Salnés máis nós

35
O SALNÉS ( Desde Vilalonga para o resto de Galicia) Abrangue os municipios de: Illa de Arousa Vilagarcía de Arousa Vilanova de Arousa Ribadumia Cambados Meaño Meis Sanxenxo O Grove

Transcript of Salnés máis nós

Page 1: Salnés máis nós

O SALNÉS ( Desde Vilalonga para o resto de Galicia)

Abrangue os municipios de:

Illa de Arousa Vilagarcía de Arousa

Vilanova de Arousa RibadumiaCambados

MeañoMeis

SanxenxoO Grove

Page 2: Salnés máis nós

O SALNÉSA comarca do Salnés é a bisbarra costeira da provincia de

Pontevedra. Encóntrase entre a ría de Arousa e a ría de Pontevedra. Ten unha poboación de 110.000 habitantes.

Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao este coa comarca de Caldas, ao sur este coa comarca de Pontevedra, ao sur este coa ría de Arousa e co Océano Atlántico, e ao sur coa

ría de Pontevedra.

No verán recibe a visita de moitos turistas grazas as súas praias. Destacan as de Silgar (Sanxenxo), A Lanzada (O Grove)

e as da illa de Arousa.

Page 3: Salnés máis nós

CAMBADOS Cambados é un municipio situado na parte central da provincia de Pontevedra, no noroeste de España. Este municipio está formado por cinco parroquias, Cambados (Santa Mariña), Castrelo (Santa Cruz), Corvillón (San Amedio), Oubiña (San Vicenzo) e Vilariño (San Adrián ou San Quirico).

Page 4: Salnés máis nós

HistoriaNos séculos VI e V a. C. Os celtas situáronse nos montes de Castrelo e A Pastora. Aínda existen algúns restos dos seus poboamentos. Os fenicios aproveitaron as riquezas das salinas asentándose na desembocadura do río Umia, explotando á súa vez o estaño e o cobre.

Como todos os pobos da Ría, sufriu os ataques viquingos desde o século IX, construíndo na súa defensa a Torre de Sadurniño. Esta loita da poboación valeu para ser nomeada Moi Real Vila polo rei Fernando II no século XII, iniciándose un período de resplandor que queda reflectido nos numerosos pazos existentes.

Page 5: Salnés máis nós

Na actualidade a súa maior riqueza céntrase, ademais de nun turismo de calidade, no cultivo de viñedo, debido á excelente calidade do terreo, que converte a Cambados nun dos maiores produtores do Viño Albariño (cuxa festa se celebra o primeiro domingo de agosto).

Page 6: Salnés máis nós
Page 7: Salnés máis nós

Ruta turística por Cambados Pazo de Fefiñáns. O pazo foi construído no século XVI por Juan Sarmiento Valladares, conselleiro de Felipe II. As remodelacións do século XVII foron realizadas polo vizconde Gonzalo Valladares. Cos anos, pasou a pertencer ós Marqueses de Figueroa, cuxos descendentes o mantiveron ata a actualidade, na que acolle unha das máis antigas bodegas da zona.

Page 8: Salnés máis nós

Igrexa de San Benito Sobre os restos dunha antiga capela románica, don Gonzalo de Valladares ordenou construír entre 1618 e 1634 esta Igrexa. As torres de estilo churrigueresco foron levantadas a finais do XVIII.

Page 9: Salnés máis nós

Museo etnográfico

Page 10: Salnés máis nós

Ruínas de Santa Mariña de Dozo Situada no Monte da Pastora foi construída no século XVI durante o mandato de Lope Sánchez de Ulloa sobre unha anterior ermida románica do século XII. Abandonada a mediados do século XIX, hoxe mostra ao visitante as súas ruínas, declaradas Monumento Nacional dende 1943.

Page 11: Salnés máis nós

Ramón Cabanillas A casa natal de Ramón Cabanillas é unha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns, rehabilitada e transformada en Casa-Museo na década dos 90. Aquí nace en 1876 o “Poeta da Raza” e é aquí onde se levou a cabo a recreación da vida e obra do escritor. Ambientes, influencias, testemuños, obxectos e un amplo abano de pequenos matices, recollen, na medida do posible, a figura do poeta galego máis relevante de das Irmandades da Fala.

Page 12: Salnés máis nós
Page 13: Salnés máis nós
Page 14: Salnés máis nós

MEAÑO Este municipio está formado por 7 parroquias, Cobas (Santa

Cristina), Dena (Santa Eulalia), Lores (San Miguel), Meaño (San Xoán), Padrenda (San Martiño), Simes (Santa María) e Xil

(Santa Eulalia).

