Non ás reválidas

1
A Xunta ven de publicar a norma que regula a avaliación individual (“reválida”) en 3º de primaria. Hai comunidades autónomas que non van desenvolver esta proba tan contestada socialmente. Na Galiza si, porque ninguén gaña ao PP galego en obediencia cega aos ditados de Madrid. A proba vaise desenvolver os días 27 e 28 de maio. Consistirá nunha avaliación de matemáticas e das linguas galega e castelá. Deixa en segundo plano o resto de materias. É unha aberración someter a nenas e nenos de 8 anos a unha presión innecesaria, sen considerar o ensino como un proceso no que hai que avaliar e considerar as circunstancias persoais, socioeconómicas, capacidades e actitudes do alumnado. O resultado vai ser a elaboración dun ranking de centros, dunha clasificación do alumnado e a introdución da competición e das carreiras de obstáculos como fundamento do sistema educativo. En definitiva, unha intención clasista, segregadora e antipedagóxica, que vai excluíndo os sectores máis desfavorecidos. Por todo isto, desde o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (como organización que fai parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público),animamos ás nais e pais a se negaren a que os seus fillos e fillas teñan que pasar estas probas, non levando os teus fillos ou fillas de 3º de primaria aos centros o día da proba (27 ou 28 de maio). #dependedenós NON ÁS REVÁLIDAS

Transcript of Non ás reválidas

Page 1: Non ás reválidas

A Xunta ven de publicar a norma que regula a avaliación individual(“reválida”) en 3º de primaria.Hai comunidades autónomas que non van desenvolver esta proba tancontestada socialmente. Na Galiza si, porque ninguén gaña ao PP galegoen obediencia cega aos ditados de Madrid.A proba vaise desenvolver os días 27 e 28 de maio. Consistirá nunhaavaliación de matemáticas e das linguas galega e castelá. Deixa ensegundo plano o resto de materias.É unha aberración someter a nenas e nenos de 8 anos a unha presióninnecesaria, sen considerar o ensino como un proceso no que hai queavaliar e considerar as circunstancias persoais, socioeconómicas,capacidades e actitudes do alumnado.O resultado vai ser a elaboración dun ranking de centros, dunhaclasificación do alumnado e a introdución da competición e das carreirasde obstáculos como fundamento do sistema educativo. En definitiva,unha intención clasista, segregadora e antipedagóxica, que vai excluíndoos sectores máis desfavorecidos.Por todo isto, desde o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (comoorganización que fai parte da Plataforma Galega en Defensa do EnsinoPúblico),animamos ás nais e pais a se negaren a que os seus fillos efillas teñan que pasar estas probas, non levando os teus fillos oufillas de 3º de primaria aos centros o día da proba (27 ou 28 de maio).

#dependedenós

NON ÁS REVÁLIDAS