Os legumes

26
Os legumes Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA

Transcript of Os legumes

Page 1: Os legumes

Os legumesM

on D

apor

ta

COUSIÑAS FEITAS

NA CASA

Page 2: Os legumes

Atopouse Roque con este cartaz

Page 3: Os legumes

2016 Ano Internacional dos LegumesA Asemblea Xeral das Nacións Unidas, no seu 68º período de sesións, proclamou o ano 2016 como Ano Internacional dos Legumes, coa intención de sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes e como parte dunha produción de alimentos sostible e encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.

e quixo informarse, el non deixa pasar.

Page 4: Os legumes

E mentras buscou,

Qué son os legumes e por qué son importantes?Os legumes son as sementes de distintas plantas leguminosas anuais, e a razón pola que se cultivan, tanto se se utilizan como alimento das persoas como dos animais.As leguminosas ás que se lle consumen os froitos (vaíñas) ou as sementes en verde inclúense no grupo das hortalizas. Os legumes son unha fonte esencial de proteínas e aminoácidos e débense consumir como parte dunha dieta saudable que contribúe a combater a obesidade e a previr e axudar a controlar enfermedades como a diabete, as afeccións coronarias e o cancro; tamén son unha importante fonte de proteína vexetal para os animais.

Page 5: Os legumes

As leguminosas (Fabaceae) son unha familia de plantas con case 20.000 especies de aspectos e tamaños diversos que se poden atopar por todas as latitudes. Está formada por árbores, arbustos e herbas con moi diferentes utilidades e aproveitamentos. Caracterízanse por ter os froitos en vaíña

Page 6: Os legumes

Raíz dunha leguminosa na que se ven os nódulos nos que viven as bacterias fixadoras de nitróxeno.

veu e aprendeu,

As plantas leguminosas viven en simbiose con bacterias do xénero Rhizobium, que teñen a propiedade de fixar nitróxeno, co que contribúen a aumentar a fertilidade dos terreos nos que se desenvolven e teñen efectos positivos para o medio ambiente.

Page 7: Os legumes

preparou este traballo, co que recolleu

Page 8: Os legumes

Legumes máis cultivados

no mundo

Page 9: Os legumes

Ayocote, frijol corredor, frijol corredor escarlata (Phaseolus coccineus). Planta herbácea, perenne (aínda que se trata xeralmente como anual), orixinaria de México, vivaz, con raíces tuberosas e talos de ata 3 m de longo(moi semellante a P. vulgaris, distínguese dela polos acios máis longos, e porque os cotiledóns das sementes permanecen debaixo da terra cando xerminan). Ten vaíñas en forma de coitelo. A maior parte das variedades teñen as flores vermellas e sementes multicores. A miúdo cultívanse como plantas ornamentais. Ten un alto contido de fitohemaglutina, unha proteína tóxica que só se destrúe se se coce ben.A súa raíz coñecida como cimate úsase como condimiento na cociña mexicana.

Page 10: Os legumes

Chícharo ou ervilla (Pisum sativum), planta herbácea máis ou menos trepadora, orixinaria do Mediterráneo, co talo cilíndrico e follas con grandes brácteas, compostas, pinnadas e rematadas nun gavián. As flores nacen en acios axilares. Os froitos son vaíñas de 5 a 10 cm de longo que teñen de 4 a 10 sementes case esféricas. Consúmenselle as sementes frescas, secas ou en conserva. Existen variedades de porte diferente así como con froitos de distinta cor e textura.

Page 11: Os legumes

Faba ou xudía (Phaseolus vulgaris) . Herbácea anual con numerosas variedades, nativa de Mesoamérica e Sudamérica, erguida ou trepadora, de talo pubescente con follas pinnadas de foliolos entre ovados e romboidais, coa beira enteira e a punta alongada. As flores blancas, amarelas, violáceas ou vermellas, en acios axilares; o froito, lineal-oblongo, de 10 a máis de 20 cm de longo, algo curvado, ten de 4 a 10 sementes oblongas ou con forma de ril de moi diversas cores e tamaños, Algunhas variedades utilízanse como hortalizas, consúmeselle o froito enteiro coas sementes pouco desenvolvidas.

