Por que non amplían Montecelo? hospit peq-1.pdf · Coa chegada do bipartito á Xunta, decidiuse...

5
Por que non amplían Montecelo? A Xunta non quere dedicar diñeiro público á sanidade en Pontevedra O novo hospital supón privatizar a sanidade, convertíndoa en negocio Queren despilfarrar os 57 millóns que costou renovar Montecelo

Transcript of Por que non amplían Montecelo? hospit peq-1.pdf · Coa chegada do bipartito á Xunta, decidiuse...

Page 1: Por que non amplían Montecelo? hospit peq-1.pdf · Coa chegada do bipartito á Xunta, decidiuse facer un Plan Funcional para construir por fin o novo Hos - pital Único en Montecelo

Por quenon amplíanMontecelo?

A Xunta non quere dedicar diñeiro público á sanidade en Pontevedra

O novo hospital supón privatizar a sanidade, convertíndoa en negocio

Queren despilfarrar os 57 millóns que costou renovar Montecelo

Page 2: Por que non amplían Montecelo? hospit peq-1.pdf · Coa chegada do bipartito á Xunta, decidiuse facer un Plan Funcional para construir por fin o novo Hos - pital Único en Montecelo

A Xunta levou de Pontevedraos case 100 millóns aprobadospara construir Montecelo

A sanidade, un novo negocio paraas grandes empresasO anterior goberno da Xunta tiña aprobados máis

de cen millóns de euros para completar o hospitalde Montecelo, aumentando o seu equipamentomédico e a capacidade actual.

Cando a actual conselleira, Pilar Farjas, tomouposesión do seu cargo, en Montecelo estaba a pi-ques de comezar a obra de ampliación. A Xuntainvestiría 6 millóns de euros en 2009, primeiroano dos 5 que levaría construir Montecelo, aosque hai que engadir 3,1 millóns para expropia-cións e 4 millóns do Concello para a urbanizaciónde todo o recinto, que xa figuran no orzamento de2010.

Cortando en seco este plan e sen consultar nenao Concello nen a ninguén, anunciou un centrosanitario de nova planta en Monte Carrasco, decapital privado, que constituiría o Hospital Únicode Pontevedra.

Montecelo é hoxe un hospital prácticamente novo,que quedará abandonado despois de ter recebidoun investimento de 57 millóns de euros nos últi-mos anos, ademáis dos importes do Plan Secto-rial e o proxecto arquitectónico da ampliación.

A actual Xunta “rouba” a Pontevedra os case100 millóns de euros que deberían estar xa in-vestíndose nas obras de Montecelo, substituín-doos por un negocio para as grandes empresasde xestión de inmobles e persoal.

Que hai detrás desta operación? Nada menos queo gran negocio da privatización sanitaria que o PPxa practica en Madrid e Valencia.

A Xunta asinará un contrato con algún consorcioda construción, os seguros e a banca para cons-truir un edificio que sería íntegramente explotadopor eles, cobrando un cánon anual ao goberno ga-lego durante nada menos que 20 anos.

En vez de ter un edificio en propiedade, o Sergassería o inquilino da empresa adxudicataria.

E para levar a cabo esta operación privatizadora,teñen que construir un novo hospital donde sexa.

En Montecelo non poderían privatizar tan facil-mente, porque sería moi dificultoso xestionar unúnico edificio con dous modelos de xestión (un pú-blico e outro privado).

O investimento aprobado pola Xunta(agora anulado)Ano Millóns de euros2009 62010 202011 202012 202013 26,8Total edif. 92,8Expropiacións 3,1Urbanización 4Total 99,9

A esta cifra aínda habería que engadirlleo importe da rede viaria de conexión coaA57 e a Ronda Urbana.

Como funciona esta fórmula?

1A Xunta asina un contrato cunha empresa para construir onovo edificio sanitario

2Así, pode deixar de investir os 100 millóns de euros estes primeiros anos, mentres se constrúe o hospital

3Ese contrato permítelle a estas empresas tres liñas de negocio:

- reciben un elevado cánon anual polo aluguer do centro santiario

- explotan os servizos auxiliares- realizan os mantementos

4O contrato ten unha duración de 20 anos, durante os que a fi-nancieira recibe grandes beneficios, como ocorre con cal-quera hipoteca ou coa Autoestrada AP9, que aínda estamospagando entre todos.

Fórmula MonteceloInvestimento único e moderado (100millóns)Propiedade pública dende xaCostes anuais: os sanitarios

Fórmula Monte CarrascoForte investimento (estímase inicial-mente en máis de 300 millóns)Propiedade privada do hospitalHipoteca durante 20 anosO Sergas, de aluguerCostes anuais: os sanitarios e máis ocanon anualNecesidade de xerar constantes bene-ficios empresariais, en perxuizo dousuario e da calidade asistencial.

