POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel...

52
POMBA DOURADA Instituto Alfredo Brañas Carballo de Bergantiños

Transcript of POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel...

Page 1: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

Instituto Alfredo Brañas Carballo de Bergantiños

Page 2: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 2

2008

SUMARIO

Portada: Complexo escolar do Chorís. Álvaro Cunqueiro: Pomba Dourada (páx 3) Letras Galegas: Xosé María Álvarez Blázquez (páx 4) Absenta (páx 5) A Rianxeira (páx 6) Concurso Ex libris (páx7) A lenda de Seta: Inventor do xadrez (páx 8,9) Así somos (páx 10-11) Alimentación das baleas (páx 12) Vellas postais (páx 13) Homenaxe ao profesor Carracedo (páx 14-18) Poema (páx 19) Homenaxe a Eirís (páx 20) Mendeleiev (páx 21) Dalton. (páx 22,23) Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) Conto (pax 32) Marabillas e cousas sorprendentes do Universo (pax 33-35) A mazá (pax 36-38) A verdade (pax 39) Sostiene Pereira (pax 40) 3ª Feira da Ciencia (páx 41-42) Excursión a Arousa (pax 43) Excursión a París (páx 44-46) Concurso literario (páx 47) Día da Terra (páx 48) Carballo de comic (páx 49) Homenaxe a José Afonso (páx 50) Mensaxe a Curros Enriquez (pax 51) POMBA DOURADA, REVISTA DO IES ALFREDO BRAÑAS Coordinador: Xan Fraga Deseño e Maquetación: Carlos Álvarez e Xan Fraga Pombas: Óscar Vázquez Abelenda Rúa Corcubión s/n, Carballo. Tfno.: 981 700 911 Fax: 981 704 014 Paxina web: http://centros.edu.xunta.es/iesalfredobranas/

Page 3: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 3

QUEN PUIDERA NAMORALA

No niño novo do vento hai unha pomba dourada; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

Canta o luar e o mencer en frauta de verde olivo; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

Ten aires de flor recente cousas de recén casada; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

(Álvaro Cunqueiro, 1911-1981)

Page 4: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 4

Xosé María Álvarez Blázquez 17 de maio —a festa maior da cultura galega— lembra en 2008 a figura polifacética de Xosé Mª Álvarez Blázquez: poeta e novelista, historiador e arqueólogo, estudoso da literatura medieval e popular, cronista da cidade de Vigo e biógrafo de Alexandre Bóveda, editor e libreiro. Xosé María Álvarez Blázquez pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio Álvarez Blázquez. O encarceramento e posterior fusilamento do seu pai, o médico Darío Álvarez Limeses, o 30 de outubro de 1936 por parte das forzas golpistas contra a II República, marcárano de por vida (como ao resto dos seus irmáns, Darío, Celso, Alfonso, Emilio e Álvaro), sendo sancionado en 1937 polo goberno de Franco coa suspensión de emprego e soldo como mestre da escola de Coia e co traslado á de Coreses, en Zamora. Foi militante da Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galeguista. En 1950 fundou con Luís Viñas Cortegoso a Editorial Monterrey. En 1962 ingresa na Real Academia Galega. Funda, xunto aos seus irmáns Álvaro e Emilo Edicións Castrelos en 1964, da que foi director xerente, e na que destacan as súas coleccións de O Moucho, de libros do pobo para o pobo, uns libriños de baixo prezo e gran difusión. Foi cronista oficial da cidade de Vigo. Entres as súas obras destacamos: Narrativa Os ruíns, 1936 (relatos) A pega rabilonga e outras historias de tesouros, 1971 (narrativa infantil)

Poesía

Poemas de ti e de min, 1949 (poemario co seu irmán Emilio Álvarez Blázquez)

Roseira do teu mencer, 1950 (poemario)

Cancioneiro de Monfero, 1953 (poemario)

Romance do pescador peleriño, 1954 (poemario)

Escolma de epigramas, 1968 (poesía) Canle segredo, 1976 (escrito en

1954) (poemario) Ensaio

O vencello espiritual dos Fisterres

Atlánticos, 1951 Industrias paleolíticas do Baixo

Miño, 1952 Escolma de poesía medieval, 1975 Escolma de poesía galega II: A

poesía dos séculos XIV a XIX, 1959

Page 5: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 5

A ABSENTA

O axenxo ou absenta é unha bebida cun alto contido alcohólico (de ata 89,9o) e cun sabor moi cuspido ao licor de anís. Trátase dun composto con base de herbas e flores de plantas medicinais e recendentes, con predominio de axenxo (denominado tamén madeira de vermes). Aínda que ás veces se considera un licor, a absenta non contén azucre engadido. Cando se lle engade auga fría, a bebida transfórmase nunha esencia leitosa. Fíxose popular en Francia debido á asociación entre os artistas e escritores románticos que tomaban esta bebida no París da última parte do século XIX ata que se produciu a súa prohibición en 1915. A marca máis popular de absenta durante os anos iniciais foi Pernod Fils.

Historicamente houbo cinco graos de absenta en orde crecente de contido alcohólico: Ordinaire, demi-fine, fine, supérieure e Suisse (que non denota a súa orixe). A maioría das absentas do mercado conteñen hoxe en día entre o 60% e 75% de alcohol. A finais do século XIX elaborábanse produtos falsificados de absenta onde ocasionalmente se adulteraba con labras de cobre, zinc ou índigo co obxecto de dar cor verde e sabores característicos. A adulteración con cloruro de antimonio para producir o efecto leitoso e xunto coa dopaxe doutros produtos tóxicos contribuíron a que a absenta tivese unha reputación de indutora á alucinación. Actualmente existen diversas variedades que para acentuar o seu sabor utilizan menta, herba boa e incluso cannabis. Non obstante convén lembrar que moitas das herbas empregadas na elaboración poden ser velenosas en grandes concentracións. É por esta razón pola que se aconsella no uso desta bebida que non se beba soa. Os efectos da absenta foron descritos polos artistas e algúns prohibicionistas como unha substancia alucinóxena e como provocadora de estados de tolemia. Os artistas de finais do século XIX e principios do XX, tales como Wilde, Van Gogh, Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway, entre outros consumían absenta co fin de inspirarse artisticamente para as súas obras. No 1888 Van Gohg, ebrio de absenta, cortouse o lóbulo da orella e deullo a unha meretriz. O adusto realismo de L'Absinthe, tema popular entre artistas bohemios franceses, foi visto patolóxico polos críticos británicos, pero Picasso elevou a absenta a tema maxistral en varias das súas obras. Moitas personaxes bebérona ao longo da historia do cine: From Hell (2001), o inspector Abberline (Johnny Deep) mestura láudano con absenta. Moulin Rouge (2001), Christian (Ewan Mcgregor) bébea cando coñece aos seus novos amigos bohemios. Na música moitas cancións menciónana ou lévana como título, o rapero irlandés LOC ten unha canción chamada Absint. Marilyn Manson presume de beber unha botella enteira de absenta para a realización dos seus discos. Joan Manuel Serrat menciona nunha canción a absenta como ingrediente para elaborar un filtro de amor.

Victor Nieto Martínez 1º Bach-E

Page 6: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 6

A RIANXEIRA A virxe negra máis popular de Galicia, a de Guadalupe en Rianxo, deu lugar a unha composicón musical que xa é un himno máis do noso país. Composta en 1947, a partir das coplas populares, por Anxo Romero Loxo e letra de Xesús Frieiro Dourado “Pinciñas”, foi estreada como homenaxe a Castelao que viña de París, onde estaba de ministro da República no exilio.Aínda que o título orixinal era Ondiñas da nosa ría, popularizouse como A rianxeira. Coro Castelao, gravada no disco da RCA Víctor no ano 1948, en Bos Aires.

A RIANXEIRA

Ondiñas veñen, ondiñas veñen,

ondiñas veñen e van. Non te vaias rianxeira, (non te embarques rianxeira)

que te vas a marear. A Virxe de Guadalupe

cando vai pola ribeira, BIS descalciña pola area,

parece unha rianxeira. BIS Ondiñas veñen...

A Virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo,

a barquiña que a leva (a barquiña que a trouxo) era de pau de laranxo.

Ondiñas veñen... A Virxe de Gauadalupe

quen a fixo moreniña BIS foi un raíño de sol

que entrou pola ventaniña BIS Ondiñas veñen...

Page 7: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 7

Page 8: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 8

Page 9: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 9

Page 10: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 10

ASI SOMOS

Este artigo trata de reflectir como somos os alumnos e alumnas do IES Alfredo Brañas. Baséase nunha enquisa feita a 100 persoas elexidas aleatoriamente no centro. Co fin de presentar os datos realizáronse gráficos para expor os resultados dun modo máis claro e sinxelo. Fixéronse preguntas respecto ao idioma máis usado, ambiente do instituto, deportes practicados, aficcións, etc...Velaquí os resultados:

Idioma falado normalmente:

Traballo do pai e da nai:

¿Estás contento co ambiente do instituto?

Si; 78 %

Non: 19 %

Regular: 3%

En xeral, ¿estás contento cos profesores do centro?

si: 63%

Non:35%

Con algùns:

2%

Page 11: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 11

Autores: Andrea Anes, Nicolás Cabeza, Érica Lema, Alexandre Mallo, Dennis Oncina, Tamara Pacheco, Marcos Porteiro, Emilio Sánchez. 4º ESO-D

¿Gústache ler?

Ocupación preferida no tempo libre.

Música preferida. Películas preferidas.

Comedia 34%

Aventura16%Romántica

8%

Terror31%

Suspense11%

Page 12: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 12

ALIMENTACIÓN DAS BALEAS A técnica principal de alimentación das baleas é a filtración do alimento a través das súas barbas. Por medio deste proceso os organismos son concentrados antes de ser tragados. As baleas pódense alimentar de organismos planctónicos, como é o caso do krill (pequenos crustáceos moi abundantes en certas zonas oceánicas). Estes crustáceos son parte esencial na dieta da balea azul (Balaenoptera musculus

Outro tipo de

pequenos organismos

mariños son os anfípodos.

Tamén son crustáceos pero, a diferenza do krill, non son planctónicos senón bentónios, pois encóntranse nos sedimentos do fondo das augas costeiras e estes son capturados pola balea gris (Eschrichtius robustus). A rede de burbullas é outra técnica de captura de presas, principalmente de peixes que forman cardumes, como é o caso do arenque; esta consiste en que as baleas nadan debaixo da agregación de peixes e van liberando pequenas burbullas de aire que rodean aos peixes, provocando que se agrupen e dirixan á superficie da auga onde seguidamente a balea sae fora da auga coa súa boca aberta para capturar o alimento. Esta técnica de captura só a emprega a balea chepuda ou iubarta (Megaptera novaeangliae).

