mulleres cientificas

28
A pesar de estar excluídas das institucións educativas e dos círculos científicos, de ser tachadas a miúdo de histéricas, extravagantes ou tolas, ao longo da historia houbo mulleres innovadoras e valentes que fixeron contribucións importantes á ciencia e á tecnoloxía.

description

Elaborado por alumnado do IES Chamoso Lamas (O Carballiño). Exposición sobre a muller na ciencia.

Transcript of mulleres cientificas

Page 1: mulleres cientificas

A pesar de estar excluídas das institucións educativas e dos círculos científicos, de ser tachadas a miúdo

de histéricas, extravagantes ou tolas, ao longo da historia houbo mulleres innovadoras e valentes que fixeron

contribucións importantes á ciencia e á tecnoloxía.

Page 2: mulleres cientificas

...tanto Francis coma min aprendemos a valorar enormemente a súa honradez e xenerosidade persoal e a comprender, con demasiados anos de retraso, as loitas as que unha muller intelixente se enfronta para ser aceptada nun mundo científico que, moi a miúdo , considera ás mulleres meras distraccións do pensamento serio. O valor e a integridade de Rosalind quedaron claros para todos cando, aínda sabendo que estaba mortalmente enferma, non so non se queixou senón que seguiu a facer un traballo de gran categoría ata poucas semanas antes da súa morte.

James Watson sobre Rosalind Franklin, A dobre hélice, 1968

Page 3: mulleres cientificas

Barbara McClintok dixo cando lle concederon o premio Nobel: “Quizais sexa inxusto que se premie a alguén por telo pasado tan ben facendo preguntas ao millo e observando as súas respostas”.

Page 4: mulleres cientificas
Page 5: mulleres cientificas

Gauss respóndelle a Marie-Sophie Germain nunha carta:

O gusto polas ciencias abstractas en xeral, e sobre todo polos misterios dos números, é mol raro, isto non é sorprendente, posto que os encantos desta sublime ciencia en toda a súa beleza só se revelan a aqueles que teñen o valor de afondar nela. Pero unha muller, debido ao seu sexo, aos nosos costumes e prexuízos, atopa infinitamente máis obstáculos que un home para familiarizarse con eses complexos problemas e se a pesar diso consegue superar estas trabas e penetrar no que está máis oculto, indubidablemente posúe unha valentía notable, un talento extraordinario e un xenio superior.

Page 6: mulleres cientificas

Nunha entrevista que lie fixeron ( El País, 8 de agosto de 2003) Margarita Salas manifestou:

“Todo cambiou. Está ben. E é irreversible. Se hoxe mirasen mal (ou non as mirasen!) as mulleres que investigan, quedarían sen a metade dos investigadores, en España e en todas partes”.

Page 7: mulleres cientificas

1773, Filadelfia: Se el nacera mullerDos dezaseis irmáns de Benxamín FranKIin, Jane é a que máis se lle parece en talento e forza de vontade.Pero á idade na que Benxamín marchou da casa para abrirse camiño, Jane casou cun talabarteiro pobre, que a aceptou sen dote, e dez meses despois deu a luz ó seu primeiro fillo. Dende entón, durante un cuarto de século, Jane tivo un fillo cada dous anos. Algúns nenos morreron e cada morte, abriulle un tallo no peito. Os que viviron esixiron comida, abrigo, instrución e consolo. Jane pasou noites en vela arrolando aos que choraban, lavou montañas de roupa, bañou montóns de nenos, correu do mercado á cociña, fregou moreas de pratos, ensinou abecedarios e oficios, traballou cóbado a cóbado co seu marido no taller e atendeu aos hóspedes que co seu aluguer axudaban a encher a ola. Jane foi esposa devota e viúva exemplar; e cando xa medraron os fillos, fíxose cargo dos

Page 8: mulleres cientificas

seus propios pais achacosos, das súas fillas solteironas e dos seus netos sen amparo.Jane nunca coñeceu o pracer de deixarse flotar nun lago, levada á deriva por un fio de cometa, como acostuma facer Benxamín a pesar dos seus anos. Jane nunca tivo tempo de pensar, nin se permitiu dubidar. Benxamín segué sendo un amante fervoroso, pero Jane ignora que o sexo poda producir algo máis que fillos.Benxamín, fundador dunha nación de inventores, é un gran home de todos os tempos. Jane é unha muller do seu tempo, igual a case todas as mulleres de todos os tempos, que cumpriu o seu deber na terra e expiou a súa parte de culpa na maldición bíblica. Ela fixo o posible por non volverse louca e buscou, en van, un pouco de silencio.O seu caso carecerá de interese para os historiadores.

