómpre suliñar o alto grao de alteración que presenta este xacemento, afectado pola apertura de pistas e diferentes labores de recheo e aterrazamento.

    Con este obxectivo xenérico, a actuación conlevou o desenvolvemento de cinco tipos de actividades, realizadas entre o 15 de xullo e o 20 de agosto de 2004. Como actuación preliminar, levouse a cabo, baixo control arqueolóxico, o desbroce da superficie que ocupa a croa do castro.

    Posteriormente encetouse o levantamento topográfico con estación total para obter unha planimetría de detalle de toda a Punta do Neixón (inexistente ata o momento), e na que se incluiu a xeorreferenciación das intervencións arqueolóxicas anteriores.

    Co gallo de precurar unha caracterización formal do xacemento de O Castro Grande e esbozar un modelo interpretativo sobre o xurdimento, evolución, cronoloxía e funcionalidade deste poboado fortificado, plantexouse a escavación de tres áreas ubicadas no interior do recinto superior: o sector 01 aberto o ano pasado na cara NW da croa, o sector 02 na zona SE na que xa se acometera unha intervención en área no ano 1976 (escavación arqueolóxica de F. Acuña Castroviejo), e o sector 03 na zona SW da croa.

    Complementariamente realizouse un labor intensivo de formación arqueolóxica dos integrantes do campo de traballo, con obradoiros de debuxo aqueolóxico, fotografía, sistematización e informatización de datos de campo, manexo da estación topográfica, fundamentos de metodoloxía de escavación, seminarios de arquitectura castrexa e sobre aspectos xerais da Idade do Ferro, enquisa etnográfica, etc...

    Asemade, esta actividade conlevou unha tarefa continua de divulgación arqueolóxica que se materializou en visitas guiadas polo xacemento, atención ós visitantes por parte dos propios integrantes do campo de traballo e na participación activa en iniciativas da comunidade local, como foi a celebración da romería de O Neixón.

  • 3. Contexto de partida da escavación arqueolóxica de 2004. O xacemento de O Castro Grande de O Neixón localízase na parroquia de S. Vicente de Cespón (Boiro, A Coruña) na área septentrional dunha pequena península coñecida como Punta de O Neixón, que se presenta coma un fito visual na paisaxe conformada pola pequena baía de Beluso [Lámina 1]. Este emprazamento costeiro (10 m.s.n.m.) condicionou no momento da súa construcción tanto a morfoloxía do xacemento como a disposición do sistema defensivo [Lámina 2].

    A inexistencia dunha planimetría precisa e detallada, así como as diferentes alteracións sufridas polo xacemento, impedían unha exacta caracterización da morfoloxía do castro. En liñas xerais, presenta un recinto de planta lixeiramente oval cun diámetro de 95 m no eixo N-S e duns 105 m no eixo E-W, defendido por un parapeto de terra que acada na cara N-NW unha altura máxima de 7 m e unha anchura duns 5 m. O foxo perimetral disposto ó pé desta estructura atópase moi alterado, sobre toda na zona noroccidental, xa que por el decorría un antigo camiño de carro que en dirección S-N conducía ó Castro Pequeno de O Neixón.

    Segundo a descrición feita por Cuevillas e Bouza Brey (1927: 76-8), na década de 1920 aínda se conservaban restos dun socalco de xisto que sustentaba o parapeto térreo da croa e que foi utilizado como canteira polos veciños da aldea de Nine para ergueren muros de cachotería. Asemade, no croquis feito por estes investigadores, déixase constancia da existencia dun segundo parapeto de 7 m de alto e 2 de anchura que protexe a cara occidental do castro e vai diminuíndo de potencia cara o S e mailo E ata desaparecer por completo no NE.

    A fotografía do voo americano amosa unha meirande complexidade estructural do xacemento, como así o rexistraron na fotointerpretación recollida na Lámina 2 os arqueológos da empresa Terra Arqueos S. L. encargados do proxecto de adecuación de O Castro Pequeno. A este respecto, a zona chaira que se extende entrámbolosdous castros cara o SE, e actualmente ocupada por un piñeiral, podería ter conformado un segundo recinto anexo á croa. Por outra banda, é bastante probable que o acceso á croa se ubicase no SW, onde se localiza unha clara fenda no parapeto que parece ter sido reaproveitada polo camiño antigo empregado para acceder á acrópole polos veciños que tiñan alí propiedades [Lámina 3]

    3.1. Metahistoria do Castro Grande. As intervencións arqueolóxicas precedentes No tocante á historia das investigacións sobre O Castro Grande cómpre suliñar que a primeira intervención arqueolóxica desenvolta foi levada a cabo por Cuevillas e Bouza Brey na década de 1920, mediante a apertura de duas zanxas esproratorias, atopando soilo cachotes imitantes ós da superficie, moitas tégulas e poucos anacos cerámicos cáseque todos feitos a mau, lisos e de tipo castrexo e soilo un, de coor avermellado, sen polido nen barniz, con siñás da roda do oleiro (1926: 78). A localización en superficie de anacos de muíños circulares e de tégulas e ímbrices, así como a morfoloxía totalmente artificializada do xacemento, levou a estes autores a esboza-la hipótese de que se trataba dun poboado de nova pranta, dunha citania con elementos de romanización, froito do

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 6

    traslado de poboación de O Castro Pequeno, nun momento impreciso da 2ª Idade do Ferro.

    Posteriormente, na década de 1970, F. Acuña Castroviejo, cun equipo formado por membros do Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Santiago, realizou sucesivas campañas anuais de escavacións na área arqueolóxica de Os Castros de O Neixón. Dos resultados destas intervencións unicamente coñecemos unha breve síntese da escavación de 1973 en O Castro Pequeno (Acuña 1976), mentres que da escavación realizada en O Castro Grande só documentamos unha referencia indirecta na obra de síntese de J. Naveiro sobre o comercio en Galicia na Antigüidade: [en O Castro Grande] los vertidos de ánfora son absolutamente dominantes, habiéndose localizado extensas capas de tiestos que superan en casos los 40 cm de potencia (información inédita de F. Acuña sobre la campaña de 1976) (Naveiro 1991: 151, n.p. 5).

    Esta referencia probablemente se refira a unhas sondaxes abertas cata aberta na zona oriental da croa, ó pé do parapeto, ó N do sector 02 da nosa escavación. Á súa vez, na ampla cuadrícula reescavada o ano pasado polo noso equipo de traballo localizárase unha estructura circular de pedra con abundante material cerámico, sobre todo ánfora e algún fragmento de Sigillata Hispánica (Naveiro 1991: 240).

    Do material ergolóxico documentado nestas intervencións, unicamente contamos con estudios centrados na análise formal da cerámica exhumada (Rey 1990-91, 1996; Rey e Soto 2002). Estes traballos poñen de manifesto o notable avance tecnolóxico e grao de especialización (pastas cerámicas mellor depuradas e de texturas máis finas) acadado na cadea operativa cerámica polos habitantes de O Castro Grande, xacemento senlleiro dentro da alcumada área alfareira das Rías Baixas. Asemade, esta investigación contextualiza o xacemento na 2ª Idade do Ferro aínda que a presencia dalgúns materiais apuntarían unha ocupación serodia deica o 100 d. C. aproximadamente.

    A finais da década de 1980 e comezos dos anos 90, o arqueólogo Antonio Concheiro realizou unha reescavación da área intervida por Acuña Castroviejo, así como sondaxes valorativas na cara E do parapeto da muralla que circunda á croa, e que permitiron documenta-la existencia dun paramento de pedra no interior do parapeto.

    Finalmente, os traballos de adecuación da área arqueolóxica de Os Castros de O Neixón desenvoltos por Terra Arqueos S.L. nestes últimos anos tamén contribuíron a unha mellor caracterización do xacemento de O Castro Grande, levándose a cabo sondaxes na zona occidental da croa, as cales foron incluidas na escavación en área desenvolta nesta intervención arqueolóxica.

    3.2. Unha anovada visión do xacemento trala intervención de 2003. Os datos aportados pola escavación arqueolóxica encetada polo noso equipo de traballo o ano pasado permitiron apuntar unha serie de hipóteses de traballo sobre o xacemento, que foron plenamente contrastadas na presente intervención de 2004.

    Por unha banda, a aparición, o ano pasado, de materiais arqueolóxicos que van dende o século IV a. C. ata o século IV d. C. amosaban unha notable continuidade na ocupación deste xacemento. Isto non conleva pensar nunha utilización do Castro Grande como espacio habitacional ó longo dun milenio, senón probablemente na existencia dun poboado castrexo construído na fase media da Idade do Ferro, e que se potenciou como lugar central no cambio de era polo seu emprazamento estratéxico na ría de Arousa e en relación co circuito marítimo comercial.

    Posteriormente, e sen descarta-la hipótese de que seguise sendo un asentamento permanente na baixa romanidade, si é certo que se documentou unha ocupación tardía no

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 7

    recinto da croa, como xa apuntara J. Naveiro (1991) ó cita-la presencia de materiais tardíos no xacemento.

