O millo Candea 2000

22

Transcript of O millo Candea 2000

Page 1: O millo Candea 2000
Page 2: O millo Candea 2000

O millo Zea maysmillo gordo, millote, millo das indias, millo de turquía, maínzo...

O millo é un dos productos do campo de maior importancia en

Galicia. Aínda que hoxe case non se usa para facer pan, segue

sendo un dos alimentos básicos para os animais domésticos.Noutros tempos, non moi lonxanos, foi o sustento de moitas fa-

milias. Pero aínda conservamos o gosto por algunhas receitas

tradicionais a base de fariña milla como o pan de broa, a empa-

nada, as morcillas... e estámonos aficcionando a novos produc-

tos feitos con millo como as "palomitas", os "fritos", a margarina,

os cereais en copos, ...

O millo actual seméllase moi pouco á

planta or¡x¡nal xa que sufríu moitas selec-

cións e hibridacións ó longo dos anos de

cultivo. É orixinario de América. Cando

chegaron os europeos cultivábase nos

terreos montañosos de América Central eMéxico.Foi traído de ,América polos conquistadoresen un comezo usouse como planta orna-mental. Entrou en Andalucía arredor do

ano 1500 e de alí pasou a Portugal. Exten-

deuse por Galicia e pasou a ser un cultivode importancia a partir do século XVll.

Foi ben acollido porque se adaptou per-

fectamente ás nosas características climáti-cas e tiña un alto rendemento (consume

pouca semente e produce moito froito)eliminando case por completo a un cereal

que se cultivaba aquí, o millo miúdo (Panr'-

culum miliaceuml, co que coincidía nos

ritmos estacionais e do que tomou o nome.

TKtTt cll M l$,l D lc ll tul,t t¿chJro t t4r'ctcum'

Pdmeira ilustración coñecida do millo; de Fucchs

en "De Historia Stirpium Comentarii', 1542.

Page 3: O millo Candea 2000

A plantaO millo é unha planta anual da familia das gramíneas que pode superaros 3 m de altura (nalgúns casos ata 5 m)

As flores masculinas(pendón ou candea) nacenno extremo superior daplanta e forman inflores-cencias en panícula forma-das por ramiños de espigasde cor amarela-vermella.Cada flor está fomada porunhas brácteas duras dasque sobresaen os estamesde cor amarela ou rosada.

As flores femininas(2-3 espigas) nacennas axilas das follas.Os pistilos están for-rnados por uns ova-rios globosos, unsestilos longos e decor rosada (barbasou pelo do millo) quesobresaen das brác-teas (follas transfor-madas) de cor verdecrara (o follato ouperfolla). Forman unespádice, agrupaciónfloral arredor dun eixocarnoso groso (ca-rolo, carozo ou ca-rroucho)

Os froitos son osgrans (cariópsides), deforma máis ou menosprismática ou globosa etamaños e cores d¡ver-sas, segundo a varie-dade.Agrúpanse en mazaro-cas ou espigas cuber-tas polo follato seco.

A ¡aiz é fasciculada,formada por un feixe deramificacións semellantesen tamaño e grosor, emoi desenvolvida. Asveces bota tamén raícesaéreas nos últimos nósda cana.

As follas son envaina-doras, en forma delanza apuntada cornervos paralelos, ocentral moi marcado egroso. Na beira teñenuns peliños duros erasposos. Poden mediratal m de lonxitude por5-12 cm de anchura.

O talo é unha canamaciza cilíndrica evertical con nós moimarcados.

2

Page 4: O millo Candea 2000

A flores maduran no verán, antes as masculinas que as femininas. Afecundación prodúcese cando o vento leva o pole ou esfarna dos esta-mes dunha planta ós estilos (barbas) das flores femininas de outro pé.

