Comarca Chantada

103
CHANTADA A NATUREZA

Transcript of Comarca Chantada

CHANTADAA NATUREZA

A penichaira de Chantada entre a serra do Faro e o río Miño

A comarca de Chantada está situada no suroeste da provincia de Lugo, entre as serras da Dorsal (Martiñá, Faro, Farelo e Vacaloura), que lle serven de linde con Pontevedra e Ourense polo oeste, e o val do río Miño, ao leste, lindando coas Terras de Lemos. No territorio distínguense claramente tres unidades: as serras, con altitudes superiores aos 1.000 m, a superficie de aplanamento de Chantada e o encaixado val do Miño, con paredes que nalgúns lugares acadan os 400 m de altura. A maioría da poboación aséntase en pequenos núcleos rurais, agás a capital comarcal, Chantada, que concentra o maior número, os servizos e as industrias. As serras e o río Miño son os grandes protagonistas da natureza da comarca e neles atópanse paisaxes e espazos naturais de grande beleza e valor ecolóxico.

SUPERFICIE: 462,2 km2 POBOACIÓN: 16.400 habitantesCONCELLOS: Carballedo, Chantada e Taboada.ESPAZOS PROTEXIDOS:LICs Serra do Faro e Pena Veidosa.

CLIMAOceánico, con matices continentais. No val do Miño ten características mediterráneas o que favorece o cultivo da vide e a presenza de especies mediterráneas.

ACTIVIDADESAgrogandaría (destaca o cultivo de viñedos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra), forestal, servizos e industria.

Granxa en Piñeira (Taboada)

PATRIMONIOÉ unha zona que ten un grande gran interese histórico-artístico e etnográfico. Son numerosos os castros, igrexas e mosteiros (forma parte da Ribeira Sacra), pazos, conxuntos arquitectónicos, cruceiros, pontes muíños, adegas...

Hórreo ou canasto en Mouricios (Chantada)

Hórreo en O Campo (Taboada)

Pombeiro en Chantada

Pombeiros en O Campo (Taboada)

Pombeiro no pazo de San Pedro de Bembibre (Taboada)

Palleira en Argozón (Chantada) Detalle dunha casa en O Campo (Taboada)

Pazo de Sabadelle (Chantada)

Pazo de San Pedro de Bembibre (Taboada)

Pazo de Perrelos(Taboada)

Adegas nos socalcos do Canón do Miño

Castro Candaz (Pedrafita, Chantada). Neste outeiro situado a carón do Miño, entre as desembocaduras dos regos Enviande e As Lamas, houbo un poboado castrexo e unha fortaleza medieval que foron moi modificados pola construción de socalcos para o cultivo das vides. Desde a construción do Encoro de Belesar permanece asolagado e só se pode acceder a el cando o nivel da auga está moi baixo.

Igrexa de Santo Estevo de Chouzán (Carballedo). Románica do século X, trasladada cando se fixo o encoro de Os Peares. No seu interios hai pinturas murais do século XV. Igrexa de Pradeda (Carballedo)

Igrexa de Oleiros (Carballedo)

Igrexa de Temes (elemento romano)

San Xoán da Cova (Carballedo). Igrexa monasterial benedictina trasladada a causa da construción do encoro de Os Peares.

Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada). Románica, da segunda metade do século XII, con reformas no XVIII na torre e fachada. Destacan as pinturas murais de influencia italiana de mediados do século XVI, realizadas ao fresco, especialmente a escea do Xuizo Final.

Santa María de Pesqueiras (Chantada). Igrexa románica que formou parte dun antigo mosteiro de benedictinas. Está situado no canón do Miño, sobre o encoro de Belesar nunha paraxe moi fermosa rodeda de soutos e viñedos e cunhas vistas espectaculares.