    Neste senso, a escavación de 2003 veu confirmar en parte a información que se tiña do Castro Grande, como é a presencia dun nivel de, alomenos, o cambio de era no sector 02 (estructura oval) e o impacto da romanización no xacemento, se ben tamén plantexaba novos datos como é a caracterización formal do poboado [Lámina 4].

    A este respecto, observouse que o espacio con potencialidade habitacional é máis ben escaso, se temos en conta a presencia do afloramento rochoso que ocupa unha grande superficie no interior da croa, afloramento que, por certo, non foi desmantelado polos seus antigos habitantes senón que se mantivo coma un verdadeiro eixo vertebrador do espacio.

    Por outra banda, destaca a escasa monumentalidade do parapeto meridional da croa, no que no seu extremo SE se constata un rebaixe notorio á altura da estructura con calzos de pedra documentada no sector 02. Neste senso, podería falarse doutro acceso ó recinto da croa dende a terraza meridional, espacio que si amosa unha meirande potencialidade como espacio habitacional.

    En función destes datos, pensabamos que a ampliación das escavacións námbolosdous sectores podía dilucidar bastante a xénese e evolución do castro, xa que o solo de ocupación documentado no sector 02 remítenos a un período claramente prerromano con significativos materiais como a cerámica íbero-púnica, que consolida a existencia dun comercio co Mediterráneo que xa se atisbaba coa documentación no Castro Pequeno dun arybalos púnico do século IV a. C.

    En liñas xerais, a sistematización do rexistro arqueolóxico levada a cabo na intervención do ano pasado, levounos a pensar que o Castro Grande semellaba comparti-la mesma evolución ca outros castros do litoral das Rías Baixas, nos que a actividade comercial serviu de acicate para convertérense en verdadeiros lugares centrais, probablemente cunha funcionalidade clara de redistribución dos bens procedentes desa actividade comercial.

  • 4. Obxectivos arqueolóxicos da intervención Como apuntabamos anteriormente, no proxecto de intervención arqueolóxica definíranse catro obxectivos esenciais, vencellados ós diferentes tipos de traballos desenvoltos: adecuación, documentación, investigación e conservación. Adecuación: plantexouse unha actuación que permitise por unha banda garanti-la

    preservación do xacemento e por outra maximiza-lo seu potencial como elemento patrimonial visitable. Deste xeito, tralo proxecto de recuperación levado a cabo en época recente –o cal incluía sinaléctica no entorno inmediato- o castro amosaba unha abondosa vexetación que impedía a visibilización das estructuras existentes e dificultaba o percorrido circulatorio polo interior da croa. Deste xeito, considerouse como medida imprescindible enceta-lo desbroce do xacemento baixo control arqueolóxico como primeira medida dunha adecuación puntual que debe ser complementada coa aplicación de herbicidas non agresivos e maila execución de rozas sucesivas ó longo do ano.

    Documentación: considerouse prioritario como paso previo ó desenvolvemento de novas intervencións arqueolóxicas no castro, tentar palia-lo paradóxico baldeiro arqueolóxico deste xacemento cunha definición e caracterización exhaustiva da morfoloxía da área arqueolóxica de Os Castros do Neixón, mediante a elaboración dunha planimetría de detalle a partir do levantamento topográfico dámbolosdous xacementos [Lámina 3]. A este respecto, precuramos complementa-la planimetría do Castro Grande co levantamento topográfico do Castro Pequeno, para así obter unha ferramenta útil que nos sirva de base para esbozar unha metahistoria dos Castros do Neixón como obxecto de estudo arqueolóxico, definindo en pranta a impronta das diferentes intervencións arqueolóxicas desenvoltas neste espacio ó longo do século XX (gabias valorativas, sondaxes e escavacións en área).

    Investigación: o terceiro punto importante é continuar cos traballos que nun futuro próximo permitan amplia-lo número e variedade de argumentos expositivos e visitables do xacemento, isto é, incrementa-la superficie de estructuras escavadas e consolidadas, de xeito que se poida palia-la imaxe aparentemente descontextualizada que ofrece agora mesmo O Castro Grande de O Neixón. Para isto, e partindo das sondaxes e resultados da campaña de escavación do ano pasado, propónse a ampliación dos sectores 01 e 02 así coma a apertura dunha nova área ubicada no posible acceso localizado no SW. Con estas actuacións precúrase contrasta-las hipóteses esbozadas anteriormente sobre a orixe e evolución do poboado, establecidas fundamentalmente a partires do estudio tipolóxico dos materiais.

    Conservación: este conxunto de intervencións plantexouse tamén co gallo de valora-lo estado de preservación dos restos arquitectónicos exhumados con vistas á súa posible consolidación e restitución, para deixarmos visitable a área intervida, partindo do modelo seguido coas estructuras pétreas do Castro Pequeno.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 9

    5. Fases de traballo e resultados

    5.1. Resumo da actuación Neste capítulo1 preséntase o resumo da actuación e unha breve síntese dos resultados derivados da realización dunha escavación arqueolóxica no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña), intervención desenvolvida no marco dun campo de traballo de temática arqueolóxica integrado na Campaña Verán 2004 a instancias dun convenio firmado polo Excmo. Concello de Boiro e a Consellaría de Familia, Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, contando co asesoramento técnico do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.

    Con esta iniciativa as institucións implicadas procuraban continuar coa potenciación e posta en valor deste espazo arqueolóxico, recuperado recentemente coa rehabilitación das estruturas exhumadas en O Castro Pequeno e coa construción do Centro Arqueolóxico do Barbanza. Neste senso, o campo de traballo concebiuse como verdadeiro eixo vertebrador dunha estratexia de promoción do turismo cultural e do desenvolvemento sostible desta zona de Boiro, que buscaba converter este espazo arqueolóxico en polo de atración turística e referente do Patrimonio Cultural da bisbarra do Barbanza.

    Neste contexto, cobra senso o desenvolvemento desta actuación arqueolóxica, concebida coma un primeiro paso na recuperación, dentro da área arqueolóxica citada, do xacemento de O Castro Grande, no que se teñen levado a cabo nos tres últimos decenios sondaxes arqueolóxicas en diferentes zonas da súa croa. Asemade, cómpre suliñar o alto grao de alteración que presenta este xacemento, afectado pola apertura de pistas e diferentes labores de recheo e aterrazamento.

    Con este obxectivo xenérico, a actuación conlevou o desenvolvemento de cinco tipos de actividades, realizadas entre o 15 de xullo e o 20 de agosto de 2004. Como actuación preliminar, levouse a cabo, baixo control arqueolóxico, o desbroce da superficie que ocupa a croa do castro.

    Posteriormente encetouse o levantamento topográfico con estación total para obter unha planimetría de detalle de toda a Punta do Neixón (inexistente até o momento), e na que se incluiu a xeorreferenciación das intervencións arqueolóxicas anteriores.

    Co gallo de precurar unha caracterización formal do xacemento de O Castro Grande e esbozar un modelo interpretativo sobre o xurdimento, evolución, cronoloxía e funcionalidade deste poboado fortificado, plantexouse a escavación de tres áreas ubicadas no interior do recinto superior: o sector 01 aberto o ano pasado na cara NW da croa, a ampliación do sector 02 na zona SE na que xa se acometera unha intervención en área no ano 1976 (escavación arqueolóxica de F. Acuña Castroviejo), e o sector 03 na zona SW da croa.

    Complementariamente, realizouse un labor intensivo de formación arqueolóxica dos integrantes do campo de traballo, con obradoiros de debuxo aqueolóxico, fotografía, sistematización e informatización de datos de campo, manexo da estación topográfica, fundamentos de metodoloxía de escavación, seminarios de arquitectura castrexa e sobre aspectos xerais da Idade do Ferro, enquisa etnográfica, etc...

    1 Este apartado é unha versión, adaptada para a súa publicación, do documento Sondaxes e escavación arqueolóxica no castro Grande de Neixón (Boiro, A Coruña). Campaña de 2004. Informe Valorativo depositado na Direción Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 10

    Asemade, esta actividade conlevou unha tarefa continua de divulgación arqueolóxica que se materializou en visitas guiadas polo xacemento, atención ós visitantes por parte dos propios integrantes do campo de traballo e na participación activa en iniciativas da comunidade local, como foi a celebración da romaría de O Neixón.

    Figura 1. Planimetría da Punta de Neixón realizada na campaña de 2004.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 11

    Figura 2. Ubicación do sectores de escavación.

    5.2. Cuestións xerais Os traballos desenvolvéronse no prazo estipulado no correspondente proxecto de actuación, seguindo a secuencia operativa e o programa de intervención arqueolóxica plantexado previamente. Deste xeito, o equipo arqueolóxico levou a cabo inicialmente o control do desbroce do xacemento, levado a cabo por persoal do Concello de Boiro, e a elaboración da planimetría da Punta do Neixón.

    No proxecto aqueolóxico considerabamo-la apertura de dous novos sectores de escavación en área (sectores 03 e 04) e a ampliación dos sectores da campaña pasada (01 e 02), sempre tendo en conta as limitacións de tempo e mailos condicionantes que conleva o desenvolvemento dun campo de traballo destas características (persoal non cualificado, traballo a tempo parcial, etc...). Finalmente, desbotouse a intervención sobre o foxo N do xacemento (Sector 04), abríndose o sector 03, pero cunhas dimensións máis reducidas do plantexado inicialmente (64 m2). Á súa vez, finalizamo-la escavación do sector 01 e encetámo-la súa ampliación cara o S coa apertura de dúas unidades de rexistro de 4x4 m.

