Os volcáns máis importantes

15
Os volcáns máis coñecidos do mundo Por Xoán Tato Boullón

Transcript of Os volcáns máis importantes

Os volcáns máis coñecidos do mundo Por Xoán Tato Boullón

África

O kilimanjaro

O Kilimanjaro está en Tanzania, e os seus 5895 metros de altitude convérteno na montaña máis alta de África.Tamén é un dos volcáns máis altos do mundo.

É un estratovolcán formado por tres cráteres e ten neves perpetuas.

América

Monte St. Helens

O monte St. Helens encóntrase en América do Norte en USA no estado de Washington.É un estratovolcán e mide 2550 metros de altitude porque unha erupción en 1980 restoulle altura.Este volcán é moi coñecido polas súas explosións de cinzas e fluxos piroclásticos.

Popocatépetl

O Popocatépetl (montaña que fumega) é un volcán activo no centro de México, que con 5500 metros é a segunda montaña máis alta de México (a primeira é Citlaltépetl ou pico de Orizaba).É un volcán activo. Dende 1354 producíronse 18 erupcións. Das cales a última foi no ano 2005.

Asia

Fuji

O volcán Fuji está en Xapón e é o seu pico máis alto con 3776 metros.Clasifícase ao monte Fuji como un volcán activo, pero con pouco risco de erupción. A última erupción rexistrada data de 1707 durante o período Edo. Entón, formouse un novo cráter, así como un segundo pico (chamado Hoeizan polo nome da era).

KrakatoaO coñecido volcán entrou en erupción en repetidas ocasións, masivamente e con consecuencias devastadoras ao longo da historia. A súa erupción máis importante produciuse entre maio e agosto de 1883, cando o volcán de 813 metros provocou unha explosión cataclísmica que voou case a totalidade da illa (que leva o seu nome). A explosión tivo unha enerxía de 200 megatóns, 10.000 veces máis poderosa que a bomba Hiroshima.

Tambora

Atópase en Sumatra, Indonesia. Este é o

volcán que máis mortes causou na historia da

humanidade. Estímase que

matou entre 50.000 e 90.000 persoas por mor

da súa erupción, e os gases que desprendeu,

no ano 1815. Este volcán continua activo e a súa altura é de 2.800

metros.

Europa

Etna

Este é o volcán máis activo en Europa. Elévase a 3.200 metros e ten unha circunferencia de 150 kilómetros. Encóntrase na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania. Ten ao redor de 3.322 metros de altura, aínda que esta varía debido ás constantes erupcións.

Vesubio

O monte Vesubio está ubicado xunto a unha cidade en Nápoles, que ten dous millóns de habitantes. A súa altura variou de 1.100 a 1.300 metros no último século. É un volcán activo do tipo vesubiano.

Hawaii

Hawaii

MaunaO volcán Mauna Loa é o volcán máis grande da Terra, cun volume estimado en aproximadamente 75.000 km2 e unha altura de 5.000 metros dende a súa base ata a superficie do océano, e outros 4.170 metros sobre o nivel do mar, é dicir, máis de 9.000 metros de altura total.

Kilauea

O Kilauea, é un dos volcáns máis grandes da Terra e un dos cinco grandes volcáns que forman a illa de Hawai. Está situado na parte sur da illa. Ten unha altura de 1.111 metros e a caldeira unha profundidade de 165 metros e un diámetro entre 3 e 5 kilómetros.