Page 15: Salnés máis nós

A telleira de Dena

Antiga fábrica de tellas en Dena. Forma parte do que foi unha importante industria nas zonas durante finais do século XIX e principios do XX.

Page 16: Salnés máis nós

A ría de Dena• Pódese considerar

coma un dos máis importantes humedais da zona. Grazas ó seu clima húmido.

• Ten un clima húmido, e grazas a iso, emigran diversas especies de aves a esta ría. O que facilita a variedade de especies.

Page 17: Salnés máis nós

ILLA DE AROUSAA Illa de Arousa ou A Arousa, é unha illa e concello, situada no interior da Ría de Arousa. Dende hai moito

tempo alberga unha comunidade de pescadores, e hoxe en día a súa economía está máis diversificada. Na

actualidade únese por unha ponte de 2 km ao continente, desde 1985.

Algunhas das súas praias son A Area da Secada, A Lavanqueira, O Vao, Camaxe, a praia de Carreirón,

Espiñeiro e O Cabodeiro.Esta vila independizouse de Vilanova de Arousa no

ano 1996.

Page 18: Salnés máis nós

Faro de punta cabalo Ten case 200 anos, o faro de Punta cabalo, ao norte da Illa de Arousa (Pontevedra) e forma parte de máis de trinta lámpadas que iluminan a costa de Galicia, á noite. Ata mediados do ano pasado foi dedicado exclusivamente a esta función, e dende entón converteuse no primeiro faro en España que ten un restaurante no lugar. Lembrase na illa cando o fareiro e a súa familia viviron aquí, a medio camiño entre a terra e o mar, acompañado de piano que se usou para diminuír o insomnio longas noites. O faro de Punta Kabbalah está agochado como antes. Só dous indicadores, o desvío do peirao O Xufre en dirección norte, indican a presenza do faro. As tres terrazas, construído de pedras enormes e orientado cara o fondo do esteiro, ofrecendo unha vista marabillosa, especialmente ao solpor, coa illa de fondo Sálvora.

Page 19: Salnés máis nós

Porto do XufreO porto do Xufre ao norte

da illa ten unha entrada clara, sen dificultade, agás na área de viveiros, debidamente sinaladas nas cartas.. Na pesca destaca principalmente o mexillón.

Agora a illa está ligada ao continente por unha ponte de 2 km. E posúe moitas praias de area branca nas que destaca Carreirón declarado en 1989 Parque Natural.

Page 20: Salnés máis nós

Praia Area da Secada

Esta praia é chamada de "Área da Secada é de area fina e preto de 420 metros de lonxitude, 20 metros de ancho e 10 metros na marea baixa. O seu ambiente é único, e ten unha vexetación de dunas móbiles fixada polo ecosistema que é espazo protexido. Existen varios servizos: primeiros auxilios, torre de oficinas, iluminación, baños, duchas, caixa do lixo con reciclaxe, bar de praia no verán e restaurante de dous garfos, cadeiras, canoas e aparcadoiro..

Page 21: Salnés máis nós

SANXENXO

Sanxenxo está situado no litoral sur occidental do val dol Salnés, bañado polas rías de Pontevedra e Arousa. Cunha extensión de 44 Km2 e 17.077 habitantes. Sanxenxo dispón de 36 km. de costa que se estenden dende Punta Santa Mariña, na ría de Pontevedra, ata a Fianteira, na ría de Arousa.

Page 22: Salnés máis nós

A LanzadaEstamos ante a praia da

Lanzada, unha das praias máis fermosas e visitadas polos turistas, situada nas Rías Baixas. Esta praia presenta unha lonxitude duns 3 Km aproximadamente.

Se a visitas no inverno poderás encontrar a un fato de surfistas, xa que hai moitas ondas de altura considerable, pero se pola contra a visitas no verán atoparás a moitísima xente gozando dos raios de sol e da calor.

Page 23: Salnés máis nós

A nosa señora da LanzadaUnha das lendas máis soadas desta zona é o baño das nove ondas, que se toma nesta praia. Débense tomar da noite do sábado ao domingo do último fin de semana de agosto, e exactamente ás doce da noite. Esta lenda atrae a moitas mulleres neste fin de semana ata a praia coa finalidade de quedar embarazadas.