    Finalmente, procedemos á uniformización da área de escavación de 1976 integrándoa na nosa malla de unidades de rexistro, o que conlevou unha notable ampliación do sector 02.

    Os tres sectores escaváronse totalmente a man. As escombreiras dispuxéronse provisionalmente ó carón do sector 01 e ao pé da cara S do parapeto da croa a rentes do camiño que cruza o xacemento en direción NW-SE, sendo evacuadas periodicamente cunha retropala e máis un dumper autocargante. Este proceso mecánico de movemento do volume de terra extraído permitiu minimiza-lo seu impacto visual, axiliza-los traballos de escavación e impedi-la conformación dunha escombreira dentro da área de proteción do xacemento, xa que a terra se empregou para labores de aterrazamento en diferentes solares da parroquia de S. Vicenzo de Cespón, suficientemente alonxados do xacemento arqueolóxico.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 12

    Figura 3. Planimetría coas áreas abertas nesta campaña de 2004.

    Cómpre sinalar que unha vez rematados os traballos procedeuse ó selado provisional dos sectores de escavación. Para esta actuación seguíronse as directrices vixentes no eido da restauración para este tipo de casos, empregando un material xeotéxtil como cobertura de toda área.

    Finalmente, é subliñable a función importantísima realizada polo Centro Arqueolóxico de Barbanza e mailo equipo encargado da súa xestión, xa que a pranta baixa do edificio -concebida no seu día para futuras intervencións arqueolóxicas deste estilo- foi empregada como almacén, laboratorio e base de operacións non só para o traballo de gabinete (tratamento informático, sistematización da información, lavado e siglado de cerámica) senón tamén para a realización das propias actividades do campo (obradoiros, charlas, etc...).

    5.3. Actuacións de adecuación Levouse a cabo o control arqueolóxico da limpeza da vexetación que cubría toda a área de Os Castros do Neixón, traballo realizado por persoal do Concello, baixo a nosa supervisión. Esta actuación fíxose con desbrozadoras manuais sendo necesaria a utilización de medios mecánicos (tractores e remolques) para a evacuación das ramaxes.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 13

    Esta nova adecuación do xacemento puxo de manifesto a necesidade ineludible de acometer desbroces periódicos durante o ano, xa que a vexetación medrou notablemente con respecto ao ano pasado, facendo impracticable aos visitantes o percorrido circulatorio polo interior do Castro Grande.

    5.4. Actuacións de documentación. Planimetría da Punta de Neixón Procedeuse á toma de datos de campo para a realización do levantamento fotogramétrico da Punta do Neixón. Utilizando como orixe dos traballos a planimetría do Castro Grande realizada pola empresa GEOTOP o ano pasado, implantáronse 4 vértices ou bases, determinadas con tecnoloxía G.P.S., que, á súa vez serviron para encadra-las poligonais na zona obxecto do levantamento.

    A realización do levantamento taquimétrico de detalle levouse a cabo dende as bases de replanteo, tomando por radiación distanciométrica tódolos puntos que permiten definir unha perfecta configuración do terreo, así coma unha definición en pranta das estructuras arquitectónicas consolidadas no Castro Pequeno. Os datos topográficos tomáronse con densidade suficiente para debuxa-los planos a escala 1/200 e con curvas de nivel cada 0.25 m, e calculáronse utilizando o mesmo sistema de coordenadas de todo o conxunto, para posteriormente seren procesados co programa MDT que xenera un modelo dixital do terreo e a partires del realízase o curvado.

    Cabe subliñar que, dado o sistema empregado, o resultado final é perfectamente correlacionable co resto da documentación derivada da intervención.

    5.5. Actuacións de investigación A partir do plano de traballo inicial, e buscando satisface-los obxectivos plantexados, traballouse en tres sectores diferentes do recinto superior do xacemento: o sector 01 abriuse o ano pasado perto do parapeto da muralla no extremo NW da croa, onde no seu día se fixeran sondaxes valorativas que amosaron certa potencia estratigráfica e nos que se documentou un nivel de derrubo. Pola súa banda, o sector 02 amoldouse nun inicio á superficie que abrangueu a intervención de 1976, de aí a súa forma poligonal en pranta que non se correspondía coa malla de unidades de rexistro de cuadrículas de 4 x 4 plantexada por nós como marco da primeira intervención do ano pasado.

    Finalmente, procedeuse á apertura do sector 03 na zona SW da croa, concretamente no espazo no que considerabamos probable a existencia dun posible acceso ao interior da croa.

    5.5.1. Escavación e ampliación do Sector 01 A zona na que se procedeu á continuación dos traballos neste sector de escavación plantexado a campaña pasada, presenta unha suave pendente en dirección NE-SW. Neste senso, era predecible que se incrementase a potencia estratigráfica no entorno inmediato ao parapeto W seguindo a lóxica dos procesos de arrastre e postdeposicionais.

    A escavación da campaña pasada permitiu documentar nesta zona máis meridional un nivel de derrubo (UENEI01015) que se extende por toda a metade S do sector cunha orientación en pranta SE-NW seguindo a liña da pendente e incrementando a súa potencia á medida que se achega ao parapeto da muralla. Entre as pedras de xisto se documentou abundante material arqueolóxico (anacos de ánfora, fragmentos de muíños), cun notable grao de buzamento que evidenciaba os procesos de arrastre que tiveron lugar nesta zona.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 14

    Figura 4. Principais UE documentadas no sector 01.

    Os traballos continuaron coa retirada do derrubo co obxectivo de identifica-las posibles estructuras orixinais. Esta actuación non estivo exenta de complicacións debido á propia morfoloxía e características do xisto como material constructivo e á considerable potencia do depósito. Na fase final da escavación comezaron a definirse dous muros de mampostería nos que se rexistraba unha aparente superposición dámbalasdúas estructuras, ás que se asocia claramente material romano, incluso de época tardía. Ao non ter rematada a escavación neste sector, procedeuse ó selado de toda área cun xeotéxtil e varias capas de area, para garanti-la súa correcta preservación cara a intervención de 2004.

    Nesta presente campaña, xa que logo, procedeuse á retirada do xeotéxtil para continua-la escavación do derrubo (UENEI01015), debaixo do cal apareceu un espazo arquitecturizado conformado por varias estructuras pétreas. A ampliación do sector cara ao S, coa apertura de dúas cuadrículas de 4 x 4 m (UR 1900 e UR 1901), permitiu

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 15

    identifica-la estrutura do parapeto defensivo, e documentar dous muros lonxitudinais que discorren paralelamente ao parapeto, en direción NW-SE.

    Figura 5. Pranta do sector 01 cos muros documentados

    Este conxunto de estructuras arquitectónicas –vencellado a abundante material anfórico, tégula e fragmentos de terra sigillata tardía- aparece debaixo directamente do derrubo (UENEI01015), asentándose sobre un depósito limoso (UE046) que se ubica directamente sobre a rocha base. Este nivel documéntase tamén no sector 02 (UE033) e se corresponde co nivel de ocupación máis antigo do castro, datable na 2ª Idade do Ferro.

    Figura 6. Perfil estratigráfico W do sector 01.

    A continuación recollemos unha reseña descriptiva das principais unidades estratigráficas documentadas no sector de escavación na presente campaña:

    UENEI02003 Estrutura aterraplenada que se corresponde co parapeto que cingue perimetralmente a croa do Castro Grande. As UR 1900 e UR 2000 cortan diametralmente esta estrutura defensiva, polo que neste sector presenta una disposición liñal en planta, cunha orientación NW-SE, acadando os 6.90 m de lonxitude e os 4.10 m de anchura máxima no extremo S da UR 1900.

    Aparece directamente por debaixo da capa vexetal, destacando a presenza dun depósito de recheo de época moderna (UE013), de 80 cm de potencia, que colmata a

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 16

    caída occidental do parapeto. A escavación dese depósito, resultado da utilización da zona como escombreira e vertedoiro nos anos 80, permitiu documenta-lo talude W orixinal do parapeto.

    Este elemento defensivo, delimitado na súa cara interna por unha estrutura de contención (UE055), está formado por un depósito amarelento, de xabre, moi compactado. A este respecto, é probable que a súa estructura interna sexa a mesma que a doumentada no sector 02 grazas á seción obtida coa realización dun corte estratigrafíco que amosou a existenza de cinco depósitos, o máis superficial dos cales quizais se corresponda con este definido en pranta no sector 01.

    UENEI02011 Muro de mampostería construído con grandes laxes de xisto careadas dispostas horizontalmente, e pequenas pedras do mesmo material empregadas como ripios. A cara interna amosa un mellor tratamento. De forma semicircular en pranta, define un arco cunha orientación N-SE, acadando, o tramo conservado, os 4.80 m de lonxitude e unha achura de 60 cm. Presenta un pésimo estado de conservación (sobre todo o extremo SW, praticamente esborrallado), conservándose tan só a primeira fiada de pedras. Cómpre salienta-la semellanza construtiva existente entre esta estructura e maila estrutura oval documentada no sector 02 (UE017)

    Define o espazo interior dunha posible estrutura oval, praticamente desmantelada polo N e mailo E, xa que o extremo N do muro remata apoiado na rocha que descende suavemente cara ao S. No interior localizouse un nivel de derrubo (UE020) que selaba os restos dun nivel de ocupación (UE025), de escasa potencia e cinguido practicamente á cara interna do muro.

