MICRORRELATOS DE OUTONO de... · MICRORRELATOS DE OUTONO No mes de novembro celebrouse, no CPI DO...
Transcript of MICRORRELATOS DE OUTONO de... · MICRORRELATOS DE OUTONO No mes de novembro celebrouse, no CPI DO...
MICRORRELATOS DE OUTONO
No mes de novembro celebrouse, no CPI DO TOURAL, un certame de Microrrelatos de Outono dirixido a rapazas e rapaces desde 3º de Primaria ata 4º da ESO, co propósito de fomentar a creatividade e estimular o uso da lingua galega na actividade literaria do alumnado.
Os nosos rapaces e rapazas mostraron unha grande imaxinación na elaboración dos
seus textos. Aquí mostramos os gañadores nas diferentes categorías.
Iris Collazo recibe o premio por un emotivo relato que conmoveu o xurado.
Clara Pena posa co seu premio pola creación dun relato cheo de misterio.
O potencial imaxinativo de Martín Núñez levouno a acadar este merecido premio.
Amin Ezzaari, á súa curta idade, mostra unha grande habilidade para darlle vida á
natureza. E isto merece un premio.
NORABOA A TOD@S !!!
Nesta actividade colaboraron o Departamento de Lingua e Literatura Galega, as titoras de Educación Primaria e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.