Rosa-Mar (3º ESO A)

Page 13: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 13

VELLAS POSTAIS DA HISTORIA DO INSTITUTO

Equipo de futbol do instituto no campo vello (Pedras Brancas), ca 1971

Equipo de futbol do instituto no campo novo. Ca 1972

Page 14: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 14

HOMENAXE AO PROFESOR CARRACEDO. IN MEMORIAM O pasado mes de setembro iniciabamos o presente ano académico coa inesperada nova da morte do noso compañeiro Xesús R. Carracedo. Naqueles momentos tan tristes nos que despediamos a quen fora tantos anos –máis de trinta- profesor de Lingua e Literatura Españolas neste centro, profesores e alumnos comprendemos a urxencia de renderlle unha homenaxe póstuma -por outra parte, había tempo merecida-, así como a oportunidade de que esta tivese lugar no paraninfo do Instituto. Como todos aínda lembramos, o acto consistiu nunha sucesión de recordos emocionados que varios compañeiros seus fixemos da súa personalidade e dalgún dos momentos da súa vida que compartiu connosco. O local da cerimonia estaba simbolicamente presidido por dúas grandes fotografías que remitían, precisamente, a dous destes instantes acaecidos en dúas etapas distintas da súa biografía: a primeira, en branco e negro, ilustraba os tempos do xoven e ilusionado profesor, fomentador incansable do teatro comprometido durante os últimos anos do franquismo na súa vila de Carballo; a segunda, recente, presentábanolo -algo máis canso e unha punta escéptico, mais non por iso menos afanado na divulgación da cultura- navegando en galeón a vela pola ría de Arousa en pos do ronsel biográfico-literario deixado polo seu admirado Valle-Inclán. Foi esta a derradeira singradura que fixo polo roteiro literario que el imaxinou e realizou nos últimos anos da súa vida. En efecto, a súa paixón pola literatura –en especial polo teatro-, a convicción de que a soa lectura dun texto literario, ignorando o espazo no que este se ubica e as circunstancias que determinaron a súa escritura, é necesariamente insuficiente para que un alumno entenda cabalmente a obra dun escritor e, por fin, a devoción que profesaba pola obra e figura do xenial Don Ramón, impulsárono a realizar durante os últimos cursos unha ruta literaria que recorría, alá nas terras do Salnés e mar de Arousa, os lugares nos que Valle situara a traxedia de Don Juan Manuel Montenegro e unha das historias amorosas que o galante e sedutor Marqués de Bradomín lembraba nas súas Memorias, as Sonatas. Xa que de memorias se trata, procede aquí recordar que as moi literarias de Bradomín están, en bastantes aspectos, inspiradas nas moi reais Memorias de Ultratumba de François René de Chateaubriand. Como se sabe, o vizconde bretón decidiu, estando en Roma en 1803, ir escribindo o relato da súa vida e vendelo a unha editorial para que esta o publicase despois da súa morte. Aínda que a editora non cumpriu co pactado e deu á luz parte do texto en vida do autor, este -ademais de inaugurar o novo modelo de autobiografía romántica- conseguiu algo moi importante: evitou que a súa imaxe para a posteridade fose construída a partir de datos e opinións de biógrafos alleos. Carracedo, por nugalla, ou simplemente porque consideraba que era mellor ocupar o tempo en vivir o presente que malgastalo en escribir o pasado, non seguiu o exemplo do aristócrata francés. E as consecuencias son obvias: a súa biografía estámola escribindo entre todos. Dito doutro modo: o punto de vista no que se está relatando a súa vida non é a do “eu protagonista”, é o dunha perspectiva multifocal. Polo menos, así o diría un deses tecnicos e pedantes críticos literarios que el –atención, é a miña opinión- tanto aborrecía.

Francisco Xavier Charlín Pérez.

Page 15: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 15

ADEUS A CARRACEDO Libre. Independente. Sorprendente. Tanto me sorprendía Carracedo, que en moitas ocasións tería asegurado que eran dous: el e un personaxe creado por el mesmo que, a modo de coraza o preservara de intromisións non consentidas. Como personaxe, se cadra teña atopado ao autor que o inmortalice, entre os seus alumnos. O profesor, sen querelo, regaloulle o principio ou o final dunha obra por escribir. ¿Acaso o mellor autor, non lle aforraría ao seu heroe, a dependencia, o esquecemento, o deterioro… e, no lle daría un final apoteósico? De poder elixir Jesús, escollería unha morte privada, íntima, rápida e en soedade. Sorprendendo. Impactando. Conmocionando. Conquistando toda a eternidade que podemos soñar os mortais, logo de gastar a vida.

Teresa Yáñez Pérez

Carracedo e Charlín no seu mar de Valle-Inclan Xuño 2007.

Carracedo director e actor en “Escuadra hacia la muerte” de Alfonso Sastre. Sentados: Agustin Trigo e Evencio Ferrero. Carballo 1972.

Page 16: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 16

Neste acto non vou falar de Jesús porque haberá outros compañeiros que o farán, e ademais eu non sería capaz. Vou intentar ler unha serie de textos poéticos porque creo que a Jesús, o noso compañeiro, o noso amigo…lle gustaría que a literatura e a poesía tiveran presencia neste acto. Quero empezar con un soneto de Quevedo que el seleccionou para un exame na última época, polo que, dalgún xeito, constitúe para todos nós unha parte do seu legado: SONETO DE AMOR Y MUERTE ¡Qué perezosos pies, qué entretenidos pasos lleva la muerte por mis daños! El camino me alargan los engaños y en mí se escandalizan los perdidos. Mis ojos no se dan por entendidos; y por descaminar mis desengaños, me disimulan la verdad los años y les guardan el sueño a los sentidos. Del vientre a la prisión vine en naciendo; de la prisión iré al sepulcro amando, y siempre en el sepulcro estaré ardiendo. Cuantos plazos la muerte me va dando prolijidades son, que van creciendo, porque no acabe de morir penando. Entre os seus poetas favoritos estaba Federico García Lorca, quen dicía unha frase que quero trasladarvos: LO QUE TÚ NO ME PIDAS Y YO NO TE DÉ, ES PARA LA MUERTE. Jesús (Carracedo), como Lorca, tiña moito para dar e o fixo porque a súa xenerosidade era inmensa. No Departamento a súa pegada é indeleble, a súa figura insustituíble e o vacío que deixou enorme. Pero, como teñen dito os grandes poetas: Así, con tal entender, Todos sentidos humanos Conservados, Dio el alma aquien se la dio Que aunque la vida perdió, Dejónos harto consuelo su memoria. ( J. Manrique )

Page 17: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 17

Ayer se fue; mañana no ha llegado; Hoy se está yendo sin parar un punto: Soy un fue, y un será, y un es cansado. Su cuerpo dejará no su cuidado; Serán ceniza, mas tendrán sentido; Polvo serán, mas polvo enamorado. ( F. de Quevedo) Ni un seductor mañara, ni un bradomín he sido -ya conocéis mi torpe aliño indumentario-, Mas recibí la flecha que me asignó cupido, Y amé cuanto ellas puedan tener de hospitalario. Hay en mis venas gotas de sangre jacobina, Pero mi verso brota de manatial sereno; Y, más que un hombre al uso que sabe su doctrina, Soy, en el buen sentido de la palabra, bueno. Desdeño las romanzas de los tenores huecos Y el coro de los grillos que cantan a la luna. A distinguir me paro las voces de los ecos, Y escucho solamente, entre las voces, una. Y al cabo nada os debo; debéisme cuanto he escrito. A mi trabajo acudo, con mi dinero pago El traje que me cubre y la mansión que habito, El pan que me alimenta y el lecho en donde yago. Y cuando llegue el día del último viaje, Y esté al partir la nave que nunca ha de tornar, Me encontraréis a bordo ligero de equipaje, Casi desnudo, como los hijos de la mar. (A. Machado) Traducción da intervención de Dori Fernández Diez, que foi feita en castelán.

Carracedo, Manolo Rodríguez e Xosé Manuel Crespo en “Escuadra hacia la muerte”.

Page 18: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 18

Que tenemos que hablar de muchas cosas, compañero del alma, compañero. En primeiro lugar, quero dicir que este principio de curso atopámonos bastante orfos no Departamento de Lingua Española. Desde o curso pasado sabiamos que se xubilaba Clemencia, unha gran compañeira, pero o que menos podiamos supor era que Carracedo, o noso decano, deixaríanos tan repentinamente. Onde esteas, Jesús, non cho perdoamos.¡Polo menos, deberiamos facer unha comida de despedida! Volvendo ao pasado, recordo como me recibiu Carracedo cando cheguei ao Seminario fai 8 anos: con simpatía e certo alivio. Logo decateime que era porque levaba bastante tempo sendo o único home alí, e non é que nos aliamos en función do noso sexo, pero hai que recoñecer que a un lle gusta de cando en vez non ser o único dentro dun grupo. Como se nos pide brevidade, vou contar só unha anécdota máis: acababa de morrer a miña nai e repartímonos as súas cousas entre os meus irmáns e eu. Pois ben, un dos libros que me tocou dela foron as Memorias de Adolfo Marsillach, un gran home de teatro. Eu líaas no Seminario e un día dime Carracedo: ¿Sabes que eu era amigo dun colaborador íntimo de Marsillach?. Buscamos nas fotos do libro, e aí aparecía o seu amigo. Pois eu vin o Sócrates de Enrique Llovet, representado por Marsillach no Teatro da Comedia, en Madrid, conteille e tamén o Tartufo! Pois eu representeinos en Carballo, no cine Rega, e a xente pagaba para entrar e aplaudía ao final. Tiven que recoñecer que o seu tiña máis mérito, claro, aínda que eu entón era un rapaz. Desde ese momento, eu insistíalle, a risco de ser pesado, para que reunise os seus recordos dos anos en que foi axitador cultural de Carballo. Dicíalle: Pódeche axudar Xan Fraga, que se acordará de moitas cousas. Se non che apetece escribir, pódesllos ditar a alguén. En fin, esas cousas que se din para animar a alguén para que faga algo. El ríase e encollíase de ombreiros: ¡Eses son tempos xa pasados! contestaba. E aquí estamos, recordándoo. Alguén tería que levar a cabo esa tarefa que eu lle propuña. Para acabar, quero ler na súa memoria un poema de Juan Ramón Jiménez sobre como imaxina o poeta o mundo tras a súa morte: non é moi dramático, só suavemente nostálxico, ton que creo que lle iría máis o noso homenaxeado de hoxe: Y YO ME IRÉ... Y yo me iré. Y se quedarán los pájaros cantando; y se quedará mi huerto, con su verde árbol, y con su pozo blanco. Todas la tardes, el cielo será azul y plácido; y tocarán, como esta tarde están tocando, las campanas del campanario. Se morirán aquellos que me amaron; y el pueblo se hará nuevo cada año; y en el rincón aquel de mi huerto florido y encalado, mi espíritu errará, nostálgico… Y yo me iré; y estaré solo, sin hogar, sin árbol verde, sin pozo blanco, sin cielo azul y plácido… Y se quedarán los pájaros cantando.

Gonzalo Lloréns (traducción da sua intervención, feita en castelán)

Page 19: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 19

Conversa entre irmás -¿Qué te han hecho hermana mía, Quién ha tenido tan gran osadía De escupir en tu alto linaje, Pintar de negro tu hermoso traje Y despojarte de tu larga vida?

- Xa non sei irmá minha, con todo xa fiquei aló calada pra que non digan que ando namorada triste e anoxada coma a gran Rosalía.

- Grandes artistas pintaron tus ojos. Grandes autores retrataron tu rostro; más, ¿ Que arde en tu pecho más que el despecho de nunca en tu tierra ser bien tratada? -Coma ´´o ferro que nos cravaron´´ E ´´as longas noite de pedra´´; coma os valentes que alén emigraron e o alecrí que no meu peito medra; son descoñecida nos mares alleos e non son amada nas minhas terras. -¡Ai!¡No llores desdichada! ¡Que las lágrimas que caen por tu mejilla no son más que traiciones de su boquilla que algún día serán pagadas!

Élida Tato Tedín 2º Bach.

María Gómez Facal

2º Bach-C

Page 20: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 20

Homenaxe a Xosé Manuel Eirís

Vinte anos do disco Ise lago inmenso (1988)

Xosé Maneul Eirís García de Seárez (Carballo 1959-1997) , animador cultural, cantante e artesán, sobre todo un referente na construción de zanfonas así como un excelente intérprete, sacou en 1988 iste fermosísismo LP que contou

coa produción e arranxos de Nani García, quen recibíu entre outros o premio Mestre Mateo e o da Crítica Musical Cinematográfica de España, pola banda sonora da película de Miguel Anxo Prado De Profundis.

No vinte aniversario do disco facemos a nosa modesta homenaxe a Eirís que foi alumno do nos Instituto.