Igrexa de Argozón (Chantada)

Igrexa de Camporramiro (Chantada)

Igrexa de Muradelle (Chantada)

Igrexa de Fornas (Chantada)

Igrexa de Bermún (Chantada)

Igrexa de Brigos (Chantada)

Igrexa de Requeixo (Chantada)

Igrexa de Mouricios (Chantada)Igrexa de O Monte (Chantada)

Igrexa de San Pedro de Bembibre (Taboada)

Igrexa de Bouzoa (Taboada)

Igrexa de O Couto (Taboada)

Igrexa de Castelo (Taboada)

Igrexa de Taboada dos Freires (Taboada)

Igrexa de O Campo (Taboada)

Igrexa de Cerdeda (Taboada)

Igrexa de Piñeira (Taboada)

Cruceiro de San Pedro de Bembibre (Taboada)Cruceiro de Castelo (Taboada)

CONCELLOS

SUPERFICIE: 138,78 km2 POBOACIÓN: 2.401 habitantes (2014). PARROQUIAS: Aguada, Buciños, Carballedo, Cartelos, Castro, Chouzán, A Cova, Ervedeiro, Furco, Lobelle, Lousada (Santiago e San Mamede), Marzás, Milleirós, Oleiros, Pradeda, San Romao de Campos, San Salvador de Búbal, Santa Baia de Búbal, Santa Cristina de Asma, Santa Mariña do Castro, Temes, Veascós e Vilaquinte.

Os Peares no encontro do Búbal co Miño

CARBALLEDOEstá situado ao sur da comarca lindando coas terras de Ourense polo sur e leste (comarcas de Ourense e O Carballiño) e Pontevedra polo leste (Deza). O territorio ten as maiores alturas na serra do Faro (Pena Grande, con 1.106 m) e Martiñá (Porteliño, con 1.044). Vai descendendo cara ao Miño e está moi dividido polos vales dos seus afluentes Búbal e Fondós.

Igrexa de Lousada

É un concello enimentemente rural, sen grandes núcleos de poboación que ten como capital o núcleo de A Barrela. As principais actividades son a gandaría, a agricultura, en especial a viticultura, e os cultivos forestais.Acolle importantes valores naturais: o canón do Miño, carballeiras con exemplares monumentais, fervenzas e bosques de ribeira dunha gran diversidade. Ten ademais un importante patrimonio monumental representado en varios mosteiros, igrexas románicas e barrocas e pazos.

Vista desde Cartelos cara ao Faro

SUPERFICIE: 176,61 km2 POBOACIÓN: 8.493 habitantes (2015) PARROQUIAS: Adá, Arcos, Argozón, Asma (San Fiz e San Salvador), Belesar, Bermún, Brigos, Camporramiro, Chantada, Esmeriz, Esmoriz, Fornas, A Grade, Laxe, Líncora, Mariz, Mato, Merlán, Monte, Mouricios, Muradelle, Nogueira de Miño, Pedrafgita, Pereira, Pesqueiras, Requeixo, Riba, Sabadelle, A Sariña, A Veiga, Viana (San Pedro e Santa Cruz) e Vilauxe.

Rúa no casco antigo de Chantada

CHANTADAEstá situada no centro da comarca, lindando co concello de Rodeiro (Pontevedra). O territorio ten as máximas alturas no oeste, na serra do Faro, nos cumes do Monte Faro (1.187 m) e O Marco (1.036 m). A maior parte está ocupado por unha extensa superficie de erosión que forma parte dunha penichaira dunha altitude media de 600 m na que destacan alguns pequenos cumes como o San Sebastián (764 m) e Cabezuda (733 m). No leste está limitada polo val do Miño que cae en paredes de grandes desniveis nas que se cultivan as vides en socalcos ou muras. Os ríos Enviande e Asma, afluentes do Miño, percorren o concello de oeste a leste.

Belesar, ao pé do Miño, coas augas encoradas en Os Peares.Unha ruta sinalizada permite percorrer toda a beira do Canón do Miño e únese ás que continúan por Carballedo, Taboada ou, cruzando a ponte de Belesar, polo Saviñao

As principais actividades son a agricultura (forraxes e viñedos), a gandaría, os servizos e pequenas industrias.Ten importantes valores naturais asociados ao Canón do Miño e á serra do Faro. Acolle mostras histórico-artísticas e etnográficas de todas as épocas: castros, calzadas romanas, igrexas e mosteiros románicos e barrocos, pontes, muíños...

