Memoria Museo do Mar 2014

187
MEMORIA 2014

Transcript of Memoria Museo do Mar 2014

Page 1: Memoria Museo do Mar 2014

MEMORIA 2014

Page 2: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

1

INDICE

1. LIMIAR ............................................................................................................................. 2

2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES .................................................................. 4

3. MELLORAS DO EDIFICIO ......................................................................................... 10

4. PROGRAMA DIDÁCTICO .......................................................................................... 10

4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES ....................................................................... 10

4.2. OBRADOIROS DE VERÁN........................................................................... 40

4.3. OBRADOIROS DE NADAL........................................................................... 77

4.4. OBRADOIROS DO CLUB PEQUEAMIGOS .............................................. 93

5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................111

5.1. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE ........................................................111

5.2. SEMANA DOS MUSEOS.............................................................................114

5.3. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL ......................................................119

5.4. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ...............................................................154

5.5. SERVIZO DO MUSEO PARA OUTRAS ACTIVIDADES .......................166

5.6. PROGRAMA CONFERENCIAS .................................................................171

5.7. PROGRAMA DE CINE .................................................................................175

5.8. PROGRAMA DE CONCERTOS E TEATRO............................................175

5.9. PROGRAMA DE PRESENTACIÓNS ........................................................177

5.10. REVISTA ORAL ..........................................................................................178

6. PROGRAMA DE PERSONAL .................................................................................186

7. PROGRAMA ECONÓMICO .....................................................................................186

Page 3: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

2

1. LIMIAR

A Rede Museística Provincial de Lugo conta con catro museos espallados

estratexicamente ó longo do seu territorio, tales e como son o Museo Provincial

na cidade de Lugo, a Fortaleza de San Paio de Narla en Friol no interior da

provincia, o Pazo de Tor en Monforte no Sur e o Museo Provincial do Mar de San

Cibrao na Mariña.

Cada un deles está ademáis ubicado nun emblemático edificio, refrexa

unha etapa diferente da historia e trata de ser a icona e o altofalante da

comunidade da que forma parte.

Deste xeito o Museo Provincial de Lugo foi en tempos un convento

franciscano, a Fortaleza de San Paio de Narla, antigo Castelo medieval, e fiel

refrexo da comunidade agraria na que se instala, o Pazo de Tor, amósanos o

tránsito da fidalguía galega dende os séculos XVII, XVIII ata fines do XX, e por

último o Museo Provincial do Mar, que comeza sendo unha escola Indiana alá

polo 1931 e que remata sendo unha clara testemuña da comunidade mariñeira da

que forma parte.

Os catro museos, e basados na filosofía que inspira e propugna a Rede

Museística Provincial, son museos vivos,museos sociáis, museos que viven de

cara á comunidade que os conforma e nutríndose dela, museos dentro fora, que

non quedan escondidos tralos seus muros, senón que saen sen medo na procura

de todo tipo de público, non so do selecto colectivo habitual dos museos, senón

tamén daqueles non tan habituáis, as persoas en perigo de exclusión social, as

que teñen capacidades diferentes, as que non poden acudir físicamente ós

museos,..

O Museo Provincial do Mar, como o resto dos museos da Rede, pretende

cumplir todas istas consignas, e dende logo élle doado ser un museo de

comunidade, xa que foi a comunidade mariñeira de San Cibrao, gracias ó mestre

Don Francisco Ribera e ós seus 34 alumnos do ano 1969, a que o fixo nacer, e é

ista misma comunidade a que o sostén e o mantén vivo.

A ista comunidade, con nenos, adultos e maiores, con xente de eiquí pero

tamén de acolá, con públicos de moi diversas capacidades, de moi diferentes

Page 4: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

3

intereses, é a quen lle dedica o Museo o seu traballo e o seu esforzo, co fin de

gardar a súa memoria e de espallala entre as xeracións vindeiras.

E para ista variada e complexa comunidade é para quen vai a seguer a

traballar o Museo Provincial do Mar e a Rede Museística, axeitándonos ós novos

tempos e as novas tecnoloxías, procurando a conservación e a difusión da cultura

mariñeira, elaborando actividades interesantes e frescas nas que o criterio da

inclusión esté sempre presente, e tendo sempre abertas as portas a todas

aquelas iniciativas e propostas que poidan achegarnos para a consecución distes

propósitos

Page 5: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

4

2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.

Xaneiro Nº total de visitantes 803

4 grupos escolares 48

11 grupos adultos 227

Visitas individuais 394

Febreiro Nº total de visitantes 681

3 grupos escolares 45

5 grupos adultos 107

Visitas individuais 381

Marzo Nº total de visitantes 1352

3 grupos escolares 57

14 grupos adultos 398

Visitas individuais 557

Abril Nº total de visitantes 1498

5 grupos escolares 95

21 grupos adultos 476

Visitas individuais 749

Maio Nº total de visitantes 1696

16 grupos escolares 332

20 grupo adultos 493

Visitas individuais 506

Xuño Nº total de visitantes 1627

Page 6: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

5

14 grupos escolares 328

18 grupos adultos 518

Visitas individuais 327

Xullo Nº total de visitantes 2455

13 Obradoiros 279

35 grupos adultos 823

Visitas individuais 1068

Agosto Nº total de visitantes 3433

11 Obradoiros 252

32 grupo adultos 956

Visitas individuais 1851

Setembro Nº total de visitantes 1325

5 grupos adultos 119

Visitas individuais 966

Outubro Nº total de visitantes 1029

1 grupos escolares 12

12 grupo adultos 281

Visitas individuais 501

Novembro Nº total de visitantes 1037

9 grupos escolares 168

7 grupos adultos 266

Visitas individuais 442

Decembro Nº total de visitantes 1044

Page 7: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

6

12 grupos escolares 275

12 Grupos adultos 207

Visitas individuais 454

Total visitantes anuais 17980

Gráfica comparativa dos anos 2012-2013

779617

1334

10451114

1581

2382

3018

1338 1242

859 850

803681

13521498

1696 1627

2455

3433

1325

1029

10371044

0

500

1000

1500

2000

2500

3000

3500

4000 MUSEO PROVINCIAL DO MARAno 2013

Ano 2014

Page 8: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

7

0

500

1000

1500

2000

2500

3000

3500

803681

13521498

1696 1627

2455

3433

1325

1029 1037 1044

Por número de visitantes

14%

4%

2%3%

12%

48%

17%

Por idades

0-10

11-14

15-18

19-25

26-40

41-65

66

Page 9: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

8

0

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

8000

1614

7268

3106

16093

1635

27 35 58 107

1085

177292

38

1671

29 19 23 93450

Por Procedencias

LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA

ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS

CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LA MANCHA

EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA

NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS

0

2367

2188

2871

2611

4921

3022

0 1000 2000 3000 4000 5000 6000

Por días da semana

DOMINGO

SABADO

VENRES

XOVES

MERCORES

MARTES

LUNS

Page 10: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

9

XANEFEBRMARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SETE OUT NOV DEC ANUAL

HOMES 357 304 634 558 743 686 1073 1516 544 448 481 439 7783MULLERES 446 377 718 940 953 941 1382 1917 781 581 556 605 10197

0-10 93 86 122 188 338 313 378 510 55 59 180 210 253211-14 6 3 15 35 68 95 167 184 24 20 6 132 75515-18 3 24 10 39 53 2 66 89 12 2 61 4 36519-25 19 7 27 30 41 13 90 155 56 14 31 6 48926-40 146 121 241 176 190 186 223 428 129 101 116 79 213641-65 393 319 670 788 723 713 1262 1647 653 514 439 443 856466 143 121 267 242 283 305 269 420 396 319 204 170 3139

LUGO CIDADE 80 99 124 257 97 141 133 378 97 51 101 56 1614LUGO PROVINCIA 467 332 547 452 854 681 775 951 412 461 654 682 7268GALICIA 109 62 206 344 302 245 512 538 313 168 121 186 3106ANDALUCIA 0 2 1 8 2 2 30 34 77 4 0 0 160ARAGON 13 1 0 18 2 2 3 48 4 2 0 0 93ASTURIAS 81 67 152 128 151 90 349 342 127 66 51 31 1635BALEARES 0 0 0 0 0 0 2 0 0 23 0 2 27CANARIAS 0 0 0 0 0 0 9 11 3 0 11 1 35CANTABRIA 0 0 35 0 0 0 2 7 8 4 2 0 58CATALUÑA 0 2 5 7 4 2 29 41 9 6 2 0 107CASTILLA-LEON 14 47 181 35 69 249 91 139 72 109 58 21 1085CASTILLA-LA MANCHA 0 0 0 7 0 58 35 52 18 7 0 0 177EUSKADI 0 3 20 17 11 38 34 103 26 18 6 16 292EXTREMADURA 0 0 0 0 0 0 24 11 3 0 0 0 38MADRID 20 13 38 191 116 84 364 635 100 58 26 26 1671MURCIA 0 0 0 0 0 0 5 22 0 2 0 0 29NAVARRA 0 0 0 2 2 0 6 5 4 0 0 0 19LA RIOJA 0 0 0 4 2 1 2 11 0 0 0 3 23VALENCIA 0 0 0 6 9 6 22 36 13 0 1 0 93ESTRANXEIROS 19 53 43 22 75 28 28 69 39 50 4 20 450

MAÑAS 566 426 853 1013 1122 1130 1793 2251 724 588 647 739 11852TARDES 237 255 499 485 574 497 662 1182 601 441 390 305 6128

LUNS 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0MARTES 71 68 101 169 114 265 396 460 178 120 139 286 2367MERCORES 103 67 75 122 253 194 418 526 149 140 73 68 2188XOVES 143 99 110 164 312 181 542 731 184 144 129 132 2871VENRES 144 98 137 229 185 176 395 506 216 164 137 224 2611SABADO 208 201 589 636 467 357 419 836 358 226 398 226 4921DOMINGO 134 148 340 178 365 454 285 374 240 235 161 108 3022

GRUPOS ESCOLARES 48 45 57 95 332 328 279 252 0 12 168 275 1891GRUPOS ADULTOS 227 107 398 476 493 518 823 956 119 281 266 207 4871VISITAS INDIVIDUAIS 394 381 557 749 506 327 1068 1851 966 501 442 454 8196DOMINGOS NO MUSEO 134 148 340 178 365 454 285 374 240 235 161 108 3022TOTAIS MENSUAIS 803 681 1352 1498 1696 1627 2455 3433 1325 1029 1037 1044 17980

*RESUME

EXTRANXEIROS ALE

MA

NIA

AU

STR

IA

AR

XEN

TIN

A

CH

INA

CO

LOM

BIA

CO

REA

PO

RTU

GA

L

CH

ILE

NO

RU

EGA

EE.U

U.

FRA

NC

IA

ITA

LIA

PO

LON

IA

SUIZ

A

UC

RA

NIA

BEL

GIC

AR

UM

AN

IAR

, DO

MIN

ICA

NA

REI

NO

UN

IDO

PER

U T

UN

EZ T

UR

QU

IA

FIN

LAN

DIA

FIL

IPIN

AS

VEN

EZU

ELA

MA

RR

UEC

OS

CA

BO

VER

DE

IND

ON

ESIA

UR

UG

UA

I

AN

UA

L

XANEIRO 4 7 1 6 1 19FEBREIRO 2 8 26 2 1 4 10 53MARZO 2 6 14 1 4 2 8 2 4 43ABRIL 3 13 3 1 2 22MAIO 5 11 55 1 1 2 75XUÑO 1 9 4 4 1 5 3 1 28XULLO 4 3 3 2 4 1 3 6 26AGOSTO 4 16 2 8 1 2 2 16 1 4 13 69SETEMBRO 11 2 13 1 4 3 2 3 39OUTUBRO 3 4 2 3 8 1 21NOVEMBRO 4 4DECEMBRO 4 5 4 2 3 2 20TOTAL 36 4 39 74 3 10 12 1 2 15 103 11 1 2 3 2 1 3 13 1 7 12 2 31 4 4 1 7 15 419

* Nº DE GRUPOS XANEFEBRMARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL

Nº GRUPOS ESCOLARES 4 3 3 5 16 14 13 11 0 1 9 12 91Nº GRUPOS ADULTOS 11 5 14 21 20 18 35 32 5 12 7 12 192

15 8 17 26 36 32 48 43 5 13 16 24 283

17980

17980

RESUME DE VISITAS ANUALES MUSEO PROVINCIAL DO MAR 2014

17980

17980

17980

17980

Page 11: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

10

3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO

Conservación de infraestruturas

Reposición de sistema de iluminación, por parte do persoal do Museo durante

todo ano

Cambio de contador da luz

Rotura do canalón e grafiti nun canon, incidentes descubertos trala festa da

Maruxaina.