As mazarocas ou espigas, segundo o seu tamaño, a cor do gran... reci-ben distintos nomes:Marías: mazarocas con fillos, consérvanse co follato para adornar ou comoamuletos de boa sorte na casa ou no hórreo.Raíñas: mazarocas co gran vermello. Só se atopan entre o millo do país.Pintas: as de varias cores.Millo corvo: as mazarocas cos grans de cor negra.Carolos ou carrouchos: mazarocas pequenas, deformes, pouco desenvolvidas,tardías, con poucos grans.Millo do leite: sen madurar. Cómense crúas, asadas, cocidas...

Polo tempo no que se sementa o millo pode ser:Temperán ou do cedo: seméntase en pequenas cant¡dades en terrasben oríentadas.Do tempo ou da sazón.Restebeiro ou tardío, seméntase despois de apañar centeo ou cebada.Como dispón de menos tempo para completar o ciclo de maduración a plantadesenvólvese menos e o gran é de peor calidade. Úsase como forraxe.

PRAGAS DO MILLO:Potra ou caruncho: Formación globosa producida polo fungo Ustilagozeae. Cando madura o fungo produce as esporas, un pó negro de olordesagradable.Bicho: eirugas das avelaíñas Sesamra nonagroides e Pyrausta nubila-srs. Atacan á planta por dentro.Mosquilla: avelaíña que ataca ó gran seco. A larva desenvólvese noseu interior.Gurgullo: {Sitophilus granitariusl ataca ó gran.

Page 5: O millo Candea 2000

O CULTIVO:Primavera Verán

Como está a planta:Nace ós 8/10 días da sementeira.Ó remate da primavera acada 1 m de altura.

Completa o desenvolvemento.Florece e desenvólveselle o froito.

TRABALLOSPEPARACION DA TERRA.Pélase ou tritúrase cunaparello que remove a terrae arrinca e tritura as herbas. Logo abónase ou es-tércase.A continuación lábrase co arado e achánzase.SEMENTEIRA. Pódese facer de varios xeitos:- Trazando previamente os regos ou coa axuda duncordel:. Á man: fanse os buratos cun sacho pequeño ou

cos dedos, bótanse os grans e tápanse cra te-rra apretándoa despois co pé.

. Con bastón: espétase a punta do bastóri, ac-cionase o mecanismo de apertura da boca, bó-tanse os grans pola cana, retírase o bastón etápase o burato co pé. Algúns bastóns levandiante unha peza para marcar a distancia entreos buratos.

- Con sementadora: a sementadora, arrastadapolo gando, abre un rego coa rella situada entre asrodas de adiante. Do depósito central, un cilindroxiratorio con ocos, vai deixando cair, en cada volta,os grans no fondo do rego. Unhas pezas situadasdetrás do cilindro xuntan a terra enriba da semente(cegan o rego) e a roda traseira, máis pesada,comprímea.Nas grandes fincas úsanse máquinas arrastadaspor un traclor que sementan varias ringleiras á,vez.Cando o millo ten unha cuarta de alto RAREASE(arríncanse á man os pés que sobran) e cávasepara arrincar as malas herbas. Pódese cavar cunlegón, cunha cavadora, un motocultor ou co tractor.Cando mide entre 0,5 e 1 m ARRÉNDASE: cá-vase de novo para arrincar as malas herbas earrímaselle terra ó pé.

É costume sementar tamén entre o millo fabas (que apro-ve¡tan a cana do millo como soporte) para o consumohumano, e calacús e remolacha como complementosforraxeiros.

Na seca do verán, cando o millo oprecisa, REGASE botando a augaentre as ringleiras do millo.

Antes facíanse as regas á man cuncabazo ou cun bimbastro, actual-mente fanse cun motor. Nas gran-des plantacións faise con asperso-res

Nos sitios onde hai regueiras esta-blécense quendas ou turnos derega.

Despois de producida a fecunda-ción (nótase en que,as barbas domillo e9tán secag) CORTANSE OSPENDONS ou candeas (unha oudúas follas por riba da espiga) coaaxuda dunha fouciña, coitelo, te-soura de podar... para darlleloscomo alimento ao gando.