San Salvador de Asma, mosteiro fundado no século IX

SUPERFICIE: 146,59 km2

POBOACIÓN: 3.101 habitantes (2014) PARROQUIAS: Ansar, Arxiz, Bembibre, Bouzoa, Campo, Carballo, Castelo, Cerdeda, Cecillón, Couto, Esperante, Frade, Gondulde, Ínsua (San salvador e San Xián), Mato, Meixonfrío, Moreda, Mourelle, Piñeira, Sobrecedo, Taboada dos Freires, Torre, Vilameñe, Vilar de Cabalos, Vilela e Xián.

TABOADASituada ao norte da comarca. O territorio está situado entre o val do Miño, ao leste, e as serras da Dorsal: A Vacaloura ao norte e oeste, cos cumes máis alto no San Cristovo (830 m) e Castrillón (765 m); Alto do Corno, co cume máis alto no Cantelle (901 m) e as estribacións do Faro ao aoeste. No centro unha ampla penichaira cunha altitude media de 600 a 400 m.Os ríos Bieitas, Moreda e Enviande, afluentes do Miño, atravesan o concello de oeste a leste.

Clube náutico en Mourulle, nas beiras do Miño no encoro de Belesar. Unha ruta sinalizada de longo percorrido (PGR) percorre toda a beira do Miño e únese ás que continúan por Chantada e Portomarín.

Portada da igrexa románica de San Pedro de Bembibre.

As principais actividades son a agrogandaría e a forestal. O gando máis importante é o vacún para a produción de carne e leite e a elaboración de queixos acollidos á Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. Unha pequena parte dos terreos está dedicada ao cultivo da vide.Conserva grandes superficies de bosques autóctonos e soutos nos que se atopan exemplares monumentais de carballos e castiñeiros. Tamén se atopan numerosos castros e mámoas, igrexas románicas e barrocas, pazos e hórreos.

Paisaxe agraria de Taboada, Penas Agudas

RELEVO

Terras de Chantada e a Serra do Faro

O Territorio da comarca de Chantada estrutúrase en tres unidades de relevo moi diferenciadas. Ao Oeste unha aliñación de serras que se estenden con dirección N-S: A Vacaloura, Alto do Corno (nas estribacións do Farelo), O Faro e A Martiñá, de cumes redondeados e de formas suaves, coa maior elevación do Monte Faro, con 1.187 m de altura. A continuación a superficie de Chantada, unha zona de aplanamento que forma parte, no extremo SO, da chaira luguesa, cunha altitude de 600-700 m e lixeiramente inclinada cara ao sur, moi dividida polos afluentes do Miño que aproveitan as numerosas fallas do terreo. Ao leste o canón do Miño, con ladeiras escarpadas e desniveis que van dos 200 m na zona de Taboada ata os 400 en Carballedo.

Penichaira de Chantada

Canón do Miño cara ao sur, no encoro dos Peares

Penedos na paredes do Canón do Miño

As rochas dominantes son os granitos e os xistos, con algunhasáreas de cuarcitas.

Cristas de cuarcita no Graúllo

A vexetación dos cumes está formada por un mato de uces, xestas, toxos, carqueixas e pasteiros. Nalgúns cumes consérvanse turbeiras de cobertor. Unha grande parte está ocupada por especies forestais de repoboación, maiormente piñeiros. Nas abas avesías consérvanse carballeiras con mesturas de carballos e rebolos con bidueiros, castiñeiros, acivros... Nas abas máis soleadas e secas atópanse sobreiras, loureiros e érvedos. A fauna é moi variada con presenza de lobo, corzo, rapinas, aves do mato e de bosque, e unha grande diversidade de anfibios, réptiles e invertebrados

Toxo, a planta máis abundante no mato dos cumes

Queiruga ou breixo (Daboecia cantabrica). Endemismo do oeste de Europa. É o breixo de flores máis grandes.

Follas de carballo no outono. Nas abas da serras da Martiñá e o Faro abondan as carballeiras onde se atopan exemplares de grande porte.

Breixo de turbeira (Erica tetralix), típico das zonas húmidas dos cumes.

Bacaloura (Lucanus cervus).É o insecto galego máis grande. As mandíbulas do macho, grandes e fortes, son a arma coa que loitan para conseguir as femias. A súa eiruga vive durante varios anos no interior do toro dos carballos, e outras árbores, alimentándose de madeira. É un animal en perigo de extinción.

Lobo (Canis lupus signatus). Un mamífero habitual nas serras da comarca.

Araña cangrexo nuns estalotes. Os pequenos animais, que pasan habitualmente desapercibidos, son un dos atractivos dos espazos naturais, onde podemos contemplalos de preto.

Cume de San Cristovo, no linde entre Taboada e Monterroso

SERRA DA VACALOURAEsténdese con dirección norte-sur facendo linde entre o concello de Taboada (Comarca de Chantada) e os de Portomarín e Monterroso.É unha serra de cumes suaves que ten a máxima elevación no San Cristovo, con 830 m. As rochas dominantes son xistos e neis nos que se observan numerosos pregues e fallas de pequeno tamaño.Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a contorna: comarcas de Chantada, Sarria e A Ulloa, serras dos Ancares, O Courel, Macizo Central, O Faro e O Farelo.Accedese desde a estrada de Taboada a Lugo nun cruce no Torrón.

Vista desde o alto de San Cristovo sobre Taboada e o canón do Miño. Ao fondo o Monte Meda e San Mamede.

O Monte Faro de Chantada, o cume máis alto da Dorsal Galega. No alto hai unha torre de vixiancia de incendios, un miradoiro, o centro de interpretación do parque eólico e a capela da Virxe do Faro, onde se fai unha romería tradicional o 8 de setembro

SERRA DO FARO Esténdese con dirección norte-sur no linde entre as provincias de Lugo (comarca da Chantada) e Pontevedra (concello de Rodeiro). É unha serra de perfil suave con numerosas fallas ocupadas por ríos pouco encaixados. As máximas alturas son o Monte Faro, con 1.187 m, Penas Grandes, con 1.106 m e O Marco, con 1.036 m. Está formada por granitos porfídicos no norte e granitos de dúas micas no sur, separados por unha banda de migmatitasServe de divisoria ás cuncas do Miño e do Ulla. Na aba leste desta serra nacen varios afluentes do Miño que discorren pola comarca con dirección O-E.

Panorámica da vertente leste da serra do Faro desde Cartelos (Carballedo).

A serra é un espléndido miradouro sobre as terras de Chantada. Está protexida como LIC.Accedese desde o Alto do Faro (na estrada Chantada-Lalín), desde Requeixo (Chantada) e desde Furco (Carballedo).

Vista desde o Faro

Repoboación mixta con piñeiros e bidueiros

A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo e os bosques de piñeiros de repoboación (piñeiros silvestres). Nas valgadas e partes baixas consérvanse carballeiras onde se mesturan carballos e rebolos e, nas zonas húmidas, bidueiros.Nos cumes chans e húmidos hai turbeiras e pasteiros. É unha importante zona de refuxio de fauna.

Penedo da Porteliña, parte da serra da Martiñá no concello de Carballedo (vista desde O Faro)

SERRA DE MARTIÑÁÉ unha serra con dirección N-SO, de alturas que rondan os 1.000 m, situada ao sur da Serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense. Nesta comarca ocupa parte do concello de Carballedo co cume máis alto no Porteliño, con 1.044 m, no linde con Cea (comarca do Carballiño). Na vertente leste nace o Bubal, afluente do Miño.Unha parte está repoboada con piñeiros e nas súas abas consérvanse grandes extensións de carballeiras. Desde os cumes hai unhas excelentes vistas da contorna.Está declarada LIC co nome de “Pena Veidosa”.Accedese pola estrada de A Barrela a Oseira.

OS RÍOS

Un dos numerosos regos que desembocan no Miño desde as paredes do canón.