Cambio de pechadura

Avería do ruter por causa dunha tormenta.

Reparación de avería do teléfono

Desratización varias veces ao ano.

Poñen maquina enfundadora de paraguas.

Limpeza exterior de ventanas e interior de teitos.

Revisión potabilidade da auga por parte da empresa Arumia

4. PROGRAMA DIDÁCTICO

4.1. Actividades escolares

Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas:

guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación

previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica.

Visita de iniciación:

Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos

que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.

Duración aproximada de 60 minutos.

Page 12: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

11

Para un mellor aproveitamento do Museo Provincial do Mar, xa que existe

unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto de visita

máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que implique

a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos no 2010 un programa

de itinerarios os distintos niveis de ensino:

Tea mariñeira

¿As baleas comen ou engulan?

Arriba a bandeira

Descubre a balea

Mergúllate

Nada coa balea

Pinta mariñeiro

Sae a navegar

Sopa de aleta

Vento mareiro

Visita de iniciación

Nivel: Todos os ciclos

Data: Curso escolar

Obxectivo: Comprender o oficio do mar e como as sociedades actuais están

condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas mariñeiras e

analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas

para outras xeracións.

Page 13: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

12

Tea mariñeira

Nivel: 3º e 4º da ESO e BAC

Data: Curso escolar

Obxectivo: Fomentar o interese polas materias vinculadas coa navegación.

Asentar conceptos vistos anteriormente na visita guiada.

Metodoloxía: Actividade que consiste en unir con frechas. Relacionaranse fotos

de obxectos da Sala de Navegación coas definicións que teñen noutra columna.

Page 14: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

13

Aparato que permite ó capitán comunicar as

ordes ó que está na sala de máquinas.

Serve para gobernar o barco, facéndolle

cambiar o rumbo. Pode ser de caña ou de

roda.

Caixa cilíndrica fixa na cuberta que leva no

seu interior o compás ou búsola.

Fiestra redonda que se abre e que está

situada en distintas alturas nos costados do

buque. Serve para que entre a luz e se

ventilen os camarotes da tripulación.

Elemento do equipo propulsor dun barco

movido mediante unha máquina ou motor e que

permite o movemento cara adiante ou atrás

do barco.

Instrumento para coñecer a situación.

Consiste en medir a altura do sol ou das

estrelas con respecto do horizonte. Mide a

latitude.

Antigamente facíanas os carpinteiros de

ribeira antes de construír o barco .

Servía para ver as formas que ía ter o barco.

UNE CON FRECHAS E NOMEA CADA OBXECTO

Page 15: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

14

¿As baleas comen ou engulan?

Nivel: 5º e 6º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e á cultura dun modo atractivo.

Potenciar o traballo e a participación en equipo. Inculcar a protección

conservacionista do medio ambiente mariño.

Metodoloxía: Na Sala das Baleas, os nenos en grupos estarán sentados no

chan, onde escoitarán unha pequena explicación sobre se as baleas mastigan ou

non. De seguido responderán verdadeiro ou falso a unhas frases e terán unha

folla de consulta ante as posibles dúbidas.

Page 16: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

15

Page 17: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

16

Page 18: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

17

Arriba a bandeira

Nivel: 3º e 4º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Dar a coñecer como se transmite información codificada entre barcos

próximos. Aínda que agora, se utilizan algunhas bandeiras, que as novas

tecnoloxías as deixaron en desuso.

Metodoloxía: Sentados diante das bandeiras que forman o Código de Sinais

escoitarán o significado e utilidade deste. Como un grupo de bandeiras

representan o abecedario, cada neno debuxará nunha cartolina branca, tamaño

folio, a bandeira que lle corresponda coa súa inicial. Para iso terán un panel

informativo de consulta. Despois pegarán un pau a un extremo da mesma. Os

nenos agruparanse polas súas iniciais e realizarán un xogo como se fosen barcos

comunicándose en alta mar.

Page 19: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

18

Page 20: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

19

Descubre a balea

Nivel: 1º e 2º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e ó mundo do mar dunha maneira

amena e atractiva. Fomentar a expresión oral e artística. Potenciar o interese pola

cetoloxía.

Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas co debuxo dunha balea

animada con números. Os rapaces terán que coloreala segundo as cores que

levan asociadas os números. Así cando rematen descubrirán a balea.

Page 21: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

20

Page 22: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

21

Mergúllate

Nivel: 1º e 2º da ESO

Data: Curso escolar

Obxectivo: Fomentar a capacidade de asimilar novos conceptos mediante un

xogo atractivo. Achegar os rapaces á cultura dunha forma práctica e divertida.

Metodoloxía: En parellas, cubrirán o pasatempo coas palabras que adiviñen.

Sempre axudados polo persoal do museo.

MERGÚLLATE

HORIZONTAL:

1- Instrumento de medición da latitude no que o seu arco é a sexta parte dun círculo.

2- Principal método para calcular a velocidade no mar. Mide nós ou millas.

3- Instrumento que serve para saber a situación do barco, neste caso, en todo momento.

Tamén se pode chamar compás.

4- Sosterse na superficie da auga.

5- Parte principal dun barco, que pode ser de madeira ou doutro material. Calquera

embarcación pode flotar e desprazarse grazas a el.

6- Lazo que se fai con cabos. Utilízase nas actividades cotiás dun barco.

Page 23: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

22

VERTICAL:

1- Instrumento que servía para a comunicación dentro do barco. Había dous: un na ponte e

outro na sala de máquinas.

2- Serve para gobernar ou orientar o barco, facéndolle cambiar o rumbo ou a dirección.

Pode ser de cana ou de roda.

3- Instrumento de ferro forxado con figura dun arpón ou dun anzol que está suxeito a

unha cadea e se arrebola ó fondo do mar para fondear o barco.

4- Peza de tea ou doutro material que, unha vez despregada, recibe do vento o impulso

necesario para navegar.

5- Parte posterior dun barco.

6- Parte de diante dun barco.

Page 24: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

23

Nada coa balea

Nivel: Ed. Infantil

Data: Curso escolar

Obxectivo: Potenciar o desenvolvemento educativo achegando os rapaces ós

museos. Fomentar a participación en grupo. Familiarizarse coa representación

plástica.

Metodoloxía: Na Sala das Baleas haberá un panel onde está debuxada unha

balea. Os nenos formarán grupos collendo cada un seis pezas revoltas do

quebracabezas. Terán que colocalas ordenadamente ata completar a imaxe que

teñen diante.

Page 25: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

24

Page 26: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

25

Page 27: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

26

Pinta mariñeiro

Nivel: 1º e 2º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Achegar ós rapaces ó mundo da navegación dunha maneira amena

e sinxela. Fomentar tanto as aptitudes creativas como a expresión oral. Espertar o

interese polo mundo náutico.

Metodoloxía: Os nenos, sentados no chan, na Sala de Navegación pintarán un

debuxo dun veleiro en alta mar. Colorearán este coas cores que eles queiran,

para fomentar o desenvolvemento artístico. Cando rematen, os mariñeiros

responderán unhas sinxelas preguntas referidas ao barco: ás súas partes e

porque se move no auga.

Page 28: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

27

Page 29: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

28

Sae a navegar

Nivel: Ed. Infantil

Data: Curso escolar

Obxectivo: Potenciar o interese creativo e construtivo. Coñecemento dos

distintos elementos que constitúen un barco: casco, ponte de mando, portillos,

áncora, … Familiarizar os nenos coas formas dun barco montando as pezas do

quebracabezas.

Metodoloxía: Na sala de navegación haberá un panel grande cun debuxo dun

barco. Os nenos formarán pequenos grupos. Cada un terá seis pezas revoltas

que colocarán ordenadamente ata formar a imaxe que teñen diante.

Page 30: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

29

Page 31: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

30

Sopa de aleta

Nivel: 3º e 4º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e a cultura mariña. Engadir

coñecementos elementais da bioloxía mariña. Fomentar o aprendizaxe mediante

un xogo didáctico.

Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas coa sopa de letras onde

terán que atopar partes da anatomía externa e interna da balea. Na outra sopa de

aleta encóntranse agochados os familiares das baleas como son: o arroaz,

rorcual, candorca, cachalote, golfiño e balea vasca.

Page 32: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

31

Vento mareiro

Nivel: 5º e 6º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Recoñecer as partes principias dun barco. Potenciar o interese polo

mundo do mar. Coñecer o deseño dunha embarcación tradicional galega. Valorar

a historia, cultura e tradicións galegas.

Metodoloxía: Entregarase unha folla cun debuxo con números dunha Traiñeira a

cada alumno. Debaixo desta haberá unha listaxe con nomes referidos ás partes

dunha embarcación. Os rapaces teñen que relacionar os números da imaxe cos

nomes.

Page 33: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

32

Page 34: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

33

Obradoiros escolares

CURSO 2013-2014

Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da

Museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor

a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha

experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue

formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de

construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao

noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro.

A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes

bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os

bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus

estrutural:

Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de que é un museo. O

museo non só como contedor de obras de arte, senón máis alá: o museo como un

espazo de traballo onde ademais de conservar e expoñer o noso patrimonio,

Page 35: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

34

tamén se estuda, se investiga e se divulga o caudal artístico e cultural, patrimonio

de todos. Construída esta idea, que se erixe como os cimentos dunha casa, o

seguinte

Bloque 2: O Museo como relator de historias pretende ofrecer un catálogo

aberto de visitas no que a estrutura veña marcada polo concepto de Museo como

relator de historias. As obras de arte, ademais da información técnica, nárrannos

e suxírennos historias infinitas segundo a persoa coa que interactúen. As pezas

falan por si mesmas e todas en conxunto constitúen unha colección. Unha

proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos espazos naturais volven ser

os protagonistas.

Bloque 3: O Museo como retrovisor pon a énfase no espello retrovisor como

metáfora. Viaxamos polo presente avanzando cara ao futuro pero no que

centramos a mirada no retrovisor que nos mostra o noso pasado cunha

perspectiva arqueolóxica.

Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse

unha serie de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha

maneira práctica de afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras

para os escolares constitúese coma a mellor maneira de desenvolver a

capacidade de expresión e a creatividade no alumnado, sen esquecer o

compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice dunha maneira

espontánea.

CONCURSO-REDE

Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar

2013/2014, queremos presentar unha nova experiencia, o CONCURSO-REDE,

que nace cun dobre obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar á

Rede Museística e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a

escolares de 6.º de Primaria, pertencentes a centros educativos de toda a

provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición previa que se

formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede.

Page 36: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

35

CURSO 2014-2015

Para o curso escolar 2014-2015 e, outro ano máis, a Rede Museística

presenta un actualizado programa educativo, deseñado e pensado para todas as

etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade escolar

experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e gozar das

coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e

cultural da provincia de Lugo.

Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da

museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor

a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha

experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue

formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de

construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao

noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro.