Eduardo Galeano, Amares

Page 9: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS

Ada Augusta Byron King (1815-1852)

Ada é a primeira persoa en escribir un programa para un ordenador

programable, escribiu un "plan" onde describe os pasos que permitirían

calcular os valores dos números de Bernouille. Tamén describiu como se

podían calcular operacións trigonométricas que contaban con variables utilizando a máquina de

Babbage.

Page 10: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS

Carmen Navarro

Carmen Navarro é directora do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo e xefa do Servizo de Anatomía Patolóxica e Neuropatoloxía do Hospital de Vigo (Meixoeiro) e unha experta na investigación de enfermidades neuromusculares, prionopatías e das enfermidades lisosomais de depósito. Ten 84 anos de idade.

Page 11: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS

Amalie Noether

Coñecida como Emmy Noether, naceu en Erlangen, Alemaña o 23 Narzo de 1883 Fixo contribucións moi importantes ás matemáticas e á física teórica. Traballou en matemáticas sobre a teoría de invariantes e a teoría de aneis en álxebras non conmunativas. En física, chegou ó resultado crucial coñecido como Teorema de Noether. Na súa honra foron nomeados os aneis de Noether.Morreu no 1935, sendo o propio Albert Einstein autor dunha nota necrolóxica.

Page 12: mulleres cientificas
Page 13: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS Mª Gaetana Agnesi

Nacida e Milán o 9 de xaneiro de 1799 .Foi unha matemática, lingüista e filósofa italiana .Falaba entre outras linguas, grego, hebreo, francés, castelán e alemán. Foi membro honorario da Universidade de Bolonia.Agnesi acreditouse co seu primeiro libro, no que discute o cálculo diferencial e integral.

Page 14: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICASMarie- Sophie Germain

( 1776-1831)

Matemática francesa que fixo importantes contribucións á teoría de números e á teoría da elasticidade.A pesar de estar excluída dos círculos científicos foi capaz de formarse soa e de demostrar o resultado máis importante ata entón relacionado co teorema de Fermat.

Page 15: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS

Margarita Salas ( Asturias,1938)

Descubriu o novedoso mecanismo que usa o fago 29 ( virus que infecta as bacterias) para replicar o seu ADN.Foi a primeira muller en ingresar na Real Academia de Ciencias e a primeira muller cintífica que ingresou na Real Academia de la Lengua

Page 16: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS Maria Goeppert-Mayer

(1906-1972) física estadounidense de orixe alemán e premio Nobel, coñecida polos seus estudos sobre a estructura nuclear. Naceu en Katowice e estudou na Universidade de Gotinga en Alemania. Compartiu o Premio Nobel de Física e foi nominada pola Comisión Nobel polos seus traballos, realizados a finais da década de 1940.

Page 17: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS

MARIA MITCHELL

EN 1947,UNHA PRECOZ OBSERVADORA DE ESCASOS 29 AÑOS,

CONVIRTIUSE NA PRIMEIRA PERSOA EN IDENTIFICAR UN COMETA,UTILIZANDO UN

TELESCOPIO.

Page 18: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICASMaría Josefa Wonenburger

Naceu en Oleiros, A Coruña en 1927

• 1945-50. Estudou matemáticas na Universidade Central de Madrid.

• 1953. Bolsa Fulbright nos Estados Unidos.• 1957. Doutoramento na Yale University dos Estados Unidos.• 1960-1983. Profesora das universidades de Toronto, Búfalo e

Indiana.• 1983. Trasladase a Oleiros por motivos familiares.• 2006. A Xunta de Galicia crea o Premio María Josefa

Wonenburger.• 2010. Doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña.