    O posible acceso orixinal a esta construción estaría formado por un van definido polo muro e un afloramento rochoso, cuarcítico, pulido pola súa cara interna.

    Figura 7. Muros de mampostería no sector 01.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 17

    UENEI02012 Muro de mampostería construído con laxes de xisto e bloques de cuarcita, cunha orientación NE-SW, adosado ao muro UE011 e ao parapeto UE003. Ten unhas dimensións de 2.80 m de lonxitude, 60 cm de ancho e 40 cm de altura máxima, conservando unicamente dúas fiadas do paramento orixinal. A técnica construtiva é a mesma cá empregada nos muros aledaños, destacando a utilización de pequenos ripios de xisto e un bloque de cuarcita no extremo adosado ao parapeto.

    Este muro ergueuse a posteriori da construción do muro UE011 e do parapeto, adosándose a ámbalasdúas estruturas, probablemente coa intención de pecha-lo percorrido circulatorio ao carón do parapeto.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 18

    UENEI02046 Depósito de terra marrón escura, de natureza limosa e granulometría media, bastante compactado, que se extende pola metade S do sector 01, e aparece directamente sobre a rocha base. Este nivel de escasa potencia, equiparable á UE032 do sector 02, constitúe o depósito orixinal sobre o que se ergueu o conxunto de estruturas arquitectónicas documentadas, xa que as fiadas basais dos muros se asentan claramente sobre este estrato. Documentouse neste nivel unha fusaiola que reutiliza cerámica púnica, algunha cerámica indíxena da fase final da cultura castrexa (bordes gallonados), fragmentos de ánfora e fragmentos de escoura de ferro.

    Figura 6. Secuencia dos traballos no sector 01.

    UENEI02047 Pequeno empedrado de pedras de xisto, de tamaño uniforme (10 cm) e caras planas, que aparece entre o perfil E e S da UR 1901 e o muro UE051. De forma aproximadamente rectangular, ten unhas dimensións de 2.30 cm no eixo N-S e de 1.90 m no eixo E-W.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 19

    Aparece directamente debaixo do nivel de derrubo (UENEI01015), cunha orientación NW-SE, e sobre o depósito UE046.

    UENEI02050 Muro de forma semicircular, moi desmantelado –só se conservan dús fiadas- cunha orientación W-SE, que aparece por debaixo do nivel de derrubo (UENEI01015), asentándose por riba da rocha base. Consérvase un tramo de 2.40 m de lonxitude, e a súa anchura vai incrementándose dende os 60 cm do extremo NW ata 1 m no extremo SE. O sistema construtivo é identico ao resto dos muros, se ben é chamativa a utilización de grandes laxes de xisto (40 cm) e grandes bloques de cuarcita extraídos dos afloramentos emprazados no interior da croa.

    UENEI02051 Muro de mampostería erguido con cascotes de xisto (40 cm) e grandes bloques de cuarcita (60 cm), cunha disposición NW-SE, moi desmantelado e do que se conservan apenas dúas fiadas. Acada unha lonxitude de 7.50 m e unha achura máxima de 70 cm. Aséntase sobre o estrato limoso UE046 e dispónse paralelamente á estrutura de contención do parapeto (UE055). Destaca a presenza de abundante material cerámico asociado, ánfora e tégula, documentándose ao pé do muro dous fragmentos de sigillata tardía datables no século IV d. C.

    UENEI02055 Posible estrutura de contención da cara interna do parapeto UE003, polo que presenta unha disposición liñal NW-SE., acadando unha lonxitude de 5.40 m e 1.10 m de anchura no seu tramo medio. A zona máis achegada á cota superior do parapeto está inzada de pedras de pequeno tamaño (10 cm), ao pé da cal se atopan laxes de xisto de meirande tamaño (entre 50-60 cm). Entre esta estrutura de contención e o muro UE051 documéntase un espazo baldeiro de 60 cm de ancho, habilitado tras efectuar un corte na estrutura orixinal do parapeto, e no que se atoparon os fragmentos de sigillata tardía.

    5.5.2. Escavación e ampliación do sector 02 Esta segunda zona de actuación plantexouse no ano 2003 co obxectivo primordial de proceder á reescavación da área que abranguera a intervención de 1976 dirixida por Fernando Acuña Castroviejo e da que se carece de información publicada. Só coñecemos os datos aportados polo arqueólogo A. Concheiro na súa intervención dos anos 90, de adecuación da zona na que procederon á extensión dun xeotéxtil para protexer un muro de mampostería semicircular.

    Na campaña pasada puidemos caracteriza-los procesos postdeposicionais e mailo notable grao de alteración de toda a zona, debido en parte a afecións modernas e á citada intervención dos anos setenta. A anterior actuación arqueolóxica escavou tódolos depósitos existentes no interior do muro de mampostería UENEI01017 non documentándose ningún nivel arqueolóxico fértil. Asemade, toda a cara occidental da área atópase totalmente arrasada deixándose á vista o horizonte mineral por debaixo da capa vexetal.

    Por outra banda, a citada intervención permitira documentar ó caron da cara externa do muro UENEI01017, no extremo SE do sector de excavación, unha pequena zona que non foi afectada pola intervención de 1976 e que constitúe unha zona de enorme potencial arqueolóxico xa que preservou a estratigrafia orixinal e unha serie de estruturas arqueolóxicas. Dunha banda, documentouse un pavimento de arxila (UENEI01016) ao que se asocia unha pequena lareira cun calzo de pedra (UENEI01027) ámbolosdous situados por riba dunha camada de xabre (preparación da base do pavimento). Estas

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 20

    estruturas emprázanse enriba dun estrato de terra marrón clara que constitúe o solo de ocupación orixinal UENEI01033 sobre o que se construiu a estrutura oval (UENEI01017). A escavación da zona permitiu documentar unha serie de calzos de pedra e un muíño fincado sobre ese nivel de ocupación, conformando unha estrutura probablemente relacionada co acceso a todo este espazo polo SE e que se corresponde cun significativo abombamento no parapeto da muralla visible na planimetría de detalle.

    Figura 7. Principais estruturas documentadas no sector 02.

    Con este datos á nosa disposición, plantexamos para a presente campaña de 2004 unha considerable ampliación do sector 02 intervido en 2003, cun triple obxectivo: Contrasta-la hipótese da existenza dun posible acceso ao interior da croa polo SE. Obter información sobre a morfoloxía do sistema defensivo do xacemento.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 21

    Acadar unha uniformización da área escavada, integrando o sector de escavación de 1976 na malla de unidades de rexistro de 4 x 4 m plantexada por nós para abranguer posibles intervencións arqueolóxicas no futuro.

    Neste senso, procedeuse á apertura de 7 novas cuadrículas de 4 x 4 m cara o E; da cuadrícula UR 1121 cara ao S; e das cuadrículas UR 1620, UR 1519, UR 1419, UR 1319 e UR 1220 cara o W. En total foron 214 m2 abertos esta campaña para o sector 02.

    Como xa se comezaba a atisbar na campaña pasada, a escavación constatou o arrasamento da zona occidental da área intervida, na que a capa vexetal se asenta directamente sobre a rocha base, de xisto cuarcítico. Esta circunstancia conleva a inexistencia de niveis arqueolóxicos fértiles nas unidades de rexistro abertas (UR 1220, UR 1319, UR 1419, UR 1519, UR 1620) nas que unicamente se atoparon pequenos fragmentos cerámicos moi rodados, todos de adscripción cronocultural de época romana (fragmentos de sigillata, ánfora Haltern 70 e tégula), así como afloramentos rochosos con evidencias de teren sido empregados como canteira para a extración de bloques de cuarcita.

    Pola contra, a ampliación cara ao E (e puntualmente a cuadrícula aberta cara o S, UR 1121) si que forneceu un conxunto de estruturas arqueolóxicas de diferente funcionalidade e adscrición cronolóxica, vencelladas todas nun principio ao sistema defensivo do poboado fortificado. Esta complexidade estructural fixo que adoptasemos como estratexia de intervención máis apropiada para acadar información senlleira sobre o xacemento, a apertura dun corte estratigráfico de 12 x 1 m en paralelo á cara meridional das UR 1322, 1323 e 1324. Esta sondaxe liñal permitía obter senllos perfís estratigráficos, así como unha seción do parapeto que favorecese coñece-la súa estruturación interna así como as características do seu basamento (existencia ou non dun posible paleosolo, niveis de ocupación antigos, etc...).