Page 6: O millo Candea 2000

Outono A COLLEITAComo está a olanta:

A esfolla era un labor comunal no queparticipaba toda a familia e os veciños

Cando se apaña o millo antes da esfollaamoréase verticalmente en brazados ecóbrese cunha capa das propias plantaspara impedir que entre a auga se chove.

Rematada a esfolla, se se vai a usar apalla para alimentar o gando, fansepalleiros. Átanse mollos que se amo-rean verticalmente. Enriba destes ponseoutro vío máis estreito e ata un terceiro.Por fora recúbrense cunha capa demollos superpostos a xeito de tellado.

A palla tamén se pode almacenar enalpendres nas estadas (soportes detáboas que xeralmente van enriba dacorte do gando ou a unha altura quepermita almacenar debaixo ferramentas,carro, tractor...)

Despois da esfolla as espigas déixansesecar, Iogo escóllense apartando oscarrouchos ou carolos (espigas demala calidade) e almacénanse no hó-rreo.Para usar o gran vaise debullando omillo a medida que se precisa. O debu-llado pódese facer á man (cóllese uncarolo cunha man e frégase apretandoocontra a espiga que se fai xirar paraarrincarlle o gran) ou con diferentesaparellos e máquinas.

Remata a maduración do froito e séca-se a olanta.

TRABALLOS

Cando o millo está maduro (a pallaseca) faise a colleita.Pódese pañar o pé de millo, arrancat aespiga co follato (escochar ou esca-rouchar) ou ESFOLLALO na propialeira.

A esfolla, espluga ou espulga é aoperación de sacarlle o follato que cobrea espiga. Pódese facer coa man .auaxudarse dun esfollador, un cravo...

Nas grandes plantacións recóllese concolleitadoras.

No outono, cando o millo completaba oseu desenvolvemento sementábaseentre o millo alcacén ou cebada paraaproveilalos como forraxe

Page 7: O millo Candea 2000

APARELLOS TRADICTONAISSEMENTADORA BASTÓN

CAVADORAÚsase para cavar e arrendar o milloArrinca as herbas e arrima a terra ás r¡n-gleiras.Coas regúlase a separación dos sachos enfunción da anchura á que se quere cavar ea fondura do labor.

BIMBASTROÚsábase pará sacar auga de pozos depouca fondura.

DEBULLADORAEstá formada por unhaparte fixa con estríasinteriores que fan xiraras espigas e unhaparte móvil, encaixadana anterior formadapor unha roda condentes na cara internaque arrincan os grans.a manceira e un éixolongo que serve deguía a un resorte que amantén apretadacontra a parte fixa.

b

Page 8: O millo Candea 2000

USO DAS DIFERENTES PARTES DO MILLO

Pendón e plan-tas de rarea

Para alimentar ó gando

Palla Para alimentar e estrar ó gandoFollato Para facer xergóns (agora non se usa), bonecas, cestas...Carolos Para botar ó lume, para facer xoguetes, tapóns, mangos

de ferramentas...GRAN

enteiroPara o gando. O gran bótaselle ás galiñas, pombas, pa-vos. O picón (millo moído gordo) para os pitos.Alimentación humana: cocido, tostado, fretido (,,pombi-ñas") en copos...Aceite, margarina, ,,Elaboración de almidón e derivados (glucosa, dextrina,cola vexetal, alcohol...), gluten...Aceites para a elaboración de varnices e xabóns.

fariña Para alimentar ó gando, xeralmente ensola ou mesturada con outros produtos.Como compoñente de pensos.Como alimento das persoas: para facerdas...

auga quente,

pan, empana-

BOLO DO LAR: Pódese facer coa masa de pan de millo ou amasando afariña con auga na que se coce cebola e néveda picada. Para coceloquéntase ben a lareira, límpase e ponse a masa enriba, envólvese obolo en papel de estraza e cóbrese con borralla fría, despois bótasellepor riba brasas e cócese.BOLO DO CALDO OU BOLO DO POTE: fanse bolos pequenos coamasa do p€n sen levedar ou con fariña amasada amasada con auga decaldo. Bótanse a cocer no caldo.PAPAS DE MILLO: Cócese fariña milla en auga con unto, en leite ou nocaldo e reméxese ben ata que espesa.EMPANADA: fáise con masa de fariña milla soa ou mesturada con algode triga ou centea. O recheo máis común son as xoubas, os berbere-chos, o bacallao...MORCILLAS: bótase a fariña milla no sangue do porco ademáas dou-tros ingredientes.BICA e IORTAS de fariña milla : doce feitos con fariña milla, ovos,manteiga e azucre.

