O fondo do mar

25
1 Dirixida a alumnos /as de Educación Infantil: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA “Ceip Plurilingüe Pintor Laxeiro”. Curso 2010/2012

description

Unidade didáctica para infantil

Transcript of O fondo do mar

1

Dirixida a alumnos /as de Educación Infantil:

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

“Ceip Plurilingüe Pintor Laxeiro”. Curso 2010/2012

2

XUSTIFICACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA

Este curso 2011/2012 imos traballar o tema do mar como eixo común en todos os

cursos da Ed Infantil e Primaria, en varias das súas facetas. Na Ed Infantil estudaremos

o fondo mariño e a súa conservación. Os nenos e nenas desta etapa xa están

lixeiramente familiarizados co tema debido á nosa ubicación xeográfica.

O mar é un concepto imprescindible na vida dos galegos e galegas, xa que é o

gran motor da nosa economía e polo tanto unha das máis importantes razóns do noso

desenrolo e existencia.

Introduciremos ao alumnado no coñecemento do fondo mariño, respectando

este, como fonte e orixe de vida. Partiremos da súas experiencias para ir algo máis alá

do que eles/elas poden ver e disfrutar como habitantes dun entorno marítimo pesqueiro.

E para ilustrar o que será o noso traballo docente traducimos ao galego unha

fermosa poesía de Gabriel Celaya, titulada “Educar”.

Educar é o mesmo

que poñer o motor a unha barca…

hai que medir, pesar, equilibrar…

…e poñer todo en marcha.

Para iso

un ten que levar na alma

un pouco de mariño…

un pouco de pirata…

un pouco de poeta…

e un quilo e medio de pacencia

concentrada.

Pero é consolador soñar

mentras un traballa

que ese barco, ese neno

irá moi lonxe pola auga.

Soñar que ese navío

levará nosa carga de palabras

hacia portos distantes,

hacia illas lonxanas.

Soñar que cando un día

esté durmindo nosa propia barca,

en barcos novos seguirá

a nosa bandeira

enarabolada.

3

Obxectivos

Coñecer a importancia do mar como necesidade natural do noso entorno.

Contribuir a mellorar a expresión e enriquecer o vocabulario.

Ampliar a visión do mundo.

Descubrir a existencia de vida animal e vexetal no mar, fomentando o respecto e

conservación.

Ser capaz de transmitir información sobre algún animal mariño.

Valorar as actividades de ocio no mar como momentos de relación familiar.

Fomentar hábitos de responsabilidade social.

Enriquecer o pensamento, fantasía, imaxinación e creatividade.

Contidos

Conceptuais:

Vocabulario sobre o mar.

Características dos animais mariños.

Deportes mariños

Procedimentais:

Utilización de vocabulario do tema.

Diferenciación de animais e plantas mariñas.

Memorización de características dalgún animal ou planta mariña.

Diferenciación de actividades de ocio.

Comprensión de contos relacionados co tema.

Actitudinais:

Actitudes de respecto hacia os animais do mar.

Interese por coñecer características de algúns animais.

Actitudes de limpeza e conservación hacia o entorno mariño.

Interese pola participación en deportes acuáticos

Participación respectuosa nas conversacións.

4

METODOLOXÍA

O primeiro que se pode facer é informar ás familias do tema no que estamos

traballando, xa que en calquera momento podemos necesitar da súa participación.

Pódese facer a través dunha reunión ou a través da páxina web.

Seguidamente comunicaremos, en asamblea, aos alumnos/as das actividades a

realizar sempre partindo das súas propias experiencias (as praias, os peiraos, os peixes,

os mercados de peixe, etc…). Podemos anotar as súas curiosidades nunha libreta, xa

que poden ser suxestións para traballar.

A forma de presentar a actividade será secuenciada de tal modo que vaian

adquirindo pouco a pouco, novas aprendizajes e fagan relacións significativas cos

coñecementos que xa teñen asimilados. As devanditas actividades, faranse de forma

lúdica e motivadora, despertando a curosidade, querendo ir a máis.

Fomentaranse as relaciones entre iguais, a partires das asambleas, visionado de

contos, exposición de traballos en común; e tamén co adulto ao compoñer os murais

motivadores baixo a supervisión dos mestres/as.

Todo esto vai permitir que se leve a cabo unha aprendizaxe global a partir dun

centro de interese para os nosos alumnos, e así favorecer o seu crecemento e desenrolo.

RECURSOS E MATERIAIS

Contos en formato papel e DVD

Fichas con debuxos de animais marinos. Textos coas súas características.