Page 24: Salnés máis nós

Miradores

Mirador da Granxa Mirador de Palacios Mirador da Panadeira Mirador do Vicaño Mirador de Caneliñas Mirador de Paxariñas Mirador de Major Mirador das Canteiras

Page 25: Salnés máis nós

Fervenza das Canteiras

Esta fervenza está situada no mirador das Canteiras en Noalla, como podedes comprobar é un sitio natural, que presenta a caída da auga dende un manancial natural. Ten unha diversidade de fauna importante. Visítana diversos turistas durante todo o ano.

Page 26: Salnés máis nós

VILANOVA

Historicamente a fundación de Vilanova de Arousa data do século VII, cando constrúen o mosteiro de Calogo, do que aínda se conservan as torres do campanario. A vila foi queimada polas incursións normandas da Idade Media, que cobizaban os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.

Page 27: Salnés máis nós

Vilanova de Arousa é lugar con antigüidade, e así o demostran restos paleolíticos atopados na praia das Sinas. E os achádegos da idade de bronce, localizados en Tremoedo e Baión.

Ademais existen restos da cultura castrexa en Baión e mesmo escritos sobre Castro Lupus (crese que no monte Lobeira) na mitra compostelana.

E, por último, de orixe romana, como o demostra a "ponte dos padriños" en Ponte Arnelas, así como un pequeno tesouro de 717 moedas atopado en Tremoedo.

Page 28: Salnés máis nós

VILAGARCÍAVilagarcía é unha cidade nova, en continuo crecemento, que se caracteriza pola gran concentración de servizos tanto públicos coma privados en contraste coa súa mediana poboación. Entre os principais servizos públicos dos que goza están un hospital

comarcal do Sergas, Xulgados de Segunda Instancia, unha delegación da Axencia Tributaria, oficinas do Ministerio do

Interior (Policía), Parque comarcal de Bombeiros...

Page 29: Salnés máis nós

CarrilFoto aérea do paseo de Vilagarcía. Este paseo recibe durante todo o ano a visita de diversos turistas, que gozan da paisaxe, das magníficas praias e das afamadas ameixas de Carril. Dende estas praias pódese apreciar en verán O combate naval.

Page 30: Salnés máis nós

O GROVEA cultura, en todas as súas vertentes, está presente durante todo o ano no noso municipio.Dende numerosas exposicións, como as permanentes esculturas ao longo da vila ou dos artistas locais, ata actuacións de música e danza, pasando polas representacións tetarais, o certame literario “Manuel Lueiro Rey” ou as numerosas mostras de tradición e folclore que teñen lugar en cada estación.Sen esquecer a beleza paisaxística, como o amosa o paseo de Pedras Negras.

Page 31: Salnés máis nós

SiradellaO monte Siradella, con 166 metros é o punto máis alto da península do Grove desde onde se domina coa vista a praia da Lanzada e todo o concello, xunto co Complexo Intermareal existente na zona.No alto do monte sitúase un Centro de Interpretación da Natureza. No cumio, o mirador da Siradella, cunha plataforma sobre a pedra de numerosos penedos desgastados entre o que destaca a coñecida como "Pedra Cabaleira"

Page 32: Salnés máis nós

A ToxaO termalismo está de moda en toda Europa, pero

probablemente onde esta tendencia ten cobrado un maior protagonismo é en Galicia.

Aquí se acapara gran parte da oferta termal da xeografía española e contamos co balneario máis coñecido dentro e fóra

das nosas fronteiras: O Gran Hotel La Toxa.

Page 33: Salnés máis nós

A festa do mariscoDesde 1963 celébrase, ao chegar o mes de outubro, a

Festa do Marisco neste municipio das Rías Baixas

galegas. Este evento gastronómico-

cultural pon de relevo os piares básicos da economía desta vila costeira: o turismo e a pesca.

Ambos conxugados fan posible que esta festa de promoción

cultural siga adianteDesde 1963 celébrase, ao

chegar o mes de outubro, a Festa do Marisco neste

municipio das Rías Baixas galegas.

Page 34: Salnés máis nós

A gastronomíaTanto a cociña

tradicional como a nova cociña, cobran

nesta terra unha nova dimensión. Contando sempre coa calidade

da materia prima nestes lares,

elabóranse auténticos manxares que non deben deixar de

probarse ao visitarnos.

Page 35: Salnés máis nós

IES de Vilalonga 4º ESO B

Patricia Balboa BarralYolanda Bouzada RodríguezPaula Buezas JamardoJuan Cernadas CarreraSofía DearribaAdrián Fernández FernándezVerónica Fontán BempostaLara García PiñeiroKaterin Iglesias TorresAriadna Oubiña BarbeitoAlba Pérez SieiraAlejandro Prieto VidalNuria Rodríguez Piñeiro