7

Page 9: O millo Candea 2000

O HORREOÉ unha construcción destinada a gardar o gran das colleitas. Asúa forma e os materiais de que está construído varían dunhaszonas a outras. Todos os hórreos teñen en común unhas caracte-rísticas derivadas da funcíón que cumplen como almacén degran: a situación en lugares altos, aireados e ben ventilados, a

orientación sempre protexida da chuvia e a construcción provistade elementos que impidan o acceso ó seu contido aos ratos e

aos paxaros. En xeral son de feitura coidadosa e elaborada e ex-presan a importancia que ten o que se garda nel para a subsis-tencia da casa labrega.Os hórreos adoitan construírse perto da casa. Nalgunhas zonasconstruíanse agrupados nun lugar comunal.A orixe dos hórreos non está mo¡ crara. Algúns autores din que existendesde os tempos prehistóricos. Autores romanos falan de graneirossuspendidos ou elevados. A primeira documentación escrita en Galiciaaparece nun documento de compra do Mosteiro de Sobrado do séculoXll-Xlll e a primeira representación gráfica aparece no século Xlll nasCantigas de Alfonso X.

No hórreo tamén se poden almacenar outros productos como patacas,froitos miúdos, xamóns... A parte de abaixo utilízase xeralmente comoalpendre no que se acollen ferramentas, animais, gárdase a leña... Nal-gúns casos péchase.

En Galicia coñécense ata 20 nomes para esta construcción: horreo, horrio, ca-bazo, cabaceiro, cabaceira, cabeceira, cabás, canastra, canastro, caroceiro,canizo, celeiro, graneiro, palleira, piorno, sequeiro, bergueiro...

Page 10: O millo Candea 2000

PARTES DUN HÓHREO

REMAT

TELIADO ou CU

PILASTRAS

CLAROS: espa-pés e

CAPELA ou CÁMARA:interior do hórreo.

CAPAS, CAPELAS,TOBNARRATOSou BATOEIRAS:Serven para evitarque os ratos sobanó hórreo.

SOLEIRA

bios entrepilastras.

: cada unhadas pezas que formano van. Entre elas que-iJan os ventiladores,ocos ou furadosconstruídos de xeitoque faciliten a entradado aire e impidan a

entrada da auga e dospaxaros

ESCADA

A tipoloxía dos hórreos é moi variada. os máis comúns son os de planta rectangular. Nazona lindante con Asturias son de planta cadrada e os canastros de vergas entretecidasson de planta circular.os materiais propios de cada zona marcan o tipo de contrucción o que produce unha granvariedade de formas e riqueza de detalles. A gran maioría dos hórreos teñen os pinchesrematados con mot¡vos artísticos ou simbólicos: cruces, picos, obeliscos, lmaxes deSantos, cálices, bolas, relós de sol...

@Wffiffi@

Page 11: O millo Candea 2000

os Muíñosos muíños son os aparellos que se utilizan para moer o gran.Dada a importancia do pan na alimentación, os muíños, consti-túen un elemento presente en tódalas parroquias galegas.

n¡UíñOS DE MAN. Son os máis primitívos.

Muíño de mazoFormado por unhapedra cilíndricacunha excavaciónnunha base ondese bota o gran eun mazo verticalco que se esmaga.

Muíño chairoÉ o tipo máis antigo utilizado enGalicia. Atopáronse algúns enmámoas do Neolítico.

