PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada...

51

Transcript of PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada...

Page 1: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada
Page 2: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 1

XULLO 2010

ÍNDICE

2. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL. ................................ 2 2.1. A ESTRUTURA TERRITORIAL E PARROQUIAL. .................................................................. 3

2.1.1. A estrutura comarcal.......................................................................................................... 3 2.1.2. A estrutura e a xerarquización parroquial.......................................................................... 7 2.1.3. Caracterización das parroquias....................................................................................... 10

2.1.3.1. Parroquia de San Cristovo de Armariz..................................................................... 10 2.1.3.2. Parroquia de San Miguel do Campo. ....................................................................... 11 2.1.3.3. Parroquia de San Xosé da Carballeira..................................................................... 12 2.1.3.4. Parroquia de Santiago de Cerreda........................................................................... 12 2.1.3.5. Parroquia de Santa María de Faramontaos............................................................. 13 2.1.3.6. Parroquia de San Salvador de Loña do Monte. ....................................................... 14 2.1.3.7. Parroquia de San Xoán de Moura............................................................................ 14 2.1.3.8. Parroquia de San Martiño de Nogueira de Ramuín. ................................................ 15 2.1.3.9. Parroquia de Santo Estevo de Ribas do Sil. ............................................................ 16 2.1.3.10. Parroquia de Santa Cruz de Rubiacós. ................................................................... 17 2.1.3.11. Parroquia de Santa Baia de Vilar de Cerreda. ........................................................ 17 2.1.3.12. Parroquia de Santa María de Viñoás....................................................................... 18 2.1.3.13. Parroquia de Santa Baia de Luíntra......................................................................... 19

2.2. ASENTAMENTOS DE POBOACIÓN. .................................................................................... 19 2.2.1. Tipoloxía e morfoloxía dos asentamentos....................................................................... 30 2.2.2. Evolución e xerarquía dos asentamentos. ...................................................................... 31 2.2.3. Caracterización urbanística dos asentamentos. ............................................................. 32

2.2.3.1. Os núcleos urbanos. ................................................................................................ 35 2.2.3.2. Os núcleos rurais. .................................................................................................... 37

2.2.4. Os usos do solo e a edificación nos núcleos. ................................................................. 37 2.2.4.1. O uso residencial...................................................................................................... 38 2.2.4.2. Os usos comerciais. ................................................................................................. 38 2.2.4.3. Os usos industriais. .................................................................................................. 38 2.2.4.4. Os usos hostaleiros.................................................................................................. 39 2.2.4.5. Os usos equipamentais............................................................................................ 39 2.2.4.6. Os espazos libres. .................................................................................................... 39

2.2.5. Tipoloxías edificatorias. ................................................................................................... 40 2.2.5.1. As tipoloxías rurais. .................................................................................................. 40 2.2.5.2. As construcións adxectivas ...................................................................................... 44 2.2.5.3. Outros espazos e construcións singulares. ............................................................. 48

Page 3: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 2

XULLO 2010

2. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL.

Page 4: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 3

XULLO 2010

2.1. A ESTRUTURA TERRITORIAL E PARROQUIAL.

2.1.1. A ESTRUTURA COMARCAL.

Atendendo á configuración do territorio en áreas naturais, á intensidade e dirección dos fluxos e das relacións funcionais e socioeconómicas, pódese falar dunha comarca de Ourense. O feito é que sobre un espazo naturalmente individualizado, a difusión do crecemento cara á súa periferia deu lugar á formación dunha comarca urbana.

Ourense localízase ao fondo dunha conca formada por unha acentuada depresión topográfica, no fondo da que percorre o río Miño despois da súa confluencia co Sil. Esta depresión amplíase notablemente cara ao sur seguindo o val do río Barbaña: o sector meridional corresponde aos concellos de Toén, Barbadás, San Cibrao das Viñas, Taboadela, e Pereiro de Aguiar.

O sector norte da conca de Ourense perfílase como unha extensa plataforma inclinada que descende desde os altos da Peroxa a través dos Chaos de Amoeiro, nos que se inscriben os concellos de Vilamarín e da Peroxa: esta superficie, cara ao sur descende en inclinadas ladeiras cara ao curso do Miño, a través das costas que corresponden aos concellos de Amoeiro e de Coles.

No centro da depresión, e coincidindo co curso do río Miño, debúxase o alongado perímetro do concello de Ourense.

Finalmente, o sector oriental está formado polas terras de Esgos, que separan as depresións de Ourense e de Maceda e as terras de Nogueira de Ramuín, onde as aliñacións montañosas de San Paio pechan a conca polo nordeste, cara aos montes da Peroxa, por onde entra o río Miño cun tramo encaixado, mentres na súa saída á comarca do Ribeiro, o val ábrese máis suavizado, razón pola cal os límites naturais son menos definidos.

Desde o punto de vista funcional, Ourense é o centro aglutinador de toda a súa periferia desde todos os puntos de vista, sendo os fenómenos da periurbanización máis definitorios que as vinculacións funcionais,. Este proceso de urbanización da anterior periferia rural confire á comarca un carácter urbano, aínda que hai unha clara gradación entre os concellos máis próximos a Ourense, cunha maior incorporación ao proceso de urbanización (Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Barbadás, e Toén), e os da periferia (Taboadela, Vilamarín, A Peroxa, Nogueira de Ramuín, e Esgos), onde a súa funcionalidade e organización espacial responden máis ás características das áreas rurais que ás áreas en proceso de urbanización1.

A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada e da Terra de Lemos, ao sur coas comarcas da Terra de Celanova e de Allariz-Maceda, ao leste coas comarcas da Terra de Caldelas e de Allariz-Maceda,, e ao oeste coas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

1 Fonte: Precedo Ledo, A. (1997): O mapa comarcal de Galicia. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Xunta de Galicia.

Page 5: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 4

XULLO 2010

Mapa 1. Situación da comarca de Ourense

Fonte: elaboración propia.

No mapa comarcal de Galicia aprobado pola Xunta de Galicia en febreiro de 1997, o concello de Nogueira de Ramuín inclúese na comarca de Ourense, xunto cos concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Ourense. Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, e Vilamarín. O concello de Nogueira de Ramuín limita ao norte cos concellos da Peroxa, Pantón, e Sober, ao sur cos concellos de Esgos e Xunqueira de Espadañedo, ao leste co concello de Parada de Sil, e ao oeste co concello de O Pereiro de Aguiar.

Mapa 2. Mapa dos concellos da comarca de Ourense

Fonte: elaboración propia.

Page 6: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 5

XULLO 2010

No caso da administración xudicial, Nogueira de Ramuín forma parte do partido xudicial de Ourense, no que se tamén se inclúen os concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía, e Xunqueira de Espadañedo.

No ano 1990 constituíse a Mancomunidade Voluntaria de concellos da Comarca de Ourense. Está composta polos seguintes concellos, que non coinciden coa delimitación comarca: Amoeiro, Baños de Molgas, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Vilamarín, e Xunqueira de Espadañedo.

Ten como obxectivo o aproveitamento de servizos xerais comúns como os seguintes:

• Xestión de tributos.

• Prevención e extinción de incendios.

• Recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.

• Vías públicas (conservación, mellora e sinalización).

• Abastecemento de augas.

• Depuración de augas residuais.

• Servizos educativos

• Actividades culturais

• Deporte

• Matadoiros

• Asistencia sanitaria

• Asistencia social

• Protección civil

• Actividades recreativas

• Fomento do turismo

• Servizos de mantemento

• Urbanismo

• Servizos técnicos informáticos

• Servizos técnico urbanísticos

• Fomento de actividades económicas

• Seguridade cidadá

• Transporte público de viaxeiros

• Protección do medio ambiente

No ano 1994 constituíuse a Mancomunidade Intermunicipal “Ribeira Sacra”, á que están asociados os concellos de Castro Caldelas, Esgos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Teixeira, e Xunqueira de Espadañedo. Ten como obxectivo o aproveitamento dos seguintes servizos xerais comúns :

• Fomento do turismo

• Fomento de actividades económicas

• Protección do patrimonio histórico-artístico

Page 7: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 6

XULLO 2010

• Protección do medio ambiente

• Protección civil

• Prevención e extinción de incendios

• Servizos técnicos urbanísticos

• Matadoiros

• Asistencia social

• Recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos

• Actividades culturais

• Deporte

• Actividades recreativas

• Xestión de tributos

• Servizos técnicos informáticos

• Vías públicas (conservación, mellora, e sinalización)

• Asistencia sanitaria

• Asistencia á terceira idade

A situación do concello de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense e, por tanto, na área de influencia da cidade de Ourense, fixo que confluíra cara a este centro, debido ao nivel de dotacións, de servizos públicos e privados, e o comercio, facilitado pola mellora da rede viaria, aínda que Nogueira segue tendo un marcado carácter rural.

Os datos de poboación sitúan ao concello de Nogueira de Ramuín, cunha poboación de 2.452 habitantes (datos de 2008), o que supón un 1,7% do total comarcal, e os once concellos restantes suman o 98,3% da poboación da comarca (141.918 habitantes).

O conxunto da comarca presenta un crecemento demográfico positivo segundo os datos estatísticos do INE de 1981 a 2008, producíndose o incremento máis acusado no quinquenio 1981-1986 (4,7%), no período 1986-1991 prodúcese o crecemento positivo máis baixo (0,6%), e o quinquenio 1991-1996 é o único nestes 26 anos con crecemento negativo (-0,5%). É significativo destacar que no ano 2008 a poboación total da comarca aumentara un 8,8% con respecto á poboación total do ano 1981, o que supón un incremento de 11.628 habitantes.

Por concellos, só catro (Ourense, Barbadás, San Cibrao das Viñas, e Pereiro de Aguiar) dos doce concellos presentan unha tendencia de crecemento demográfico positivo durante o período 1981-2008. Pódense diferenciar tres liñas evolutivas: una liña de crecemento, formada polo concello de Ourense, os concellos de Barbadás, San Cibrao das Viñas, e Pereiro de Aguiar, que forman parte da expansión urbana.

Unha liña de decrecemento feble, formada polos concellos de Vilamarín, Coles, e Amoeiro,

Unha liña de decrecemento forte, englobada polos concellos de Nogueira de Ramuín, Taboadela, Toén, Esgos, e A Peroxa, que se sitúan na periferia da comarca.

Page 8: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 7

XULLO 2010

Táboa 1. Evolución da poboación dos concellos da comarca de Ourense (1981-2008)

1981 1986 1991 1996 2001 2008 Amoeiro 2.538 2.660 2.318 2.291 2.318 2.318 Barbadás 3.682 4.184 4.056 5.239 6.712 8.890

Coles 3.351 3.492 3.233 3.082 3.200 3.256 Esgos 2.248 2.649 1.394 1.438 1.317 1.226

Nogueira de Ramuín 3.133 3.464 2.728 2.713 2.621 2.452 Ourense 96.085 100.143 108.382 107.060 109.051 107.057

Pereiro de Aguiar 5.998 6.364 4.691 4.718 5.120 6.049 A Peroxa 4.080 3.498 2.868 2.677 2.571 2.347

San Cibrao das Viñas 3.248 3.570 3.409 3.310 3.634 4.200 Taboadela 2.463 3.156 1.816 1.756 1.759 1.690

Toén 3.612 3.416 2.748 2.636 2.579 2.631 Vilamarín 2.304 2.388 2.218 2.269 2.260 2.254

Comarca de Ourense 132.742 138.984 139.861 139.189 143.142 144.370 Fonte: Instituto Nacional de Estadística. Elaboración propia.

Os datos de poboación son aínda máis esclarecedores cando se analiza a densidade de poboación municipal de Nogueira de Ramuín, que en habitantes por km2 para o ano 2008 é de 24,9, sendo moi inferior á media comarcal (231,7), menos da metade da media provincial (46,2), e case un cuarto da media galega (94,1).

2.1.2. A ESTRUTURA E A XERARQUIZACIÓN PARROQUIAL.

A estrutura parroquial de Nogueira de Ramuín está composta actualmente de trece parroquias: San Cristovo de Armariz, San Miguel do Campo, San Xosé de A Carballeira, Santiago de Cerreda, Santa María de Faramontaos, San Salvador de Loña do Monte, Santa Baia de Luíntra, San Xoán de Moura, San Martiño de Nogueira de Ramuín, Santa Cruz de Rubiacós, Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa Baia de Vilar de Cerreda, e Santa María de Viñoás.

Táboa 2. Datos das parroquias do concello de Nogueira de Ramuín

Parroquias Poboación (2008)

Superficie (Km²)

Densidade (Hab/km²)

Armariz 200 6,95 28,8 San Miguel do Campo 282 6,51 43,3

A Carballeira 137 6,92 19,8 Cerreda 210 9,87 21,3

Faramontaos 206 5,66 36,4 Loña do Monte 170 11,06 15,4

Moura 137 8,85 15,5 Nogueira de Ramuín 87 5,79 15,0

Santo Estevo de Ribas de Sil 101 9,56 10,6 Santa Cruz de Rubiacós 83 9,26 9,0

Vilar de Cerreda 241 10,85 22,2 Viñoás 163 4,72 34,5 Luíntra 435 2,28 190,8 TOTAL 2.452 98,28 24,9

Fonte: Nomenclátor do INE: ano 2008; Mapa de parroquias de Galicia. Xunta de Galicia. Elaboración propia.

Page 9: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 8

XULLO 2010

Mapa 3. Mapa de parroquias do concello de Nogueira de Ramuín

Fonte: elaboración propia.