    A escavación en área e maila zanxa liñal deron como resultado a documentación de catro conxuntos estruturais, conformados por diferentes unidades estratigráficas:

    1. Conxunto formado por estruturas vencelladas ao sistema defensivo e ao posible acceso SE.

    2. Corte e depósitos de colmatación dun foxo defensivo. 3. Conxunto de estruturas en negativo que conforman o espazo habitacional máis

    antigo documentado no castro, correspondente ao sedimento limoso UE033. 4. Conxunto de estruturas dentro do espazo habitacional, adscritas ao último nivel de ocupación de época romana tardía.

    Estruturas vencelladas ao sistema defensivo

    UENEI02002

    Depósito de colmatación intencional dunha entrada documentada nas UR 1422, 1423 e 1523, que aparece por debaixo da capa vexetal e sobre o sedimento limoso UE033. Este nivel de recheo, de forma rectangular en pranta, está formado por un conglomerado de grande compactación, de pequenos xistos (entre 8 e 10 cm) e terra amarelenta con bolsadas de xabre. Acada os 4.90 m de lonxitude no eixo N-S, os 4.70 m de ancho (eixo E-W) e unha potencia de 70 cm. Formando parte deste depósito aparecen miles de fragmentos cerámicos da fase final da cultura castrexa (bordes reforzados tipo Vigo, bordes gallonados, tipo Cíes...), misturados con algún anaco de cerámica púnica, todos eles cun notable grao de buzamento que indican a actividade de recheo, levada a cabo dende o interior do castro, cara o SE.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 22

    Sobre este depósito practicouse unha zanxa de cimentación (UE010) dun muro (UE004) que o cruza transversalmente en dirección N-S.

    UENEI02003

    Muralla aterraplenada, composta por un terraplén artificial de terra, con seción transversal en dobre talude. Este parapeto cingue todo o perímetro da croa do Castro Grande. No arco SE intervido durante a escavación, documentáronse dous tramos que cieguen un acceso.

    O tramo SW acada os 13.50 m de lonxitude, os 5.30 de ancho e 1 m. Nos perfís do corte estratigráfico practicado (Sondaxe 01) documentámo-la estructura interna do parapeto, conformado polos seguintes niveis estratigráficos: Depósito máis superficial, o de tonalidade máis amarelenta, composto por xabre,

    probablemente extraído do foxo anexo. Acada unha potencia máxima de 34 cm. Depósito de xabre, moi compactado, cunha tonalidade máis grisácea clara (entre os

    30 e 60 cm de profundidade. Sedimento moi compactado, de cor alaranxada, no que destaca a presenza de

    pequenos seixos e gravas, e cun grosos bastante uniforme (13 cm de potencia). Sedimento limoso de tonalidade máis escura (entre os 70 e 90 cm de profundidade). Sedimento limoso, de cor parda, entre os 10 e 20 cm de potencia, que aparece entre

    os 80 cm e 1 m de profundidade, e se dispón enriba da rocha base. Este depósito correspóndese coa UE032 que, como veremos, constitúe o nivel de ocupación máis antigo do xacemento, e sobre o que se constrúe o parapeto. Neste nivel documentouse un burato de poste con madeira carbonizada no seu interior.

    Figura 8. Acceso e sistema defensivo no sector 02.

    No extremo N deste tramo, localizouse unha pequena zanxiña (UE007) que cingue perimetralmente o remate semicircular do parapeto

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 23

    O tramo NE do parapeto ten unha lonxitude de 6.90 m, e 2.60 m de ancho; descoñecémo-la potencia desta estrutura, aínda que todo parece indicar que posúe unha cota máxima de 1 m nesta zona do castro.

    Sobre a caída interna do parapeto practicouse unha zanxa (UE010) que serviu de cimentación para erguer un muro de laxes de xisto (UE004), o cal atravesa a entrada orixinal, previamente colmatada intencionalmente polo depósito de recheo UE002. Á súa vez, na caída oriental do parapeto, localízase unha posible estrutura pétrea de contención (UE006).

    UENEI02004

    Restos dun muro de mampostería practacamente desmantelado, encaixado nunca gabia de cimentación (UE010) que discorre pola caída interna do parapeto. Consérvanse tres tramos do paramento murario: Tramo N: aparece nas UR 1523 e UR 1623, onde se conservan dúas fiadas de 25 cm

    de alto, acadando unha lonxitude de 2.40 m (eixo N-S) e un ancho de 80 cm. Está formado por coios de cuarcita de 35 cm e laxes planas de xisto (30 cm).

    Tramo S: afectado pola escavación arqueolóxica de 1976, que o secionou parcialmente; trátase dun pequeno tramo de 90 cm de lonxitude e 50 cm de ancho, no que destaca a presenza dun muíño barquiforme reutilizado.

    Tramo S-SW: de 3.20 m de lonxitude e 70 cm de ancho, está formado por laxes de xisto de 60 cm de ancho, dispostas horizontalmente abranguendo o grosor total do muro.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 24

    Figura 9. Estruturas vencelladas ao sistema defensivo.

    UENEI02006

    Estrutura formada por pedras de xisto de tamaño medio (15-20 cm) que presenta unha disposición liñal en pranta, cunha orientación N-S. Mide 9 m de longo no eixo N-S e 1.20 m de ancho no eixo E-W. Emprázase directamente debaixo da capa vexetal e sobre o depósito de terra de natureza limosa (UE032), a media ladeira, ao pé da caída oriental do parapeto UE003. Parece corresponderse cunha estrutura de contención do parapeto, a xeito de socalco, da que xa deron noticia no seu día F. Bouza Brey e F. López Cuevillas (1926) e que se atopa moi desmantelada debido á extración de pedra por parte dos habitantes da aldea de Nine, que empregaron esas pedras de xisto na construción de pendellos e muros de linde.

    UENEI02010

    Zanxa de cimentación de forma semicircular, cunha orientación N-SW, de 13.50 m de lonxitude e 70-80 cm de ancho, practicada na caída interna do parapeto UE003. As paredes do corte, cunha lixeira inflexión cara o interior, acadan nos tramos mellor

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 25

    conservados os 20 cm de profundidade. No seu interior consérvanse tres tramos dunha fiada de pedras de xisto correspondente a un muro de mampostería (UE004).

    Corte e depósitos de colmatación dun foxo defensivo A apertura do corte estratigráfico (sondaxe 01) permitiu documentar na UR 1324 a sección dun foso de considerable profundidade (UE067), recheo por sucesivos depósitos de colmatación entre os que destaca un basureiro cerámico e varios depósitos de cunchas.

    Figura 10. Corte estratigráfico (sondaxe 01)

    Coa finalidade de contextualizar mellor esta estrutura e definir na medida do posible o seu trazado, corte e morfoloxía, encetamo-la escavación da UR 1224. Esta ampliación permitiunos documentar un foxo monumental, escavado na rocha base, de sección en V, de 2.50 m de ancho na boca 3 30 cm na base, e que acada os 2.70 m de profundidade máxima. Na área escavada compróbase como o foso circunda o perímetro da base do parapeto e define un arco que se corresponde co arco SE da muralla da croa.

    Figura 11. Perfil estratigráfico S da zanxa: UR1322, UR1323 e UR1324.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 26

    Figura 12. Perfil S. do foxo: UR1224.

    Ó cortarmos diametralmente o foxo permitiu obter 3 secións desta estructura, identificándose 12 niveis de colmatación do interior da estructura, escavada na súa totalidade a man, e definido en pranta cada un dos estratos documentados. Sinteticamente, identificamos os seguintes depósitos:

    UENEI02033

    Sedimento de terra xabrenta amarela, de textura fina, que forma un grande estrato buzado, desprazado cara o foxo dende o parapeto. Está cuberto pola terra vexetal e cobre unha capa de sedimento de características semellantes pero máis escuro e de textura máis arxilosa (UE040). Non se documentan materiais, agás algunha tégula moi rodada.

    UENEI02040

    Depósito de recheo do foxo de terra amarela escura, case ocre, que cobre un nivel de cinza (UE042) sobre un estrato de cunchas (UE034).

    UENEI02037/UENEI02045/UENEI02047 Basureiro de cerámica prerromana da fase II (séculos IV-II a. C.) que aparece directamente debaixo da capa vexetal, ao fondo E da UR 1224, seguindo a pendente E-W

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 27

    do parapeto. Identifícanse tres depósitos sucesivos de características moi semellantes, inzados de materiais cerámicos, entre os que predominan os bordes tipo Cíes, as xerras tipo Toralla, ólas tipo Toralla e bordes aristados.

    Figura 13. Basureiro cerámico (UE045)

    UENEI02042

    Capa moi fina de cinzas con carbóns que cobre o cuncheiro (UE034), con material cerámico de transición entre o Ferro I e II. Aparece debaixo da UE040.

    UENEI02034

    Depósito de cunchas que aparece formando parte do recheo que colmata a base do foxo. Aparece a 1.20 m de profundidade, inmediatamente debaixo dunha fina capa de cinza e sobre un depósito limoso escuro, e presenta un notable buzamento cara o S. No perfil N obsérvase como dos 8 cm de espesor vai gañando potencia en direción S acadando os 35 cm de potencia na cara E. Entre as especies de molusco documentadas destaca a presencia de ostras, navallas, caramuxos e mexilóns. Aparece material cerámico asociado, da transición entre a Fase I e II da cultura castrexa.

