ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5...

35

Transcript of ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5...

Page 1: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a
Page 2: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 2 de 35

1 OBXECTO 5

2 PROCEDEMENTO 5

3 ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5

4 RÉXIME XURÍDICO 6

5 PROCEDEMENTO 6

6 CAPACIDADE PARA CONTRATAR 6

6.1 CLASIFICACIÓN 7 6.2 SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA 7 6.3 SOLVENCIA TÉCNICA 7

7 PRAZO DE EXECUCIÓN 8

8 INCUMPRIMENTO DO PRAZO E PENALIZACIÓNS 8

9 GARANTÍAS 9

9.1 GARANTÍA DEFINITIVA 9

10 SOLICITUDE DO PROXECTO, REPLANTEO PREVIO E CONSULTAS 9

10.1 SOLICITUDE DO PROXECTO 9 10.2 REPLANTEO PREVIO 10 10.3 CONSULTAS 10

11 PRESENTACIÓN E ESTRUTURA DAS PROPOSICIÓNS 11

11.1 LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN 11 11.2 FORMALIDADES E ESTRUTURA DA PROPOSTA 11 11.2.1 SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA 11 11.2.2 SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES

MEDIANTE FÓRMULAS (PROPOSTA TÉCNICA) 12

Page 3: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 3 de 35

11.2.3 SOBRE C: PROPOSTA ECONÓMICA (CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS) 14

12 MESA DE CONTRATACIÓN 14

13 CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO 14

13.1 CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE B): MÁXIMO DE 45 PUNTOS 15 13.1.1 MEMORIA CONSTRUTIVA E PROGRAMA DE TRABALLO, ATA UN MÁXIMO DE 40 PUNTOS 15 13.1.2 MEMORIA DE SEGURIDADE E SAÚDE, ATA UN MÁXIMO DE 5 PUNTOS 15 13.2 CRITERIOS DE VALORACIÓN AUTOMÁTICA (SOBRE C): MÁXIMO DE 55 PUNTOS 15 13.2.1 PREZO DE CONTRATO: 35 PUNTOS 16 13.2.2 PRAZO DE EXECUCIÓN: ATA UN MÁXIMO DE 4 PUNTOS 18 13.2.3 MELLORAS OFERTADAS: ATA UN MÁXIMO DE 12 PUNTOS 18 13.2.4 PRAZO DE GARANTÍA: ATA UN MÁXIMO DE 4 PUNTOS 19

14 REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PROPOÑA A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA 20

14.1 DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DO CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS PREVIOS 20 14.1.1 CAPACIDADE DE OBRAR 20 14.1.2 PODER DEBIDAMENTE BASTANTEADO 21 14.1.3 DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA. 21 14.2 DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO 22

15 ADXUDICACIÓN 23

16 SUBCONTRATACIÓN 23

16.1 PAGOS A CONTRATISTAS E SUMINISTRADORES 24

17 REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 25

18 FORMALIZACIÓN DO CONTRATO 26

19 OBRIGAS DO CONTRATISTA TRAS O ASINAMENTO DO CONTRATO 26

19.1 ELABORACIÓN DO PLAN DE SEGURIDADE E SAÚDE DE OBRA 26 19.2 COMUNICACIÓN DE APERTURA DO CENTRO DE TRABALLO 27 19.3 SOLICITUDE DE LICENZAS, AUTORIZACIÓNS E IMPOSTOS 27 19.4 INICIO DAS OBRAS 27

Page 4: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 4 de 35

19.5 CERTIFICACIÓNS 28 19.6 SOLICITUDE DE PRÓRROGA NO PRAZO DE EXECUCIÓN 29 19.7 MODIFICACIÓN DO PROXECTO 29

20 CONFIDENCIALIDADE 29

21 OUTROS GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO 29

22 RESPONSABLE DO CONTRATO 30

23 EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA 30

24 EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA 30

25 RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS 31

26 XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS 32

27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32

28 GARANTÍA DA OBRA 32

29 RESOLUCIÓN DO CONTRATO 33

30 PRERROGATIVAS DA FGF E XURISDICIÓN COMPETENTE 33

Page 5: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 5 de 35

1 OBXECTO O obxecto do procedemento ó que se refire este prego é a execución das obras de “Reforma dos locais para a sede da Federación Galega de Fútbol na Coruña” definidas no correspondente proxecto aprobado pola Federación Galega de Fútbol (en adiante, FGF) e que se poderá solicitar seguindo o procedemento establecido no apartado 10.1 Solicitude do proxecto deste prego.

O devandito proxecto consta dos documentos esixidos no artigo 123 do TRLCSP, despois de contemplarse na súa elaboración os preceptos do Libro II, título I, capítulo II, sección 2ª do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

A memoria, os planos, os cadros de prezos, o prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas económico-administrativas particulares revestirán carácter contractual.

2 PROCEDEMENTO División en lotes: non Cualificación do contrato: obra Órgano de contratación: Federación Galega de Fútbol (FGF) Prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais desde a publicación do presente prego na páxina web da Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es)

3 ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade indicada na táboa a continuación, incluíndo na mencionada contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente, son de conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole.

ORZAMENTO Formulación do prezo: A prezo fixado Importe sen IVE: 398.887,65 € IVE (21%): 83.766,41 € Total con IVE: 482.654,06 €

En todo caso indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).

As proposicións que se presenten superando o orzamento base de licitación serán desbotadas automaticamente. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos:

Page 6: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 6 de 35

1. Gastos xerais da empresa nos que se inclúe a porcentaxe do 13 % sobre o orzamento de execución material.

2. Beneficio industrial: aplicarase o 6 % sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, do beneficio industrial e dos gastos

xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais e autonómicas coma estatais, agás o pago da licenza de obras municipal.

Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material.

4 RÉXIME XURÍDICO Para todo o non previsto nos pregos estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público; o Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o RXLCAP en todo o que non contradiga o TRLCSP e en toda a demais normativa aplicable.

O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste non eximirá o contratista da obriga do seu cumprimento.

O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada. Supletoriamente, aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.

O adxudicatario queda obrigado a cumprir, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as disposicións vixentes sobre relacións laborais, Seguridade Social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral.

5 PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 13 CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO deste prego e en aplicación do artigo 150 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, conforme ós termos e requisitos establecidos no devandito texto legal.

6 CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a clasificación e solvencia técnica que se indica a continuación, nos termos

Page 7: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 7 de 35

que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma.

6.1 Clasificación

Non se require clasificación xa que o importe da licitación é inferior a 500.000,00 euros.

6.2 Solvencia económica e financeira

Deberase acreditar un volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos, por un importe mínimo dunha vez e media do valor anual medio do contrato.

6.3 Solvencia técnica

A solvencia técnica valorarase tendo en conta: - As obras executadas no transcurso dos dez últimos anos (avaladas por certificados de boa execución

para as obras máis importantes). Estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se as realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron a bo termo. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior ao 70% do valor estimado do contrato, ou da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato.

- A maquinaria, o material e o equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se lle achegará a documentación acreditativa pertinente.

Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. A FGF poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas ata que se formalice a adxudicación). Estas empresas serán responsables solidarias ante a FGF, debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa.

A finalidade destas empresas será realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.

Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes.

Page 8: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 8 de 35

A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e mais as circunstancias nas que constitúan a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción.

7 PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo estimado para a execución das obras establécese en 4 meses, contando desde o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo.

O contratista deberá presentar, antes da formalización do contrato, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras en relación co prezo ao que se van realizar en cada prazo.

O adxudicatario estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado.

Este prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e con petición previa do contratista, co informe favorable do director de obra.

No caso de prórroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación.

8 INCUMPRIMENTO DO PRAZO E PENALIZACIÓNS Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a FGF optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato. Se opta pola imposición de penalidades, cando estas alcancen o 5 % do prezo contrato, poderase resolver o contrato. As penalidades diarias cuantificaranse na proporción de 5 euros por cada 1.000 do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do seu enxeñeiro director, para a súa correcta finalización. Esta imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados pola demora na execución imputable ó contratista.

Page 9: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 9 de 35

9 GARANTÍAS

9.1 Garantía definitiva

O seu importe será do 5 % do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. No caso de non cumprir o prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas.

10 SOLICITUDE DO PROXECTO, REPLANTEO PREVIO E CONSULTAS

10.1 Solicitude do proxecto

As empresas que teñan interese na licitación deste procedemento poderán solicitar, dende o día de publicación deste prego na páxina web da Federación, o proxecto aprobado pola FGF para estas obras.

O procedemento a seguir é o seguinte:

• A solicitude realizarase a través da dirección de correo electrónico [email protected]. O asunto do correo electrónico deberá ser SOLICITUDE DO PROXECTO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA de “Reforma dos Locais para a sede da Federación Galega de Fútbol na Coruña”. O corpo da mensaxe deberá conter a seguinte información:

- Nome completo da empresa - Nome comercial da empresa ou marca de referencia se procede - Persoa responsable da coordinación da cita por parte do licitante, teléfono de contacto, e-

mail e dispoñibilidade horaria.

• A dirección de correo que se utilizará para todas as comunicacións será a do remitente que envíe o correo á FGF.

• A FGF dará conformidade á recepción do correo. No caso de que o licitante non a reciba no prazo dun día laborable recoméndaselle que se poña en contacto coa Federación Galega de Fútbol a través do teléfono 981 12 17 86 (contacto co secretario xeral da FGF) para verificar que non existen problemas de comunicación por correo electrónico entre o licitante e a Federación (SPAM, virus, etc.).

Page 10: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 10 de 35

10.2 Replanteo previo

As empresas licitadoras que o requiran, e só no caso de que sexa necesario, poderán solicitar visitas ós locais afectados polo contrato, ao obxecto de solicitar información adicional que permita axustar as súas propostas. Dado que a visita a estes locais supón a coordinación de todas as partes implicadas, habilitarase para iso o seguinte procedemento:

• En principio establecerase como data de visita o segundo mércores despois da publicación do presente documento na páxina web da FGF. O licitante realizará unha solicitude con polo menos 3 días hábiles de antelación sobre a data prevista para as visitas. Esta solicitude realizarase a través da dirección de correo electrónico [email protected]. O asunto do correo electrónico deberá ser SOLICITUDE DE CITA PARA REPLANTEO PREVIO DA EXECUCIÓN DA OBRA de “Reforma dos Locais para a sede da Federación Galega de Fútbol na Coruña”. O corpo da mensaxe deberá conter a seguinte información:

- Nome completo da empresa - Nome comercial da empresa ou marca de referencia se procede - Persoa responsable da coordinación da cita por parte do licitante, teléfono de contacto, e-

mail e dispoñibilidade horaria.

• A dirección de correo que se utilizará para todas as comunicacións será a do remitente que envíe o correo á FGF.

• A FGF dará conformidade á recepción do correo. No caso de que o licitante non a reciba no prazo dun día laborable recoméndaselle que se poña en contacto coa Federación Galega de Fútbol a través do teléfono 981 12 17 86 (contacto co secretario xeral da FGF) para verificar que non existen problemas de comunicación por correo electrónico entre o licitante e a Federación (SPAM, virus, etc.).

10.3 Consultas

Toda consulta sobre este procedemento deberán exporse a través da dirección de correo electrónico [email protected]. O asunto do correo electrónico deberá ser: CONSULTA SOBRE A EXECUCIÓN DA OBRA de “Reforma dos Locais para a sede da Federación Galega de Fútbol na Coruña”. O corpo da mensaxe deberá conter a seguinte información:

- Nome completo da empresa - Nomee comercial da empresa ou marca de referencia se procede. - Persoa responsable da consulta por parte do licitante, teléfono de contacto e e-mail.

A dirección de correo que se utilizará para todas as comunicacións será a do remitente que envíe o correo á Federación.

A Federación dará conformidade á recepción do correo. No caso de que o licitante non a reciba no prazo dun día laborable recoméndaselle que se poña en contacto coa Federación Galega de Fútbol a través do teléfono 981 12 17 86 (contacto co secretario xeral da FGF) para verificar que non existen problemas de comunicación por correo electrónico entre o licitante e a Federación (SPAM, virus, etc.).

Page 11: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 11 de 35

11 PRESENTACIÓN E ESTRUTURA DAS PROPOSICIÓNS

11.1 Lugar e prazo de presentación As proposicións presentaranse no domicilio social da entidade, sito na Rúa Menéndez Pelayo, 18 -2º 15005 A Coruña (de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 e de 16:00 a 19:00 h) dentro dun prazo de vinte e seis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente prego na páxina web oficial da FGF( www.futgal.es).

Se o último día de presentación de proposicións coincidise en sábado, domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

Poderase remitir a proposta por correo ordinario, sempre e cando quede xustificada a data e hora de imposición do envío á Federación Galega de Fútbol (envío administrativo). No caso de envío por correo ordinario deberá comunicarse dito envío a través de correo electrónico ó enderezo [email protected] con antelación a expiración do prazo e sempre suxeito ó indicado anteriormente.

11.2 Formalidades e estrutura da proposta

Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilos para a súa lectura, o seguinte:

- Sobre (A B ou C, en función do sobre correspondente) - Denominación do contrato - Nome do licitador - CIF - Enderezo, correo-e e teléfono de contacto - Número de inscrición no Rexistro de contratistas (se é o caso)

A documentación que se debe incluír nestes sobres é a seguinte:

11.2.1 Sobre A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA

O sobre conterá os seguintes documentos:

1. Se o licitador é empresario individual: documento nacional de identidade ou documento equivalente que o sustitúa de xeito regulamentario.

2. Se o licitador é persoa xurídica: escritura ou documento de constitución (coa correspondente declaración de vixencia). Deberá aportarse, ademais, documento nacional de identidade da persoa física que o represente.

3. Declaración xurada seguindo o modelo que se xunta.

Page 12: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 12 de 35

A proposta deberá presentarse tanto en formato papel como en formato dixital. O formato dixital deberá presentarse en soporte CD ou DVD. A versión dixital entregarase nun único ficheiro en formato PDF que deberá estar firmada dixitalmente polo representan legal da empresa licitadora.

11.2.2 Sobre B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (PROPOSTA TÉCNICA)

O sobre conterá os seguintes documentos:

1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selada polo representante legal da empresa

2. Memoria construtiva e programa de traballo Describirase o coñecemento do proxecto e do terreo onde se executará a obra e deberase explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, as provisións a utilizar e os medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores tamén presentarán un programa de execución da obra que contemple as distintas tarefas ordenadas secuencialmente (pero sin indicar os prazos), debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica (datos do sobre C) ofertada polo licitador (por exemplo prazos parciais). O incumprimento deste precepto provocará a exclusión da oferta no proceso de licitación.

3. Memoria de seguridade e saúde

a. Definición da cuestión principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos Describiranse as actividades máis problemáticas na súa execución en relación coa seguridade e saúde. Definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra.

b. Análise da organización preventiva e sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais que se debe aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de coordinación de actividades empresariais. Tamén a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes entre outras. Así mesmo presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais.

Page 13: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 13 de 35

c. Análise das actividades de especial perigosidade que van ter lugar na obra (anexo I do R. d. 1627/97) Neste apartado realizaranse, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade que se executarán na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra destes traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias e que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais.

d. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo, presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra.

e. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e as ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde e mais das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co seu protocolo de seguimento. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso.

f. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra e de información dos riscos ós que están sometidos nela. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento e sobre os riscos dos que o protexen, e se haberá de definir como se verificará a súa utilización por parte dos traballadores.

g. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra Presentaranse as proteccións colectivas necesarias na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición.

A proposta deberá presentarse tanto en formato papel como en formato dixital. O formato dixital deberá presentarse en soporte CD ou DVD. A versión dixital entregarase nun único ficheiro cunha versión en formato PDF que deberá estar firmada dixitalmente polo representan legal da empresa licitadora e outra en formato DOC ou DOCX. O tipo de letra utilizado será Calibri 12 agás para títulos onde será Calibri 14 e Calibri 16. Empregarase un entreliñado a 1.15 e o espazo entre parágrafos será de 0.6 puntos. A extensión máxima da proposta será de 100 páxinas.

Page 14: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 14 de 35

Durante o proceso de valoración das propostas non se terán en cotan aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente.

11.2.3 SOBRE C: PROPOSTA ECONÓMICA (CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS)

O sobre conterá o modelo de proposición, segundo o modelo determinado no anexo I deste documento (prego de cláusulas económico-administrativas), asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica (prezo), o prazo de execución das obras, o prazo de garantía, e as melloras ofertadas.

Non se aceptarán as propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a FGF estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro de relevo no importe da proposición ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser desbotada pola Mesa de Contratación. A proposta deberá presentarse tanto en formato papel como en formato dixital. O formato dixital deberá presentarse en soporte CD ou DVD. A versión dixital entregarase nun único ficheiro cunha versión en formato PDF que deberá estar firmada dixitalmente polo representan legal da empresa licitadora.

12 MESA DE CONTRATACIÓN A Mesa de Contratación estará integrada por: Presidente:

- Presidente da FGF ou persoa en quen delegue.

Secretario: - Secretario Xeral da FGF

Vogais: - Un vicepresidente da FGF que será designado polo presidente. - Tesoureiro da FGF - Directivo de Novas Tecnoloxías e Comunicación - Técnicos designados pola FGF

13 CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores (Sobre A).

Page 15: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 15 de 35

No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. A continuación valoraranse as proposicións técnicas recibidas (Sobre B). Para a valoración das proposicións atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato:

13.1 Criterios NON avaliables mediante fórmulas (sobre B): máximo de 45 puntos

13.1.1 Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 40 puntos

Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde se executará a obra, así como a metodoloxía a empregar na súa execución, as provisións a utilizar e os medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Tamén se valorará o programa de traballo, a súa metodoloxía, e a descrición das distintas tarefas que o forman.

13.1.2 Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos

Valorarase a descrición dos procedementos construtivos a empregar que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra, incluídas as actividades de especial perigosidade no caso de que existan. Tamén se valorará a elección do sistema de xestión da prevención de riscos laborais a empregar na obra e a forma en que se realizará a información de riscos e medidas preventivas específicas ós traballadores, así como a relación de maquinaria, ferramentas, medios auxiliares e medios colectivos dos que dispón a empresa para empregar na obra. Unha vez realizado o informe técnico tendo en conta os criterios descritos anteriormente, procederase a apertura do sobre C daquelas ofertas que, tal e como se indica no parágrafo seguinte, superen os 25 puntos indicados. Nota importante: só se procederá á apertura e á valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 25 puntos. Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato:

13.2 Criterios de valoración automática (sobre C): máximo de 55 puntos

Page 16: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 16 de 35

13.2.1 Prezo de contrato: 35 puntos

Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizados o exame da documentación administrativa contida no sobre A, e o informe técnico da documentación contida no sobre B.

En función da proposición económica as ofertas puntuaranse entre 0 e 35 puntos. Para o cálculo das puntuacións da oferta económica tomarase como máxima puntuación o valor 100, e se aplicará a ponderación do 35% ó resultado que se obteña nos cálculos seguintes:

Sendo: PE= puntuación económica.

Bi= Baixa da oferta para a que se quere determinar a puntuación calculada coma a porcentaxe que represente a diferencia entre o orzamento base de licitación (IVE non incluído) e o orzamento da oferta presentada (IVE non incluído), expresado en tanto por cento sobre o orzamento base de licitación (IVE non incluído).

Be= Baixa da oferta máis económica de todas as admitidas, non tendo en conta as ofertas que se declaren anormais ou desproporcionadas que quedan excluídas da clasificación de acordo co artigo 151 do TRLCSP. Para os efectos da consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados se considerará que están incursas nesa situación (baixa temeraria) as proposicións cunha Bi que: 1. Exceda en (K*δ´) ó valor da “baixa de referencia” (Br), no caso de que o número de empresas licitadoras admitidas (tras a apertura e comprobación da documentación contida no sobre C, inclúan ou non valores anormais ou desproporcionados) sexa igual ou superior a cinco. Presunción de temeridade: Bi>Br + (K * δ´) si n≥5 Sendo:

- Bi=Baixa da oferta para a que se quere determinar a puntuación calculada coma a porcentaxe que represente a diferenza entre o orzamento base de licitación (IVE exluido) e o orzamento da oferta

Page 17: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 17 de 35

presentada (IVE excluído), expresado en tanto por cento sobre o orzamento base de licitación (IVE excluído) de todas as proposicións admitidas tras a apertura e comprobación da documentación contida no sobre C, inclúan ou non valores anormais ou desproporcionados.

- Br = minimo (Bm, B´m)

o Bm = Baixa media calculada

n ∑ Bi i = 1

Bm = -------------- n

o B´m = media aritmética das baixas das ofertas que cumplan a condición seguinte: (Bm – δ) ≤ Bi ≤ (Bm + δ)

δ = desviación típica calculada

n ∑ (Bi – Bm)2 i = 1

δ = --------------------- n

- K = factor de temeridade, K=2,5 - δ´ = desviación típica das baixas das ofertas que cumplen a anterior condición sinalada para o

cálculo de B´m - n=Número de ofertas admitidas tras a apertura e comprobación da documentación contida no sobre

C, inclúan ou non valores anormais ou desproporcionados 2. Exceda en tres ou máis unidades ó valor da “baixa de referencia” (Br), no caso de que o número de empresas licitadoras admitidas (tras a apertura e comprobación da documentación contida no sobre C, inclúan ou non valores anormais ou desproporcionados) sexa inferior a cinco. Presunción de temeridade: Bi>Br + 3 si n<5 Para calcular a baixa de referencia seguiranse as instrucións especificadas no punto anterior. Para os efectos de establecer este promedio terase en conta que cando as empresas que formen parte dun mismo grupo, segundo os supostos do artigo 42.1 do Código de Comercio, presenten distintas proposicións, tomarase unicamente a oferta máis baixa de todas as do grupo.

Page 18: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 18 de 35

Cando se identifique unha proposición que poida ser considerada desproporcionada ou anormal, conforme ó establecido nos parágrafos anteriores, deberá darse audiencia ó licitador que a presentara para que, no prazo de 5 días hábiles, contados a partires do día seguinte a aquel no que se reciba a comunicación que se realizará por fax ou correo electrónico, presente a documentación xustificativa da valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección de emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar no que se vaia a realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado, tal e como se recolle no artigo 152 do TRLCSP. Analizada a xustificación efectuada polo licitador e os informes técnicos correspondentes que fora necesario solicitar, a oferta quedará excluída e non será obxecto de clasificación si se estima que esta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados. Asemade resultará excluído da citada clasificación si o licitador non contestara ó requirimento da información xustificativa solicitada.

13.2.2 Prazo de execución: ata un máximo de 4 puntos

PRAZO PUNTUACIÓN

Igual a 4 meses 0 puntos Máis de 3 meses e medio e menos de 4 meses 1 puntos

Entre 3 meses e 3 meses e medio 2 puntos Igual ou inferior a 3 meses 4 puntos

O prazo de execución da obra proposto terá que ser coherente coas actuacións a realizar previstas na memoria e programa de traballo. O prazo considérase como unha obrigación esencial do contrato, sendo o seu incumprimento obxecto de penalidades e mesmo de resolución do contrato.

13.2.3 Melloras ofertadas: ata un máximo de 12 puntos

Os licitadores poderán propoñer melloras sobre os seguintes aspectos do que, a xuízo do adxudicatario poidan mellorar o resultado final do proxecto.

DESCRICIÓN DA MELLORA PUNTUACIÓN SI/NO Tabiques móbiles apilables multidireccionais (2 unidades) entre as salas de reunións.

3 puntos

Subministro de estores motorizados de tecido especial para o control solar en todas as carpinterías.

3 puntos

Modificación de equipos de climatización. Mellora desde á actual instalación estándar a outra instalación baseada na

2 puntos

Page 19: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 19 de 35

DESCRICIÓN DA MELLORA PUNTUACIÓN SI/NO mesma filosofía pero coa súa gama de recuperación de calor. Implantación de sistema de imaxe composto por proxectores de alta definición, e pantallas eléctricas na sala de reunións, aula 1 e aula 2.

3 puntos

Instalación completa de fío musical segundo preinstalación existente.

1 punto

13.2.4 Prazo de garantía: ata un máximo de 4 puntos

PRAZO PUNTUACIÓN 1 año 0 puntos 2 años 2 puntos 3 años 4 puntos

Unha vez aplicados estes criterios e máis os do apartado anterior, clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeráselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador que obtivese a oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido na fórmula descrita no apartado que fai referencia ó prezo de contrato, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións; en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, sempre que se entenda que poda ser cumprida a satisfacción da FGF e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada.

Page 20: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 20 de 35

14 REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PROPOÑA A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar todos os informes técnicos que estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa coa oferta máis vantaxosa que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación:

14.1 Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos

De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación:

14.1.1 Capacidade de obrar

A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. En caso de non selo, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial.

Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP).

Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo ou, na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais deberán xustificar, mediante un informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda, sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre contratación pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP).

Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (documento nacional de identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros).

Page 21: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 21 de 35

Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente, que habilite para concorrer ó asinamento de contratos con administracións públicas.

No caso de concorreren á licitación varias empresas, constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións e a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a FGF.

14.1.2 Poder debidamente bastanteado

Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro, ou representen a unha persoa xurídica, deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público cunha antigüidade non superior a 6 meses.

14.1.3 Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica.

Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifican a continuación. A) Solvencia económica e financeira

Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor anual medio do contrato. Documentación a presentar:

a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís), as contas anuais (conta de perdas e ganancias) dos cinco últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda e/ou os modelos 200 (declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos.

b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)

b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada.

- Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (que deberán estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a mencionada obriga)

Page 22: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 22 de 35

- Modelo 390 (declaración do resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos tres últimos anos

b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva.

- Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100

(documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos últimos tres anos - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de

rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa

B) Solvencia técnica

Relación das obras executadas no transcurso dos dez últimos anos avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes. Estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se as realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron a bo termo (anexo II). O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior ao 70% do valor estimado do contrato, o da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Declaración na que se indicará a maquinaria, o material e o equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se lle achegará a documentación acreditativa pertinente.

Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes.

Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios.

14.2 Documentación necesaria para a adxudicación do contrato

O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

Page 23: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 23 de 35

2. Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3. Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo completado cunha declaración responsable de non estar dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4. Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato. 5. Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade e o nome ou o perfil empresarial. 6. Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7. Documento acreditativo do pagamento dos anuncios no seu caso.

15 ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto, tendo en conta que atende a unha pluralidade de criterios. A adxudicación acordarase nunha resolución motivada no prazo máximo de dous meses a contar desde a apertura das proposicións, tendo en conta que para a adxudicación do contrato deben terse en conta unha pluralidade de criterios. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados no artigo 152.3 do TRLCSP e 22.f do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselle ós licitadores indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da mesa de contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego.

16 SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a súa realización parcial, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP.

Page 24: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 24 de 35

Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se prevé subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do servizo e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións e a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50 % do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á FGF polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto.

16.1 Pagos a contratistas e suministradores

O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a FGF e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade ou no seu caso os motivos da desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respetando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garantice mediante aval. Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde

Page 25: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 25 de 35

unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004 de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos.

17 REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, para non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á entidade contratante. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios; a concesión de permisos, licenzas e vacacións; as substitucións dos traballadores nos casos de baixa ou ausencia; as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra; as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais; o exercicio da potestade disciplinaria; así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente por que os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións . 5. A empresa contratista deberá designar, polo menos, un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dunha banda, e a entidade contratante, doutra banda, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato.

Page 26: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 26 de 35

b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e transmitirlles as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas así como controlar a asistencia do persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato debendo, para ese efecto, coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar a entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato.

18 FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A FGF e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de cinco (5) días naturais, contados desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación. Este documento constituirá título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a FGF poderá acordar a súa resolución. Non se poderá iniciar a execución do contrato sen a súa formalización previa.

19 OBRIGAS DO CONTRATISTA TRAS O ASINAMENTO DO CONTRATO Unha vez asinado o contrato o contratista terá a obriga de realizar as seguintes actuacións:

19.1 Elaboración do Plan de seguridade e saúde de obra

Realizarase en base ó Estudo de seguridade e saúde ou, no seu caso, Estudo básico de seguridade e saúde do proxecto (artigo 7 do Real decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción). En obras sen proxecto elaborarase unha avaliación de riscos aplicable á obra, sendo necesaria para a posterior comunicación de apertura do centro de traballo (Orde TIN/1071/2010, de 27 de abril, sobre os

Page 27: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 27 de 35

requisitos e datos que deben reunir as comunicacións de apertura ou de continuación de actividades nos centros de traballo).

Estes documentos entregaránselles ó coordinador de Seguridade e Saúde da obra designado pola propiedade que realizará o trámite de “Aprobación do Plan de seguridade e saúde da obra”.

O Plan de seguridade e saúde deberá ser aprobado polo órgano de contratación, antes do inicio da obra, co informe previo do coordinador nesta materia durante a execución da obra ou do director, no seu caso.

19.2 Comunicación de apertura do centro de traballo

Con anterioridade ó comezo dos traballos solicitarase a apertura do centro de traballo ante a autoridade laboral competente.

19.3 Solicitude de licenzas, autorizacións e impostos

O contratista, como substituto da FGF, está obrigado a xestionar o outorgamento de todas as licenzas, impostos, autorizacións e requirimentos establecidos nas normas e ordenanzas municipais e de calquera outro organismo público ou privado que sexan necesarios para o inicio, execución e entrega ó uso ou servizo das obras, solicitando da FGF os documentos que para iso sexan necesarios, sen prexuízo da actuación que a esta última lle corresponda. Destas obrigas queda excluída a licenza de obras. Así mesmo o contratista estará obrigado a aboar, nos prazos voluntarios establecidos, o importe dos gastos e exaccións derivados dos impostos, licenzas, autorizacións e requirimentos referidos anteriormente e calquera que grave a execución e posterior ocupación da obra. Estes gastos serán de conta do contratista que informará inmediatamente á FGF de cumprir os devanditos trámites. Se se entende que as liquidacións practicadas non se axustan a dereito o contratista quedará lexitimado para interpoñer contra estas os recursos pertinentes, comunicándolle este extremo ó órgano contratante. O importe destas cargas derivadas da obra son parte dos gastos asumidos pola oferta económica e conforme a esta estipulación contractual trasládolle o deber de pagamento ó adxudicatario do contrato asinado.