Os elementos básicos que regulan a estrutura territorial do concello de Nogueira de Ramuín son dous:

a) A forte influencia da cidade de Ourense como centro comarcal.

b) A topografía do territorio, definida pola cunca hidrográfica Miño- Sil

Outro aspecto salientable da estrutura territorial é o sistema de asentamentos, no que as parroquias están formadas por varios núcleos de poboación, que están dispersos no territorio.

Cabe resaltar que as parroquias noroccidentais, agás Luíntra e Viñoás, son as menos poboadas do concello, representando case un cuarto da poboación total municipal (concretamente o 22%), e as orientais e meridionais son as máis poboadas (78%).

Page 10: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 9

XULLO 2010

Mapa 4. Distribución dos habitantes por parroquias do concello de Nogueira de Ramuín (2008)

Fonte: Nomenclátor do INE: ano 2008. Elaboración propia.

En canto á distribución por superficie, a suma da extensión das seis parroquias orientais ten un maior peso sobre a superficie total do concello que a suma das sete parroquias occidentais, sendo a proporción en porcentaxes un 60,5% fronte a un 39,5%, respectivamente.

Mapa 5. Distribución da superficie das parroquias do concello de Nogueira de Ramuín (2008)

Fonte: elaboración propia.

Page 11: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 10

XULLO 2010

As diferentes densidades de poboación, expresadas en habitantes por quilómetro cadrado (Hab./Km2) pódense agrupar en tres grandes grupos ou niveis de ocupación da poboación sobre o territorio, que son os seguintes:

O das parroquias de Luíntra, San Miguel do Campo, Faramontaos, e Viñoás. Luíntra, que á parroquia onde se sitúa a capital do concello, ten a densidade máis elevada (190,8), inferior á media comarcal (231,7), pero por riba da media galega (94,1), provincial (46,2), e municipal (24,9). As outras tres parroquias teñen densidades inferiores á media comarcal, galega, e provincial, pero están por riba da media do concello

O das parroquias de Armariz, Vilar de Cerreda, Cerreda, e A Carballeira, cunhas densidades intermedias no conxunto das parroquias do concello, que son inferiores ás medias comarcal, galega, e á provincial. Tamén son inferiores á media municipal, agás a parroquia de Armariz, que ten unha densidade lixeiramente superior (28,8)

O das parroquias da Moura, Loña do Monte, Nogueira de Ramuín, Santo Estevo de Ribas de Sil, e Santa Cruz de Rubiacós, que se sitúan baixo de todas as medias.

Mapa 6. Distribución da densidade de poboación das parroquias do concello de Nogueira de Ramuín (2008)

Fonte: elaboración propia.

2.1.3. CARACTERIZACIÓN DAS PARROQUIAS.

2.1.3.1. Parroquia de San Cristovo de Armariz.

Trátase dunha parroquia situada ao sur do concello de Nogueira de Ramuín, limitando ao norte coas parroquias de Santa Cruz de Rubiacós e Nogueira, ao sur cos concellos de Esgos e O Pereiro de Aguiar, ao leste coa parroquia de Loña do Monte e ao oeste coa de Faramontaos. Ocupa o sexto lugar, tanto en extensión (6,95 km²) como en poboación (200 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 28,78 ha/km². O medio físico está moi influenciado tanto polo percorrer do río Loña e os seus tributarios que configuran unha estrutura de val, como polo incremento da altitude cara ao sur, debido á presenza dos bordos do macizo do Monte Meda. No que respecta á paisaxe, esta amosa a

Page 12: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 11

XULLO 2010

imaxe de mosaico de parcelario tradicional nas inmediacións das distintas entidades de poboación rodeadas e incluídas en grandes superficies de arborado tradicional principalmente de carballos e rebolos en pendentes medias, así como diversa vexetación de ribeira ao longo do curso dos distintos ríos e regatos. O modelo de asentamento da poboación correspóndese coa existencia dunha serie de pequenos núcleos con estrutura de casarío pechado ou de rueiro que se concentran principalmente ao sur da parroquia (agás Valdoasno e O Covelo que se sitúan de xeito illado ao norte nas marxes dunha estrada local que conduce a Luíntra) nas inmediacións da estrada provincial OU-0510 (Cortiñas-Loña), que é a principal vía de comunicación parroquial e de comunicación, tanto cara ao exterior como coa capital municipal (Luíntra), xa que o resto do viario é de titularidade local. Existen actualmente as seguintes doce entidades: Armariz, A Cancela, Castrelo, O Covelo, As Pereiras, Requeixo, Sa, A Tellada, Valdoasno, Verde Cima, Ver de Fondo, e Ver de Miogo.

2.1.3.2. Parroquia de San Miguel do Campo.

A parroquia de San Miguel do Campo sitúase na zona oeste do concello de Nogueira de Ramuín, limita ao norte, ao sur, e ao oeste co concello de Pereiro de Aguiar e ao leste coa parroquia de Faramontaos. Ocupa o noveno lugar en extensión (6,51 km²) e o segundo en canto a poboación (282 hab. INE 2008), acadándose unha densidade de 43,32 hab/km², a segunda máis alta, logo da de Luíntra. No que respecta ao medio físico o relevo é bastante constante variando a altitude entre os 320 m de Val do Pereiro e os 450 m dalgún promontorio no contorno de Penelas, e de moderadas pendentes que se acentúan un pouco cara o norte polo comezo do val do río Miño, mentres cara o sur a proximidade ao río Loña apenas ten unha influencia significativa. A paisaxe é tamén bastante uniforme con significativa presenza de terras de cultivo hoxe maioritariamente en barbeito, tanto no contorno dos asentamentos de poboación como en amplas zonas entre eles, e menor das áreas arboradas. Non existen importantes fitos na orografía, salvo a proximidade da zona norte ao bordo do Val do Miño, o que lle confire á zona de Gundiás e as de Saceda e Val do Pereiro unhas impresionantes vistas sobre o río e parte da comarca en dirección norte e oeste. A principal vía de comunicación e eixe vertebrador da parroquia é a estrada provincial OU-0508 (Ponte dos Gozos-Parada) que percorre e articula a parroquia en sentido suroeste-nordés dividíndoa diagonalmente, sendo o resto do viario transversal a ela de titularidade municipal e de menor importancia. O asentamento da poboación produciuse historicamente mediante unha serie de núcleos que xurdiron de forma illada principalmente nas zonas centro e norte da parroquia. Na maioría dos casos trátase de pequenas entidades que presentan unha estrutura de caserío pechado denso ou de rueiro e que non chegaron a ter máis dun crecemento moi limitado próximo á zona orixinaria. Mención aparte merecen unha serie de entidades que se atopan nas inmediacións da estrada OU-0508 (Gundiás, Penelas, e Malburguete) nas cales se produciu un crecemento notable, a partir das poboacións primixenias mediante outras tipoloxías de tipo máis urbano que contrastan notablemente cos tecidos e construcións antigas. Esta demanda continúa na actualidade estimulada por ser a zona do concello mellor comunicada coa capital provincial e máis próxima a ela, co que existe un fluxo mais ou menos constante de interese por radicar aquí a primeira ou mesmo a segunda vivenda, xa que a distancia é competitiva e os prezos aínda poden ser menores que na cidade e os concellos da súa coroa próxima. Isto conduciu a un crecemento de tipo lineal entre os distintos núcleos, colmatando as parcelas con acceso ás mesmas, sen que a trama se complexizase; é dicir primou a ocupación inmediata e polo tanto a crecente ocupación difusa do territorio fronte a un maior grao de planificación e o aumento da densidade no contorno das zonas xa edificadas. Existen actualmente as seguintes oito entidades de poboación : Cimadevila, Gundiás, Malburguete, Nigueiroá, A Penela, Saceda, O Toxedo e Val do Pereiro. Nos últimos censos do INE (a partir do ano 1991) desaparecen as denominacións de Gundiás, Malburguete e Penela englobadas na de San Miguel do Campo. Con todo, en todos os casos son perfectamente recoñecibles os núcleos tradicionais por contraposición ás zonas de crecemento recente. De máis recente formación ca os anteriores, e cunha estructura asimilable a un núcleo rural aínda que con tipoloxías de tipo exclusivamente urbano, é o núcleo de As Dornas situado ao leste da parroquia e que conta con tódolos servizos urbanísticos precisos.

Page 13: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 12

XULLO 2010

2.1.3.3. Parroquia de San Xosé da Carballeira.

Neste caso estamos a falar dunha parroquia situada ao oeste do concello de Nogueira de Ramuín, que limita ao norte co concello da Peroxa e a parroquia de Viñoás, ao sur co concello de Pereiro de Aguiar e a parroquia de San Miguel do Campo, ao leste coa parroquia de Nogueira e ao oeste co concello da Peroxa. Ocupa o oitavo lugar en extensión (6,92 km²) e o noveno en poboación (137 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 19,80 hab/km². O medio físico sobre o que se asenta a parroquia é o val do río Miño, o que implica importantes desniveis ao tratarse dunha zona encaixada por uns cumios cunha certa altitude nas inmediacións do propio río, o cal supón unhas superficies cunha moi acusada pendente, e polo tanto moi limitativas con respecto ao espazo para as actividades cotiás, tanto produtivas como residenciais, non sen razón se denomina a agricultura destas zonas dos vales dos ríos Miño e Sil como “heroica” debido ás dificultades que comporta por mor desta orografía tan característica, a cal tamén implica que as distintas vías de comunicación existentes, e arredor das que se localizan os distintos núcleos de poboación, percorran fundamentalmente en sentido lonxitudinal ao devandito val. No que respecta á paisaxe, aínda que a totalidade da parroquia se atopa incluída dentro do val do río Miño e polo tanto móstrase como unha unidade claramente recoñecible, si é posible distinguir dúas zonas con características propias: unha primeira na parte inferior e media na que se levou a cabo un maior proceso de intervención humana, e onde se sitúan as principais vías de comunicación e os distintos asentamentos, así como os cultivos, case exclusivamente de horta e sobre todo vide, e unha segunda na parte alta do canón de moi forte pendente e que se atopa practicamente inculta, inhabitada e cuberta con abundante vexetación tanto arborada como de mato. A estrutura de asentamento da poboación está formada, tal e como se sinalou con anterioridade, por un gran número de pequenos asentamentos de casarío pechado denso ou nalgúns casos de rueiro, localizados sobre pequenos espazos agrícolas que se concentran principalmente nas marxes das distintas vías de comunicación existentes, que seguen a distintas cotas en sentido suroeste-nordés o trazado lonxitudinal do canón. Destas estradas, a principal e máis recente é a estrada nacional N-120 que foi construída ao longo do fondo do val para substituír á obsoleta C-546 ao longo da cal se sitúan a maioría das poboacións existentes, así como no contorno da estrada provincial OU-0556 (Almorfe-Nogueira) que percorre en sentido sensiblemente paralelo á anterior pero a unha cota maior. Existen actualmente as seguintes dezaoito entidades de poboación : Almorfe, A Barxela, A Buzaxe, Casdecid, Casdoesteo, Casuxeto, Celeiros, Covelas, Nespereira, A Pena, Pousada, San Vicente, Santa Xusta, A Seara do Río, Souto do Chao, O Val, Vilanova e Zumento.

2.1.3.4. Parroquia de Santiago de Cerreda.

A parroquia de Cerreda é a situada no extremo máis oriental do concello de Nogueira de Ramuín, limitando ao norte co concello de Sober e a parroquia de Vilar de Cerreda, ao sur co concellos de Esgos e Xunqueira de Espadañedo, ao leste co concello de Parada do Sil e ao oeste coas parroquias de Loña do Monte e Vilar de Cerreda. Ocupa o terceiro lugar en extensión (9,87 km²) e o cuarto en poboación (210 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 21,28 hab/km². O medio físico sobre o que se asenta a parroquia é o canón do río Sil ao norte e aos cumios situados ao sur, quedando entre ambos unha estreita franxa de pendentes algo máis moderadas que é onde se localizan os distintos asentamentos así como as escasas zonas de cultivo existentes, e por onde percorre a principal vía de comunicación que vertebra a parroquia que é a estrada provincial OU-0508 (Ponte dos Gozos-Parada) que por unha parte pon en contacto coa capital municipal (Luíntra) e coa provincial (Ourense) e por outro configúrase na vía de acceso ao veciño concello de Parada do Sil percorrendo pola marxe do canón. A paisaxe está intimamente vinculada á imaxe do encaixonamento do río Sil dentro dun canón moi fondo, con diferenzas de cota moi notables entre a beira do río (arredor a 250 metros sobre o nivel do mar) e os terreos inmediatamente contiguos (entre 500 e 800 metros) o que lle proporciona a aparencia e o valor paisaxístico tan notable e amplamente recoñecido co que conta. Esta configuración orográfica tan singular remárcase pola existencia dunha serie de importantes cumios no sur da parroquia onde se acada o punto de maior altitude de todo o termo municipal na Mallada Vella (1.197 metros), de xeito que existe unha certa continuidade espacial entre

Page 14: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 13

XULLO 2010

as zonas de forte pendente do norte entre as que percorre o Sil co relevo existente no centro e sur que continúa elevándose ata acadar as cotas máximas anteriormente sinaladas, cunha pequena zona de transición no bordo do canón, ao longo da cal se localizan os distintos asentamentos de poboación existentes e reducidas zonas de cultivo tradicional, así como de bosque autóctono. As zonas máis elevadas van evolucionando conforme se ascende cara unha vexetación de mato. No que respecta aos elementos de manufactura humana que teñen que ver coa percepción da paisaxe, é moi significativo a presenza nesta parroquia de importantes infraestruturas enerxéticas, tanto de xeración como é o caso do parque eólico SIL-MEDA cun importante número de aeroxeradores, como de transporte, como acontece con varias liñas de alta tensión que percorren a parroquia en sentido oeste–leste. A organización de asentamento da poboación está formada por un reducido grupo de núcleos con estrutura na súa zona tradicional de casarío pechado denso, (co gallo de aproveitar os escasos espazos agrícolas contiguos aos mesmos) e que se sitúan moi preto da estrada provincial OU-0508, tendo as súas zonas de expansión máis recente sobre as marxes da devandita vía. Existen actualmente catro entidades de poboación: Alberguería, Cachaldora, Cerreda e Vilouxe.