Muíño circularFormado por dúas pedrascilíndricas. Os máis grandeslevan unha peza suxeita namanceira a xeita de bielaque permite manexalo máiscomodamente.Atópanse habitualmentenos castros e utilizáronseata tempos recentes.

t--

10

Page 12: O millo Candea 2000

I

MUINOS DE AUGA

Utilizan unha corrente de auga como forza motriz.A auga pódese captar directamente dun río, facendo un pequeno des-vío, ou reténdoa nunha PRESA ou ESTANOUE e conducíndoa por unhacanle ata a entrada. En zonas de pouco caudal constrúese un depósito(cuBo ou PoZo) en forma de funil no que se almacena a auga. En al-gunhas zonas da costa encórase auga do mar.Para aproveitar a enerxía da auga, obrígase a caír por un desnivel e saírpor un oco estreito (a canela) para aumentar a súa presión. o pexadoi-ro, situado no lugar de traballo, permite regular a cantidade de augaque entra e a velocidade de xíro da moa.O sistema para captar a enerxía da auga é unha roda con pás en posi-ción horizontal (rod¡c¡o) situada na parte de abaíxo do muíño, ou verti-cal (bruia) situada nun dos laterais.

Os muíños de roda horizontal ou rodicio son os máis antigos e abun-dantes en Galicia. Case non hai río nin regato que non teña algún e enmoitos casos aparecen varios muíños agrupados.

11

Page 13: O millo Candea 2000

PARTES DUN MUíÑO DE AUGA

Para moer bótase o gran na moega, gradúase a quenlla para que baixemáis ou menos cantidade, tempérase a moa (manipúlase o erguedoiro)segundo se queira a fariña munda ou brava e bótase o muíño a andarabrindo o pexadoiro. Logo recóllese a fariña do tremiñado coa axudadunha pá e unha vasoira.

quenll{ESTANCIA

aliviadoiro

r

1Z

Page 14: O millo Candea 2000

NOS DE VENTOUtilizan a torza do ventoque move unhas pas

(abanos ou velas). O xirodas pas (vertícal) trans-fórmase en horizontalpor medio dunhas rodascon engranaxes.

¡T,l

MUíÑOS ELECTRICOSOs muíños eléctricos substituíron aos muíños de auga e de vento. Fo-

ron instalados como negocio para moer gran cobrando maquía ata fi-nais dos anos 60. Nestas datas apareceron pequenos muíños eléctricosde uso particular que acabaron case totalmente con estas instalacións.

Mantemento dos muíños:Para o correcto funcionamento dos muíños, é necesario aplomalos(asentar ben as pedras) para que o rozamento sexa uniforme (para que

canten dereito) e picar as moas (grabarlles as canles e riscos que mello-ran a moenda). A pedra vai picada máis fina ou máis basta segundo se

queira fariña para pan (miúda) ou para o gando (brava). Cando o muíñoten varias moas, unha, a máis grande, úsase para moer o bravo, e amáis pequena, que vai picada máis fina, para o miúdo.

13

Page 15: O millo Candea 2000

O PANO pan é un elemento importante na alimentación e a súa elaboración foinoutros tempos unha actividade común nas casas labregas. O pan éesencialmente fariña, auga, sal e lévedo. A súa calidade depende dacalidade dos seus compoñentes, do axustado da súa mestura, do graoda fermentación, da temperatura do forno e do tempo de cocción, queson "segredos" que manexan as persoas que o elaboran.Posiblemente comezouse a elaborar pan no Oriente Próximo co inicio das civi-lizacións. Cos hebreos e cos exipcios xeneralizouse o uso de pasta fermentadacon lévedo (semellante a tortas ou galletas). Mellorouse a súa elaboración cosgregos e perfeccionouse cos romanos que chegaron a formar un Colexio dePanadeiros en Roma. No século ll a. de C. xa existían fornos públicos (pistrinas).Desde ltalia extendeuse a todo o lmperio Roman e na ldade Media apenas cam-biou a técnica de elaboración que tiña basicamente un carácter familiar.Aínda que hoxe se fai pouco pan de millo, houbo tempos en que foi a base dosustento de moitas familias, en especíal das labregas.