Page 21: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 21

DIMITRI IVÁNOVICH MENDELÉIEV Dimitri Ivánovich Mendeléiev naceu en Tobolosk (Siberia), actual Rusia, o 8 de febreiro de 1834. Era o menor de 17 irmáns. A súa familia sufriu moito, xa que nada máis rematar Dimitri o bacharelato morreu o seu pai e queimouse a fábrica de cristal que dirixía a súa nai. Pese a esto a súa nai levouno a Moscú para que ingresase na universidade, pero non foi admitido. Finalmente formouse no instituto pedagóxico de San Petersburgo. Mendeléiev interesouse pola química. Os últimos anos de carreira pasounos na enfermería debido a un erróneo diagnóstico de tuberculosis. Aínda así, graduouse en 1855 como o primeiro da súa clase, presentando a súa primera memoria de química. Máis tarde trasladouse a Alemania para ampliar os seus estudos. Sobre a personalidade de Mendeléiev pódese decir que era un adicto ó traballo e a súa fama de mal carácter estaba basada en que mentres traballaba gritaba, gruñía e refunfuñaba . En 1864 foi nomeado profesor de tecnoloxía e química do Instituto Técnico de San Petersburgo . En 1867 ocupou a cátedra de química na universidade de San Petersburgo, cargo que se vería forzado a abandonar en 1890 por motivos políticos. Entre os seus traballos destacan os estudos a cerca da expansión térmica dos líquidos, o descubrimento do punto crítico, o estudo das desviacións dos gases reais respeto do anunciado na ley de Boyle-Mariotte … Con todo, o seu principal logro investigador foi o establecemento do chamado sistema periódico dos elementos químicos, grazas ó cal culminou unha clasificación definitiva dos citados elementos e abriu paso ós grandes avances químicos no século XIX . O seu sistema basábase nas propiedades dos elementos químicos, na combinación dos pesos atómicos, nas semellanzas entre elementos e no reservar espazos en branco correspondentes a elementos aínda non descubertos. Poucos anos despois,co descubrimento de certos gases nobres, a táboa de Mendeléiev experimentou a última ampliación nunha columna, tras o cal quedou definitivamente establecida . En 1876 foi a E.E.U.U. para informarse sobre a extracción do petróleo e poñela logo en práctica no Cáucaso. En 1887 emprendeu unha viaxe solitaria en globo para estudar un eclipse solar. En 1889 é nomeado membro honorario do Consello de Comercio e Manufacturas. En 1890, por un encargo do ministerio de Guerra e Mariña, prepara unha pólvora sen fume ó pirocolodión. En 1902 viaxou a París e visitou ó matrimonio Curie no seu laboratorio. Feneceu o 2 de febreiro de 1907 casi cego. Considérase a Mendeléiev un xenio non só polo inxenio que mostrou para explicar todo o coñecido e predicir o non coñecido sobre os elementos químicos, plasmándoos na súa táboa periódica, si non polos numerosos traballos realizados ó longo de toda a súa vida en diversos campos da ciencia, agricultura, gandería, industria, petróleo, etc. En Rusia nunca se lle recoñeceu debido ás súas ideas liberais, polo que nunca foi admitido na Academia Rusa das Ciencias. Sen embargo, en 1955 nomeouse Mendelevio (Md) ó elemento químico de número atómico 101 en homenaxe ó ilustre científico ruso .

Berta Rodríguez Bello 1º Bacharelato A

Page 22: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 22

JOHN DALTON John Dalton (1766-1844) químico e físico británico, traballou para conseguir a unión entre o concepto do elemento químico e as hipóteses atómicas antigas, que serviu para desenvolver a teoría atómica na que se basea a ciencia física moderna. Naceu o 6 de setembro de 1766, en Eaglesfield, (Cumbria). Educado nunha escola da súa cidade, tivo que manterse humildemente como mestre. Despois trasladouse a Kendal, onde dirixiu unha escola co seu curmán e seu irmán maior. Foise a Manchester e alí pasou o resto da súa vida como profesor. En 1787 comezou unha serie de estudos meteorolóxicos que continuou durante 57 anos, acumulando unhas 200.000 observacións. Foi o primeiro en probar a teoría de que a choiva se produce por unha disminución da temperatura, e non por un cambio da presión atmosférica. A súa contribución máis importante á ciencia foi a súa teoría de que a materia está composta por átomos de diferentes masas que se combinan en proporción sinxela para formar compostos. Esta teoría, que Dalton formulou, é a pedra angular da física e química moderna. Dalton chegou a súa teoría atómica a través do estudo das propiedades físicas do aire atmosférico e de outros gases. Descubriu a lei coñecida como lei de Dalton das presións parciais. Dalton posuía unha iniciativa e rica imaxinación, pero o máis notable foi a súa extraordinaria intuición física que o levou a importantes conclusións. Morreu o 27 de Xullo de 1844 en Manchester O daltonico que confundía os frascos Dalton descubríu que tiña esta afección porque á hora de experimentar as súas teorías confundía os frascos de reactivos. O daltonismo denominado así polo físico británico John Dalton, que o padecía, é unha enfermidade que consiste na imposibilidade de distinguir as cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde as mesmas cores que outros, incluso pertencentes á mesma familia, é moi frecuente que confundan o verde e o vermello; sen embargo, pode ver máis matices de violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir o obxeto camuflado. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve un daltónico. A enfermidade é hereditaria e vai ligada ó sexo, debido a que se transmite por un alelo recesivo ligado ó cromosoma X, o que produce un notable predominio no varón entre a poboación aceptada. A muller pode sufrir ou portar a enfermidade e transmitir ós seus fillos varóns. Probablemente, a metade das súas fillas serán portadoras. A transmisión xenética é igual que a hemofilia.

Page 23: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 23

Propiedades do átomo químico de Dalton.

O Tratado de Dalton, Novo Sistema de Filosofía Química, foi publicado en dúas partes, a primeira delas, data do ano 1808, é da que neste ano estamos a cumprir 200 anos, e a segunda, no 1810. A continuación detallaremos os principios que reflexan as ideas fundamentais do seu esquema conceptual. a) A materia consta de átomos indivisibles. A palabra átomo procede do grego e significa “indivisible”. A materia non é infinitamente divisible. A palabra átomo ven a representar as últimas partículas da materia que non poden ser divididas e que probablemente sexan tan sumamente pequenas que non poidan se apreciables nin con dispositivos microscópicos. b) Os átomos son invariables. Os átomos dos diferentes elementos non se poden transformar uns en outros por ningunha potencia que podamos controlar. c) Os compostos están formados por moléculas. Os compostos químicos están formados pola combinación de átomos de dous ou máis elementos, isto é, moléculas, as partículas máis pequeñas dun composto. *Á última partícula de ácido carbónico chamareille átomo composto. Agora ben, aínda que este átomo poida dividirse, cesará de ser ácido carbónico resolvéndose, por división, en carbono e osíxeno. Por isto, considero que non hai inconsistencia ó falar de átomos compostos e que o meu significado non pode quedar confuso. d) Todos os átomos ou moléculas dunha sustancia pura son idénticos. As últimas partículas de todos os corpos homoxéneos son perfectamente semellantes en peso, figura, etc. Noutras palabras, todas as partículas de hidróxeno son iguais entre si. e) Nas relacións químicas, os átomos nin se crean ni se destrúen, soamente cambian a súa distribución. A análise química e a síntese non poden ir máis alá da separación dunhas partículas de outras, nin da súa reunión. Ningunha nova creación ou destrución da materia está dentro do alcance dos axentes químicos. Poderíamos intentar introducir un novo planeta no sitema solar ou aniquilar un xa existente, o mesmo que crear ou destruir unha partícula de hidróxeno. Todos os cambios que podemos producir consisten na separación das partículas que están nun estado de cohesión ou combinación e na unión de aquelas que previamente estaban distanciadas. Evolución do átomo: a maioría dos procesos químicos da natureza e dos laboratorios teñen unha explicación a nivel microscópico (átomos e moléculas). Para comprender os fenómenos utilízanse modelos (explicacións sinxelas semellantes estruturalmente ó fenómeno que se estuda). Dende a teoría atómica, empregáronse modelos para comprender a natureza do átomo. Na actualidade acéptase que a materia está formada por átomos e tense un modelo atómico consistente co que se explica o seu comportamento.

Sara Porteiro Laura Bello

Page 24: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 24

ENTREVISTA

Atopámonos nun venres coma outro calquera. Baixamos ao pub “Planet” para ver cómo son as saídas en Carballo. Primeiro imos entrevistar aos donos do local: Henrique e Manolo. P:Como compaxinades a vida laboral coa familiar? R:Non é moi fácil, porque dormes polo día e traballas pola noite, esforzándose o que se pode. A familia ten que entendelo, aínda que ás veces é complicado. P:Notastes un aumento de xente cada vez máis nova que bebe alcohol? R:Notamos que a xente que sae é cada vez máis nova. O de beber alcohol non. Procuramos non servir alcohol a menores, aínda que ás veces engánannos porque os rapaces son cada vez máis altos e non lles vas pedir o carné a todos. P:A que credes que é debido isto? R:Débese a que vivimos moi apresa e, a parte, algúns pais son moi “cómodos” e deixan que ós fillos os vixíen os demais. P:Podedes resumirnos a movida en Carballo? R:Agora mesmo temos unha movida “san” e case sen problemas. En xeral, é boa. P:A que idades comezan a saír os xóvenes xeralmente? R:Agora xa te atopas ás veces con nenos de 15 e 16 anos. A miña opinión é que son moi novos. P:Acostuma a haber moitas pelexas na rúa da Estrela? R:Non máis ca en outros sitios de movida. Inda que Carballo ten mala fama, a rúa da Estrela é moi tranquila. Sempre hai o parvo de turno que da a nota, pero agora non é como a xente di, é moito máis tranquila. Despois de falar con eles, dirixímonos a entrevistar ao Dj. Carlos. P:Que tipo de música soe gustar máis, música “para bailar” ou música “para escoitar”? R:Dende logo, e sen medo a equivocarme, música para bailar. A xente disfruta máis bailando os temas musicais que máis lles gustan. Para escoitar música, quedan na casa escoitando a radio ou van a locais máis tranquilos. P:A música que pos no pub gústache realmente? R:Algunha si e outra non, pero procuro poñer de todo porque á xente gústalle a variedade. P:Cres que cambiando o estilo de música habería máis xente no pub? R:Hoxe en día hai locais especializados en todo tipo de música. Cada local ten a súa clientela, e o que debe facer é manter á súa xente leda co ambiente.

Page 25: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 25

P:Como ves a movida en Carballo? R:A movida en Carballo descendeu bastante nos últimos anos, pero non só aquí, senón en tódalas zonas de marcha nocturna. De todos modos, a cousa non está tan mal como a pintan os empresarios. Claro que a cousa cambiou, pero estes son outros tempos nos que tamén hai moita competencia. P:Cantas mulleres che entran? Cantas se interesan por coñecerte? Cantas che interesan a ti? R:Pois eu, como é normal, coñezo a moitas mulleres, pero as que me entran normalmente son poucas. Soen ser máis reservadas para iso que os homes. Eu creo que a maioría delas se interesan por ter un amigo nun local de noite. A verdade é que a min interésanme poucas, pero procuro ser o máis agradable que podo. P:Canto gañas nunha noite? R:Menos do que quixera! (risas) P:Canto tempo pensas vivir da noite? R:Pois mentres me guste, estea cómodo e me fagan falta os cartos. P:En que traballas realmente? R:Traballo nunha empresa de mantenemento mecánico de Arteixo. P:A que te pensas dedicar? R:Penso seguir traballando no mantenemento, pero teño unha afición moi forte por pinchar discos. Se fora un traballo de futuro, non o dubidaría, pero o peor é que a noite é moi viciosa. Ao rematar con Carlos, preguntámoslles ás camareiras. P:Tedes que vestir dalgún xeito determinado? R:Non, pero si hai que ter boa presenza. P:Para este traballo precísanse estudos? R:Sí, hai que ter estudos de psicoloxía... ou polo menos paciencia para aguantar á xente. (risas) P:Algunha de vós ten estudos universitarios? R:Sí, tenos Lorena. P:Tedes algún outro traballo polo día? R:Sí, todas. Senón non nos chegaría para vivir. P:Nunha noite, a cantos lles tedes que rir as grazas? R:Temos que ser o máis amables posibles, sen que nos falten ao respecto, claro.

