As mulleres científicas máis influíntes na historia

19
As mulleres científicas máis influíntes na historia Ao largo da historia surxiron varias mulleres científicas cuxos logros non puideron ser ocultados, pois supoñeron un gran avance para a ciencia e, por ende, para a humanidade. Nesta presentación imos amosarvos algunhas destas mulleres e os seus descubrimentos, principalmente ocultos baixo o nome do compañeiro masculino co que traballaron

Transcript of As mulleres científicas máis influíntes na historia

Page 1: As mulleres científicas máis influíntes na historia

As mulleres científicas máis influíntes na historia

Ao largo da historia surxiron varias mulleres científicas cuxos logros non puideron ser

ocultados, pois supoñeron un gran avance para a ciencia e, por ende, para a humanidade.

Nesta presentación imos amosarvos algunhas destas mulleres e os seus descubrimentos,

principalmente ocultos baixo o nome do compañeiro masculino co que traballaron

Page 2: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Marie Skłodowska Curie

Marie Skłodowska Curie naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia (Polonia) e faleceu en 1934. Foi a primeira muller que chegou a catedrática na Universidade de París e a primeira en ganar o Premio Nobel. E non só iso, senón que ademais foi capaz de gañar dous. O primeiro de Física, no ano 1903, polo descubrimento dos elementos radiactivos, que compartiu xunto con Becquerel. O segundo, o de Química de 1911, polas súas investigacións sobre o radio e os seus compostos. 75 anos despois da súa morte, o seu legado e os seus coñecementos serviron en física e química para impulsar grandes avances.

Page 3: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Rosalind Franklin

Rosalind Franklin naceu no año 1920 en Londres e morreu aos 38 anos de idade en 1958. Estudou e se graduou na Universidad de Cambridge en 1941, non sen ter que loitar contra a oposición do seu pai. O traballo de Rosalind Franklin fixo posible un dos descubrimentos máis importantes do século pasado, en particular no campo da Bioloxía. Co seu traballo pudo clarificarse a estrutura de dobre hélice de ADN, vital para a comprensión da vida.

Page 4: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Marie-Sophie Germain

Sophie Germain foi unha matemática francesa nada o 1 de abril de 1776 en París. Viviu nunha era de prexuízos e chovinismo, polo que, para realizar as súas investigacións, viuse obrigada a asumir una identidade falsa, estudar en condicións terribles e traballar en aislamento intelectual. Non foi ata 1816, sendo xa moi apreciada nos círculos matemáticos, cando alcanzou a celebridade ao obter o premio proposto pola Academia das Ciencias sobre a teoría das superficies elásticas, pero tamén realizou descubrimentos importantes en teoría de números, en física matemática, e en acústica.

Page 5: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Susan Jocelyn Bell Burnell

Susan Jocelyn Bell Burnell naceu na norirlandesa Belfast en 1943 e é a astrofísica que detectou por primeira vez a radiosinal dun púlsar, xunto a Antony Hewish, que era o seu tutor; sen embargo, non recibiu o Nobel que a él sí que lle otorgaron. O feito de que Jocelyn Bell Burnell non recibira o Premio Nobel foi motivo de discusión entre os seus colegas científicos, pero ela declarou que non o lamenta e opina que lle foi mellor na vida sen ese galardón.

Page 6: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Emmy Noether

Emmy Noether naceu en Erlangen, Alemaña, no ano 1882 e morreu no 1935 nos Estados Unidos. É unha das matemáticas máis importantes e brillantes da historia, e así foi considerada por Albert Einstein e David Hilbert. A día de hoxe, as súas contribucións son esenciales no desenrolo do álxebra e a física fundamental. Por desgracia, tivo que lidiar toda a súa vida cunha sociedade científica que todavía non estaba preparada para ver a igualdade inherente en tódalas persoas.

Page 7: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Augusta Ada Byron King

Naceu en Londres no ano 1815 e faleceu en 1852. Absolutamente adelantada ó seu tempo, foi a primeira científica da computación da historia, a primeira programadora do mundo. Descubriu que mediante una serie de símbolos e normas matemáticas era posible calcular una importante serie de números. Previu as capacidades dunha máquina (máis tarde sería o ordenador).

Page 8: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Chien-Shiung Wu

Esta científica china-estadounidense foi unha das máis importantes do século XX, traballou no desenrolo da bomba atómica e non e moi coñecida no mundo.

Page 9: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Barbara McClintock

Naceu en Hartford no ano 1902 e faleceu en 1992, deixando un importante descubrimento no campo da xenética. Especializouse no campo da citoxenética e obtivo un doctorado en botánica en 1927. A pesar de que durante moito tempo, inxustamente seus traballos non foron tomados en conta, 30 anos máis tarde se lle otorgou o premio Nobel polo seu excepcional e increíblemente adelantada para a súa época: teoría dos xenes saltarines, revelando o feito de que os xenes eran capaces de saltar entre diferentes cromosomas. Hoxe en día é un concepto esencial en xenética.