O principal río da comarca é o Miño que fai de linde polo leste entre as terras de Chantada e de Sarria e Lemos. Desde as serras da Dorsal baixan unha serie de afluentes que discorren con dirección oeste-leste con cursos encaixados onde son frecuentes os rápidos, as pozas e as fervenzas. Tanto o Miño como os seus afluentes aproveitan as numerosas fallas dun terreo moi antigo que sufríu un proceso de rotura e levantamento no Terciario a partir dunha superficie moi erosionada.

Espello no encoro dos Peares, no Canón do Miño. Nos días de inverno sen vento as augas calmas do Miño atrapado nos encoros reflicten a infinidade de matices da vexetación da ribeira.

Inflorescencias de amieira (Alnus glutinosa), a árbore máis común na beira dos ríos.

Nas ladeiras dos vales con gran desnivel consérvase unha vexetación moi diversa con mestura de especies atlánticas e mediterráneas, segundo o grao de exposición ao sol. Nas beiras dos ríos dominan as amieiras, os salgueiros e os freixos. Abondan as aves acuáticas (corvos mariños, garzas, picapeixes, merlos rieiros, lavandeiras...), os anfibios e os insectos,

Froitos de érvedo (Arbutus unedo), un arbusto ou pequena árbore que medra nas áreas de clima mediterráneo, moi común nas paredes do Canón do Miño.

Ra patilonga (Rana iberica). Vive á beira de ríos e regatos de augas limpas e correntes rápidas.

Nas ladeiras dos vales con gran desnivel consérvase unha vexetación moi diversa con mestura de especies atlánticas e mediterráneas, segundo o grao de exposición ao sol. Nas beiras dos ríos dominan as amieiras, os salgueiros e os freixos. Abondan as aves acuáticas (corvos mariños, garzas, picapeixes, merlos rieiros, lavandeiras...), os anfibios e os insectos,

Garza real (Ardea cinerea). Común nas zonas de augas tranquilas nos ríos.

Arredor dos ríos consérvase un rico patrimonio etnográfico: pontes e pontellas, muíños...

Barca do Miño. Moi empregada noutros tempos para transportasr as uvas na vendima.

Restos de muíños no río Asma.A caída da penichaira de Chantada ao Miño ten unha forte pendente que converte aos ríos nunha sucesión de rápidos e saltos. A enerxía da auga foi aproveitada ata hai una anos para mover muíños.

Muíño da Alameda, no río Asma (Chantada)

O Miño en Taboada, coa ponte na estrada que vai ao Saviñao.

RÍO MIÑONace na serra de Meira e desemboca na Guarda, no Océano Atlántico. Entra na comarca por terras de Taboada, xa encorado en Belesar, e despois dun curto percorrido volve a encorarse augas abaixo no encoro de Os Peares en terreos de Chantada e Carballedo. Ten un percorrido con dirección norte-sur, a maioría encaixado formando un amplo canón.Os afluentes máis importantes de norte a sur son: Porto da Hedreira, Moreda, Enviande, Asma, Fondós e Búbal.

O Miño entre Chantada e O Saviñao, no encoro de Belesar

O percorrido do Miño na comarca de Chantada forma paraxes de grande importancia ecolóxica e paisaxística. O tramo comprendido entre Belesar e Os Peares, coñecido como Canón do Miño, resulta espectacular pola altura das súas ladeiras, pola vexetación diversa que acolle (carballeiras, soutos, ervedeiros, sobreirais...) e polo grande interese etnográfico resultante do traballo de séculos para conseguir gañar terras para o cultivo das vides. A todo isto hai que engadir os numerosos monumentos que forman parte da chamada Ribeira Sacra, coñecida por ese nome desde a Idade Media por ser zona onde abondan as igrexas e mosteiros, todos eles centros de cultivo do viñedo.Unha ruta sinalizada de gran percorrido (PGR) permite seguir o curso do Miño ao longo de toda a comarca.

Encoro de Belesar, nun inverno de augas baixas.

Vista do Canón do Miño e Sobrecedo (Taboada)

Canón do Miño (co encoro do Belesar en augas baixas) coas desembocaduras dos regos Enviande e Lama entre Chantada e Taboada. No centro Castro Candaz.