Page 26: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 26

Para contrastar os datos que nos deron Manolo e Enrique, fomos ao Centro Médico de Carballo para falar cunha doutora de Urxencias chamada Ana Arias. P:Aténdense a moitos xóvenes por borracheiras os fines de semana? R:Sí, aínda que son pouco frecuentes as borracheiras intensas e os comas etílicos (aproximadamente 2 por semana). P:Aténdense a moitos xóvenes por golpes causados por pelexas? R:Cada vez a máis. Son moi frecuentes as pelexas nos institutos ou colexios á saída. P:cantas destas pelexas están relacionadas co consumo de alcohol? R:Só as dos fins de semana. P.Cre que os xóvenes comezan a beber cada vez a idades máis tempranas? R:Por suposto que si. Cada vez é máis frecuente que teñamos que avisar a familiares de menores que son atendidos en urxencias. P:Cal é o procedemento que fan cando se atopan cun coma etílico? R:1º-Ao que nós lle chamamos MEDIDAS BÁSICAS: -Apertura e control de vía aérea (respira?) -Diagnosticar o “grao de coma” seguindo a Escala de Coma de Glasgow. -Valoración inicial e xeral (por exemplo: saturación de osíxeno) 2º-MANTEMENTO: -Apertura da vía aérea. -Canalización da vía venosa periférica (acceso a fármacos) -Administración de soro ou fármacos. 3º-Tras a estabilización do paciente, se se atopa aínda en coma, DERIVACIÓN AO HOSPITAL. P:Como suceden estas cousas se non se lles vende alcohol a menores? R:A teoría di que non se vende alcohol a menores, pero na práctica, como “todo o prohibido”, acábase conseguindo facilmente. P:Cando beben máis os rapaces de Carballo? R:Sen dúbida, beben máis os fins de semana.

Cristina López Varela. Elvira Inés Núñez Rodríguez.

Noemí Pérez García. Adriana Méndez Añón.

3ºESO C

Page 27: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 27

ROBERT ERNST UN NÓBEL NO ALFREDO BRAÑAS

Con motivo da celebración do XX Aniversario da asociación de ensinantes de ciencias de Galicia (Enciga), o premio Nóbel Richard Robert Ernst pronunciou no IES Alfredo Brañas unha conferencia sobre “A Responsabilidade de Científicos no noso tempo” o 25 de xaneiro do 2008. Richard Robert Ernst (Winterthur, Suíza, 14 de agosto de 1933) estudou química na Escola Politécnica Federal de Zúric, onde se graduou en 1957, e doutorouse en 1962 en fisicoquímica. Iniciou as súas investigacións sobre a resonancia magnética nuclear, (RMN) consistente na absorción selectiva de enerxía polos núcleos atómicos que posúen un momento magnético, cando están situados nun campo magnético e son irradiados con radiación electromagnética cunha frecuencia determinada. Mediante o uso da espectroscopia observou como as frecuencias de resonancia características destes núcleos varían de acordo coa contorna química do átomo, podendo identificar a presenza destes núcleos e a natureza das súas interaccións químicas no núcleo dunha molécula. Na década de 1960 conseguiu aumentar en máis de dez ordes de magnitude a sensibilidade desta técnica substituíndo a variación suave da frecuencia con intensas pulsacións radiométricas. A aplicación da técnica matemática da serie de Fourier ao complexo sinal obtido dos núcleos permitiu a reconstrución do espectro da resonancia magnética nuclear, ampliando así o rango de núcleos susceptibles de ser estudados con esta técnica. En 1991 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da espectroscopia de resonancia magnética nuclear de alta resolución, un método necesario para a análise das estruturas moleculares. Almudena: Doutor Ernst, moitas grazas por darnos a oportunidade de entrevistalo para a nosa revista do escolar, “Pomba Dourada”. É unha grande honra. Richard Ernst: Grazas. Almudena: Que sentiu ó saber que gañara o Premio Nobel? R. Ernst: Ía a bordo dun avión, en vo dende Moscova a Nova Iorque. O comandante achegouse e preguntoume “É vostede o Sr. Ernst?”, e díxenlle “Son, hai algún problema?”. E contestou: “Acaba de gañar un premio”, ó que preguntei “Que premio?”, “É o premio Nobel”. Ah! Estabamos en pleno vo así que tiven que ir á cabina e falar co comité en Estocolmo, os xornalistas preguntáronme que ía facer co diñeiro. Estas foron as primeiras impresións. E logo, pregunteille ó comandante a quen correspondían os asentos baleiros ó meu carón. Os asentos están numerados, número 1, número 2, número 3. Dixo que non sabía, quedaran sen vender. Puiden falar con alguén de Viena e entristeceunos porque eu quería compartir a miña alegría polo menos cos persoas que viaxaban ó meu lado, que tamén se alegrasen. Pero eu estaba só, sentado nun avión entre dous asentos baleiros. Estes foron os primeiros momentos, a sorpresa que me deron estando só.

Page 28: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 28

Almudena: Supuxo este premio un gran cambio na súa carreira? R. Ernst: Nun principio non. Naquel tempo aínda era director do departamento de investigación. Déronme o premio no 91 e xubileime no 98 así que aínda me quedaban sete anos máis. Neses anos poucas cousas mudaron a non ser que se volveron algo máis intensos, máis viaxes. Pero logo da xubilación... eu esperaba estar completamente libre para facer o que quixera, gozar da vida sen obriga de ningún tipo. Pero coa concesión tiven que viaxar, para dar conferencias en todas partes, solicitado continuamente. Así que mudou a miña xubilación de maneira considerable. Antes diso, practicamente non supuxo cambios. Almudena: Ademais das coñecidas aplicacións da resonancia magnética nuclear (RMN) nos eidos da bioquímica, mediciña e química orgánica, hai outras aplicacións previstas? R. Ernst: Por suposto. Hai tantas aplicacións como eidos poidas pensar. Pódese usar en ciencia de materiais para investigar polímeros, en nanoestruturas para explorar as estruturas destes materiais, así que a investigación de materiais é moi importante. Como mencionei brevemente na conferencia, mesmo hai experimentos en psicoloxía. Practicamente non hai límites ós campos de aplicación da RMN. Só é necesario xente inventiva que aplique a técnica en contextos diferentes. Aínda queda moito que facer. Almudena: Hai pouco aprobouse unha lei que restrinxe o uso de máquinas de RMN xa que poden resultar prexudiciais. Que opina disto? R. Ernst: O risco é practicamente nulo. É unha técnica absolutamente segura pero ten os seus límites. Un deles pode estar por motivado pola sensibilidade. Se a concentración de substancias químicas é moi baixa é difícil de detectar. Por exemplo, na metabolización do corpo humano poden existir moi baixas concentracións no cerebro ou noutras partes. É moi difícil de detectar ou de medir de xeito adecuado. Así que a sensibilidade impón certos límites á RMN pero haberá que usalo habilmente para sortear estes límites. Almudena: Raios-X, RMN, cal será o seguinte paso? Atrévese a aventurar algunha aplicación futura? R. Ernst: Como xa dixen antes, podería ser en calquera eido. En ciencia de materiais, onde é moi importante, incluso en psicoloxía. Creo que a aplicación máis importante é en neuroloxía, para saber que ocorre no cerebro humano, porque é o órgano do que menos se coñece. Non sabemos como se producen os procesos mentais nin a evolución das emocións. Pero tamén hai moitas conexións insospeitadas, actividade que a RMN permitiríanos detectar. Pablo: Os nosos profesores afirman que un dos piares máis fortes da ciencia é a termodinámica. Outras teorías foron quedando atrás. Considera que algún día a termodinámica tamén quedará desfasada? R. Ernst: A termodinámica é un dos campos de aplicación fundamentais. Quero dicir que supón un enfoque microscópico para comprender... e diría que máis doado de entender o que sucede. E no futuro a termodinámica seguirá a ser un piar tan importante como foi no pasado. Non ofrece explicación para todo pero é importante.

Page 29: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 29

Permítenos comprender especialmente os aspectos microscópicos. Por exemplo en aplicacións sobre a enerxía permítenos estudar a eficiencia das fontes de enerxía para así determinar a viabilidade de aplicación de determinadas fontes de enerxía. A termodinámica ofrécenos respostas definitivas. Pablo: Gústalle a astronomía?

R. Ernst: Paréceme fascinante. Diría que é un campo fascinante que permite contemplármonos no universo e ver a pequenez e a irrelevancia da Terra. Cuestiona a nosa afirmación de que o universo foi creado para nós simplemente para o noso proveito. Se coñeces algo de astronomía pronto descobrerás que iso non pode ser verdade. Pablo: Logo considera que é unha ciencia importante?

R. Ernst: Dende logo. Importante para coñecer a nosa situación no mundo e no universo, que nos obriga a reflexionar cada vez máis sobre este. Non son partidario, por exemplo, das viaxes a Marte. Creo que é un absurdo absoluto. Iso non ten sentido ningún. Só é unha maneira de despilfarrar recursos para nada. Ter ido á Lua non nos explicou nin aportou case nada en ningún sentido. En resumo, non estou a favor das viaxes espaciais. Pablo: Por que non? R. Ernst: Porque non leva a ningures. Por que habiamos enviar a un único ser humano a Marte? É un grande fito, iso si, mais non leva a ningures. Podíamos empregar a nosa intelixencia, a nosa inventiva, a nosa creatividade en empeños moito mellores. Hai obxectivos moito mellores que acadar. Hai tanto que conseguir en nós, que non é necesario ir a Marte nin á Lúa. Pablo: Cre que RMN ten aplicación na astronomía? R. Ernst: Teño as miñas dúbidas. Non lle vexo ningunha aplicación realista. É algo que xurdirá tarde ou cedo. Non me parece que sexa unha ferramenta fundamental na investigación espacial. Dubido que teña unha aplicación definitiva nese campo. Pablo: Considera vostede que o espazo é un laboratorio de ciencias? R. Ernst: Iso se di pero creo que non é un laboratorio eficiente. Ata hoxe o que se ten feito no espacio ten absorbido uns custos inmensos con escasos resultados. É unha forma carísima de estragar os nosos recursos para tan pouca cousa. Pablo: Pero hai países moi ricos que gastan o seu diñeiro en guerras. Por que non en astronomía, no espazo, na ciencia? R. Ernst: Pero que país ten tanto diñeiro? Os Estados Unidos? Os Estados Unidos non teñen diñeiro, para nada, só débedas. É un dos países máis pobres do mundo, e somos nós quen pagamos as súas débedas. É un país en quebra que gasta diñeiro que non posúe. Pódeselle chamar a iso economía avanzada, eu a chamo pobre. Malgasta os recursos de todo o planeta en nome da súa ambición.