Page 12: Os legumes

Fabón (Vicia faba). Herbácea anual, orixinaria do Mediterráneo ou de Asia Central, de porte erguido, con talos fortes e angulosos de hasta 1,6 metros de altura. Follas de cor verde escura, alternas, compostas paripinnadas con foliolos de forma oval-redondeada. As flores, grandes e fragantes, con pétalos brancos manchados de violeta, púrpura ou negro; aparecen en acios axilares de 2 a 8. O froito e unha vaiña de 10 a 30 cm de lonxitude e consistencia carnosa, que pode ter entre 2 e 9 sementes. Aprovéitanselle as sementes que se consumen frescas ou secas.

Page 13: Os legumes

Garabanzo (Cicer arietinum). Planta herbácea anual, orixinaria do Mediterráneo oriental, con talos cilíndricos, duns 50 cm de altura, e follas pinnadas, cos foliolos coa beira dentada, con flores blancas ou violetas, solitarias, froito en vaíña con 2 ou 3 sementes redondeadas, aplastadas por los lados e cun saínte formado pola raiciña. Existen numerosas variedades que se diferencian polo tamaño a consistencia do froito. Aprovéitanselle as sementes.

Page 14: Os legumes

Lentella (Lens culinaris). Planta herbácea anual, orixinaria de Oriente Próximo, con talos de 30 a 40 cm, endebles, ramosos e estriados, follas compostas, pinnadas con foliolos ovais rematadas en gaviáns. Flores blancas con veas moradas, sobre un pedúnculo axilar. O froito é unha vaiña pequena que ten 2 ou 3 sementes lenticulares de medio centímetro de diámetro, aproximadamente. Aprovéitanselle as sementes secas.

Page 15: Os legumes

Xudía de Lima, faba de Lima, pallar, garrofón… (Phaseolus lunatus). Herbácea trepadora, perenne, orixinaria da América tropical e subtropical, dos Andes e Centroamérica, cos talos estriados, follas compostas, cos foliolos ovados a rómbicos coa base ampla e a punta longa, inflorescencias en acios, de ata 30 cm de longo, con flores lilas, rosadas ou violetas (brancas nas cultivadas); froitos longos e curvados, péndulos, 3,5 a 8 cm de longo; con entre 3 e 6 sementes oblongas, cuadradas, reniformes ou orbiculares, comprimidas, de cor café a negras, con pintas negras.

Page 16: Os legumes

Yorimuni, frijol tépari (Phaseolus acutifolius). Herbácea anual, trepadora, nativa do suroeste de Estados Unidos e o noroeste de México, con talos de ata 4 m de longo. Florece no verán. Produce froitos en vaíñas e sementes pequenas de tamaños e cores diversas, dependendo da variedade local á que pertenzan. Son resistentes á seca e completan o ciclo entre 60 e 120 días despois da sementeira. Cultívanse en zonas desérticas e semidesérticas desde Arizona a Costa Rica.

Page 17: Os legumes

Urd, lentella negra, gramo negro ou mungo (Phaseolus mungo ou Vigna mungo). Orixinaria da India e cultivada no sur de Asia. Herbácea anual co talo erguido ou rastreiro, densamente peludo, que pode medir de 30 a 100 cm de longo; ten as follas grandes e peludas, e as vaíñas estreitas, cilíndricas e de 4 a 6 centímetros que poden ter ata 12 sementes.

Page 18: Os legumes

Caupí, carilla, xudía de careta, fríjol chino (Vigna sinensis). Planta herbácea, anual, trepadora que se cultiva en gran parte de Asia e América. Ten talos volubles, que gabean coa axuda de gabiáns, follas compostas con tres foliolos de forma ovalada ou romboide e flores de cor branca amarela. O froito longo, cilíndrico, ten ata 12 sementes ovais, pequenas, de apenas 1 centímetro, de cor branca cunha mancha negra característica, que se consumen frescas ou secas. É un cultivo que se desenvolve ben en zonas calidas e secas.

Page 19: Os legumes

Xudía adzuki (Vigna angularis). Orixinaria de Asia e moi cultivada no Himalaia e no Extremo Oriente. É unha herba anual, co talo angular, algo peloso, de 30 a 90 cm de altura, follas compostas con foliolos ovados ou romboidais; inflorescencias en acios axilares de 5 ou 6 flores pedunculadas, coa corola amarela; os froitos, cilíndricos, de 5 a 8 cm de lonxitude, coas sementes, maiormente vermellas ou de outras cores, oblongas, duns 5 mm. Úsase polo seu sabor doce en pastas (Xapón e China) e xelados (Malasia).