    UENEI02036

    Capa de cunchas ben definida no perfil N, sendo máis complicada a súa diferenciación con respecto a outras capas de cunchas no perfil S da sondaxe 01. Aparece debaixo da UEN040 e por riba da UE039, e presenta pouco material cerámico asociado.

    UENEI02038

    Capa de cunchas que aparece por debaixo da UE039 e por riba da UE041. Destaca a presencia de ósos de ovicápridos e de restos de mexilóns, habendo menos ostras que nas capas superiores. Esta capa cobre unha acumulación de pedras de mediano e grande tamaño (UE041).

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 28

    Figura 14. Concheiro localizado no interior do foxo.

    UENEI02039

    Depósito de terra moi orgánica con restos de cunchas, aínda que en proporción inferior á que aparece nas inmediatamente superiores. Aparece debaixo da UE034 e por riba da UE036.

    UENEI02041

    Depósito de grandes bloques de xisto que colmata o fondo do foxo, e que semella ser produto dun selado intencional.

    Conxunto de estructuras en negativo que conforman o espazo habitacional máis antigo documentado no castro, correspondente ao sedimento limoso UENEI01033. Como apuntabamos anteriormente, na campaña de 2003 documentouse nas UR 1322 e 1422 un pavimento de arxila (UENEI01016) situado enriba dun estrato de terra marrón clara, de natureza limosa, que constitúe o solo de ocupación orixinal UENEI01032 sobre o que se construiu a estructura oval (UENEI01017). A escavación deste ano clarificou notablemente a secuencia estratigráfica na zona e puxo de manifesto que o citado depósito UENEI01033 constitúe o máis antigo solo de ocupación documentado ata o momento dentro da croa. O corte estratigráfico practicado (sondaxe 01) amosa ben ás claras como nun primeiro momento (datable na 2ª Idade do Ferro), o parapeto mesmo -e o acceso asociado- se constrúen enriba dese depósito. Cara o cambio de era, este nivel de ocupación é parcialmente desmantelado empregando o sedimento e materiais asociados para rechea-la entrada SE.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 29

    Nunha última fase, sélase definitivamente o depósito coa construción da estructura oval UENEI01017 e unha nova área de ocupación definida por un amplo pavimento de arxila entre o muro UE004 e a estrutura oval citada.

    Figura 15. Perfil N do corte estratigráfico (sondaxe 01).

    Así pois, este nivel de ocupación extendése polas UR 1221, UR 1321, UR 1322, UR 1422 e UR 1423 conformando o primeiro espazo habitacional construído na area SE do xacemento. A escavación deste ano evidenciou a existencia dunha serie de estruturas en negativo correspondentes a unha arquitectura erguida con materiais perecedoiros, e que pasamos a describir a continuación:

    GENEI02001

    Burato de poste que aparece na UR 1322, ó carón dunha pequena fosa, a rentes da estructura oval UENEI01017. Está formado polas seguintes unidades estartigráficas: UENEI02053; corte de forma ovalada de esquinas redondeadas e bastante verticais e

    base cóncava. Mide 22 cm de lonxitude (eixo NWW-SE) e 18 cm de ancho (eixo SW-NE), acadando unha profundidade de 16 cm.

    UENEI02052: depósito de terra de cor marrón, con pequenos fragmentos de carbón, de compactación media e granulometría fina. Mide 22 de cm no eixo NW-SE e 18 cm no eixo NE-SW, acadando unha profundidade de 16 cm.

    UENEI02054: dous calzos de pedra fendidos dentro do burato, na súa cara interna NE. O calzo situado na parede N ten unha profundidade de 33 cm e unha anchura de 13 cm, mentres que o emprazado máis ó NE presenta 29 cm de profundidade e 7 cm de ancho.

    GENEI02002

    Burato de poste que aparece na UR1422, constituído polas seguintes unidades estratigráficas: UENEI02059: corte de forma circular, paredes verticais e base cóncava, cunhas

    dimensións de 22 cm (eixo E-W), 19 cm (eixo N-S) e unha profundidade de 11 cm.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 30

    UENEI02060: depósito de terra marrón-roxiza de pouca compactación con presenza de pequenas pedras, de idénticas dimesións có corte. UENEI02061: calzo de xisto pegado á parede N do corte UE059, de forma

    triangular, 7 cm de profundidade, 5 cm de lonxitude e 3 cm de ancho.

    Figura 16. Nivel de ocupación UENEI01033 con buratos de poste. 2ªIdade do Ferro.

    GENEI02003

    Burato de poste localizado na UR 1422, AO carón da estrutura oval UENEI01017, formado polas seguintes unidades estratigráficas: UENEI02062: corte de forma circular, paredes verticais e base cóncava, cunhas

    dimensións de 18 cm (eixo E-W), 20 cm (eixo N-S) e unha profundidade de 10 cm. UENEI02063: depósito de terra marrón pouco compactada. UENEI02064: formada por dous calzos de pedra fincados na cara SE do corte

    GENEI02004

    Burato de poste practicado, coma os restantes, na UENEI02032, localizado na UR 1322, debaixo do parapeto trala apertura do corte estratigráfico (sondaxe 01) UR 1422, ó carón da estructura oval UENEI01017, formado polas seguintes unidades estratigráficas: UENEI02058: corte de forma circular, de paredes verticais e base plana, de 15 cm de

    lonxitude (eixo N-S), acadando unha profundidade de 9 cm. UENEI02065: depósito de carbóns de considerable tamaño que colmata todo o

    interior do burato.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 31

    GENEI02005

    Burato de poste localizado no extremo N da UR 1422 UENEI02073: corte de forma perfectamente circular, cun diámetro de 15 cm e unha

    profundidade de 20 cm que presenta un calzo de pedra na súa cara NE. UENEI02074: depósito de terra marrón-roxiza, pouco compactada. Documentouse

    un anaco de cerámico íbero-púnica no seu interior.

    GENEI02006

    Foxa escavada na UENEI01032, que aparece ó carón do muro UENEI01017 e do burato de poste GENEI02001. Está formada por dúas unidades estratigráficas: UENEI02049: corte de forma irregular e base plana, máis ou menos circular, cunha

    esquina recta e as outras dúas redondeadas. Ten un diámetro de 60 cm e unha profundidade máxima de 10 cm.

    UENEI02048: depósito de terra marrón-roxiza escura, de compactación media e granulometría fina, con presenza de pequenas pedras. No aparece material arqueológica, documentándose unicamente microcarbóns.

    GENEI02007

    Posible fondo de cabaña formado por unha gabia semicircular e o depósito de recheo da mesma: UENEI02071: corte de forma semicircular que acada os 2 m de lonxitude, cunha

    anchura media de 50 cm e unha profundidade de 38 cm. UENEI02072: depósito único de recheo, dunha terra marrón-roxiza, de

    compactación media, con pequenos carbóns e algún fragmento cerámico.

    Figura 17. Fase de escavación do nivel de ocupación UENEI01033.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 32

    Conxunto de estruturas dentro do espazo habitacional, adscritas ao último nivel de ocupación de época romana tardía. Sobre o nivel habitacional da 2ª Idade do Ferro UENEI01032 documéntase unha reocupación de época romana que conlevou unha notable remodelación de todo ese espacio a partires das seguintes actividades constructivas: Recheo intencional da entrada SE, previo desmantelamento parcial do nivel de

    ocupación prerromano. Construción dun muro de delimitación que discorre pola caída interna do parapeto e

    cruza o antigo acceso. Preparación dun pavimento de arxila (UENEI01016) que se estende entre o muro e a

    estrutura oval UENEI01017. Construción dunha estrutura con materiais perecedoiros (conxunto de calzos

    documentados na campaña do ano pasado) sobre o pavimento de arxila. Este nivel de ocupación conlevou unha destrución notable da área habitacional

    previa, constatándose unha amortización de materiais para a construción, e un predominio absoluto de material romano: tégula, ánfora, pallabarro e sigillatas tardías. Correspondente a este nivel, rexistráronse as seguintes estruturas arqueolóxicas:

    Figura 18. Actividade construtiva de época baixoimperial.

    UENEI02008 Depósito de pedras de xisto de gran tamaño e bloques de cuarcita, de forma irregular en pranta, cunha orientación NE-SW, e unhas dimensións de 5.50 m de lonxitude no eixo NE-SW, de 2 m no eixo NW-SE e 70 cm de potencia, que aparece entre a caída interna do parapeto e os afloramentos rochosos que cinguen polo S a estructura oval ITNEI01017. Aparece secionado no extremo NE pola intervención de 1976.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 33

    Documentouse material romano, ánfora, tégula, escouras de ferro e esquirlas de bronce, destacando un fragmento de fondo estampillado de sigillata africana (século V d. C.). A disposición do depósito e maila súa morfoloxía apuntan á hipótese de que non se trata dun derrubo, senón dun nivel de obra produto do desmonte do muro UE004 e da extración de cuarcita dos afloramentos rochosos. O material extraído empregaríase na construción da estrutura oval UENEI01017.

    UENEI02026

    Estrutura de forma rectangular formada por un entramado de pedras de xisto de pequeno tamaño (entre 10-15 cm) que se dispón seguindo unha orientación NE-SW, entre o parapeto UE003 e o muro da estructura UENEI01017. En pranta ten unhas dimensións de 2.60 m no eixo NE-SW e de 1.30 m no eixo NW-SE. Aparece directamente debaixo do derrubo UE008 e sobre o nivel de ocupación UE032, presentando como material asociado fragmentos de tégula e ánfora. A disposición das pedras, a súa morfoloxía e a súa ubicación fan pensar que se trata dun empedrado, moi alterado, correspondente ó momento no que se reordeou e modificou toda área, en época romana.

    5.5.3. Apertura dun novo sector de escavación: o sector 03 Como apuntabamos no proxecto arqueolóxico, para a presente campaña de 2004 plantexamo-la apertura dunha terceira área de actuación destinada a localizar un posible acceso orixinal ao interior da croa ou recinto central do castro. Contamos con información detallada, procedente do traballo realizado na década de 1920 por Bouza Brey e López Cuevillas (1926), sobre a existenza dun camiño de carro tradicional que era utilizado polo campesiñado de Nine para entrar ao Castro Grande, daquela adicado ao cultivo extensivo de cereal. Esta infraestructura viaria seguía un percorrido paralelo ao parapeto occidental da croa, en direción N-S para virar despois cara ao NE, o que facía pensar a aqueles investigadores na posibilidade de que se tratase da reutilización dunha entrada orixinal ao poboado fortificado.

    Asemade, a enquisa etnográfica realizada polo noso equipo de traballo, secunda esa hipótese, xa que os informantes máis vellos aínda lembran empregaren ese camiño para desenvolver actividades agrícolas no seo do recinto central do Castro Grande.

    Por outra banda, a planimetría encetada na campaña do ano pasado, así coma a elaboración dun modelo dixital do terreo, forneceu unha imaxe detallada desa zona do xacemento, na que se plasmaba polo miúdo un rebaixe notable, ou descendemento de cota, no tramo SW do parapeto.

    A priori, este abombamento da estructura defensiva semellaba corresponderse cunha rampa que fende o parapeto na súa cara SW, reaproveitada por un antigo camiño de acceso ao recinto. Para corroborar esta hipótese, abrirmos un novo sector conformado por catro UR de 4 x 4 m que foron escavadas ata chegar á rocha nai.

    A escavación da capa vexetal amosou un cultivo intensivo da zona cun nivel superficial de roza, de tonalidade alaranxada –produto das estivadas ou queimas do terreo- e abundante material moderno. O decapado deste estrato deixou ao descuberto a presenza de dous grupos estratigráficos ben definidos:

    GENEI02008 Estrutura liñal, escavada na trasición ao xabre, composta polas seguintes unidades estratigráficas:

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 34

    UENEI02031: corte escavado na rocha que aparece inmediatamente por debaixo da capa vexetal. Presenta en pranta unha orientación NW-SE, acadando unha lonxitude de 6.40 m e unha anchura máxima de 50 cm, que vai descendendo ata os 40 cm seguindo a liña da pendente. De base chá, as paredes, de 8 cm de alto, inclínanse lixeiramente cara ao interior. O contorno inferior do corte tamén descende de anchura dende os 38 cm do tramo NW deica os 27 cm do tramo SE. A estrutura pérdese nos perfís do sector de escavación, mais presenta unha orientación clara cara ó SE.

    UENEI02030: depósito de colmatación do interior do corte antedito, de natureza areosa, formado por pequenas gravas (0.50 cm), pedras de xisto e seixos de pequeno tamaño (entre 2-5 cm). Constitúe o recheo do corte UE031, polo que as súas dimensións se corresponden con este, acadando unha potencia que avala entre os 5 e 6 cm. As características morfolóxicas do depósito de recheo, así como a disposición en

    pranta do corte permiten plantexa-la hipótese de que se trate dunha estrutura, de clara orixe antrópica, destinada á evacuación de agua, do interior do recinto cara ao exterior.

    Figura 19. Principais UE documentadas no sector 03.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 35

    GENEI02009 Tramo da muralla que delimita o recinto central do Castro Grande pola súa cara W. Esta estructura, na área que abrangue o sector 03, está constituída por tres unidades estratigráficas claramente diferenciadas: UENEI02003: parapeto de terra misturada con xabre, moi compactado, de

    tonalidade amarelenta, que conforma a estrutura interna da muralla que delimita a croa do xacemento, compartindo as mesmas características morfolóxicas cós tramos documentados nos sectores 01 e 02. O parapeto consérvase mellor no extremo N, xa que no tramo medio atópase moi alterado, menos compactado e inzado de abundantes anacos de pedra. Presenta en pranta unha forma semicircular,

    UENEI02021: estrutura praticamente desmantelada formada por un conxunto de pedras de xisto que aparece directamente debaixo da capa vexetal e sobre o horizonte C, circundando a cara oriental do parapeto UE003. Presenta unha orientación NW-SE-NW, definido un arco que se amolda á forma daquela estrutura defensiva. Acada os 5.70 m de lonxitude e 1.85 de anchura máxima, atopándose moi deteriorado cara o S. As pedras aparecen claramente buzadas seguindo o sentido da pendente, sendo a maoría xistos con cara plana, de pequeno (entre 8 e 10 cm) e mediano tamaño, se ben destacan no tramo medio grandes bloques de xisto (40 cm) misturados con algunhas cuarcitas.

    UENEI02022: estrutura liñal composta por 19 pedras de xisto de tamaño medio (30 cm), cunha cara externa plana que conforman dúuas fiadas dun muro de delimitación/contención da base meridional do parapeto, relacionado co posible acceso W á croa do xacemento. De forma rectangular en pranta, presenta unha orientación W-SE, acadando unha lonxitude de 1.65 m e unha anchura de 55 cm.

    UENEI02023 Depósito de terra amarelenta, moi compactada, con pequenas pedras de cuarcitas meteorizadas, que constitúe o horizonte de transición á rocha base. De escasos centímetros de potencia, esténdese polas UR 1305 E 1405 na metade E do sector abrnguendo o espazo delimitado polas estructuras citadas anteriormente. Documéntase material cerámico –sobre todo fragmentos de ánfora Haltern 70 e algunha pquena escoura- espallado por todo o depósito, cun notable buzamento produto das alteracións modernas e de arrastres postdeposicionais.

    UENEI02024 Depósito emprazado na esquina NE da UR 1405 e formado por dúas agrupacións de pedras de xisto, dispostas debaixo da capa vexetal (UE001) e por riba da rocha nai. A máis septentrional presenta unha forma irregular en pranta, aproximadamente rectangular, con pedras de xisto mediano tamaño (entre 20-30 cm), misturadas con algún fragmento granítico, cuarcita tallada e abundante material anfórico romano (Haltern 70). O segundo agrupamento presenta un buzamento maior das pedras (arredor de 15 cm).

    Esta unidade estratigráfica, de escasa potencia, probablemente se corresponda coa área periférica do derrubo dunha estrutura ubicada ó NE do sector, derrubo que segue a liña natural da pendente NE-SW.

    5.6. Toma de mostras A escavación arqueolóxica da presente campaña permitu documentar unha longa secuencia de ocupación no xacemento, así como dous vertedoiros no seo dun foxo defensivo cunha grande catidade de material orgánico. Esta circunstancia facilitounos o

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 36

    deseño dun programa sistemático de datación mediante radiocarbono, aplicable tanto a restos óseos, carbóns e cunchas, co gallo de contrasta-la cronoloxía relativa fornecida polos materiais cerámicos deses niveis estratigráficos.

    Con vistas a desenvolver esa estratexia de investigación, levouse a cabo unha ampla seleción de mostras2 que incrementarán o noso coñecemento sobre a dieta alimenticia, as especies gandeiras, as prácticas de marisqueo, o paleoambiente, etc...

    Mostra Denominación Contexto Destino

    MU040805J01 Diferentes especies de moluscos

    Concheiro no interior do foxo

    Análise malacalóxica e datación C-14

    MU040825J03 Sondaxe de 1 x 1 m no concheiro

    Concheiro no interior do foxo

    Análise malacalóxica e datación C-14

    MU040805J02 Carbóns e cinza Nivel de cinza que sela o concheiro

    C-14 e antracoloxía

    MU040830J03 Columna de 9 mostras

    Perfil S do foxo Análise panilolóxica e sedimentolóxica

    MU040830J02 Columna de 5 mostras

    Perfil N do parapeto

    Análise palinolóxica sedimentolóxica

    MU040825J02 Depósito de carbóns dentro dun burato de

    poste

    Burato de poste baixo o parapeto

    C-14 e antracoloxía

    Táboa 1. Selección de mostras da campaña 2004.

    Por outra banda, os restos malacolóxicos exhumados permitirannos levar a cabo un estudo comparativo entre O Castro Grande e o xacemento veciño de O Achadizo (Cabo de Cruz, Boiro). Neste poboado castrexo documentouse unha secuencia completa de ocupación con sucesivos depósitos de cunchas, o que facilitou ao equipo investigador responsable a realización de datacións radiométricas, calculando o efecto da reserva mariña na costa boirense e a idade aparente das cunchas, para efectua-la necesaria corrección das datacións feitas sobre material orgánico de orixe mariña (Rubinos et al. 1999).