Page 30: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 30

Almudena: Hai máis centíficos na súa familia? R. Ernst: Pois non. Meu pai era arquitecto; o meu avó, comerciante. Non teño irmáns, só dúas irmás, que non exercen a súa profesión na actualidade. Os meus fillos non quixeron ser científicos. O meu fillo é psicólogo, está a facer estudos de mercado nun banco. É o máis próximo á ciencia que teño na familia, estudos de mercado. Pero isto, claro... De modo que son o único científico da familia. Almudena: Foi vostede bo estudante? R. Ernst: Non, para nada, non fun. Especialmente en primaria, era bastante malo, logo en secundaria tamén. Logo na universidade fun mellorando, atá que ó final a cousa mellorou bastante. Pero ó principio era un alumno frouxo. Pablo: Sabemos que é un grande amante da música e a arte. Cal e o seu compositor predilecto? R. Ernst: Teño moitos compositores predilectos de tódolos períodos. Gústame moito Johann Sebastian Bach. Schuman tamén é un dos meus compositores preferidos. Non así Chopin, non me gusta. Schumann e Chopin son moi similares pero prefiro ó primeiro. Dos contemporáneos gústame bastante Shostakovich, e tamén a segunda escola vienesa de Schönberg, Berg, Webern. E tamén Stravinski, moito. Pablo: Así que lle gusta a música clásica? R. Ernst: Gusta, si, exclusivamente. Non me gusta nada máis. (Risos) Son moi limitado, un fanático. Pablo: Ten viaxado moito? R. Ernst: Bastante, si. Pablo: Merca arte, algún cadro? R. Ernst: Si, merquei moita pintura no Tibet como mostro na conferencia. Son os cadros que enchen agora na miña casa. Teño unha ampla colección. Quero dicir que son unha persona que cre que, ou ben fas algo que mereza a pena, ou ben non fagas nada. Así que empecei a coleccionar, a centrarme na arte tibetana. Gústame outro tipo de arte pero, naturalmente, o meu tempo e recursos non mo permiten, obríganme a centrarme para formar unha boa colección. Esa é a razón de porque me especialicei na arte tibetana, do contrario hai tantas cousas que me gustaría coleccionar que non hai diñeiro para todo. Almudena: Queriámoslle agradecer enormemente o esforzo que supón para vostede, e este tempo xa excesivo. E darlle as grazas por vir a esta vila modesta, e mais a este modesto centro porque unha persoa coma vostede está afeita a falar noutros foros, e para nós é importantísimo que vostede viñera aquí porque para todos, para nós e para os alumnos, é un modelo a seguir, que demostra que a cultura serve para algo. R. Ernst: Moitas grazas.

Almudena González Pereira. Pablo Fernández Garrido.

4º ESO-A

Page 31: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 31

LUIS PIMENTEL (1895-1958) 50 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DO POETA

Cunetas

¡Outra vez, outra vez o terror! Un dia e outro dia, Sen campás, sen protesta. Galicia ametrallada nas cunetas dos seus camiños. Chéganos outro berro. Señor ¿que fixemos? -Non fales en voz alta- ¿Ata cando durará este gran enterro? -Non chores que poden escoitarte. Hoxe non choran mais que os que aman a Galicia- ¡Os milleiros de horas, de séculos, que fixeron falta para facer un home! Teñen que encher ainda as cunetas con sangue de mestres e de obreiros Lama, sangue e bágoas nos sulcos son semente.

Page 32: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 32

PÓDELLE PASAR A CALQUERA Sinto o murmurio de case todo. Nada máis chegar a este val, quedei prendido del e non sabería dicir se é pola súa fermosura, pola súa grandeza, polo seu aroma, polo seu colorido. Non teño palabras, pero si sensacións. Os chíos dos paxaros son a banda sonora de tan magnífica película que discorre ante os meus ollos. Féndeo con dozura ondulante, un río de augas mainas. Ás súas beiras, salgueiros e bidueiros acompáñano no seu devagar, ó tempo que dan abeiro a unha morea de miúdas aves, e ós seus niños. Tralo río, como unha pintura inmóbil na paisaxe, unha casa de pedra (a primeira) co seu fume vertical pola serenidade da tardiña. Semella un cadro. Ía a dicir de “Todo a Cen”, de consumo barateiro; pero a min gústame. Que queres. Ó penetrar nel, o aire recíbeme (ou se cadra son eu que mo encontro no camiño) cheo de arrecendos a flores, a herba, a terra e á auga do río veciño, a aire morno que me agarima a faciana. Vou andando polo camiño estreito, meténdome nas súas fermosas entrañas. Agora si, agora non, saen sobresaltados mil e unha fada cativa con forma de paxariños, ou saltóns, ou cabaliños do demo. Tal parece que rebentan, ó contraluz dun Sol preguiceiro, como muxicas dun lume . Coido que dun momento a outro voume atopar a Campaniña, de Peter Pan. Tal é a sensación que me enche por completo. Mais, ¡que mágoa!, non hai tal. Quedan atrás as árbores e as silveiras. De súpeto, diante miña outra vez o extenso val. Ó lonxe unhas campás invisibles semellan chamar por min: Xoséee, ai Xoséeeee. Tódolos sons do mundo parecen mergullarse nesta enorme cunca. Aquí o rumor do río; acolá os xornaleiros que paran un anaco no seu labor, para botar un pito e parolar un chisco. Nenos xogando; correndo; berrando. Galiñas chocas. ¡Xoséee!. Alguén chama ó meu homónimo. Cada vez estou máis preto da xente; da “civilización”, e sen embargo, sigo empapado desa atmosfera bucólica, campestre, que xermola da extensa agra. Uns cans rifan por convencerse mutuamente de sabe Deus que razóns, e vai ti a saber con que argumentos. Guau, guau. A min dáme igual quen teña razón; ademais non os entendo. Pero gústame oílos. ¡Recoiro, que calor vai!. Vou ver se me achego ás casas do lugar. Algunha taberna haberá para botar un grolo... ¡¡¡¡Xoséeeee!!!!. ¡¿Pero que...?!. Debe estar xordo ese Pepe coma min, pois xa se lle oe moi preto quen procura por el. Veña, a pola tasca a ver se... ¡¡¡¡XOOSÉEEEE!!!!, ¡cajonacona!, ¡¡esperta dunha puta vez!!. ¡Vas volver chegar tarde ó Instituto!... .............................................................................................. ¡Ai va la hostia!, ¡pegáronseme as sabas!. ¡¡As oito e media!!. ¡Non chego, non chego!. Outra vez sen almorzar, e sen ducharme. ¡¡¡Meeeeerda!!!.

José María de la Viña Varela Todo este relato foi escrito, integramente, en anacos soltos dos venres, no maior

balbordo imaxinable das noites do Silfo.

Page 33: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 33

Marabillas e cousas sorprendentes do Universo Parte primeira

• “Aínda que pareza mentira, póñome colorao”, diría o fotón:

No centro do Sol, a unha temperatura de 12 millóns de graos centígrados, orixínanse os fotóns, ou partículas mínimas de luz. Estas partículas de luz móvense a unha velocidade de uns 300.000 Km/s... no baleiro; pero dentro da sopa solar, estes raios de luz rebotan, son absorbidos, interactúan entre si e con outra materia solar. É dicir, enredan. Enredan tanto que tardan cerca dun millón de anos en chegar á superficie da estrela. Logo, no baleiro xa, móvense imparables á máxima velocidade: 300.000 Km/s. Esa é a maior velocidade que se pode levar na autopista galáctica. Máis, non se pode, segundo Einstein.

• A mancha vermella de Xúpiter: Cando os astrónomos do século XVII apuntaron os seus telescopios cara a Xúpiter, o primeiro que destacou nel foi unha grande mancha de cor vermella, como unha xigantesca "peca" na faciana do planeta. Cómpre dicir que Xúpiter é, xa en por si, o planeta máis grande do noso sistema solar: el só ten máis masa que o resto dos planetas (incluída a Terra) xuntos. E sen embargo a maioría do planeta é gasoso. O seu enorme tamaño tamén é responsable de que o vexamos como unha "estrela" moi brillante no ceo nocturno do inverno. Pero non é unha estrela xa que non ten luz propia: a que vemos é reflectida do noso Sol. Pero vaiamos ó choio: a Mancha Vermella (M.V.) é moi especial. Fixádevos senón: hoxe sabemos que non é máis que unha tormenta (unha supertormenta) no hemisferio sur; como as que se forman no Caribe, ou os tifóns do mar Índico. Só que leva xa 300 anos de vida (que se saiba). No seu interior os ventos chegan a velocidades de máis de 400 Km/h. E por se fora pouco todo iso, resulta que o tamaño da M.V. é tan grande, que caberían case dúas Terras dentro dela. Unha das razóns de que teña durado tanto parece ser que se debe a que Xúpiter non ten unha superficie sólida claramente definida; un chan vamos, como o que separa no noso planeta a terra do ceo (sabido é que as tormentas tropicais, desfanse en canto chegan ós continentes). En fin, que en Xúpiter todo é grande. A súa gravidade é tan grande (g= 24,5 m/s2) que, se houbera un chan, un astronauta que pousase sobre del, tería grandes problemas co seu propio peso. Por exemplo, unha persoa que na terra pesara 50 kilos (que me desculpen os meus alumnos por utilizar esta “unidade”), alí pesaría máis de 125. O planeta é coñecido desde alén dos tempos do home; os romanos chamáronlle Xúpiter o deus máis importante de todo o Olimpo, ó pai e "xefe" de tódolos demais.

Page 34: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 34

• A bela e a besta: Venus é o segundo planeta máis preto do Sol, despois de Mercurio. É o planeta máis brilante do ceo. De aí o seu nome de Luceiro do Amencer ou Luceiro Verpertino (segundo que apareza ó amencer ou á tardiña). E realmente é fermoso, por iso os romanos puxeronlle o nome da deusa da beleza: Venus. Pero a realidade éche ben distinta: o planeta (case idéntico á Terra en tamaño e densidade) está rodeado dunha moi espesa capa de nubes e dunha densa atmosfera. Tal é así que a presión na superficie é enorme, comparable á do fondo dos nosos océanos. E ademais está a unha

temperatura de uns 400 ºC (o estaño, o plomo e moitos outros metais e substancias que aquí serían sólidas, estarían en estado líquido nesa superficie). Pero hai máis: a luz do Sol non atravesa nunca a enorme capa de nubes que, a súa vez, son de ÁCIDO SULFÚRICO. ¡Imaxinade que tormentas con choivas do ácido máis forte que hai!. Por riba de todas estas curiosidades, Venus é o único planeta que ten un sentido de rotación sobre si mesmo, contrario ó resto dos planetas. E ademais, tarda máis en dar unha volta sobre si mesmo (día venusiano) que en dar unha volta ó redor do Sol (ano venusiano), o que faría moi extaña, se se vise, a contemplación do movemento do sol no ceo do planeta: saíndo polo oeste, e poñéndose moi, moi a modo polo este. Xusto ó contrario que aqui, na Terra (e nos outros planetas).

• Super Tiovivo: Anque non nolo pareza, o Sol NON está inmóvil. É certo que é o noso sistema de referencia: con respecto a el, tódolos planetas, asteroides, cometas e demais astros xiran ó seu redor; pero en realidade o Sol (e con el todo o demais que forma o chamado Sistema Solar) dá voltas ó redor do enorme grupo de estrelas chamado galaxia á que

pertencemos (de nome: a Vía Láctea), á velocidade de uns 620 Km/s. Unha velocidade incrible (veñen sendo máis de 2 millóns de Km/h); e, a pesares desa velocidade, tardamos uns 250 millóns de anos en dar unha volta completa en torno o centro da Vía Láctea, a nosa enorme galaxia. Dado que o Sol, e o con el o noso Sistema Solar, ten “só” uns 4500 millóns de anos, imos pola volta nº 18. A pesares do enorme número de astros que xiran ó redor do Sol, a suma da masa de todos eles, incluída a do xigante Xúpiter, segue sendo moito menor que a do Sol.