2.1.3.5. Parroquia de Santa María de Faramontaos.

A parroquia de Faramontaos atópase situada no sur do concello de Nogueira de Ramuín, limita ao norte coas parroquias da Carballeira e Nogueira, ao sur co concello de Pereiro de Aguiar, ao leste coa parroquia de Armariz e ao oeste coa parroquia de San Miguel do Campo e en parte co concello de Pereiro de Aguiar. Ocupa o undécimo lugar en extensión (5,66 km²) e o quinto en poboación (206 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 36,40 hab/km². O medio físico sobre o que se asenta a parroquia presenta dúas zonas claramente diferenciadas, unha primeira no centro e sur da parroquia nas inmediacións do río Loña con suaves pendentes e altitudes próximas aos 450 m e outra situada ao norte onde o relevo se torna moito máis pronunciado nas inmediacións da Serra da Corveira que percorre en sentido sueste-noroeste, acometendo de xeito perpendicular ao val do río Miño e constituíndose nunha magnífica atalaia sobre a zona oeste do concello, xa que se chegan a acadar altitudes aos 700 m. A paisaxe existente responde tamén (como non podía ser doutro xeito) a esta doble realidade, amosando as zonas de cultivos, sebes arboradas, e vexetación de ribeira nas terras do centro e sur, no contorno e proximidades do val do río Loña, mentes que a zona norte se ergue dividindo unha primeira plataforma de terras chas que ocupan boa parte das parroquias de Faramontaos e San Miguel do Campo (a uns 400 m de altitude), das existentes en Luíntra e Nogueira ( xa a uns 650 m). A Serra da Corveira, como se sinalou anteriormente, constitúese nun elemento paisaxístico realmente notable, xa que supón un fito natural claramente distinguible desde moita distancia, semellante a unha titánica muralla que ao tempo converxe e dá continuidade ao espazo natural do canón do río Miño de xeito que semella que este abandonase a súa directriz paralela ao devandito río para pregarse nun ángulo de 90º, terra cara dentro. A principal vía de comunicación, que tamén o é do concello, é a estrada provincial OU-0508 (Ponte dos Gozos-Parada), que percorre polo centro da parroquia en sentido oeste-leste, comunicando a capital municipal coa estada autonómica da rede primaria básica OU-536 (trazado da antiga N-120) que conduce cara á cidade de Ourense. Tamén podemos atopar un segundo eixe vertebrador perpendicular ao anterior que é a estrada provincial a OU-0511 (Faramontaos-Loñoá) que percorre en sentido norte-sur desde a anterior cara ao veciño concello de Pereiro de Aguiar. A estrutura de asentamento da poboación está formada por unha serie de núcleos que responden a unha conformación de casarío pechado ou de rueiro nalgúns casos, sendo o maior deles Eiradela que se sitúa na parte norte e polo tanto máis elevada, mentres que os restantes xa de menor dimensión, localízanse nas zonas de menor pendente do centro e o sur. Varios destes últimos e que orixinariamente xurdiron de forma illada na zona central da parroquia, foron colmatando os seus espazos intersticiais de maneira que actualmente conforman unha unidade máis complexa que está a medrar sobre as marxes, tanto da OU-0508 en sentido oeste-leste como da OU-0511 en sentido norte-sur. Existen actualmente as seguintes nove entidades de poboación: Cachaplaza, A Costela, Eiradela, Montecelo, O Outeiro, Pacio, Requeixo, Santa Seguiña e O Barrio.

Page 15: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 14

XULLO 2010

2.1.3.6. Parroquia de San Salvador de Loña do Monte.

A parroquia de Loña do Monte é a situada no extremo máis meridional do concello de Nogueira de Ramuín, limita ao norte coas parroquias de Santa Cruz de Rubiacós e Vilar de Cerreda, ao sur co concello de Esgos, ao leste coa parroquia de Cerreda e ao oeste coa parroquia de Armariz. Trátase da parroquia de maior extensión (11,06 km²) mentres que ocupa o sétimo lugar en canto a poboación (170 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 15,37 hab/km². O medio físico sobre o que se asenta a parroquia presenta dúas zonas moi diferentes, unha primeira no extremo oeste da parroquia nas inmediacións do río Loña caracterizada por suaves pendentes e altitudes próximas aos 650 m, e outra máis montañosa situada tanto ao sur no extremo do macizo do Monte Meda con altitudes que acadan os 850 m, como ao leste onde os devanditos bordes do macizo do Monte Meda percorren de xeito paralelo ao canón do río Sil en sentido sueste-noroeste e que acada dentro da parroquia altitudes de ata 950 m, chegando na veciña parroquia de Cerreda aos seus máis altos cumios na Mallada Vella (1.197 m). A paisaxe de val aberto e de mosaico de cultivos, sebes arboradas, pequeno bosque autóctono e vexetación de ribeira, vai dando paso pouco a pouco a zonas de monte e mato nas áreas de maior altitude do leste e o sur, configurándose como auténticos miradoiros, non só sobre o resto do termo municipal senón tamén sobre parte da propia comarca, e das veciñas. Tal e como acontecía na parroquia de Cerreda coa que linda polo leste, as instalacións de produción enerxética están moi presentes na percepción que se ten da paisaxe natural, debido á presenza dun bo número de aeroxeradores integrados no parque eólico SIL-MEDA que se estende ata o veciño concello de Parada do Sil. Tamén configurando a paisaxe desta parroquia atópase, como sinalamos con anterioridade, un estremo do macizo do Monte Meda, que presenta unhas formas moi singulares con variedade de outeiros que presentan penedos ou tors nos seus cumes, e entre os que nacen e percorren multitude de pequenos cursos de auga. As principais vías de comunicación vertebradoras desta parte do territorio son a estrada provincial OU-0509 (Luíntra-Esgos), que percorre polo centro da parroquia en sentido suroeste-nordés comunicando a capital municipal coa estada autonómica da rede primaria básica OU-536 a través do concello de Esgos, e a OU-0510 (Cortiñas-Loña) que permite a comunicación coas veciñas parroquias de Armariz e Faramontaos, así como co concello de Pereiro de Aguiar que converxe coa anterior, á altura do núcleo de Vilouriz. O asentamento da poboación produciuse nas zonas máis chas ou de menor pendente e moi próximas á canle do río Loña e a partires de pequenos núcleos illados de tipo tradicional con estrutura de casarío pechado xurdidos, agás no caso de Requeixo e As Raposas, nas proximidades deste cruzamento de camiños que hoxe configuran as estradas provinciais, téndose producido en varios deles (Vilouriz, Fondo de Vila e A Eirexa) unha colmatación progresiva dos seus espazos agrarios intersticiais, dando como resultado a transformación nunha entidade algo máis complexa e compacta que está a medrar ao longo das vías de comunicación principais pero na que aínda son claramente recoñecibles as entidades primitivas de orixe. O resto dos núcleos, salvando o tamaño respectivo acadado en cada caso, manteñen máis claramente a súa identidade primixenia. Existen actualmente as seguintes seis entidades de poboación : A Eirexa, Fondo de Vila, As Raposas, Requeixo, Souto e Vilouriz.

2.1.3.7. Parroquia de San Xoán de Moura.

A parroquia de Moura é a que se atopa situada na zona máis setentrional do concello de Nogueira de Ramuín, limita ao norte e o leste co concello de Pantón, ao sur coas parroquias de Luíntra e Santo Estevo de Ribas de Sil, e ao oeste coa parroquia de Viñoás e en parte co concello da Peroxa. Ocupa o sexto lugar en extensión (8,85 km²) e o décimo en canto a poboación (137 hab. INE 2008), acadándose unha densidade de 15,48 hab/km². No que respecta ao medio físico destaca a confluencia dos canóns do río Miño e do río Sil que se encontran a altura da localidade e que configuran o límite norte do termo municipal. A orografía, polo tanto, presenta unha zona de moita pendente nas inmediacións dos devanditos ríos, moderándose esta conforme imos cara o sur, onde a unha altitude duns 630 m se forma unha pequena plataforma que é onde se concentran os principais asentamentos de poboación. A paisaxe existente recolle pois as características destes ámbitos tan singulares, amosando o encaixonamento dos grandes ríos dentro das fracturas duns terreos relativamente elevados con respecto ás canles das augas, o que lle confire esa beleza tan

Page 16: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 15

XULLO 2010

característica, coa salvedade de que mentres que no que respecta ao río Miño a súa parte inferior amosa signos da ocupación do home, tanto para o cultivo (case exclusivamente da vide) como para a residencia, xa a parte alta deste así como toda a ribeira do Sil amosan unha zona máis agreste, onde o terreo se configura en fraga e as especies arbóreas autóctonas constitúen un bosque espeso que tapiza as empinadas terras cara o cumio dos canóns. Na parte superior, a paisaxe trócase nun espazo con pequenos outeiros con estreitas veigas entre eles e cunha cobertura onde predomina o monte baixo. As principais vías de comunicación que percorren a parroquia son, tanto a estrada nacional N-120 como a estrada comarcal C-546 que percorren polo fondo do canón do río Miño, comunicando a cidade de Ourense, tanto coa provincia de Lugo como con parte do norte da provincia de Ourense (A Rúa, O Barco de Valdeorras), para conducir no caso da N-120 cara a comunidade veciña de Castela e León. Estas vías que percorren de xeito tanxencial polo seu estremo norte a parroquia. non contribúen á vertebración da mesma. É unha estrada local que parte de Luíntra o principal eixe de comunicación interparroquial e coa capital municipal e aínda que se prolonga ata a mesma N-120, o enlace coa mesma non é acaído para o seu emprego en óptimas condicións. A estrutura de asentamento da poboación está formada por unha serie de núcleos que na súa zona orixinal responden a unha conformación de casarío pechado ou de rueiro, que xurdiron de forma illada, todos eles na parte alta da parroquia, agás Fiscal e Riocabe que o fixeron nas zonas intermedias da ribeira do Miño. Catro deles (Alcouce, Cinseiro, Sobrado e Vilasuxá) ocupan o interior dun estreito espazo de veiga entre outeiros, situado no centro da parroquia e co tempo foron crecendo de forma lineal, ocupando ese espazo intersticial entre eles, de xeito que pouco a pouco a estrutura individual primixenia vaise transformando nun continuo edificatorio ao longo dalgúns camiños existentes entre as poboacións, aínda que preservando boa parte do espazo de cultivo interior común que encerran entre elas, sendo aínda así claramente recoñecibles as zonas orixinarias de cada un dos lugares no bordo exterior das terras de labor. Existen actualmente as seguintes sete entidades de poboación : O Alcouce, Cinseiro, Fiscal, Monteverde, Riocabe, Sobrado e Vilasuxá. No caso de Riocabe, localizado no interior dunha fraga ao oeste da parroquia, a día de hoxe atópase en completo estado de ruína, sendo aínda distinguibles entre a vexetación restos dalgunha vivenda e edificacións auxiliares. Tamén formou parte da parroquia ata os anos 80 do século XX, o núcleo do Coitelo situado na confluencia dos ríos Miño e Sil, pasando a estar encadrado desde aquela na parroquia de Viñoás. Ao igual que acontecía no caso de San Miguel do Campo existe nesta parroquia un asentamento de máis recente formación ca os anteriores, e cunha estructura sinxela asimilable a un núcleo rural aínda que con tipoloxías de tipo exclusivamente urbano, é o núcleo de A Cruz de Moura situado ao sur da parroquia e que conta con tódolos servizos urbanísticos precisos.