Page 19: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICASMARIE CURIE

Marie Curie, que se chamaba en realidade María Skłodowska, foi, quizais a muller máis excepcional do século XX e da historia da Ciencia

Foi a primeira en moitas cousas:

A primeira da promoción na carreira de Física A primerira muller en doctorarse en Francia A primeira muller en obter un premio Nobel A primeira muller en obter unha cátedra na Sorbona A primeira persoa en obter dous premios Nobel ( o de

Física e o de Química)

Page 20: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICASMary Davis Treat

Naceu en Trumansville, nos Estados Unidos en 1830.Traballou con Darwin na investigación sobre plantas carnívoras. Desde 1869 publicou 76 artigos e cinco libros e descubriu varias especies de insectos, arácnidos e plantas.

Page 21: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS

María a Xudía (S I?)

Suponse que María viviu en Alexandría no século I. Foi sobre todo unha inventora de complicados aparellos de laboratorio para a destilación e a sublimación. O máis coñecido dos seus inventos é o baño María, que segue utilizándose na actualidade

Page 22: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICASMaría Domínguez Castellano (1965)

Licenciada en Ciencias Biolóxicas, fixo estudos de postdoutoramento

en Zurich e Cambrigde. Actualmente é científica titular do

CSIC e Vicedirectora do Instituto de Neurociencias

Page 23: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS

Barbara McClintok

McClintock estudou cromosomas de millo e como cambian durante a reprodución. Produciu o primeiro mapa xenético do millo, que une as rexións de cromosomas con características físicas.Entre 1940 e 1950, McClintock descubriu transposición de elementos do xenoma e mostrou como os xenes son responsables de certas características xenéticas que son activadas ou non. As súas ideas atoparon o escepticismo doutros investigadores, o que a levou a deixar de publicar os seus informes en 1953. O seu traballo foi ben entendido só nos anos 60 e 70.McClintock gañou o Premio Nobel de Medicina en 1983 polo descubrimento de transposición xenética, a única muller a recibir o premio nesta área sen compartirlo con ninguén máis.

Page 24: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS

Nettie Maria Stevens

Foi unha xenetista estadounidense (1861-1912) que describiu as bases cromosómicas do sexo. Descubriu que nalgunhas especies os cromosomas son diferentes entre os sexos, a través da observación de cromosomas de insectos. Deduciu que a base cromosómica do sexo depende da ausencia ou presencia do cromosoma Y.

Page 25: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS

Pilar de Madariaga Rojo

Naceu o 21 de abril de 1903 en Madrid. Era a menor de oito irmáns nunha familia de perfil republicano e científico. Licenciouse en Químicas en 1929 e iniciou unha carreira investigadora e docente. Estivo tres anos de formación en Estados Unidos, nos que estudou Espectroscopía e Óptica Física ,e trouxo a España as técnicas espectroscópicas.Foi investigadora na Sección de Espectroscopía do Instituto Nacional de Física e Química (INFQ) e dedicouse ao estudo do espectro do molibdeno. Tamén estudou a concentración de mercurio no aire das minas de Almadén.

Foi catedrática de Física e Química do Instituto de Puertollano e pertenceu á Asociación Española de Mulleres Universitarias (AEMU). Tras a guerra civil exiliouse a Estados Unidos, onde se doctorou en literatura e foi profesora de literatura española no estado de Nova York, ata a súa xubilación en 1968, cando regresou a España.

Page 26: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICAS RACHEL CARSON

Naceu nos Estados Unidos o 27 de maio en 1907 e morreu o 14 de abril en 1964. Era bióloga e ecoloxista. Publicou un libro sobre o que descubriu dos pesticidas.

Page 27: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICASRosalind Franklin

( 1902-1958)

En 1945 doutorouse en química-física e foi investigadora asociada no King`s College de Londres, onde se especializou na difracción de raios X. Con esta técnica fixo as famosas fotografías do ADN que axudaron a Watson e Crick a descubrir a estrutura desta molécula

Page 28: mulleres cientificas

MULLERES CIENTÍFICASTrótula (SXI?)

Foi unha doutora que viviu en Salerno entre os séculos XI e XII e que escribiu traballos moi influíntes de medicina femenina. As súas ideas eran revolucionarias na época, como cando afirmaba que as dificultades para a concepción podías ser debidas tanto ás mulleres coma aos homes.