Canto costa este xeito de construir un hospital?As estimacións que se realizan sobre o custe a medioprazo desta fórmula, multiplica por 6 o custe da sani-dade pública tradicional, cos equipamentos de propie-dade pública e unha xestión totalmente pública.

Que vantaxes ten para o usuario?Nengunha

Que vantaxes ten para a Administración sanitaria?Non se ve na obriga de dedicar diñeiro a curto prazopara esta importante área da xestión pública, pero odispendio ven despois, xa que hipoteca gravemente oequilibrio económico do sistema sanitario a medio elongo prazo.

Que vantaxes ten para os traballadores da sani-dade?A maioría veránse perxudicados, xa que o seu traballoterá que xenerar diñeiro tanto para o seu salario comopara pagar os beneficios da empresa xestora.

Page 3: Por que non amplían Montecelo? hospit peq-1.pdf · Coa chegada do bipartito á Xunta, decidiuse facer un Plan Funcional para construir por fin o novo Hos - pital Único en Montecelo

Maqueta da ampliación

A renovación integralde Montecelo

Fase 1 Alxibes e instalacións, asícomo obradoiros de mantene-mento, etc. que costaron 3,8 mi-llóns de euros.

Fase 2 Novo edificio de 5 prantaspara servizos varios, por un valorde 20 millóns de euros.

Fase 3 Reforma e ampliación doedificio principal de hospitalización,que costou 27 millóns de euros.

A famosa 4ª fase Prevista poloanterior goberno do PP, non che-gou a executarse nunca, pero nonsatisfacía as demandas de contarcun Hospital Único.

Montecelo xa é un hospital novo

Só precisa máis metros, máis edificios e máis servizos

Antes de comezar a renovación de Montecelo, o Concello pro-puxera á Xunta construir un novo hospital noutro lugar, para oque chegara incluso a ofrecer terreos. Pero naquel momento,a Consellería de Sanidade, encabezada polo actual director deMontecelo, José Manuel González, negouse a amplialo.

O hospital de Pontevedra era pequeno e estaba desmembrado,xa que importantes servizos quedaran no Provincial, dondeaínda permanecen. As reivindicacións da comunidade sanita-ria e da poboación a prol do definitivo Hospital Único eranconstantes.

A Xunta continuaba empeñada en renovar Montecelo, peromantendo varias especialidades no centro da cidade. Nacíanasí as famosas 4 fases da reforma do hospital, que comezarona executarse no ano 2000.

Hospital Público Montecelo (ampliado) Hospital Privado Monte Carrasco

Superficie total con aparc. 156.371 m2 150.000 m2

Sup. sanitaria sen aparc. 115.371 m2 100.000 m2

Posibilidade de medrar 350.000 m2 Menos de 50.000 m2

Expropiacións 70.000 m2; 8 propietarios; 3,5 millóns deeuros

200.000 m2. Gran número de propietarios indivi-duais e 2 comunidades de montes con uns 700membros. Custo aínda non revelado

Plan viario Deseñado; algún en construción e outroen fase de proxecto Inexistente: é necesario deseñalo e executalo

Saneamento Xa dimensionado para o hospital Inexistente: é necesario deseñalo e executalo

Abastecemento de auga Incluído no deseño do Plan de Mellora enmarcha Inexistente: é necesario deseñalo e executalo

Electricidade Instalación xa dimensionada Inexistente: é necesario deseñalo e executalo

Urbanización 4 millóns xa aprobados polo Concello Inexistente: é necesario deseñala e executala

Equipamento públicoafectado Nengún Un colexio público, un polideportivo, un campo

de fútbol e un cemiterio

Prazas de aparcamento 1.640 2.000

Número de camas convenc. 711 723

Paga a pena estegasto para gañar12 camas?

As cifras comparadas entre Montecelo e o

hospital privado que a Xunta promove en

Monte Carrasco, non deixan lugar a dúbidas:

un enorme endebedamento para os próxi-

mos 20 anos, para gañar case nada. E sobre

todo para poñer a sanidade ao servizo da

empresa privada.

A comparación non deixa lugar a dúbidas: só lles interesa facer negocio coa sanidade

Coa chegada do bipartito á Xunta, decidiuse facer un Plan Funcional para construir por fin o novo Hos-pital Único en Montecelo, con capacidade suficiente para absorber todos os servizos hospitalarios deagudos que agora se prestan no Provincial, ampliar as camas e as dotacións, convertíndose nun auténticohospital tecnolóxico, pero aproveitando a infraestrutura e equipamento que agora existe en Montecelo,completamente renovada.

Page 4: Por que non amplían Montecelo? hospit peq-1.pdf · Coa chegada do bipartito á Xunta, decidiuse facer un Plan Funcional para construir por fin o novo Hos - pital Único en Montecelo

Anos de esforzos emelloras, para tirarpola borda?