2.1.3.8. Parroquia de San Martiño de Nogueira de Ramuín.

A parroquia de Nogueira sitúase na zona oeste do concello de Nogueira de Ramuín, limita ao norte coa parroquia de Viñoás, ao sur coas parroquias de Faramontaos e Armariz, ao leste coas parroquias de Luíntra e Santa Cruz de Rubiacós e ao oeste coa parroquia de Carballeira. Ocupa o décimo lugar en extensión (5,79 km²) e o décimo segundo en canto a poboación (87 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 15,03 hab/km². No que respecta ao medio físico son recoñecibles dúas zonas con características ben diferentes, unha primeira que abranguería todo o centro e boa parte do sur da parroquia, onde o terreo presenta unhas pendentes moderadas, mentres que na franxa oeste que forma parte xa do canón do río Miño as pendentes aumentan notablemente e a orografía vólvese moito máis abrupta. A paisaxe existente amosa esta progresión dos terreos máis chás das zonas interiores que pouco a pouco se van inclinando conforme avanzamos cara o leito do río, sendo máis pronunciada a pendente conforme imos cara o oeste. Nas zonas altas a cobertura vexetal adoita ser o monte baixo nas zonas incultas e mosaico de cultivos ou terreos en barbeito na parte labrada, mentres que conforme avanzamos cara a parte occidental da parroquia e aumenta a pendente do solo as especies arbóreas van conformando unha zona de bosque. A principal vía de comunicación que percorre a parroquia é a estrada provincial OU-0555 (Peares-Nogueira) que partindo da C-546 e logo de atravesar a parroquia de Viñoás chega ao núcleo de Nogueira, que é o situado máis ao norte, rematando nel para proseguir como estrada local ata Luíntra. O resto do viario existente é de titularidade local e de características variables. O asentamento da poboación prodúcese mediante

Page 17: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 16

XULLO 2010

unha serie de núcleos que xurdiron de forma illada no norte e oeste da parroquia cunha estrutura de casarío pechado denso para desta forma preservar o máis posible o limitado espazo agrario próximo a eles o cal é moi significativo no caso de Liñares e de Nogueira que ocupan unhas pequenas plataformas de terreo relativamente plano no bordo mesmo do canón do río Miño. Existen actualmente as seguintes cinco entidades de poboación de tipo tradicional : Fontefría, Lamaforcada, Liñares, Nogueira e Pacios. Como nos casos anteriores de San Miguel do Campo e Moura localízase nesta parroquia un asentamento de máis recente formación ca os anteriores, e cunha estructura moi sinxela asimilable a un núcleo rural aínda que con tipoloxías de tipo exclusivamente urbano, é o núcleo de Congostos situado ao sur da parroquia e que conta con tódolos servizos urbanísticos precisos, agás o de saneamento que se resolve de forma individual.

2.1.3.9. Parroquia de Santo Estevo de Ribas do Sil.

A parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil sitúase na zona norte do concello de Nogueira de Ramuín; limita ao norte cos concellos de Pantón e Sober, ao sur coa parroquia de Santa Cruz de Rubiacós, ao leste coa parroquia de Vilar de Cerreda e ao oeste coas parroquias de Luíntra e Moura. Ocupa o cuarto lugar en extensión (9,56 km²) e o undécimo en canto a poboación (101 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 10,56 hab/km². No que respecta ao medio físico dous son os elementos máis relevantes, por unha parte a existencia na zona norte do río Sil e o fondo canón polo que percorre e por outra, na zona sur dos bordes do macizo de Monte Meda que avanzan paralelos ao devandito río, ao longo das parroquias máis septentrionais do concello, quedando entre medias de ambos unha estreita lingua de terreo de transición que presenta polo xeral unhas pendentes máis moderadas sobre as que se localizan as zonas de cultivos e varias das entidades de poboación. A paisaxe contempla pois esta dualidade tamén, por unha banda a zona do canón do Sil cos seus mestos soutos de castiñeiros centenarios que chegan ata o bordo mesmo do río, configurando un contorno de inigualable beleza e por outra, os cumios e terras altas do sur da parroquia onde a presenza de outeiros e monte baixo é a característica máis subliñable, no medio de ambos o mosaico das terras de cultivos e os distintos asentamentos que se localizan principalmente na zona central da parroquia e nos bordos do canón do Sil. A principal vía de comunicación e eixe vertebrador da parroquia é a estrada provincial OU-0508 (Ponte dos Gozos-Parada) que percorre e articula a parroquia en sentido oeste-leste pola súa zona central, sendo o resto do viario transversal a ela de titularidade municipal e de escasa importancia. O asentamento da poboación prodúcese mediante unha serie de núcleos que xurdiron de forma illada nas tres zonas que anteriormente se comentaron nos cumios da zona sur (Acevedo e os Cousos), na zona central (Pombar) e no bordo do canón do Sil (Biduedo, A Cruz, Paradela e Santo Estevo de Ribas de Sil). Trátase de pequenos asentamentos cunha estrutura de casarío pechado denso moi pouco desenvolvido. Na práctica totalidade correspóndense cun esquema de aldea mononuclear de crecemento lineal próximo ás vías de comunicación. Falar desta parroquia e non nomear o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil sería obviar un elemento arquitectónico singular, pero único polo feito do asentamento elixido e do contorno no que se insire. A Ribeira Sacra, que comprende diversos concellos das provincias de Lugo e Ourense que comparten como fío argumental os leitos dos ríos Miño e Sil, así como unha historia moi vinculada aos albores da implantación da relixión cristián e ao seu posterior desenvolvemento, que trouxo consigo entre outras cousas o establecemento nun primeiro momento de cenobios nas ribeiras dos devanditos ríos, que posteriormente deron lugar a unha grande eclosión de implantacións de edificacións relixiosas de todo tipo, as máis importantes das cales pola súa transcendencia na explotación e colonización da terra foron os mosteiros, como é o caso deste que nos ocupa. Xa desde a Idade Media ata practicamente os tempos da desamortización, mediante a existencia dos foros, o campesiñado dispuxo de terras de labor, neste caso dedicadas principalmente ao cultivo da vide, polas que debía ceder parte da súa colleita e o seu traballo aos propietarios da terra que neste caso eran as ordes monacais. Da importancia destes centros de produción e do alto valor engadido dos produtos por eles xestionados, dan boa mostra a beleza e gran factura da arquitectura das súas construcións só posibles pola existencia de man de obra abundante e barata, pero sobre todo, de importantes recursos económicos durante períodos de tempo moi largos. Existen actualmente as seguintes sete entidades de poboación: Acevedo, Biduedo, Os Cousos, A Cruz, Paradela, Pombar

Page 18: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 17

XULLO 2010

e Santo Estevo de Ribas de Sil. Os núcleos de Acevedo e Os Cousos, ambos localizados no sur da parroquia atópanse deshabitados e coas súas edificacións en estado de ruína.

2.1.3.10. Parroquia de Santa Cruz de Rubiacós.

A parroquia de Santa Cruz de Rubiacós sitúase na zona central do concello de Nogueira de Ramuín, limita ao norte coas parroquias de Santo Estevo de Ribas de Sil e Luíntra, ao sur coa parroquia de Loña do Monte, ao leste coa parroquia de Vilar de Cerreda e ao oeste coas parroquias de Armariz e Nogueira. Ocupa o quinto lugar en extensión (9,26 km²) e o derradeiro en canto a poboación (83 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 8,96 hab/km². No que respecta ao medio físico o feito de que unha pequena serra atravese a parroquia en sentido sueste noroeste da lugar a existencia de dúas zonas con características diferentes, unha ao oeste a altitudes próximas aos 650 m onde o terreo e relativamente chá e onde se localizan as mellores terras de cultivo, así como as principais vías de comunicación e a maioría dos asentamentos e outra ao leste xa a uns 750 m onde logo dunha primeira zona de pendentes moderadas o terreo comeza a elevarse conforme avanzamos cara o leste e o sur. As paisaxes dos dous ámbitos son tamén diferentes xa que se ben comparten a notable presenza da pequena serra que os divide, na zona máis occidental teñen un gran protagonismo os mosaicos dos distintos tipos de cultivos que rodean ás entidades de poboación, e os bosques de arborado autóctono con elementos múltiples principalmente de pequeno porte como os rebolos que colonizan a zonas contiguas ás terras de labor, mentres que a parte máis oriental presenta unha imaxe menos variada e onde cobra protagonismo un relevo de pequenos outeiros con afloramentos rochosos e a cobertura de mato, sendo os terreos menos propicios para o cultivo e máis para o pastoreo. Ë moi importante na percepción da paisaxe, ao igual que acontece no caso das parroquias de Cerreda e Loña do Monte, a presenza de infraestruturas de produción enerxética que neste caso se corresponde coa existencia dalgúns aeroxeradores pertencentes tanto ao parque eólico SIL-MEDA como a un parque eólico singular propiedade do concello de Nogueira de Ramuín e que conta con dous muíños. A principal vía de comunicación que percorre e articula a parroquia, a estrada provincial OU-0509 (Luíntra-Esgos), vese condicionada pola existencia da serra antedita, de modo que percorre paralela a ela pola súa parte máis baixa, sendo o resto do viario existente de titularidade local e características variables. O asentamento da poboación prodúcese mediante unha serie de núcleos, que agás no caos de Cortecadela que o fixo na parte elevada do terreo, xurdiron de forma illada na parte inferior das abas da serra anteriormente mencionada nas inmediacións e ao longo da estrada provincial. Trátase de pequenos asentamentos cunha estrutura de casarío pechado denso moi pouco desenvolvidos, agás no caso de Picornio, polo que neles se conservan as arquitecturas e os espazos agrarios tradicionais sen demasiada alteración, aínda que cun gran risco de perda debido ao estado de conservación de moitas das construcións. Existen actualmente as seguintes cinco entidades de poboación: Cortecadela, Espartedo, Picornio, Santa Cruz e Rubiacós. Historicamente houbo dous núcleos máis nesta parroquia, Mundín que pasou a formar parte da parroquia de Luíntra cando esta se creou a partir dunha serie de asentamentos que se separaron da parroquia de Nogueira a finais dos anos 80 do século XX e Val da Porca que figurou nos censos oficiais ata 1960, estando hoxe en día desaparecido.

2.1.3.11. Parroquia de Santa Baia de Vilar de Cerreda.

A parroquia de Vilar de Cerreda atópase situada ao leste do concello de Nogueira de Ramuín, limitando ao norte co concello de Sober e a parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, ao sur coas parroquias de Cerreda e Loña do Monte, ao leste co concello de Sober e a parroquia de Cerreda e ao oeste coas parroquias de Santa Cruz de Rubiacós e Santo Estevo de Ribas de Sil. Ocupa o segundo lugar en extensión (10,85 km²) e o terceiro en canto a poboación (241 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 22,21 hab/km². O medio físico sobre o que se asenta a parroquia é moi semellante ao xa descrito para a veciña parroquia de Cerreda, co canón do río Sil percorrendo ao norte e unha zona máis montañosa situada ao sur, quedando entre ambos unha estreita franxa central de terreo e de pendentes algo máis moderadas que é onde se localizan os distintos

Page 19: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 18

XULLO 2010

asentamentos, así como as escasas zonas de cultivo existentes, e por onde percorre a principal vía de comunicación que vertebra a parroquia que é a estrada provincial OU-0508 (Ponte dos Gozos-Parada). Dentro do ámbito parroquial atópase o encoro de Santo Estevo, o cal embalsa unha gran cantidade de auga para o seu aproveitamento hidroeléctrico, permitindo ao mesmo tempo a navegabilidade do río augas arriba da instalación, o cal se está a aproveitar para a promoción e o desenvolvemento turístico. A paisaxe novamente está intimamente vinculada á imaxe do encaixonamento do río Sil dentro dun canón moi fondo, con diferenzas de cota moi notables entre a beira do río (arredor de 250 metros sobre o nivel do mar) e os terreos inmediatamente contiguos (uns 570 m) o que lle proporciona a aparencia e o valor paisaxístico tan notable e amplamente recoñecido co que conta. As tres compoñentes da paisaxe parroquial claramente recoñecibles: canón do río Sil, espazo agrícola de moderada pendente intermedio e zona de montaña, sucédense consecutivamente seguindo a directriz en sentido sueste-noroeste que segue o Sil neste punto. A estrutura de asentamento da poboación está formada en todos os casos, agás un (A Rasa) por un reducido grupo de núcleos con estrutura na súa zona tradicional de casarío pechado denso, e que se sitúan moi preto da estrada provincial OU-0508, tendo as súas zonas de expansión máis recente no caso de Loureiro e Vilar sobre as marxes da devandita vía, mentres que no caso de Parada Seca atopámonos fronte a unha poboación de estrutura polinuclear, xurdida ao carón da estrada autonómica pero sen crecemento significativo en épocas recentes. Existen actualmente catro entidades de poboación : Loureiro, A Rasa, Parada e Vilar. Como acabamos de sinalar, a poboación da Rasa situada ao norte da parroquia non comparte coas restantes a súa orixe como asentamento para o aproveitamento agropecuario do contorno inmediato, senón que responde ás necesidades propias da construción dos encoros localizados no río Sil (Santo Estevo, San Pedro,etc.). Así pois, a mediados do século XX, ao tempo que se construían os devanditos encoros procedeuse a levantar, a partires de cero, un asentamento onde instalar parte do persoal que debería primeiro construír e logo atender o funcionamento das novas centrais hidroeléctricas (operarios, técnicos etc). Dese xeito, ao igual que se fixo noutros tipos de explotacións mineiras, etc (Fontao) comezouse á urbanización a partires duns terreos rústicos relativamente chans dunha nova localidade allea en canto ás tipoloxías edificatorias e os servizos ás xa existentes na bisbarra, contando con equipamentos (teleclub, cuartel da Garda Civil, pequeno hospital), e espazos libres (parques con mobiliario) máis relacionados co mundo urbano que co contorno rural cirundante. O feito é que, pasado o tempo, a progresiva automatización fixo cada vez máis innecesaria a presenza de persoal de xeito permanente ao cargo das centrais (aínda que existe un pequeno grupo de vivendas da empresa eléctrica nas inmediacións do campo de fútbol de Loureiro nun lugar denominado O Mirador) e as distintas edificacións foron mercadas por particulares ou no peor dos casos, quedando abandonadas.