Page 20: Os legumes

Soia (Glycine max). Planta herbácea anual, de 20 cm ata 2 m de alta, cuberta de pelos avermellados. Coas follas trifolioladas, con foliolos de elípticos a ovados, grandes e coa beira enteira. Flores blancas, rosas ou púrpuras. Inflorescencias axilares en acios de ata 8 flores. Legume alongada e curvada, colgante, de 3 a 8 cm, con entre 2 e 4 sementes de 5 a 10 mm de diámetro e cor negra, marrón, azul, amarela, verde. Cultívase polas súas sementes que teñen un contido medio de aceite e alto de proteínas que se utilizan na alimentación humana e do gando. As numerosas aplicacións dos produtos que se obteñen da soia convértena nun dos principais cultivos de gran a escala mundial.

Page 21: Os legumes

Guandú, gandul, guandul, frijol de pau ou quinchoncho (Cajanus cajan flavus) Planta arbustiva que mide de 1 a 3 m de altura, con talos de 0,5 a 3 cm de diámetro, follas alongadas divididas en tres, agudas; as flores, de cor amarela, miden 2 cm e aparecen en acios axilares ou terminais; o froito é unha vaíñade cor verde, de 5 a 8 cm de longo, que acolle de 3 a 9 sementes de 7 a 9 mm de diámetro.

Page 22: Os legumes

Tremoceiro ou altramuz branco (Lupinus albus). Planta anual, pubescente, de talo erguido, de entre 30 e 120 cm de altura; follas compostas, palmeadas, inflorescencias terminais máis ou menos grandes, froitos en vaíña e sementes esféricas achatadas. O Lupinus albus ten unha ampla distribución arredor do Mediterráneo, principalmente en terreos areosos e ácidos. Coñécense numerosas variedades con caracteres fisiolóxicos diferentes: resistencia ou non á séca ou ao frío, duración do período de desenvolvemento e taxa de crecemento. As sementes desta especie úsanse na alimentación humana pero hai que tratalas porque conteñen substancias que poden afectar á saúde.

Page 23: Os legumes

Tarui, lupino, tarwi, chocho, altramuz andino (Lupinus mutabilis). Planta anual de orixe andina, co talo oco e moi ramificado que pode medir de 0,5 a 1,8 m de altura, as follas compostas, palmeadas, cos foliolos ovalados; as inflorescencias son terminais con flores de brancas a púrpuras; os froitos son vaíñas de 5 a 12 cm de longo que poden acoller ata 9 sementes cun alto contido en proteínas e graxa. As sementes teñen substancias tóxicas que se poden eliminar téndoas en remollo varios días ou cocéndoas. Cultívase, desde a antigüidade en alturas medias dos Andes.

Page 24: Os legumes

Cacahuete ou maní (Arachis hypogaea). Planta herbácea, anual, de orixe tropical americana, cos talos de erguidos a rastreiros, de 30 a 80 cm de longo, follas de catro foliolos ovais, flores amarelas en acios axilares, e froito en vaíña oblonga, de 2 a 5 cm de longo, de desenvolvemento subterráneo, que encerra de 1 a 5 sementes oblongas de 5 a 10 mm de diámetro. Cultívase en áreas tropicais e subtropicais de todo o mundo.

Page 25: Os legumes

Maní bambara ou chícharo de terra (Voandzeia subterranea ou Vigna subterranea). Herbácea anual, orixinaria de África Occidental, que se cultíva nos trópicos, en terreos pobres e secos. Talos rastreiros e follas compostas, co peciolo longo, con tres foliolos de forma oval, flores blanco amarelas, en acios axilares, e froitos en vaíña de desenvolvemento subterráneo, globoso, de ata 2 cm de diámetro, que encerra unha, ás veces dúas, sementes ovais de cores variadas, da branca a negra e a vermella. As sementes cómense frescas ou fervidas despois de secas.

Page 26: Os legumes

E ata aquí o traballo das plantas ás que se lle adica o ano

As imaxes fotográficas foron collidas da “internet”, e os datos de fontes diversas. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta.