MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

15
NACIN NO

description

BIOGRAFÍA DA SEÑORA CARMEN, EXEMPLO DA MULLER GALEGA DE FINAIS DE SÉCULO XX PRINCIPIOS DO XXI

Transcript of MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

Page 1: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

NACIN NO…

Page 2: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

CANDO ÍA A ESCOLA…

Page 3: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

XOGABAMOS…

Page 4: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

OS LABORES…

Page 5: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

OS MEUS QUERIDOS…

Page 6: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

GUSTÁBAME BAILAR…

Page 7: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

A MIÑA PAIXÓN…

Page 8: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

TEMPOS DE MEDO…

Page 9: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

A VIDA NO PORRIÑO…

Page 10: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

A FORTALEZA…

Page 11: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

Nace o 8 de xuño de 1925 en Sanguiñeda, Barrio do Monte (Mos).

Púxose moi pronto a traballar por iso non puido ir moito á escola.

Lembra que na escola facían labores e había castigos moi duros.Só había un libro de Historia, moi feo,con letra pequena e con poucos debuxos.

Había que cubrirse cun pano cando chovía porque pingaba dentro da escola.

Page 12: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

Daquel tempo xogábase á pincha, á pelota, ás bólas, ás tamancas, ós pelouros...

Por Reis, xogaban con bonecas de cartón.

Quedou orfa aos 14 anos.

Vén dunha familia de mulleres acostumadas a traballar duro: a nai traballaba no campo e ía ao xornal, a tía ocupábase das vacas, outra tía cosía para fóra.

A morte dunha irmá aos 39 anos deixoulle unha pegada inesquecible.

Casou aos 22 anos e aos 23 tivo o seu primeiro fillo.

Ten catro fillos, 12 netos e dez bisnetos.

Page 13: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

Traballou moito no campo, na sega, botando o millo apañando ou sementando herba, sachando, botando feixóns.Ía ao muíño.

Percorría as feiras de Redondela, O Porriño, Ponteareas… para vender os produtos. Vendeu moitos anos no mercado.

Levaba tamén gando aos carniceiros.

Ademais, tiña que ocuparse das tarefas da casa ao chegar a noite.

Había moi poucas xa que case todo o tempo se pasaba a traballar.

Asistía ás festas patronais (a pé) e gozaba moito, moito co baile e escoitando as bandas de músicos e gaiteiros.

Mais tarde, cando se popularizou a radio, gustáballe moito escoitala.

Page 14: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

Sempre cantou. Cantaba cando ía ao muíño para escorrentar o medo.

Os veciños agochábanse polo campo para escoitala cantar.

Estivo unha década cantando con MALVELA.

Publicou o seu primeiro disco en solitario cando cumpriu 82 anos.

Ao longo da súa vida tivo moitas máis enfermedades e aprendeu a vivir coa dor.

Page 15: MULLERES GALEGAS: UNHA BIOGRAFÍA

Tocoulle vivir os tempos da guerra civil e os anos posteriores da ditadura nos que o medo facíase sentir en todas partes. Eran tamén tempos de fame e miseria.

Desenvolveu a súa vida no concello de O Porriño e limítrofes.