Moluscos

66

Transcript of Moluscos

Page 1: Moluscos
Page 2: Moluscos

Os moluscos son animais invertebrados co corpo brando sen segmentar, formado por cabeza, pé e manto, que pode estar cuberto por unha ou varias cunchas ou placas.

Teñen reprodución ovípara.

Coñécense unhas 100.000 especies.

Page 3: Moluscos

MOLUSCOS

CAUDOFOVEADOS

SOLENOGASTRES

POLIPLACÓFOROS

TRYBLIDIA

GASTERÓPODOS

BIVALVOS

ESCAFÓPODOS

CEFALÓPODOS

Page 4: Moluscos

CAUDOFOVEADOSAspecto vermiforme, viven nos sedimentos mariños facendo galerías.Coñécense 70 especies.

boca

aparato dixestivo

rádula

manto

sistema nervoso

aparato circulatorio

anocavidade paleal

gónadas

bránquias

Page 5: Moluscos

Aspecto de verme, sen cabeza diferenciada, corpo recuberto de pezas de carbonato cálcico.Coñécense 250 especies.

SOLENOGASTRES

boca

aparato dixestivo

rádula

manto

sistema nervoso ano

cavidade paleal

gónadas

órgano sensitivo

Page 6: Moluscos

Cabeza diferenciada, pé ben desenvolvido e corpo cuberto por oito placas articuladas. Coñécense 600 especies (en Galicia hai 12).

POLIPLACÓFOROS

boca

aparato dixestivo

placas

aparato excretor

sistema nervoso

aparato circulatorio

anobránquias

gónadas

Page 7: Moluscos

Apegón (Chaetopleura angulata). Un poliplacóforo que se suxeita co seu potente músculo ás rochas e outros obxectos da zona intermareal. Aliméntase de pequenas algas.

Page 8: Moluscos

apegóns

Page 9: Moluscos

apegón

Page 10: Moluscos

Chamados tamén monoplacóforos.Teñen unha cuncha dorsal cónica suxeita con 7-8 pares de músculos. Viven en augas mariñas profundas. En Galicia coñécense 24 especies.

TRIBLIDIOS

boca

aparato dixestivo

cuncha

manto

sistema nervoso

aparato circulatorio

anobránquias

gónadas

pé rádula

aparato excretor

Page 11: Moluscos

Teñen un pé musculoso en forma de ventosa que utilizan para desprazarse reptando, a cabeza ben diferenciada e moitos protéxense cunha cuncha que pode ser cónica ou enrolada en espiral. Viven na terra, no mar e nas augas dóces.Coñécense 75.000 especies.

GASTERÓPODOS

Page 12: Moluscos
Page 13: Moluscos

Caracol (Helix aspersa)Molusco gasterópodo que pode acadar 7 cm de lonxitude. Aliméntase de plantas que raspa coa rádula (lingua cuns dentes duros). É hermafrodita pero precisa ser fecundado por outro individuo. Desenvolvese mellor en tempo húmido e é máis activo pola noite.

Page 14: Moluscos

Elona quimperianaVive en bosques húmidos. Está protexido.

Page 15: Moluscos

Pomatias elegans, un molusco gasterópodo terrestre con opérculo, raro en Galicia, que se atopa nas áreas calcárias.

Page 16: Moluscos

Rumina decollata. Ao medrar despréndenselle as últimas voltas da cuncha.

Page 17: Moluscos

Theba pisana. Común nas dunas costeiras.

Trichia

Page 18: Moluscos

Eobania vermiculataAtópase en hábitats costeiros.

Page 19: Moluscos

Lesma (Geomalacus maculosus). Unha especial lesma endémica da área lusitánica que se atopa en bosques húmidos ben conservados. Solo sae nas noites cálidas e húmidas. É a única lesma protexida.

Page 20: Moluscos

Lesma común (Arion ater)

Limax maximus

Page 21: Moluscos

Caramuxo (Littorina littorea). Vive sobre as algas do intermareal.

Page 22: Moluscos

Caracola (Monodonta lineata). Vive sobre as rochas do intermareal.

Page 23: Moluscos

Ciclope Neritaeus. Vive en enseadas e aliméntase de pequenos animais.

Page 24: Moluscos

Caramecha (Nassarius pfeifferi). Vive en fondo fango-areosos de pouca fondura.

Page 25: Moluscos

Nucella lapillus. Carnívoro perforador que se alimenta de mexillóns e arneiróns.

Ocenebra erinacea. Carnívoro perforador que se alimenta doutros moluscos.

Page 26: Moluscos

Corno, buxina (Charonia rubicunda). A máis grande das caracolas galegas.

Page 27: Moluscos

Natica catena. Ten un pé moi desenvolvido.

Page 28: Moluscos

Orella de mar, peneira (Halliotis tuberculata). Aliméntase de algas.

Page 29: Moluscos

Haminaea navicula. Vive nas enseadas entre as pradeiras de sebas.

Page 30: Moluscos

Lapa (Patella…). Gasterópodo que vive apegado ás rochas da intermareal e aliméntase de algas. Desprázase para alimentarse e volve logo ao mesmo sitio para descansar, por iso a súa cuncha se adapta tan ben á pedra na que se atopa

Page 31: Moluscos

Lapa raiada (Patina pellucida)

Page 32: Moluscos

Crepidula fornicata. Molusco de orixe americana que se atopa extendido polas costas galegas,

Page 33: Moluscos

Caracol de río (Limnea)

lapa de río

Page 34: Moluscos

Lebre de mar, borracha (Aplisia punctata). Vive an augas limpas preto da costa.

ovos

Page 35: Moluscos

Lesma de mar (Doris verrucosa). Aliméntase de esponxas.