Elaboración tradicional do pan.Penéirase a fariña para que quede fina, sin impurezas (sepárase a fariñado relón ou farelo).A continuación prepárase a masa: engádese-lle auga tépeda e un pouco de sal e amásasecoas mans ou coa axuda dunha penla ouferra, logo bótaselle o fermento ou isco eremátase o amasado. Faise unha petada coamasa e gárdase na artesa, ou nun lugarachegado ó forno ben tapada, deixándoalevedar (fermentar) durante unha hora ou máis.Namentras a masa colle lévedo quéntase o forno. Fáiselle dentro unlume con toxos, vides, carolos, leña... Cando está ben quente retíranseas brasas e a borralla coa axuda do rodo, várrese coa basoira ou barre-deira.Cando a masa está a punto (levedada) introdúcese no forno coa axudadunha pá. Tápase o forno axustando ben a porta e agárdase a que estéo pan cocido.Nos fornos de antes axustábase a porta con barro ou bouta (masa feíta conbosta de vaca). Os fornos máis modernos teñen portas de ferro ben axustadas.

0 fermento ou isco é un cacho

de masa que se deixa de cada

petada para a seguinte cocedu-

ra, case sempre unha semana.

Tamén se pode usár lévedo

industrial.

I

I

-lI

u

Page 16: O millo Candea 2000

Tipos de panBroa ou boroa: pan de millo grande, semiesférico achatado.Petada: peza pequena dunha cuarta de ancha. Tamén se chamaba petada a unpan moí grande que se cocía durante toda a noite.Bolo: pan de millo redondo e moi baixo con buratos na superficie feitos cun pauBica, bolo do lar ou bica milla: faise con masa sen levedar, dáselle unha formaredonda aplastada, ponse sobre unha pedra plana ben quente e cóbrese cunprato, unha tapadeira ou un recipiente de barro especial arredor do que se colo-can as brasas.Nalgúns sitios envólvese a masa en follas de berza e introdúcese nas brasas.

FORNOÉ a construcción onde secoce o pan.

Basícamente é un espaciopechado con forma decúpula, de paredes grosaspara evitar a perda de calor,ó que se accede medianteunha boca ou porta depequeño tamaño.

parromeira

\

ARTESAúsase comomesa para traba-llaropaneparagardalo dentrodespois de ama-sado ou cocido.

GALLA ouFORCADO (1)úsase para metera leña no forno,remexer o rescol-do.,.

RODO (2) eVASOTBA (3)úsanse para

limpar o chan doforno da borrallae do rescoldo.

PÁ (4) úsase para

enfornar e

desenfornar.

PENEIRAÚsase para penei-rar a fariña antesde facer o pan.

15

Page 17: O millo Candea 2000

REFRANS:. O millo raro na leira e basto na eira

. Polo San Cristobo xa o millo lle tapa a á ó corvo

. O millo apañado vai para o faiado, cómeo a galiña despois de secado.

. O norte para o millo é coma un pai para o fillo

. O que rega o pendón espera comer o terrón

. A choiva de San Xoan, tolle o millo e non da pan

. O millo mesto vai no cesto, o millo raro vai no carro

. Por xuño éonde está o mozo?, ou está na aberta ou no pozo.

. con millo no hórreo e porco no salgadoiro non hai medo ó inverno inda queveña chovedoiro.

. No marzo abrigo, mozas e pan de millo

. Millo apañado, millo esfollado, xa tés comida para todo o ano.o Ahí ven o mes de Nadal, que non deixe o millo sin apañar. Cando o muíño busca o gran, tantarantán. Vale máis acea parada ca muiñeiro amigo.. Se o muíño non anda a maquía non gana.

. Nin muíño sen rodicio nin home sen oficio.

