Mulleres na Historia de Galicia

3

description

Resultados da webquest do mesmo título recollidos polos nenos e nenas do CEIP. Milladoiro de Galicia en Marzo do 2009

Transcript of Mulleres na Historia de Galicia

Page 1: Mulleres na Historia de Galicia
Page 2: Mulleres na Historia de Galicia

O que segue é o resultado da tarefa prantexada na webquest Mulleres na

Historia de Galicia elaborado polos nenos e nenas da aula de 5ºB no curso

2008/09 no CEIP. Milladoiro de Malpica.

A webquest tiña como principal fonte de información a páxina Pioneiras ,

elaborada polo entonces SGI (Servizo Galego de Igualdade) , páxina que

recollía a información do que foi unha excelente exposición que percorreu

Galicia aquela primavera e na que se daba visibilidade a 20 mulleres

empresarias que abriron camiños a outras que viñeron despois. 20 mulleres

descoñecidas que, por esta vía, fórono un pouco menos.

Na actualidade é imposible de consultar: co novo goberno galego desapareceu.

No seu lugar temos esta outra na que encontramos grandes mulleres pero…

ningunha galega.

E digo eu: que custaba enlazar neste novo sitio web aquel documento? Porque,

seguiremos sabendo cousas de Juana de Vega ou de Emilia Pardo Bazán

pero… quen nos vai lembrar a Xesusa Prado ou a Joaquina García? Os nosos

escolares saberán sempre de Marie Curie, Juana de Arco ou Teresa de Calcuta

pero… quen lles dará a coñecer a Aurora Liste? Como coñecerán a vida de

Dominga López?...

Eu non tiven os reflexos de facelo pero, tal vez alguén gardou aquel documento

e poderemos volver usalo.

Tal vez.

De momento, faremos outra webquest e tentamos averiguar onde está a

exposición.

Mª Olga Rodríguez Díaz

Malpica

P.D.- O enderezo do sitio web era: http://sgi.xunta.es/pioneiras

Page 3: Mulleres na Historia de Galicia

Mulleres Galegas na Historia

Escribe aquí os nomes que buscáchedes:

1. Unha muller armadora : Dolores Centeno Soto

2. Unha matemática: María Josefa Wonenburger

3. Unha xinecóloga: Olimpia Valencia López 4. Unha empresaria de salas de cine: Amalia Méndez Fernández 5. Unha raíña de Portugal: Inés de Castro 6. Unha experta en dereito penitenciario: Concepción Arenal 7. A escritora galega que morreu o 15 de Xullo de 1885: Rosalía de Castro 8. Unha liberal coruñesa: Juana de vega

9. Unha empresaria leiteira: Aurora Liste Forján

10. A fabricante do primeiro deterxente líquido español: Xesusa Prado López

11. A deseñadora do primeiro traxe de augas: Joaquina García García

12. Unha innovadora empresaria de mobles: Dominga López de Somoza

Nome.- Cecilia e Rosana (5ºB). Marzo de 2009. Biblioteca Escolar.