Láminas

Plastilina para modelar

Papel continuo

Materiais de refugallo: pratiños de plástico, botellas de plástico, cartóns

Restos mariños: conchas, caracolas, area

Espuma de cores

Webs: http://favec.es/index.php?option=com_content&task=view&id=420&Itemid=326

(Imaxes reais de peixes)

http://game-4-trans.com/gl/tags/peixes/1 (para xogar)

http://www.games159.com/gl/jocs/peixes-nadan-mr.html (para xogar)

ACTIVIDADES

Persentar o tema co conto: “A vida no mar”. María Rius e Josep Mª Parramón.

Versión galega de Antonio García Teijeiro e Daniel Otero. Ed Galaxia.

En asamblea falar sobre o tema e recoller os seus coñecementos previos.

Ler o conto “Coidemos a praia”

5

“Coidemos a praia” Había unha vez unha praia moi sucia, moi sucia, onde todo o mundo

botaba porquería. Era unha praia que cheiraba de noite e de día.

Tan sucia estaba que ninguén se quería bañar nela e as as gaivotas non atopaban nada para comer.

- Que peste! -decían as gaivotas. Non basta co cheiro, agora

tampouco podemos comer! Os peixes aparecían mortos na beira do mar, e cheiraba tan mal que

ata os peixes nadaban co nariz tapado.

- Ai, miña naiciña, onde imos chegar, como sigamos así sen praia imos quedar.

- Amiga gaivota! -gritou o golfiño- que triste estou, a praia está

sucia e pincheime cunha lata. - Pincharse cunha lata é mala pata -respondeu a gaivota.- Non hai

dereito amigo golfiño, debemos buscar outro camiño.

- Ti tamén te pinchaste peixe espada?- preguntou a gaivota Carlota-. A praia está sucia e hai que actuar con astucia. Busquemos

os culpables.

E o Sol engadiu: - Onde imos parar, como sigamos así sen praia imos quedar!

A gaivota Carlota, sigueu voando e moi enfadada murmuraba: “Ai

miña nai, canta porquería hai!” E pasou a foca Manola que coa lata tamén pinchou.

-Eh, amiga foca te pinchaste coa lata?, pois xa é mala pata.. Imos

falar coas persoas a ver se deixan de enlixar a praia. -Nenaaa, nenooo axudádenos! - Gritou a foca Manola-. O mar está

moi sucio, pinchámonos coas latas, comemos os vosos cristais, enchémonos de chapapote. Morremos, morremos, como non o

solucionemos!. Axuda, axuda!.

-Nós-dixo a nena- nós non vos queriamos matar. Non sabiamos que esta situación era tan grave. Non choredes. Teño unha idea!

-Onde imos chegar, sen praia imos quedar!- gritou o Sol

A nena chamou aos seus amigos e amigas. -Imos, imos, non perdamos tempo!. Limpemos a praia. As algas

estanse a contaminar, e si desaparecen, os peixes tamén

desaperecerán porque non teñen que comer. E que comerán as gaivotas? Tamén morrerán!!!

6

Os nenos e nenas puxéronse a traballar ata que deixaron a praia moi

limpa. Cando remataron foron na busca da foca Manola.

-Sra. Foca, sra. Foca, xa limpamos a praia. Non volveremos a ensuciala botando porquería; e tampouco permitiremos que se volva

a ensuciar o mar.

-Grazas, contestou a foca. É unha alegría, unha praia sen porquería!

-Ben, ben! -gritaron todos os peixes-. Por fin nadaremos sen

pincharnos. Os peixes fixeron unha festa. Ao peixe-espada curáronlle o nariz e

púxose moi feliz. O golfito saltou un ratiño. A foca Manola púxose

tola. A gaivota Carlota gritaba percorrendo todo o mar: “Por fin podo

comer peixe san!”. E o Sol suspirou. “Ai, miña nai que bonitiña está a praia limpiña!”

E colorín colorete, a praia quedou de rechupete!!!.

Facer preguntas sobre o argumento para saber se o entenderon: Como estaba a

praia?. Con que se pinchaban os animais? Quen enlixaba a praia?. A quen pediron

axuda para limpala?

Manter un diálogo, respectando o turno de palabra, para saber se nós enlixamos a

praia e que se pode facer para mantela limpa.

Colorear fichas con ilustracións do conto.

Volver a contar o conto coas ilustracións feitas, e presentar láminas dos animais

mariños que aparecen, preguntar sobre os coñecementos previos que teñen destes

animais.

Dramatizar o conto. Pódese facer unha representación teatral para o festival de fin

de curso.

Con axuda das familias, traer información e imaxes de animais mariños.

Comentar cos nenos e nenas os seguinte argumento:

No mar viven uns seres moi pequenos que se chaman seres microscópicos, non se ven a

simple vista, só co microscopio. Estes seres sirven de alimento para moitas especies de

animais marinos: peixes, cangrexos, langostas, ameixas, mexilóns, cabaliños de mar,

estrelas de mar, e moitos, moitos máis animais.