Actividades deseñadas e elaboradas polo equipo dos departamentos de

didáctica do Museo Provincial de Lugo (Lucía Dequidt Lagares, Raquel Guerrero

Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, José Manuel Mendoza Castiñeira e

Paula Salinas Somoza), do Museo Fortaleza San Paio de Narla (Francisca Abuín

Page 37: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

36

e Ana Ferro), do Museo Provincial do Mar (Ángeles Miguélez e Amelia Pernas), e

do Museo Pazo de Tor (Tar López e Silvia Fiallega Lorenzo).

A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede

Museística Provincial e dos museos que a integran, desexa contribuír con este

programa a que o curso escolar 2014-2015 sexa de proveito e, sobre todo, a que

os museos sexan vehículo motivador para o coñecemento.

PROGRAMA

A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 4 grandes

bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica.

Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus

estrutural:

___Bloque 1: CREA O TEU MUSEO

Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde

o patrimonio artístico e cultural. Pero un museo é tamén un espazo que lle

pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a nosa

realidade. Como che gustaría que fosen os nosos museos? Que che gustaría que

contivesen os nosos museos?

Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que

entres e crees o teu museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos

profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa.

A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos

imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas

arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses

gregos. No museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e

anhelos. No museo podemos comunicar ideas.

Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia

do traballo que realizan os diferentes profesionais.

Obradoiro

Page 38: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

37

A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar de maneira

creativa a construción do seu propio museo a partir dun material que lle será

entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías, imaxes

deseñadas, etc.

Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primario. 1º ciclo da ESO

Duración estimada da actividade: 60 minutos

Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.

---Bloque 2: O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS

Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as

coleccións e seccións dos museos da Rede Museística.

Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere

ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser

visitadas, entendendo o museo como relator de historias. Nesta proposta aberta,

pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os propios

escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte. Son

experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a

través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo,

preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o

diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se

combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para

completar a visión da obra e contextualizala.

As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en

contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas

seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda,

descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, cerámica de

Sargadelos e … un longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese

facilitar a asimilación da información co fin de comprender e achegarse mellor ás

coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son

tamén un xeito atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a

Page 39: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

38

motivación e a súa atención dende o primeiro momento da visita.

Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

Duración estimada da actividade: 60 minutos

Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.

___Bloque 3: O MUSEO COMO RETROVISOR HISTÓRICO

Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar

vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa

cultura.

Ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primario. ESO

Duración estimada da actividade: 60 minutos

Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.

___Bloque 4: VIAXES POLOS MUSEOS DA REDE

SAFARI NA REDE

Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras

expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais

localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos,

etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos

correspondentes aos animais avistados durante o safari.

Ciclos/cursos: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primaria.

Duración estimada da actividade: 60 minutos.

Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.

VIAXE POR UN CADRO

Metodoloxía:. Metémonos dentro dun cadro e sen ver o que ven os que miran de

fronte temos que descubrir de que obra somos personaxes. Descubriremos

Page 40: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

39

figuras, formas e símbolos dalgunhas obras pictóricas expostas no museo.

Ciclos/cursos: 5º, 6º de Educación primaria e 1º de ESO

Duración estimada da actividade: De 70 a 80 minutos.

Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.

VIAXE AO LOMBO DUNHA BALEA

Metodoloxía: A cabalo dunha balea faremos unha viaxe polos seus hábitos de

vida (alimentación, reprodución, hábitat,...) e os usos que ao longo da historia o

home fixo dela.

Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

Duración estimada da actividade: 60 minutos.

Esta actividade pódese realizar no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo).

VIAXANDO COS FACEDORES DE BARCOS

Metodoloxía: Partindo dunha fraga na que buscaremos as madeiras máis

axeitadas faremos unha viaxe co carpinteiro de ribeira construíndo todas as pezas

que conformarán a nosa embarcación.

Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

Duración estimada da actividade: 60 minutos.

Esta actividade pódese realizar no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo).

Page 41: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

40

4.5 Obradoiros de verán

Vive o verán!

Os días de xullo e agosto son diferentes e máis luminosos, xeralmente

alleos a rutinas e maioritariamente de folganza e relax. Viaxamos, paseamos,

descansamos e tratamos de recuperar forzas e enerxía para a seguinte xeira

escolar ou de traballo.

Desde os museos da Rede Museística intentamos que o teu verán sexa,

ademais de entretido e divertido, proveitoso. A tal fin elaboramos un amplísimo

programa de actividades pensadas para todas as idades, desde os 4 aos 1.300

anos (de darse o caso) para que ninguén quede á marxe das propostas que os

nosos museos poden ofrecer. Obradoiros para que se exprese a túa capacidade

creativa, sexa cal sexa a técnica que máis che poida interesar (pintura, escultura,

gravado, musivaria, fotografía, muralismo, ourivería, música, cine …),

campamentos de arqueoloxía para que experimentes a emoción da descuberta do

pasado aínda oculto, traballos manuais para conseguir elaborar fermosas prendas

ou obxectos, desde un mosaico ata un abano. Tamén temos actividades arredor

da gastronomía e alimentación, ou para a aplicación de diferentes tecnoloxías que

nos van permitir coñecer mellor o medio e o mundo no que vivimos e como, se for

preciso, podemos influír para cambialo.

Page 42: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

41

Para elaborar este amplo programa que vos propoñemos tivemos en conta

as propostas dos membros dos clubs da Rede Museística, desde os máis cativos

de Pequeamig@s, os mozos e mozas do Club Ei! ata os máis veteranos do Club

Sénior. Todos eles e elas participan ao longo do ano en múltiples actividades nos

museos da Rede e do seu compromiso e experiencia aprendemos que os museos

son motores activos imprescindibles para o desenvolvemento social e cultural das

comunidades.

Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a través dos

museos integrados na Rede Museística adquirimos o compromiso de servir á

nosa sociedade, de usar os fondos que custodiamos para proveito de todos e

todas. Por iso cada un dos catro museos integrados na Rede Museística ten un

programa específico, adaptado ás especificidade dos seus fondos e dos grupos

ou colectivos interesados.

Unha proposta, en definitiva, que agardamos atraia tamén aos que non

teñen o hábito de visitarnos e para que á volta do estío digan connosco: Viva o

verán!

RUMBO NORTE V

MAR+E+ARTE_14

O mar é á vez terrible e fermoso, misterioso, máxico ... O seu poder de

atracción tráenos unha e outra vez á súa beira. Neste nova edición de Rumbo

Norte imos mergullarnos nas súas augas e miralo con outros ollos. Imos

reinterpretar o mar coa mirada da arte, a través de disciplinas como a arte urbana,

o cómic ou a maxia, que achegan as súas creacións ó público cunha linguaxe

máis próxima. Imos sacar a arte do museo, imos asolagar de arte a rúa!

Traballaremos sobre todo co concepto de arte urbana, a arte nacida na rúa, feita

por e para a xente. A arte urbana ou “street art” naceu como unha forma de

expresión, de comunicación directa coa comunidade.

Desde os anos 60 do pasado século, a arte urbana trata de captar a

identidade da comunidade á que pertence e establecer un diálogo con ela.

Converteuse nunha nova forma de arte sen complexos, libre de ataduras e

Page 43: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

42

regulamentos, que conseguiu transformar os espazos públicos en verdadeiros

museos ó aire libre.

Nosoutros tamén queremos sacar o museo á rúa, achegarllo á xente,

facelos partícipes activos da nosa comunidade, do museo como espazo de

creatividade. Imos interaccionar, reactivar, divertirnos, aprender, inspirarnos,

revolucionar, innovar, reinterpretar a arte, crear mundos imaxinarios...

Imos facer arte entre todos e accesible para todos.

Enredadores

Partindo do concepto de Rede Museística, de entre todos e para todos, e

reivindicando desde o Museo Provincial do Mar o irrefutable vencello entre o mar

e as redes, realizaremos unha intervención artística que terá como base un pano

de rede, do que iremos colgando todo aquilo que podemos sacar con unha rede

do fondo do mar, algas, peixes, medusas, tesouros, restos de naufraxios, …, pero

tamén lixo, residuos …, todo o que o ser humano está botando ao mar e que

pouco a pouco está acabando con el.

Pretendemos así pois facer unha intervención artística partindo da reciclaxe

de produtos de refugallo, e por outra banda concienciar ós nenos e nenas

participantes no obradoiro da importancia da reciclaxe e da conservación e

sostible do medio mariño.

Datas: 9, 10 e 11 de Xullo.

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos (os menores de 6 terán que vir acompañados dun adulto).

Page 44: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

43

Page 45: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

44

Page 46: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

45

Food foto fun

Neste obradoiro imos ensinar aos nenos o importante que é a alimentación,

que aprendan a manexar e recoñecer os distintos ingredientes alimentarios e a

espertar en eles a curiosidade pola cultura gastronómica. Nestes obradoiros

ensínase como preparar e compoñer dunha forma creativa distintos pratos e

realizar atractivas presentacións con eles. Faremos de fotógrafos culinarios, onde

se darán unas clases básicas de fotografía, iluminación con luz natural e

composición para que as creacións artísticas queden reflectidas dunha forma

atractiva visualmente. Despois realizaremos unha exposición con todas as

fotografías das creacións culinarias.

Data: 17 e 18 de Xullo.

Horario: de 11:00 a 13:00 h.

Idades: de 8 a 13 anos.

Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición.

Page 47: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

46

Page 48: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

47

Alfombras mariñeiras

Unha das misión dos museos é a de conservar o patrimonio material e

inmaterial dun pobo, por iso dende o Museo do Mar entendemos que é importante

transmitirlle ós máis novos a fonda tradición mariñá de elaborar alfombras florais

na honra da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. Deseñaremos a nosa

alfombra inspirándonos nalgunha peza ou escena do noso Museo, debuxos que

logo os participantes no obradoiro se encargarán de reproducir a maior tamaño na

alfombra, para posteriormente reenchela con diversos materiais, como sal ou

Page 49: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

48

serraduras tinguidos, herba, papeis, ou area, cunchas ou outros elementos

recollidos da praia.

Data: 23, 24 e 25 de xullo.

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos (os menores de 6 terán que vir acompañados dun adulto)

Page 50: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

49

Page 51: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

50

Page 52: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

51

Reproducións de pezas arqueolóxicas

Escavar, buscar, investigar, reconstruír e recompoñer, paso a paso o

obxecto desde a escavación. Se achega a vitrina o obxecto vello, estragado,

antigo. Toma nova forma coas reproducións e mostrase agora como un elemento

vivo. De paso, recuperamos as antigas técnicas dos nosos devanceiros.

Datas: 29, 30, 31 de xullo e 1 de agosto

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: de 8 a 12 anos

Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición.

Page 53: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

52

Page 54: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

53

Page 55: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

54

Museoterapia. Onde todo é posible

Transcribindo emocións da cor na escuridade.

Data: 6 agosto

Horario: de 12:00 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 65 anos

Prazas: 25 asistentes, por orde de inscrición.

Responsable: Encarna Lago González, xerente da Rede Museística.

Page 56: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

55

Page 57: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

56

H2o Ginkana

Agora toca xogar coa auga, imos mollarnos! (se o tempo nos deixa)

Data: 6 agosto

Horario: de 17:00 a 18:30 h.

Idades: de 6 a 14 anos

Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición.

Responsable: Susana Álvarez.

Page 58: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

57

Page 59: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

58

Un mar de maxia

Impartido polo Mago Joge (Jorge Rivero). O mar está cheo de segredos

ocultos, de lendas e seres feiticeiros. Así que vamos converternos en magos por

un día! Coa colaboración do mago Jorge Rivero descubriremos as artes máxicas

agochadas no noso museo...

