propostas modif convenio/acordo CIG

4
PROPOSTAS MODIFICACIÓN CONVENIO ARTIGO 6. COMISION PARITARIA DE INTERPRETACION, VIXILANCIA E ESTUDO 2.A comisión paritaria estará composta por un r epresentante de cada organización sindical presente no comité de empresa en función da súa representatividade e igual número de membros representando ao Goberno municipal CAPITULO 3- CALENDARIO E XORNADA LABORAL ARTIGO 19, apdo. 3. Polo día 22 de maio, festividade de Santa Rita, poderase coller un día de asuntos particulares adicional a desfrutar durante o mes de maio, para que as oficinas non pechen en dita data. Apdo. (entre o 4 e o 5). Na semana do 26 de decembro disfrutarase da semana grande de Culleredo co motivo da festividade local, esta semana terá o horario de 09:00 ata 13:00 h. ARTIGO 21. Entre apdo 1 e apdo 2: Durante os meses de xullo e agosto poderase adiantar a saída en 30 minutos. A redución da xornada así producida recuperarase en cómputo anual, respetando os horarios fixos de presenza establecidos. Apartado 5. Horario flexible, de 7:00 a 19:00 h. O computo de xornada , para os efectos de cumprimento da mesma , será de carácter mensual. ARTIGO 22 g) Xornada partida: cambiar a xornada continua, cun horario de 9:00 a 17:00, cunha hora de descanso para xantar CAPITULO 4- VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS ARTIGO 29.- LICENZAS. Apartado c.- Enfermidade.- “Terá consideración de intervención cirúrxica […] ,as intervencións médicas invasivas como colonoscopias, gastroscopias, amniocentesis e outras de características similares máis o tempo que precisen de preparación previa,

description

PROPOSTAS DE MODIFICACIÓN DO CONVENIO/ACORDO DA CIG CONCELLO DE CULLEREDO

Transcript of propostas modif convenio/acordo CIG

Page 1: propostas modif convenio/acordo CIG

PROPOSTAS MODIFICACIÓN CONVENIO

ARTIGO 6. COMISION PARITARIA DE INTERPRETACION, VIXILANCIA E

ESTUDO

2.A comisión paritaria estará composta por un representante de cada organización

sindical presente no comité de empresa en función da súa representatividade e igual

número de membros representando ao Goberno municipal

CAPITULO 3- CALENDARIO E XORNADA LABORAL

ARTIGO 19, apdo. 3. Polo día 22 de maio, festividade de Santa Rita, poderase coller un

día de asuntos particulares adicional a desfrutar durante o mes de maio, para que as

oficinas non pechen en dita data.

Apdo. (entre o 4 e o 5). Na semana do 26 de decembro disfrutarase da semana grande de

Culleredo co motivo da festividade local, esta semana terá o horario de 09:00 ata 13:00 h.

ARTIGO 21.

Entre apdo 1 e apdo 2:

Durante os meses de xullo e agosto poderase adiantar a saída en 30 minutos. A redución

da xornada así producida recuperarase en cómputo anual, respetando os horarios fixos de

presenza establecidos.

Apartado 5. Horario flexible, de 7:00 a 19:00 h. O computo de xornada , para os efectos

de cumprimento da mesma , será de carácter mensual.

ARTIGO 22

g) Xornada partida: cambiar a xornada continua, cun horario de 9:00 a 17:00, cunha hora

de descanso para xantar

CAPITULO 4- VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS

ARTIGO 29.- LICENZAS.

Apartado c.- Enfermidade.- “Terá consideración de intervención cirúrxica […] ,as

intervencións médicas invasivas como colonoscopias, gastroscopias, amniocentesis e

outras de características similares máis o tempo que precisen de preparación previa,

Page 2: propostas modif convenio/acordo CIG

resposo posterior ou ambos, sempre con xustificación médica, de xeito que ditas

circunstancias virán recollidas no informe médico.

CAPITULO 7- RETRIBUCIÓNS

ARTIGO 45

Complemento de destino.- Regular a promoción horizontal en función de anos de servizo,

formación realizada e ausencia de expedientes disciplinarios.

Paga Extra.- Engadir “aboaranse coas nóminas de xuño e novembro”.

