Poemas de amor en lingua galega

35
O Galego Lingua

description

poemas de amor feitos polos alumnos/as de 1º e 2º ESO

Transcript of Poemas de amor en lingua galega

Page 1: Poemas de amor en lingua galega

O Galego Lingua de Namorar

Page 2: Poemas de amor en lingua galega
Page 3: Poemas de amor en lingua galega

Sen tiSí, estiven namorada de tíSempre preocupábame de onde estabas,de con quen estabas,de como estabas.Choraba cada noite pensando en tí,sentindo que nunca serias para min.Hasta que un día viñeches a mine dixéchesme: “ámote”Sentinme a nena máis feliz do mundo,pero só foi nese momento,porque ao longo do tempodinme de conta que non eras para mín.Agora podo dicir, orgullosamente,son feliz sen tí. Nerea Ruíz e Tania Cernadas, 1ºC

Page 4: Poemas de amor en lingua galega

Namoreime dos teus ollos,

dos teus cabelos louros,

da túa forma de ser,

dos teus andares,

do teu sorriso,

dos teus xogares,

da túa forma de querer.

Namoreime aloucadamente,

penso, e se fose como todos?

Négome rotundamente.

Fai que se mollen os ollos,

nunca pensei que fora así,

deixoume os nervios mortos,

teño que fuxir xa de aquí.

Fai frío, moito frío,

non teño roupas abrigadas,

pola culpa do que fixo,

teño medo de morrer nas neves brancas.

Que lle faría eu?

Como regresar o meu lugar?

teño dor no ventre meu,

hei refuxiarme no gran luar.

Quero morrer aquí mesmo,

xa todo dáme igual,

pero cando menos o espero,

escoito a moita xente berrar.

Viñan a por min,

incluso esa persoa querida,

con bágoas nas meixelas,

Page 5: Poemas de amor en lingua galega

desexando que estea viva.

Atópanme erguida,

danme mil apertas,

con tenrura e alegría.

Todos choramos,

pensando no mellor,

celebrando o meu encontro,

con agarimo e vigor.

Patricia Naya, 1ºC

O amor é un simple xogo ó que ela non sabe xogar. Detense en medio da partida para non se magoar. Máis vale que aprenda, algún día deberá gañar. Atópase perdida no fondo dun mar, non hai saída.

Carolina Loureda e Lara López, 1ºC

O amor é a forza mais poderosa , que neste mundo sempre debe perdurar, sementando nos vosos corazóns onde sempre e para sempre debe estar .

O amor é nobre e sincero, o amor é sempre verdadeiro, nunca é traizoeiro, mentireiro, cruel, nin embusteiro. O amor é o mais lindo e divino, algo grande, fermoso e marabilloso.

Poderá anubrarse o sol eternamente;poderá secarse nun instante o mar;poderá romper o eixe da terracomo un débil cristal.Todo sucederá! Poderá a mortecubrirme co seu fúnebre crespón;pero xamais en min poderá apagarsea chama do teu amor.

Andrés Novo e Daniel Couso, 1ºC

Page 6: Poemas de amor en lingua galega

Quérote polo que es

pequeniño como un rato,

un só ano tes

e non quero que crezas máis.

Comes como un paxariño

un paxariño pequeniño

téñoche moito cariño

meu neno gordiño

Na auga disfrutas moito

con todos os teus amiguiños,

ao saír choras moito,

pero enseguida douche agarimos.

Ti non sabes falar,

pero entendémonos

só con nos mirar.

Cristina Maceiras, 1ºC

Sexa de noite ou de día,

ti, miña doncella querida,

sempre serás a miña alegre poesía.

Daniel Nión e Óscar Castellanos, 1ºC

Page 7: Poemas de amor en lingua galega

Dende o día que o vinun mes despois de que nacera.Coa súa cativadora miradadeume a entender que era:meu amigo.

Era un saquiño negrofeito de pura tenrura:olliños de mel,patiñas de oso,orellas de algodón...vamos, unha fermosura!

Dinme de contade que o quería ben,cando o día que me faltabachoraba por el.

Por como me mirabae semellaba apreciarme.Por como xogabamoso verán pola tarde.

Se el entendera o meu idioma,ou eu o seu polo menos...A de cousas que lle diría,para explicarlle como o quero!Que me importa de verdadeque forma parte da miña vida;que somos os mellores amigosdende aquel día.