2.1.3.12. Parroquia de Santa María de Viñoás.

Neste caso estamos a falar novamente dunha parroquia situada ao oeste do concello de Nogueira de Ramuín, que limita ao norte co concello da Peroxa e a parroquia de Moura, ao sur coas parroquias de Carballeira, Nogueira e Luíntra, ao leste coa parroquia de Moura e ao oeste co concello da Peroxa e a parroquia de Carballeira. Ocupa o décimo segundo lugar en extensión (4,72 km²) e o oitavo en poboación (163 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 34,53 hab/km². O medio físico sobre o que se asenta a parroquia é un entrante en forma de cuña perpendicular ao val do río Miño, que configura un espazo estreito, de pronunciadas pendentes e forte desnivel entre a cota do río (uns 150 m) e a dos cumios que o rodean (cun rango entre aos 500 -645 m). A paisaxe de val estreito atópase notablemente antropizada pola presenza, tanto dun notable número de pequenos asentamentos como, fundamentalmente, polo cultivo da vide que en terreo de orografía tan desfavorable precisa dunha importante actividade construtiva para levantar as paredes que conteñan o terreo no que plantar as cepas. Nas zonas máis elevadas da parroquia que se atopan ao sur e leste altérnase o monte baixo co bosque de arborado autóctono. As vías de comunicación máis importantes que atravesan a parroquia son tanto a estrada nacional N-120 como a estrada que esta substituíu a C-546, aínda que o fan de forma tanxencial, iso facilita a saída e entrada, tanto en dirección Ourense como Monforte, sendo polo tanto o principal eixe vertebrador arredor do cal se sitúan moitas das poboacións existentes é a estrada provincial (OU-0555 Os Peares-Nogueira), desde a cal parten

Page 20: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 19

XULLO 2010

numerosas estradas de titularidade local e de características variables que permiten o acceso aos distintos núcleos. O modelo de asentamento da poboación responde á existencia dun certo número de núcleos con estrutura de casarío pechado denso, de moi limitado crecemento, por mor da falta de espazo, orixinado pola notable pendente do terreo e a necesidade de non ocupar máis do necesario, as escasas terras de labor contiguas. Existen actualmente as seguintes trece entidades de poboación :Bertelo, Borraxos, Casanova, O Coitelo, A Ferreirúa, A Forraqueira, O Mollón, Pena do Chao, Penalba, A Pereira, Ramuín, Varalongo e Viñoás. Tal e como se comentou con anterioridade, e se recolle nos censos do INE anteriores ao do ano 1991, o núcleo do Coitelo pertencía antigamente á parroquia de Moura, pasando desde entón a formar parte da parroquia de Viñoás.

2.1.3.13. Parroquia de Santa Baia de Luíntra.

A parroquia de Luíntra sitúase na zona central do concello de Nogueira de Ramuín, limita ao norte coas parroquias de Viñoás e Moura, ao sur coas parroquias de Santa Cruz de Rubiacós e Nogueira, ao leste coas parroquias de Santa Cruz de Rubiacós e Santo Estevo de Ribas de Sil e ao oeste coa parroquia de Nogueira. Ocupa o derradeiro lugar en extensión (2,28 km²) e o primeiro en canto a poboación (435 hab. INE 2008) acadándose unha densidade de 190,79 hab/km². Tratase dunha parroquia de recente formación, xa que aparece por primeira vez diferenciada no censo do INE do ano 1991. A maioría das súas entidades de poboación pertencían con anterioridade á parroquia de Nogueira, agás Mundín que o facía á de Santa Cruz de Rubiacós. No que respecta ao medio físico atopámonos ante un terreo bastante chá, xa que logo, non percorren cursos de auga importantes atópase rodeado de pequenos outeiros, oscilando a altitude entre os 615 m e os 650 m. A paisaxe, pois, presenta un contorno de elevacións de pequena altitude que encerran unha ampla zona de cultivo, así como de vexetación de substitución no que salienta a existencia na zona central do pequeno núcleo urbano de Luíntra que ostenta a capitalidade municipal. A localización da capital faise sobre un cruzamento de camiños, os cales procedentes dos distintos estremos do termo municipal converxen neste punto. Así pois, no cento de Luíntra crúzanse a estrada provincial OU-0508 procedente de Ourense e que atravesa as parroquias de San Miguel do Campo e Faramontaos para continuar en dirección Parada do Sil ao longo de Santo Estevo de Ribas de Sil, Vilar de Cerreda e Cerreda, coa estrada provincial OU-0509 que proveniente de Esgos cruza as parroquias de Loñas do Monte e Santa Cruz de Rubiacós, e coa estrada local que conduce ás parroquias de Viñoas e Carballeira a través da unión coa estrada provincial OU-0555 en Nogueira. O asentamento da poboación prodúcese principalmente no centro da parroquia dentro do núcleo urbano de Luíntra que no seu crecemento avanza cara o sur onde a medio prazo incorporará os núcleos de Mundín e A Seara de Arriba. Tanto estes dous como os tres restantes responden, na súa zona tradicional, a un modelo de núcleo de casarío pechado con escasos crecementos, agás nos casos anteriormente sinalados. Existen actualmente as seguintes seis entidades de poboación: Fontes, Mundín, Luíntra (capital), A Seara de Arriba, Baldomar e Outeiro.

2.2. ASENTAMENTOS DE POBOACIÓN.

O medio rural de Nogueira de Ramuín presenta diferentes variedades en canto á morfoloxía e tipoloxía dos asentamentos existentes, aínda que adoita ser común a existencia dun primitivo asentamento orixinario, cun tecido formado por casarío pechado de pequena extensión, inserido nos bordos ou no centro de terras de labor. Esta diversidade é o resultado da interacción das variables que determinan a cada asentamento, establecendo a xerarquía das parroquias e a súa configuración.

A maioría dos asentamentos estiveron ligados, na súa orixe, a un tipo de vida tradicional fortemente baseado nun sistema de agricultura de autoabastecemento. Este modelo púxose en crise a mediados do século XX, obrigando a boa parte da poboación a ter que emigrar, tanto cara ao continente americano nun primeiro momento como cara Europa a partires dos anos 60 e 70, co que en certa maneira quedou cortado o desenvolvemento das poboacións que se mantiveron nun estado de latencia. Tanto o retorno, tanto estival como definitivo noutros casos de moitas daquelas persoas, como

Page 21: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 20

XULLO 2010

a mellora da situación laboral de España, foron os factores que induciron unha evolución desde unha economía baseada principalmente no sector primario cara outra na que os sectores secundario e sobre todo o terciario cobraron importancia, xerando un volume importante de emprego, o que permitiu dar un novo pulo a moitas das entidades de poboación existentes, aínda que non en todos os casos, nin en harmonía coas construcións existentes. De feito produciuse unha disociación entre o núcleo tradicional e as zonas máis exteriores ao mesmo que é onde agora se asentaban as novas edificacións con tipoloxías edificatorias e materiais desleigados dos tradicionais, o que se traduce entre outras cousas, na perda de integración co espazo construído co medio natural no que se insire, aspecto que tiñan acadado completamente as aldeas e lugares primitivos. Esta forma de proceder dos novos poboadores, cando menos nun primeiro momento, responde á identificación das poboacións primitivas co atraso que orixinou a marcha da terra cara á procura de traballo no exterior, polo que para as novas residencias impórtanse modelos procedentes, tanto dos países de acollida, como de zonas máis urbanas, que tanto nun caso como no outro moitas veces pouco ou nada teñen que ver coas condicións climáticas e construtivas dos lugares onde se pretenden localizar. Máis recentemente, recobrouse en parte o interese polo patrimonio arquitectónico dos núcleos e xunto coa edificación de novas vivendas encetouse a rehabilitación de moitas das antigas, salvándoas deste modo dunha ruína inminente e dando unha segunda oportunidade ás zonas que foron o cerne dos distintos asentamentos, aínda que nalgúns casos esta nova actitude chegou un pouco tarde, e debido a varios factores un reducido número de asentamentos atópanse xa a día de hoxe despoboados e en ruínas. (Acevedo, Os Cousos, Riocabe, Val da Porca) e outros en risco de chegar a estalo. Estes procesos foron acompañados dun gran investimento por parte da administración en servizos públicos que acadaron á práctica totalidade do territorio (nomeadamente o abastecemento e o saneamento) de maneira que non existen en todo o territorio grandes diferenzas nestes aspectos, contribuíndo notablemente á mellora de calidade de vida e cohesión social dos habitantes. No que respecta ás dotacións tense levado a cabo un intensivo labor de construción e especialización (piscina municipal, pavillón polideportivo, centro de día, diversas zonas verdes), que busca ofertar unha serie de actividades de lecer satisfactorias e accesibles para o conxunto dos habitantes do concello. Con todo, a dinámica demográfica en xeral é levemente regresiva ou tendente ao estancamento poboacional.

Segundo o Nomenclátor do Instituto Nacional de Estatística do ano 2008, o número de entidades singulares de poboación por parroquia no concello de Nogueira de Ramuín eran 70.

Táboa 3. Distribución de entidades singulares por parroquias

Parroquias Nº Entidades Armariz 4

San Miguel do Campo 5 A Carballeira 14

Cerreda 2 Faramontaos 4

Loña do Monte 3 Moura 6

Nogueira de Ramuín 5 Santo Estevo de Ribas de Sil 5

Santa Cruz de Rubiacós 4 Vilar de Cerreda 3

Viñoás 10 Luíntra 5 Total 70

Fonte: Nomenclátor INE. Ano 2008: elaboración propia.

Na seguinte gráfica vemos que a parroquia máis salientable en canto a número de lugares é A Carballeira, con 14, seguida de Viñoás, con 10. A parroquia con menor número de entidades é Cerreda, con 2.

Page 22: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 21

XULLO 2010

Gráfica 14 . Número de lugares por parroquia

45

14

24

3

65 5

43

10

5

0

3

6

9

12

15

Arm

ariz

San

Mig

uel d

o C

ampo

A C

arba

lleira

Cer

reda

Fara

mon

taos

Loña

do

Mon

te

Mou

ra

Nog

ueira

de

Ram

uín

Sant

o Es

tevo

de

Rib

as d

e Si

l

Sant

a C

ruz

de R

ubia

cós

Vila

r de

Cer

reda

Viño

ás

Luín

tra

Fonte: Nomenclátor do INE: ano 2008. Elaboración propia.

Esta relación é, a todas luces incompleta, xa que unifica grupos de núcleos próximos asignándolle a denominación da parroquia como ocorre no caso de San Miguel do Campo (que aúna aos asentamentos da Penela Malburguete e Gundiás), ou directamente os obvia, como no caso de Picornio en Santa Cruz de Rubiacós, Os Cousos na de Santo Estevo de Ribas de Sil, Riocabe na de Moura etc. Tamén se observa que a poboación que se lle asigna a determinadas entidades de poboación correspóndese en realidade á suma doutras da parroquia que a día de hoxe aínda están habitadas.

Segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia que fai referencia á toponimia dos asentamentos existentes, o número de entidades singulares existentes no concello de Nogueira de Ramuín é de 100.

Page 23: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 22

XULLO 2010

Page 24: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 23

XULLO 2010

Page 25: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 24

XULLO 2010

Page 26: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 25

XULLO 2010

Page 27: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 26

XULLO 2010

Page 28: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 27

XULLO 2010

Táboa 3b

Parroquia Nº EntidadesArmariz 11Carballeira 19Cerreda 4Faramontaos 8Loña do Monte 6Moura 7Nogueira 9Santo Estevo de Ribas de Sil 6Santa Cruz de Rubiacós 6San Miguel do Campo 8Vilar de Cerreda 4Viñoás 12

TOTAL 100 Fonte: Nomenclátor de Galicia. Elaboración propia.

Como se pode observar non se procedeu a actualizar os cambios na estrutura parroquial xa que só se recollen 12 parroquias non aparecendo a de Luíntra, cuxos núcleos atopámolos incluídos nas de Nogueira e Santa Cruz de Rubiacós como de feito sucedía ata os anos 80 do século XX.

