Orquesta Sinfónica de Galicia Programa de man · 2016. 10. 11. · Para Schoenberg, Brahms foi un...

2
Teatro Afundación Policarpo Sanz, 13 - VIGO 986 120 078 afundacion.org Duración aproximada do concerto: 1 h 20 min Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o descanso Director e violín: Guy Braunstein 13 de outubro de 2016 Orquesta Sinfónica de Galicia Programa de man Concerto nº 1217 O papel deste folleto é 100 % reciclado e foi producido baixo unha xestión forestal responsable. Depósito legal: C 1761-2016 I RALPH VAUGHAM-WILLIAMS (1872-1958) The Lark Ascending CAMILLE SAINT-SAËNS (1835-1921) (arr. WALTER) Havanaise ANTON WEBERN (1883-1945) (arr. C. POPPEN) Cuarteto de corda 1905 II JOHANNES BRAHMS (1833-1897) (arr. BEN-ARI) Trío, op. 8 Allegro con brio Allegro molto Adagio Allegro

Transcript of Orquesta Sinfónica de Galicia Programa de man · 2016. 10. 11. · Para Schoenberg, Brahms foi un...

Page 1: Orquesta Sinfónica de Galicia Programa de man · 2016. 10. 11. · Para Schoenberg, Brahms foi un anovador da linguaxe musical, un progresista que se manifesta nos seus deseños

Teatro AfundaciónPolicarpo Sanz, 13 - VIGO986 120 078

afundacion.orgDuración aproximada do concerto: 1 h 20 min

Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o descanso

Director e violín: Guy Braunstein13 de outubro de 2016

Orquesta Sinfónica de Galicia Programa de man

Concerto nº 1217

O p

apel d

est

e f

olle

to é

10

0 %

recic

lad

o e

fo

i pro

du

cid

o b

aixo

un

ha

xest

ión

fo

rest

al r

esp

on

sab

le. D

ep

ósi

to le

gal

: C

176

1-2

016

I

RALPH VAUGHAM-WILLIAMS (1872-1958)The Lark Ascending

CAMILLE SAINT-SAËNS (1835-1921) (arr. WALTER)

Havanaise

ANTON WEBERN (1883-1945)(arr. C. POPPEN)

Cuarteto de corda 1905

II

JOHANNES BRAHMS (1833-1897)(arr. BEN-ARI)

Trío, op. 8

Allegro con brioAllegro molto

AdagioAllegro

Page 2: Orquesta Sinfónica de Galicia Programa de man · 2016. 10. 11. · Para Schoenberg, Brahms foi un anovador da linguaxe musical, un progresista que se manifesta nos seus deseños

música de Webern. Unha das máis importantes é a de Verklärte Nacht2 de Schoenberg, que escoita a tempada 1903-1904.

Johannes Brahms (Hamburgo, 1833 - Viena, 1897).O estudo da obra de Brahms fainos descubrir características que o conver-ten nun renovador. Para Schoenberg, Brahms foi un anovador da linguaxe musical, un progresista que se manifesta nos seus deseños asimétricos.

Trío nº 1 en si maior, op. 8 (1853-54. Versión revisada de 1889).Esta obra viaxou desde a exuberancia de formas do entusiasmo xuvenil ás dúbidas do Brahms maior que a revisou. Reescribiu seccións enteiras e fixo unha poda a fondo, suprimindo máis de cincocentos compases.

Arranxo orquestral de Ohad Ben-Ari O Allegro con brio inicial (Allegro con moto na versión de 1853) é unha so-nata de tres temas. O primeiro contén o xerme dous outros dous e o mo-vemento ten gran personalidade rítmica e sensualidade sonora. Na versión orquestral de Ben-Ari o tema principal exponse pola primeira trompa cos clarinetes e violoncellos, mentres as violas tocan a parte da man esquerda do piano. Os ventos entran axiña. O segundo, Scherzo, case non foi modi-ficado na revisión; na versión de Ben-Ari o tema inicial vai cos violoncellos e responden clarinetes e fagots que tocan tamén as escalas descendentes do piano. Consérvase o carácter anárquico da peza. Na orquestra iníciano as trompas, e os violíns van acompañados polo clarinete; a segunda sec-ción é interpretada por cordas, madeiras e trompas, alternando dozura e forza antes da volta ao Scherzo. O Adagio é un lied a tres partes. No orixinal destacan o timbre do piano na primeira. Unha certa melancolía no canto inicial do violoncello destaca na segunda (clarinetes, violas e violoncellos) e o retorno na terceira do motivo inicial. O Allegro final, cunha forma mixta rondó-sonata, foi o máis afectado pola revisión, substituíuse por completo o segundo tema para darlle a alegría máis acorde coa Belle Époque. Na versión de Ben-Ari, o canto inicial do violoncello faino a correspondente sección acompañada por arpexos dos clarinetes en substitución dos do piano. Logo, frautas, óboes e violíns executan o canto do violín, coas violas tomando o relevo nos arpexos. Ségueo un xogo de exploración das cores orquestrais nas coplas e as repeticións do retrouso antes do seu brillante final.