• Un planeta máis lixeiro que a cortiza: Dentro da escolma destas marabillas que acontecen no Universo das que estamos a falar neste artigo, algunhas delas chaman a atención polo incribles que parecen. Podiamos empezar por dicir que a luz dun tipo especial de estrelas chamadas Supernovas, que son estrelas grandes que de repenten estoupan, é moito máis grande que toda a luz que dan o resto dos miles de millóns das estrelas da galaxia a onde pertencen. Inimaxinable.

Page 35: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 35

Sen embargo se cadra máis sorprendente no concurso este de cousas raras, é a existencia dun planeta recentemente descuberto de notables propiedades: Ó redor dunha estrela dobre da constelación de Lacerta e que está a 450 a.l. de nós (un ano luz [a.l.] son 9,4 billóns de Km= 9,4·1012 Km). E aínda que nos pareza unha enorme distancia (que o é), atópase aínda dentro da Vía Láctea (a nosa galaxia, que ten uns 100.000 a.l. de diámetro). Este (exo)planeta, chamado HAT-P.1, é 1,38 veces máis grande que Xúpiter, pero a súa masa é apenas a metade que a do noso xigante, o que lle confire unha densidade moi pequena, semellante á do porispán (a cortiza branca). É menor que á da cortiza. Para que vos situedes, a densidade media da Terra é unhas 5,5 veces maior que a da auga. Ainda que esto é un caso máis ben excepcional, débese saber que se Saturno se puidese mergullar nun enorme mar de auga, flotaría. A densidade de Saturno é de 0,7 g/cm3. A densidade da cortiza é de 0,3 g/cm3 ; ámbalas dúas, menores que á da auga.

***

Estas e outras cousas máis funas atopando unha aquí outra acolá, lendo nos libros e fedellando cos navegadores de internet na pescuda de cousas así de interesantes. Deixo para o curso que vén a continuación desta fascinante viaxe polo universo, polo cosmos, polo noso ceo. Cada vez que me asomo a esta fiestra, quedo engaiolado da súa beleza. Convídovos a que nas noites de verán que están a chegar, olledes cara o ceo polas noites. Ben seguro que sempre haberá algo que vos produza unha enorme satisfacción, como fixo comigo. Aínda que só sexa mira-las constelacións, ou tentar de ver algunha estrela fugaz, ou de distinguir, na Lúa, algún cráter, etc. E se tedes a sorte de dispoñer duns prismáticos, entón seguro que ides ter momentos de gloria. Poderiades chegar a ver ata cometas, como no ano 1996, 1997, e neste ano no mes de novembro. Mesmo se non tedes ningunha destas oportunidades, podedes disfrutar do ceo tal como estaría “hoxe” nas vosas casas, baixando algún programa gratis de internet. Recoméndovos hoxe un moi sinxelo e moi útil, que atoparedes nesta dirección: www.stellarium.es/org. Nela pinchas en Windows (se tes ese sistema operativo, que será o máis seguro), ábrese outra ventá e dáslle a baixar ou gardar programa. Boas Noites, e boa sorte.

José María de la Viña Varela Profesor do departamento de Física e Química.

Simulación do planeta HAT-P.1

Page 36: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 36

A MAZÁ A ti, manzana,

quiero celebrarte

llenándome con tu nombre

la boca, comiéndote.

….. quiero ver

a toda la población del mundo

unida, reunida, en el acto más simple de la tierra:

mordiendo una manzana.

Fragmentos de Oda a La Manzana

(Pablo Neruda)

A maceira (Malus domestica) é a árbore froiteira máis estendida do planeta, pois é a que mellor se adapta a diferentes climas e solos. Cultívase desde os inicios da agricultura, no neolítico, e a súa orixe parece situarse no Cáucaso e nas beiras do Mar Caspio. Foi traído a Europa polos romanos e na actualidade existen unhas 1.000 especies, como resultado de diferentes hibridacións con outras especies silvestres. A mazá é unha froita comestible obtida

da maceira ou dos seus híbridos. Consérvase moi ben sen necesidade de frío e pode transportarse facilmente sen esmagarse. É rica en sales minerais, vitaminas, glícidos e fibra.

Pode consumirse en distintas formas, desde bebidas como a sidra, ou vinagre de mazá, ata como ingrediente básico de tortas de mazá, marmeladas e compotas; pero o máis saudable é consumila fresca e coa pel ben lavada.

DEZ MAZÁS FAMOSAS MAZÁ DE EVA: Foi elixida para

simbolizar o pecado orixinal, converténdose na imaxe bíblica da

tentación, segundo a tradición cristiá, aínda que o Xénese non di que fose unha mazá o froito

prohibido que provocou a expulsión do ser humano do paraíso. Mark Twain ironizaba ao dicir que “O erro foi prohibir a mazá. Adán comeu a mazá porque estaba prohibida. Se Deus prohibira comer á serpente, Adán a comería”. MAZÁS DE SODOMA: Medraban na beira do Mar Morto. Eran moi fermosas por fora pero por dentro, ao mordelas, eran todo cinza. MAZÁ DO PRÍNCIPE AHMAD: Aparece en “As mil e unha noites”. Adquirida en Samarcanda, era unha panacea de todo mal. MAZÁ DA DISCORDIA: Segundo a mitoloxía grega, Tetis e Peleo casaron, invitando a tódolos deuses á voda excepto a Eris, a deusa da Discordia. Esta, furiosa, tirou unha mazá que levaba escrito na súa cáscara: Para a máis fermosa. Afrodita, Atenea e Hera, deusas do amor, da guerra e do fogar, disputaron pola cobizada mazá.

Page 37: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 37

Zeus determinou que fora un mortal, o príncipe Paris de Troia, quen decidira cal das deusas merecía a froita. Hera prometeulle a conquista de toda Asia se a elixía; Atenea aseguroulle que o faría sabio e invencible. Pero París sucumbiu ante a oferta de Afrodita, que lle prometeulle o amor da muller máis fermosa. Paris conquistou o amor de Helena, pero as dúas deusas agraviadas, cheas de ira, desencadearon a guerra de Troia. MAZÁS DAS HESPÉRIDES: As Hespérides eran fillas de Atlas e vivían nun xardín fabuloso, no extremo de Poniente. As “ninfas do ocaso”, como tamén eran chamadas, coa axuda de Ladón, o dragón das cen cabezas, gardaban os froitos de ouro dunha maceira. Un dos traballos de Hércules consistiu en roubar estas mazás de ouro. MAZÁ DE GUILLERME TELL: Un día,

Guillerme Tell, o heroe máis popular do folclore suízo, paseaba pola praza maior de Altdorf acompañado do seu fillo menor Walter. Nun poste da praza colgaba o sombreiro do gobernador

Gessler, representante dos

invasores austríacos. Guillerme negouse a inclinar a cabeza, como mostra de respecto, ante o sombreiro. Ante tal mostra de rebeldía, o gobernador Gessler detivo a Tell. Como chegara aos seus oídos a súa fama como tirador con ballesta, obrigouno a disparar contra unha mazá situada, a 50 pasos de distancia, sobre a cabeza do seu fillo. Se Guillerme atinaba, sería liberado de calquera cargo; se non o facía, entón sería condenado a morte. Pero, grazas á súa habilidade, acertou na mazá sen ferir ao seu fillo.

MAZÁ DE ISAAC NEWTON: A historia da mazá e Newton é case tan famosa como a de Eva e a súa mazá. Hai quen

pensa que é unha lenda, pero o seu amigo W. Stukeley, no seu libro “Memorias da vida de sir Isaac Newton”, deixou escrito o seguinte: O 15 de abril de 1726, tras a cea (o 15 de abril

de 1726)], con clima agradable, saímos ao xardín Newton e eu a tomar o té á sombra dunhas maceiras. Na conversación díxome que estaba na mesma situación que cando lle veu á mente por primeira vez a idea da gravitación. Orixinouna a caída dunha mazá, mentres estaba sentado, reflexionando. Pensou para si por que ten que caer a mazá sempre perpendicularmente ao chan? Por que non cae cara arriba ou cara a un lado, e non sempre cara ao centro da Terra? A razón ten que ser que a Terra atráea. Debe haber unha forza de atracción na materia; e a suma da forza de atracción da materia da Terra debe estar no centro da Terra, e non noutro lado. MAZÁS DA ILLA DO TESOURO: Robert L. Stevenson narra no seu episodio máis emocionante cómo o protagonista Jim Hawkings, embarcado na expedición a unha illa descoñecida na procura do tesouro do capitán Flint, escoita unha conversa moi emocionante do malvado Long John Silver dende o interior dun barril de mazás (sempre previsto para longas travesías polos antigos navegantes).

Page 38: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 38

Iso fai entender ao rapaz que o futuro de tódolos homes que ían a bordo do barco dependían só del. MAZÁ DE BRANCANEVES: Brancaneves estaba facendo un pastel de moras para os ananos cando chega alí a malvada raíña, con aparencia de vella. Ofrécelle unha mazá envelenada, pero míntelle dicindo que se a come cumpriranse os seus desexos, Brancaneves morde a mazá sen sospeitar da velliña. Antes de tragar o primeiro bocado a rapaza cae case morta no chan, e só o bico do seu príncipe a puido espertar dese soño. MAZÁ DE TURING: O filósofo e matemático inglés Alan Turing (1912-1954) é considerado como un dos pais da informática e os seus traballos coa máquina de Turing permitiron desenvolver a técnica algorítmica usada en programación.

Durante a Segunda Guerra Mundial contribuíu decisivamente á vitoria dos Aliados, pois logrou descifrar o código secreto nazi xerado pola máquina Enigma. En 1952, o seu amante masculino traizoouno axudando a un cómplice a entrar na súa casa para roubarlle. Durante a investigación policial descóbrese que é homosexual e denúnciano por perversión. Turing non se defendeu e foi condenado. A "xustiza" deulle dúas opcións, a prisión ou un tratamento hormonal con estróxenos para reducir a libido. Turing elixiu esta última, sufrindo importantes alteracións físicas (considerable aumento de peso, crecemento dos peitos e impotencia) e psíquicas. Acabou morrendo en 1954, aos 42 anos, tras morder unha mazá envelenada con cianuro potásico. O logo de Apple podería ser unha homenaxe a Turing, aínda que tamén ten referencias a Newton (primeiro logo de Apple). Tamén poderíamos pensar en referencias bíblicas, xa que Adán mordeu a mazá da árbore do coñecemento e da ciencia, o que trouxo como consecuencia a súa expulsión do paraíso.

Cristina López Varela 3º C

Page 39: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 39

A VERDADE Se soubesen todo o que sufriches, Que a túa voz esgazada ten un por que, Que xa vertiches demasiadas bágoas, Que o teu corazón está roto en anaquiños tan pequenos que xa é imposible recompoñelo, Que xa estás farta de chorar, Que soportas as duras e machistas críticas aínda que se che craven como coitelos, Que fixeches moito recibindo moi pouco a cambio, E que, gardando isto dentro da túa alma fráxil e débil, faste un inimaxinable dano a ti mesma, Decataríanse do forte que es.

Por Cristina López Varela. Adicado a Amy Lee.

