PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar ›...

13
PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO MAR 23-27/03/2020 Estimadas familias do alumnado de 5º A e B: En primeiro lugar dicirvos que esperamos que estedes todas ben, que vós e os vosos fillos e fillas estedes levando este confinamento da mellor maneira posible. Os que non podedes acudir aos vosos traballos disfrutade deses fillos e fillas tan maravillosos que tedes, xogade con eles, falade con eles, ride con eles e, se fai falta, chorade con eles. Asimesmo, como xa saberedes, a Consellería de Educación solicita ao profesorado que faga unha proposta de actividades ao alumnado. Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces web para repasar algúns contidos que traballamos ao longo do curso. Recordarvos tamén que estas recomendacións son só iso, recomendacións, tarefas voluntarias que por suposto non serán avaliadas nin puntuadas. De ser entregadas as tarefas deberán presentarse de forma limpa e clara. O alumnado con reforzo educativo pode facer as mesmas tarefas que os demáis, xa o contemplamos para que todo resulltase máis inclusivo. No entanto, en Matemáticas consideramos que en lugar de facer os exercicios do libro e o cuadernillo das olimpiadas poderían facer a ficha que propoñemos. Matemáticas: Ficha de repaso Tangram: no seguinte enlace amósase como crealo a partir dun folio. Para facelo máis resistente poderían empregar unha caixa de cereais, galletas ou zapatos que teñades por casa. https://www.youtube.com/watch?v=7wWQWUWHr5U

Transcript of PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar ›...

Page 1: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces

PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO MAR

23-27/03/2020

Estimadas familias do alumnado de 5º A e B:

En primeiro lugar dicirvos que esperamos que estedes todas ben, que vós e os vosos fillos e

fillas estedes levando este confinamento da mellor maneira posible. Os que non podedes acudir aos

vosos traballos disfrutade deses fillos e fillas tan maravillosos que tedes, xogade con eles, falade con

eles, ride con eles e, se fai falta, chorade con eles.

Asimesmo, como xa saberedes, a Consellería de Educación solicita ao profesorado que faga

unha proposta de actividades ao alumnado. Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos

unha serie de enlaces web para repasar algúns contidos que traballamos ao longo do curso.

Recordarvos tamén que estas recomendacións son só iso, recomendacións, tarefas

voluntarias que por suposto non serán avaliadas nin puntuadas. De ser entregadas as tarefas

deberán presentarse de forma limpa e clara.

O alumnado con reforzo educativo pode facer as mesmas tarefas que os demáis, xa o

contemplamos para que todo resulltase máis inclusivo. No entanto, en Matemáticas consideramos

que en lugar de facer os exercicios do libro e o cuadernillo das olimpiadas poderían facer a ficha que

propoñemos.

Matemáticas: Ficha de repaso

Tangram: no seguinte enlace amósase como crealo a partir dun folio. Para

facelo máis resistente poderían empregar unha caixa de cereais, galletas ou

zapatos que teñades por casa. https://www.youtube.com/watch?v=7wWQWUWHr5U

Page 2: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces

Lingua Galega: Para traballar a expresión en lingua galega, unha compañeira do CEIP Manuel

Masdías, propúxolle ao seu alumnado esta iniciativa. Parécenos un bo xeito

de que os vosos fillos e fillas podan ter novas de cada un deles ao mesmo

tempo que traballan a expresión escrita e oral coa preparación do guión, e da

exposición.

Lilia: [email protected]

Pilar: [email protected]

VENRES 27

Page 3: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces

Lingua Castelá: Comprensión lectora

Exercicios de repaso sobre demostrativos e posesivos.

COMPRENSIÓN LECTORA

Page 4: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces
Page 5: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces

REPASO DE DEMOSTRATIVOS E POSESIVOS

Page 6: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces
Page 7: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces

Ciencias da Natureza: Neste apartado, dadas as características destes días propoñemos que

fagades unha pequeña redacción co título: “Teño catarro, qué fago?”.

Facede relación aos contidos do libro: síntomas, tratamento, como previlo,

que pasa cando tedes tos, como vos sentides, onde acudides. Podedes

simular o diálogo que se produciría na consulta do médico, pensar en

distintas doenzas. Facelo con descricións amenas e cheas de sentimentos.

Ciencias Sociais: Seguir practicando a distribución política de España co seguinte enlace

web: http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm

Agora coa intervención de todos os poderes públicos no illamento polo

coronavirus facede un xogo (estilo Trivial) no que interveñan preguntas

breves do tipo: De que está composto o Senado? Etc. Procurade que non

sexan máis de 5 – 10 preguntas e no anverso (dándolle a volta) poñede a

resposta correcta. Así poderemos xogar todas e todos xuntos na clase á

volta.

Page 8: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces

FICHA DE REPASO DE MATEMÁTICAS

Page 9: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces
Page 10: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

Page 11: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces
Page 12: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces

SISTEMA MÉTRICO

Page 13: PROGRAMACIÓN SEMANAL 5º CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO … › centros › ceipvirxedomar › system...Pilar e Lilia, como titoras de 5º, queremos facilitarvos unha serie de enlaces