Por último sinalar que, tanto mediante o traballo de campo do equipo redactor que permitiu un recoñecemento físico dos distintos asentamentos existentes, como da investigación en diversas fontes documentais oficiais como é o caso, entre outras, dos censos do INE de todo o século XX, así como a cartografía do Instituto Xeográfico Nacional, determinouse que a relación e número das entidades de poboación existentes no concello de Nogueira de Ramuín é a seguinte:

Parroquia Núcleo 1 Armariz 2 A Cancela 3 Castrelo 4 O Covelo 5 As Pereiras 6 Requeixo 7 Sa 8 A Tellada 9 Valdoasno 10 Ver de Cima 11 Ver de Fondo

Armariz (San Cristobo)

12 Ver de Miogo

Page 29: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 28

XULLO 2010

Parroquia Núcleo 1 Almorfe 2 A Barxela 3 A Buzaxe 4 Casdecid 5 Casdosteo 6 Casuxeto 7 Celeiros 8 Covelas 9 Nespereira 10 A Pena 11 Pousada 12 San Vicente 13 Santa Xusta 14 A Seara do Río 15 Souto do Chao 16 O Val 17 Vilanova

A Carballeira (San Xose)

18 Zumento 1 Alberguería 2 Cachaldora 3 Cerreda

Cerreda (Santiago)

4 Vilouxe 1 Cachaplaza 2 A Costela 3 Eiradela 4 Montecelo 5 O Outeiro 6 Pacio 7 Requeixo 8 Santa Següiña

Faramontaos (Santa María)

9 O Barrio 1 A Eirexa 2 Fondo de Vila 3 As Raposas 4 Requeixo 5 Souto

Loña do Monte (San Salvador)

6 Vilouriz 1 O Alcouce 2 Cinseiro 3 Fiscal 4 Monteverde 5 Riocabe 6 Sobrado

Moura (San Xoan)

7 Vilasuxá

Page 30: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 29

XULLO 2010

Parroquia Núcleo 1 Fontefría 2 Lama Forcada 3 Liñares 4 Nogueira

Nogueira de Ramuín (San Martiño)

5 Pacios 1 Cimadevila 2 Gundiás 3 Malburguete 4 Nigueiroá 5 A Penela 6 Saceda 7 O Toxedo

San Miguel do Campo (San Miguel)

8 Val do Pereiro 1 Cortecadela 2 Espartedo 3 Picornio 4 Rubiacós

Santa Cruz de Rubiacós (Santa Cruz)

5 Santa Cruz 1 Acevedo 2 Biduedo 3 Os Cousos 4 Paradela 5 Pombar 6 Santo Estevo de Ribas de Sil

Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo)

7 A Cruz 1 Loureiro 2 Parada Seca 3 A Rasa

Vilar de Cerreda (Santa Baia)

4 Vilar 1 Bertelo 2 Borraxos 3 Casanova 4 O Coitelo 5 A Ferreirúa 6 A Forraqueira 7 O Mollón 8 Pena do Chao 9 Penalba 10 A Pereira 11 Ramuín 12 Varalongo

Viñoás (Santa María)

13 Viñoás

Page 31: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 30

XULLO 2010

Parroquia Núcleo 1 Fontes 2 Luintra 3 Mundín 4 A Seara de Arriba 5 Baldomar

Luíntra (Santa Baia)

6 O Outeiro Nºde núcleos 2008 104

Fonte: Varias (INE, Instituto Xeográfico Nacional etc.). Elaboración propia

Ademais a estes núcleos tradicionais habería que sumarlle os de máis recente formación anteriormente sinalados de As Dornas (parroquia de San Miguel do Campo), A Cruz de Moura (parroquia de Moura) e Congostos (parroquia de Nogueira) co cal o número total de asentamentos acadaría os 107 efectivos.

2.2.1. Tipoloxía e morfoloxía dos asentamentos.

As diferentes morfoloxías que se aprecian para os asentamentos de Nogueira de Ramuín están condicionadas por unha cadea de variables de distinta natureza. As diversas tipoloxías dos asentamentos existentes en Nogueira de Ramuín responden a unha orixe común de asentamento con casarío pechado normalmente denso ou rueiro, no que se observan dúas tendencias de desenvolvemento en función da localización dentro do termo municipal, así pois os núcleos das zonas das ribeiras do Miño e do Sil adoitan presentar un tecido moi sinxelo normalmente de crecemento lineal na contorna das vías de comunicación próximas, ou seguindo a directriz transversal á pendente do terreo e con escaso ou nulo crecemento. No resto dos casos atopámonos coas zonas orixinarias tradicionais de distinta extensión, aínda que predominantemente de contorno reducido nos que ou ben continúan mantendo a súa condición de illadas cun crecemento recente variable ou ben se teñen dado en certos casos crecementos de certa importancia, tendendo á creación de unidades poboacionais máis complexas, a partires da colmatación dos espazos agrarios intersticiais de varios asentamentos orixinariamente illados pero moi próximos. Isto é evidente na parroquia de San Miguel do Campo cos núcleos da Penela, Malburguete e Gundiás, na de Faramontaos, cos de Requeixo, Cachaplaza, Outeiro e Pacio e na de Armariz cos de Armariz e A Tellada, e por outra banda cos de Cancela, Requeixo e As Pereiras. Un dos desenvolvementos máis significativos foi o da capital municipal (Luíntra) que aínda que comparte unha orixe semellante ás do resto dos asentamentos existentes foi evolucionando pouco a pouco debido á súa privilexiada situación nun cruzamento de camiños procedentes de todo o termo municipal, dun núcleo con actividade primaria cara un lugar onde as actividades comerciais e de servizos (non só administrativos) cobran cada vez maior relevancia, o que implicou xa unha transformación a un ámbito máis urbano con amplo viario e edificacións de vivenda, tanto colectiva como unifamiliar pouco relacionadas coas pretéritas que foron o xerme da poboación e que aínda se manteñen no extremo leste da mesma. Unha morfoloxía non encadrable dentro dos anteriores parámetros de asentamento relacionado coa explotación agropecuaria do medio natural é o caso do poboado da Rasa, na parroquia de Vilar de Cerreda, xurdido a mediados do século XX ao tempo que se construían os encoros do río Sil para dotar de aloxamento aos técnicos e traballadores dos mesmos. O feito de que neste caso houbese unha vontade de planificación na súa realización e que se incorporasen servizos e dotacións non habituais na época nos contornos rurais, así como tipoloxías edificatorias alóctonas (edificacións en bloque, vivendas unifamiliares con zonas verdes entre elas) confírelle unha singularidade moi notable que aínda se mantén a día de hoxe.

A tipoloxía tradicional dos núcleos de Nogueira de Ramuín responde pois basicamente ao modo de vida rural, baseado na agricultura de subsistencia e a gandería extensiva. Son núcleos con viario interno estreito e irregular, condicionado pola topografía do terreo. As casas tradicionais do interior da provincia de Ourense teñen dúas plantas e normalmente son de planta rectangular, construídas con granito de diferentes feituras, con cuberta de tella do país a dúas, tres ou catro augas, e posúe

Page 32: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 31

XULLO 2010

escaleira exterior granítica perpendicular á fachada principal e patíns, corredores e solainas sobre grandes canzorros pétreos. O curral e as cortes sitúanse na planta inferior, namentres a superior se dedica a vivenda. Existen multitude de edificacións anexas, tamén de granito.

Ata a década dos sesenta do século vinte non se produciu unha modificación significativa no modelo de casarío. O comezo da corrente emigratoria cara a Europa e cara as rexións máis desenvolvidas de España, que nese período eran Cataluña, Euskadi e Madrid, marcou un cambio do modelo: ten lugar unha perda de valor da actividade agraria e experiméntase un maior interese en novos usos, que propiciaron numerosas actuacións onde non se preservou a tipoloxía tradicional, empregando materiais distintos dos da madeira ou a pedra, alterando escalas e introducindo novos elementos distorsionadores dos elementos tradicionais. Estas novas construcións fóronse situando, como se comentou, con anterioridade no contorno dos núcleos pechados.

2.2.2. Evolución e xerarquía dos asentamentos.

Na seguinte táboa pódese visualizar a evolución da poboación das parroquias nos últimos vinte e oito anos.

Táboa 4. Evolución demográfica das parroquias de Nogueira de Ramuín

1981 1991 2001 2008 Armariz 239 221 222 204

San Miguel do Campo 302 287 288 273 A Carballeira 216 179 151 142

Cerreda 368 260 266 219 Faramontaos 240 223 223 203

Loña do Monte 248 206 185 171 Moura 197 159 146 140

Nogueira de Ramuín 371 126 93 88 Santo Estevo de Ribas de Sil 162 98 111 107

Santa Cruz de Rubiacós 196 120 109 93 Vilar de Cerreda 384 289 258 237

Viñoás 210 146 155 65 Luíntra - 414 416 433 TOTAL 3.133 2.728 2621 2.475

Fonte: Nomenclátor INE. Ano 2008: elaboración propia.

No correspondente ás dimensións de poboación, as 70 entidades singulares do concello agrúpanse do seguinte modo, segundo datos do nomenclátor do INE do 2008.

Page 33: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 32

XULLO 2010

Táboa 5. Entidades singulares de poboación por intervalos de poboación

Parroquias Entidades < 50 De 51 a De 101 a 200 > 200 hab. Armariz 4 3 0 1 0

San Miguel do Campo 5 5 0 0 0 A Carballeira 14 14 0 0 0

Cerreda 2 1 0 1 0 Faramontaos 4 2 1 1 0

Loña do Monte 3 2 0 1 0 Moura 6 6 0 0 0

Nogueira de Ramuín 5 5 0 0 0 Santo Estevo de Ribas de Sil 5 4 1 0 0

Santa Cruz de Rubiacós 4 3 1 0 0 Vilar de Cerreda 3 1 1 1 0

Viñoás 10 10 0 0 0 Luíntra 5 4 0 0 1 Total 70 60 4 5 1

Fonte: Mapa de parroquias de Galicia da Xunta de Galicia. Nomenclátor do INE: ano 2008. Elaboración propia.

A porcentaxe de núcleos de menos de 50 habitantes é un 85,7%, de núcleos de 51 a 100 habitantes un 5,7%, entre 101 e 200 un 7,1%, e de máis de 200 un 1,4%. Hai que salientar que todas as entidades singulares de poboación do concello de Nogueira de Ramuín teñen menos de 500 habitantes e todas, agás unha, Luíntra, que é a capital e ten unha poboación de 385 persoas, menos de 200 habitantes.

As achegas de poboación de cada un dos estratos dos anos 2000 e 2007 son as seguintes. Táboa 6.

2000 2007 2000 (%) 2007 (%)

< 50 hab. 839 871 31,5% 35,2%

51 a 100 412 301 15,4% 12,2%

101 a 200 1.034 921 38,8% 37,2%

> 200 hab. 382 382 14,3% 15,4%

Total 2.667 2.475 100% 100%

Fonte: Nomenclátor do INE: anos 2000 e 2007. Elaboración propia.

Neste cadro obsérvase claramente que Luíntra, o núcleo de maior tamaño, concentra a mínima porcentaxe da poboación, tanto no 2000 como no 2007: dun 14,3% pasan a un 15,4% respectivamente, rexistrando un incremento do 1,1%.

Os núcleos de tamaño intermedio (entre 51 e 200 habitantes) supoñen a maior porcentaxe de poboación, un 54,2% en 2000 e un 49,4% en 2007, o que supón un aumento do 4,8%.

Os núcleos máis pequenos (menos de 50 habitantes) acadan unha porcentaxe de poboación intermedia, representando un 31,5% da poboación en 2000 e un 35,2 % en 2007, dando lugar a un crecemento do 3,7%.

2.2.3. CARACTERIZACIÓN URBANÍSTICA DOS ASENTAMENTOS.

A efectos da consideración e tratamento desde o punto de vista do urbanismo, faise necesaria a diferenza entre asentamentos urbanos e rurais, xa que os réximes lexislativos e de planeamento son moi diferentes para cada tipo. Esta distribución tamén inflúe na distribución dos servizos e dos

Page 34: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 33

XULLO 2010

equipamentos, onde hai un nidio predominio da concentración nos núcleos urbanos, aínda que nos núcleos rurais de maior funcionalidade teñen certa importancia.

Táboa 7. Datos estatísticos dos lugares do concello de Nogueira de Ramuín.

PARROQUIA TIPO DE NÚCLEO

Nº DE VIVENDAS

POBOACIÓN DE FEITO

ARMARIZ (San Cristovo) Armariz Lugar 166 186

O Covelo Lugar 5 5 Valdoasno Lugar 11 6

Ver de Fondo Lugar 20 25 TOTAL PARROQUIA 202 222

A CARBALLEIRA (San Xosé) Almorfe Lugar 17 29

A Barxela Lugar 2 3 A Buzaxe Lugar 7 5

A Carballeira Lugar 64 52 Casdecid Lugar 10 23 A Pena Lugar 1 0

Pousada Lugar 2 2 San Vicente Lugar 12 5 Santa Xusta Lugar 6 2

A Seara do Río Lugar 2 3 Souto do Chao Lugar 2 3

O Val Lugar 7 5 Vilanova Lugar 12 19 Zumento Lugar 1 0

TOTAL PARROQUIA 145 151 CERREDA (Santiago)

Cerreda Lugar 139 191 Vilouxe Lugar 76 75

TOTAL PARROQUIA 215 266 FARAMONTAOS (Santa María)

Eiradela Lugar 106 75 Montecelo Lugar 6 4

Santa Següiña Lugar 12 9 Faramontaos Lugar 76 135

TOTAL PARROQUIA 200 223 LOÑA DO MONTE (San Salvador)

As Raposas Lugar 5 10 Requeixo Lugar 17 22

Loña do Monte Lugar 150 153 TOTAL PARROQUIA 172 185

Page 35: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 34

XULLO 2010

PARROQUIA TIPO DE NÚCLEO

Nº DE VIVENDAS

POBOACIÓN DE FEITO

MOURA (San Xoán) O Alcouce Lugar 45 33 Cinseiro Lugar 33 40 Fiscal Lugar 7 3

Monteverde Lugar 15 31 Sobrado Lugar 25 30 Vilasuxá Lugar 9 9

TOTAL PARROQUIA 134 146 NOGUEIRA DE RAMUÍN (San Martiño)

Fontefría Lugar 7 14 Lama Forcada Lugar 8 9

Liñares Lugar 13 19 Nogueira Lugar 23 21 Pacios Lugar 13 30

TOTAL PARROQUIA 64 93 SAN MIGUEL DO CAMPO

Cimadevila Lugar 16 30 Nigueiroá Lugar 11 14 Saceda Lugar 17 26

O Toxedo Lugar 10 19 Val do Pereiro Lugar 16 26

TOTAL PARROQUIA 70 288 SANTA CRUZ DE RUBIACÓS

Cortecadela Lugar 2 4 Espartedo Lugar 6 7 Rubiacós Lugar 64 26

Santa Cruz Lugar 12 72 TOTAL PARROQUIA 84 107

SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL Biduedo Lugar 17 19 Paradela Lugar 8 10 Pombar Lugar 32 26

Santo Estevo de Ribas de Sil Lugar 48 56 TOTAL PARROQUIA 105 111

VILAR DE CERREDA (Santa Baia) Parada Seca Lugar 14 19

Vilar Lugar 71 68 Vilar de Cerreda Lugar 121 171

TOTAL PARROQUIA 206 258

Page 36: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 35

XULLO 2010

PARROQUIA TIPO DE NÚCLEO

Nº DE VIVENDAS

POBOACIÓN DE FEITO

VIÑOÁS (Santa María) Borraxos Lugar 6 14 Casanova Lugar 9 8 O Coitelo Lugar 11 17

A Ferreirúa Lugar 20 26 A Forraqueira Lugar 2 0 Pena do Chao Lugar 5 11

Penalba Lugar 17 28 A Pereira Lugar 8 5 Ramuín Lugar 10 3 Viñoás Lugar 45 43

TOTAL PARROQUIA 133 155 LUÍNTRA (Santa Baia)

Luíntra Lugar 174 370 Mundín Lugar 18 22

A Seara de Arriba Lugar 15 19 Baldomar Lugar 2 5

TOTAL PARROQUIA 209 416 Totais 2.090 2.621

Fonte: Censo de Poboación e Vivendas do INE. Ano 2001. Elaboración propia.