Julián Carrillo

A Havanaise recolle o inconfundible ritmo e carácter da habanera; a versión orixinal, dedicada ao violinista Rafael Díaz Albertini, é para violín e piano. Está estruturada en breves seccións que se tocan seguidas e se caracterizan por lixeiras variacións no tempo e alternancias rítmicas expresadas en compases de 2/4 e 4/4. O propio Saint-Saëns fixo unha versión orquestral en 1887.

En 1888, tras a morte da nai, desapareceu sen deixar rastro e non chegou a asistir á gran estrea da súa ópera Ascanio. Finou en Alxer en 1921.

Arr. David Walter (París, 1958).Escrito para violín solista e orquestra de cordas. O quinteto —violíns I e II, vio-las, violoncellos e contrabaixos— contén partes divididas para as seccións de violas e de violoncellos. Na introdución, os violíns acollen a parte dos ventos. Logo, sobre todo nos divisi das violas e os violoncellos quedan reflectidas as partes de madeiras, metais (coma a trompa nas violas) e timbais (substituídos polos violoncellos) da versión a orquestra completa.

ESTRUTURA E LIBERDADE

Anton von Webern (Viena, 1883 - Mittersill, Salzburgo, 1945). As máis antigas composicións de Webern que se conservan foron escritas con 16 anos, en 1899: son dúas pezas para violoncello e piano e unha can-ción con acompañamento de piano sobre un poema de F. Avenarius (1856-1923). Pezas curtas1 (de 21 a 24 compases) de ritmo lento e, aínda que teñen escrita a armadura de clave correspondente á súa tonalidade, xa revelan a incomodidade do autor con ela, que acaba desaparecendo das súas obras.

Cuarteto de corda 1905 (arr. C. Poppen).A partir de 1905, o seu primeiro ano con Arnold Schoenberg, escribe só pe-zas para orquestra e para cuarteto de cordas. Son obras de maior refinamen-to, coherencia e máis lóxica estrutural e harmónica. Manifesta influencias de Brahms en estilo e textura e a súa estrutura é sinxela.

O arranxo para orquestra de cordas é de C. Poppen (Münster, Alemaña, 1956) e respecta as liñas do cuarteto orixinal; o único engadido da parte dos con-trabaixos reforza harmonía e texturas. A obra orixinal reflicte a converxen-cia de varias influencias e é o movemento importante máis longo de toda a

VARIEDADE E COHERENCIA

Ralph Vaughan Williams (Down Ampney, Gran Bretaña, 1872 - Londres, 1958).Con longa tradición de xuristas na súa familia paterna e descendente de Charles Darwin por parte da materna, Vaughan Williams deu as primeiras leccións musicais aos 6 anos e entrou aos 11 na Escola de Campo de Ro-ttingdean. A cabalgata das valquirias de Wagner e a música de J. S. Bach foron as súas grandes influencias. En 1890 entrou no Royal College of Music, onde estudou harmonía, órgano e composición. Foi condiscípulo de Holst, o seu mellor amigo de por vida. Graduouse en Música e Historia no Trinity College de Cambridge e, tras casar con Adeline Fisher (1897), estudou con Max Bruch en Berlín.

The Lark Ascending (1914).As súas primeiras sinfonías foron unha rara demostración de madurez e xa en A Sea Symphony, a primeira delas, aparecen «pegadas dixitais estilísti-cas: a dimensión das súas obras, a súa grandiosidade e a súa individuali-dade», segundo James Day.

Agnóstico convencido, mais cheo de espiritualidade, as súas composi-cións reflicten afán de transcendencia. A ascensión da laverca é unha ro-manza inspirada polo poema homónimo de George Meredith, dedicada á violinista Marie Hall, quen estreou con Geoffrey Mendham a versión con piano revisada en 1920 e a versión orquestral coa British Orchestra, dirixi-da por Adrian Boult en 1921.

Camille Saint-Saëns (París, 1835 - Alxer, 1921).Tivo o seu primeiro contacto co piano en 1837 en París, e en 1839 compuxo a súa primeira obra. Aínda que exitoso na música, a súa vida foi unha condena, marcada pola homosexualidade –entón considerada unha perversión–, e a morte dos seus fillos e pais que o levou a unha depresión con ideas suicidas.

Os seus coñecementos e inquedanzas abrangueron desde a acústica e os instrumentos antigos á escenografía teatral na Roma imperial, a as-tronomía e o ocultismo. É un dos compositores franceses máis prolíficos cunhas catrocentas oitenta obras.

Havanaise, op. 83 (1887).Afeccionado ás viaxes, soubo usar aspectos doutras culturas na súa música.

1 Alteracións das notas da escala natural escritas ao principio da partitura, entre a clave e o compás, que serven para determinar a tonalidade dun texto musical.

2 Verklärte Nacht (A noite transfigurada), op. 4 de Schoenberg (1899), é un sexteto de corda inspirado na obra homónima de Richard Dremel, da que o propio autor fixo unha transcrición para orquestra de cordas en 1917, que revisou en 1943.