Data: 7 agosto

Page 60: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

59

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos

Page 61: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

60

Os saberes da cociña. Un chef artista: “Os alimentos da túa contorna”

Trátase dun obradoiro gastronómico: alimentación saudable, identificación

e etiquetado dos alimentos, as D.O. da provincia (aplicado a cada zona),

creatividade na cociña, agroecoloxía e soberanía alimentar. Acompañarase a

actividade con elementos audiovisuais (contos, cartaces, animación …).

Page 62: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

61

Data: 8 agosto

Horario: de 12:00 a 14:00 h.

Idades: de 10 a 14 anos

Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición.

Page 63: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

62

Page 64: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

63

Arte na rúa

Neste obradoiro imos sacar o museo á rúa, para reivindicar a importancia

da arte urbana como medio de expresión e de comunicación directa co cidadán.

Realizaremos un mural de grande formato no exterior do museo, unha

intervención artística coas técnicas da arte urbana. Imos abrir unha porta á

imaxinación e crear ese mundo máxico que agochan as profundidades do mar.

Data: 12, 13 e 14 agosto

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos

Page 65: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

64

Page 66: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

65

Page 67: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

66

Page 68: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

67

Page 69: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

68

Cómic ao “NORDÉS”

Impartido por Kike J. Díaz. Kike J. Díaz, autor do cómic “Nordés”, colabora

connosco para amosarlle ós rapaces como se fai un cómic, ou como se contan

historias a través dos debuxos.

Page 70: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

69

Data: 15 de agosto

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: de 8 a 14 anos

Presentación do cómic ao “NORDÉS”, por Kike J. Díaz

Data e hora: 15 de agosto, ás 19:30 h.

Page 71: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

70

Page 72: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

71

Page 73: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

72

Cangrexeando

Como fin de festa imos recupera unha das actividades de anos anteriores

con máis seareiros: imos ir coller cangrexos á ría con zarandas. Os nenos terán

que traballar por parellas, poñerlle o engado á zaranda e, sobre todo, mollarse!

Os cangrexos capturados nesta costeira serán devoltos ó mar, como un xesto de

respecto e coidado do medio mariño.

Data: 16 agosto

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos (actividade familiar)

Page 74: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

73

Page 75: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

74

A miña primeira película (sen cámara)

Este é un obradoiro práctico de cinema sen cámara. Ensinarannos a facer

películas sen cámaras, empregando técnicas propias das artes plásticas

aplicadas sobre o celuloide.

Data: 21 agosto

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: de 4

a 14 anos

Page 76: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

75

Page 77: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

76

Page 78: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

77

4.3 Obradoiros de Nadal

Cando un novo Nadal peta á porta concédese licenza xeral para fantasiar.

Temos dereito, e necesidade, de concedernos uns días liberados de rutinas e de

obrigas supostamente ineludibles. Unha oportunidade para facer balance e

reconducir, se for preciso, o rumbo das nosas vidas. E puntualmente, como cada

ano, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo achegámosche un

programa de obradoiros e actividades tentando contribuír, na medida das nosas

posibilidades, ao teu lecer creativo. Ademais, neste remate do ano 2014 temos á

túa disposición a exposición “Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede

Museística”, un proxecto comunal dos catro museos que integramos a Rede para

lembrar que os soños son a materia prima da creatividade.

Page 79: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

78

Que o ano 2015 nos acolla coa mellor disposición, e que sexa unha

oportunidade para que ese soño que pende da túa ilusión, prenda en ti. Este é,

por enriba de calquera outro, o desexo que queremos compartir desde aos

museos da Rede e desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Obradoiro: Xogando con Catarina

Obradoiro de elaboración de diferentes tocados e sombreiros así como dos

adornos empregados na súa confección: plumas, broches, encaixes …

Imparte: Mª del Rosario Fernández González

Idades: de 6 a 12 anos.

Datas: 30 de decembro

Horario: de 11:00 a 14.00 h.

Prazas: 20

Page 80: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

79

Page 81: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

80

Obradoiro: Navegando coas estrelas

Durante séculos os navegantes guiáronse unicamente polas estrelas para

alcanzar os seus destinos.

Do mesmo xeito os Magos de Oriente servíronse delas para atopar ó

Mesías.

Nos imos tamén a buscar as mensaxes que se ocultan entre as estrelas.

Idades: de 4 a 14 anos e Club Pequeamig@s da Rede Museística.

Datas: 2 de xaneiro de 2015

Horario: de 11:30 a 13.00 h.

Prazas: 20

Page 82: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

81

Page 83: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

82

Obradoiros: Entre o sono e o soños

A palabra “soño”, segundo o Dicionario da Real Academia Galega,

significa, na súa primeira acepción “aquilo que un imaxina durante o sono,

percibíndoo coma se fose real”, e como segunda acepción “aquilo ao que un

aspira ou que un desexa moito”.

Os soños sempre foron materia artística, tanto causa como consecuencia

da mesma. Deste xeito e como proposta de participación, propoñemos diferentes

obradoiros segundo as idades dos usuarios dos distintos museos da Rede

Museística Provincial, atendendo sempre aos ritmos de cada un.

Todos os obradoiros partirán de materiais procedentes da exposición “Entre o

sono e o soños. Soñar para crear na Rede Museística” que se amosa no Museo

Provincial de Lugo desde o pasado 19 de novembro. A partir deste referente, os

participantes crearán os seus propios soños cunha perspectiva artística, sendo o

máis importante o feito de compartir.

-Casting: a lúa

En dúas horas e a partir de diferentes xogos, os Pequeamig@s construirán

teatralmente os seus soños co obxectivo final de chegar á lúa: alí onde todo é

posible.

Idades: de 4 a 14 anos e Club os Pequeamig@s da Rede Museística

Datas: 26 de decembro.

Horario: de 12:00 a 14:00 h.

Prazas: 20

-Soños artísticos

Construír os soños e atopar o xeito de acadalos nunca foi doado. Pero se

algo está claro é que temos a obriga de seguir soñando. Neste obradoiro

ofrecerémosche un achegamento interdisciplinar ao mundo dos soños para, a

Page 84: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

83

partir dos mesmos, crear novas construcións artísticas ou, cando menos, poñer o

comezo das mesmas.

Idades: de 14 a 25 anos en adiante e Club Ei! da Rede Museística

Datas: 26 de decembro

Horario: de 16:30 a 18:00 horas

Prazas: 20

-A túa palabra, o noso soño

Os soños poden construírse, fabricarse, xogarse, xogar a soñar, soñar que

todo é posible … incluso chegar á lúa e bailar arredor dela. Acompáñanos coa túa

historia e a túa palabra nesta viaxe singular ao redor do mundo dos soños.

Idades: Club Sénior da Rede Museística

Datas: 26 de decembro

Horario: de 16:30 a 18:00 horas

Prazas: 20

Page 85: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

84

Page 86: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

85

Colgando soños

O Nadal é unha época na que todos estamos cheos de bos desexos e

intencións, en realidade de soños. Se soñamos espertos e deixamos que todos

descubran os nosos soños quizás se fagan realidade.

Idades: de 14 a 14 anos e Club Pequeamig@s da Rede Museística

Datas: 27 de decembro

Horario: de 11:30 a 13:00 horas

Prazas: 20

Page 87: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

86

Page 88: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

87

Page 89: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

88

-Harmonía dun soño

Neste obradoiro ensinarémoslle ós nosos nenos a desenvolver todos os

sentidos a través de diferentes xogos, para que favorezan neles a concentración,

o autocontrol e incentivar tamén o seu potencial creativo. Aprenderemos a

coordinar movementos e posturas, a respirar…

Para rematar, intercambiarán entre eles un desexo escrito e debuxado nun

papel para facer un pequeno soño realidade que eles mesmos imaxinarán.

Idades: de 4 a 14 anos e Club Pequeamig@s da Rede Museística

Datas: 20 de decembro

Horario: de 12:00 a 13.30 h

Prazas: 20

-O soño dun tal Pilates

Con esta actividade imos descubrir a historia de JOSEPH PILATES

HUMBERTUS (1883-1967), un home que sen ter nada conseguiu sacar adiante

un soño dentro dun campo de concentración. Traballaremos o corpo e cada un

poderá recoñecer que é capaz de facer cousas que nunca imaxinou,

aprenderemos que cos movementos do noso corpo, coa respiración, podemos

aumentar a nosa capacidade pulmonar e mellorar o noso benestar. Liberaremos a

tensión da nosa espalda e tentaremos correxir a nosa hixiene postural.

Idades: Adultos e Club Sénior da Rede Museística

Datas: 20 de decembro

Horario: de 16:30 a 18.00 h.

Prazas: 20

Page 90: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

89

Page 91: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

90

Obradoiro: O noso soño nas túas mans

Co a chegada do novo ano queremos facer visibles os nosos propósitos

para que coa axuda de todos se convirtan en fermosas realidades.

Idades: de 4 a 14 anos e Club Pequeamig@s da Rede Museística.

Datas: 3 de xaneiro de 2015

Horario: de 11:30 a 13.00 h.

Prazas: 20

Page 92: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

91

Page 93: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

92

Page 94: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

93

4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos

Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede

Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das

súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da

sociedade.

A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede

e foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que

se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás

súas coleccións.

Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o

noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como

para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en

experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir

e compartir.

A programación é trimestral para os meses de marzo, abril e maio e os

Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos seguintes principios:

Page 95: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

94

1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de

obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo.

2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a

creatividade individual e colectiva.

3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo.

4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia

5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral.

6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar.

7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian

novas capacidades cognitivas:

a. Aprender a coñecer

b. Aprender a ser

c. Aprender a vivir xuntos

d. Aprender a facer

UN PINGüÍN NO MUSEO

Obxetivo. Aprender as diferencias entre o polo Ártico e o Antártico no referente a

tamaño,morfoloxía, flora, fauna..

Page 96: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

95

CAIXAS CHEAS DE ….

Obxetivo. Descubrir a orixen da celebración do día de San Valentín e facer

tarxetas en forma de caixas para escribir ou pintar mensaxes as persoas

queridas.

Page 97: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

96

Page 98: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

97

PESCUDANDO E CREANDO

Obxectivo: Investigar a tradición do Entroido na Mariña, facer un disfrace, e ser

membros dun grupo no que colaborar uns con outros

Page 99: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

98

A MULLER MARIÑEIRA NO MUSEO

Obxectivo: Coñecer a dureza da vida da muller mariñeira.Aprenderemos a ser

membros dunha sociedade igualitaria e a vivir todas as persoas xuntas

colaborando na procura dun mundo mellor.

Page 100: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

99

Page 101: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

100

OS SABERES DA COCIÑA: DO LUME Á VITRO PASANDO POLA LAREIRA

Obxectivo: Analizar a importancia do descubrimento do lume para o

desenvolvemento do home, e a evolución da forma e das técnicas de cociñar,

ademais aprenderemos a facer maquetas de cociñas de ferro, vitrocerámicas ou

lareiras.

Page 102: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

101

Page 103: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

102

Page 104: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

103

Page 105: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

104

ESCOITANDO Ó MUSEO

Obxectivo: Apreciar todos os sentidos e recoñecer sons que identificar con pezas

do Museo, vivindo xuntas e xuntos esta experiencia e colaborando na procura das

pezas.

Page 106: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

105

UN MAR DE LIBROS

Obxectivo: Transformarse en lectores e apreciar as sensacións que invade a nosa

mentes a través das mensaxes que nos transmite a palabra escrita e elaborar un

marcador de páxinas para os nosos libros.

Page 107: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

106

OBRADOIRO PEQUE-GUÍA POSTAL DA MARIÑA

Achegámonos a a Maruja Mallo, esta pintora viveirense e á súa obra;

soupemos que é unha beca, repasamos á xeografía e a historia da Mariña,

rebuscamos os lugares, as paisaxes, os sabores, as festas, as actividades lúdicas

e deportivas que máis nos gustan dela e plasmándoos en debuxos, aprendimos a

enviar tarxetas postáis e, coma sempre, pasámolo de fábula.

Page 108: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

107

Page 109: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

108

Page 110: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

109

OBRADOIRO MERGULLÁNDONOS NO SAMAÍN

No Museo do Mar quixemos lembrar a suposta tradición Celta arraigada na

Mariña de celebrar o Samaín, e como non tiñamos nabos para valeirar e esculpir,

fixemos cunchas fantasmas.

Para rematar fixemos unhas cascudas de galletas e uns dedos

ensanguentados. Festa completa.

Page 111: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

110

OBRADOIRO CADERNO DE BITACORA

Obxetivo: Os navegantes tiñan e teñen que deixar constancia escrita de todos os

acontecementos que suceden no transcurso de cada singladura, e facíano no

Diario de Navegación.

Examinaremos diversos destes diarios para descubrir as peculiaridades dos

mesmos, percatándonos da importancia de deixar memoria daqueles feitos que

acontecen a diario e que nos van marcando.

Page 112: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

111

5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL

5.1. Programa da Terceira Idade

Ninguén como as persoas maiores de San Cibrao, isto é a terceira idade,

pode valorar o patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa

que era o seu medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os

encomendados de traspasar o noso legado a outros conecllos, iso é o que imos a

facer cos nosos visitantes da terceira idade, que se acercan a nós a través do

Club Senior.

Obradoiros Club Senior

MEMORIAS DO ANTROIDO DA MARIÑA

Fermosísima xuntanza do Clube Sénior no Museo do Mar, lembrando

aqueles entroidos da súa mocidade e da súa nenez, con aroma a orellas e filloas,

e a fume de lareira na que os avós contaban outros aínda máis antigos.

Page 113: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

112

OS SABERES DA COCIÑA

Arredor dunha mesa, e cunha fonte de torrixas propias destas datas, os

membros do Club Senior do Museo do Mar, rememoraron os aromas daquelas

noites de inverno, sentados no escano ao carón do lume contando contos e

facendo pequenas labores mentras cocían os pucheiros.

Tixolas, potes, caldeiros de porcelana para ir buscar a auga á fonte saíron

na conversa, neste espazo que foi a escola de moitos deles e agora é o museo de

todos.

Page 114: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

113

AS FESTAS DO FRIO

O Club Senior do Museo do Mar xuntóuse para recordar as Festas do Frío,

aqueles magostos na casa, asando as castañas nunha tixola vella no lume da

lareira, o cocido que se facía para o San Andrés, que era o patrón de San Cibrao,

e que era “festa de invitados”, e logo baile no Miramar,e xa despóis chegaba o

Nadal, con media pastilla de turrrón do duro e media da do brando e unas cantas

bágoas polos pais, os fillos, os mozos que estaban no mar .

Page 115: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

114

5.2. Semana dos museos

Page 116: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

115

Como cada ano, con motivo do Día Internacional dos Museos (18 de maio),

a Rede Museística da Deputación de Lugo prepara un amplo programa nos

diferentes museos que integran esta Rede con actividades que se van

desenvolver durante a semana que promedia entre o luns 12 e o domingo 18 de

maio. Nesta ocasión, o programa realizouse coa participación de máis de 150

persoas, a través dos clubes da Rede e de varios grupos sociais, nun intento de

facer museos comunitarios, imbricados coa sociedade e para todos.

Dentro de esta semana, na que tamén celebramos o Día das Letras Galegas e

a Noite dos Museos, teremos un amplo e variado programa de actividades

repartidas polos catro museos que integran a Rede Museística da Deputación de

Lugo, atendendo as diferentes idades. Contaremos, ademais, coa presentación

do Club Ei!, que vén complementar, neste caso para a xente moza, as propostas

do resto de clubes que xa están funcionando na Rede como é o caso do Club

Pequeamig@s e do Club Sénior.

O Club Ei! continuará coas súas actividades máis alá desta Semana dos

Museos 2014, con diferentes actividades arredor de temas como o cinema,

creación audiovisual, fotografía e obradoiros de deseño de tatuaxes e lettering, ou

charlas de novos creadores tanto lucenses como do resto do país.

Xoves, 15 de maio

10:00 h. (saída de Lugo)-Rutas Medievais polos museos da Rede, a cargo do

Club Ei! Para mozos e mozas entre 18 e 30 anos. Regreso á Lugo ás 20:00 h.

11:00 h.- Durante esta xornada visita e obradoiros dos membros do Club Sénior.

20:00 h.-Presentación do libro "De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do

Priam”, de Fernando Patricio Cortizo.

Venres, 16 de maio

17:00 h.-Presentación e entrega de Os saberes da cociña da Mariña, creado a

partir das receitas achegadas polos membros do Club Sénior do Museo Provincial

do Mar.

20:00 h.-Conferencia: Os pesqueiros galegos na Segunda Guerra Mundial, a

cargo de Juan Carlos Salgado.

Page 117: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

116

Sábado, 17 de maio (Día das Letras Galegas e Noite dos Museos)

17:00 h.- Obradoiro Club Pequeamig@s, compartindo lecturas e realizando

marcadoresdo .

19:00 h.- Conferencia: O son da historia, por Paco Nieto.

Domingo, 18 de maio (Día Internacional dos Museos)

Xornada dedicada a homenaxear aos coleccionistas que fixeron posible a

creación deste Museo.

De 11:00 a 14:00 h.- Animación nas rúas de San Cibrao para convidar xente a

visitar o Museo Provincial do Mar.

12:00 h.- Encontro cos fundadores do Museo: entrega da foto conmemorativa e

xantar de confraternidade.

12:30 h.- Foliada a cargo do grupo Airiños da Freba.

16:00 h.- Fallo e entrega dos premios do “I Concurso Rede Museística da

Deputación de Lugo”.

Page 118: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

117

Page 119: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

118

Page 120: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

119

5.3. Museoloxía social

Culturas en diálogo. Diálogo intercultural: Lugo-Arxentina

Co a mirada posta en Arxentina a Área de Cultura e Turismo da Deputación

de Lugo, Vicepresidencia primeira, a través da súa Rede Museística, en

colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo e Tango Club Galicia

presentan o programa Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina baixo as liñas de

Museoloxía social e do diálogo intercultural. A elección deste país ven marcada

primeiro por ser un dos principais países de acollida dos homes e mulleres

emigrantes galegos. En segundo lugar, porque gardou e propiciou a cultura

galega durante o exilio de intelectuais e artistas galegos como Maruja Mallo,

Castelao, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Núñez Búa, Otero

Espasandín, Laxeiro, entre outros. Foi tamén terra fértil para a creación dun tecido

organizativo e creativo baseada no compromiso, a solidariedade e o valor da

orixe. Produto diso son os centos de asociacións de emigrantes, así como as

editoriais, xornais, revistas, programas de radio e un variado abano de iniciativas

culturais que durante anos foron o garante na defensa e promoción da nosa

identidade cultural galega.

Igualmente, xa que o Consulado de Arxentina tivera sede en Lugo ata

1952, queremos coñecer o colectivo de arxentinos que viven en Lugo aos que

como parte da nosa sociedade queremos dar voz para fomentar un intercambio

de culturas, un diálogo sobre o que compartimos e o que descoñecemos, en

Page 121: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

120

definitiva, para visibilizar outras realidades que forman parte da nosa comunidade.

E dentro deste programa, a muller emigrante terá un papel sobresaínte,

especialmente na propostaMulleres de Aquí e Dacolá que reúne as coordenadas

do programa: Muller/Emigración/Galiza/Arxentina.

E de fondo, o Tango, declarado Patrimonio cultural inmaterial de la

Humanidade pola UNESCO en 2009, consigue falarnos, con beleza e emoción,

de xénero e de emigración. E para iso contamos cun evento único en Galicia o V

Encontro de Tango Líber.

O programa ten un carácter internacional e aberto polo que todas as

actividades terán un acceso web utilizando activamente as redes sociais como

medio de participación e nalgúns casos poderán seguirse os eventos

en streaming.

Forma parte do programa “A arte de ser muller nun mundo por compartir

5.0”

Page 122: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

121

Page 123: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

122

Page 124: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

123

Page 125: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

124

Page 126: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

125

Page 127: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

126

Page 128: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

127

Page 129: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

128

Page 130: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

129

Page 131: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

130

Page 132: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

131

MATEADA COA ASOCIACIÓN DE RIOPLATENSE DE LUGO

Page 133: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

132

PRESENTACIÓN DOCUMENTAL CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO-

ARXENTINA.

Page 134: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

133

MESA REDONDA: CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO-ARXENTINA

Page 135: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

134

Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero

O Voo das bolboretas, acción en contra da violencia de xénero

No marco do Proxecto “Culturas en Diálogo” levado a cabo pola Rede

Museística da Deputación de Lugo, o venres, 21 de novembro de 2014, ás 12:00

h., tivo lugar un evento interactivo entre Arxentina e Lugo.

Neste encontro, mulleres, nenas e nenos de Coronel Suárez (provincia de

Bos Aires), e outras vilas veciñas, que están preparando a acción “O Voo das

Page 136: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

135

bolboretas” van interactuar online coa comunidade da Rede Museística de Lugo,

para intercambiar experiencias no desenvolvemento desta acción contra a

violencia de xénero. Participará xente que estivo construíndo bolboretas en

Arxentina e en Lugo, e se reflexionará sobre a capacidade da arte para incidir na

sociedade e na fortaleza e o ánimo das vítimas de violencia para saír do maltrato.

O Voo das Bolboretas é unha acción creada por Luz Darriba que se fará

en Arxentina, intervindo con milleiros de bolboretas a cidade de Coronel Suárez, e

se replicará en Lugo (enchendo de bolboretas a Praza Maior; as bolboretas serán

feitas por asociacións locais, participantes dos cursos do Museo Provincial,

achegas de distinto tipo, etc), no marco do Programa da Rede Museística

“Plántalle cara ao maltrato”

Día internacional das persoas co discapacidade

O departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede

Museística da Deputación de Lugo organiza un programa de actividades para a

tarde do día 3 de decembro de 2014 con motivo do “Día Internacional das

Persoas con Discapacidade”. Nesta ocasión, ademais da inauguración da

exposición “IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade”, son

os clubs activos nos catro museos da Rede,Pequeamig@s, Ei! e Sénior, os que

Page 137: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

136

se mobilizan para achegarse ao MPLugo e participar no obradoiro “Museos

Comunitarios” que se vai desenolver segundo o programa seguinte:

Programa

De 16,30 h. a 19:30 h.- Obradoiro: Museos Comunitarios, a cargo de Encarna

Lago, xerente da Rede Museística, e Ángeles Miguélez, do departamento de

Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística.

Lugar: Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. No marco da exposición

“Entre o sono e o soños. Crear para soñar na Rede Museística.”

16:30 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas

que se achegan desde o Museo Pazo de Tor.

18:00 h.-Saúdo de Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e

Turismo da Deputación de Lugo, que fará entrega, xunto con Encarna Lago,

dunha reprodución do fito fundacional da cidade de Lugo a todos os integrantes

do tecido asociativo da provincia de Lugo vinculado á discapacidade, así como

tamén aos membros dos clubs da Rede Museística.

18:10 h.-Manifesto, exposición a cargo de Ángeles Miguélez, do departamento de

Accesibilidade e Capacidades Diferentes.

18:15 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas

que se achegan desde o Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de

Narla e Museo Provincial de Lugo.

19:00 h.- Inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre

Discapacidade Fundación Anade”, na Sala Multiusos do MPLugo.

Esta exposición, que vai permanecer aberta ao público ata o día 10 de decembro

de 2014, tamén amosa as obras premiadas no III Premio de Artes Plásticas

realizadas por Persoas con Discapacidade convocado pola Fundación Anade.