    A este respecto, procederemos á datación por C-14 das cunhas mariñas seleccionadas, para cotexalas coas datas proporcionadas pola cronotipoloxía e as datacións de carbóns terrestres, e comparalas tamén cos resultados radiométricos de O Achadizo para ver se coincide o efecto da reserva mariña en dúas zonas tan cercanas como A Punta do Neixón e Cabo de Cruz.

    5.7. Enquisa etnográfica Paralelamente á realización dos traballos arqueolóxicos no Castro Grande, recabamos moita información de caste etnográfica sobre a Punta do Neixón, mediante numerosas entrevistas orais mantidas cos habitantes da aldea de Nine e da parroquia de Cespón.

    2 A análise antracolóxica dos carbóns do burato de poste (MU040825J02) foi realizada por María Martín Seijo (a quen agradecemos aquí a súa colaboración), identificándose como de madeira de carballo caducifolio.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 37

    Estes datos amosan claramente como Os Castros do Neixón continúan a ser un espacio simbólico e un referente na paisaxe cultural tradicional da zona, manténdose como escenario de lendas, historias e contos no imaxinario colectivo, case oitenta anos despois de que Bouza Brey e Cuevillas recollesen unha manchea de tradicións e relatos de mouros venecellados con estes xacementos arqueolóxicos.

    A este respecto, cómpre salienta-la continuidade deica o presente desa tradición oral, fenómeno crebado noutras áreas de Galicia en décadas pasadas. Neste senso, o noso compañeiro Álvaro Arizaga está a realizar unha sistematización dos datos recolleitos na enquisa etnográfica da presente campaña, co gallo de analisa-las rupturas e continuidades dese imaxinario colectivo, contrastando o universo lendario rexistrado na década de 1920 (Bouza Brey e López Cuevillas 1926: 103-8) coas reinterpretacións máis recentes levadas a cabo polas xeracións descendentes daquela xente. Reproducimos a continuación as referencias máis senlleiras recollidas dos nosos informantes:

    Dende os Castros do Neixón había un túnel por debaixo da ría deica ó castelo da Lúa en Rianxo. No Neixón había dúas galerías, unha por cada lado, e tesouros, coma nun escaparate. Eiquí xa decía a miña abuela, que xa lle contaran os seus abuelos e ós seus abuelos os antiguos, que vivían os moros no Neixón e que índa recordaba elas velos desembarcar alí nos Castros. Dende O Castro Pequeno hai un túnel que vai ata o castro de Iñobre. No Castro Pequeno había trincheiras, que o dicía o meu tío que estuvo na guerra. E os vellos de antes decían que había un túnel por debaixo do mar que iba hasta Taragoña. Pois eu aí, fai anos, traballei facendo unhas calicatas por onde están esoutros pinos, que alí hai estaño e atopamos un muro como os do Castro Pequeno, feito de cantería,e avisamos ó capataz, que era andaluz, que falaba o castellano, e decía que non lle tocaramos que ese muro era do Ministerio de Cultura. Alí apareceran restos de potes de barro e moitísima escoria. Eso está na caída cara A Ladeira, a praia esa que seica tamén lle chaman San Vicente do Mar. Eu marchei moi novo para Buenos Aires, que levo corenta anos alá, pero de cativo nós eramos os jefes aquí, viñamos ó monte ó Neixón, a secala-las redes e a xogar, daquela non había que facer. Pero recordo que de novo anduveran a escavar a buscar wolframio ou algo deso e a aparecera unna casa cuadrada, ben feita de pedra, e non moi fonda, que despois taparan todo. Aló onde lle chaman Vitres houbera prospección na precura de estaño e wolframio, que seica había en moita cantidá,e atoparan restos antiguos e trincheiras antiguas con moitas escorias e diso Os de Rianxo chamaban ós de Cespón os anfibios, porque traballaban e vivían tanto da terra coma o mar.

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 38

    As casas que se atopan a rentes do edificio pertencen a Nine, pero en realidá chámase A Charopa. E cara ó poniente chámanlle As Trabes que seica había dúas trabes baixo terra, unha de ouro e outra de alquitrán. Toda esta información etnográfica permitiunos non só facer cumprido rexistro da

    microtoponimia da área da Punta do Neixón, senón documentar unha zona extramuros do Castro Grande [Lámina 35] na que existen evidencias sobre a existencia de estructuras e materiais vencellados cunha actividade metalúrxica probablemente coetánea á ocupación do poboado fortificado. Neste senso, resulta moi suxerente plantexa-la hipótese dun posible barrio metalúrxico afincado fóta do castro, como así acontece noutros xacementos, como Borneiro (Cabanas, A Coruña). Na vindeira campaña de 2005 sondearemos esa zona, que temos identificada ó acceder a ela cos nosos informantes, testemuñas directas desa actividade extractiva desenvolta na segunda metade do século XX.

  • 6. Estudo dos restos faunísticos exhumados Carlos Fernández Rodríguez

    (Universidade de León)

    Mostra Ósea e Metodoloxía de Análise.

    A mostra analisada neste estudo correspóndese cunha pequena serie de restos óseos de macromamíferos recuperados durante os traballos arqueolóxicos desenvoltos durante o ano 2004 nunha zona do foxo localizada no sudeste do recinto castrexo (Sector 02). Esta estrutura atopábase colmatada por unha serie de recheos sucesivos entre os que se documentaron tres de materiais orgánicos, compostos principalmente por restos malacolóxicos (UE034, UE036 e UE039) entre os que se albergaba o conxunto de ósos obxecto deste traballo. A premura de tempo coa que se nos solicitou a elaboración do estudo fixo imposible o procesado das mostras de moluscos tomadas nos diferentes niveis de concheiro.

    Dende unha perspectiva cronocultural, o primeiro ou máis superior destes tres niveis (UE 034) vencellouse, a teor do material cerámico asociado, cun momento de transición entre a Fase I e II da cultura castrexa (Ferro I-II), é dicir, arredor do s. V a.C. A mesma adscrición pode asignarse aos dous depósitos inmediatamente infraxacentes (UE 036 e UE 039). Este aspecto, a pesar do escaso número de restos recuperados, confire unha importancia especial ao seu estudo, tendo en conta a escasez de información que, para momentos prerromanos, existe en relación coa explotación dos recursos gandeiros e cinexéticos polas comunidades castrexas do noroeste (Fernández Rodríguez 1996, 2000, 2003).

    Para a identificación dos restos empregamos basicamente a nosa propia coleción comparativa de referencia. A determinación da idade estableceuse en función dos estados de fusión epifisaria e aparición e desgaste da dentición establecidos por Silver (1980), así coma os patróns de desgaste dental sinalados por Grant (1982). No caso da determinación específica entre ovella e cabra seguimo-los caracteres sinalados por Halstead et al. (2002) para as mandíbulas, incluíndose os demáis elementos na categoría xenérica de ovicabrúns (Ovis/Capra). As marcas de carnicería foron clasificadas seguindo os traballos de Binford (1981) e Pérez Ripoll (1992). Polo que respecta á obtención de valores biométricos, seguiuse a proposta do Instituto de Paleontoloxía da Universidade de Münich, recollida na obra de Driesch (1976).

    Ademáis do material faunístico, recuperouse na UE036 un obxecto manufacturado en hasta de cérvido.

    Resultados Como sinalamos antes, e podemos apreciar na Táboa 1, o volume de material analisado é moi reducido. A meirande parte dos restos (agás no caso da UE 036) puideron ser adscritos taxonomicamente; as pezas non identificadas correspóndense con pequenos fragmentos de diáfise de ósos longos, representativos tanto de mamíferos de talla grande (por exemplo, bovinos) como asignables a animais de talla media (ovicabrúns ou suídos, entroutros).

  • Campo de Traballo arqueolóxico no Castro Grande de O Neixón (Boiro, A Coruña) Laboratorio de Arqueoloxía, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)

    12 de marzo de 2012 Memoria Técnica 2004 40

    UE 034 UE 036 UE 039 Nº total de restos 18 13 6 Non identificados 4 7 1 Mamíferos de talla grande 3 6 1 Mamíferos de talla media 1 1 Marcas de carnicería 1 Marcas de carnívoros 2 Queimado 1 Alteracións postdeposicionais 3 5 5

    Táboa 2. Restos óseos: adscrición segundo talla dos non identificables e procesos tafonómicos constatados.

    Outro aspecto a ter en conta é a sobranceira importancia da incidencia que teñen diferentes procesos tafonómicos, destacando os de tipo postdeposicional vencellados coa circulación de auga. Este proceso, posiblemente producido durante as primeiras fases de formación do concheiro, aberto ao exterior e cando todavía presentaba unha estrutura pouco consistente, reflíctese na presenza de importantes pulidos naturais en determinadas pezas (debido á inmovilización das mesmas entre os restantes compoñentes do concheiro), na exfoliación doutras (greta e perda das superficies corticais externas óseas), na destrución parcial do marfil e a dentina no caso dun molariforme de vacún ou, en xeral, nun estado de febleza bastante alto dos restos óseos que provocou un importante número de roturas durante a súa recupe