2.2.3.1. Os núcleos urbanos.

No Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente ( aprobado definitivamente o 13 de novembro do 2001) só está delimitado como solo urbano o núcleo de Luíntra.

O feito urbano residencial é un fenómeno recente no concello de Nogueira de Ramuín, ligado basicamente á importancia da localización da capital municipal no centro do concello, e sobre un cruzamento de camiños procedentes desde os diversos extremos do concello e que se encontran neste punto. A partires dun núcleo orixinario de carácter tradicional, tanto na súas edificacións como no viario situado nunha pequena ladeira orientada ao oeste e rodeado de terras de cultivo sobre terreo con moderadas pendentes vaise producir un moderado crecemento cara o sur e o oeste ao longo das principais vías de comunicación que converxen no centro do pobo como son a OU-0508 e a OU-0509, aínda que de forma máis importante no primeiro caso. Se ben as novas tipoloxías empregadas, tanto de vivenda unifamiliar (B+1) e vivenda colectiva (B+2) difiren das tradicionais contiguas, o crecemento produciuse dunha forma máis ben homoxénea, cunha certa orde e sen elementos moi disonantes. Así pois é claramente recoñecible na trama actual a zona primixenia ao oeste de Luíntra, con outra contigua caracterizada vivendas unifamiliares e colectivas en medianeira encerrando as principais vías de comunicación e praza da igrexa parroquial e un terceiro ámbito máis extenso e difuso de edificación unifamiliar que se prolonga en dirección principalmente sur, cara aos veciños núcleos da Seara do Río e Mundín, deixando unhas importantes bolsas de terreo baleiro no seu interior. Dentro da capital municipal podemos atopar a principal actividade comercial existente no concello e que se localiza nos baixos de edificios e vivendas; trátase de pequenos comercios de alimentación, electrodomésticos e mobiliario, así como establecementos hostaleiros e algunha axencia bancaria. Do mesmo xeito, no extremo leste da capital o concello está a levar a cabo a implantación dun gran número de dotacións como son un pavillón municipal, unha piscina, un centro de día, un cemiterio, un velorio etc.

Page 37: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 36

XULLO 2010

Zona orixinaria da capital. Zona de crecemento recente.

Un caso moi singular, aínda que común a outros lugares de Galicia e vinculado normalmente a explotacións mineiras ou instalacións de produción de enerxía (como aquí acontece), é a construción, a partires de cero, dun novo asentamento de poboación na parroquia de Vilar de Cerreda denominado A Rasa. Este lugar edificado a mediados do século XX para aloxar os técnicos e traballadores que construían e operaban os distintos encoros do río Sil presenta unha tipoloxía edificatoria, servizos e dotacións totalmente alleas ao común da época e que aínda a día de hoxe adoitan ser máis propias das zonas urbanas de vilas ou cidades que de un asentamento ligado ao aproveitamento do medio, mediante a agricultura e a gandería como era o caso do resto dos existentes no momento, na contorna. Este poboado no que se localizaban tanto vivendas unifamiliares, como pequenos bloques de dúas plantas que albergaban seis vivendas cada un, así como outra serie de pavillóns para oficinas e almacenaxe, dispuña dun pequeno hospital, un pequeno cuartel de policía, un casino, perruquería, etc., así como de diversas zonas verdes. Estas características, unido á dotación de servizos de acceso rodado, abastecemento, saneamento e enerxía eléctrica, así como a singularidade do seu nacemento a través dunha vontade neta de planificación desde cero e polo tanto totalmente desleigada, tanto da existencia de edificacións de carácter tradicional como da explotación racional do medio no que se sitúa, fan que a súa consideración, en canto á clasificación do solo no que se refire á LOUG, deba ser a dun núcleo urbano.

Page 38: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 37

XULLO 2010

Vivendas unifamiliares.

Vivendas colectivas en bloque.

2.2.3.2. Os núcleos rurais.

En xeral a existencia dun gran número de asentamentos de poboación sobre o territorio e o feito de grandes procesos migratorios nas décadas 60 e 70 dos século XX produciu un escaso desenvolvemento na maioría dos núcleos de poboación orixinarios que seguiron entrementres cos usos e actividades ligados á explotación do medio e cunha tendencia moi marcada de despoboamento. O crecemento que se produciu nos últimos 20 ou 30 anos non se distribuíu de forma homoxénea, senón que primou aquelas localidades cunha mellor accesibilidade (principalmente sobre as estradas de titularidade provincial), uns mellores servizos, e sobre todo cunha certa superficie dispoñible contigua de solo que ocupar procedente dos antigos espazos agrícolas, agora practicamente abandonados, en tanto o resto de entidades mantiñan a duras penas a poboación ou simplemente esmorecían pouco a pouco. Así pois, son localidades como a capital Luíntra ou as que forman o núcleo principal de San Miguel do Campo, entre outras, as que capitalizan este rexurdir e acubillan a maioría da poboación existente na actualidade. Quizás un dos poucos aspectos positivos desta “fosilización” dos asentamentos foi a preservación dun importante patrimonio arquitectónico e etnográfico ligado á forma de vida tradicional dos nosos devanceiros pero que agora está en perigo de desaparición, se non se actúa activamente para a súa recuperación e mantemento.

2.2.4. OS USOS DO SOLO E A EDIFICACIÓN NOS NÚCLEOS.

A información sobre os distintos usos que podemos atopar no sistema de asentamentos de Nogueira de Ramuín reflíctese nos planos de información que serven de cartografía base do presente PXOM.

Non existen de momento usos urbanos moi especializados -ou sexa usos diversos distintos aos de vivenda e agropecuarios que decote xorden nos núcleos rurais.

No concello de Nogueira de Ramuín pódense detectar usos residenciais en vivenda individual e colectiva, usos comerciais (oferta comercial non moi diversa), hostaleiros (bares, tabernas, restaurantes, establecementos dedicados ao turismo rural etc.), usos equipamentais (ensino, deporte, cultura, sanitarios, administrativos, etc) e algúns usos industriais (localizados tanto no contorno da capital municipal como ao longo do territorio).

Page 39: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 38

XULLO 2010

2.2.4.1. O uso residencial.

É o uso maioritario no concello de Nogueira de Ramuín, seguido de lonxe por un uso comercial terciario.

O uso residencial, concrétase principalmente nas vivendas unifamiliares, en edificacións de pouca altura, as cales constitúen a maioría do espazo ocupado dos núcleos rurais e o solo urbano. Con certa presenza no contorno urbano e de forma illada nalgún núcleo, atopamos edificios de vivenda colectiva maioritariamente de tres alturas (B+2) que acubillan polo xeral un reducido número de vivendas cada un.

Tanto nos núcleos rurais como no solo urbano predominan as vivendas unifamiliares, illadas ou acaroadas de unha ou dúas plantas, e que poden ser moi variables desde casas tradicionais de pedra e pequenas, ata grandes edificacións de materias nobres e cunhas dimensións volumétricas moi considerables.

Os únicos edificios que non conteñen uso residencial no interior dos asentamentos son aqueles que acubillan usos equipamentais públicos ou privados (administrativos, sanitarios, docentes, relixiosos, etc.) así como algunha edificación para usos comerciais ou de pequenos talleres ou industrias. Un caso excepcional son os edificios en estado ruinoso que non permiten a habitabilidade neles, podendo ter un carácter transitorio ou xa dunha certa perdurabilidade.

2.2.4.2. Os usos comerciais.

Estes usos concéntranse principalmente tanto nas plantas baixas no núcleo urbano de Nogueira de Ramuín como, en moita menor medida, na de algunha edificación en certos núcleos ao longo de todo o concello. A localización dos usos comerciais focalízase maioritariamente na beira das estradas provinciais OU-0508 e OU-0509 no seu percorrer polo solo urbano de Luíntra, preto de fitos como a igrexa parroquial, ou a casa do Concello. Os baixos nos que se instalan estes usos comerciais son de pequenas dimensións, o que dificulta a presenza de negocios que requiran moitos metros cadrados; así pois, o que predomina son comercios de dimensións pequenas (ocupadas maioritariamente por autónomos).

Celébrase nas inmediacións da igrexa parroquial de Luíntra unha feira ao aire libre os días 25 de cada mes.

2.2.4.3. Os usos industriais.

O concello de Nogueira de Ramuín está situado no sur da Galiza. Por este termo municipal transcorren tanto a estrada nacional N-120 (ao norte), como distintas estradas provincias que, procedentes dos diversos extremos do termo municipal e dos concellos veciños, converxen sobre a capital municipal (Luíntra). A orografía do contorno da capital con espazos en zonas chairas é un factor máis para facilitar a implantación do uso industrial – empresarial. De feito estase a levar a cabo a construción dun parque empresarial (para o cal xa foi aprobado pola Xunta de Galicia un proxecto sectorial) nas inmediacións da Seara de Arriba.

As principais actividades que se desenvolven ao longo do termo municipal, na actualidade, teñen que ver cos seguintes sectores: instalacións eléctricas, fabricación de carpinterías metálicas e de madeira, extracción de áridos e construción, transporte por estrada, alimentación, construcións metálicas, reparación de vehículos e maquinaria, etc.

Page 40: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 39

XULLO 2010

2.2.4.4. Os usos hostaleiros.

Hai que salientar que a ampla oferta hostaleira existente localízase tanto no contorno do núcleo urbano de Luíntra ao longo de diversos núcleos esparexidos por todo o concello, principalmente da zona norte. Existen varios restaurantes, así como uns 15 establecementos dedicados a cafés e bares en todo o concello (padrón do IAE de 2007).

Dentro dos aloxamentos existentes podemos atopar os seguintes:

• Casas de turismo rural:

- A Casa da Eira (Alberguería). Conta con 6 habitacións e 11 prazas.

- Casal de Fontes (Fontes). Conta con 9 habitacións e 20 prazas.

- Reitoral de Armariz (Armariz). Conta con 6 habitacións e 11 prazas.

• Hoteis rurais:

- A Forxa (Luíntra). Conta con 9 habitacións e 16 prazas.

- Casal das Bouzas (O Coitelo). Conta con 5 habitacións e 10 prazas.

- Hotel Casino A Rasa (A Rasa). Conta con 8 habitacións.

• Paradores:

- Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo de Ribas de Sil). Conta con 77 habitacións e 153 prazas.

2.2.4.5. Os usos equipamentais.

Os usos equipamentais nos núcleos céntranse case que por completo en pequenos sistemas de equipamentos de carácter local. Na súa meirande parte, estes equipamentos locais están constituídos por equipamentos con uso de servizo público (lavadoiros etc.) e de locais sociais, en xeral en bo estado de conservación. Dentro desta mesma serie de equipamentos están todos os de carácter relixioso máis os que dan servizo funerario, é dicir os cemiterios parroquiais.

Xa dentro do núcleo urbano de Luíntra, aos equipamentos característicos de carácter local hai que engadir outros de ámbito máis xeral e que teñen un ámbito de afectación moito maior que os puramente considerados de sistema local. Ademais da igrexa e cemiterio, como cabeceira parroquial, neste núcleo podemos atopar equipamentos xerais como a Casa do Concello, a Casa da Cultura, un velorio, o centro de día, o centro de saúde, o cuartel da Garda Civil, un centro xeriátrico de titularidade xestión privada, o CEIP, o Punto de Atención á Infancia, o pavillón polideportivo e as piscinas municipais.

2.2.4.6. Os espazos libres.

Os núcleos rurais acadan diferentes niveis de dotación neste sentido, sendo maior nos cabeceiros parroquiais e menor no resto.

Fóra do ámbitos dos núcleos rurais e do solo urbano leváronse a cabo acondicionamentos de áreas recreativas de pequena dimensión, en especial no contorno da estrada OU-0508, e en menor medida no resto do concello.

Será motivo do PXOM ou do planeamento posterior rectificar e/ou revisar o cumprimento das necesidades que haxa neste senso.

Page 41: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 40

XULLO 2010

2.2.5. TIPOLOXÍAS EDIFICATORIAS.

No concello de Nogueira de Ramuín, podemos observar unha presenza importante de variedades tipolóxicas, reflectindo o pasado histórico deste concello.

2.2.5.1. As tipoloxías rurais.

No medio rural de Nogueira de Ramuín a edificación rural tradicional correspóndese coas características propias dunha “fábrica agrícola”.