CONTOS:

No tempo en que San Pedro andaba polo mundo chegou un día a petar nunhaporta e saeulle un can con tanto xenio que tivo gue botar a correr por entreunha leira de millo. Levou tantos tropezóns, golpes e aguilloadas coas espigasnamentras fuxía que enrabexado dixo: "maldito sexa tanto corno", e dendeaquel día o millo, que botaba unha espiga en cada folla, deixou de facelo e que-dou coma agora que bota unha ou dúas espigas soas, e cando bota máis non asbinca.

t.

iY**rí

.9Y

.r-'\.-,-.{ \

++*.i-. -**fo...h *'if*,í"1'-'./+-

\ «í*r,41*\ í r---\tr\1 _! y

-=t ' - i--'

++*-.f;" **|^I

§-\{rl$; }-,.-._

t6

Page 18: O millo Candea 2000

CANTARES:Touporroutou, iA ónde vas vella?Touporroutou, a PontevedraTouporroutou, ZQué vas buscar?Touporroutou, unha area de salTouporroutou, ZPara qué é o sal?Touporroutou, para botarlle ó caldoTouporroutou, éPara que é o caldo?Touporroutou, para darllo ós xornaleirosTouporroutou, iPara que son os xornaleiros?Touporroutou, para bota-lo m¡lloTouporroutou, LPara que é o millo?Touporroutou, para darllo ás galiñasTouporroutou,éPara que son as galiñas?Touporroutou, para poñe-los ovosTouporroutou, iPara que son os ovos?Touporroutou, para levarlle ó curaTouporroutou, ZPara que é o cura?Touporroutou, para deci-la mísaTouporroutou, ZPara que é a misa?Touporroutou, para as cousas de DeusTouporroutou, ZPara que é o DeusTouporroutou, Zpara levarnos ó ceo?

Sete cuncas de papas de millounha vella comeu,reventoulle o cordón do xustillode tanto que encheu.Tiña fame e comeu outras sete,e máis recuncou.Fixo coma un foguete no aíre,iChis, pum! e estoupou.

Á fonte vou por augaeómuíñoamoer,á casa dos teus paisvou para poderte ver.

Sei cantar e sei bailartodo se me da na mantamén sei cavar o milloalá en chegando San Xoan.

É o tempo das esfollas,tempo das esfolladas,tempo de comerunhas castañas asadas.

De día apáñase o milloe acarréxase prá casa,de noite veñen veciñospara axudar á esfollada.

Arrabea pola peneira,arrabea por peneirar,arrabea por ter un mozo,arrabea por se casar.

Unha vella peneirandotodiña se zarandea,está caíndo de vellae por un home rabea.

Teño muíño e moe fariña,teño forno e coce pan,

teño unha muller bonita,xa estou feito un capitán.

Meu meniño durme, durme,que teño que ir ó muíño,teño que ir pola fariñapara facer o panciño.

Heime casar no Grove....que é terra de moito pan,

o forno da miña sogracría silvas polo vran.

LV

Page 19: O millo Candea 2000

O muíño troula troula,nunca deixa de troular,a ladra da muíñeiranunca deixa de fungar.

Unha noite no muíño,unha noite non é nada,unha semaniña enteiraesa sí que é muíñada.

O muíño troula troula,a auga faino troular,as rapaciñas solteirasrabean por se casar.

O muíño troula troula,a auga faino troular,a filla do muiñeirorabea por se casar.

Ao muíño do meu pai

eu ben lle sei o tempero:cando está alto baixalo,cando está baixo erguelo.

Meu meniño durme, durme,que teño que ir ó muíño,teño que ir pola fariñapara faguer o pancíño.

Fun esta noite ó muíño,non moín nin muiñei;perdín a trenza do pelo,iso foi o que gañei.

Todos os que cantan benteñen posto no muíño,os que non saben cantarmiran por un buraquiño.

O muíño troula troula,bota fariña da roda,a meiga (ou a tola)da muiñeiraten un andar que namora.

Deus cho pague churrusqueiratéñocho que agradecer,cando vou ó teu muíñosempre me deixas moer.

Andivécheste alabandoplos muíños moendo,que te casabas conmígo,eso era en eu querendo.

O meu home foi de troulae veu cheo de fariña,el muiñeiro non é,

eu non sei a quen se arrima.