Page 10: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Lise Meitner

Naceu en Viena do Imperio Austrohúngaro, hoxe en día Austria en 1878 e faleceu en 1968. Foi una física nuclear, sendo parte fundamental do campo da radioactividade e a física nuclear, sendo parte fundamental do equipo que descubriu a fisión nuclear, aínda que só o seu colega Otto Hahn obtivo o recoñecemento (imaxinen por que). Anos máis tarde, o meitnerio (elemento químico de valor 109) foi nombrado así no seu honor.

Page 11: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Mulleres científicas do noso país

As seguintes mulleres representan ao xénero feminino no ámbito científico español actual.

Page 12: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Margarita Salas Falgueras

Margarita Salas Falgueras é unha bioquímica española, nada en Canero (Asturias) no ano 1938. Licenciada en ciencias químicas na universidade complutense de Madrid. Tamén foi investigadora na cidade de Nova York xunto a Severo Ochoa.

Page 13: As mulleres científicas máis influíntes na historia

María Vallet Regí

María Vallet Regí é unha farmacéutica española, nacida nas Palmas de Gran en 1946. En 1974 obtivo o doctorado en ciencias químicas na Universidade Complutense de Madrid. En 1990 é nomeada catedrática de Química Inorgánica e directora do Departamento de Química Inorgánica e Bioinorgánica da Facultade de dita universidade. En 1994 é nomeada Académica de números das Real Academia de Enxeñaría, e da Real Academia de Farmacia en 2011. Realizou unha extensa labor investigadora, marcada por un claro enfoque multidisciplinar, plasmada en máis de 550 publicacións científicas recollidas no ISI web of knowledge, a maioría nas áreas de Química e Ciencia de Materiais. Formou parte do Comité Rector do Programa “Science for Peace” da OTAN (1999-2005), o Comité Nacional da CNAI (2004-2008), e foi Vicepresidenta da Real Academia de Enxeñaría e da Real Sociedade Española de Química.

Page 14: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Vanessa Valdeiglesias

É unha bióloga española que investiga o campo da Toxicoloxía Xenómica para coñecer cómo afectan ó noso organismo determinadas sustancias cotiás, polo que foi recoñecida como Mellor Investigadora Xoven de Europa pola Sociedade Europea de Xenómica e Mutaxénesis Ambiental. Ten un Doctorado en Bioloxía e é unha Investigadora Doctora da Universidade da Coruña, con varios anos de experiencia no campo da Toxicoloxía Xenética. En 2007 terminou a súa Tesis de Licenciatura, traballo polo que recibiu o Premio da Real Academia Galega de Ciencias ó Xoven investigador 2008. Actualmente, desenvolve a súa actividade investigadora no laboratorio de Toxicoloxía na Universidade de A Coruña, onde participa en varios proxectos de investigación e codirixe unha Tesis Doctoral e dous Traballos de Fin de Máster.

Page 15: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Elena García

Elena García é unha enxeñeira española que lidera o grupo do CSIC que desenvolveu o primeiro exoesqueleto biónico do mundo para nenos con atrófia muscular espiñal, enfermidade dexenerativa que afecta a 2000 nenos en España. Está doctorada na universidade politécnica de Madrid e é científica titular no centro de automática e robótica. O seu proxecto Atlas é pioneiro do mundo.

Page 16: As mulleres científicas máis influíntes na historia

María Inmaculada Paz

Naceu o 14 de novembro de 1928 en Pontevedra. Obtivo un doctorado en Física, é catedrática de Física Aplicada (especializada na Termodinámica) e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela, tamén ten un certificado de estudos superiores na Universidade de Marsella (Francia). Ampliou os seus estudos e colaborou en investigacions na Universidade de Manchester (UK) e no Instituto de Microcalorimetría e Termoxenesis do CNRS de Marsella. En 1964 introduciu a microcalimetría en España. Realizou traballos sobre a termodinámica aplicada, estudos calorimétricos e determinacións do calor específico de sólidos e líquidos. Coordinóu e dirixiu o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o peligro de incendios forestais en Galicia, Santiago de Compostela e o proxecto THOR.

Page 17: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Alicia Estévez Toranzo

Naceu en Pontevedra o 20 de novembro de 1955, é unha científica galega, especializada na ictiopatoloxía, ou patoloxías que afectan aos peixes. Catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, desenvolveu a súa investigación no ámbito da biotecnoloxía, máis concretamente no estudo de patoloxías de peixes e a elaboración de vacinas para a acuicultura, sendo hoxe en día un referente mundial neste campo. Nos últimos 10 anos dirixiu 16 tesis doctorais, publicou un libro, 30 capítulos de libros e 132 traballos de investigación. Ten sete patentes rexistradas e participou nun grande número de proxectos científicos con financiacións públicas e privadas. En 1993 recibiu o Premio Jaime Ferrán na categoría de investigadores, otorgado pola Sociedade Española de Microbioloxía.

Page 18: As mulleres científicas máis influíntes na historia

Para concluír:

Pese a que a muller foi un xénero despreciado durante moitos anos, cada día consigue saír adiante, e vai gañando igualdade e respeto, coa esperanza de que algún destes días consiga a igualdade total entre homes e mulleres.

Page 19: As mulleres científicas máis influíntes na historia

8 de marzo, Día da muller