19.4 Inicio das obras

A execución da obra comezará co asinamento da acta de comprobación de replanteo. A data de formalización desta acta non poderá ser maior dun mes desde a sinatura do contrato. Tras a súa formalización a acta de comprobación de replanteo deberá remitírselle inmediatamente á FGF. Non se tramitará ningunha certificación ata o mes seguinte da entrega na FGF da acta de comprobación de replanteo.

Page 28: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 28 de 35

Naqueles casos nos que non resulten acreditadas as circunstancias que permitan considerar favorable a acta ou o director da obra considere necesaria a modificación das obras proxectadas, quedará suspendida a súa iniciación, facéndose constar na acta, e quedando obrigado a dar conta inmediata á FGF, que resolverá o que proceda. No momento de se ditar a resolución quedará suspendida a iniciación das obras desde o día seguinte ó do asinamento da acta, computándose a partir desta data o prazo de seis meses ó que fai referencia o artigo 238 do TRLCSP. Desaparecida a causa que motivou a falta de inicio, o órgano de contratación ditará a resolución correspondente que se lle notificará ó contratista. O prazo de execución empezará a contarse desde o día seguinte ó da recepción da notificación do acordo de autorización de inicio das obras. O disposto anteriormente aplicarase igualmente cando o contratista formulase reservas no acto de comprobación do replanteo. Aínda que, se a xuízo do órgano de contratación tales reservas resultasen infundadas, non quedará suspendida a iniciación das obras nin, en consecuencia, será necesario ditar un novo acordo para que se produza a súa iniciación e se modifique o cómputo do prazo para a súa execución. A acta de comprobación do replanteo será parte integrante do contrato ós efectos da súa esixibilidade.

19.5 Certificacións

A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra, executadas redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. Emitirase a certificación aínda que o seu importe sexa 0. Deberán presentarse na FGF, coa conformidade da dirección de obra e dos técnicos responsables, nos cinco primeiros días de cada mes. A factura deberase remitir unha vez que estea conformada a certificación, en todo caso antes dos 30 días da realización do obxecto do contrato. No rexistro de facturas contables só se rexistrará a factura. A FGF quedará coa potestade de non tramitar a certificación ata o mes seguinte aquelas certificacións e facturas que se presenten con data posterior. Non se admitirán as facturas que teñan unha data anterior a cinco días desde a súa entrada no Rexistro. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes de seguridade e saúde, a taxa por dirección de obra. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora teñen que ir acompañadas da xustificación da demora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades.

Page 29: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 29 de 35

19.6 Solicitude de prórroga no prazo de execución

As obras executaranse con estrita suxeición ós pregos de condicións, ó proxecto e ó prazo ofertado. A prórroga é un instrumento excepcional que deberá ser concedido expresamente polo órgano de contratación tras a solicitude por parte do contratista, que deberá acompañarse dun informe favorable do director de obra.

19.7 Modificación do proxecto

A consideración da necesidade da modificación do proxecto recae exclusivamente no director de obra, quen solicitará de forma inmediata a autorización do órgano de contratación para iniciar o correspondente expediente e redactar un proxecto modificado unha vez autorizado. Unicamente se poderá modificar o contrato polas circunstancias previstas no artigo 107 TRLCSP.

20 CONFIDENCIALIDADE A Federación Galega de Fútbol proverá a empresa adxudicataria de toda a información necesaria para a execución do contrato. O adxudicatario queda expresamente obrigado a manter absoluta confidencialidade e reserva sobre calquera dato que puidera coñecer con ocasión do cumprimento do contrato, que non poderá copiar nin utilizar cunha finalidade distinta a que figura neste documento, nin tampouco ceder a outros nin sequera para os efectos de conservación. Este deber subsistirá, aínda que se extinga o contrato, ata que a información chegue a ser de dominio público ou que, por outras causas, perda a súa consideración de confidencialidade, sen que medie incumprimento do deber de confidencialidade por calquera das partes contratantes. O adxudicatario quedará obrigado ao cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal en todo o que sexa de aplicación ó cumprimento deste contrato, conforme ao establecido nas leis e decretos de aplicación.

21 OUTROS GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Ademais dos anteriormente sinalados (gastos dos anuncios ou pagamento das licenzas de obrigado aboamento nos prazos voluntarios establecidos; o importe dos gastos e exaccións derivados dos impostos, licenzas, autorizacións e requirimentos e calquera que grave a execución e posterior ocupación da obra, gastos que serán de conta do contratista, informando inmediatamente á FGF do cumprimento os trámites), serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra, que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra.

Page 30: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 30 de 35

Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a súa execución.

22 RESPONSABLE DO CONTRATO A FGF poderá designar un responsable do contrato, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que lle corresponden ó director facultativo das obras.

23 EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA As obras executaranse con estrita suxeición ó estipulado neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste lle desen ó contratista ou ó director facultativo e, se é o caso, ó responsable do contrato nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 230 do TRLCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ratificarse por escrito no máis breve espazo de tempo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a FGF poderá penalizar o contratista con ata un importe do 10 % do orzamento (art. 212.1 do TRLCSP). O contratista indemnizará todos os danos e perdas que se lle causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas (art. 214 do TRLCSP).