Premios: IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade

1º Premio: Asociación APAM (Madrid)

2º Premio: Á serie presentada pola Fundación Discal (Arxentina)

Page 138: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

137

3º Premio: Á serie presentada polo Taller de Fotografía ASAPME (Huesca)

Formaron o xurado Ángeles Mayra, Peter Schneider, Germán Limeres, María

Quiroga e Aurelia Balseiro.

FOTOGRAFÍA A CEGAS II

Unha aventura que percorre os catro museos da Rede Musistica e as súas

contornas, con obradoiros e experiencias para os que “sen ollos” queren ver e

sentir. Nesta edición, dirixida pola xerente da Rede, Encarna Lago, e asesorada

tecnicamente por Ángeles Miguélez, interveñen os fotógrafos e/ou profesionais do

vídeo Iago Eireos, Germán Limeres, Antonio López Losada, Xosé Reigosa, Mario

Fernández, Henrique Lama e Josetxu Piñeiro.

Fotografía a Cegas, buscar outras realidades, entender a fotografía como

unha ferramenta próxima, que pode utilizarse sen ollos, sen necesidade de ver o

que se ten diante, senón buscando o que se sente ou se pensa, rebuscando para

mostrar a inquietude que responda un reflexo persoal nun medio case hostil

guiado pola luz, que permite dialogar co que está oculto. Á fin e ao cabo ese é o

principio básico de calquera medio de expresión, reflectir unha inquietude, buscar

respostas dentro da capacidade comunicativa e expresiva e sementar o reflexo

interior de cada individuo

Page 139: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

138

A Fotografía é quizais dentro das disciplinas artísticas a antítesis da

ceguera, noutras linguaxes artísticas é común que persoas cegas atopen a súa

vocación, fácil atopar un cego músico ou literato, cun oído e verbo altamente

desenvolvido, un cego escultor ou pintor, guiado polo tacto e o relevo, e menos

común pero non tan estraño é atopar a un fotógrafo cego.

Existen precedentes de resonancia internacional que demostran a

capacidade de manexar o medio fotográfico na total escuridade, buscando na súa

situación persoal un discurso que os identifique, son os exemplos de Evgen

Bavcar ou Pete Eckert, fotógrafos cegos que demostran coa súa obra outro modo

de vivir e experimentar a fotografía, artistas que coa súa obra persoal

penetráronse nun mundo descoñecido, atrevéndose a pintar un lenzo en negro

con pinceles de luz

A verdadeira grandeza desta experiencia de aproximación ao mundo visual

a través da fotografía para unha persoa que descoñece as linguaxes visuales,

xorde no momento de compartir unha imaxe, un cego pode realizar unha

fotografía polos seus propios medios, sentir a calor e orientación do sol, oír e

percibir distancias, falar e escoitar o instante, tocar, buscar e situar, en definitiva

meditar unha imaxe, un instante que pretenda construír e recordade cos seus

sentidos, recreando unha atmosfera persoal, o resultado final compártese e

coméntase, non deixa de ser un traballo colaborativo onde un ofrece a súa obra e

a súa experiencia persoal e a cambio outro responde prestando a súa visión e

opinión, un intercambio que non queda tan só no papel fotográfico e convértese

nunha obra que deixa de ser estrictamente visual e penétrase na expresión oral,

onde ademais de compartir e reflectir unha imaxe analízase e extrae a parte

cognitiva e sensible do instante, queda patente a intención orixinal e debátese a

experiencia e o resultado desde ángulos varios.

TALLERES

Taller 1: A expresión non visual na fotografía

Imparte: Iago Eireos

Taller 2: Creación audiovisual para cegos

Page 140: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

139

Imparte: Mario Fernández, Josetxu Piñeiro e Henrique Lamas

Taller 3: Fotografía dende a percepción

Imparte: Toño de López (Antonio López Losada)

Taller 4: Fotografía de retrato. Outra forma de retratar

Imparte: Xosé Reigosa e Germán Limeres

Dirección do proxecto:Encarna Lago

Asesora técnica: Ángeles Miguélez

Profesionais fotografía e video

Iago Eireos

Germán Limeres

Antonio López Losada

Xosé Reigosa

Mario Fernández

Henrique Lama

Josetxu Piñeiro

Persoal da Rede Museística Provincial involucrado no proxecto

Francisca López Abuín

Ana Covadonga López-Boado Rey

Ana María Ferro Fernández

Raquel Guerrero Prieto

María González Rivada

Almudena López Lorca

Juan Ignacio Márquez Barros

Amelia Pernas García

Ángeles Rivada González

Mercedes Salvador Castañer

Pilar Yáñez Lombardía

Page 141: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

140

Page 142: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

141

Page 143: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

142

Page 144: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

143

Page 145: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

144

Page 146: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

145

Page 147: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

146

MUSEOS PÚBLICOS 25.2

"Unha sociedade xúlgase polo estado das súas prisións"; esta idea de

Albert Camus cambia o foco de atención e fai visible unha realidade que durante a

historia permaneceu baixo a penumbra de muros, ao mesmo tempo que outorga a

responsabilidade última á sociedade a través das súas institucións públicas.

O proxecto "Espazos públicos de visibilidade" dentro do macroproxecto

"Enredarte” asume esta responsabilidade dende o concepto de museoloxía social

como práctica de intervención e pretende traspasar e derrubar muros como

estratexia para a transformación da realidade. A iniciativa “Museos públicos 25.2”

ten como obxectivo achegar os museos a colectivos que non son,

tradicionalmente, usuarios destes e o de colaborar na integración social a través

dá cultura. Un proxecto que se establece un diálogo bidireccional entre todas as

partes participantes que se estrutura en varias fases de desenvolvemento: visita

dos profesionais dos museos ao centro penitenciario, e a presenza dos

participantes nos nosos museos a través de mostras con traballos realizados no

centro penitenciario.

Page 148: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

147

Dende a Rede Museística Provincial de Lugo defendemos e apostamos

pola Museoloxía Social baixo o concepto de "Museo e comunidade: un museo

para todas e todos, entre todas e todos", o que implica tomar conciencia de que

traballamos e xestionamos diñeiro públicos e non podemos restrinxir o acceso á

cultura, antes ben, temos deber de amplificalo, acrecentar a capacidade da Rede

de museos como espazo educativo e de investigación, para abrirnos a novos

públicos, para crear redes de traballo con outras institucións e con axentes

artísticos, sociais e culturais do noso ámbito, nun ámbito que debe ser totalmente

descentralizado. Baixo este prisma traballamos con unha comunidade xeográfica

na que non existe un gran público maioritario, senón moitos públicos minoritarios

diferenciados, con intereses, gustos e formacións distintas e que a súa voz está

presente nos catro museos da Rede:

O Museo Pazo de Tor, un museo da memoria, un museo da emoción, un

museo onde ás persoas aínda lles é posible ler o espírito do lugar, non só os

feitos históricos. Un museo auténtico, palpable e orixinal.

O Museo Fortaleza de San Paio de Narla que atesoura o legado dunha

comunidade gandeira e agrícola. Unha Fortaleza non por iso inaccesible.

O Museo Provincial do Mar ten ao mar, aos mariñeiros e ás redeiras como

o seu mellor narrador e elemento esencial da súa identidade, dende o seu

nacemento como escola.

O Museo Provincial de Lugo que nace co fin de reunir e protexer os bens

do noso patrimonio cultural lucense ata chegar á colección actual. Ábrese a unha

comunidade urbana, educativa, artística, investigadora e asociativa que demanda

e recibe unha resposta ás súas inquietudes e necesidades.

O proxecto global ENREDARTE concíbese para dar resposta real a esta

filosofía. O Macroproxecto aglutina cinco iniciativas diferentes que teñen como

denominador común o seu carácter participativo e dinámico e que conflúen nun

mesmo obxectivo: facilitar espazos para a difusión e promoción das artes

"Espazos públicos de visibilidade" confórmase como un dos proxectos cuxo

obxectivo xeral é o de dar voz a todo aquel con algún tipo de inquietude ou idea

artística, en calquera disciplina, e que non teña acceso a un espazo público para

Page 149: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

148

desenvolverse. Nós, como Museo e servizo público, quixemos ofrecer esta

oportunidade a toda a comunidade creativa que nos rodea e dar visibilidade ao

seu labor. Nos catro museos da Rede.

“As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán

orientadas cara á reeducación e reinserción social e non poderán consistir en

traballos forzados. O condenado a pena de prisión que estiver cumprindo a

mesma gozará dos dereitos fundamentais deste Capítulo, agás os que se vexan

expresamente limitados polo contido do fallo condenatorio, o sentido da pena e a

lei penitenciaria. En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e aos

beneficios correspondentes da Seguridade Social, así como ao acceso á cultura e

ao desenvolvemento integral da súa personalidade”. (Artigo 25.2 da Constitucion

Española)

Baixo estas premisas, o Museo Provincial de Lugo (integrado na Rede

Museística Provincial) e o Centro Penitenciario de Bonxe colaboran nun proxecto

que consta de tres fases e nas que se programan diversas iniciativas nas que nun

primeiro momento achegamos a realidade museística aos reclusos participantes

para nunha segunda fase outorgarlles o protagonismo e a responsabilidade aos

participantes e que sexan eles quen coa súa experiencia vital e as súas

expresións artísticas rompan as barreiras e accedan a un espazo negado para

eles na súa situación de recrutamento.

I FASE: COÑECE OS NOSOS MUSEOS

Visita ao Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo) que se realizou por primeira

vez no mes de xuño de 2013, na que participan a xerente da Rede Museística da

Deputación de Lugo, Encarna Lago, xunto a Lucía Dequit e Francisca Abuín,

persoal do departamento de Didáctica da Rede, para dar a coñecer aos reclusos

deste centro os museos lucenses e os contidos a través dunha charla dialogada,

complementada con diversas actividades creativas.

Page 150: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

149

A visita organízase nas mesmas condicións nas que se encontran os

reclusos; é dicir: carencia de recursos. No ámbito museístico estamos afeitos ás

novas tecnoloxías como unha ferramenta máis de comunicación. Cando entramos

nun centro penitenciario e traspasamos a liña de seguridade todos estes

privilexios son negados ata o punto de deixar de importar; deixan de ser útiles.

Neste reto o noso labor ten un carácter experimental e creativo. Debemos

conseguir achegar a Rede Museística con unha das ferramentas máis antigas da

comunicación: a oralidade e o diálogo fóra de prexuízos.

II FASE: TRASPASAR MUROS. ROMPER BARREIRAS

Nesta segunda fase do Proxecto, cámbiase o foco de atención co fin de

visibilizar o labor creativo dos participantes-reclusos. Trátase dunha exposición

dos traballos realizados polos reclusos do Centro Penitenciario de Bonxe. A

mostra dos traballos presentados constitúese como unha manifestación de

obxectos producidos en espazos privativos de liberdade e privilexios. Esta mostra

reivindícase na esencia mesma da creatividade que vén definida pola capacidade

para crear cousas novas e valiosas e que pode manifestarse de múltiples formas,

pero en ningún caso ser privativa. A creatividade debe satisfacer tanto ao seu

creador coma a outras e outros durante algún período; crear arte para transformar

a realidade; crear arte como un acto de liberación do individuo e romper coas

barreiras; emprender a liberación dentro e fóra dos muros; visibilizar como un acto

de expresión.