Complemento de Productividade.-Productividade por obxectivos.

O sistema e medidas de incentivo a productividade e o rendemento no Concello de

Culleredo estará dirixido a mellora da eficacia na consecución dos obxectivos

previamente definidos mediante a medición e evaluación dos correspondentes indicadores

dos resultados, a mellora na prestación dos servizos públicos e a obtención da máxima

eficiencia na utilización dos recursos humanos e medios dispoñibles. O sistema

contemplará mecanismos de retroalimentación, posible mellora ou crecemento,

vinculado a obtención e mantenemento no tempo de eficiencias e ahorros estructuráis que

melloren a sostenibilidad e o aforro presupuestario.

O novo sistema, contemplará como un dos seus principios o seguinte: “dous

traballadores, desempeñando o mesmo ou equivalente posto de traballo e percibindo

iguales ou similares retribucións, aquel que está respondendo cun especial rendimento,

cunha actividade extraordinaria, ou cunha especial calidade nos seus cometidos, estará

mellor retribuído e compensado que aquel traballador que só cumpre os estándares

básicos do seu posto”.

Non se contemplará a avaliación dos clásicos factores de asistencia o posto de traballo,

cumprimento de xornada e horario, os cales se da por suposto que deben ser cumpridos o

cen por cen por todos os traballadores do Concello senón que se contemplará a avaliación

de novos factores para mellorar na eficacia na consecución dos obxectivos previamente

definidos, coa medición e evaluación dos correspondentes indicadores dos resultados,

para mellorar na prestación dos servizos públicos e para a obtención da máxima

eficiencia na utilización dos recursos humanos e medios dispoñibles. Para individualizar a

evaluación dos obxectivos marcados e dos resultados obtidos realmente, para cada

unidade de acción ou por cada posto de traballo individual, poderanse contemplar

Page 3: propostas modif convenio/acordo CIG

factores de evaluación relativos a competencia práctica, colaboración, responsabilidade,

iniciativa, volume de traballo e nivel de aportación no cumprimento dos obxectivos

globáis.

A contía total do plus de productividade actualizaranse anualmente, a alza ou a baixa,

pero non en base ao que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado en relación ás

retribucións dos empregados públicos, senón en base a uns indicadores e parámetros

previamente definidos e totalmente referenciados ao nivel de cumprimento no exercicio

anterior deses obxectivos e dos resultados económicos mellorados a mellora na

prestación dos servizos públicos e a obtención da máxima eficiencia na utilización dos

recursos humanos e medios dispoñibles.

Para o seguimiento e medición do cumplimento dos obxetivos económicos medirase o

rendimento e eficiencia económica nas distintas áreas, nas que ademais anualmente

deberá emitirse un informe de cumprimento individual de obxectivos e distribución do

plus de productividade a nivel de xefe de servizo.

Todo o persoal laboral ao igual que o persoal funcionario, participará na percepción do

complemento de productividade en proporción ao tempo anual efectivamente traballado,

descontando o tempo non traballado, e, no caso do persoal temporal, tendo en conta para

iso a duración dos seus contratos. En caso de incapacidade temporal por enfermidade

común ou accidente non laboral o persoal non recibirá a parte proporcional do citado

plus, pero recibindo obviamente as retribucións que lle correspondan de acordo á

normativa vixente.

O plus de productividade retribuirase anualmente referenciado aos resultados obtidos no

exercicio anterior.

CAPITULO 9. ACCIÓN SOCIAL

ARTIGO 62.2.

Engadir: O importe da partida destinada ás axudas que aquí se regulan, distribuirase de

forma inversamente proporcional ao salario do traballador, establecéndose nunha táboa a

redución proporcional segundo o salario.

ARTIGO 63.- Eliminaríase que a persoa con discapacidade non perciba renda ou salario

superior ao SMI.E terase en conta o grado de discapacidade proporcional a dita axuda.

Page 4: propostas modif convenio/acordo CIG

ARTIGO 64.- Revisar a táboa de nivel de estudos e importes, segundo créditos do que se

estea matriculado, etc.

Non será necesario acreditar dependencia económica dos fillos menores de 26 anos