O crego foi ó muíñoera mellor que non fora,que coa punta da sotanavarreu a fariña toda.

Chora, meu meniño chora¿quen te ha de acalentar?túa nai vai no muíñoe teu paí vaina buscar.

18

Page 20: O millo Candea 2000

DITOS. Estar a pan e auga

. Comer o pan con codia: cando unenfermo xa está ben.

. Comerlle o pan a un: estar mantidopor alguén.

. Ser coma pan bendito: cando algose vende con facílidade.

. Custarlle a bola a un pan: candoalgo custa máis do que se espera-ba.

. Faltarlle o pan a un: faltar máisindispensábel.

. Levarse coma o pan e o leite: seríntios amigos.

. pao de cada día: alímento diario,costume.

. Pan por pan: sen rodeos, clara-mente.

. Poñer a alguén a pan pedir: ofen-der, maltratar verbalmente.

. Ser bo coma un pan: moi no.

. Ser pan e mel: bo e agradábel.

. Ser pan comido: moi doado defacer.

. Ser un bolo crú: feo.

. Non che está o forno para bolos.

. Xa lle quentaron de máis o forno.

. O forno e a vella pola boca sequentan.

. Desqueu o forno vai quente, nonprecisa máis leña.

. Fornos vellos e borrachos pola

boca se quentan.

. Foros e fornos vellos, canto antesdesfacelos.

. Forneíra fuches que aínda cheiras á

masa.

. Cada muíño quere a súa auga.

. Auga pasada non move muíño.

. O que pode, vai ó muíño e moe.

ADIVINAS:Verde nai de cabelo dourado,leva o fillo no colocun cobertor acochado (ESplcA)

Nun prado moi cercanohai un frade fanciscano,que ten dentes e non comeque ten barba e non é home {O MILLO}

éOué será unha cousiña cousa queanda e anda e nunca sae da casa?(A RODA DO MUíÑO).

Canto máis fame ten máis anda.(A RODA DO MUíÑO).

Anda e non ten pés, come e non tenboca e toda a comida lle parece pouca

RODA DO MUíÑO).

Page 21: O millo Candea 2000

CRENZAS E COSTUMES:

. Hai que sementar cando está a lúa na menguante.

. Nas pedras do forno cúranse meigallos.

. Non se pode andar coa peneíra no martes de Entroido senón despois ánda-se arredor.

. Según a tradición o pan non se pode tirar ó chan nin ó lume, nín cravarlle o

coitelo cando se corta. Cando se atopa tirado recóllese e dáselle un bico'. Para líberar o pan dos meigallos bendecíase o forno e facíanse cruces na

masa e nos bolos de Pan.. Para que non se perdan os froitos desinféctase o hórreo con follas de fi-

gueira ou queimando follas de eucalipto.. Para que saian os ratos quéimase dentro do hórreo eucalipto ou outro t¡po

de ramallo e faise fume.. hórreo énchese na menguante para que o millo non se bote a perder.

o As cruces, bolas e outros remates dos hórreos son para darlle boa sorte,para que non se perdan as colleitas e para espantar ás meigas.

MEDICINA POPULAR

. Para evitar o mareo lévase un gran de millo no bolsiño.

. Para o moquillo dos cans ou cando as ovellas están enfermas poñíaselle un' rosario de carolos ó pescozo.

. Para conservar sa a vaca que preñaba por primeira vez dátjanselle de co-

mer espigas con fillos.. A fariña amarela emprégábase para enfermidades da pel.

. Os carbóns dos carolos apagados úsábanse para as úlceras cutáneas.

¡ As barbas do millo en infusión úsanse como diurético (para depurar os

riles) e para as infeccións do íntestinó (ás veces acompañadas de rabos de

cereixas).. Para as papeiras póñense pochadas de fariña milla.r O lume ou fume de forno novo usábase para curar as espullas, os tirizós, a

tos ferina.

20

Page 22: O millo Candea 2000

ñ

a

¡:

de ensinanles do