Nesta fase destacamos dous feitos que consideramos de especial

relevancia; por unha parte destacar a importancia da coordinación que se mantivo

co traballador social que comparte o día a día cos reclusos. No seu testemuño dá

constancia das condicións e os recursos materiais cos que traballan as persoas

que voluntariamente acoden ao taller artístico. Debemos imaxinarnos ese espazo;

libre de obxectos cortantes ou outros elementos que poidan atentar contra a

seguridade e integridade física, tanto dos propios reclusos coma das persoas que

velan por eles. Nesta situación a imaxinación e a creatividade teñen as portas

abertas e as obras resultantes son dun valor incalculable, non só por como están

creadas senón máis ben polo caudal afectivo e vivencial que atesouran, en cada

Page 151: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

150

detalle, en cada forma, en cada estrutura. E en segundo lugar destacar o feito

concreto que supuxo para os participantes ocupar un espazo físico do museo con

identidade colectiva e individual e que normalmente non figuran nas lendas de

ningún museo de ámbito nacional ou internacional. Isto tivo como consecuencia

directa un aumento e fortalecemento da autoestima para os reclusos.

III FASE: CREAR INTEGRANDO [MUSEOS - CÁRCERE]

Esta é unha viaxe de Ida e Volta, de abrir unha ventá e observar dentro a

realidade dun centro penitenciario, e viceversa, achegar aos reclusos a novos

espazos; unha viaxe onde o importante é o camiño recorrido que se retroalimentar

en cada actividade e en cada contacto. Por iso, o compromiso dende a Rede

Museística non remata nunha simple exposición, senón que quere seguir

traspasando muros e derrubando barreiras achegando as coleccións dos nosos

museos aos reclusos participantes. Museos e coleccións que na súa maioría

están vertebradas en tres grandes seccións; arqueoloxía, etnografía e Belas

Artes, e que por definición mesma albergan obxectos cos que se pode dialogar e

extraer un caudal de información que son testemuños vivos doutras sociedades e

outras realidades.

Esta terceira fase, deseñada para que se desenvolva no primeiro semestre

do 2014, configúrase cun carácter máis creativo, cuxo principal obxectivo que nos

marcamos é o de integrar Museo e Cárcere dende unha perspectiva creativa e

artística. Preténdese establecer unha relación entre as coleccións do noso museo

coa súa experiencia vital e persoal para que os participantes creen o seu propio

museo a partir da súa propia mirada. Un exercicio creativo de memoria e

asociación. O noso compromiso céntrase en realizar de xeito periódico unha visita

ao Centro penitenciario de Bonxe, un proceso que se organizada en tres fases:

III.1.: Fase de documentación/investigación

As coleccións presentes nos catro museos da Rede, como anteriormente

comentabamos, así como os propios edificios onde se erixen, son o vivo

testemuño e recordo do noso pasado e dos nosos antepasados, así como

Page 152: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

151

referente da actualidade. Son coleccións vivas que invitan a dialogar con elas.

Cada obxecto encerra en si mesmo un caudal de información que se enriquece co

contacto e a experiencia vital da persoa coa que interactuar.

Nesta fase o que se pretende é que os participantes-reclusos afonden na

historia dos nosos museos a partir dun traballo de investigación. Para o éxito,

faise necesario implicar o resto dos departamentos técnicos dos museos na

iniciativa co fin de que visiten o centro penitenciario e a través de charlas e

documentación se lles facilite o material para que os participantes poidan

consultar nos días posteriores á visita.

III.2.: Fase de desenvolvemento

Tras a fase de documentación, o seguinte paso é o de desenvolvemento

persoal. Cada participante debe establecer o seu signo de identidade como un

xeito de reflexión/unión entre o museos e as súas coleccións coa súa experiencia

persoal, ben propia ou doutras persoas próximas ao seu ámbito

III.3.: Fase de creación

Concluídas as dúas fases previas, con toda a información aglutinada e os

sinais de identidade vinculados ás pezas das coleccións dos museos, darase

paso á terceira e última fase. O obxectivo é claro; construír un museo entre todos

os participantes coa mirada de cada un. Os obxectos e material que se obteña

nesta fase serán o resultado da vinculación directa coas tres seccións principais

dos nosos museos e os seus contidos, como versa a continuación:

- Etnografía: O ser humano como testemuño directo do que acontece no seu

tempo e no seu contexto social. Un xeito de comunicación e participación. A

través deste método de investigación coñecemos mellor, por unha parte, o

comportamento e as prácticas culturais de grupos ou comunidades sociais, e por

outro as historias de vida dos individuos a través de diversos medios e obxectos.

- Arqueoloxía: Esta ciencia permítenos internarnos no pasado, estudar o

comportamento humano e o estudo das manifestacións culturais. Unha dos restos

Page 153: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

152

arqueolóxicos máis importantes que alberga o Museo Provincial de Lugo é un

Mosaico Romano que no seu tempo foi o chan dunha domus. Con esta idea de

Mosaico, unha obra composta por pequenas teselas pode servir como metáfora

creativa para elaborar un obxecto a partir de pequenas historias e recordos dos

reclusos.

- Belas Artes: É a disciplina artística por antonomasia. O chamado arte parietal.

Unha das expresións primoxénitas do ser humano para comunicarse e

relacionarse co seu ámbito e co mundo. Neste sentido da creación, e ante a falta

de medios e recursos como poden ser cámaras fotográficas, esta disciplina

artística pode servir aos participantes para crear as súas obras pictóricas onde

expresen os seus sentimentos, as súas inquietudes, medos, sonos e recordos. En

definitiva un medio máis para que constrúan o seu museo dende a súa realidade.

REFLEXIÓN FINAL QUE DEBE SER O PRINCIPIO DA NOSA ACCIÓN

O reto ao que nos enfrontamos dende as institucións públicas é arduo pero

non por iso caemos no desánimo nin no noso compromiso por seguir traballando

dende os preceptos da nova Museoloxía Social, apostando por Museos

Socialmente Responsables a favor da integración social e o derrubamento de

barreiras, neste caso, barreiras de tipo social e cultural. Unha Museoloxía Social

que aposte pola construción de museos que manteñen un diálogo permanente co

seu ámbito, museos comunitarios onde as voces das e dos cidadáns teñen que

dicir moito e decidir, museos solidarios e accesibles.

Dende a participación, a colaboración e a cooperación poñemos a

disposición de todas e todos os catro museos da Rede Museística Provincial de

Lugo como espazos de convivencia e diálogo; lugares abertos onde as minorías

sociais gocen da importancia e relevancia magna que merecen. Onde o diferente

se naturalice e converxa co normal. Ofrecer unha accesibilidade integral aos

museos, así como a visibilización de grupos sociais que carecen destes espazos

na actualidade. Discursos que vaian acompañados dun quefacer diario e

apostando pola que a integración social sexa real. Plural é a palabra Museos,

como plural é a palabra Personas. Museos para todas e todos, entre todas e

todos, por unha sociedade máis xusta, social e igualitaria.

Page 154: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

153

OBRADOIRO LIMPEZA SUBMARINA CO CEMMA

Taller para todos os públicos para colaborar no mantemento do medio ambiente e

das nosas costas.

Page 155: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

154

5.4. Programa de Exposicións

EXPOSICIÓN (mostra fotográfica): Nunca máis. A rebelión dun pobo, no

Museo Provincial do Mar

Mostra que pretende chamar a atención sobre todo o que supuxo, dende o

eido social e cultural, e incluso económico, o Movemento Nunca Máis,

consecuencia do embarracamento nas costas galegas con 77 mil toneladas de

fuel do petroleiro Prestige aquel 13 de novembro de 2002.

Page 156: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

155

Page 157: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

156

Page 158: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

157

Page 159: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

158

EXPOSICIÓN: Galicia-Cabo Verde. Unha irmandade

Esta mostra fotográfica promovida polo Fondo Galego de Cooperación e

Solidariedade conta co patrocinio da área de Benestar Social, Deporte, Igualdade

e Mocidade, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, e é o resultado

dunha viaxe a Cabo Verde en outubro de 2013 por parte do fotógrafo Roberto

Amado. O acto inaugural, ao que asiste o vicepresidente primeiro da Deputación

de Lugo, Antonio Veiga, conta coa actuación do grupo de mulleres caboverdianas

residentes en Burela Batuko Tabanka.

A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das

fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do

concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, na súa viaxe a Cabo Verde. Os paneis

son acompañados por 4 rollers informativos sobre as accións de cooperación do

Fondo Galego en Cabo Verde.

ROBER AMADO

Rober Amado foi nado en Ferrol en 1985. É Licenciado en Psicoloxía e fixo

un Máster en Cooperación Internacional e outro en Reporteirismo. É fotógrafo e

redactor multidisciplinar, tendo colaborado con diversos medios estatais como El

País, La Vanguardia, La Voz de Galicia, El Temps ou Periodismo Humano. Un

Page 160: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

159

ano despois de gañar Imaxs con Fondo, no 2013 gañou o premio TIFLOS da

ONCE na categoría ‘xornalismo dixital’.

Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que

compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados

polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde. As súas

instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que se viron

beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego, que no seu conxunto

nos achegan á realidade do país.

Page 161: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

160

Page 162: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

161

Page 163: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

162

Exposición “Entre o sono e os soños: Soñar para crear na Rede

Museística”

A multidisciplinariedade da Rede Museística da Deputación de Lugo,

integrada polo Museo Provincial de Lugo, o Museo Fortaleza de San Paio de

Narla en Friol, o Museo do Mar en San Cibrao e o Pazo de Tor en Monforte de

Lemos, que constitúe un dos seus principais alicientes e fortalezas, xunto co

equipo humano que traballa arreo en prol desta institución forman unha dualidade

complementaria que se converte no seu principal activo contribuíndo ao fomento

dunha reinvención constante, dinámica e actual que vai máis alá das funcións que

lles son propias a un museo.

A variedade de fondos museográficos da Rede Museística, lonxe de

converterse nundesvantaxe no seu discurso expositivo, axudaa ampliarlles o

abano de oferta expositiva aosnosos usuarios e usuarias, converténdose

nuncentro de referencia non só a nivel provincial.

Integrando estas dúas singularidades devanditas,quixemos elaborar un

proxecto onde se amosaraque tirando dun fío condutor, neste caso unconcepto

tan polivalente coma o sono e os soños, podía achegarse, dende distintas

especialidades ou disciplinas, un proxecto complexo, variado, didáctico e

científico que puidese atraer a todo tipo de público dun xeito ameno e

estéticamente atractivo xuntando a todo o persoal da Rede Museística que, deste

Page 164: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

163

xeito fai súa a máxima de “un museo entre todos e para todos.”

Dende unha pluralidade de perspectivas e utilizando unha linguaxe de

cooperación en prol dun obxectivo común, xorde un doce soño: utilizar un

concepto para artellar unha viaxe histórica diacrónica e actualizada polos fondos

museográficos da Rede Museística Provincial.

Logo de facer unha listaxe de pezas, todas pertencentes aos nosos fondos

tanto expostos como en reserva, asociadas ao mundo dos soños dende a

antigüidade ata hoxe e observar que a tipoloxía de obxectos e obras asociados a

esta temática é moi variada, seleccionamos os máis acaídos para o

desenvolvemento do discurso expositivo. Coas ideas e iniciativas propostas

comezou este ambicioso proxecto colectivo no que todos e todas traballamos a

través de distintas achegas e liñas de investigación.

Primeiro contemplamos dúas grandes áreas para visualizar nas dúas

partes físicas que nos dá o propio espazo da Sala de Exposicións temporais do

museo:

1. Sono. Escenografías e obxectos relacionados co descanso: camas, roupa,

artes decorativas e obras vinculadas a estes motivos, xunto cunha

contextualización sobre a historia do descanso dende a prehistoria ata hoxe.

2. Soños. Significados e interpretación dos soños. Soñar para crear a través da

literatura, a arte, especialmente o onírico en movementos como o surrealismo e o

simbolismo, a mitoloxía ou o “soño eterno” como metáfora da morte.

Pero non remata aí o proxecto expositivo, posto que tamén se pretenden vincular

os temas e as pezas escollidas para continuar o discurso noutras obras, sinaladas

para a ocasión, do Museo Provincial de Lugo e nos outros tres museos da Rede:

San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo do Mar.

