Sanxenxo máis nós

10

Transcript of Sanxenxo máis nós

Page 1: Sanxenxo máis nós
Page 2: Sanxenxo máis nós

IntroduciónSanxenxo é unha

localidade que pertence á provincia de Pontevedra. Sitúase na parte meridional da comarca do Salnés, na costa bañada polo océano Atlántico e na ría de Pontevedra e de Arousa, nas súas zonas máis occidentais. O municipio conta cunha poboación de 17 077 habitantes, aínda que esta cifra multiplícase por catro en época estival.

Divídese en sete parroquias que presentamos a continuación.

Page 3: Sanxenxo máis nós

Sanxenxo (Padriñán)

Este pobo de orixe mariñeiro, basea a súa expansión cara o turismo na praia, hoxe urbana, de Silgar. Este areal de 800 m de lonxitude está abrigado dos ventos do norte que garanten bo tempo na zona, pero que poden resultar fríos incluso en verán. A continuación da praia de Silgar e tras pasar Punta do Vicaño, encontra a praia de Baltar, de tamaño similar a anterior e significativa no municipio.

A zona leste desta praia atópase no bordo de Portonovo, o maior núcleo urbano do municipio. O crecemento que está experimentando dende os anos 80 é moi considerable, chegando no verán do 2005 a estrear o porto deportivo e o seu club náutico tras as obras de ampliación.

Page 4: Sanxenxo máis nós

NantesSanta Baia de Nantes é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo.

Segundo o INE no 2008 tiña 787 habitantes (387 mulleres e 400 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 785 habitantes.

Page 5: Sanxenxo máis nós

Portonovo (Adina)Santa María de Adina é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o INE no 2008 tiña 4 667, distribuídos en 17 entidades de poboación.Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adina), pero é de uso habitual polos seus fregueses o nome de Santa María Adina de Portonovo. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.Hoxe en día a pesca está a pasar a un segundo plano secundario por mor do crecemento do sector turístico do concello e en xeral toda a comarca. Conta cunha confraría de pescadores inaugurada no ano 1924, que na actualidade é unha das máis punteiras das existentes en Galicia, así como un importante porto pesqueiro recén ampliado e unha moderna lonxa, dotada dun gran nivel de información.A súa praia mais importante é a praia de Baltar.

Page 6: Sanxenxo máis nós

NoallaSan Estevo de Noalla ten unha extensión de 8,7 km². Limita coas parroquias da Adina e Vilalonga, co Concello do Grove e a Ría de Pontevedra. Noalla ten unha poboación de 2 529 habitantes. Distribuídos en 28 entidades de poboación: Aios, Casal, Caseiros, Codesal, Cova de Pazos, Fonte de Ons, A Iglesia, A Lanzada, Mourelos, O Pombal, Quintáns, Revolta, Salgueiro de Mato, Soutullo, Telleiro, Tombelo, Tramalleiro...

As súas praias son: Bascuas, Pragueira, Major, Pociñas, Fontenla, Foxos, Nosa Señora, Areas Gordas, Lapa, A Lanzada, Do Bao e Ponte do Bao. Pódese gozar de diversos miradoiros. Tamén podemos encontrarnos con monumentos como: Ermida da Lanzada, Igrexa Parroquial, Pazo de Quintáns, Torre (A Lanzada). E sen esquecernos das festas tradicionais: Romaría de a Lanzada, San Xosé Obreiro, San Estevo, Festa da Ostra.

Page 7: Sanxenxo máis nós

BordónsSan Pedro de Bordóns ten unha extensión de 2,5 km² e uns 600 habitantes aproximadamente. Limita coas parroquias de Dorrón e Padriñan, co concello de Meaño e a Ría de Pontevedra. Divídese nunhas oito entidades de poboación: Areas, Carballal, Chandevila, Lamela, Nanín, O Outeiro, Regato e Sear.Ten dúas praias que son: a praia de Nanín e a de Areas.Dispón dun miradoiro: Alto de Lamela.Como monumentos ten: a Igrexa Parroquial, a Casa do Sear e a Casa Rectoral.E como non, tamén ten festas: Dolores, O Carmen e San Roque.

Page 8: Sanxenxo máis nós

DorrónDorrón, é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Sanxenxo.

Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1 376 habitantes (722 mulleres e 649 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 333 habitantes.A igrexa parroquial, construída en 1764 sobre un templo románico, é de planta rectangular dividida en dous tramos. Un consta de dous arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior, e o outro é rectangular e de menor anchura, coa sancristía como engadido.No frontal exterior, con pináculos nas esquinas, destaca unha espadana de dúas campás.No seu interior destaca o retablo barroco da Capela do Carme.

Page 9: Sanxenxo máis nós

Vilalonga

Vilalonga, é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo.

Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 2 273 habitantes (1 138 mulleres e 1 135 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2 264 habitantes.

Page 10: Sanxenxo máis nós

Esta presentación foi realizada polos alumnos e alumnas do Instituto de Educación Secundaria de Vilalonga do curso 4º E.S.O A:

Xoel Salgueiro, Daniel Alejandro Gubernet, Miguel González, Ismael Lázaro, Adriana Álvarez, Silvia Martínez, Arancha Lamelas, Miriam García e Noemí Fernández.