Presa de Belesar, entre Chantada e O Saviñao. Construída en 1963.

O canón do Miño é a zona entre os encoros de Belesar e os Peares. É un tramo encaixado do río Miño entre xistos, cuarcitas, gneis... de 20 km de lonxitude e ata 300 m de profundidade, que se formou a finais d Período Terciario ao elevarse o terreo como consecuencia da Oroxenia Alpina. Está rodeado de chairas, na vertente dereita está a superficie erosionada de Chantada e na esquerda a depresión de Monforte.

Canón do Miño en Chantada

Cerdeiras en Belesar

Pousadoiro (Chantada)

Cabo do Mundo (Chantada) visto desde o miradoiro da Cova (O Saviñao)

Penedo do Castelo ou Graúllo (Carballedo). As sobreiras gabean polas paredes verticais de gneis e cuarcitas dos penedos

O Canón do Miño en Chouzán (Carballedo)

Canón do Miño en Carballedo

Presa do encoro dos Peares (entre Carballedo e Pantón). Construída en 1955.

Os Peares (entre Carballido e A Peroxa), no encontro do Miño e o Búbal.

Curso alto do río Bieitas na confluencia co Porto da Hedreira.

RÍO BIEITASFórmase con varios regos que baixan na serra da Vacaloura e escava un val encaixado que vai cair ao Miño no encoro e Belesar entre as parroquias de Vilar de Cabalos, Xián e Mourulle. Ten un percorrido curto e con moito desnivel.

RÍO MOREDANace nas estribacións do Faro (Alto do Corno) e atravesa o concello de Taboada. Xúntase ao Miño en San Xoán da Ínsua.

RÍO ENVIANDENace na serra do Faro e xúntase co Miño facendo linde entre Chantada (Pedrafita) e Taboada (Sobrecedo).

Tramo final do río dentro do encoro de Belesar

REGO DA LAMANace nas estribacións do Faro en Mouricios Chantada e xúntase co Miño entre as parroquias de Pedrafita e Sabadelle, no encoro de Bellesar.

Desembocadura do Rego da Lama no Miño

Área de lecer no Asma en Chantada

RÍO ASMANace na aba leste da serra do Faro, entre os concellos de Chantada e Carballedo e desemboca no Miño despois dun percorrido de 25 quilómetros, na súa maior parte por terreos de Chantada. No tramo alto chámase rego de Bermún e o seu principal afluente é o río Comezo.Antes de xuntarse ao Miño baixa da penichaira de Chantada por un profundo canon onde abondan os rápidos e as fervenzas.Unha ruta permite percorrer parte do seu curso ata o Canón do Miño.

O Asma preto de Tarrío

Fervenza no canón do Asma.Desde Tarrío, na estrada de Chantada a Monforte, hai un desvío á dereita (no arranque da ruta) que permite chegar ao río. Para ver as fervenzas séguese río arriba por entre as pedras con moita dificultade. No inverno pódese ver desde un penedo que sobresae á beira da estrada.

Desembocadura do Asma no encoro de San Estevo

REGO DE CAMPORRAMIRO Nace en Pereira (Chantada) e despois dun curto percorrido xúntase ao Miño ao pé de Belesar. No último tramo forma varios rápidos e fervenzas. Accedese pola ruta que segue o Canón do Miño desde Belesar.

REGO DE SOUTO VARELA Un pequeno rego que se xunta co Miño entre A Sariña e Santiago de Arriba, no concello de Chantada.

Fervenza en Soutariz

REGO LAVANDEIRAUn pequeno rego que fai fronteira entre Erberdeiro (Carballedo)/ Nogueira (Chantada).

O río Fondós ou Graullo, preto de Erbedeiro antes de se unir ao Miño, forma unha gorxa nos neis con varios rápidos e fervenzas. Nos arredores hai especies de ribeira e sobreiras. Na marxe esquerda está o Penedo de Graúllo, de máis de 100 m de altura.