24 EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se as obras sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que o mesmo non for imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de contratación concederá un prazo que será, polo

Page 31: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 31 de 35

menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel en que se producir a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para os efectos de que a FGF poida, oportunamente e sempre antes da terminación do prazo de execución do contrato, resolver sobre a súa prórroga, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a si mesmo, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a FGF poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. A FGF terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade de cumprir co prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a FGF poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista.

25 RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS O contratista comunicaralle á dirección da obra a data prevista para a terminación da execución do contrato para os efectos de poder realizar a recepción. Na recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola FGF en representación desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido do seu facultativo, se o estima oportuno. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses desde a recepción, a correspondente certificación final.

Page 32: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 32 de 35

Os excesos de obras que non superen o 10 % do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegará coa acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina, con detalle, os traballos realizados tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario.

26 XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante un informe ó que se lle engadirá unha relación valorada das distintas unidades de obra, indicando para cada unha delas os prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13 %), o beneficio industrial (6 %) nin o IVE (21 %).

27 LIQUIDACIÓN DA OBRA Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fora favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das obras realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor que, en último caso, lle será aboada a cantidade endebedada.

28 GARANTÍA DA OBRA O adxudicatario deberá garantir cando menos por un ano a execución da obra. A obra terá un período de garantía desde o día seguinte á da data de formalización da acta de recepción. Neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía e á reparación dos danos producidos pola defectuosa execución da obra. De se producir un incumprimento dos deberes accesorios propios da garantía, polo que non se poida resolver o contrato, poderase incautar a garantía e, se non for suficiente, poderanse reclamar danos e perdas pola vía de constrinximento.

Page 33: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 33 de 35

Dentro do prazo dos quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este for favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó emprego do construído durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditarlle as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, e concederalle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de garantía.

29 RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 237 do TRLCSP.

30 PRERROGATIVAS DA FGF E XURISDICIÓN COMPETENTE O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar o contrato e resolvelas dúbidas que ofreza o seu cumprimento. Igualmente, podería modificar o contrato e acordar a súa resolución.

Os acordos que dite o órgano de contratación no exercicio das súas prerrogativas de interpretación, modificación e resolución serán inmediatamente executivos.

As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato resolveraas o órgano de contratación competente, sen prexuízo de que os interesados poidan acudir a xurisdición competente, isto é, ós Tribunais da Coruña.

A Coruña, 6 de maio de 2016 O secretario xeral da Federación Galega de Fútbol Diego Batalla Bautista

Page 34: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 34 de 35

ANEXO I. MODELO DE PROPOSICIÓN Nome e apelidos….........................................., maior de idade, veciño de….................., con domicilio en …........................., titular do DNI…..............., expedido na data…..........., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ….............................. (CIF núm. …....................) e con domicilio en …..............................., teléfono…................. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección de emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición o prego de condicións económico-administrativas e ó proxecto que se anexa, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: Polo prezo de ____________________________________ (en letra e número) euros, mais

_____________________________________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE.

Prezo total (en letra e número):

Prazo de execución das obras:

Prazo de garantía das obras:

Melloras (indicar SÍ ou NON en cada unha delas, dependendo se se ofrece ou non a mellora):

DESCRICIÓN DA MELLORA PUNTUACIÓN SI/NO Tabiques móbiles apilables multidireccionais (2 unidades) entre as salas de reunións. 3 puntos

Subministro de estores motorizados de tecido especial para o control solar en todas as carpinterías. 3 puntos

Modificación de equipos de climatización. Mellora desde á actual instalación estándar a outra instalación baseada na mesma filosofía pero coa súa gama de recuperación de calor.

2 puntos

Implantación de sistema de imaxe composto por proxectores de alta definición, e pantallas eléctricas na sala de reunións, aula 1 e aula 2. 1 punto

Instalación completa de fío musical segundo preinstalación existente. 1 punto ……………………………………., ….. de …………………… de 2016

(Lugar, data, sinatura e selo do licitador)

Page 35: ORZAMENTO E FINANZAMENTO DA LICITACIÓN 5 …files.ffgalicia.novanet.es/pnfg/varios/archivos/obras-sede-coruna/... · 27 LIQUIDACIÓN DA OBRA 32 28 GARANTÍA DA OBRA 32 ... ata a

Páxina 35 de 35

ANEXO II. MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE OBRAS REALIZADAS

ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO DA REALIZACIÓN

DE OBRAS REALIZADAS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS 10 ANOS

TÍTULO DO CONTRATO:……………………………………………………………………………………………………… Nome e apelidos………………………………………………………….., con DNI núm. ……………………………, en nome propio ou en representación da empresa ….………………………………………................. ……………………......................................................, con NIF/CIF núm. …………………………………… DECLARA que a relación de obras análogas ó obxecto deste contrato realizadas nos últimos dez anos, son as que se recollen na táboa seguinte:

Título contrato

Obxecto Data Importe

ano 2011

Importe ano

2012

Importe ano

2013

Importe ano

2014

Importe ano

2015

Importe total 5 anos

(2011-2015) Destinatario

Inicio Fin

Título contrato

Obxecto Data Importe

ano 2006

Importe ano

2007

Importe ano

2008

Importe ano

2009

Importe ano

2010

Importe total 5 anos

(2005-2009) Destinatario

Inicio Fin

……………………………………., ….. de …………………… de 2016 (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)