Xa pasaron cinco anos,xa non é meu cadeliño:é un can feito e dereitoó que sempre terei cariño.

Só falta dicirque aínda que non esteamossempre xuntos;que aínda que non nos vexamosen moito tempo,sempre estaremos unidospor ese amor que nos temos.

Sara Formoso, 1ºC

Page 8: Poemas de amor en lingua galega

Meu Amor

canto tempo sen verte

meu amor,

recordo aqueles bonitos días

observando o plácido luar.

Canto chorei cando ti non estabas

meu amor,

necesitaba terte ao meu lado

para non sentirme mal.

Recordo a túa simpatía, a túa tenrura

meu amor,

espero que veñas pronto

para acabar con está dor.

Brais Freire e Brais Rama, 1ºC

Hai que loitar ata a mortepolo amor verdadeiro.

Faría un cortepor diñeiro,pero como é

polo teu amorrecorrería o mundo enteiro.

Daniel Aller e Josué Fernández, 1ºC

Page 9: Poemas de amor en lingua galega

PROMESAS

Prométoche que sempre pensarei en ti

e que nunca che esquecereii.

Prométoche que o meu corazón será todo para ti

e que sempre te amarei.

Prométoche tenrura e amor

para que sempre me teñas no teu corazón.

Prométoche amor eterno

para sempre terte contento.

Prométoche todo o que este na miña man

para secar as bágoas dos teus ollos de cristal.

Prométoche estar sempre ao teu carón

para ter contento ó teu corazón.

Prométoche nunca deixarche nos malos momentos,

e sacarche un sorriso aínda que non sexa eterno.

Prométoche que aínda que o teu amor non me pertencera,

intentaría cumprir todo o que che prometera.

Ruth Cáceres e Celia Suárez, 1ºC

Page 10: Poemas de amor en lingua galega

Ao pan pan,ao viño viño,e con este poema, demóstroche o meu cariño.

Christian Martínez, 1ºD

Un non aprende a amar, cando atopa á persoa perfecta, aprende a crer na perfección dunha persoa imperfecta.

Andrea Seijo, 1ºD

Es a máis bonita de todas.

Das millóns de estrelas do ceo, es a miña estrela preferida.Aínda que peche os meus ollos, non podo deixar de pensar en ti.Non te cambio por nada deste mundo.Sen ti no son nada

Yolanda María Suárez, 1ºD

O amor faime sentir ben,

ao saber que a xente me quere a min tamén.

Paso a vida pensando que non a quere ninguén,

aínda que non sabe

que a súa familia a querer tamén.

Raquel Fariña, 1ºD

Pasou xa tanto tempo e aínda sigo aquí , como unha parva, agardando por ese bico do príncipe azul, que nunca chegará , pero non hai que perder a esperanza.

Nerea Sánchez, 1ºD

Page 11: Poemas de amor en lingua galega

Cando sorrís dáslle as costas á tristeza,e agárraste fortemente á vida .Se deixas que o orgullo venza o teu corazón,estarás privándote de gozar da vida e deixarás de pensar, que é o que realmente queres.

Carolina Torres, 1º D

Por ti, cruzaría os sete mares, daría a miña alma

por ti non sei o que faría, non teño palabras.

Sei que o meu camiño non é ser poeta,

pero non fai falta ser listo para saber

que es unha beleza.

Eu quero que saibas que o amor e a amizade

son a esencia da vida , pero para min e para ti

e máis ca iso , para min non é esencia

para min é a vida enteira.

O amor non mira cos ollos senón coa alma.♥

♥MARTA BLANCO, 1º D♥

Os teus beizos son como regalices.

Os teus dentes como perlas,

e os teus ollos son un gran tesouro.

O teu pelo é como os raios do sol.

Na túa mirada pérdome,

e cada vez que te miro o meu corazón rompe da emoción.

Iria González, 1ºD

Page 12: Poemas de amor en lingua galega

Moitas veces é máis difícil querer ós que están cerca que os de lonxe.

Quen non amou nunca, non viviu xamais

O primeiro bico, tímido; o segundo, segredo e o terceiro, rutina.

Marta Lago, 1º D

Ti es o meu amor

e quérote moito.

E sei que para estar comigo

fai falta moito valor.

E por iso, quérote tanto

por estar aí loitando,

polo meu amor.

Ti es a miña mellor amiga

a única pola que vou loitar

e quérote tanto que.......

non penso deixarte escapar.

Eva Gestal, 1ºD

Ti es unha rosa branca, eu unha rosa negra.Non temos o mesmo parecido,nin tampouco a mesma cor,pero sei que ti me queres,polo que teño no meu interior.

Dolores García, 1ºD

Page 13: Poemas de amor en lingua galega

Quérote, quérote tanto.......que sen ti non podo vivir,sen ti non podo sorrirquérote,quérote moito.

Cando penso en ti,véñenme os recordos,cando penso en tio teu amor, non o soporto.

Miña nena lindaque me manipulasco teu corazóne a túa dozura.

Se o mar non existise,igualmente te quería.Se o sol se apagase,o teu sorriso me iluminaría.

Quérote , quérote tanto....que sen ti non podo vivir, sen ti non podo sorrirquérote, quérote moito.

Pablo Ben e Brayan Rodríguez, 1ºD

Hai mil razóns para chorar pero mil e unha razóns para sorrir.

Lucía Vázquez, 1º D.

Page 14: Poemas de amor en lingua galega

Cando estou contigo,

o meu corazón énchese de alegría,

cando te vas,

fáltame algo na vida

Mar González, 1ºD

O amor é unha frecha que se che crava no corazón.

O amor nace, vive e morre nos ollos.

Só o amor pode dividirse unha e outra vez sen diminuír.

Canto máis espido está o amor, menos frío ten.

O amor non ten cura, pero é a única medicina para todos os males.

O amor non mira cos ollos senón coa alma.

Ó contacto do amor todo o mundo se volve poeta

O amor é unha fermosísima flor, pero hai que ter a coraxe de ir recollela á beira dun precipicio.

Xabier Lema e Diego del Moral, 1º D

Tardei pouco en coñecerte,nada en namorarme,Pero toda a vida,para poder esquecerte.

Guillermo Cuervo, 1ªD

Page 15: Poemas de amor en lingua galega

Gustaríame un día falar contigo

a soas, ti e eu,

a beiriña do mar os dous xuntiños.

Agarradiños da man

deitados os dous xuntos na area

preto da auga do mar.

Christian García, 1ºE

O outro día vinte,

paseando pola rúa,

non sabía que facer,

e pasei pola beira túa.

Intentei falarche,

pero bloqueeime,

púxenme nervioso,

ao final funme.

Cheguei á miña casa,

e empecei a chorar,

pensando en ti,

e matinei, vouno intentar

polo teléfono vouna chamar.

Alejandro Lago, 1ºE

Page 16: Poemas de amor en lingua galega

Aspirina do amor

Unha aspirina chamada amor.

Dóeme a cabeza , dóeme o corazón,

de tanta, tanta dor.

Abro o caixón, alí está a aspirina do amor

é máxica e fermosa tanto coma unha rosa .

Aquela que fai que todo pare de doer

aquela que fai ... co corazón volva latir.

Amor, amor que sorte teño de ter ese medicamento.

Aquela que regala bicos , agarimos e palabras fermosas.

Ten unha cor vermella , forma de corazón,

un sabor moi doce, que ben sabe meu amor!

Encóntrase escondida , cala, é o meu segredo

só ela e máis eu sabemos onde está.

Quérote a ti , pero máis a quero a ela

Sabes por que ? É a miña preguiceira.

Laura Merelas e Ainhoa Pallares,1ºE

Viña pola rúa e sentín que me desmaiabacos seus ollos tan bonitos,

ela me alagaba.

Tiña un sorriso relucente,que facía que se me parase o corazón.

Eu queríaa de verdade!!!

David Otero e Pablo Martínez, 1ºE

Page 17: Poemas de amor en lingua galega

Carameliño de mel,

doce de fresa,

ningún doce é

máis doce ca ela.

Ten ollos cor amarelo,

como se fosen caramelos.

Ten cabelos cor mel.

Que bonita é Anabel!.

Ten cabelos longos e sedosos,

son moi fermosos.

Ten bágoas de cristal

e beizos de coral.

Anabel é moi fermosa

tamén é curiosa,

pero sobre todo é moi golosa!

María Román e Rebeca González, 1ºE

Page 18: Poemas de amor en lingua galega

Es tan fermosa,como unha rosa.

Os teus ollos recórdanme,a uns diamantes, con ese brillo,tan elegante.

Cada vez que te vexo,con eses beizos carmesí,danme ganas de bicarte,e non soltarte nunca máis.

Roberto Prado e Christian García, 1ºE

No amor pásase mal

todo sae mal.

Sexa noite, tarde, día

todo lle pasa a Lucía.

Lucía ó fin e ó cabo,

o seu mozo é malo,

mais Lucía segue aguantando

durmindo e chorando.

Lucía é a máis fermosa,

foille regalar unha rosa,

unha margarida, e un caravel..

e non quixo saber nada mais del.

Iria Cordido e Cristina Francos, 1ºE

Page 19: Poemas de amor en lingua galega

Eu son a que te quere,

eu son a que te espera,

eu son a que por ti morre

e sen ti desespera.

Eu son a que por ti chora,

eu son a que contigo ri,

eu son a que te adora

e sen ti non vivo.

Eu son a que corre sen descanso

polas túas meixelas,

en forma de bágoas,

que navegan e navegan.

Mariana Pereira e Laura Merelas

Page 20: Poemas de amor en lingua galega

O MUNDO

Auga , terra, aire , sol e lúa

cinco compoñentes que forman a terra túa,

aquela na que hai agarimos e palabras fermosas.

Chamábanse amor.

Auga , terra, aire ,sol

e a lúa ? Onde foi?

Marchou roubándoche o sorriso

aquel tan fermoso coma ti.

Auga , terra , aire

e o sol ? Onde foi?

Apagouse a luz do teu corazón , borrou os datos

a computadora estropeou.

Auga , terra

e o aire? Onde foi ?

Esfumouse , empurrándote á tristeza máis sumida.

Desapareceu , coma o amor que ti me tiñas.

Auga, e a terra?

Era aquel lugar no que eramos felices

na que os que te querían, xa non eran mercados

no que todo era máxico.

O mundo é o lugar

no que o amor se vive

coma un sentimento.

Ainhoa Pallares, 1ºE

Page 21: Poemas de amor en lingua galega

MALTRATO A ELA.

Ela sufría por verdadeiro amor.

Ela choraba pola verdadeira dor.

El das apertas, pasou as feridas.

Ela dos sorrisos, pasou a os lamentos.

Ela choraba todas as noites.

El todas as noites saia de copas.

Ela era fermosa, os golpes tapaban a súa pel.

El maltratábaa e ademais éralle infiel.

Ela fartouse de recibir golpes.

Agora el cumpre condena,

chorando por ela, pasa as noites.

Alba Suárez e Alexandra Mayán,1ºE

Page 22: Poemas de amor en lingua galega

O meu mozo

Namoreime dos teus ollos,

os teus ollos agrisados.

Namoreime do cabelo,

aquel cabelo encrespado.

O teu sorriso era grande,

tan grande como a lúa.

Unha lúa pousada na noite,

naquela noite tan escura.

Namoreime dos teus ollos,

os teus ollos agrisados.

Namoreime do cabelo,

aquel cabelo encrespado.

O teu nome, o máis bonito,

era o de Valentino,

un nome moi fermoso,

para ese home tan xeneroso.

Namoreime do teu canto,

por que cantas coma os paxaros.

Os paxaros que voan no ceo,

os que vexo no meu pazo.

Sandra Castro, 1ºE

Page 23: Poemas de amor en lingua galega

Quixera dicir o que sinto,

se puidese, non o dubidaría.

Pretexto non hai para calalo,

mais protexerme difícil é

se os sentimentos teño que calar.

Axúdame a atopar as palabras

para me declarar.

Quérote.

Fermosa, ti.

Mirada harmoniosa.

Dona de min.

Es preciosa.

Amor.

Page 24: Poemas de amor en lingua galega

Para dicir “Quérote”, non fai falta falar,

só cunha mirada, os sentimentos pódense expresar.

Miña rula, non chores,

que o día está ao chegar.

Raíña, entra nos amores,

que o de verdade farase de rogar.

Os namorados non tardan en caer,

os odiados e solteiros xamais o entenderán,

o amor no aire está,

pero xamais debe saír del

Tania Abelleira e Lorena Suárez, 1ºE

CANDO TI ME QUERÍAS

Aquelas tardes de outono,

sentados na alameda,

eu dándoche biquiños,

e ti acercando a meixela.

Aquelas tardes de outono,

cando ti murmurabas no oído,

eu dicíache te quero,

e ti lanzábasme un bico.

Aquelas tardes de outono,

aquelas tardes sombrías,

aquelas tardes de frío,

cando ti me querías.

Celia García e Lorena García, 1ºE

Page 25: Poemas de amor en lingua galega

Teño mal de amor,

amor silencioso, ledo,

agardando a que o seu corazón latexe igual de forte que o meu

cada vez que a vexo.

Teño medo,

medo de amor,

medo de que ela non me queira igual que eu a quero a ela.

Teño dor,

dor no meu corazón,

pequeniño, pero á vez forte e robusto.

É coma un susto,

de súpeto quéroa e ámoa con todas as miñas forzas,

logo para.

Quérote amor,

nena bonita,

quérote moito,

ti es a flor

pola que loito.

Cristina Bernal 2ºB

Page 26: Poemas de amor en lingua galega

Fágoche entrega desta pequena mostra de cariño, aínda que non é nada comparado contigo e co amor que sinto por ti, pero eu penso que as veces unhas palabras fan máis que un gran

agasallo.

Quen lle dera a moita xente coñecer a alguén coma ti.

Quérote.

Eva Cabrera, 2ºB

Aquel día, sentín unha mirada cravada en min, eu mirei, desapareceu. Topámonos, eu mireite, ti miráchesme, eu sorrín, ti sorriches. Logo houbo soidade. Topamos de novo, houbo risas, durante moito tempo. Canto te quería. Logo houbo bágoas, moitas bágoas, túas e miñas, xuntas formaron mares.

Aínda descoñezo o motivo.Intento descubrir o arco da vella, non atopo o sol. Agora estou naquel lugar, onde ti e mais eu ríamos.

Está chovendo, como non parou dende fai días, parécenme anos. Esperando a que ti aparezas, para esperar que eu apareza. Ocorre, ti nunha esquina, eu noutra. Ti mírasme, eu mírote. Ti sorrís, eu sorrío como a primeira vez. Agora cos ollos escuros e vermellos, o rostro húmido, tamén as prendas. Ti das pequenos e lentos pasos. Eu dou mais pequenos, mais lentos pasos. Achégaste, a un palmo de min. Os nosos ollos vólvense claros, iluminados.

Deixa de chover. Cóllesme a man. Mírasme como se houbera séculos que non mirabas. Penso o mesmo. Achégaste todo o que podes, respiras o meu alento. Bícasme. Os meus beizos pálidos póñense vermellos. A miña face ilumínase. Móstroche o meu sorriso. Abrázasme con toda a forza que che queda. O último segundo de vida.

-Dáme a man.

-Por qué?

-Ti só dáma

-Está ben.

- Escoitas?

-Escoitar o que?

- O meu corazón.

Page 27: Poemas de amor en lingua galega

Estamos xuntos no parque

collendo a miña man

mirándonos aos ollos

xamais te deixarei só.

Aínda recordo aquela vez

cando dixeches o meu nome

cruzáronse os nosos sorrisos

xamais o esquecerei.

Xuráchesme que cando eu me fora

chamarías todo o tempo

para só escoitarme chorar

non quero marchar.

Podería quedarme contigo para sempre

sería o mellor sono

sen ti, é un pesadelo

non quero dicirche adeus.

Vanessa García, 2ºB

Page 28: Poemas de amor en lingua galega

Entre palabras e risasbaixo un sol latentedese caloroso verán coñecémonos de repente.

Amiga miña, canto te esperei,non te imaxinas, cantas veces te soñei.

Es tan especial acompáñasme nas miñas risastristezas e penas.

Estás sempre no meu carón e eu levareite sempre no meu corazón.

E cando me atopo soaen días de nostalxiaacompáñasme en silencioe fasme sorrir.

Porque es a esenciaque nunca se apagaque reparte o seu perfumealí por onde vaia¡Oh Amiga canto te quero!

Nerea Paredes,2ºB

Ía paseniño

facendo o camiño

ollando de esguello

ó seu compañeiro.

Tremía ao pensar

que novas atoparía

que de seguro terían

Page 29: Poemas de amor en lingua galega

consecuencias a fartar.

Montado no burro

e ao seu carón, teimudo

ía da cabalo

o seu arroutado fidalgo.

José Miguel Hedreira, 2ºB

Page 30: Poemas de amor en lingua galega