Mulleres científicas

21

Transcript of Mulleres científicas

Dende o comezo da humanidade o home inventou multitude de materiais para satisfacer a súas necesidades. A muller quedaba apartada cara un segundo plano. Pero ca chegada do Revolución Industrial e dunha nova concepción da sociedade otorgoulle á muller a posibilidade de inventar novos materiais para facilitar a vida de todos.

Marie Curie Stephanie Kwolek Marion Donovan Edith FlanigenEdith Flanigen Patsy Sherman Patricia Billings Catherine Blodgett

Pioneira no campo da radiactividade, foi a primeira muller en recibir dous premios Nobel e a primeira muller en ser profesora na Universidade de París.

Xunto co seu marido, Pierre Curie, investigou os materiais radiactivos, en particular un composto do Uranio, a pechblenda, coa particularidade de ser máis radiactivo có uranio do que era extraído.

Despois de numerosos anos de labor incesante illou dous compostos radiactivos, primeiro como cloruro e logo como elemento puro. Nomeounos Polonio, polo seu país de orixe, e Radio, pola súa intensa radiactividade.

Naceu en New Kensington, Pennsylvania, graduándose en química en 1946 na Universidade feminina Margaret Morrison, hoxe Universidade Carnegie Mellon.

A investigación de Stephanie Kwolek con compostos de produtos químicos de alto rendemento, levouna ao desenvolvemento dun material sintético, que é cinco veces máis forte que o aceiro, extremadamente lixeiro (máis que a fibra de vidrio ) e resistente ao calor: O kevlar.

Outras aplicacións do composto inclúen os cables subacuáticos, as lonas de freo, os vehículos espaciais, os barcos, os paracaídas, os esquíes, e os materiais de construción.

Marion Donovan era unha nai xovén na era do "baby boom". Estaba desesperada polas incomodidades dos cueiros de tela e inventou unha cuberta plástica para prevenir que os pequenos se mollasen con tanta frecuencia, usando para a súa idea unha cortina da ducha.

En 1946, comenzou a experimentar con capas impermeables, tela de nailon e finalmente cun material usado para os paracaídas. A patente foi concedida en 1951. Naquela época xa comezara a experimentar có cueiro de papel. No seu principio a idea non foi ben recibida e tivo que invertir ela misma na súa propia produción. Dez anos despois vendeu a súa empresa por un millón de dólares.

Tras licenciarse en Tras licenciarse en química-física química-física inorgánica comezou a inorgánica comezou a traballar na traballar na “Union “Union Caribde Corporation”, Caribde Corporation”, identificando, extraendo , extraendo e purificando varios e purificando varios polímeros de silicona polímeros de silicona para ser usados en para ser usados en procesos químicosprocesos químicos.

En 1956 comezou a traballar con compostos cristalinos que conteñen poros de tamaño molecular que se poden utilizar como substancias catalizadoras que aceleran as reacciones químicas. O máis importante é o Zeolite que se usa para refinar o petróleo. Éste, para poder ser usado, ten que ser descomposto nas súas partes. Unha destas é a gasolina e os zeolitos de Flanigen usanse como catalizadores para obtener gasolina máis eficiente, máis limpa e máis segura.

Patsy Sherman naceu en 1930 en Minneapolis, e despois da súa formación, comezou a traballar como investigadora química na empresa 3M, onde lle foi asignado un proxecto para desenvolver un material de goma que resiste os efectos da deterioración do combustible de avión.

Non conseguiu acadar o proxecto asignado, pero no seu lugar descubriu un novo uso dos compostos fluoroquímicos. No 1953, Sherman comezou a traballar nun polímero fluoroquímico que, aplicado as telas, repelía o aceite e a agua. En 1956 o protector de Scotchgard foi lanzado o mercado.

Patricia Billings inventou unha das sustancias máis revolucionarias e proveitosas da industria moderna: un material de construcción indestructible e incombustible: o xeso.

Tendo en conta que no Renacemento algúns escultores utilizaban un añadido de cemento para dar maior lonxevidade ás súas obras decidiu experimentar. Billings tivo éxito oito anos máis tarde, inventando un aditivo que actuaba de catalizador, creando un xeso indestructible. Pero había máis, este novo material era tamén increíblemente resistente ó calor e non tóxico.

Catherine foi a primeira científica empleada polo laboratorio de investigación da General Electrics en Schenectady, NuevaYork (1917), así como a primeira muller en doctorarse en física na Universidade de Cambridge en 1926.

 

A súa investigación acerca das capas monomoleculares levouna a un descubrimento revolucionario: o cristal non reflectante. Esta patente utilizouse con moitos propósitos incluíndo a limitación da distorsión nos anteollos, microscopios, telescopios, cámaras fotográficas…

Raquel Campo Fernández Antonio Vázquez López Ramón López González Bieito Valcárcel Gallego Ramón Francisco Bouza Buendía