As infraestruturas necesarias para unha instala-ción hospitalaria conforman un capítulo de especialimportancia en canto á inversión pública.

O hospital de Montecelo, máis próximo á cidade emellor conectado coa Área Sanitaria Norte queMonte Carrasco, leva anos sendo obxecto de diver-sas planificacións de infraestruturas públicas, al-gunhas xa executadas, outras en construción eoutras deseñadas.

A Xunta pretende que todo este esforzo por dotarmellor a Montecelo quede anulado, e o Concellovolva planificar infraestruturas e dotacións na novaubicación, e todo para convertir a sanidade públicanunha gran área de negocio privado.

O Concello, en sesión plenaria, negouse a dedicarnen un euro dos pontevedreses a dotar de servizose accesos á nova ubicación: xa que se trata dunhaconstrución que persigue o beneficio privado, quesexa o capital privado o que realice tamén esescuantiosos investimentos.

De contribuir con diñeiro público á construción dunhospital privado estaríamos poñendo o capitalcomún dos cidadáns ao servizo dun rendíbel nego-cio privado.

A auga e o saneamentoO Concello leva anos planificando co Ministeriode Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño unsistema de abastecemento de auga aos munici-pios da ría concebido para varias ducias de anos.

As grandes infraestruturas como os hospitais,son puntos moi sensibles dentro dun deseñodestas características, xa que requiren un abas-tecemento de calidade, así como unha completacanalización de augas, que xa na actualidade tenas dimensións precisas para atender a un granhospital, que se realizou cando se arranxou oeixo entre A Seca, Santa Margarida e Montecelo.

Unha das grandes novidades do Plan de Abaste-cemento de Augas consiste na construción dungran depósito perto de Montecelo, concebidopara que o gran hospital resultante da amplia-ción non teña problemas de abastecemento.

Os accesosMellorar as comunicacións do hospital con toda aÁrea Sanitaria é un dos cabalos de batalla tantodo Concello como do resto das administraciónscon competencias viarias.

Pódense distinguir 4 grandes retos e momentos,recollidos no Plano de Mobilidade Perimetral dePontevedra:

1- A mellora do eixo Santa Margarida - Avda.Montecelo, que se urbanizou en colaboración coaDeputación e que supuxo dignificar o accesodesde a cidade e Monte Porreiro. Posteriormente,Fomento construeu a rotonda, mellorando a segu-ridade e facilitando a circulación.

2- O vial entre Médico Ballina (estrada de San-tiago, N550) e Monte Porreiro, coa nova ponteentre Lérez e esta urbanización, que se constrúetamén grazas a un convenio entre o Concello e aDeputación.

3- Duas infraestruturas de alta capacidade quecircundan Montecelo: a Ronda Urbana e a Circun-valación ou A57, en proceso de proxecto técnico.

4- A rede viaria propia da zona, que comunica oedificio coa Ronda Urbana, coa CircunvalaciónA57, coa estrada Pino-Bora e coa estrada dePonte Caldelas, completamente deseñadas parafacilitar o acceso ao hospital.

Para futurasampliaciónsMontecelo sería o hospital galego con maiorcapacidade de ampliación, xa que ademáisda actual, conta con 350.000 m2 arredor, ca-talogados no Plan Xeral de Ordenación Mu-nicipal como equipamento sanitario. Estoquere dicir que se nalgún momento o Ser-gas quere ampliar a súa carta asistencial, oequipamento sanitario, o número de camas,de quirófanos, crear servizos complementa-rios, etc. poderá facelo sen problema, conaxilidade e no lugar axeitado.

A Seca

Hospital

Monte Porreiro

Sta. Margarida

RotondaAv.Lugo

Hospital

Conexióncoa Estradade PonteCaldelas

Conexióncoa futuraRonda Urbana

Conexióncoa Avda. deMontecelo

Castrosenín

Conexióncoa rotondado Marco, a estradaPino-Borae a futuraA-57

Conexióncoa Estradade Santiago(Médico Ba-llina)

Conexión coa Estradade Campo Lameiro

Conexióncon MontePorreiro

Lérez

MontePorreiro

Hospital

RondaUrbanaNorte

RondaUrbanaLeste

O Pino

MontePorreiro

Xeve

Lérez

Marcón

Mourente

TomezaSalcedo

Alba

Cerponzóns

1

2

3

4Área de amplia-ción prevista pola

Xunta (agoraabandonada)

Área que ocupaactualmente o

hospital

Área catalogadano PXOM como sanitaria, para

novas ampliacións

Page 5: Por que non amplían Montecelo? hospit peq-1.pdf · Coa chegada do bipartito á Xunta, decidiuse facer un Plan Funcional para construir por fin o novo Hos - pital Único en Montecelo