Nudibránquios: moluscos sen cuncha coas bránquias externas. Hai moitas variedades, de cores e formas moi chamativas.

Chromodoris purpurea

Hypselodoris cantabrica

Page 36: Moluscos

Teñen a cabeza sen diferenciar e o corpo protexido por dúas valvas ou cunchas. Son todos acuáticos, a maioría mariños. Coñécense 13.000 especies.En Galicia hai 196 especies de bivalvos mariños.

BIVALVOS

Page 37: Moluscos

CICLO REPRODUTIVO DUN MOLUSCO BIVALVO

expulsión de óvulos e espermatozoides

ovos

larva en foma de D

larva trocófora larva umbonada

adultos

xuvenil

Page 38: Moluscos

Moitos bivalvos viven enterrados no substrato.

Excavan coa axuda do pé e collen auga a través dos sifóns.

beberecho

ameixa

navalla

Page 39: Moluscos
Page 40: Moluscos

Berberecho (Cerastoderma edule). Bibalvo que se atopa en fondos de area fina ou fango-areosos desde o intermareal ata uns 10 m de profundidade. Soporta ben os cambios de salinidade e temperatura.

Page 41: Moluscos

Ameixa lexítima, fina ou san (Tapes decussatus). Resiste moi ben as desecacións e as variacións de temperatura e salinidade.

Page 42: Moluscos

Ameixa babosa (Venerupis pullastra) Ameixa rubia (Venerupis rhomboideus)

Ameixa xapónica (Ruditapes philippinarum) Ameixa bicuda (Aphia aurea)

Page 43: Moluscos

Mexillón (Mytilus galloprovincialis), Vive apegado ás rochas da costa. Cultívase nas bateas.

Page 44: Moluscos

ameixón

Page 45: Moluscos

chirla

tellina

Page 46: Moluscos

tarxa

Ostra (Ostrea edulis). Vive apegada ás rochas ou enterrada no substrato. Cultívase en bateas.

Page 47: Moluscos

rabioso(Glycymeris glycymeris)

reló(Dosinia exoleta)

saltón(Laevicardium norvegicum)

carneiro(Venus verrucosa)

Page 48: Moluscos

volandeira(Chlamys opercularis)

Vieiras (Pecten maximus). Bivalvo que pode acadar os 15 cm de lonxitude. Vive semienterrada en fondos de area e e cascallo ata os 100 m de profundidade.

zamburiña(Chlamys varia)

Page 49: Moluscos

longueirón(Solem marginatus)

Navalla (Ensis ensis). Entérrase verticalmente en fondos de area fina.

Page 50: Moluscos

(Panopea glycimeris) o bivalvo máis grande das costas galegas.

Arola (Lutraria lutraria). Vive desde a intermaral ata 100 m de profundidade.

Page 51: Moluscos

Atrina fragilis, vive semienterrada en posición vertical nos fondos limosos. Pode acadar 30 cm de lonxitude.

Page 52: Moluscos

Bicho (Teredo navalis)

Page 53: Moluscos

Ameixa de río

Mexillón de río (Margaritifera margaritifera) Pode medir ata 10 cm de longo e vivir máis de 30 anos. Como consecuencia da contaminación das augas e das obras hidráulicas é cada día máis escaso.

Ameixa de río (Corbicula fluminea)unha especie que invadeu recentemente algúns ríos galegos

Page 54: Moluscos

cavidade paleal

boca

nefridio

glanduladixestiva

cuncha

gónada

Teñen o corpo encerrado nunha cuncha cónica tubular. Coñécense 70 especies (en Galicia hai 6).

ESCAFÓPODOS

estómago

captáculospé

músculodo pé

Page 55: Moluscos

Cunchas de Dentalium, moluscos escafópodos que viven enterrados en fondos areosos e fangosos de augas profundas.

Page 56: Moluscos

Teñen o pé dividido en tentáculos provistos de ventosas e cabeza diferenciada. Son todos mariños. Coñécense 800 especies (en Galicia hai 80).

CEFALÓPODOS

Page 57: Moluscos

boca

aparato dixestivo

cuncha

manto

sistema nervoso

aparato circulatorio

ano

bránquias

gónadas

tentáculos

aparato excretor

sifón

bolsa da tinta

Page 58: Moluscos

Xiba (Sepia officinalis). Cefalópodo que pode acadar 40 cm de lonxitude. Vive en fondos de area e fango con vexetación, en zonas próximas á costa ata os 150 m de profundidade.

Page 59: Moluscos

Lura (Loligo vulgaris), Vive en augas de 10 a 500 m de profundidade. Ten un gran valor comercial para consumo en fresco ou conxelado.

Page 60: Moluscos

Polbo (Octopus vulgaris). Pode medir ata 1,50 m de lonxitude e acadar os 5 kg. Vive en fondos rochosos do litoral.

Page 61: Moluscos
Page 62: Moluscos

Nautlilus. Moluscos moi primitivos con numerosos tentáculos (ata 90) sen ventosas. Corpo metido nunha cunha dividida en cámaras.

Page 64: Moluscos
Page 65: Moluscos
Page 66: Moluscos

MONTAXE: Adela Leiro

FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Isaac Pontanilla, Internet.

DEBUXOS: Mon Daporta