Outra das liñas baralladas para plasmar este proxecto tamén xogaba coas

funcións dos museos para visibilizar os traballos de conservación, investigación,

didáctica, exhibición e difusión que realizamos, a cotío, nos departamentos

correspondentes, pero que non teñen tanta divulgación. Aquí e agora os/as

visitantes poden comprobar como se interrelacionan todas elas cunha finalidade

común: poñer os museos da Rede ao servizo da sociedade.

Page 165: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

164

Finalmente, pretendemos, dende a transversalidade dun tema tan concreto

e simbólico como o sono/soño, suscitar o interese polos fondos museográficos da

Rede Museística da Deputación de Lugo, fomentar a súa investigación e difusión

para, en definitiva, continuar na mesma liña de protexer, conservar, coñecer e

divulgar o noso patrimonio cultural.

Page 166: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

165

Page 167: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

166

5.5. Servizo do museo para outras actividades

Grabación para o programa Ribeiras da TVG. sobre o Museo do Mar.

Grabación da poductora ARRANCADA Produccións para o documental as

memorias do mar da San Ciprián.

Entrega de fotografías e documentación da Baleeira de Murás previamente

solicitada polo Concello de Xove.

Grabación para o programa Ribeiras da TVG. Para o episodio Náufragos.

Sobre o afundemento da embarcación o Cusca

Page 168: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

167

Sorteo Reis Acia

Toma de mostras e estudo bioloxico dos restos de cetáceos da colección do

Museo.

Page 169: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

168

Page 170: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

169

Page 171: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

170

Page 172: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

171

5.6. Programa de conferencias.

CONFERENCIA : “DE LIVERPOOL ÁS SISARGAS”, de Fernándo Patricio

CONFERENCIA: “OS PESQUEIROS GALEGOS NA SEGUNDA GUERRA

MUNDIAL” de Juan Carlos Salgado

Page 173: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

172

CONFERENCIA : “A ARMADA INVENCIBLE, FELIPE II E O MAR DO NORTE,

1588”. Yago Abilleira

Yago Abilleira Crespo, nado en Pontevedra en 1982, e residente en Lugo, é

investigador de Historia Naval, e está condecorado coa Medalla ó Mérito Cultural

da Real Liga Naval Española da que é menbro. Como mergullador, colaborou en

varias campañas de arqueoloxía submariña (Ribadeo, Burela, Xove, Viveiro,

Finisterre,...). Autor do libro "Los galeones de Vigo" e de varios artigos sobre

naufraxios e mergullos. Nesta conferencia, intentará de xeito ameno e dinámico

explicar a verdadeira historia da Armada Invencible afastándose dos tópicos

difundidos polos británicos.

Page 174: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

173

CONFERENCIA "O SAQUEO DO NAUFRAXIO DO DOURO. UN EXPOLIO NA

COSTA DA MORTE” Yago Abilleira

No ano 1882 o vapor "RMS Douro" afundiuse na Costa da Morte con un

importante cargamento de ouro. Na década dos 90, uns cazatesouros chegaron a

Galiza coas máis modernas tecnoloxías, dispostos a baleirar o naufraxio.

Gravárono todo no documental "O ouro dos abismos" que será proxectado e

posteriormente, haberá un coloquio co público asistente.

Yago Abilleira Crespo(Pontevedra, 1982), é veciño de Lugo. Aínda que contable

de profesión, é un gran aficionado á Historia Naval e ó submarinismo. Como

mergullador, colaborou en varias campañas de Arqueoloxía Submarina (Ribadeo,

Burela, Xove, Viveiro, Finisterre,...). Autor do libro "Los galeones de Vigo" e de

varios artigos sobre naufraxios e o seu mergullo. É membro da Real Liga Naval

Española, institución que o condecorou coa Medalla ó Mérito Cultural.

Page 175: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

174

CONFERENCIA: SOBOR DO IMPACTO DA CONTAMINACIÓN NO MEDIO

MARIÑO

Page 176: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

175

5.7. Programa de cine

Curtometraxe “O Tango no Cine”

Cine á fresca

Todos os sábados de xullo e agosto

5.8. Programa de concertos e teatro

Foliada a cargo do grupo AIRIÑOS DA FREBA

“VELADA ” TEATRO VALACAR Agrupación Territorial da ONCE na

Coruña”

Page 177: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

176

Música tradicional galega. Agostinho Iglesias e Martín Blanes

Page 178: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

177

Actuación do grupo: BATUCO TABANCA

5.9. Programa de presentancións

Marea Roxa Marea Negra, de Juan Carlos Salgado, UNA CRONICA DA

SEGUNDA GUERRA MUNDIAL NO NORTE DE ESPAÑA

Presentación do cómic ao “NORDÉS”, do Ribadense Kike J. Díaz

Kike J. Díaz presentou a súa novela gráfica "Nordés" ante unha audiencia moi

interesada no seu proceso creativo e na investigación previa necesaria para

elaborar o guión da novela, que xira en torno á figura do Marqués de Sargadelos,

unha persoaxe senlleira da historia da nosa comarca.

Page 179: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

178

5.10. Revista oral nº12: “A voz dos Carraos”

Page 180: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

179

SUMARIO. HISTORIAS DO MAR DE FÓRA

... levan o mar dentro de si!

Do poema “O trobador do faro” (Residencia no mar), de Xacobo Casal

Portada musical

Rapsodia vendaval, por Xurxo Souto (5’)

Poesía I

As entrañas do vixía, por Xacobo Casal (5’)

Telefonía costeira: Cambio e corto

Ramón Barcia Abad, “Monchito da costera”, e Herminia Pernas (10’)

Música

Canto (e conto) de Terranova, por Xurxo Souto (5’)

Experiencias no Mar de Fóra

Santiago Rivera Lestegás, Emilio Fernández López , “Milucho”, e mariñeiros

xubilados e e Herminia Pernas (10’)

Poesía II

Residentes no mar, Talieiro, O trobador do faro (do poemario Residencia no mar),

por Xacobo Casal (5’)

Música

A Rabaleira (canto de percebeiros), por Xurxo Souto (5’)

A bordo

Salvamento no mar, por Hixinio Puentes Novo (10’)

Poesía III

Marea ou lúa chea, Virán cantos (dos poemarios Caderno da soidade e Nos ollos

de Iria), por Xacobo Casal (5’)

Música

Canto (e conto) do Beerbés, por Xurxo Souto (5’)

Mar de mares

Francisco Gomes Semedo, Balbino García Trelles, mariñeiros xubilados

e Herminia Pernas (10’)

Contos do Mar de Fóra

Contos do mar de Irlanda, por Xurxo Souto (10’)

O Mar na Memoria

Lembranzas, por Herminia Pernas (8’)

Opinión

Intervención do público que o desexe.

Epílogo

por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)

Contraportada musical

Da Coruña a Ferrol (canto de Carnaval), por Xurxo Souto (5’)

Page 181: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

180

COLABORAN NESTE NÚMERO

Xacobo Casal.- Nado nunha pequena aldea do concello de Cervo (Lugo),

chamada Espiñerido. Licenciado en Dereito e doutorando na Área de Dereito

Administrativo da Facultade de Dereito da UDC. Exerce como avogado nun

despacho de A Coruña, cidade na que actualmente reside. No eido literario,

concedéronlle algúns premios como o Premio Literario da Mariña nos anos 1998,

1999 e 2000; 2º Premio Literario Ánxel Casal, categoría de poesía, no ano 2000;

2º Premio de Poesía "Díaz Jácome" para novos creadores no 2003; 1º Premio de

Poesía "Díaz Jácome" para novos creadores nos anos 2004, 2005 e 2010. No

tocante ás publicacións, o seu poemario "Primeria Creación" foi editado polo

concello de Santiago nunha antoloxía dos Premios Ánxel Casal. Tamén se poden

atopar publicados dous microrrelatos seus nos relatos de verán de La Voz de

Galicia e un no xornal El Progreso, de Lugo. Colaborou e colabora na revista

anual da "Queimada Popular de Cervo" con diversos poemas. Finalmente sinalar

que foi guionista e director da representación da "Queimada Popular de Cervo"

desde o 2004 ata o 2008.

Hixinio Puentes Novo.- (Porto do Barqueiro-A Coruña, 1952). É mestre, escritor,

investigador da historia da súa bisbarra e colabora con artigos periodísticos sobre

diversos temas. No ano 1999 acadou en Viveiro o Premio Literario Pastor Díaz

coa novela O bandido Casanova (Edicións Xerais, 2000). Recibe o premio de

xornalismo David Fojo cunha serie de artigos publicados en La Voz de Ortigueira.

No ano 2003 publicou Os naufraxios da Galicia Norte (Provincia Marítima de

Ferrol) en Edicións Lea, e pouco tempo despois, en 2004, o volume II do mesmo

título. Continuando coa temática do mar publicou no ano 2005 en Laverde

Ediciones La galerna de 1961. Foi finalista do Premio Xerais 2005 coa novela

Monbars, o anxo exterminador e publica nesta mesma editorial Aguillóns de

Ortegal, obra seleccionada ao premio Arcebispo Juan de San Clemente entre as

finalistas de lingua galega. Neste ano 2006 acada a IV edición do Premio Eixo-

Atlántico de Narrativa Galego Portuguesa coa novela Monbars, o anxo

exterminador. En 2009 acada coa novela titulada A do vinteún o X Premio Risco

de Creación Literaria convocado polo Concello de Ourense e a Fundación Vicente

Risco en colaboración coa Editorial Sotelo Blanco, que publica a novela no 2010.

Xurxo Souto.- (A Coruña, 1966). Licenciado en Filoloxía Clásica. Traballa desde

1986 en diferentes medios de comunicación. Como narrador ten publicado: A

tralla e a arroutada (Xerais 1995), relatos; Fumareu (Xerais 1997), relatos; O

retorno dos homes mariños (Xerais 1999), novela; Contos da Coruña (Xerais

2001), escolma de artigos sobre a súa cidade, Tres trebóns (Xerais 2005), relatos,

A Terra Queima (Xerais, 2013) e Contos do mar de Irlanda (Xerais, 2014). Foi

vocalista do conxunto bravú “Os Diplomáticos de Monte-Alto” e agora toca o

acordeón no grupo “Tres trebóns”.

Page 182: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

181

Mariñeiros.- Ramón Barcia Abad, “Monchito da costera”, xubilado da confraría de

pescadores de Burela, Santiago Rivera Lestegás, mariñeiro xubilado, Emilio

Fernández López, “Milucho”, mariñeiro xubilado, Francisco Gomes Semedo,

mariñeiro xubilado e Balbino García Trelles, mariñeiro xubilado.

Herminia Pernas Oroza.- (Burela, 1967) Profesora de Ensino Secundario, filla de

mariñeiro. Doutora en Historia Contemporánea pola USC. Investigadora da

historia social de Galicia, autora da tese La condición obrera en Santiago de

Compostela durante el siglo XIX. En 2002 obtivo o Premio Xohana Torres de

Investigación do concello de Santiago con un estudo sobre a muller compostelá

entre finais do XIX e o primeiro terzo do XX. En 2008 gañou o 2º Premio no I

Certame Máximo Sar de memoria popular do concello de de Caldas de Reis, co

traballo titulado “De Carmiña a Doña Carmen. Unha experiencia de vida”.

Conferenciante, poñente en congresos e profesora en cursos de doutorando na

Facultade de Xeografía e Historia (USC) entre 1999-2007.

Page 183: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

182

Page 184: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

183

Page 185: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

184

Page 186: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

185

Page 187: Memoria Museo do Mar 2014

Museo Provincial do Mar

186

6. PROGRAMA DE PERSOAL

Xerencia: Encarna Lago González

Vixianza-guía: Ángeles Miguélez Martínez

Vixiancia: Amelia Pernas García

Servizo de limpeza: María José López

7. PROGRAMA ECÓNOMICO