RÍO FONDÓS ou GRAÚLLONace na aba leste da serra do Faro, na parroquia de Padreda e, despois de atravesar o concello de Carballedo de oeste a leste, xúntase ao Miño nas proximidades da aldea de Adegas. O seu tramo final ten un forte desnivel onde abondan os rápidos e as fervenzas.

Fervenzas no rego de Fondós

Río Búbal en Carballedo, preto da Barrela.

RÍO BÚBALNace na serra da Martiñá, na localidade de Agrosantiño (Cea), percorre terreos do concello de Carballedo, facendo linde nalgúns puntos coa Peroxa (comarca de Ourense) e desemboca no Miño nos Peares, fronte ao Sil.Escava un val moi abrupto en rochas graníticas onde abondan os rápidos, as pozas e as fervenzas.

Fervenza de Fundimao no Bubal. Na parroquia de Oleiros (Carballedo). É unha pequena fervenza entre rochas graníticas rodeada de bosques de ribeira. Área de lecer do Vao nos Peares.

AS ÁRBORESA comarca de Chantada acolle unha gran variedade de árbores con presenza de especies tipicamente atlánticas, como o carballo e o bidueiro, ou mediterráneas, como as sobreiras, os rebolos ou os érvedos. Nas abas das serras e nas ladeiras abesías do Canón do Miño consérvanse boas mostras de carballeiras con dominio de Quercus robur con algúns castiñeiros e rebolos (Quercus pyrenaica). Nas paredes máis secas e orientadas ao sol do Canón do Miño dominan as especies mediterráneas. Tamén hai amplas zonas repoboadas con piñeiros e, en menor cantidade, bidueiros. Nas proximidades das poboacións hai soutos.

Bosque con mestura de especies atlánticas

(carballos) e mediterráneas

(sobreiras e érvedos) no canón do Miño en

Carballedo.

Sobreiras no Graúllo (Carballedo)

Érbedos no canón do Miño (Carballedo)

Carballeira Souto

Carballeira de Cartelos (Carballedo)

CARBALLO (Qurcus robur)-Devesa de Cartelos (Carballedo) (P)-Pazo de Cartelos (Carballedo) (P)-Casa do Herdeiro (Carballedo) (P)-Casa Grande (Loureiro, Carballedo) (P)-Carballo Grande de Bustelo de Abaixo (Carballedo) (P)-Carballo Grande do Mestre (Carballedo) (P)-Vilaverde (San Salvador de Búbal, (Carballedo) -Lousada (Carballedo)-Cabreiros-Camporramiro (Chantada)-Graciano (Chantada)-Costa de Muradelle (Chantada)-Limiñón (Muradelle, Chantada)-A Cruz (Brigos, Chantada)-A Caniza (Requeixo, Chantada)-Ramos (Taboada) (P)-Campo do Cruceiro (Taboada)-Gondulfe (Taboada)-Piñeira (taboada)-Carballo dos Cartos (Taboada)

ÁRBORES SENLLEIRAS(P) incluídas no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Carballo da Casa do Herdeiro (Carballedo). A parte baixa do toro é moi ancha debido a que está totalmente cuberto de nórregas. -16 m de altura e 8,38 m de perímetro

Carballo do Pazo de Cartelos. (Carballedo). -35 m de altura e nalgunhas partes acada case 12 m de perímetro debido ás nórregas do seu toro. É un dos máis altos de Galiza e está considerado o de máis idade, posibelmente supere os 500 anos.

Carballo de Bustelo de Abaixo. (Carballedo). -22 m de altura, 7,47 de perímetro. Atópase ao pé da estrada de A Barrela a Ourense.

Carballo da Casa Grande. (Loureiro-Carballedo). -29 m de altura e máis de 400 anos. Accedese desde A Barrela pola estrada de Cea e collendo un desvío a Loureiro.

Carballo do Mestre (Carballedo). Atópase a 1 km da Barrela ao pé da estrada que vai a Chantada,

Carballo de Lousada (Carballedo) -4,57 m de perímetro

Carballo de Vilaverde (San Salvador de Búbal-Carballedo). Atópase ao pé da estrada da Barrela a Temes despois de pasar Vilaverde.-5,30 m de perímetro.