Page 40: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 40

SOSTIENE PEREIRA. ANTONIO TABUCCHI O autor Antonio Tabucchi nacido en Vecchiano, provincia de Pisa o 24 de Setembro de 1943 estuvo moi namorado de Portugal e a súa literatura; é o mellor coñecedor, crítico e traductor italiano do famoso poeta portugués Fernando Pessoa. Cando Tabucchi coñece a obra deste poeta e fascinalle de tal forma que ó seu regreso a Italia acude a clases de portugués para entender mellor a súa obra. Esta novela (1994) ambientada no 1938 trata dun periodista con 30 anos de experiencia chamado Pereira marcado pola morte; xa que a sua muller morreu de novo e quedou viúvo moi pronto; ó que se lle encarga a páxina cultural dun diario portugués chamado Lisboa durante a dictadura salazarista, co fondo do fascismo italiano e a Guerra Civil Española. A actitude de Pereira ó principio podería cualificarse de indiferente ante o réxime político, pois o protagonista mantense distante ante as constantes noticias de inxustiza que ocorren no país, Para completar a súa páxina de cultura decide engadir unha sección de necrolóxicas sobre escritores, contrata a Monteiro Rossi, pois Pereira xa coñecía a forma de escribir del e gustáballe. Este personaxe pasa desapercibido nun principio pero pronto darase conta a través do que escribe que é un home preocupado pola situación política do país e un constante loitador contra Salazar e o seu réxime. Xunto a Rossi, Pereira coñecerá á moza deste, Marta; seguidora de toda moral defendida por Monteiro e principal axente subversivo xeneradora de tódolos actos que condicionan o transcurso da obra. A intensa relación que nace entre Pereira, Rossi e Marta fará que o protagonista evolucione nunha maduración interior e dolorosa na que toma conciencia do que ocorre ó seu redor que transformará profundamente a vida de Pereira. Unha vez as forzas de seguridade do réxime, Polícia Internacional e de Defesa do Estado, a PIDE; descobren as verdadeiras intencións de Monteito Rossi o que logran identificar, grazas a unha fuxida que realizará co seu primo para captar tropas nun pobo portugués, iniciaráse unha unha persecución que acabara coa captura de Rossi e a súa morte tras un “interrogatorio” un tanto dudoso. Isto fará reacionar a Pereira que publicará un artículo de crítica contra o réxime co consecuente exilio deste para non ser capturado e “castigado” por escribilo.

Estefanía Fuentes Fuentes 1. º Bacharel D

Page 41: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 41

III FEIRA DA CIENCIA 2008

O instituto Alfredo Brañas quixo sorprender un ano máis coa súa III Feira da Ciencia, celebrada os días 9 e 10 de abril. Nela, somos os propios alumnos que participamos na feira os que, a través dunha serie de prácticas e experimentos que nós mesmos realizamos, nos achegamos e queremos achegar ó resto dos compañeiros ó abraiante mundo da ciencia, con prácticas que se atopan preto de nós e que, aínda que ben explicadas resultan doadas de comprender, requiren o seu traballo, dedicación, tempo, coidado, etc; todo tipo de esforzo e gañas que con moito agarimo puxemos nos días que estivemos a preparar os experimentos. Este ano ademáis, como novidade, a tarde do xoves o instituto abriu as súas portas ó público de fóra, para que así todo aquel que o desexase poidese ver o que aquí con tanto entusiasmo se cocía. Non sabiamos o éxito que ía ter, pero o certo é que quedamos abraiados coa de persoas que ata alí se achegaron, incluso acompañadas dos seus fillos pequeniños que, aínda que en moitos dos stands non entendían nada, noutros miraban expectantes o que os alumnos realizabamos. Nesta feira das ciencias as ramas tocadas foron as matemáticas, a bioloxía, a tecnoloxía, a física e a química, distribuidas entre 21 postos diferentes. Todas as prácticas e demostracións foron moi aplaudidas, aínda que só explicaremos os que máis nos gustaron de cada sección:

· Química -Disolucións sobresaturadas. Ana Queijo, Laura Vázquez, Pedro Ramos e A. Urbieta. -Pastilla efervescente “Belasané”. Berta, Laura, Sara e Nerea crean unha pastilla efervescente mediante a reacción de a. cítrico e bicarbonato de sodio; e ooutros inscipientes como a sacarina e o colorante que se lle añaden para dar sabor e cor. O resultado é unha saborosa bebida carbónica que tivo moito éxito.

· Física -Telescopio Galilei.Fátima, Alba, Lara e Melisa. -Espectros. Eliane, Eduardo, Patricia e Vanesa. -Magnetismo. Relacionados co magnetismo había catro experimentos, que Anxo, Carlos, Ícaro e Jorge nos expoñían: Motores homopolares; “outros materiais paramagnéticos e diamagnéticos”; e os máis destacados, Canon de Gauss.

Page 42: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 42

Neste nos explican como a través dun sistema de escopeta no cal se empuxa lentamente a 1ª bola se consegue que esta saia disparada; e Efecto Meissner, que nos mostra como un imán levita grazas a que o nitróxeno líquido a -180ºC fai que un material supercondutor perda o seu campo magnético e adquira a capacidade de diamágnetismo perfecto, repele o imán. • Bioloxía -Identificación da vitamina C. Jennifer e Adriana, Javier, Adrián, Noelia e Tania. -Composición do ADN . Araceli Codoseno -Papel reciclado. Vanesa, Jessica, Ángel, Rubén, Irene e Lorena. -Disección dun calamar . Bea de Ramón, Bea Zurro, Mercedes, Martín, Diego, Blanca, Ana e Óscar. -Extracción de pigmentos vexetais. Andrés, Blanca, Gonzalo, Lucía, Luciana e Tamara. -Cata de augas. Alberto, Fabian, Lorena, patricia, tania e cristina. - exposición de paxaros. Adrián, adrián e tamara -Extracción ADN do fígado. Marta, Alex, Patricia, María, Patricia e Inés ensinábanche paso por paso como obter o ADN do figado. “Primeiro introdúcense nun morteiro 25g. de fígado e 50ml. de auga, facendo que quede unha mestura homoxénea. Nunha probeta colócase un embudo cunha gasa para filtrar o figado e sacar as impurezas. Isto realízase dúas veces. A continuación faise unha mestura de sal e auga; nunha probeta mídense 7ml de Fairi que se lle engaden ó liquido, e o Fairi é o que fai é separalo en dúas capas. Por último bótanse 50ml de alcohol frío, que se lle engaden pouco a pouco para que saian os filamentos de ADN”. • Tecnoloxía -Alumeado público. Emilio Sánchez e Alexandre Mallo. -Ventilador do salón. Marcos Loureiro. -Rego automático de xardín. Nicolás Cabeza e Oliver Castro. -Encerado dixital. Adrián Mosquera, Juan Fernández e Carla Seoane. A partir de un mando wii, un usb, un ordenador, un canon de proxección, unha pantalla e un punteiro podes realizar calquer actividade na pantalla a partir do ordenador como se se tratase dun encerado normal, ou como algúns xa dixeron “o encerado do futuro”. • Matemáticas -Os 6. Tamara Pacheco, Andrea Anes e Daniel Fuentefria. -Multiplicación rusa. Sabela Serrano e Belén Castiñeira. -Papiroflexia. Almudena González e Pablo Fernández. -A multiplicación hindú. Uxía García e Alba Martos. -Poliedro da risa. Erica Lema, Marcos Porteiro e Carla Rey. -Xornais con mala prensa E o que máis impresionou..... -Adiviñar a data de nacemento, por Pablo Cancela, Andrea Pérez e Noelia Pallas, quenes che ensinaban unhas cartolinas con números nas cales ti lles ías dicindo se estaba ou non o nº que correspondía ao día e ao mes do teu cumpreanos. Non se sabe como pero adiviñábano.

Almudena Rey e Tamara Fraga 1º Bach A

Page 43: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 43

EXCURSIÓN RÍA DE AROUSA: Comezamos a excursión saíndo de Carballo as nove e media da mañá. Despois dunha longa viaxe, de máis de dúas horas, chegamos a Vilanova de Arousa onde visitamos a casa da avoa de Valle-Inclán . Neste pobo contáronnos parte da súa vida e obra e ensináronnos a reconstrución da casa, mentres que nos contaban algunhas anécdotas do autor. Debido ó mal tempo non puidemos saír ó xardín onde o escritor se inspiraba. Máis tarde collemos o catamarán onde nos explicaron algúns detalles das bateas. Pero por culpa das correntes mariñas baixas non puidemos velo fondo do mar. Ó chegarmos á Pobra do Caramiñal xantamos pola nosa conta e reunímonos xunto ó museo de Ramón Valle-Inclán, onde nos falaron da obra do escritor e dalgúns datos interesantes da época do dramaturgo. Cando xa pensabamos que marchabamos para a casa, fixemos unha parada en Rianxo e

amosáronnos as casas de Castelao

(1886-1956), Dieste (1899-1981) e Manuel Antonio

(1900-1930) ademais das diferentes igrexas, fontes, prazas... en resumo todo o pobo. Para rematar, foi unha excursión moi interesante na que aprendemos varios datos moi importantes e curiosos sobre os

autores galegos máis importantes do século XX . A pesares de ser moi longa, case doce horas, valeu a pena.

Andrea Pino 2º Bach-C

Page 44: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 44

EXCURSIÓN A PARÍS Este ano os alumnos de primeiro de bacharelato realizamos unha excursión proposta polo departamento de idiomas á cidade francesa de París. A data desta excursión foi dende o venres 11 ao mércores 16 de abril. A continuación imos a detallar o transcurso da nosa viaxe. O noso primeiro encontro de grupo foi o venres 11 ás 13.00h no aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela). Pois tivemos que facturar a nosa equipaxe dúas horas antes de embarcar. Ás 14.55h, e xa sentados no avión que nos levaría ao noso destino, estabamos un tanto nerviosos todos. Algúns dicían que preferían durmir, pois era a primeira vez que subían nun avión; outros, en cambio, estaban ansiosos por sentir a sensación que produce no corpo o despegue do avión. Tras unha hora e corenta e cinco minutos de viaxe, chegamos a terras francesas. Despois de recoller as nosas maletas, subimos ao autobús que nos agardaba ás portas do aeroporto. O percorrido que tivemos que facer ata chegar ao noso hotel foi considerable, pois estivemos unha hora no autobús. O primeiro que fixemos cando chegamos ao noso hotel, chamado Stars Arcueil, foi deixar a nosa equipaxe nun vestíbulo e ir cear, pois eran as 19.30h e alí ceábase as 19h. Temos que dicir que a comida que nos daban no hotel era bastante boa, sempre cun entrante, prato principal e postre. Tras rematar de cear, dirixímonos de novo cara o hotel, onde despois de recoller as maletas, distribuír os cuartos e descansar un pouco, volvemos a saír. Esta vez o noso destino era a parada de metro chamada La Place, a cal nos diriximos para coñecer os prezos dos tickets de metro para os vindeiros días, os horarios e todas esas cousas. Despois de informarnos de todo iso, regresamos ao noso hotel, tras unha boa camiñata pois a estación estaba a media hora do noso hotel.

Tras descansar durante a noite,o sábado espertámonos ás 7h da mañá. Pois quedábanos por diante un largo día. Despois de almorzar, saímos ás 8h en dirección a La Place para coller o RER (metro das aforas de París). A nosa primeira visita foi a Catedral de Notre Dame. Para o meu gusto, é un dos monumentos máis impresionantes que ten a cidade parisina. As súas cristaleiras cheas de cor, as gárgolas que vixían dende o alto da súa fachada, as impresionantes columnas que suxeitan toda unha catedral que garda unha inmensa historia. A nosa segunda visita foi a Sainte-Chapelle, esta capela foi creada para albergar as reliquias da Paixión, en particular a Coroa de Espiñas de Cristo. A continuación fomos á Conciergerie, antigo palacio de residencia do reis de Francia e

posteriormente cárcere. Cárcere onde estiveron entre ouro, María Antonieta e Ravaillac (asasino de Henrique IV).

