Obras escultóricas de Bernini. O éxtase de Santa Teresa - María e Andrea

4
BERNINI ESCULTURA María Pumar Valencia n.12 Andrea Clinaz Reinoso n.7

Transcript of Obras escultóricas de Bernini. O éxtase de Santa Teresa - María e Andrea

Page 1: Obras escultóricas de Bernini. O éxtase de Santa Teresa - María e Andrea

BERNINI ESCULTURA

María Pumar Valencia n.12Andrea Clinaz Reinoso n.7

Page 2: Obras escultóricas de Bernini. O éxtase de Santa Teresa - María e Andrea

Nome: Gian Lorenzo Bernini Etapa: viviu do 1598 ao 1680 polo que pertence ó Barroco. Arte: cultivou todas as artes (arquitectura, escultura, pintura, poesía, urbanismo…) pero destacaremos

a súa escultura. Características da súa escultura:

• Escultura moi realista que apela ó sentimento: As figuras representan accións, paixóns, expresións moi esaxeradas, actitudes violentas… Apréciase nos seus rostros e nos ropaxes e cabelos axitados.Destaca a súa capacidade de representar as calidades dos obxectos (as diferentes telas, a pel…)

• Esculturas con posturas teatrais, dramáticas e con movemento.As figuras non son hieráticas, teñen movemento en acto.As formas proxéctanse no espazo.Utiliza liñas curvas, contracurvas, composicións en diagonal, asimetrías…

• Os temas son relixiosos, mitolóxicos, de carácter funerario e retratos. Bernini levounos a cabo por etapas:Nunha primeira etapa ata 1620, comezou a traballar a mitoloxía e a iconografía bíblica.Nunha segunda etapa de 1620 a 1625, centrouse na producción para a Igrexa.Nunha terceira etapa de 1625 a 1680, abundaron os retratos.

• Realizou as súas obras principalmente en mármore.• As súas obras son de vulto redondo, é dicir podemos rodear a escultura, pero sempre as realiza partindo dun

punto de vista principal.× Obras importantes:

× Apolo e Dafne× David× Éxtase de Santa Teresa× Busto de Luis XIV

Page 3: Obras escultóricas de Bernini. O éxtase de Santa Teresa - María e Andrea

Obra a destacar: Éxtase de Santa Teresa (1647-1652)

Page 4: Obras escultóricas de Bernini. O éxtase de Santa Teresa - María e Andrea

Nome da obra: Éxtase de Santa Teresa Data: 1647-1652 Autor: Bernini Situación: Capela dos Cornaro, Santa María la Victoria, Roma, Italia. Características do escultor que coinciden ca obra:

• A capela na que se atopa está concebida coma unha fórmula de total unión das artes, moi teatral que permite explicar e comprender o misterio cristiano.

• Un forro de mármores de cores rodea toda a parte baixa interior da igrexa ata o entaboamento. Nun plano un pouco máis elevado atopamos dous palcos con escultóricos persoaxes asomados que contemplan a escea. Son persoaxes, xa falecidos, da familia Cornaro. Tras eles, Bernini simula unha perspectiva. Estos persoaxes mirándonos tanto a nos coma á Santa establecen un lazo coa realidade.

• No centro da capela vemos a imaxe da Santa nunha especie de nicho de planta oval destacado por dobres columnas sobre un basamento e un frontón curvo; todo esto está situado máis alto co altar.

• A representación do éxtase responde as descripcións da Santa: Teresa dicía que se lle apareceu un anxo singularmente fermoso cunha lanza dourada que cravou repetidas veces no seu corazón. Esto é xustamente o que vemos, coa Santa desmaiada sobe unha nube, nun espacio alleo ao tempo. Vemos unha imaxe serena, de sentimento contido. O movemento exprésase coas teas que se moven debido á axitación interior.

• A escea compleméntase coa lanterna que hai sobre o nicho, á que Bernini coloca un vidrio amarelo, que ilumina os raios de bronce, e así, a toda a imaxe. Tamén represéntase o vento, que chega dende enriba e materialízase no movemento dos pano do anxo.

• O estrato celeste comeza no propio tímpano con coros celestiais formados por anxos de estuco que aparecen sobre o entaboamento. Estos revolotean ao redor da paloma do Espíritu Santo, símbolo divino que coroa a capela e sanciona a acción.

• No solo, vemos dous mosaicos, con esqueletos que xesticulan, asombrados da acción da santa; estos son representación dos enterrados.