Carballo de Cabreiros. Chantada. Situado á beira da estrada que vai de Camporramiro a Cabreiros.

Carballo de Graciano. Camporramiro (Chantada). -22 m de altura e arredor de 200 anos.

Carballo da Cruz (Brigos Chantada)-5,46 m de perímetro.Actualmente está morto

-Carballos da Costa de Muradelle (Chantada)

-Carballo en Limiñón (Muradelle, Chantada) -Carballo na Caniza (Requeixo, Chantada)

Carballo en San Salvador (Piñeira Taboada)-4,84 m de perímetro

Carballo en San Salvador (Piñeira Taboada)-5,05 m de perímetro

Carballo dos Cartos (Castelo, Taboada). Segundo conta a tradición foi usado por un veciño para gardar as súas riquezas, e dende aquela era costume meter a man nun burato que ten no pé para ver se se sacaba chea de cartos. Cando morreu foi plantado na praza do pobo como monumento.

Carballo de Ramos. Taboada (Lugo). -21 m de altura. Atópase no centro de Taboada, preto da estrada principal.

Carballo de Gondulfe. Atópase ao pé da estrada de Taboada a Taboada dos Freires, nas proximidades de Gondulfe.

Carballo do Campo do Cruceiro (Taboada). -4,35 m de perímetro. Atópase no lugar de O Cruceiro (San Martiño do Couto) na estrada de Taboada a Monterroso.

Castiñeiro (Castanea sativa)-Os Quintos (O Pereiro-Requeixo, Chantada)-Casa do Raxado (Taboada)-Taboada dos Freires (Taboada)-A Ínsua (Taboada)-San Xián (O Campo, Taboada)

Castiñeiro en Ínsua (Taboada). Atópase ao pé da estrada de Taboada a Bóveda. - 9,30 m de perímetro.

Castiñeiro do Raxado (Taboada dos Freires, Taboada). -7,85 m de perímetro.

Castiñeiro nas proximidades de Taboada dos Freires.

-Castiñeiro dos Quintos (O Pereiro-Requeixo, Chantada)

Souto de San Xian do Campo, Taboada)

9,60 m de perímetro 7,80 m de perímetro

-8,70 m de perímetro

Souto de San Xian do Campo, Taboada)

ESPAZOS PROTEXIDOS

Vista dos cumes do Faro na primavera

MONTE FAROEspazo protexido de 3.002 ha compartido coa provincia de Pontevedra. Inclúe parte dos cumes e as abas orientais da Serra do Faro en terreos dos concellos de Carballedo e Chantada.Está poboado por manchas de carballos mesturados con rebolos e abundante mato de toxos, xestas, uces e carqueixas. Tamén hai pasteiros e turbeiras. Ten amplas zonas repoboadas con piñeiros e bidueiros. Nos seus cumes consérvanse turbeiras de gran interese ecolóxico.É unha importante zona de refuxio de fauna como lobo, xabarín, raposo, xeneta, miñato común, lagarteiro, azor...

PENA VEIDOSAAbrangue a serra da Martiñá, unha das estribacións da Dorsal Galega entre as provincias de Ourense e Lugo. Os principais ecosistemas son as turbeiras, o monte baixo e algúns bosques autóctonos. Nesta comarca inclúe unha pequena parte do concello de Carballedo.

Un recurso importante da comarca de Chantada é o cultivo da vide para a elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Despois duns anos de abandono o sector comeza a recuperarse e a maior parte das explotacións están en activo. A Denominación de Orixe: Ribeira Sacra, recoñecida no ano 1996, nesta comarca acolle a subzona Ribeiras do Miño.A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe creada pola actividade humana, visitar as adegas ou probar os viños.

AS VIDES DO VAL DO MIÑO

Socalcos ou muras. O cultivo da vide no canón do Miño é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que as xentes desta terra aproveiten ao máximo as abas dos vales orientadas ao sol construíndo muras para conter a terra en socalcos.

No outono, cada variedade de vide toma unha cor diferente que enche a paisaxe dunha grande riqueza cromática

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta febreiro 2017