Destes animais tamén nos alimentamos nós, os seres humanos. Os mares e os océanos

están cheos de plantas, sales minerais, e vitaminas que son moi boas para a saúde.

Se non coidamos os mares e as súas augas, se tiramos lixo, a auga se ensucia e se

envenena, e estos animais e plantas enferman, e poden morrer. E nós podemos enfermar

tamén se tomamos estes alimentos envenenados.

Hoxe imos facer un pequeño experimento para ver como se pode contaminar o mar:

-Preparar dous barreños cheos de auga, nun deles, os nenos/as botan gotiñas de témpera

de cores. Imprimir o material complementario en papel branco que non sexa satinado (de

reciclaxe sería perfecto) e darlle unha folla a cada alumno/a para que recorten ou piquen

os peixes. Colocarán un peixe nun barreño da auga limpa, e outro na da auga tintada. Ao

cabo dun tempo retiralos comparar os dous peixes. Que pasou?

7

8

TACHAR O QUE SEXA INCORRECTO E PERXUDIQUE AO MEDIO AMBIENTE

9

Facer un acuario: Traer unha caixa de cartón un pouco maior que as de zapatos e

recortar as caras laterais en rectángulos, deixando 1cm. a cada lado, cortar os

vértices. Pola parte interior de cada cara, pegar papel transparente de cor azul ou

verde auga. A parte superior quedará segundo o modelo.

Os nenos e nenas, coa axuda do mestre/a colocarán no fondo, area, cunchas de

moluscos, que traerán das súas casas. Se non teñen poden facer caracolas con plastilina.

Entregar unha lámina e nela que escollan o que queren colorear, uo ben algas, ou ben

peixes. Despois recortarán ou picarán o que elixiron. Colocarán no fondo as plantas e

pegarán mondadentes aos animais para pinchalos na peixeira e simular o mundo mariño.

Dialogar sobre o sabor e a cor do mar.

10

11

Mercar un peixe que non necesite filtro, e unha peixeira, encargarse da súa limpeza

e alimentación.

Para regalar o día do pai ou da nai, con goma eva de cores facer peixes para usalos

como imán nas neveiras da casa.

Realizar animais mariños con materiais de refugallo:

Peixes de cartón

Cabalinos de mar de cartón

Peixes con pratos de plástico

Algas con bolsas de plástico

Medusas de cartón e papel

Burbullas con botellas de plástico

Confeccionar un mural sobre o fondo do mar.

Modelar animais mariños con plastilina.

Aprender e cantar as cancións: “Tiburón, tiburón”, “Hai una escola no fondo do

mar”, e acompañalas de xestos.

Xogar á pesca:

Materiais: peixes feitos con fotos reais, canas de pescar, seis cestas diferentes.

Actividade: pescar distintos peixes, clasificalos segundo a súa especie e nome

(xardas, rapantes, xurelos,congrios…)

Xogar a “Os reis do mar”. Os reis van salvando aos peixes, sereas…para que

tiburón non os coma.

Ver películas en galego referentes ao tema.

Escoitar o conto “Nadarín” e facer un debuxo sobre o que escoitaron.

Colorear coroas feitas con peixes para lucir o día do cumpreanos.

Realizar as fichas e aprender os poemas que aparecen ao final da unidade.

Facer una exposición conxunta cos traballos realizados invitando ás familias.

Elaborar unha invitación.

Facer pompas de xabón simulando as burbullas no fondo mariño

Excursión a un acuario.

Visitar un mercado para ver os peixes.

Visitar o porto para ver os barcos pesqueiros.

Visitar unha factoría de conxelados.

Recitar a poesía “Eu quero ser mariñeiro” de Julia González González

Visitar unha escola de surf.

Dialogar, coa axuda de láminas, sobre os deportes que podemos practicar no mar.

Xogar no ordenador na web: http://www.zdressup.net/tags/xogos-de-peixes.gl

12

TEMPORALIZACIÓN:

Ainda que o tema se traballará en gran grupo ao longo do curso, para profundizar

no mesmo, podemos elixir una quincena do terceiro trimestre, xa que é a tempada

de praia e os nenos e nenas poden experimentar algúns contidos.

AVALIACIÓN

Participa nas actividades propostas con entusiasmo

Utiliza o vocabulario do tema

Recoñece e verbaliza tipos, características, tamaños, de animais e plantas

que habitan o mar.

Aprende a coidar o entorno mariño, as praias, respectando a vida mariña.

13

Así é un peixe:

NOME______________________________________________________________________DATA: ________________________________

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25