A catedral de Notre Dame

Page 45: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 45

Despois desta visita, fomos comer a unha pizzería próxima ao Louvre,de aí os prezos que tivemos que pagar. Tras comer, ás 14.00 tiñamos unha visita concertada no gran museo do Louvre. Alí estivemos case tres horas, pois a inmensidade das súas sas e dos seus corredores repletos de cadros,esculturas...fan que sexa imposible en un só día ver todas as obras. Na nosa visita, vimos as obras máis importantes como: a Gioconda (L. Da Vinci), a Victoria de Samotracia, a sa coas pinturas da Revolución francesa e a sa exipcia, onde o maior atractivo é a momia que alí está. Cando saímos do museo, dirixímonos ao barrio latino onde ceamos algo que mercamos nun supermercado da zona, facendo tempo antes de ir ao Bateau Mouche,onde tiñamos cita ás 20h. Con este barco atravesamos o anaco do Sena que transcorre pola capital francesa, vendo moitos dos monumentos emblemáticos da cidade como son: a Torre Eiffel, praza da Concordia, museo d’Orsay,Isla de la Cité...entre outros muchos lugares e monumentos.

A viaxe en barco durou aproximadamente unha hora, e deseguido regresamos ao hotel. Aínda que tivemos algúns problemas e demos unhas cantas voltas ata chegar a coller o metro de regreso ao noso hotel. Chegaríamos sobre as doce da noite. Quedábanos unha gran noite por diante para descansar. Á mañá seguinte erguémonos ás 8h,e tras almorzar, emprendemos a nosa ruta diaria á

estación de metro de La Place. A nosa primeira visita do día sería no Barrio de la Défense, dende onde se vía claramente no horizonte o Arco do Triunfo, lugar da nosa segunda visita. Tras admirar o Arco do triunfo, e descubrir o nome de A Coruña nunha das súas columnas,pois alí estaban inscritos todos los nomes das cidades que conquistou Napoleón. Fixemos una pequena pausa para comer, e despois seguimos o noso camiño polos Campos Eliseos, ata chegar á Praza da Concordia, onde salientaba o Obelisco exipcio. Continuando co noso percorrido pola cidade, dirixímonos ao Palacio Real, onde vímolos xardíns do palacio. De camiño ao centro Pompidou onde tiñamos cita ás 17.30h, pasamos pola plaza onde se encontra o Hotel Rish, as mais sofisticadas boutiques: Chanel, Dior, Cartier, Gucci... O centro Pompidou moi rexamante, pois caracterízase polas súas escaleiras mecánicas en forma de serpe que se ven dende fóra. Este centro reúne o maior museo de arte moderno e contemporáneo de Europa, así como unha importante biblioteca de lectura pública, sas de espectáculos e sas de cine. Ás 19.15h regresamos ao hotel para cear e descansar.

Saint-Chapelle (grupo)

Page 46: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 46

O luns erguémonos sobre ás 7.30h, pois debíamos de ir cedo facer cola na porta da Torre Eiffel, pois se iamos ben entrada a mañá atoparíamos unha gran cola para subir, cousa que non nos ocorreu. Subimos á planta máis alta da Torre, a uns 300mts de altura.

Tivemos sorte, pois cando nós subimos soamente facía frío pero cando baixamos e nos dirixíamos cara os Inválidos, comezou a sarabiar fortemente. Antes de ir aos Inválidos, uns cuantos de nós sentámonos na cafetería da Torre para comer un bocadillo e uns goffres con chocolate. No Palacio dos Inválidos vímola tumba onde se gardan as cinzas do xeneral Napoleón, tumba de pedra roxa de Rusia, rodeada de unha gran galería circular. Despois desta visita, dirixímonos cara o Barrio de Montmartre, onde quedamos fascinados coa impresionante basílica do Sagrado Corazón. E logo fomos ata o barrio dos pintores, onde habían moitos pintores que realizaban retratos. Moitos de nós fixemos algún, pois é un dos mellores recordos da nosa viaxe a París. Antes de cear, paseamos pola inmensa avenida dos cabarés, onde a maior atracción é o famoso Moulin Rouge. Cando xa entrou a noite,

e despois de cear, regresamos aos campos da Torre Eiffel, para ver o esplendor das luces que iluminan o maior símbolo da capital francesa. Para nós, sen dubida, foi o momento máis fermoso da viaxe. Alí tamén coñecemos a xente doutros países,como varios italianos, que igual que nós estaban de viaxe de estudos. Logo regresamos novamente en metro ao hotel.

O martes, o noso derradeiro día na cidade, decidimos visitar o Palacio de Versalles. Lugar que xunto coa Torre Eiffel e o museo do Louvre, é un dos monumentos que recibe mais visitantes ao longo do ano. Un palacio impresionante, a súas inmensos salóns, cuartos, corredores... e sobre todo, a inmensidade dos seus xardíns e das súas fontes e lagoas. Despois de ver todo o palacio, saímos a comer algo e dirixímonos cara as Galerías Lafayette, onde puidemos facer algunha que outra compra. Cerca destas galerias, atópase o edificio da

Ópera, un impresionante monumento como a maioría que se poden atopar na cidade. Pronto regresamos ao noso hotel para descansar, pois ao día seguinte ergueriamonos ás 4h da mañá para estar no aeroporto ás 6 h e poder facturar, xa que o noso vo con destino a Santiago saía ás 8 h. Este é un pequeno resumo da nosa viaxe a París ’08.

Noelia Pallas Carrillo Jenifer Veiga Espasandin

1º Bach-E

ATorre Eiffel

Xardíns de Versalles

Page 47: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 47

CONCURSO LITERARIO 23 DE ABRIL LINGUA ESPAÑOLA 1º Premio de prosa

Sentidos De vuelta a casa, aún siento que tengo los pelos de punta. Cierro los ojos e intento imaginar que vuelvo a tenerte otra vez a mi lado, cerca, en el coche, besándome y acariciándome mientras los demás hablan y nos ignoran… pronto me despierto de mis pensamientos, son los gritos de siempre, atasco. Miro por la ventanilla para intentar distraerme, es de noche, está oscuro, apenas veo el arcén. Se me nubla un poco la vista, llevo una semana agotadora, aún no he parado en todo el día y sé que al llegar a casa tendré que continuar estudiando o haciendo unos ejercicios pendientes. En ese pequeño trayecto intento despejarme un poco, cierro los ojos y cuando los abro de nuevo ya veo perfectamente, me asombro, y pienso en que sentirá un ciego, yo no soportaría que me quitasen la visión, me encanta mirar, sentir la sensación de hacerse de día o anochecer, los colores fantásticos que se reflejan en el cielo alrededor del sol, me encanta el sentirme acogedoramente bien en mi cuarto cuando solo tengo la luz de la lámpara encendida, el poder mirar a lo lejos intentando adivinar que es lo que ocurrirá, el poder mirar al cielo y inventarle formas a las nubes o a las agrupaciones de estrellas…, en definitiva, no sería capaz de no ver. Si me tuviesen que quitar algún sentido, ¿cuál escogería?¿ El tacto quizás?, ¡qué va! No sería capaz de no sentir nada cuando siento que me tocas, sentir que me estremezco con una sola caricia, con un beso frío… ¿oír? Me encanta demasiado la música… Vuelvo a la realidad, siguen los gritos, quizás pensándolo bien no estaría mal no oír… ¿y si no pudiese oler? No es un sentido demasiado importante pero tampoco me veo sin él, no sé, no saber como huele nada, no poder recordar nada por su olor, no poder sentir que estás cerca por recordar tu colonia… ¿No se callarán de una vez? Pienso demasiado, mejor será no pensar en nada hasta llegar a casa. Quizás lo mejor sería estar sin ninguno de los sentidos, ni verte, ni oírte, ni sentirte, ni olerte y ni siquiera saborearte, al menos así no te echaría de menos cada vez que me alejo, así no tendría que aguantar estos gritos todos los días y al menos tendría un momento de paz antes de volver a ponerme a hacer cosas de nuevo. Llegamos a casa.

Fátima Rodríguez, 1º B Bacharelto 1º Premio de poesía ¿Cómo saber si esa amor? ¿Como saber si es pasión? ¿Cómo saber si es locura? ¡Cómo saber si es amargura? ¿Cómo saber si es verdadero? ¿Cómo saber si es perecedero? Sólo pensando, sólo escuchando.

Escuchando al corazón, y no a la razón. haciéndole caso al amor, y no al temor. Sin tener miedo a sufrir sin tener miedo a perder. Sólo intentando vivir, e intentando ser feliz.

(Primeiro premio poesía)

Estefanía Costa, 3º Eso, A

Page 48: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 48

DÍA MUNDIAL DO PLANETA TERRA

Cada 22 de abril está adicado, pola O.N.U, á conservación do noso planeta. Estamos no Día Da Terra. Contaminación, cambio climatico reconocemos xa que os humanos non tratamos ben a nosa casa por eso ten tanta forza na opinión publica o movemento ecoloxista. Agora mesmo xa nos estan falando do dano que fan as bolsas de plástico, de uso diario. O problema da basura acumulada, a necesidade de mais depuradoras, o coidado que debemos ter todos no consumo excesibo de líquidos corrosivos, o uso de contenedores, composteiros… e moitas cousas máis teñen que ser propósitos para que amemos a terra como morada dos humáns para moitas xeracións para moitas xeracions. Gran problema teñen os gobernos coa escaseza de enerxia e de auga , que impon un razoable consumo das mesmas no fogar e nas vias publicas. Preferimos falar agora da terra como realidade inmediata, algo familiar e persoal. O noso Eduardo Pondal, cantou a Bergantiños como terra roxa ao arar, nobre e testa. Cando os arados (agora tractores) van movendo a terra para as novas sementes, descubren unhas leiras de cor roxa, que dan toda clase de alimentos. Tena testa composta en terróns. Rosalia expresaba o seu amor pola terra con aquela garimosa expresión de terriña onde me eur criei; terriña que sentia moito deixar: tantas legoas mar adentro, miña casiña, meu lar ¡ Como todos os nosos emigrantes. Un ben de Deus é a Nosa Terra!

Xosé Pumar Gándara 

Page 49: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 49

CARBALLO NA VANGARDA DO COMIC Homenaxe á revista a Ameixa Cacafónica Anos 80.

Page 50: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 50

HOMENAXE AO CANTAUTOR PORTUGUES JOSE AFONSO (1929-1987) Grandola Grandola, Vila Morena Grandola, vila morena terra da fraternidade povo e quem mais ordena dentro de ti o cidade. Dentro de ti o cidade povo e quem mais ordena terra da fraternitate Grandola, vila morena. Em cada esquina un amigo, en cada rosto igualdade Grandola, vila morena terra da fraternidade Grandola, vila morena em cada rosto igualdade povo e quem mais ordena dentro de ti o cidade. A sombra duma azinheira que ja nao sabia a idade jurei ter por companheira Grandola, vila morena. Grandola a tua vontade jurei ter por companheira a sombra duma azimnheira que ja nao sabia idade.

Page 51: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 51

Mensaxe a Manuel Curros Enríquez Contigo falo, Manuel Curros Enríquez, que andiveche orfo pola vida, perseguido, aldraxado, calumniado. Contigo falo que tiveche que emigrar por alcender un lume purísimo de estrelas, por petar no corazón dos homes que non tiñan espranza, por tocar as tentadoras campás da Libertade. Para ti o Progreso era a verdade. E a túa voz era potente como un trono, tiña a forza natural do furacán. ¡Ouh loitador incansable, lume e sal da nosa Terra, facho solitario que nos mostache o único camiño verdadeiro! Antes de ti Galicia era escuridade sulagada na choiva. Galicia tebregosa era un ermo cuberto de miseria, de fame, de teas de araña e de silveiras. E ti, Manuel Curros Enríquez, abríche o suco a forza de alma e nel sementache libertade. (Manuel María, Remol, 1970)

Page 52: POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · Entrevista a un hosteleiro (páx 24-26) Entrevista a Premio Nobel (páx 27-30) Luís Pimentel (páx 31) ... Baudelaire, Manet, Picasso, Degas, Hemingway,

I.E.S. ALFREDO BRAÑAS – CARBALLO DE BERGANTIÑOS

POMBA DOURADA