No que atinxe á súa tipoloxía, hai que falar dunha arquitectura tradicional de planta rectangular pechada por catro muros de pouco máis de 5 metros de altura (baixo máis un piso); dous lonxitudinais cunhas dimensións de entre 7 e 10 metros e dous transversais de entre 4 e 7 metros de lonxitude.

Nestes muros emprégase principalmente a cachotería de granito careada nas edificacións comúns, reservando as fábrica de perpiaño e sobre todo a sillería para as edificacións máis importantes e elaboradas. Como revestimento destes muros pódense atopar nestes núcleos diferentes solucións, desde a pedra vista (o máis habitual) conxunta “a oso” ata o cintado, pasando polo recebado total e pintado (nun menor número de casos), usando cores claras.

Vivenda en Alberguería (cachotería careada). Pazo en Celeiros (sillería).

Exemplos de fábricas de granito.

Nos muros atopamos varios tipos de ocos, todos coas súas diferentes funcións. As fiestras feitas de pequenas dimensións redúcense a un bastidor e o vidro, aínda que moitas veces reemprazadas por fiestras máis modernas e de materiais máis novos como o aluminio, as portas tamén de reducidas dimensións e realizadas en madeira, ou en aluminio nos cambios máis recentes, dunha folla. Atópanse un certo número de galerías con bastidores de madeira e só en casos moi puntuais metálicos.

Page 42: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 41

XULLO 2010

Vivenda en Eirexa (Loña do Monte).

Vivenda en Picornio (Sta. Cruz de Rubiacós)

Exemplos de ocos.

Ademais disto, hai vivendas que teñen como elementos singulares a presenza de escaleiras de pedra como acceso, patíns, corredores, balcóns,.... sendo moi habitual o lousado de pedra sobre muros ou canzorros nos corredores ou solainas.

Vivenda en Espartedo (solaina)

Vivenda en Penela (corredor)

As cubertas son, polo xeral, de dúas, tres ou catro augas, e van montadas en tódolos casos sobre un armazón de madeira. Nas cubertas emprégase a tella do país como elemento de cubrición.

Unha característica moi singular da construción neste concello é o emprego de grandes rochas existentes no terreo como paramento exterior das construcións, configurándose pois nunha fachada máis da vivenda, e do cal atopamos diversos exemplos.

Page 43: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 42

XULLO 2010

Vivenda en Nogueira.

Construción en Saceda.

As edificacións de tipo relixioso teñen unha riqueza e unha diversidade importantes, tanto en igrexas parroquiais como en capelas, salientando pola súa importancia o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Tamén no caso da arquitectura civil (pazos, casas reitorais e certas vivendas) existe un importante traballo, tanto das fábricas como dos distintos elementos das construcións.

Interior do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Fachada do pazo da Seara do Río

Ademais das 12 igrexas parroquiais tradicionais, e da de máis recente construción de Luíntra, existen moitos exemplos de capelas, tanto nas aforas dalgún núcleo, coma dentro dos mesmos.

Page 44: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 43

XULLO 2010

Igrexa parroquial de Faramontaos.

Igrexa parroquial de Nogueira.

Capela da Virxe do Monte.

Capela en Celeiros.

Exemplos de arquitectura relixiosa.

As edificacións complementarias (alpendres, cortes...) tamén teñen representación importante nas edificacións do medio rural. Existe tamén unha importante presenza de hórreos, tanto de forma illada como formando pequenas agrupacións.

A partir da década dos sesenta do pasado século, apareceu tamén no rural unha edificación que se descontextualiza do medio, e que responde a novos usos, que esquecen os tradicionais e incorporan tipoloxías urbanas debido a que se destinan, na maioría dos casos, á función residencial. Localízanse fundamentalmente no trazado das vías de comunicación cara ás estradas principais, dando lugar a un poboamento lineal, e tamén no contorno dos núcleos primitivos, alterando a harmonía da paisaxe rural tradicional e marcando unha incipiente dispersión no modelo de asentamento poboacional.

Page 45: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 44

XULLO 2010

Vivenda en Vilouriz.

Vivenda en Vilar de Cerreda.

Exemplos das novas edificacións ao carón das estradas.

Vivenda en Armariz.

Vivenda en Requeixo (Faramontaos).

Exemplos das novas edificacións no núcleo

2.2.5.2. As construcións adxectivas

Son as construcións relacionadas coa actividade agropecuaria, e cunha presenza moi importante no medio rural tradicional de Nogueira de Ramuín. A situación destas construcións pode variar segundo os casos e a función da construción: principalmente tiveron e teñen como fin almacenar e transformar os produtos agrícolas, nos que efectuar o proceso final para obter alimentos, de habitáculo para os animais..., e actualmente engadíronse outros usos derivados dos novos modos de vida e das novas necesidades das xentes do rural.

Ás veces, no medio rural, estes espazos dispóñense con criterio de verticalidade; é dicir, lagares, adegas, fornos... atópanse baixo o teito da casa. Pero tamén ocorre que se presenten cun criterio de horizontalidade e é entón, cando se crea a necesidade de agregar espazos individualizados ao corpo central da vivenda, aínda que moi próximos a ela. As características construtivas son as mesmas que na casa-vivenda, aínda que na maioría dos casos se caracterizan pola rusticidade dos seus acabados.

Page 46: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 45

XULLO 2010

Dada a importancia das construcións adxectivas nas tipoloxías da vivenda tradicional e a presenza delas en gran número, vamos a dar un breve repaso polo concello en canto ás súas funcións e características principais. A seguir dáse unha descrición sucinta das edificacións que se recolleron en Nogueira de Ramuín.

Construcións de almacenamento ou coa función de secado e conservación dos produtos

Hórreos: moi abundantes neste concello, agás nas parroquias de ribeira xa que estas zonas non eran as máis acaídas para o cultivo de cereais e si en cambio para a vide, constitúen un elemento definitorio da paisaxe galega, empregándose para secar, conservar, e almacenar os cereais que se recollen, fundamentalmente millo e centeo, e tamén para protexe-los de animais, como ratos ou aves.

É de planta rectangular e a altura á que se atopa a "cámara" non excede a de unha persoa.

Necesitan dunha boa cimentación sobre a que se asentan uns piares de pedra con forma prismática, denominados pés. O seu número depende da lonxitude que teña o hórreo: pártese dun mínimo de dous (un por esquina). Sobre cada piar colócase unha pedra cilíndrica ou cadrada ("tornarratos" ou "moas") para evitar o acceso de roedores.

As paredes dos hórreos son de pedra ou de madeira, con aberturas horizontais para unha boa ventilación.

A cuberta a dúas augas, igual que o piso, é de madeira. Sobre ela colócase tella curva. Na cuberta aparece case sempre algún tipo de adorno: pináculos con forma piramidal ou de cruz, e tamén outros elementos decorativos como reloxos de sol.

Localízanse tanto de forma illada como formando pequenos conxuntos sobre airas.

Hórreos en San Miguel do Campo Hórreos en Loureiro

Exemplos de hórreos.

Alpendres ou alboios: é a dependencia de almacenamento máis usual, de produtos como a palla, a leña... Atópanse en todo tipo de formas e materias, xa que a maioría deles sufriron diversas modificacións, mais orixinariamente son cadrados ou rectangulares con cuberta a unha ou dúas augas. Os muros están feitos de cachotería (compostos por pedras graníticas de diferentes volumes) e abertos normalmente por un ou dous dos seus lados. A maioría das veces están acaroados ao corpo central da edificación residencial.

Page 47: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 46

XULLO 2010

Exemplo de alboio

Construcións de transformación

Muíños hidráulicos:

Os muíños de auga son testemuño dun pasado no que a subsistencia dependía da agricultura, que co paso dos anos converteuse en parte esencial da arquitectura popular galega, onde se moía o gran de cereais, como millo ou centeo para obter fariña.

Os muíños tiñan tamén unha importante función social, era un lugar onde se relacionaban os veciños, contábanse contos e algunha que outra troula, onde a picaresca amorosa xurdía tamén ao seu arredor. Infinidade de cantigas, lendas, refráns, poemas de amor e de berce, eran inspirados nos muíños mentres se moía o grao.

No caso dos existentes en Nogueira de Ramuín correspóndense ao tipo de muíños de canle, cunha única moa normalmente, dos que existen numerosos exemplos nas marxes dos distintos ríos e regatos como por exemplo ao carón do río Loña.

Co avance da sociedade os muíños de auga foron caendo en desuso, algúns desfeitos e comidos polas silvas nun abandono total, outros xa desapareceron, son moi poucos os que aínda traballan aguantando o empuxe da modernidade. As novas tecnoloxías e enerxías industriais favoreceron o desenvolvemento da economía, ao mesmo tempo que provocaron o abandono das costumes tradicionais; así, pouco a pouco os campos comezaron a quedar abandonados, como adoita dicirse “a monte”; dese xeito foise unha parte do noso patrimonio. Subliñar tamén que coa chegada da electricidade foron moitos os campesiños que compraron muíños eléctricos, instalándoos nas bodegas das casas, moendo alí mesmo o grao. Moita xente que ten este aparello recoñece que a fariña, nin por asomo, ten a mesma calidade da que se obtén no muíño de auga tradicional.

Page 48: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 47

XULLO 2010

Muíño en Souto (Sta. Cruz de Rubiacós) Muíño en Pombar (Sto. Estevo de Ribas de Sil)

Exemplo de Muíños.

Construcións de cría e habitación de animais

Cortes, cortellos, e galiñeiros: aparecen en grande número no concello de Nogueira de Ramuín, xa que son as dependencias máis directamente ligadas á casa no mundo rural.

As cortes e os cortellos xeralmente sitúanse na planta terreña da vivenda, mais poden estar formando parte do alboio en construcións dunha soa planta con muros feitos de cachotería. As cortes aloxan ao gando vacún, equino e caprino ou ovino, e os cortellos son similares, mais de menores dimensións e específicos para porcos.

O galiñeiro, como o seu nome indica é lugar de galiñas, compartido con pavos e patos.

Exemplo de vivendas con corte na planta baixa en A Costela (Faramontaos).

Construcións de aproveitamento doméstico de auga

Fontes e lavadoiros: son construcións dedicadas ao aproveitamento doméstico de auga e son de carácter comunal ou veciñal. Estas construcións poden aparecer xuntas ou separadas. No medio rural deste concello, aparecen en grande número.

Page 49: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 48

XULLO 2010

As fontes consisten nunha mina pechada cun simple muro de pedra, no que se incrusta un cano por onde sae a auga, ou nun volume paralelepipédico de pedra, no interior do cal se contén o líquido, permitindo a súa extracción mediante recipientes de distintos tamaños (olas, baldes, botellas, etc.).

Exemplo de Fonte en Vilouriz (Loña do Monte).

Os lavadoiros construíronse para aproveitar a auga sobrante das fontes e consisten nun gran pío de forma rectangular, que orixinariamente non tiña tellado, levando na parte superior do depósito lousas inclinadas e ben pulidas, máis longas que as outras. Teñen como finalidade lavar a roupa. Neste concello existen moitos exemplos deste tipo de construción maioritariamente descubertos, sendo o número dos que contan con cubrición reducido. Tamén existe un bo número de lavadoiros de recente construción, executados en formigón e maioritariamente cubertos.

Exemplo de lavadoiro en Liñares (Nogueira).

2.2.5.3. Outros espazos e construcións singulares.

As airas.

As airas xurdiron nas zonas onde se cultivan os cereais como o trigo e o centeo como zonas de almacenamento provisional das medas para o seu posterior mallado, é dicir separación do gran das espigas da palla que forma o resto da planta, co fin de empregar o primeiro para a elaboración de pan

Page 50: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 49

XULLO 2010

para ou consumo humano e penso para o gando e o segundo principalmente para estrar as cortes dos distintos animais, xunto con toxos que se rozaban nos montes próximos

Existen basicamente dous tipos de airas dentro do concello de Nogueira de Ramuín das cales atopamos abondosos exemplos ao longo dos distintos núcleos:

- A aira sobre unha parcela en estado natural: é dicir aquela que aproveita a existencia de solo rochoso principalmente, ou nalgúns casos con cobertura herbácea.

- A aira acondicionada pola man do home: co solo lousado e un pequeno peto de pedra que rodea parte da parcela.

Aira en Espartedo (Sta Cruz de Rubiacós) Aira lousada en Eiradela (Faramontaos)

Exemplos de airas

Os socalcos.

As características dun espazo de ribeira tan singular como é a dos ríos Miño e Sil, coa presenza de fortes pendentes e os grandes desniveis desde os cumios dos canóns que os encerran ata os leitos dos devanditos ríos supuxeron un gran reto para os moradores que decidiron asentarse en tan extraordinaria localización. Isto non só supuxo un problema para as construcións, senón tamén para o cultivo que dispuña de escaso espazo sobre o que desenvolverse. Todo isto xunto con outra serie de circunstancias conduce a que o territorio precisa ser acondicionado con carácter previo á súa utilización. Desta forma xorde a necesidade de construír os socalcos que son unha serie de valados de pedra que serven para conte-las terras de cultivo nos terreos moi pendentes e que polo tanto abondan non só no ámbito de Nogueira de Ramuín senón ao longo de ámbalas marxes dos ríos anteditos.

Page 51: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE …€¦ · A comarca de Ourense está situada no noroeste da provincia de Ourense e limita ao norte coas comarcas luguesas de Chantada

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL 50

XULLO 2010

Exemplo de socalcos na parroquia de Viñoás.